Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
1
Lingua Catalá 1
Maria Mercè López Casas
GUÍA DOCENTE E MATERIAL
DIDÁCTICO
2019/2020
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
2
ÍNDICE
I. Datos descritivos da materia
II. Sentido da materia no perfil dos graos
III. Obxectivos e competencias a desenvolver
IV. Contidos
V. Bibliografía e recursos didácticos
VI. Indicacións metodolóxicas e distribución da carga en créditos ECTS
VII. Sistema de avaliación
VIII. Outras informacións de utilidade
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA.
ÁREA DE FILOLOXÍA CATALÁ
AUTORA: Maria Mercè López Casas e Dolors Perarnau Vidal
Edición electrónica. 2019
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial
desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou
outros) sen consentimento expreso por escrito das autoras.
3
I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
Denominación: Lingua Catalá 1 – código G5041801
Descrición: Curso básico de lingua catalá vencellado ao contexto actual de ensino e aprendizaxe de linguas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL): niveis A1 e A2 Tipo: Optativa para todos os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. Integrada no Módulo Optativo “Catalán. Lingua, cultura e literatura” Grao: Linguas e Literaturas Modernas Curso: 3º, 1º cuadrimestre Número de créditos: 6 ECTS Prerrequisitos: Ao ser un nivel inicial da lingua, non se presupoñen coñecementos previos do idioma, se ben é certo que o dominio de linguas románicas (galego, castelán ou outras) facilita a aprendizaxe da lingua catalá, nomeadamente no tocante á comprensión oral e lectora. Profesora: Maria Mercè López Casas Departamento: Filoloxía Galega Área: Filoloxía Catalá Lingua docente: Catalán (coas matizacións precisas nas linguas galega ou castelá) Horario: de 9 a 10 h, luns (aula B06) de 9 a 11 h, martes (aula B06) Titorías:
Profª Maria Mercè López Casas Despacho 240 Telf: 881 811 795 [email protected]
Os horarios de titorías fixaranse en función da dispoñibilidade dos estudantes e as necesidades docentes.
4
II. CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDOS
A materia de Lingua Catalá 1 é a primeira do módulo optativo Catalán. Lingua, cultura
e literatura. Nela o/a estudante adquire os coñecementos básicos da lingua e se
introduce asemade no marco sociocultural.
O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12
créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12 créditos). Este consta de catro
materias, cada unha de 6 créditos, que deben comprenderse de maneira integrada,
por canto lingua e cultura forman un todo. Así mesmo, na docencia das catro materias
trabállanse e teñen presenza tanto os aspectos culturais coma os lingüísticos.
O módulo de Catalán, que pode ser cursado polos estudantes de todos os Graos da
Facultade de Filoloxía (Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e
Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas),
intégrase na Modalidade Mixta (módulo optativo de catalán + módulo
complementario).
Cursar o módulo de Catalán supón engadir unha nova lingua e unha nova cultura ás
xa estudadas nos Graos como Maior e Minor, seguindo os propósitos do Plan Boloña
de enriquecer a formación lingüística dos estudantes de Europa.
SENTIDO DA MATERIA: POR QUE ESTUDAR CATALÁN?
Sumar unha lingua con facilidade
Tender unha ponte cara a aprendizaxe doutras linguas románicas
Afondar noutra cultura hispánica, próxima a nós
Adentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea
Estudar nas universidades de dominio lingüístico catalán (SICUE: Barcelona,
Girona, Lleida, Mallorca, València...)
Ter acceso a Másters, Postgraos e Doutoramentos nas universidades catalás
Dispoñer de axudas para ampliar o coñecemento da lingua nos territorios de
fala catalá
Desfrutar do verán aprendendo e compartindo catalán na Mediterránea con
estudantes de todo o mundo
Obter as certificacións oficiais de Catalán na propia USC
Participar en programas de intercambio lingüístico e sociocultural deseñados
pola Área de Catalán
Acceder a cursos de formación de ámbito profesional no dominio lingüístico
catalán
Ampliar o abano de posibilidades na oferta laboral
5
A importancia dos estudos de catalán mídese na súa presenza nos plans de estudo
das máis prestixiosas universidades do mundo. Na actualidade o catalán estúdase en
151 universidades repartidas en 50 países de catro continentes; e cada ano amplíase
o número de alumnos e de centros de ensino superior que o ofrecen.
III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS A DESENVOLVER
1. OBXECTIVOS
- Dominio básico do uso da lingua catalá que permita facer fronte a situacións
de comunicación de poca complexidade, propias da vida cotiá (Marco
Europeo Común de Referencia: A1-A2).
- Coñecemento da realidade lingüística e sociocultural da comunidade
lingüística catalá.
- Fomento dunha actitude intelectual aberta e de respecto cara á realidade
plurilingüe e multicultural.
- Desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e de aprendizaxe
autónomo.
2. COMPETENCIAS
- Emplear o catalán como medio de comunicación en situacións da vida cotiá,
en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
- Familiarizarse cos signos gráficos do catalán e sabelos relacionar cos sons
que representan.
- Ler en voz alta coa pronuncia e entonación adecuada.
- Comprender as ideas principais e extraer información específica de textos
tanto orais como escritos, de tipoloxía diversa.
- Dominar as estruturas lingüísticas e o vocabulario precisos para as
necesidades comunicativas básicas.
- Participar adecuadamente en conversas da vida cotiá.
- Interactuar oralmente en contextos comunicativos nos que o estudante
precise dar informacións puntuais.
- Describir, de maneira sinxela, persoas, obxectos, lugares e situacións, tanto
de forma oral como escrita.
6
- Relatar feitos e acontecementos presentes, pasados e futuros de poca
complexidade, tanto de forma oral como escrita.
- Escribir textos sinxelos coa corrección adecuada.
- Usar o catalán como lingua vehicular da interacción comunicativa propia da
actividade lectiva (entre alumnos/as e co profesorado).
- Saber utilizar dicionarios, libros e materias de consulta de maneira eficaz.
- Coñecer e empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para a
aprendizaxe da lingua e cultura catalás
IV. CONTIDOS
A materia de Lingua Catalá 1 está estruturada en 3 bloques. Cada un destes bloques
consta de tres partes que se traballan de maneira simultánea nas aulas: temas
relacionados coas situacións de comunicación básicas, cos compoñentes gramaticais
e o marco sociocultural precisos para o desenvolvemento integrado e significativo das
diversas destrezas lingüísticas fundamentais.
BLOQUE 1. INFORMACIÓN PERSOAL
TEMAS
O teu perfil - Saudar e identificarse - Dar información sobre un mesmo ou sobre outra persoa: nome, apelidos,
sexo, estado civil, nacionalidade, lugar de nacemento, teléfono, enderezo...
Estudos, traballo e relacións profesionais - Dicir e preguntar o que se estuda e a que se dedica alguén - Dicir e preguntar datos referentes aos estudos e ao traballo
Opinións, gustos e preferencias - Expresar os gustos e preferencias sobre as cousas (espectáculos,
actividades, comidas, deportes, etc.)
COMPOÑENTES GRAMATICAIS Alfabeto, correspondencias de grafía e son A vogal neutra, “o” e “u” atónos. Timbre de “e” e “o” Entoación afirmativa, negativa e interrogativa Artigos. Contraccións e apóstrofo. Guión Demostrativos
7
Interrogativos com, qui, quant, on, quin, què
Numerais cardinais e ordinais Cuantificadores: molt, bastant, força, una mica, gaire, gens
Pronomes persoais tónicos Uso dos pronomes en construcións enfáticas Pronomes átonos em, et, li, ens, us, els Pronomes adverbiais: en, hi Conectores: també, tampoc (no), doncs A conxunción que encabezando unha interrogativa Presente de indicativo de ser, dir(-se), viure, estar(-se), tenir, fer, anar, agradar,
estimar-se més, preferir, e de verbos regulares da primeira conxugación
Pasado perifrástico de indicativo Léxico relacionado coa idade, o sexo, o estado civil e enderezo Nomes de países, nacionalidades e linguas, de estudos e profesións Xentilicios e sufixos de oficio Verbos que indiquen actividades de lecer
MARCO SOCIOCULTURAL
Dominio lingüístico catalán Calendario festivo: Diada, Tots Sants, Nadal
BLOQUE 2. ENTORNO E SOCIEDADE
TEMAS
Presentacións, relacións familiares e sociais
- Presentarse e presentar terceiras persoas en contextos formais e informais
- Preguntar e dar información sobre a familia: datos persoais, graos de parentesco, estado civil, procedencia ou orixe
- Falar doutras relacións persoais: amigos, compañeiros, veciños, coñecidos...
Descrición física e de carácter
- Identificar a alguén polo seu aspecto físico e xeito de vestir
- Describir a alguén fisicamente, facendo estimacións sobre a súa idade, altura e peso
- Caracterizar o perfil psicolóxico de alguén: carácter, maneira de ser e de comportarse
COMPOÑENTES GRAMATICAIS Elisións e ligazóns fónicas Pronuncia dos sons consonánticos máis específicos do catalán Grafía da vogal neutra e do o/u en posición átona Posesivos Interrogativo com Cuantificador cap Preposicións amb, en, a
8
Flexión de xénero e número de substantivos e adxectivos Adxectivos e adverbios: bo (bon), dolent, mal; bé (ben), malament, mal Pronomes átonos: et, li, ens, us, el, la, els, les.
Pronomes de complemento directo e de complemento indirecto Conectores: a més, perquè, però Presente de indicativo de conèixer, dur, portar e de verbos regulares da
segunda conxugación. Nomes de parentesco Nomes e adxectivos calificativos para describir características físicas, maneiras
de ser, partes do corpo, pezas de vestir Verbos que indiquen cambios físicos e de carácter: engreixar-se, aprimar-se
MARCO SOCIOCULTURAL
Vida cotiá dos cataláns: a familia, maneiras de ser, vestir, etc. Cataláns universais. Calendario festivo: Sant Josep, Pasqua, Corpus
BLOQUE 3. VIDA COTIÁ E AXENDA
TEMAS
Xornada e tempo de lecer
- Pedir e ofrecer información sobre a vida cotiá de alguén: hábitos e costumes
- Intercambiar información sobre as actividades que se fan no tempo de lecer
- Calendario estacional e festivo
Horario e servizos públicos
- Dar e pedir a hora en catalán
- Informarse e intercambiar información sobre os horarios do transporte público, establecementos, espectáculos e outros servizos
- Indicar frecuencia
Convidar a alguén
- Usar as convencións propias dunha conversa telefónica
- Aceptar e rexeitar propostas e invitacións
COMPOÑENTES GRAMATICAIS
Regras básicas ortográficas do consonantismo Apóstrofo e guión nos pronomes átonos Interrogativos: quan, cada quan Locucións temporais: abans, després, havent dinat/sopat, aviat, d’hora, tard,
abans-d’ahir, ahir, avui, demà, l’endemà, demà passat, de seguida, d’aquí a, l’any que ve, mentre...
Adverbios e expresións adverbiais de frecuencia: ara, sempre, mai (no), gairebé mai (no), sovint, de tant en tant, a vegades, un cop, cada, normalment…
9
Preposicións de…a, des de… fins a Relativos: que, on Conectores: en canvi
Formas non persoais do verbo: infinitivo, xerundio e participio Perífrases verbais de uso máis habitual: obriga (haver de + inf; caldre),
duración (estar + ger.) Presente de indicativo de haver, ser-hi, anar-se’n, poder, voler e dos verbos
regulares da terceira conxugación (puros e incoativos) Presente de indicativo dos principais verbos irregulares da segunda e terceira
conxugación (beure, escriure, prendre; sortir, obrir, venir)
Futuro e condicional dos verbos regulares Usos dos verbos anar e venir
Verbos que indiquen accións cotiás e do tempo de lecer e vacacións Nomes dos días da semana, dos meses e das estacións do ano Léxico referido ás horas e partes do día Léxico do mundo da cultura e o espectáculo Nomes de edificios e servizos públicos da cidade
MARCO SOCIOCULTURAL
Vida cotiá dos cataláns: costumes, horarios, hábitos culinarios, actividades de lecer, etc.
Calendario festivo: Sant Joan, festa major (castellers, sardanes, correfocs)
V. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS
MANUAL DO CURSO
MAS, Marta [et al.], VEUS 1. Curs de català. Llibre d'exercicis i gramàtica, Barcelona,
Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2005.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ABELLÓ, Xavier & RODRÍGUEZ, Judith, Llengua catalana. Bàsic 1, 2, 3. Barcelona,
Barcanova, 2006. BADIA, Dolors, Llengua catalana. Nivell Llindar 1. L'Àlber, 1997.
BERENGUERAS, J. Ramon & BONAFONT, Rosa. Tradicions per al segle XXI. Quadern de lectura progressiva. Nivell elemental 1 [llibre i CD]. Barcelona, Castellnou,
2005. COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions),
Barcelona, Barcanova, 2012. ESTEBAN, Jordi, Català Inicial A1, Barcelona, Teide, 2012.
10
ESTEBAN, Jordi, Català Básic A2, Barcelona, Teide, 2012.
GUERRERO, Inés [et al.], Nou Nivell Bàsic 1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2010.
MAS, Marta [et al.], Digui, digui... Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia
de Montserrat, Enciclopèdia Catalana, 1996 (3ª ed). MAS, Marta [et al.], Veus 1 i 2. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de
Montserrat, 2005-2007. RUAIX I VINYET, Josep, Català fàcil. Barcelona, Claret, 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALEGRE, Montserrat [et al.], Gramaticard. Totes les regles de la gramàtica catalana.
Barcelona, Castellnou, 1995. BADIA, Joan, BALCELLS, Jordi & GRIFOLL, Jordi, Curs de llengua catalana.
Barcelona, Teide, 1994 (3ª ed.). BADIA, Rosa M., Ortocard. Regles d’ortografia catalana. Barcelona, Castellnou, 1995.
BADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramàtica de la llengua catalana: descriptiva, normativa, diatòpica, diastràtica, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1994.
BADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramática catalana, 2 vols. Madrid, Gredos, 1985. BERENGUERAS, J. Ramon & BONAFONT, Rosa, Coneixes Barcelona? Barcelona,
Mediterrània, 2004. CLUA, Maria Jesús [et al.] Nivell Bàsic,1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2004. Diàleg multimèdia 1. Curs de català bàsic [CD-ROM]. Barcelona, Consorci per a la
Normalització Lingüística, 1999.
FERRANDO FRANCÈS, Antoni & NICOLÀS AMORÒS, Miquel, Panorama d'història de la llengua. València, Tàndem, 1993. Galí. Guia per a l’aprenentatge interactiu de la llengua [CD-ROM]. Generalitat de Catalunya. Departament d’Ensenyament. Tamén en liña: http://clic.xtec.cat/gali/ INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Ortografia catalana. Barcelona, IEC, 2017
www.iec.cat/llengua/documents/ortografia_catalana_versio_digital.pdf INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Gramàtica de la llengua catalana.
Barcelona, IEC, 2016. MAS, Marta, Gramàtica catalana de la A a la Z. Barcelona, Publicaciones de l'Abadia
de Montserrat, 2012. Ortocard: regles d'ortografia catalana. Barcelona, Castellou, 2006.
11
PELLICER, J. [et. al]. Gramática de uso de la lengua catalana. Barcelona, Editorial Mil999, 1998. ROIG, Nuri (coord.), Passos 1, 2. Barcelona, Octaedro, 2007.
SOLER I AMIGÓ, Joan (coord), Tradicionari : enciclopèdia de la cultura popular de Catalunya. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2005-2007 (9 vols.).
VENY, Joan, Els parlars catalans. Palma, Moll, 1987 (7ª ed.).
VENY, Joan, Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana,
1986 (2ª ed.) Verbicard: tots els verbs catalans conjugats. Barcelona, Castellnou, 2006.
XURIGUERA, J. Baptista, Els verbs catalans conjugats. Barcelona, Claret, 1998 (35ª
ed.). DICIONARIOS E ENCICLOPEDIAS INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS. Diccionari de la llengua catalana. 2ª ed.Barcelona, Enciclopèdia Catalana i Edicions 62, 2007. [1ª ed., 1995]. En liña coa adaptación da nova ortografía: http://dlc.iec.cat/
DIDAC Diccionari de català. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2008. Tamén en liña: http://www.dicdidac.cat/
Diccionaris.cat: http://www.diccionaris.cat/index.php
Diccionari Català-Castellà. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995.
Diccionari Castellà-Català. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1997.
Diccionari de la Llengua Catalana Multilingüe, Barcelona, Enciclopèdia catalana, 1997. Tamén en liña: www.multilingue.cat/
Gran Diccionari de la Llengua Catalana, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1998. Tamén en liña: http://www.diccionari.cat/
Diccionari de la llengua catalana. Institut d’Estudis Catalans, Barcelona, Ed. 62, 2011. Tamén en liña (2007, 2ª ed.): http://dlc.iec.cat/
Gran Enciclopèdia Catalana, 24 vols., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986-89. Tamén en liña: http://www.enciclopedia.cat/
OPTIMOT, Barcelona, Generalitat de Catalunya, 2008. Tamén en liña: http://optimot.gencat.cat
12
RECURSOS DA INTERNET
Activitats del Didac. Actividades para traballar o léxico do Dicionario DIDAC. http://www.grec.net/home/cel/didac/bal/index.jsp
Culturcat. Portal de información sobre a cultura catalá. http://www20.gencat.cat/portal/site/culturacatalana
Lingcat. Portal de información sobre a lingua catalá http://www.intercat.cat/lingcat/
Edu3.cat. Portal educativo de radio e televisión por internet. http://www.edu3.cat/
Festes.org. Espazo de información e recursos sobre as festas populares en terras de fala catalá. http://www.festes.org/index.php
Gramàtica bàsica. Resumen teórico dos aspectos básicos da gramática. http://www.ub.es/slc/autoaprenentatge/gramatik/
Guia de correcció fonètica. Guía do lingüísta Gabriel Bibiloni para a mellora da pronunciación catalá. http://www.bibiloni.cat/correcciofonetica/index.html
Intercat. Conxunto de recursos electrónicos para aprender lingua e cultura catalás, especialmente pensado para estudantes de mobilidade que visiten as universidades catalás. http://intercat.gencat.cat/ca/index.jsp
Muds de mots. Conxunto de unidades didácticas con exercicios sobre léxico de
campos semánticos concretos. http://www.edu365.cat/eso/muds/catala/mudsmots/index.html
Parla.cat. Curso interactivo de catalán estruturado en catro niveis con modalidade libre e tamén titorizada. http://www.parla.cat
Parlacatala.org. Plataforma pensada para establecer intercambios lingüísticos con voluntarios universitarios cataláns. http://www.parlacatala.org
Practicat. Programa de informática educativa en Windows que ten como obxectivo a
realización de exercicios de ortografía catalá. http://www.xtec.cat/cgi/programari_educatiu?REG=practcat
Sons del català. Conxunto de recursos e materiais para o coñecemento e práctica da
fonética catalá. http://www.ub.edu/sonscatala/ Viure a Catalunya. Vocabulari en imatges. Vocabulario básico para persoas que
acaban de chegar a Cataluña e non coñecen a lingua catalá. http://www6.gencat.net/llengcat/publicacions/viure/
VI. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS E DISTRIBUCIÓN DA
CARGA EN CRÉDITOS ECTS
METODOLOXÍA
A metodoloxía empregada neste curso está baseada no enfoque comunicativo por
tarefas e a interacción na aula. Só se traballan de xeito específico aqueles contidos
13
lingüísticos precisos para desenvolver a actividade comunicativa básica, se ben
xorden e se comentan, a través de textos e demais materiais, outros contidos
lingüísticos de nivel superior.
O manual da materia é o libro VEUS 1. Curs de català. Llibre d'exercicis i gramàtica,
de Marta MAS [et al.], Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2005. A partir das unidades deste manual, botarase man da súa continuación, Veus 2, para
ampliar algúns dos aspectos traballados. Incorporaranse tamén exercicios complementarios extraídos da bibliografía de referencia básica ou ben confeccionados polos docentes a partir de material inventado ou real (fragmentos de obras literarias, artigos xornalísticos, material audiovisual, recursos varios da rede etc.).
TIPOS DE SESIÓN
Teórico-prácticas: exposición breve da docente sobre os contidos e habilidades
lingüísticas a desenvolver e aplicación práctica dos mesmos mediante distintas clases de exercicios.
Interactivas: traballo específico de expresión oral mediante actividades e
distintas dinámicas que fomentan a fala do alumno e a conversa entre os propios estudantes e dos estudantes co profesor.
Titoría de grupo: Clarificación das dúbidas e daquelas cuestións que precisen
de tratamento especial. E visionado de material complementario dos contidos do marco sociocultural.
En todas estas sesións realizaranse actividades de todo variadas para poder
practicar as habilidades da lingua nos distintos contextos e, asemade,
achegarse aos diferentes intereses e motivacións persoais.
As actividades de aprendizaxe son as seguintes:
Representacións de roles (Role playing) Presentacións orais do alumnado Diálogos Cancións Situacións problema e dedución de regras Explicacións do profesor Audicións Lectura e comprensión lectora Ditados Cuestionarios Xogos Visionado de series e documentais. Exercicios
14
- Comprensión textual (con vocabulario e estruturas gramaticais traballadas) tanto oral como escrita e de materiais discursivos diversos: xornalísticos, divulgativos, literarios, bandas deseñadas, etc.
- Produción oral e escrita
- Fonética e lecturas en voz alta
- Reforzo de aspectos gramaticais traballados
- Autocorrección e cocorrección de erros
- Creación para potenciar un aspecto gramatical nun contexto comunicativo pragmático (Diálogos, situacións cotiás, expresión de opinións, etc.)
No tocante á xestión na aula:
Traballo en parellas ou en pequenos grupos (4-5) Actividades co grupo-clase Traballo persoal (tarefa común realizada individualmente) Traballo individualizado (tarefas diferentes realizadas individualmente)
Á marxe do uso normal do material bibliográfico de referencia, téntase ofrecer ao alumnado materiais alternativos á súa aprendizaxe pautada, é dicir, materiais reais e de actualidade que o motiven e axuden a se familiarizar coa lingua dun xeito máis directo e natural. Con esta fin, faise uso da internet e dos principais medios de comunicación cataláns (televisión, radio, prensa, etc.). Ao mesmo tempo, foméntase tamén a práctica do catalán fóra da aula por parte do alumnado, facendo uso destes mesmos medios, do material da biblioteca ou do docente, e de programas virtuais e/ou presenciais de intercambio lingüístico con alumnado de universidades catalás. Como actividade non presencial terá lugar a lectura dun libro en lingua catalá:.
Tradicions per al segle XXI. Quadern de lectura progressiva. Nivell elemental 1 [llibre i
CD] de J. Ramon Berengueras e Rosa Bonafont (Barcelona, Castellnou, 2005).
DISTRIBUCIÓN DA CARGA EN CRÉDITOS ECTS
ACTIVIDADES HORAS
PRESENCIAIS FACTOR
TRABALLO
AUTÓNOMO TOTALES
Sesións teórico-
prácticas 30 2 60 90
Sesións interactivas 19 1 19 38
Titorías de grupo 3 1 3 6
Lectura e traballo do
libro --- --- 8 8
Exame 2 3 6 8
TOTAL 54 96 150
15
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e, polo
tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o
estudante é o responsable final do seu traballo.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Puntualidade na entrega dos exercicios e actividades propostas
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da
materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Practicar a lingua catalá fóra das aulas (cancións, prensa, cine, televisión...) e
entre os compañeiros de clase.
- Participar nas actividades culturais propostas e/ou organizadas pola Área de
Catalán.
- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.
CRONOGRAMA ESTIMADO DAS CLASES PRESENCIAIS:
SEMANA CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS
1ª e 2ª semanas
Días 9-10, 16-17 setembro
Presentación
Bloque 1. Información persoal
Tema: O teu perfil
Marco sociocultural: Dominio lingüístico catalán
3ª e 4ª semanas
Días 23-24 e 30 setembro
1 outubro
Bloque 1. Información persoal
Tema: Estudos, traballos e relacións profesionais
Marco sociocultural: Dominio lingüístico catalán
16
5ª e 6ª semanas
Días 7-8, 14-15 outubro
Bloque 1. Información persoal
Tema: Opinións, gustos e preferencias
Marco sociocultural: Calendario festivo
7ª e 8ª semanas
Días 21-22, 28-29 outubro
Bloque 2. Entorno e sociedade
Tema: Presentacións, relacións familiares e sociais
Marco sociocultural: Tots sants. Cataláns universais.
9ª e 10ª semanas
Días 4-5, 11-12 novembro
Bloque 2. Entorno e sociedade
Tema: Descrición de persoas
Marco sociocultural: Cataláns universais.
11ª e 12ª semanas
Días 18-19 , 25-26 novembro
Bloque 2. Entorno e sociedade
Tema: Descrición de persoas
Marco sociocultural: Cataláns universais
13ª e 14ª semanas
Días 2-3, 9-10 decembro
Bloque 3. Vida cotiá e axenda
Tema: Xornada e tempo de lecer. Horarios e servizos
públicos. Convidar a alguén
Marco sociocultural: Hábitos da vida cotiá catalá.
Nadal e Reis
VII. SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación dos progresos de aprendizaxe dos estudantes é continua e baséase na
participación activa nas actividades presenciais, na entrega de exercicios de todo tipo
ao longo do curso, nas tarefas finais de cada bloque dos contidos, na lectura e
comprensión do libro proposto e na proba final (oral e escrita), que examina as
competencias e os coñecementos e adquiridos.
17
O exame final, que ten un valor dun 60 % na cualificación global, consta de dúas
partes: oral e escrita. Ambas as dúas teñen un carácter predominantemente práctico e
seguen a dinámica dos exercicios realizados ao longo do curso.
ASPECTO CRITERIOS INSTRUMENTO PESO
Asistencia, participación e
traballo na aula.
Asistencia e participación
nas actividades culturais.
Exercicios gramaticais e
de redacción
Interese e realización
das actividades orais e
escritas. Corrección e
calidade. Puntualidade
Observacións e notas.
Entrega, revisión e
corrección dos exercicios
10%
Contidos dos tres bloques Asunción dos contidos
teórico-prácticos e
calidade
Tarefas finais (orais e
escritas) de cada bloque 20%
Lectura do libro Calidade de comprensión
e de síntese Cuestionarios e resumes 10%
Comprensión e expresión
oral e escrita
Dominio dos contidos
teórico-prácticos Exame final escrito e oral 60%
Para superar a materia é preciso ter aprobado o exame final. Os exames finais (parte
oral e escrita) tanto de xaneiro como de xuño realizaranse na data establecida
oficialmente polo centro:
8 de xaneiro de 2020, 9:30 h, D15-Seminario
11 de xuño de 2020, 9:30 h, D15-Seminario
Nos casos nos que o/a estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan
asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos acordados
cos profesores para suplir a aprendizaxe presencial.
Os estudantes exentos da asistencia ás aulas serán avaliados polo exame de xuño,
que terá un valor dun 100% da cualificación final.
No caso de alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na
instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia
e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde
aos motivos de dispensa.
18
VIII. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE
PROBAS OFICIAIS DE LINGUA CATALÁ
A Área de Filoloxía Catalá organiza e administra, anualmente e para toda Galicia, as
probas oficiais para a obtención dos Certificats de Català do Institut Ramon Llull,
encargado da avaliación e certificación dos coñecementos de lingua catalá fóra do
dominio lingüístico. Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento da
lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais (administración pública,
empresas, institucións) e teñen para todos os efectos a mesma validez e eficacia que
as que expide a Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, a
Dirección Xeral de Política Lingüística do Govern de les Illes Balears e a Xunta
Calificadora de Coñecementos de Valenciano da Generalitat Valenciana.
Para máis información: https://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/certificats_intro.cfm
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS CONSONTE O MARCO COMÚN DE REFERENCIA:
NIVELLS COMUNS DE REFERÈNCIA LLENGÜES (CONSELL D'EUROPA)
CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA INSTITUT RAMON LLULL
D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GENERALITAT DE CATALUNYA
JUNTA QUALIFICADORA DE CONEIXEMENTS DE VALENCIÀ
D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GOVERN BALEAR
Usuari bàsic A1
- - - -
Usuari básic A2 Nivell bàsic (A2) Nivell bàsic (A2) Coneixements orals
Nivell A2
Usuari independent B1
Nivell elemental (B1)
Nivell elemental (B1)
Grau elemental
Nivell B1
Usuari independent B2
Nivell intermedi (B2)
Nivell intermedi (B2)
-
Nivell B2
Usuari experimentat C1
Nivell de suficiència (C1)
Nivell de suficiència (C1)
Grau mitjà
Nivell C1
Usuari experimentat C2
Nivell superior (C2)
Nivell superior (C2)
Grau superior
Nivell C2
Cómpre sinalar que durante o segundo cuadrimestre, o Centro de Linguas Modernas
da USC ofrece dous cursos de preparación para o acceso aos certificados de nivel
Elemental, Intermedi e Suficiencia, dirixido a todos aqueles que estean interesados en
se presentaren a algún dos niveis de certificación.
Para máis información: http://www.usc.es/es/servizos/clm/cursos/catalan/
19
ESTADÍAS DE FORMACIÓN
O Institut Ramon Llull, conxuntamente con outras institucións, organiza estadías de
formación lingüística e cultural pensadas para mellorar a competencia lingüística e os
coñecementos culturais dos estudantes de catalán do exterior por medio de cursos,
conferencias, visitas e actividades complementarias.
ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A VALÈNCIA (AVL – IRL)
A Acadèmia Valenciana de la Llengua e o Institut Ramon Llull organizan
durante o mes de xullo unha estadía lingüística dirixida a estudantes de
catalán/valenciano das universidades do exterior. Este programa é unha boa
opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán para
mellorar os seus coñecementos de lingua e coñecer a cidade de Valencia. A
estadía combina cursos de lingua e cultura cun programa de actividades
culturais e de lecer.
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar o ter cursados estudos de lingua (catalán/valenciano) en
calquera universidade de fóra do ámbito lingüístico cun coñecemento do nivel
A2 ou superior (MCERL).
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_valencia.cfm
CAMPUS UNIVERSITARI DE LA LLENGUA CATALANA
O Campus Universitari de la Llengua Catalana, froito da colaboración entre o
Goberno de Andorra e o Instituto Ramon Llull, ofrece aos estudantes, grazas
aos cursos de lingua e á participación nun amplo abano de actividades culturais
e de lecer, a posibilidade de se integraren no tecido social e no contexto natural
de Cataluña e Andorra. Esta inmersión lingüística e cultural entre a Costa
Brava e o Pirineo andorrano permite aos participantes poder vivir plenamente
en catalán durante uns días.
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 50 horas de estudos de lingua
catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico, e ter un
coñecemento e dominio básicos de catalán oral.
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_campus.cfm
20
ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A LES ILLES BALEARS
O Institut Ramon Llull, en colaboración coa Universitat de les Illes Balears,
organiza durante o mes de setembro unha estadía lingüística dirixida a
estudantes de catalán das universidades e outros centros docentes do exterior.
Unha boa opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán
para mellorar os seus coñecementos de lingua catalá e coñecer a cidade de
Palma e a illa de Mallorca. A estadía combina cursos de lingua e cultura catalás
cun programa de actividades culturais e de lecer vencelladas ao turismo
cultural da illa.
Cursos de lingua: Nivel Elemental (B1 MECR) e Nivel Intermedio (B2 MECR)
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 100 horas de estudos de
lingua catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico.
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_balears.cfm
PROGRAMAS E ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS
PROGRAMAS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS:
PARELLÆS
A Área de Filoloxía Catalá da USC convoca -cando é factible- o programa
PARELLÆS, programa académico de intercambio lingüístico catalán-
galego/galego-catalán entre alumnos e alumnas da Universidade que falen galego
ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.
Coa vontade de ir máis aló do simple intercambio lingüístico, este programa non só
pretende ofrecer aos estudantes a oportunidade de practicaren e melloraren o
idioma, senón tamén de coñeceren, de primeira man, a súa cultura. Ademais, o
feito de que ambas as dúas sexan linguas minorizadas do estado é de especial
relevancia, xa que o programa se presenta como lugar privilexiado para traballar e
desmitificar moitas das problemáticas sociolingüísticas e culturais.
21
PARELLES LINGÜÍSTIQUES VIRTUALS
Pensado para todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o
catalán de maneira presencial, o Institut Ramon Llull xuntamente coas
universidades da Xarxa Vives pon en marcha o programa “Parellas Lingüísticas
Virtuais”.
Este programa está concibido para poñer en contacto estudantes de fóra, que
teñan uns coñecementos básicos de catalán e que queiran practicar catalán, con
estudantes cataláns que queiran conversar cos respectivos estudantes
estranxeiros asignados.
Para máis información e rexistros: http://www.parlacatala.org/
CAFÉ DE IDIOMAS
Trátase dun intercambio lingüístico presencial en lingua catalá, pensado para
todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o catalán de
forma habitual. Participan no café de idiomas tanto persoas catalás coma
estudantes de lingua catalá ou calquera persoa con coñecementos de catalán que
queira practicar a lingua oral. Non se trata de clases de conversación, polo que
non hai persoas que guían a sesión nin obrigas. É un encontro libre entre xente
cun interese común: practicar a lingua catalá
Lugar: Biblioteca Ánxel Casal
Para máis información:
http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=28?
ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS:
Polo que fai ás actividades extraacadémicas, a Área de Filoloxía Catalá encárgase
tamén de organizar durante todo o curso seminarios e conferencias, ciclos de cine,
viaxes e outras actividades culturais para os estudantes de lingua e literatura catalás e
para todos aqueles interesados na lingua e cultura catalás.
22
SELECCIÓN DE PÁXINAS WEB DE INTERESE
ORGANISMOS:
Institut Ramon Llull http://www.llull.cat
Web de Llengua Catalana de la Generalitat de Catalunya
http://www.gencat.cat/llengua
Consorci per la Normalització Lingüística
http://www.cpnl.cat/recursos
Institut d’Estudis Catalans (IEC) http://www.iec.cat
Direcció General de Política Lingüística del Govern de les Illes Balears
http://dgpoling.caib.es
Direcció General de Política Lingüística i Gestió del Multilingüisme de la Generalitat Valenciana
http://www.ceice.gva.es/va/web/dgplgm/politica-linguistica
Servei de Política Lingüística del Govern d’Andorra
http://www.catala.ad/
GUÍAS DE RECURSOS LINGÜÍSTICOS:
La Llengua Catalana i Internet http://www.bibiloni.cat/index/index.html#II1
Portal de recursos lingüístics de la Xarxa Vives d’universitats
http://www.llengua.info/
Optimot. Consultes lingüístiques
http://aplicacions.llengua.gencat.cat/llc/AppJava/index.html
INFORMÁTICA E PROGRAMARIO:
Softcatalà http://www.softcatala.org/
23
PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN:
El Punt/Avui http://www.elpuntavui.cat
Ara http://www.ara.cat/
La Vanguardia (ed. cat) http://www.lavanguardia.com/encatala
El Periódico de Catalunya http://www.elperiodico.cat/ca/
Diari d’Andorra http://www.diariandorra.ad/
Diari de Balears http://www.diaridebalears.com/
Segre http://www.segre.com/
Regió 7 http://www.regio7.cat/
El Temps http://www.eltemps.com
Vilaweb http://www.vilaweb.com/
Portal de revistes en català http://lesrevistes.cat/
Catalunya Ràdio http://www.catradio.cat
COM Ràdio http://www.comradio.com
Països Catalans.fm http://www.paisoscatalans.fm/
Televisió de Catalunya http://www.tv3.cat/
Ràdio Televisió de les Illes Balears http://ib3tv.com/
À punt https://apuntmedia.es/va/
Països Catalans.tv http://www.paisos-catalans.tv/
Llull TV www.llull.tv.cat/
BUSCADORES:
Som-hi http://www.som-hi.com/
Nosaltres http://www.nosaltres.cat
Cercador http://www.cercat.com