4

Manifesto 1Maio 2017...irrenunciable como é o dereito á folga. Non se pode manter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei mordaza. UGT e CCOO manifestan o seu total apoio

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Manifesto 1Maio 2017...irrenunciable como é o dereito á folga. Non se pode manter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei mordaza. UGT e CCOO manifestan o seu total apoio
Page 2: Manifesto 1Maio 2017...irrenunciable como é o dereito á folga. Non se pode manter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei mordaza. UGT e CCOO manifestan o seu total apoio

NON HAI PROGRESO SEN TRABALLO DIGNO

Boa parte da vida das persoas se mide en horas detraballo. Un esforzo e unha dedicación que se compensanmediante retribucións, cun obxectivo esencial: poder vivirdignamente e desenvolver un proxecto vital. Sen a forzado traballo de todas as traballadoras e traballadores nonse xera riqueza nin hai progreso.

Desde 2008, moitos dos dereitos da clase traballadoraforon eliminados. Primeiro, polo efecto directo dunhaintensa crise inducida por un capitalismo sen control epola avaricia dun sector financeiro afastado dosintereses das persoas e da economía produtiva. Edespois, por unhas políticas, mal chamadas deausteridade, que acrecentaron a precariedade laboral,reduciron salarios e prestacións sociais e recortarondereitos e liberdades. Unhas políticas que, en suma,empobreceron a maioría social, que somos ostraballadores e as traballadoras, e aumentaron asdesigualdades de maneira drástica.

A economía española leva tres anos medrando; asestatísticas de emprego melloran; lentamente,redúcese o paro; xa non hai ameaza de ruptura do euroe as empresas recuperaron xa os niveis de beneficioanteriores á crise. Estamos saíndo da crise, repítennos.

NON é verdade. Eses datos non se reflicten nunhamellora da calidade de vida da clase traballadora. Crecea economía, crecen os beneficios empresariais, pero aspatronais seguen resistíndose a que os salarios teñanunha suba digna nos próximos anos.

� En Galicia seguimos tendo 161.000 persoasocupadas menos que en 2008.

� A taxa de paro galega é do 17,2 %, nove puntosmáis que en 2008, e a segunda máis alta da UE.

� Catro de cada dez desempregados/as levan máisde dous anos en paro.

� Axuventude marcha na procura dun futuro mellor.

� O emprego é cada vez máis precario, e proliferan asformas de explotación laboral, como as empresasmultiservizo, que compiten vulnerando os dereitosdos traballadores e traballadoras mentres moipoucas voces da empresa o critican.

� Os salarios non aumentan, pero os prezos soben.

� As galegas seguen discriminadas no traballo, e oseu soldo é un 22 % inferior ao dos homes.

� As prestacións por desemprego só cobren a metadedas persoas desempregadas.

� As contías das pensións son, literalmente,miserentas.

Todo isto ten unha consecuencia dramática: asdesigualdades, a pobreza e a exclusión socialaumentaron sensiblemente e chegan a case o % da26poboación. Non o dicimos só os sindicatos, dino tamén

o Fondo Monetario Internacional, a Comisión Europeae a OCDE.

A maioría da poboación, a clase traballadora, seguesumida nunha profunda crise económica, de emprego ede expectativas. Mentres, o Estado gasta decenas demiles de millóns de euros en rescatar bancos ouempresas de autoestradas. Isto NON pode ser.

Véndennos unha situación de bonanza e estabilidadeque as familias non perciben. Esta situación NON ésostible e NON é xusta. É o caldo de cultivo para ocrecemento de formacións políticas e movementosretrógrados e extremistas en todo o mundodesenvolvido. Debemos cambiar este estado decousas. .NO HAI ESCUSAS

OS TRABALLADORES E ASTRABALLADORAS DEBEN BENEFICIARSEDO CRECEMENTO ECONÓMICO:MÁIS E MELLOR EMPREGO

O crecemento económico debe chegar a todos e atodas. Para iso, cómpre crear emprego estable e decalidade, mellorar os salarios e reforzar as redes deprotección social. E para logralo necesitamos novaspolíticas e novos consensos.

Hoxe, 1 de Maio, CCOO e UGT pedímoslles aoGoberno de España, aos Gobernos das comunidadesautónomas e ás formac ións po l í t i cas conrepresentación parlamentaria que apoien e impulsen asreformas e cambios necesarios para facer posible que oaumento de produción e de riqueza beneficie a toda asociedade, e dentro dela, a clase traballadora, que foiespecialmente castigada na última década.

� É necesario derrogar as últimas reformaslaborais, que instauraron a precariedade comonorma de contratación. A prioridade debe ser crearemprego indefinido, estable e con dereitos. Acompetit ividade das empresas non podeantepoñerse ao respec to dos dere i tosfundamentais dos traballadores, como a nondiscriminación ou a seguridade e saúde laboral.

� É preciso poñer en marcha un plan de choquepolo emprego para lles dar oportunidades aaqueles con máis dificultades para conseguir unposto de traballo, e en especial aos parados eparadas de longa duración e de maior idade. Etamén hai que facer que a Garantía de EmpregoXuvenil funcione, para evitar a fuga de talento e odesperdicio de recursos que supón ter a toda unhaxeración de traballadores e traballadoras mozos enparo ou con empregos precarios. Hai que lledevolver a esperanza e as expectativas deprogreso á xuventude, porque é o futuro.

� É imprescindible restituír o equilibrio de forzasna negociación colectiva, para que sindicatos eempresarios poidamos negociar en igualdade decondicións o contido dos convenios, destruído polareforma laboral de 2012. Hai que reforzar osconvenios sectoriais e garantir a ultraactividade dosconvenios. Porque sen unha negociación colectivamáis equilibrada non é posible que melloren oemprego, os salarios nin as condicións de vida dapoboación asalariada.

Page 3: Manifesto 1Maio 2017...irrenunciable como é o dereito á folga. Non se pode manter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei mordaza. UGT e CCOO manifestan o seu total apoio

� Pedimos tamén recuperar o Estatuto básico doempregado público e o dereito efectivo ánegociación colectiva no sector público, cuxostraballadores e traballadoras sufriron con especialrigor os axustes dos últimos anos. Sen empregopúblico de calidade non haberá servizos públicosde calidade.

� Hai que reformar o sistema de prestacións pordesemprego: debe chegar a todas as persoas senemprego e ofrecer unhas garantías dignas. Deforma prioritaria aos traballadores maiores,expulsados sen moitas ocasións do mercado detraballo sen posibilidade de alcanzar unha pensióndigna.

� Esiximos un salario mínimo interprofesionalsuficiente, estable e perdurable. Hai que alcanzarun SMI de 1000 euros ao final desta lexislatura, egarantir que será sempre, como mínimo,equivalente ao 60 % do salario medio do país,como di a Carta Social Europea.

� Esiximos unha entrelei de igualdade salarialhomes e mulleres que peche de vez a brechasalarial.

� É urxente derrogar a reforma das pensións de2013, que está empobrecendo os nosos maiores, efixar mecanismos para garantir que non perderánpoder de compra.

� Necesitamos unha reforma fiscal integral, queconsiga máis ingresos e reparta mellor osesforzos, facendo que paguen máis os que máisteñen. Reclamamos maior eficacia na loita contra afraude fiscal e a erradicación dos paraísos fiscais,que son unha vergonza consentida polos paísesdesenvolvidos que está quitando miles de millónsde euros ás políticas de solidariedade e protecciónsocial.

� Esiximos a posta en marcha inmediata dunhaprestación de ingresos mínimos como aproposta por UGT e CCOO e que xa aprobou oParlamento, para sacar da miseria as 630.000familias que non posúen recursos.

� Reclamamos a recuperación progresiva do gastoen sanidade, educación, protección social eaxuda á dependencia, estendendo a súa coberturae mellorando a calidade dos seus servizos.

� Cómpre poñer en marcha un plan estratéxico paraa industria, que impulse un cambio de modeloprodutivo no noso país para xerar máis riqueza econ emprego máis produtivo e de maior calidade.

� No mesmo sentido, reclamamos unha mellorpolítica no eido da ciencia e unhas condicións detraballo dignas para a comunidade investigadora,como esixiron miles de persoas na Marcha polaCiencia do pasado 22 de abril.

� Todo isto no marco dun país necesitado dunha forterexeneración democrática e cultural, que deixeatrás de vez a confesionalidade do Estado e quecombata radicalmente a corrupción.

Todo isto é posible facelo xa. .NON HAI ESCUSAS

Porén, os Presupostos Xerais do Estado para 2017 nonvan nesta liña, senón que teiman nas receitasfracasadas do pasado. Tampouco nas mesas do diálogosocial, o Goberno e as organizacións empresariais dansinais claros de cambio. A maioría social reclama máis emellor emprego, máis protección social e melloresservizos públicos, pero as políticas actuais seguenimpondo axustes, desequilibrios e carencias.

Por iso, as organizacións sindicais CCOO e UGTiniciamos no mes de febreiro un proceso demobilizacións que foi en aumento desde entón, parareclamar que a voz dos traballadores e as traballadorassexa escoitada e as súas peticións, atendidas.

Imos negociar para mellorar as condicións laborais dapoboación asalariada e a calidade de vida de toda acidadanía, como sempre fixemos. Pero tamén imosintensificar as mobilizacións en defensa das nosasreivindicacións.

A etapa dos recortes e da precariedade laboral tenque rematar XA. Temos que cambiala, negociando efacendo presión nas empresas e na rúa. NON HAIESCUSAS.

E tampouco non hai escusa para criminalizar un dereitoirrenunciable como é o dereito á folga. Non se podemanter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei

mordaza.

UGT e CCOO manifestan o seu total apoio aoscompañeiros e compañeiras sindicalistas incursos enprocesos penais ou administrativos derivados da súaactuación en defensa dos dereitos dos traballadores eas traballadoras.

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL.CAMBIAR EUROPA PARA REFORZAREUROPA: AS PERSOAS, PRIMERO

O movemento sindical reafirma o seu carácterinternacionalista e expresa a súa solidariedade coastraballadoras e traballadores de todo o mundo, de xeitosingular cos pobos que viven conflitos armados eguerras ou que están sometidos a réximes ditatoriais eautoritarios.

Tamén imos traballar e presionar para cambiar Europa,da que somos e queremos seguir sendo parte.Apostamos por unha Europa unida e forte. Pero aderiva que está tomando desde hai uns anos é moiperigosa para a súa propia supervivencia comoproxecto político de progreso e para as persoas que ahabitamos. Están crecendo a xenofobia e oconservadorismo, e minguan a solidariedade, acohesión e a fraternidade. A falta de coraxe, cando nona desidia e o desprezo, aos centenares de miles depersoas refuxiadas que foxen da guerra, a represión oua fame para buscar un sitio nos países da UE, é boaproba do que denunciamos.

As traballadoras e os traballadores queremos seguirconstruíndo a Unión Europea, porque é unha grandealianza estratéxica cun tremendo potencial social edemocrático. Pero NON queremos esta Unión Europeapechada, temerosa e covarde, que coarta as súasposibilidades e xera desigualdades e enfrontamentos.

Page 4: Manifesto 1Maio 2017...irrenunciable como é o dereito á folga. Non se pode manter o actual artigo 315.3 do Código penal nin a lei mordaza. UGT e CCOO manifestan o seu total apoio

UGT e CCOO, xunto coa Confederación Europea deSindicatos (CES), reclamamos:

� Unha Unión Europea próspera, capaz de impulsarun crecemento económico sostible e integrador,que abandone definitivamente as fracasadas einxustas políticas de axuste, e que poña en marchaun ambicioso plan de investimentos para xerarmáis cohesión entre os territorios e emprego decalidade.

� Unha Unión Europea eficiente, que aplique unhapolítica económica rigorosa, que teña a creaciónde emprego decente no centro das súasprioridades, que abandone dogmatismosreducionistas e que loite contra a fraude fiscal demaneira coordinada e xusta, eliminando osparaísos fiscais no seu seo como primeira eurxente medida.

� Unha Unión Europea solidaria, que reforce os seussistemas de protección social, creando un segurode desemprego común.

� Unha Unión Europea progresista, que combata erexeite con determinación os comportamentosretrógrados dalgúns gobernos e forzas políticas doseu espazo, que non teñen cabida nunhademocracia avanzada.

� Unha Unión Europea que denuncie con valentía aspolíticas represivas, integristas e autoritarias depaíses veciños como Turquía, empeñados enafastarse da Europa aberta, plural, democrática esocial que defendemos.

� E, sobre todo, unha Unión Europea fraterna, querespecte e defenda os dereitos fundamentais dosmigrantes e se comprometa, con políticas comúnseficaces, co dereito de asilo.

Os gobernos de Europa non poden adiar máis tempoestes cambios na construción da Unión.

NON HAI ESCUSA.

Este cambio de políticas debe comezar sen demora. Sen el, a crise nunca terminará para amaioría social, para a clase traballadora. É unha esixencia social, económica e democrática.

EMPREGO ESTABLE - SALARIOS XUSTOS - PENSIÓNS DIGNAS - MÁIS PROTECCIÓN SOCIAL

Traballadoras e traballadores, polos nosos dereitos