24
DE LABORES E OFICIOS vol.1

Maqueta 1 O Fiadeiro

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Maqueta 1 O Fiadeiro Probas

Citation preview

Page 1: Maqueta 1 O Fiadeiro

DE LABORES E OFICIOS vol.1

Page 2: Maqueta 1 O Fiadeiro

INTRODUCIÓNCon este traballo se pretende dar infor-mación sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. o Fiadei-ro, na súa VII Gala, titulada “Labores e oficios”. A temática, que funciona de fío condutor da gala, aporta certo signifi-cado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o

eixe sobre o que se move o repertorio que se mostra no espectáculo. Cada

un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacio-

nado directamente con cada unha dos oficios e labores que citaremos a continuación.

Page 3: Maqueta 1 O Fiadeiro

campo (colleitar, segar,…) ou labores téxtiles (fiar, tecer,…). Podemos com-probar que todas realízanse có fin de autoabastecerse.

Cargo ou traballo que unha persoa desempeña

de maneira habitual. Podemos dicir que implica unha dotación económi-ca, e pola súa parte é un medio para a subsistencia.

LABORES E OFICIOS

Actividade ou traballo que se realiza có fin de

abastecerse, tanto en alimentación como en confección de téxtiles. As labores non implican unha dedi-cación exclusiva, xa que polo xeral non ocupan a totalidade das horas do día, senón que se levan a cabo nunha franxa horaria moi concreta, ou ben nunha época concreta do ano, por iso moitas líganse ás tradicións do ciclo anual. Deste xeito podemos referirnos ás labores da casa (cociñar, planchar, fregar,…), labores do

LABOR

OFICIO

Page 4: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 5: Maqueta 1 O Fiadeiro

ÍNDICEMÚSICA

1

3

2

4

5

6

Nana labor de nai

Muiñeira de Pontegrixoa (Pontegrixoa)

LIBROLabor de nai 6

Oficio de mineiro 8

Oficio de pedreiro 12

Oficio de músico 16

Canto de mina (Pontegrixoa)

Canto de pedreiros (Moscoso)Xota das Cortellas (Soutomaior)Música dos Padernes O bico do BreloLedicia na festaRumba dos Padernes.

Page 6: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 7: Maqueta 1 O Fiadeiro

Comenzamos esta mostra facendo referencia a unha trascendental labor da muller, a de ser nai.

LABOR DE NAI

Este neno vai durmirnunha camiña de frores,

e na cabeceira levaa Virxen de los Dolores.

Ea, ea.

Durme meu neno,durme meu amor.Durme meu neno que xa ven o sol.

Ea, ea.

Este neno ten o sono,este neno quer durmir.

Este neno ten o sonoe nun lle acaba de vir.

Ea ea.

Durme meu neno,que ven o “cocón”,a levar os nenos

que non durmen, non.Ea, ea.

3 X

ota

das

Cor

tell

as: E

sta

peza

foi r

ecol

lida

polo

gru

po O

Fia

deir

o a

Mar

uja

Gra

nde,

ve

ciña

da

parr

oqui

a da

s C

orte

llas,

sit

uada

no

mun

icip

io p

onte

vedr

és d

e So

utom

aior

.

Page 8: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 9: Maqueta 1 O Fiadeiro

O mineiro era o home que furaba a terra en sentido horizontal na procu-ra da auga para facer unha fonte, pero tamén o que a furaba para a extracción de minerais.

O inicio da Guerra Civil e da Segunda Guerra Mundial fixo que a demanda de minerais específicos se multiplicara considerablemente, florecendo así o oficio dos mineiros. Moitos homes, e ás veces familias enteiras, foron a vivir aos arredores das explotacións mineiras, creando pequenas aldeas improvisadas.

OFICIO DEMINEIRO

Page 10: Maqueta 1 O Fiadeiro

Tiveron grande sona as minas de Barilongo, situadas no concello de Santa Comba e destinadas á extrac-ción do golfran (mineral semellante ó carbón). Mentres os mineiros remex-ían na terra, os carabineiros, policía da época, facían garda para evitar roubos de mercadoría. As mulleres agardaban fóra coa comida para os seus homes.

A actividade mineira na actual-idade céntrase tres materiais, o xa comentado golfran, o estano e por último a lousa, da que a nosa comunidade pode presumir ao ser unha das grandes potenzas mun-diais na súa explotación. Pódense apreciar nos paisaxes galegos grande cantidade de tellados de lousa, sobre todo en construcións rústicas da montaña luguesa, onde abunda este tipo de material.

Fun á mina a Barilongo,por ghanar o patacón.A mina de Barilongo foi a miña perdición.

Ailalalalalala,ailalalalalalala.

A mina de Barilongo,mina neghra para min-e,entréi sen amores nela,

namoradiño salin-e.Ailalalalalala,

ailalalalalalala.

A mina de Barilongo,ten vintesinco escaleiras,para ghañaren os mozos tódalas mozas solteiras.

Ailalalalalala,ailalalalalalala.

A mina de Barilongo,no filón da campaíña.Alí toméi eu amores,para toda miña vida.

Ailalalalalala,ailalalalalalala.

2 C

anto

de

min

a: E

sta

peza

foi r

ecol

lida

polo

gru

po C

anti

gas

e A

gari

mos

, de

Sant

iago

de

Com

post

ela,

no

seu

prop

io c

once

llo.

Mái

s co

ncre

tam

ente

na

parr

oqui

a de

Pon

tegr

ixoa

sen

do a

súa

in

form

ante

Don

a H

erm

inda

Mir

amon

tes

Lam

ela.

2 M

uiñ

eira

de

Pon

tegr

ixoa

(Gai

ta, t

ambo

ril e

bom

bo)

Page 11: Maqueta 1 O Fiadeiro

No tocante á música, pouco podemos destacar deste oficio. Existe algunha referencia a esta profesión

no cantigueiro popular, pero non podemos concretar nada máis acerca do seu uso.

Page 12: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 13: Maqueta 1 O Fiadeiro

Podemos consideralo como un gran oficio artesanal, moi ligado á cultura popular, e moi expandido no noso territorio. Quizais unha das causas sexa a gran existencia e abundancia de materiais na natureza galega, como por exemplo o granito, tipo pedra moi usada polos canteiros para os seus traballos.

A tradición canteira en Galicia e unha das máis primitivas, xa que temos grandes mostras artesanais en grandes obras e monumentos da nosa comunidade.

O exemplo máis claro é o da Catedral de Santiago de Compostela, destacan-do os detalles dos diferentes pórticos. Non podemos excluír outras mostras da fermosa arquitectura galega. Son moitas as igrexas que existen no noso territorio, tendo a maior parte delas a presenza dun cruceiro, algúns deles moi elaborados, onde se representa, a modo de escena, unha secuencia da crucifixión de Xesucristo. Todos eles están realizados en granito e ob-tivéronse tras moitas horas de picar e picar pedra minuciosamente, coa

OFICIO DE PEDREIRO

Page 14: Maqueta 1 O Fiadeiro

axuda de martelo e cincel.Os pedreiros, picapedreiros e

canteiros foron os encargados de ex-traela pedra e darlle forma para logo construír pontes, casas, valados… Todo isto por medio das súas propias mans, moito antes de que as máqui-nas facilitaran o seu traballo. Ao son do martelo, co po voando polo aire e rabuñando na gorxa, cantaban para facer máis levadeiro o duro oficio, adoptando así un ritmo pausado pero sen descanso no son metálico que define o seu oficio.

As ferramentas empregadas para o seu traballo eran diversas: Pauferro, mandarria, ferro, maceta, punteiro, pistolo, pico, rebolo,…

En Galicia, quizais o máis destac-able da obra canteira, vese reflexado na propia catedral da cidade Com-postelá. O minucioso traballo de picar

Na miña ventana teño,reghalo que ninguén ten-e.

A todas horas do día,miro a quen eu quero ben-e. (BIS)

Non te fíes miña nena,do pedreiro que ben canta.

Coa fariña da pedra,alísaselle a gharghanta. (BIS)

Adéus pedra de almirante,Que de almirante se cubre.

Non hai ben que non se acabe,ai ni mal que sempre cure. (BIS)

Dime ti miña rapaza,que lle votas o teu pelo.

Unha herva que hai no monte,que lle chaman “tremantelo”. (BIS)

CANTO DE PEDREIROS2

Can

to d

e p

edre

iros

: A p

eza

que

se p

rese

nta

foi r

ecol

lida

polo

gru

po O

Fia

deir

o na

par

roqu

ia d

e M

osco

so (C

once

llo d

e Pa

zos

de B

orbé

n), a

Ros

a G

arri

do C

asqu

eiro

e A

ida

Gar

rido

C

asqu

eiro

.

Page 15: Maqueta 1 O Fiadeiro

a pedra ao máximo detalle fixo que os canteiros e picapedreiros galegos se convirtiran nuns mestres neste terreo. Unha das representacións máis coñecidas e admiradas é a que podemos atopar no seu pórtico da Gloria. Hoxe en día a Catedral de San-tiago de Compostela é un referente mundial para calquera estudioso no campo da escultura e arquitectura.

Por outro lado, comentado ante-riormente e moi vencellado á cultura popular, atopamos os cruceiros. Realizados en pedra, polo xeral granito, adóitanse situar nos recintos da igrexa, no interior do ceminterio e nos cruces de camiños.

Por último, atopamos os hórreos, que non son máis que construcións, xeralmente de pedra (granito) e madeira, que servían a modo de al-macén ou despensa de unha ou varia

Page 16: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 17: Maqueta 1 O Fiadeiro

Na cultura popular galega non podemos afirmar que o oficio de músico fora unha das eleccións da xente como medio de subsistencia. A educación que existiu durante moitos séculos en Galicia, nun medio rural, producía que a súa xente non asimila-ra a posición do musico nun rango de oficio respectado, si ben é certo que ata nós chegaron moitos documentos que confirman a contratación de músicos en determinados Municipios de toda a xeografía galega, pero en casos esporádicos. Trátanse de acor-

3 X

ota

das

Cor

tell

as: E

sta

peza

foi r

ecol

lida

polo

gru

po O

Fia

dei-

ro a

Mar

uja

Gra

nde,

vec

iña

da p

arro

quia

das

Cor

tella

s, s

itua

da

no m

unic

ipio

pon

teve

drés

de

Sout

omai

or.

4 M

úsi

ca d

os P

ader

nes

: 3 p

ezas

mus

icái

s do

rep

erto

rio

da

Orq

uest

ra “

Os

pade

rnes

” (O

Cau

rel).

O b

ico

do B

relo

, Led

icia

na

fest

a e

Rum

ba d

os P

ader

nes.

OFICIO DE MÚSICO

Page 18: Maqueta 1 O Fiadeiro

dos (contratos) que se facían, ben con motivo de animación a unha determi-nada festividade ou como intérpretes dunha danza gremial executada nas grandes festividades relixiosas, neste caso contratado polo propio gremio ao que acompañaba. O acordo podía ser simplemente verbal, polo que na actualidade non podemos confirmar moitas das contratacións. Por outro lado, atopamos certo número de rex-istros nas contas patronais de moitas parroquias existentes en Galicia, nas que destinaban unha partida ao pago das músicas. Tamén, como dato anecdótico, atopamos referencias á contratación de músicos en algún testamento, non que se especifica a presenza de gaiteiros ou ben outro tipo de instrumentista na celebración do propio enterro, coa súa respectiva remuneración económica.

Aldeíña das Cortellas,con catro mozas que ten-e.

Elas son miñas amigase tamén lles quero ben-e

Ailalalala

Se soubera que ti viñas,que tu habías de vir-e,

mandaba barre-la callecunha folliña de Abril-e

Ailalalala

No alto altiño alto,mozas de Soutomaior-e,

no alto altiño alto,o alto vaise mellor-e

Ailalalala

Aluméame luniña,ahuméame lunar-e,ahuméame luniña

que me quero ir deitar-eAilalalala

XOTA DAS CORTELLAS

Page 19: Maqueta 1 O Fiadeiro

Non entraremos na práctica musical ligada á música culta, que xa a media-dos do século XIX estaba moi consolidada. Cabe destacar a achega de diversas agrupacións musicais, sobre todo corais, que no último terzo do século XX tratan de recuperar melodías e cantos tradicionais procedentes do mundo rural galego. Aínda que adquiriron moita fama a Coral de Ruada ou Aires da Terra, de Pontevedra, non contaban con músicos de oficio, xa que cada un dos membros tiña o seu traballo fora do ámbito musical.

Page 20: Maqueta 1 O Fiadeiro

A mediados do século XIX, gracias a expansión da cultura e a mellora das comunicacións de Galicia có exterior, gran parte da poboación abriuse camiño cara outras terras na procura dunha educación que cubrira as súas necesidades e, incluso algúns priv-ilexiados se desprazaban para encher as súas inquedanzas.

Có paso do tempo foron traendo a súa sabedoría, transmitíndoa a todo aquel canto estivese interesado. Deste xeito formáronse as primeiras bandas de música, a comezos do século XX.

A incursión de instrumentos de banda no panorama musical galego, fixo que moitos dos instrumentos pertencentes á nosa tradición, caso principal da gaita, se adaptaran pouco a pouco para tocar con eles, sendo incluso tocados por músicos profesionais, especialistas noutro

Page 21: Maqueta 1 O Fiadeiro

instrumento de banda, como saxofón ou clarinete.

Pouco a pouco vanse incorpo-rando novos instrumentos, como requinta ou acordeón, que tamén acompañaban ás pandereteiras, en-riquecendo aínda máis a música que estas facían para bailar.

A presenza doutro tipo de músicos que se gañaban a vida honradamente era o caso dos músicos ambulantes. Solistas, dúos, tríos ou cuartetos amenizaban as prazas maiores das vilas. Esta práctica era moi habitual dende xa ben entrado o século XIX, recollendo a tradición dos cegos que, acompañados có seu lazarillo, contaban as noticias e os chismorre-os, con certo toque humorístico, viaxando de vila en vila e subsistindo das propinas que lle permitiran saír adiante. Podemos destacar o caso

particular de Florencio, o cego de Vilar, sempre acompañado do seu violín, que serviu de fonte musical a moitos estudosos da nosa música tradicional.

Page 22: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 23: Maqueta 1 O Fiadeiro
Page 24: Maqueta 1 O Fiadeiro