3
AS LINGUAS DE EUROPA 1. FAMILIAS LINGÜÍSTICAS En Europa fálanse unhas setenta linguas entre o océano Atlántico até a serra dos Urais mais sen incluír o Cáucaso, sen contarmos as diversas linguas de signos das diferentes comunidades de persoas xordas nin todas as linguas que os novos europeos chegado doutras zonas do mundo falan habitualmente. Linguas románicas (familia indoeuropea) Linguas xermánicas (familia indoeuropea) Linguas eslavas (familia indoeuropea) Linguas célticas (familia indoeuropea) O galego, o portugués, o asturiano, leonés, mirandés ou sendinés; o castelán ou español; o aragonés; o catalán; o occitano ou aranés; o francés; as linguas de Oil (picardo, normando...), o francoprovenzal, o romanche; o ladino ou rético dolomítico; o friulano; o italiano toscano; o corso; o sardo; o istriorromanés; o romanés; o arromanés ou valaco; o meglenorromanés. O islandés, o faeroés; o noruegués; o sueco; o danés; o alemán; o luxemburgués; o holandés, flamengo ou neerlandés; o baixoalemán ou baixosaxón; o frisón; o inglés; o escocés- inglés. o ruso; o bielorruso; ucraíno ou ruteno; polaco; caxubio; sorábico; checo; eslovaco; esloveno; serbocroata, serbio, croata ou bosníaco; búlgaro macedonio; pomaco O gaélico irlandés, o gaélico escocés, o gaélico manés, o galés, o cornuallés e o bretón. Linguas bálticas (familia indoeuropea) O letón e o lituano Linguas balcano-armenias ((familia indoeuropea) O albanés Tamén son indoeuropeas o grego e o romaní a lingua indoiránica que falan tantos xitanos europeos.

Linguas de Europa (breve descrición)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Breve descrición das linguas de Europa. Clasificación segundo familia lingüística. As linguas na Unión Europea.

Citation preview

Page 1: Linguas de Europa (breve descrición)

AS LINGUAS DE EUROPA 1. FAMILIAS LINGÜÍSTICAS

En Europa fálanse unhas setenta linguas entre o océano Atlántico até a serra dos Urais mais sen incluír o Cáucaso, sen contarmos as diversas linguas de signos das diferentes comunidades de persoas xordas nin todas as linguas que os novos europeos chegado doutras zonas do mundo falan habitualmente.

Linguas románicas (familia indoeuropea)

Linguas xermánicas (familia

indoeuropea)

Linguas eslavas (familia

indoeuropea)

Linguas célticas (familia

indoeuropea) O galego, o portugués, o asturiano, leonés, mirandés ou sendinés; o castelán ou español; o aragonés; o catalán; o occitano ou aranés; o francés; as linguas de Oil (picardo, normando...), o francoprovenzal, o romanche; o ladino ou rético dolomítico; o friulano; o italiano toscano; o corso; o sardo; o istriorromanés; o romanés; o arromanés ou valaco; o meglenorromanés.

O islandés, o faeroés; o noruegués; o sueco; o danés; o alemán; o luxemburgués; o holandés, flamengo ou neerlandés; o baixoalemán ou baixosaxón; o frisón; o inglés; o escocés-inglés.

o ruso; o bielorruso; ucraíno ou ruteno; polaco; caxubio; sorábico; checo; eslovaco; esloveno; serbocroata, serbio, croata ou bosníaco; búlgaro macedonio; pomaco

O gaélico irlandés, o gaélico escocés, o gaélico manés, o galés, o cornuallés e o bretón.

Linguas bálticas (familia indoeuropea) O letón e o lituano Linguas balcano-armenias ((familia indoeuropea) O albanés Tamén son indoeuropeas o grego e o romaní a lingua indoiránica que falan tantos xitanos europeos.

Page 2: Linguas de Europa (breve descrición)

Familia uraliana (en Europa)

Familia altaica (en Europa)

Familia afroasiática (en Europa)

Sen familia coñecida

O finés, o estonio, o sami ou o húngaro O turco e o tátaro. Maltés O euskera

UNIÓN EUROPEA Na Unión Europea empréganse 23 linguas oficiais: alemán, búlgaro, castelán, checo, dinamarqués,

eslovaco, esloveno, estoniano, finlandés, francés, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, irlandés, letón, lituano, maltés, polaco, portugés, romanés e sueco. Ademais, fálanse unhas 150 linguas rexionais e minorizadas, que contan cuns 50 millóns de falantes. Non teñen o estatus de oficialidade na unión mais o catalán/valenciano, o euskera, o galego, o gaélico escocés e o galés poden ser empregadas polos cidadáns para se comunicaren coas principais institucións europeas, como o Parlamento. O seu fomento e protección depende de cada estado mais a UE dotouse da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias , un tratado europeo aprobado en 1992, impulsado polo Consello de Europa e aprobado por moitos estados para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa.

Debemos ter en conta que ademais destes idiomas, na Unión Europea fálanse centos de linguas de todo o mundo e son millóns de novos europeos os que as falan no seo das comunidades emigrantes. No entanto, non teñen un recoñecemento formal nin nas institucións da UE nin nos países membros. O turco, o árabe magrebí ou linguas dos estados indio e paquistaní como o urdu, o bengalí, o hindi, o támil, o punjabi son faladas por un número importante de persoas.

Page 3: Linguas de Europa (breve descrición)

ESTADOS PLURILINGÜES

ESTADOS MONOLINGÜES

Austria Bélgica Bulgaria Chipre Rep.Checa Dinamarca Estonia Finlandia Francia

Alemaña Grecia Hungría Irlanda Italia Letonia Lituania Luxemburgo Malta

Países Baixos Polonia Romenia Eslovaquia Eslovenia España Suecia Reino Unido

*Portugal (co permiso do mirandés) Non pertencen á UE: - Islandia (islandés), e os pequenos estados en enclavados en diferentes estados da UE: - Mónaco (lingua oficial: francés, mais fálase o monegasco, o italiano...), - Andorra (catalán, español e francés), - Liechstenstein (alemán, dialecto alemánico, o francés e inglés están bastante estendidos), - San Marino (italiano e emiliano-romañolo), e - Vaticano (italiano, latín, francés, alemán).

LINGUAS POR ESTADOS NA UNIÓN EUROPEA

Austria Alemán, croata, checo, húngaro, eslovaco e esloveno. Bélgica francés (valón e picardo), flamenco e alemán (Liexa). Bulgaria Bulgaro, romaní (pobo xitano: rom), turco, tártaro (Crimea), romeno,etc. Chipre Turco e grego República Checa Checo, alemán, polaco, romaní, eslovaco, etc. Dinamarca Danés, alemán, feroes, groelandés… Estonia Estonio, ruso, seto, voro… Finlandia Finés, sami e sueco. Francia Basco, bretón, catalán, corso, occitano, franco-provenzal, gascón

(aranés), alsaciano, flamenco … Alemania Alemán, danés, frisón, frisón saterlandi, frisón setentrional, serbio… Grecia Grego, albano, bulgaro, macedonio, turco, valaquio… Hungría Húngaro, croata, alemán, romeno, serbio, eslovaco, esloveno… Irlanda Gaélico-irlandés e inglés. Italia Italiano (toscano), albano, catalán, croata, franco-provenzal, friulano,

alemán, ladino, occitano, sardo, esloveno… Letonia Letón, bielorruso, polaco, ruso, ucraíno… Lituania Lituano, polaco, ruso, samogitiano… Luxemburgo Luxemburgués, francés, alemán, Malta Maltés e inglés. Países Bajos Holandés, frisón, limburgués, baixosaxón… Polonia Polaco, bielorruso, alemán, casubio (Kashubian), lituano, ucraíno,

silesiano, rusino, vilamoviciano… Portugal Portugués e mirandés. Rumanía Romeno, alemán, húngaro, romaní, ucraíno, csango, tártaro… Eslovaquia Eslovaco, alemán, húngaro, romaní, rusino… Eslovenia Esloveno, húngaro, italiano, romaní, nórico, prekmuro... España Asturiano, vasco, galego, berber (tamazig), dariya (árabe dialectal

marroquí), catalán, aragonés, occitano (aranés, que é un dialecto gascón), portugués.

Suecia Sueco, finés, sami, meänkieli, romaní… Reino Unido Inglés, córnico, irlandés, galés, gaélico escocés, escocés, gaélico

irlandés, francés (en illas do estreito da Mancha)... Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega do IES de Porto do Son). Curso 2010-2011. 4º da ESO.