12
Marco de fotos reciclado Ana Boo Pérez

Marco de fotos reciclado

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Marco de fotos reciclado

Marco de fotos reciclado

Ana Boo Pérez

Page 2: Marco de fotos reciclado

Quen dixo que non se podía facer algo decorativo e elegante con materiais reciclados?. Seguro que todos vimos algunha vez eses marcos de fotos feitos con pequenos cadradiños brillantes ou de cores. A continuación imos ver como podemos facer un moooi similar con materiais reciclados. Toma nota e prepara a túa foto preferida!

Page 3: Marco de fotos reciclado

Precisaremos: •Un cartón de leite valeiro. •Unha bolsa de papel pequena. •Un plástico dun envoltorio que sexa máis grande co tamaño da foto que imos por no marco. •Tesoiras. •Regra. •Pegañento.

Page 4: Marco de fotos reciclado

Abrimos e limpamos o envase de leite, e recortamos os bordes, quedando so cos laterais do cartón (se a bolsa é moi grande ou se tamén a queremos decorar por detrás precisaremos máis dun cartón de leite)

Page 5: Marco de fotos reciclado

Unha vez que o cartón este limpo cortamolo en cadradiños de 2x2 cm coa axuda das tesoiras e da regra.

Page 6: Marco de fotos reciclado

Por outro lado quitamoslle tamén os bordes á bolsa de papel, quedando so cos laterais dianteiro e traseiro, como se mostra na foto.

Page 7: Marco de fotos reciclado

Colocamos no centro dunha das partes da bolsa unha foto e cun bolígrafo debuxamos o perfil da mesma, que posteriormente recortaremos facendo así o buraco da foto.

Page 8: Marco de fotos reciclado

Comezamos a colocar os cadradiños con pegañento na parte onde fixemos o oco para a foto. É aconseñable colocalos antes de pegalos para ver se encaixan ven. Se sobran bordes logo recórtanse.

Page 9: Marco de fotos reciclado

Cando os cadrados esten todos pegados e secos recortamos os bordes sobrantes e colocamos a parte dianteira sobre a traseira como se ve na foto, para marcar cun bolígrafo o perfil do buraco onde logo irá colocada a foto. Tamen recortaremos o plástico á medida algo máis grande ca do buraco pero sin que sobresaia polos bordes do marco, e recortaremos os bordes sobrantes da parte traseira facendo que encaixe coa dianteira.

Page 10: Marco de fotos reciclado

Logo pegamos o plástico por dentro da parte dianteira, e pomos pegamento nos bordos do perfil deuxado por dentro da parte traseira menos por o anaco de arriba, por donde logo entrará a foto. Xuntamos ambas partes e deixamos secar ben o pegañento.

Page 11: Marco de fotos reciclado

So nos queda introducir a foto pola ranura que deixamos pola parte superior, como se ve na imaxe. Así, cando queiramos mudar a foto poderemos facelo sen ter que estropear o marco.

E listo!

Page 12: Marco de fotos reciclado