6
Manuel Rivas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 14 de mayo de 2013

Manuel rivas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Manuel rivas

Manuel Rivas

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

martes 14 de mayo de 2013

Page 2: Manuel rivas

Moito. O territorio da infancia é a primeira cartografía. O andar da literatura arrinca nese primeiro chan. Logo, como o afiador, vai detrás da roda da vida, ao tempo que a empurra.

Manuel Rivas

1. As súas primeiras andainas foron por un barrio da Coruña así coma tamén os seus primeiros vieiros a seguir (influxos de pai e nai de procurar un traballo no que se mollar ou non) até que punto estas circunstancias marcaron o seu futuro persoal e literario?

2. Tanto marcou a aquel xove a súa experiencia xornalística de comezos dos 70 para realizar a carreira de Ciencias da Información e a súa futura actividade tamén xornalística? Que quería expresar Vostede co título dun seu ensaio titulado “O xornalismo é un conto”?

Pensei en traballar nun xornal porque era o único xeito de chegar a ser xornalista, que era a porta para ser escritor. O meu soño era ser escritor. Pero tamén era realista: tiña que gañarme a vida cun traballo e o máis semellante era ser xornalista. En Galicia non había daquela facultade de Ciencias da Información nin nada parecido. O feito de traballar nun xornal no tempo de bacharelato, o Ideal Gallego, permitiume despois ir á universidade e compatibilizar estudo e traballo, pois enviaba case a diario crónicas dende Madrid, nun tempo ademais apaixonante, como foi a fin da ditadura e o comezo da transición. O título de “O xornalismo é un conto” ten un dobre sentido. Por unha banda, a idea de que o xornalismo tamén é literatura, unha póla da literatura. E por outra banda, é un xogo irónico: non sempre o que se conta é verdade.

3. Como podería Vostede xustificar que o primeiro xénero literario no que se inmisciu fose a lírica? A pesar de non abandonar este xénero xamais, que foi o que o inclinou máis cara á narrativa?

Non, nunca deixei a poesía. Pero ademais, toda escrita, tamén a narrativa, ten de ser poética. É un traballo de todos os sentidos interiores e exteriores.

martes 14 de mayo de 2013

Page 3: Manuel rivas

Fixen unha obra, “O heroe”, e teño outras cousas na cabeza esperando a que leveden. Hai que darlle tempo ao tempo.

Domingo Villar

4. Vendo a súa desenvoltura narrativa, choca que apenas tocase o xénero dramático. Como podería xustificar este feito?

5. Tan inxusta poderiamos cualificar esta nosa sociedade para que unha persoa coma Vostede (Socio fundador de Greenpeace en España, persoa do máis relevante no movemento de “Nunca Máis”...) teña que ser recoñecido neste ámbito de compromiso social en Bélxica por “Amnistía Internacional”? Tanto se terá que normalizar esta nosa sociedade para que casos coma o seu, o do xuíz Garzón e outros moitos deixen de ser realidades?

Hai que facer as cousas, e abrazar causas, sen agardar honras nin recoñecementos, senón por decencia cotiá.

6. Desde moi xove comezou Vostede a se facer acredor de premios e máis premios, recoñecementos literarios... Que supón para un escritor esta circunstancia? Incentiva ou impón por mor de se ter que superar un?

A verdade é que agás algún, como o primeiro premio de poesía do Facho, aló na mocidade, e o Torrente Ballester, os demais foron premios aos que non me presentei, como os premios da Crítica ou das asociacións de Escritores, Editores ou Libreiros. E estou dobremente agradecido porque, por así dicilo, caen do ceo como anxos.

Manuel Rivas

martes 14 de mayo de 2013

Page 4: Manuel rivas

Sempre hai un azar, unha especie de faísca. Como a luz dun misto na escuridade.

Domingo Villar

7. Cal é a orixe, o nacemento dunha súa novela? Como se elixe un tema? E unha técnica narrativa a empregar nesa futura novela?

8. A súa narrativa vai un pouco da man do cinema. Cal pode ser a circunstancia de que unha novela sexa apta para levar á grande pantalla? Cando Vostede agora está a escribir pásalle pola cabeza esa posíbel probabilidade de que se vexa en cine?

Non se sabe. Cando escribo vexo moitas veces en imaxes o que conto, mais iso non significa que pense nun filme. Con algunha excepción, os casos en que se levaron obras miñas ao cinema foi escolla dos directores.

9. Temos entendido que orixinariamente “Todo é silencio” foi un guión cinematográfico e que a novela veu despois. Como xurdiu neste caso a idea de confeccionar unha novela con aquela base?

O proceso foi máis complexo. Cando me falaron de facer un guión e eu estaba a traballar nunha novela, que é a primeira parte de “Todo é silencio”. Ao primeiro dixen que non, pero a idea do guión andaba bulindo na cabeza como un desafío. Fixen un “primeiro” guión, un borrador, que non me satisfixo. E decidín acabar a novela para poder facer o guión definitivo. Aí xa me sentín máis a gusto.

Manuel Rivas

martes 14 de mayo de 2013

Page 5: Manuel rivas

Domingo Villar

10. É “As voces baixas” unha débeda co seu pasado, con aquelas “circunstancias” ás que aludiamos ao comezo, a súa memoria histórica? Que nos podería comentar do tan traído tema da Memoria histórica?

É unha mestura de memoria íntima, persoal, e o que podemos chamar memoria colectiva. Todo é memoria histórica. Mesmo os silencios e os esquecementos forman parte da memoria. O lembrar a historia do teu país non é unha obsesión co pasado, senón un xeito de curar as sombras e poder enfrontar o futuro coa ollada limpa.

11. Que supuxo para Vostede, aquel neno nacido en Montealto, ser investido “Doctor Honoris Causa” pola Universidade da cidade de nacemento?

12. Como membro da RAG, que nos podería comentar da situación que vemos está a pasar esta insigne institución do noso país? Que tería que ocorrer para que fose valorada na súa xusta medida polo que representou e representa para Galiza?

Por unha banda, un agasallo no que nunca pensara. Por outra, un compromiso, unha obriga para facelo mellor.

A Academia Galega creouse dende abaixo, dende a base intelectual e comprometida do seu tempo, mesmo co apoio de sectores da emigración en América. O seu obxectivo principal, o ilustrar, promover e defender a lingua galega, segue en pleno vigor. Esa é a única cuestión pola que debería ser noticia a Academia Galega. O que hai que facer é traballar unidos nese rumbo.

Manuel Rivas

martes 14 de mayo de 2013

Page 6: Manuel rivas

14. E para rematarmos, que lle pasa pola cabeza cando ve escrito ou oe que é Vostede “A voz máis sobresaliente da literatura contemporánea mundial”?

Domingo Villar

A min o que preocupa é o que estou a escribir. Cada obra é recomezar. Estás espido, só... Como a primeira vez.

13. A súa obra posibelmente sexa das máis traducidas a outros idiomas. Que supón este feito para a nosa literatura? Habería que potenciar desde as institucións este feito para universalizala de vez?

Como fan as administracións dos países máis adiantados e respectuosos co patrimonio e a creación cultural, o que tiñan que facer as institucións é potenciar Galicia como un hábitat cultural, en vez de malgastar os recursos. Por exemplo, dar máis axudas á tradución. Pero o mellor xeito de que Galicia teña máis proxección no mundo é que se desenvolva no seu interior: máis bibliotecas por toda a xeografía, máis programas culturais, apoio a editoriais, máis becas para a xente moza.... Se fixeramos de Galicia un país modélico, xa non faría falta propaganda: Xa nos coñecerían por todo o mundo adiante!

Manuel Rivas

Grazas pola vosa paciencia.

martes 14 de mayo de 2013