2
O MEDIO FÍSICO A costa na enseada do parque é pouco accidenta- da, con amplas zonas de praias de orixe sedimentaria. O transporte eólico destes depósitos de area permiti- ron o desenvolvemento de cordóns litorais de dunas, frecuentemente semiestabilizadas pola vexetación halófita. Esta intensa actividade eólica, permitiu a forma- ción dunha duna móbil, a maior do noroeste penin- sular, de máis de 1 km de lonxitude, de 200 a 300 m de ancho, e de 12 a 15 m de altura. No seu conxun- to, o avance da duna prodúcese cara ao interior con dirección NE. O cordón dunar propiciou o represamento aprecia- ble de auga, formándose a lagoa de Carregal, que que- dou comunicada co mar por un conxunto de canais. A zona inúndase e drena en función do réxime interma- real, constituíndo así unha marisma. A lagoa de Vixán, orixinada mediante un proceso semellante, comunícase co mar, só nos períodos equi- nocciais. O carácter doceacuícola desta lagoa, propor- ciónalle unhas características ecolóxicas sensiblemente distintas da anterior. A FLORA O parque ofrece unha representación de case todas as comunidades vexetais propias das marismas, lagoas e areais da costa galega, polo que é un lugar privilexia- do para a observación desta variada e curiosa flora. A súa variedade é a maior orixinalidade deste espazo. Nas dunas, pradeira postdunar e marismas deste humidal, existen 247 taxóns vexetais, dos que 23 deles están legalmente protexidos por considerarse rarezas ou endemismos, especies que só viven no contorno da zona ou en contados enclaves do litoral galego. A vexetación complétase con piñeirais mesturados con carballos, ameneiros, salgueiros e zonas de culti- vos, resultado da humanización da área. A FAUNA Os complexos e diversos hábitats deste espazo natu- ral, posibilitan o asentamento dun gran número de especies animais. Das 14 especies de anfibios citadas para Galicia, 10 están presentes no parque; 14 especies de réptiles, das 20 presentes en Galicia; e unha vasta representación de mamíferos e especies do ámbito mariño ou litoral. O seu valor ornitolóxico quedou patente mediante a súa inclusión no ano 1993 na lista do Convenio sobre Humedais de Importancia Internacional (Ramsar, 2 de febreiro de 1971). Para a fauna invernante distínguense tres áreas ben diferenciadas: • As marismas da lagoa de Carregal, acumulan gran- des concentracións de laro-limícolas. É numerosa a píllara dourada nos areais, así como o pernileiro, maza- rico, pilro bulebule, pilro curlibico e bilurico pativerde. • A lagoa de Vixán, con abundante carrizo perilago- ar, alberga as principais especies de anátidas e rállidas. • Na zona mariña destaca a presencia de mobellas, negróns e corvos mariños. En canto ás aves aniñantes destacan o alavanco, somorgullo pequeno e galiñola negra, así como a pílla- ra papuda, cun importante número de parellas do con- xunto da poboación de Galicia. por favor por favor XUNTA DE GALICIA Medio ambiente Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Guías informativas RESPECTE ESTES CONSELLOS: O PARQUE NECESÍTAO - Use os camiños e as pasarelas. Evite camiñar polo interior do parque fóra deles. - Arrancar flores ou plantas pon en perigo especies singulares. - O lume pode destruir a vida do parque. Non acenda fogueiras nin tire cigarros acesos. - Non acampe no parque. Utilice os campings próximos. - Recolla vostede mesmo os seus propios residuos ou utilice os colectores de lixo. - Leve o seu can con correa. - Circule con vehículos só polas pistas autorizadas para isto. - Lembre que os ruídos perturban a tranquilidade do parque. - Respecte os cultivos, valados, cancelas e calquera obxecto arqueolóxico ou histórico. - Use para as súas comidas exclusivamente as áreas recreativas.

Mapa do Parque

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Citation preview

Page 1: Mapa do Parque

O MEDIO FÍSICOA costa na enseada do parque é pouco accidenta-

da, con amplas zonas de praias de orixe sedimentaria.O transporte eólico destes depósitos de area permiti-ron o desenvolvemento de cordóns litorais de dunas,frecuentemente semiestabilizadas pola vexetaciónhalófita.

Esta intensa actividade eólica, permitiu a forma-ción dunha duna móbil, a maior do noroeste penin-sular, de máis de 1 km de lonxitude, de 200 a 300 mde ancho, e de 12 a 15 m de altura. No seu conxun-to, o avance da duna prodúcese cara ao interior condirección NE.

O cordón dunar propiciou o represamento aprecia-ble de auga, formándose a lagoa de Carregal, que que-dou comunicada co mar por un conxunto de canais. Azona inúndase e drena en función do réxime interma-real, constituíndo así unha marisma.

A lagoa de Vixán, orixinada mediante un procesosemellante, comunícase co mar, só nos períodos equi-nocciais. O carácter doceacuícola desta lagoa, propor-ciónalle unhas características ecolóxicas sensiblementedistintas da anterior.

A FLORAO parque ofrece unha representación de case todas

as comunidades vexetais propias das marismas, lagoase areais da costa galega, polo que é un lugar privilexia-do para a observación desta variada e curiosa flora. Asúa variedade é a maior orixinalidade deste espazo.

Nas dunas, pradeira postdunar e marismas destehumidal, existen 247 taxóns vexetais, dos que 23 delesestán legalmente protexidos por considerarse rarezasou endemismos, especies que só viven no contorno dazona ou en contados enclaves do litoral galego.

A vexetación complétase con piñeirais mesturadoscon carballos, ameneiros, salgueiros e zonas de culti-vos, resultado da humanización da área.

A FAUNAOs complexos e diversos hábitats deste espazo natu-

ral, posibilitan o asentamento dun gran número deespecies animais. Das 14 especies de anfibios citadaspara Galicia, 10 están presentes no parque; 14 especies

de réptiles, das 20 presentes en Galicia; e unha vastarepresentación de mamíferos e especies do ámbitomariño ou litoral.

O seu valor ornitolóxico quedou patente mediante asúa inclusión no ano 1993 na lista do Convenio sobreHumedais de Importancia Internacional (Ramsar, 2 defebreiro de 1971). Para a fauna invernante distínguense tres áreas bendiferenciadas:

• As marismas da lagoa de Carregal, acumulan gran-des concentracións de laro-limícolas. É numerosa apíllara dourada nos areais, así como o pernileiro, maza-rico, pilro bulebule, pilro curlibico e bilurico pativerde.

• A lagoa de Vixán, con abundante carrizo perilago-ar, alberga as principais especies de anátidas e rállidas.

• Na zona mariña destaca a presencia de mobellas,negróns e corvos mariños.

En canto ás aves aniñantes destacan o alavanco,somorgullo pequeno e galiñola negra, así como a pílla-ra papuda, cun importante número de parellas do con-xunto da poboación de Galicia.

por favorpor favor

XUNTA DE GALICIA

Medio ambiente

Parque Natural docomplexo dunar de Corrubedo e

lagoas de Carregal e Vixán

Parque Natural docomplexo dunar de Corrubedo e

lagoas de Carregal e Vixán

Guías informativas

RESPECTE ESTES CONSELLOS: O PARQUE NECESÍTAO

- Use os camiños e as pasarelas. Evite camiñar polointerior do parque fóra deles.

- Arrancar flores ou plantas pon en perigo especiessingulares.

- O lume pode destruir a vida do parque. Non acendafogueiras nin tire cigarros acesos.

- Non acampe no parque. Utilice os campings próximos.- Recolla vostede mesmo os seus propios residuos ou

utilice os colectores de lixo.- Leve o seu can con correa.- Circule con vehículos só polas pistas autorizadas

para isto.- Lembre que os ruídos perturban a tranquilidade do

parque.- Respecte os cultivos, valados, cancelas e calquera

obxecto arqueolóxico ou histórico.- Use para as súas comidas exclusivamente as áreas

recreativas.

Page 2: Mapa do Parque

N

O Parque Natural do Complexo Dunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán,declarado como tal o 5 de xuño de 1992, estásituado na península do Barbanza, concello deRibeira (A Coruña), e supón sen dúbida undos enclaves máis significativos e valiosos dopatrimonio natural galego.Un parque natural é unha superficie do terri-torio pouco transformada pola explotación eocupación humana, que en razón da belezadas súas paisaxes, a representatividade dosseus ecosistemas, a singularidade da súa flora,da súa fauna ou das súas formacións xeomor-folóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéti-cos, educativos e científicos, dos que a súaconservación merece unha atención preferen-te. Así aparece descrito na Lei 9/2001, de 21de agosto, de conservación da natureza.

N

N

LAGOAS EMARISMAS

COMPLEXODUNAR

PRAIAS E CHAI-RAS AREOSAS

Pato cincentoAnas streperaCerceta realAnas creccaAlavanco realAnas platyrhynchosPato cullereteAnas clypeata

Becacina crabaGallinago gallinagoMazarico curlíNumenius arquata

Píllara cincentaPluvialis squatarola

Martiño peixeiroAlcedo atthis

PicaxuncosCisticola juncidis

OurioloOriolus oriolus

Galiñola negraFulica atra

Garza realArdea cinerea

Rapina cincentaCircus pygargusRapina arpellaCircus aeruginosusGatafornelaCircus cyaneus

LagarteiropeneireiroFalco tinnunculus

LavercaAlauda arvensisCotovía pequenaLullula arborea

Escribentadas canaveirasEmberiza schoeniclus

Pardillo comúnPasser domesticusVerderolo comúnCarduelis chloris

PaspallásCoturnix coturnix

Gaivota patiamarelaLarus cachinnansGaivota escuraLarus fuscusGaivota choronaLarus ridibundusGaivotónLarus marinus

Corvo mariñocristadoPhalacrocorax aristotelisCorvo mariño realPhalacrocorax carbo

GabitaHaematopus ostralegus

Pilro curlibicoCalidris alpinaMazarico curlíNumenius arquata

Carrán cristadoSterna sandvicensis

CENTRO DE RECEPCIÓNC.I.E.L.G.A.

APARCAMENTOS

INFORMACIÓN

LAGOAS

MARISMA

PIÑERAIS E CULTIVOS

ROCHAS

DUNA MÓBIL

PRAIAS

DUNAS VEXETADAS

CHAIRAS AREOSAS

Lagoa de Vixán

Lagoa de Carregal

Río

Artes

Río Sirves

Río

Longo

P

i

P

P

i

ESPAÑA

A CORUÑA

RIBEIRA

ItinerarioA AUGA

ItinerarioO MAR

ItinerarioO VENTO

m ó b i l

D u

n a