Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2
ÍNDICE
a) Introdución e contextualización.....................................................................................................................................................3
b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave.........................................................................................................3
c) Concreción dos obxectivos para o curso.......................................................................................................................................8
d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable, temporalización e grao mínimo de consecución...............................9
e) Concreción de procedementos e instrumentos de avaliación......................................................................................................19
f) Concrecións metodolóxicas que require a materia.......................................................................................................................21
g) Materiais e recursos didácticos.................................................................................................................................................... 22
h) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado...........................................................................................23
i) Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino, aprendizaxe e a práctica docente..........................................................26
j) Diseño da avaliación inicial e medidas individuais e colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados......................................................................................................................................................................................31
k) Medidas de atención á diversidade...............................................................................................................................................31
l) Elementos transversais.................................................................................................................................................................32
m) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora......................................................................................................................................................................33
n) Anexo COVID-19...........................................................................................................................................................................36
1- Aprendizaxes imprescindibles non acadadas no curso 2019/2020....................................................................................36
2- Plan de reforzo....................................................................................................................................................................37
3- Metodoloxía para a actividade lectiva presencial, semipresencial e online........................................................................38
3
a) Introdución e contextualización.
Esta programación está lexislativamente enmarcada na LOMCE e réxese polo Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se
establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Encontrámonos no CPI San Sadurniño, colexio situado na localidade do mesmo nome, dentro da província de A Coruña. Estamos
nun entorno rural.
Esta programación desenvolverase co alumnado de 3º curso de Educación Primaria, que se agrupa en dúas aulas constituídas
por 15 nenos/as cada unha.
As matemáticas son un conxunto de saberes asociados aos números e ás formas, que permiten a análise de diferentes situacións
reais. A dedución, a indución, a probabilidade, a estimación…axúdan a enfrontarse a situacións abertas, sen unha solución única
e pechada. Son un conxunto de ideas que nos permiten analizar fenómenos e situacións que se presentan na realidade para obter
informacións e conclusións que non están explícitas e actuar, preguntar, obter modelos e identificar relacións e estruturas, de modo
que levan consigo encontrar patróns, regularidades e leis matemáticas e non só utilizar cantidades e formas xeométricas.
Por este motivo é fundamental centrar o traballo desta área na propia experiencia do alumno, relacionándoa con situacións da vida
cotiá, para ir adquirindo progresivamente coñecementos máis complexos a partir das experiencias e dos coñecementos previos.
Os procesos de resolución de problemas constitúen un dos eixes fundamentais da actividade matemática e deben ser fonte e
soporte principal da aprendizaxe. Na resolución dun problema requírense e utilízanse moitas das capacidades básicas: ler,
reflexionar, planificar…
b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave.
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
BLOQUE 1: PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS
MTB1.1.1. Analiza e comprende o enunciado dos problemas (datos, relacións entre os datos, contexto do problema,
CCL
4
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
pregunta realizada). CMCT
CAA
MTB1.1.2. Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas:revisa as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comproba e interpreta as solucións no contexto da situación, busca outras formas de resolución etc.
CMCT
CAA
CSIEE
MTB1.2.1. Planifica o proceso de traballo con preguntas apropiadas: que quero descubrir?, que teño?, que busco?, como o podo facer?, non me equivoquei ao facelo?, a solución é idónea?
CMCT
CAA
CSIEE
MTB1.3.1. Iníciase na utilización de ferramentas tecnolóxicas, nomeadamente a calculadora, para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.
CMCT
CD
CAA
BLOQUE 2: NÚMEROS
MTB2.1.1. Le, escribe e ordena números ata o 10.000. CMCT
CCL
MTB2.1.2. Aproxima números á decena, centena e millar. CMCT
MTB2.2.1. Realiza correctamente series tanto ascendentes coma descendentes.
CMCT
MTB2.2.2. Interpreta en textos numéricos e da vida cotiá números naturais ata o 10.000.
CMCT
CAA
CCL
5
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
MTB2.2.3. Descompón, compón e redondea números naturais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
CMCT
CAA
MTB2.3.1. Constrúe e memoriza as táboas de multiplicar, utilizándoas para realizar cálculo mental.
CMCT
MTB2.3.2. Realiza cálculos numéricos coa operación de multiplicación na resolución de problemas contextualizados.
CMCT
CAA
MTB2.3.3. Resolve problemas utilizando a multiplicación para realizar recontos, en disposicións rectangulares nos que intervén a lei do produto.
CMCT
MTB2.3.4. Realiza cálculos numéricos coa operación de división dunha cifra na resolución de problemas contextualizados.
CMCT
CAA
MTB2.3.5. Identifica e usa os termos propios da multiplicación e da división.
CMCT
MTB2.4.1. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento.
CMCT
CAA
MTB2.4.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto.
CMCT
CAA
CSIEE
BLOQUE 3. MEDIDA
6
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
MTB3.1.1. Identifica as unidades do sistema métrico decimal. Lonxitude, capacidade, masa ou peso.
CMCT
MTB3.1.2. Mide con diferentes instrumentos elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
CMCT
CAA
MTB3.2.1. Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade e masa en forma simple.
CMCT
MTB3.2.2. Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.
CMCT
MTB3.3.1. Coñece e utiliza as equivalencias entre diversas unidades de medida da mesma magnitude.
CMCT
MTB3.3.2. Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utilizadas en todos os procedementos realizados.
CCL
CAA
MTB3.3.3. Resolve problemas da vida real utilizando as unidades de medida máis usuais.
CMCT
CAA
MTB3.4.1. Resolve problemas da vida real utilizando as medidas temporais e as súas relacións
CMCT
MTB3.5.1. Coñece a función, o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea utilizándoas tanto para resolver problemas en situación reais como figuradas.
CMCT
CAA
CSC
MTB3.5.2. Calcula múltiplos e submúltiplos do euro. CMCT
7
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
MTB3.6.1. Resolve problemas de medida, utilizando estratexias heurísticas e de razoamento.
CMCT
CAA
MTB3.6.2. Reflexiona sobre o proceso seguido na resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto.
CMCT
CAA
CSIEE
BLOQUE 4: XEOMETRÍA.
MTB4.1.1. Coñece e identifica os elementos básicos dos corpos xeométricos (lado, ángulo e vértice).
CMCT
MTB4.2.1. Coñece e diferencia a circunferencia do círculo e distingue os seus elementos.
CMCT
CAA
MTB4.3.1. Identifica corpos redondos e poliedros (prisma, pirámide, cilindro, cono, esfera...).
CMCT
MTB4.4.1. Distingue entre ángulos agudos, rectos e obtusos. CMCT
CAA
MTB4.5.1. Obtén información puntual e describe unha representación espacial (esbozo dun itinerario, plano dunha pista...) tomando como referencia obxectos familiares.
CMCT
CAA
CCL
MTB4.5.2. Interpreta e describe situacións, mensaxes e feitos da vida diaria utilizando o vocabulario xeométrico axeitado: indica una dirección, explica un percorrido, oriéntase no espazo.
CMCT
CAA
CCL
8
Estándares de aprendizaxe Competencias clave
MTB4.6.1. Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados utilizando estratexias heurísticas de razoamento.
CMCT
CAA
MTB4.6.2. Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto.
CMCT
CAA
CSIEE
BLOQUE 5: ESTADÍSTICA E PROBABILIDADE.
MTB5.1.1. Recolle e clasifica datos de situacións do seu contorno, utilizándoos para construír táboas ou gráficas.
CMCT
CAA
MTB5.1.2. Ordena os datos rexistrados atendendo a un criterio de clasificación.
CMCT
CAA
MTB5.1.3. Interpreta gráficas de táboas extraendo a información explícita.
CMCT
CAA
c) Concreción dos obxectivos para o curso.
1. Observar, analizar e estructurar fenómenos e situacións da vida cotidiá obtendo información e conclusións non explícitas, e identificando relacións, patróns, regularidades e leis matemáticas.
2. Utilizar procesos de dedución, indución, estimación, aproximación, probabilidade, precisión, rigor en situacións da vida cotidiá,
formulándolas mediante sencillas formas de expresión
9
3. Valorar o papel das matemáticas na vida cotiá, disfrutar co seu uso e adquirir actitudes como a conveniencia da precisión, a perseverancia na búsqueda de solucións, a exploración de distintas alternativas, o esforzo pola aprendizaxe,...
4. Identificar e resolver problemas mediante estratexias de estimación, cálculo e medida, así como procedementos xeométricos, de orientación no espazo, de azar, probabilidade e representación da información realizando comprobacións e correcións.
5. Utilizar a calculadora e outros recursos na resolución de problemas, así como para o descubrimento, comprensión, exposición e profundización das aprendizaxes matemáticas.
6. Identificar formas xeométricas da contorna,descubrindo e utilizando coñecemento dos seus elementos e propiedades para interpretar a realidade.
7. Utilizar técnicas básicas de recollida de datos e representala de forma gráfica e numérica.
d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe
Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
BLOQUE 1. PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS
B1.1. Planificación do proceso de
resolución de problemas:
análise e comprensión do
enunciado. Estratexias e
procedementos postos en
práctica: facer un debuxo,
unha táboa, un esquema da
situación, ensaio e erro
B1.1. Utilizar procesos de
razoamento e estratexias de
resolución de problemas,
realizando os cálculos
necesarios e comprobando
as solucións obtidas.
MTB1.1.1. Analiza e
comprende o enunciado
dos problemas (datos,
relacións entre os datos,
contexto do problema,
pregunta realizada).
Todo o curso Ordena oracións para
plantexar problemas.
Escribe enunciados de
problemas a partir da
operación e solución.
MTB1.1.2. Reflexiona sobre Todo o curso Resolve problemas
10
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
razoado, operacións
matemáticas axeitadas etc.
Resultados obtidos.
o proceso de resolución
de problemas:revisa as
operacións utilizadas, as
unidades dos resultados,
comproba e interpreta as
solucións no contexto da
situación, busca outras
formas de resolución etc.
anotando datos,
operación e solución.
Representa un problema
mediante o debuxo e
gráficas.
Resolve algún problema de
dúas formas diferentes.
B1.2. Achegamento ao método
de traballo científico mediante
o estudo dalgunhas das súas
características e a súa práctica
en situacións sinxelas.
B1.2. Identificar e resolver
problemas da vida cotiá,
axeitados ao seu nivel,
establecendo conexións
entre a realidade e as
matemáticas e valorando a
utilidade dos coñecementos
matemáticos axeitados para
a resolución de problemas.
MTB1.2.1. Planifica o
proceso de traballo con
preguntas apropiadas:
que quero descubrir?, que
teño?, que busco?, como
o podo facer?, non me
equivoquei ao facelo?, a
solución é idónea?
Todo o curso Resolve problemas,
situacións
B1.3. Utilización de medios
tecnolóxicos no proceso de
aprendizaxe para obter
información, realizar cálculos
numéricos, resolver problemas
e presentar resultados.
B1.4. Integración nas tecnoloxías
da información e a
comunicación no proceso de
aprendizaxe.
B1.3. Utilizar os medios
tecnolóxicos de modo
habitual no proceso de
aprendizaxe, buscando,
analizando e seleccionar
información relevante en
internet ou en outras fontes
elaborando documentos
propios, facendo
exposicións e
argumentacións.
MTB1.3.1. Iníciase na
utilización de ferramentas
tecnolóxicas,
nomeadamente a
calculadora, para a
realización de cálculos
numéricos, para aprender
e resolver problemas.
Todo o curso Realiza sumas e restas coa
calculadora para resolver
problemas.
11
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
BLOQUE 2. NÚMEROS
B2.1. Números naturais ata o
10.000.
B2.2. Nome e grafía dos números
ata o 10.000.
B2.3. Equivalencias entre os
elementos do sistema de
numeración decimal: unidades,
decenas, centenas, unidade de
millar e decena de millar.
B2.4. O sistema de numeración
decimal: valor posicional das
cifras.
B2.5. Identificación do número
anterior e o seguinte a un
dado.
B2.1. Ler, escribir e ordenar
utilizando razoamentos
apropiados.
MTB2.1.1. Le, escribe e
ordena números ata o
10.000.
1º trimestre Escribe con letra os
números.
Escribe con cifras números
escritos con letra.
Coloca números de maior a
menor e de menor a
maior.
MTB2.1.2. Aproxima
números á decena,
centena e millar.
1º trimestre Realiza aproximacións de
números.
B2.6. Orde numérica.
B2.3. Equivalencias entre os
elementos do sistema de
numeración decimal: unidades,
decenas, centenas, unidade de
millar e decena de millar.
B2.7. Redondeo de números
naturais, ás decenas, centenas
e millares.
B2.2. Interpretar diferentes
tipos de números segundo o
seu valor, en situacións da
vida cotiá.
MTB2.2.1. Realiza
correctamente series
tanto ascendentes coma
descendentes.
1º trimestre Escribe series ascendentes
e descendentes.
MTB2.2.2. Interpreta en
textos numéricos e da
vida cotiá números
naturais ata o 10.000.
1º trimestre Escribe, descompón,
analiza números atopados
en diferentes textos:
noticias, textos científicos,
informativos,...
MTB2.2.3. Descompón, 1º trimestre Descompón, compón e
12
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
compón e redondea
números naturais,
interpretando o valor de
posición de cada unha
das súas cifras.
redondea números en
diferentes actividades.
B2.8. Operacións con números
naturais: adición, subtración,
multiplicación e división enteira
por un número dunha cifra.
B2.9. Automatización de
algoritmos.
B2.10. A multiplicación como
suma de sumandos iguais e
viceversa.
B2.11. Construción e
memorización das táboas de
multiplicar.
B2.12. Identificación e uso dos
termos propios da
multiplicación: factores e
produto.
B2.13. Identificación e uso dos
termos propios da división:
dividendo, divisor, cociente e
resto.
B2.14. Utilización en contextos
reais da división para repartir e
para agrupar.
B2.3. Realizar operación e
cálculos numéricos
mediante diferentes
procedementos, incluído o
cálculo mental, en situación
de resolución de problemas.
MTB2.3.1. Constrúe e
memoriza as táboas de
multiplicar, utilizándoas
para realizar cálculo
mental.
1º trimestre Multiplica correctamente
números mentalmente.
MTB2.3.2. Realiza cálculos
numéricos coa operación
de multiplicación na
resolución de problemas
contextualizados.
1º trimestre Resolve problemas usando
a operación de
multiplicación.
MTB2.3.3. Resolve
problemas utilizando a
multiplicación para
realizar recontos, en
disposicións rectangulares
nos que intervén a lei do
produto.
1º trimestre Identifica factores e produto
nunha multiplicación.
MTB2.3.4. Realiza cálculos
numéricos coa operación
de división dunha cifra na
resolución de problemas
contextualizados.
1º trimestre Realiza correctamente a
operación de división
dunha cifra para resolver
un problema.
13
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
B2.15. Proba da división
relacionando dividendo, divisor,
cociente e resto en casos
sinxelos.
B2.16. Utilización da calculadora.
B2.17. Elaboración e uso de
estratexias de cálculo mental.
MTB2.3.5. Identifica e usa
os termos propios da
multiplicación e da
división.
1º trimestre Fai a proba da división.
Escribe dividendo,
divisor, cociente e resto
ao lado da cifra
correspondente.
B2.18. Comprobación de
resultados mediante
estratexias aritméticas.
B2.19. Resolución de problemas
da vida cotiá.
B2.4. Identificar, resolver
problemas da vida cotiá,
adecuados ao seu nivel,
establecer conexións entre a
realidade e as matemáticas
e valorar a utilidade dos
coñecementos matemáticos
adecuados reflexionando
sobre o proceso aplicado
para a resolución de
problemas.
MTB2.4.1. Resolve
problemas que impliquen
o dominio dos contidos
traballados, empregando
estratexias heurísticas, de
razoamento.
1º trimestre Aplica os contidos en
diferentes actividades:
cálculos para elaborar
unha receita, reparto de
material entre os
alumnos, ..
MTB2.4.2. Reflexiona sobre
o procedemento aplicado
á resolución de
problemas: revisando as
operacións empregadas,
as unidades dos
resultados, comprobando
e interpretando as
solucións no contexto.
1º trimestre Realiza comprobacións de
problemas e fai as
posteriores correcións.
BLOQUE 3. MEDIDA
B3.1. Expresión e forma simple
dunha medición de
lonxitude, capacidade, masa
ou peso.
B3.1. Seleccionar e utilizar
instrumentos e unidades de
medida usuais, facendo
previamente estimacións e
MTB3.1.1. Identifica as
unidades do sistema
métrico decimal.
Lonxitude, capacidade,
2º trimestre Escribe correctamente as
unidades de medida en
cada caso.
14
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
B3.2. Elección da unidade máis
axeitada para a expresión
dunha medida.
B3.3. Realización de medicións.
expresando con precisión
medidas de lonxitude,
peso/masa, capacidade e
tempo, en contextos reais.
masa ou peso.
MTB3.1.2. Mide con
diferentes instrumentos
elixindo a unidade máis
axeitada para a expresión
dunha medida.
2º trimestre Usa os instrumentos
axeitados para realizar
medicións.
Expresa a súa medición
oralmente e por escrito
usando a unidade
correcta.
B3.4. Comparación e ordenación
de medidas dunha mesma
magnitude.
B3.5. Sumar e restar medidas de
lonxitude, capacidade e masa
ou peso.
B3.2. Operar con diferentes
medidas de lonxitude,
peso/masa, capacidade e
tempo.
MTB3.2.1. Suma e resta
medidas de lonxitude,
capacidade e masa en
forma simple.
2º trimestre Resolve problemas e
situacións mediante
operacións con medidas
dunha mesma
magnitude.
MTB3.2.2. Compara e
ordena medidas dunha
mesma magnitude.
2º trimestre Coloca as medidas dunha
mesma magnitude
ordenadamente.
B3.6. Explicación oral e escrita do
proceso seguido e da
estratexia utilizada en calquera
dos procedementos
empregados.
B3.3. Utilizar as unidades de
medida máis usuais,
convertendo unhas unidades
noutras da mesma
magnitude, expresando os
resultados nas unidades de
medida máis axeitadas,
explicando oralmente e por
escrito o proceso seguido e
aplicándoo á resolución de
MTB3.3.1. Coñece e utiliza
as equivalencias entre
diversas unidades de
medida da mesma
magnitude.
2º trimestre Converte unhas unidades
de medidas noutras.
MTB3.3.2. Explica de forma
oral e por escrito os
procesos seguidos e as
estratexias utilizadas en
todos os procedementos
2º trimestre Explica de forma oral e por
escrito cómo resolveu un
problema.
15
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
problemas. realizados.
MTB3.3.3. Resolve
problemas da vida real
utilizando as unidades de
medida máis usuais.
2º trimestre Resolve problemas
operando con unidades
de medida habituais.
B3.7. Unidades de medida do
tempo e as súas relación.
B3.8. Lectura en reloxos
analóxicos e dixitais.
B3.9. Cálculos con medidas
temporais.
B3.4. Coñecer as unidades de
medida do tempo e as súas
relación, utilizándoas para
resolver problemas da vida
diaria.
MTB3.4.1. Resolve
problemas da vida real
utilizando as medidas
temporais e as súas
relacións
2º trimestre Resolve problemas
operando con unidades
temporais.
B3.10. O sistema monetario da
Unión Europea. Unidade
principal: o euro. Valor das
diferentes moedas e billetes.
B3.11. Múltiplos e submúltiplos do
euros.
B3.12. Equivalencias entre
moedas e billetes.
B3.5. Coñecer o valor e as
equivalencias entre as
diferentes moedas e billetes
do sistema monetario da
Unión Europea.
MTB3.5.1. Coñece a
función, o valor e as
equivalencias entre as
diferentes moedas e
billetes do sistema
monetario da Unión
Europea utilizándoas
tanto para resolver
problemas en situación
reais como figuradas.
2º trimestre Explica de forma oral a
función das moedas e
billetes.
Asocia cada moeda e billete
co seu valor.
Recoñece as equivalencias.
Resolve problemas
mediante operacións con
moedas e billetes.
MTB3.5.2. Calcula múltiplos
e submúltiplos do euro.
2º trimestre Realiza cálculos de
múltiplos e submúltiplos.
B3.13. Resolución de problemas
de medida.
B3.6. Identificar e resolver
problemas da vida cotiá
adecuados ao seu nivel,
MTB3.6.1. Resolve
problemas de medida,
utilizando estratexias
2º trimestre Aplica os contidos en
diferentes actividades
cotiás que impliquen
16
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
establecendo conexións
entre a realidade e as
matemáticas e valorando a
utilidade dos coñecementos
matemáticos axeitados e
reflexionando sobre o
proceso aplicado para a
resolución de problemas.
heurísticas e de
razoamento.
calcular medidas.
MTB3.6.2. Reflexiona sobre
o proceso seguido na
resolución de problemas:
revisando as operacións
utilizadas, as unidades
dos resultados,
comprobando e
interpretando as solucións
no contexto.
2º trimestre Realiza comprobacións de
problemas e fai as
posteriores correcións.
BLOQUE 4. XEOMETRÍA
B4.1. Clasificación de polígonos.
Lados e vértices.
B4.2 Composición e
descomposición de polígonos.
B4.3. Clasificación de figuras e
corpos xeométricos utilizando
diversos criterios.
B4.4. Figuras xeométricas.
Elementos básicos: lado,
vértice, base, diagonal, ángulo
e eixes de simetría.
B4.1. Identificar figuras planas
e corpos xeométricos,
nomeando e recoñecendo
os seus elementos básicos
(lados, vértices, caras,
arestas e ángulos).
MTB4.1.1. Coñece e
identifica os elementos
básicos dos corpos
xeométricos (lado, ángulo
e vértice).
3º trimestre Expresa de forma oral e
escrita os elementos dos
corpos xeométricos.
(lado, ángulo e vértice).
B4.5. A circunferencia e o círculo.
Elementos básicos: centro,
raio, diámetro.
B4.2. Coñecer e distinguir a
circunferencia e o círculo,
así como os seus elementos
MTB4.2.1. Coñece e
diferencia a circunferencia
do círculo e distingue os
3º trimestre Explica de forma oral a
diferencia entre
circunferencia e círculo.
17
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
básicos. seus elementos. Escribe centro, raio e
diámetro nun debuxo
dunha circunferencia.
B4.6. Corpos xeométricos:
recoñecemento de prismas,
pirámides e corpos redondos.
Elementos básicos de
poliedros: caras, vértices e
arestas.
B4.3. Coñecer e diferenciar os
poliedros e os corpos
redondos, así como os seus
elementos básicos.
MTB4.3.1. Identifica corpos
redondos e poliedros
(prisma, pirámide, cilindro,
cono, esfera...).
3º trimestre Expresa de forma oral o
nome dos corpos
redondos e poliedros.
Escribe algúns dos seus
elementos en debuxos.
B4.7. Comparación e clasificación
de ángulos: rectos, agudos,
obtusos.
B4.8. Uso das TIC no
desenvolvemento e asimilación
de contidos relacionados coa
xeometría.
B4.4. Saber o que é un ángulo
e as clases de ángulos.
MTB4.4.1. Distingue entre
ángulos agudos, rectos e
obtusos.
3º trimestre Escribe o tipo de ángulo en
imaxes dos mesmos.
B4.9. Interpretación de
representacións espaciais en
situacións da vida cotiá.
B4.10. Representación elemental
de espazos coñecidos: planos
e maquetas.
B4.11. Descrición de posicións e
movementos nun contexto
topográfico.
B4.12. As liñas como percorrido:
rectas e curvas, intersección
B4.5. Interpretar
representacións espaciais
(esbozo dun itinerario, plano
dunha pista…) realizadas a partir de sistemas de
referencia e de obxectos ou
situacións familiares.
MTB4.5.1. Obtén
información puntual e
describe unha
representación espacial
(esbozo dun itinerario,
plano dunha pista...)
tomando como referencia
obxectos familiares.
3º trimestre Describe recorridos en
planos sinxelos do
colexio e da localidade.
MTB4.5.2. Interpreta e
describe situacións,
mensaxes e feitos da vida
3º trimestre Describe recorridos en
planos sinxelos do
colexio e da localidade.
18
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
de rectas e rectas paralelas.. diaria utilizando o
vocabulario xeométrico
axeitado: indica una
dirección, explica un
percorrido, oriéntase no
espazo.
B4.13.Perímetro das figuras
planas. Resolución de
problemas de xeometría
relacionados coa vida cotiá.
B4.6. Identificar, resolver
problemas da vida cotiá
axeitados ao seu nivel,
establecendo conexións
entre a realidade e as
matemáticas e valorando a
utilidade dos coñecementos
matemáticos axeitados e
reflexionando sobre o
proceso aplicado para a
resolución de problemas.
MTB4.6.1. Resolve
problemas xeométricos
que impliquen dominio
dos contidos traballados
utilizando estratexias
heurísticas de
razoamento.
3º trimestre Aplica os contidos en
diferentes actividades da
vida cotiá.
MTB4.6.2. Reflexiona sobre
o proceso de resolución
de problemas: revisando
as operacións utilizadas,
as unidades dos
resultados, comprobando
e interpretando as
solucións no contexto.
3º trimestre Realiza comprobacións de
problemas e fai as
posteriores correcións.
BLOQUE 5. ESTATÍSTICA E PROBABILIDADE
B5.1. Recollida e rexistro de
datos sobre obxectos,
fenómenos e situacións
familiares utilizando técnicas
elementais de enquisas,
B5.1. Realizar, ler e interpretar
representacións gráficas dun
conxunto de datos relativos
ao contorno inmediato.
MTB5.1.1. Recolle e clasifica
datos de situacións do
seu contorno, utilizándoos
para construír táboas ou
gráficas.
Todo o curso Elabora táboas anotando os
datos realiza diagramas
de barras.
19
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe Temporalización Grao mínimo de
consecución dos contidos
observación e medición.
B5.2. Lectura, interpretación e
elaboración de táboas de
dobre entrada de uso habitual
na vida cotiá.
B5.3. Interpretación e descrición
verbal e escrita de elementos
significativos de gráficos
sinxelos.
B5.4. Realización de gráficas
sinxelas: pictogramas,
diagramas de barras.
MTB5.1.2. Ordena os datos
rexistrados atendendo a
un criterio de clasificación.
Todo o curso Clasifica os datos
atendendo a diferentes
criterios.
MTB5.1.3. Interpreta
gráficas de táboas
extraendo a información
explícita.
Todo o curso Explica de forma oral e
escrita táboas e
diagramas.
e) Concreción de procedementos e instrumentos de avaliación.
Avaliación inicial mediante proba escrita para ter constancia dos coñecementos previos dos alumnos ao principio do curso.
Avaliación continua: Observación e seguimento da resolución das actividades e rexistro por parte da mestra no seu caderno(portfolio).
Avaliación final ao rematar cada tema sobre os contidos novos que se introduciron, mediante unha proba escrita. (Recordamos que en cada tema preténdese que o alumno aprenda una serie de contidos novos, ademáis de usar os que xa aprendeu).
A importancia do bloque I fai que se avalíen estes contidos ao longo de todo o curso. A súa avaliación introducirase
20
na proba escrita (o que se poida) e mediante seguimento e rexistro por parte da mestra e rúbricas.
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
ESCRITOS ORAIS OBSERVACIÓN DIRECTA E
SISTEMÁTICA
OUTROS
-Tarefas diversas
realizadas polo alumno
na actividade diaria da
clase.
-Arquivo individual.
-Actividades de
avaliación (libro, fichas
fotocopiables…). -Traballos de grupo.
-Resolución de
exercicios e problemas.
-Actividades
interactivas.
-Actividades de cálculo,
numeración, series…
-Actividades lóxico-
matemáticas.
-Razoamento viso-espacial.
-Preguntas individuais e
en grupos.
-Participación do
alumno/a.
-Intervencións na clase.
-Postas en común.
-Probas orais
individuais.
-Exposicións orais.
-Razoamento.
-Rexistros persoais.
-Rexistro de cálculo e
numeración.
-Autoavaliación
21
f) Concrecións metodolóxicas que require a materia.
A área de matemáticas pretende iniciar aos alumnos na capacidade de enfrontarse con éxito a situacións nas que interveñan os
números e as súas relacións, permitindo obter información efectiva, directamente ou a través da comparación, a estimación e o
cálculo.
O ensino desta área será eminentemente experimental, os contidos de aprendizaxe deben tomar como referencia o que resulta
familiar e próximo e deben abordarse en contextos de resolución de problemas e de contraste de puntos de vista. As matemáticas
deben aprenderse en contextos funcionais relacionados coa vida diaria para adquirir progresivamente coñecementos máis
complexos a partir das experiencias e os coñecementos previos.
A resolución de problemas debe ser un dos eixes principais da actividade matemática, á vez que fonte e soporte principal da
aprendizaxe, debido á gran cantidade de capacidades básicas necesarias para a súa resolución e á importancia do seu
desenvolvemento. Así pois, a resolución de problemas convértese no eixe vertebrador de todos os contidos do área, ao abordalos
de forma relacionada e cíclica. A integración das competencias e intelixencias múltiples no área supón insistir máis nas
ferramentas esenciais da aprendizaxe (comprensión e expresión oral e escrita) e poñer en práctica estratexias didácticas que
consideren as diferentes posibilidades de adquisición do alumno/a. Isto conséguese:
Nas actividades ao final de cada unidade didáctica.
Nas tarefas integradas de cada unidade didáctica.
Nas actividades competenciais.
Na actividade diaria de aula.
Nos traballos en grupo.
O uso das TIC é un elemento que nos permite favorecer a construción de aprendizaxes.
A metodoloxía proposta promove a construcción de aprendizaxes significativas a partir de secuencias de adquisición de
coñecementos que suscitan:
Evocación de coñecementos previos para abordar os novos contidos.
Progresiva e coidada incorporación de novos contidos, a través de exemplos extraídos de situacións cotiás e contextualizadas que
favorecen a comprensión. Isto posibilita a transferencia de aprendizaxes, conectando coa adquisición das competencias.
Exercicios e actividades diversificadas.
Traballo individual e en grupo, tarefas diversificadas e integradas. Todo secuenciado por niveis de dificultade, abordando a
diversidades de estilos cognitivos e intelixencias e favorecendo a adquisición de competencias para todos os alumnos.
22
g) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
Libro de texto “Matemáticas 3. Saber Hacer Contigo” da Editorial Santillana e os recursos informáticos e láminas que pon á
nosa disposición. Caderno do alumno Fichas feitas polos mestres Uso das TICs Quebracabezas Instrumentos de medida: regra, cinta métrica... Instrumentos de capacidade e peso Compás Escuadra e cartabón Transportador Reloxo Figuras de corpos xeométricos e poliedros Moedas e billetes. Planos Recursos educativos
23
h) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado. Criterios 1. Traballo autónomo (aula, outros espazos) - Realización sen axuda externa.
- Estimación do tempo investido para resolver unha actividade.
- Grao de adquisición de aprendizaxes básicas.
- Orde e limpeza na presentación.
- Numeracion.
- Cálculo.
- Series.
- Resolución de problemas.
- Destrezas.
- Revisión do traballo antes de dalo por finalizado.
- Valoración entre o traballo na aula e na casa.
- Creatividade e inxenio.
- Actitude ante o traballo.
- Grao de concentración e atención.
2. Probas orais e escritas. - Valoración da aprendizaxe dos contidos.
- Valoración dos procesos seguidos e resultados.
- Expresión oral do procedemento seguido ao resolver unha
actividade.
- Coherencia e adecuación.
- Valoración tempo investido/tempo necesario para resolver
unha actividade.
- Orde, limpeza e estrutura do traballo presentado.
- Tempo de realización.
- Destrezas.
24
3. Actividades TIC. - Uso adecuado e guiado do ordenador.
- Utilización das TIC, de forma responsable e con axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade.
4. Participación e seguimento das clases. - Nivel e calidade das intervencións.
- Mensaxe estruturada.
- Uso de vocabulario apropiado
- Atención ás intervencións dos/as compañeiros/as. 5. Traballo cooperativo, valoración individual e en grupo. - Capacidade de traballo cooperativo.
- Grao de comunicación cos compañeiros e compañeiras.
- Resolución de conflitos.
- Interese, motivación.
- Creatividade.
- Iniciativa.
- Opinión persoal do traballo e como se levou a cabo.
. Grao de participación e implicación no traballo cooperativo 6. Arquivo de traballo individual. -Presentación clara e ordenada e calidade dos traballos do
alumnado
- Criterios de cualificación
Os criterios de cualificación serán fundamentais para valorar o grao de adquisición das competencias básicas e dos obxectivos
fixados.
No primeiro trimestre realizarase unha avaliación inicial que servirá de referencia para o desenvolvemento do currículo.
Ao longo do curso realizaranse tres avaliacións. A asignatura divídese en unidades didácticas que se repartirán ao longo destas
avaliacións, facéndose un control de cada unidade.
A avaliación é continua.
Os procedementos serán variados e descritivos para facilitar a información do progreso nesta área e as competencias básicas,
utilizando os seguintes instrumentos:
25
Observación sistemática.
Traballos realizados polos alumnos.
Probas orais.
Probas escritas.
Rexistro e control por parte do profesorado.
Valórase:
A realización dos exercicios diarios na clase.
A realización das tarefas da casa.
A realización de probas orais e escritas.
Interese. (CAA)
Esforzo (CAA).
A resposta ás preguntas diarias orais da clase.
As actividades de comprobación de numeración, cálculo, resolución de problemas e razoamento lóxico-matemático.
A participación do alumnado.
A capacidade de traballar en grupo.
Valóranse as tarefas e traballos do 1 ao 10. O 5 será o mínimo para superar as competencias do curso. Promocionarán aqueles
nenos/as que acaden o 5.
Adóptanse os seguintes criterios de cuantificación:
Controis orais ou escritos: 20%
Tarefas realizadas na clase orais e escritas e participación: 50%
Traballo da casa: 10%
Atención e concentración: 10%
Interese, esforzo persoal (CAA): 10%
26
i) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.
1- ORGANIZACIÓN DA AULA, CLIMA ESCOLAR E A INTERACCIÓN ENTRE O ALUMNADO , ASÍ COMO A RELACIÓN ENTRE PROFESORADO-ALLUMNADO
Moi satisfactorio
Bastante satisfactorio
Suficiente Pouco
satisfactorio Nada satisfactorio
1.1 Grao de valoración da organización da aula e do clima escolar
1.2 Grao de valoración da interacción entre o alumnado.
1.3. Grao de valoración
de relación entre o
profesorado e o alumnado
2- A COORDINACIÓN ENTRE OS PROFESIONAIS DUN MESMO CICLO E A COHERENCIA ENTRE OS CICLOS
Moi satisfactorio
Bastante satisfactorio
Suficiente Pouco
satisfactorio Nada satisfactorio
27
2.1 Valoración da coordinación entre os mestres do mesmo nivel.
2.2 Valoración da coordinación entre os mestres dos outros niveis.
3- A REGULARIDADE E CALIDADE DA RELACIÓN COS PAIS, NAIS E TITORES LEGALES E A PARTICIPACIÓN DESTES NO PROCESO DE APRENDIZAXE DAS SÚAS FILLAS E DOS SEUS FILLOS.
Moi satisfactorio
Bastante satisfactorio
Suficiente Pouco
satisfactorio Nada satisfactorio
3.1 Grao de valoración
da relación cos pais, nais
…
3.2 Grao de valoración
da participación dos pais
no proceso de
aprendizaxe dos seus
fillos.
3.3 Grado de valoración
da solicitude titorías por
parte das familias .
3.4 Grado de valoración
da asistencia as reunións
28
convocadas.
4- A ADECUACIÓN DA PROPOSTA PEDAGÓXICA E DA PROPIA PLANIFICACIÓN
Moi satisfactorio
Bastante satisfactorio
Suficiente Pouco
satisfactorio Nada satisfactorio
4.1 Incidencia da
avaliación inicial nos
obxectivos e contidos
programados.
4.2 Adecuación dos
obxectivos programados..
4.3 Adecuación dos
contidos curriculares
seleccionados.
4.4 Adecuación dos
criterios de avaliación.
4.5 Desenvolvemento da
programación acorde co
previsto.
4.6 Adecuación das
estratexias de
29
ensino/aprendizaxe
aplicadas ao grupo.
4.7 Adecuación da
metodoloxía.
4.8 Adecuación da
organización dos espazos
en función do grupo clase.
4.9 Adecuación ,
idoneidade e suficiencia
dos materiais
empregados.
4.10 Elaboración de
materiais curriculares polo
equipo docente.
4.11 Grado de
desenvolvemento das
actividades propostas na
Programación Docente
4.12 Programación de
actividades axeitadas as
características dos
30
alumnos,
4.13 Uso de recursos do
centro.
4.14 Uso das novas
tecnoloxías
5. A ADECUACIÓN DA PROPOSTA METODOLÓXICA NA CONTRIBUCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE.
Moi satisfactorio
Bastante satisfactorio
Suficiente Pouco
satisfactorio Nada satisfactorio
5.1 Grado de adecuación
da proposta metodolóxica.
5.2 Grado de contribución
á consecución das
competencias clave.
31
j) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.
Realizarase una avaliación inicial ao principio de curso sobre o dominio por parte do alumno dos contidos deste curso.
En función dos resultados tomaranse as seguintes medidas individuais: - Planificación de actividades que permitan o repaso de contidos xa traballados o curso pasado. - Planificación de actividades que reforcen os contidos deste curso. - Valorar a posibilidade de necesidade da solicitude de intervención de apoios por parte da mestra de P.T. ou doutros mestres. - Planificación de actividades de ampliación. As medidas colectivas poden supoñer cambios na propia programación: na temporalización, no grao mínimo de consecución de cada estandar, no deseño de actividades e elección de materiais, e incluso nos criterios de avaliación e cualificación (pero nunca nos de promoción).
k) Medidas de atención á diversidade.
Teráse en conta a atención á diversidade de niveis, estilos e ritmos de aprendizaxe, de capacidade e interese dos alumnos:
- Competencias e intelixencias múltiples: Contémplase a diversidade de estilos cognitivos e de intelixencias. - Plans individuais: Dirixidos ao alumnado que o requira con fichas de reforzo e/ou ampliación. - Profundización e reforzo: Fichas fotocopiables con actividades de menor a maior dificultade para a súa resolución. - Actividades multinivel: Posibilita que o alumnado atope respecto ao desenvolvemento dun contido, actividades que se axusten ao seu
nivel de competencia curricular, aos seus intereses, habilidades e motivacións. - Ensino titorado. - Lecturas de diverso tipo e temas diferentes.
32
l) Elementos transversais.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS CONCRECIÓN
CL Comprensión lectora En cada sesión. Fundamental o entendemento do que se le para poder expresalo despois e realizar as
actividades.
EOE Expresión oral e escrita En cada sesión. Expresar o entendemento do traballado.
CA Comunicación audiovisual Ao longo de cada trimestre. Mediante a utilización de vídeo para reforzar en complementar os contidos.
TIC Tecnoloxías da información e da comunicación
Ao longo de cada trimestre. Para busca de información.
EMP Emprendemento Ao longo de cada trimestre. Buscando maneiras de solucionar os problemas.
EC Educación cívica En cada sesión. Tanto na clase como nas saídas amosando respecto polos outros.
PV Prevención da violencia Ao longo de cada trimestre.
Buscando unha solución pacífica de conflitos, sen discriminacións por razón de xénero ou
racismo.
EV Educación e seguridade viaria Ao longo de cada trimestre. Cando se realicen as actividades complementarias e extraescolares, e teñamos que saír do
recinto escolar.
33
m) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
Esta programación considérase aberta e flexible, como elemento vivo dentro do proceso de ensino -aprendizaxe que se realiza nas aulas de 3º curso do CPI de San Sadurniño durante o curso 2020/2021. Será susceptible de modificación en calquera momento do proceso para adaptarse ao ritmo de aprendizaxe do alumnado concreto que conforma o grupo clase, por ampliación ou redución de contidos. Ao finalizar cada trimestre revisarase e avaliarase a propia programación cubrindo a táboa seguinte, na que o 1 indica o menor grao de cumprimento co item que representa.
REVISIÓN TRIMESTRAL E AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN
- +
1 2 3 4
1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas ou proxectos a partir dos elementos do currículo.
2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas / temas / proxectos.
34
3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.
4. Adecuación da secuenciación dos estándares para cada unha das unidades, temas ou proxectos.
5. Adecuación do grao mínimo de consecución fixado para cada estándar.
6. Asignación a cada estándar do peso correspondente na cualificación.
7. Vinculación de cada estándar a un ou varios instrumentos para a súa avaliación.
8. Asociación de cada estándar cos elementos transversais a desenvolver.
9. Adecuación da secuencia de traballo na aula.
10. Adecuación dos materiais didácticos utilizados.
11. Adecuación do libro de texto (no caso de que se use).
12. Adecuación do plan de avaliación inicial deseñado, incluídas as consecuencias da proba.
13. Adecuación da proba de avaliación inicial, elaborada a partir dos estándares.
14. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, traballos, etc.
35
15. Adecuación dos exames, tendo en conta o valor de cada estándar.
16. Adecuación dos programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares.
17. Adecuación das medidas específicas de atención ao alumnado con NEAE.
18. Grao de desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares previstas.
19. Adecuación dos mecanismos para informar ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e
instrumentos.
20. Adecuación dos mecanismos para informar ás familias sobre os criterios de promoción.
21. Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.
22. Contribución desde a materia ao plan de lectura do centro.
23. Grao de integración das TIC no desenvolvemento da materia.
36
n) Anexo COVID- 19
A COVID-19 provocou a aparicón dunha pandemia a nivel global. A incidencia no noso país foi moi grande.
Debido a que non se podía controlar esta pandemia, ao gran número de contaxiados e a imposibilidade do sistema sanitario
de poder dar á atención precisa ás persoas afectadas, o 12 de marzo de 2019 o Presidente da Xunta de Galicia declarou o
Estado de Emerxencia Sanitaria. Dous días despois, o 14 de marzo de 2019, o Presidente do Goberno declara o Estado de
Alarma en todo o territorio español, sendo unha das características o confinamento total das persoas no seu domicilio.
A educación pasou a ser online. Sendo en todo caso a orde en Galicia de repasar e reforzar os contidos dados ata o 12 de
marzo.
1- Aprendizaxes imprescindibles non acadadas no curso 2019/2020
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
MTB3.4.1. Le a hora en reloxos analóxicos e dixitais. (En punto,
medias e cuartos)
MTB3.4.2 Resolve problemas sinxelos da vida diaria utilizando as
medidas temporais axeitadas e as súas relación.
B3.4. Coñece as unidades básicas de medida do tempo e as súas
relacións, utilizándoas para resolver problemas da vida diaria.
37
MTB3.5.1. Coñece a función e o valor das diferentes moedas e
billetes do sistema monetario da Unión Europea utilizándoas tanto
para resolver problemas en situación reais como figuradas.
B3.5. Coñece o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e
billetes do sistema monetario da Unión Europea.
MTB4.1.1. Completa figuras partindo do seu eixe de simetría.
B4.1. Identificar e completar figuras simétricas.
MTB4.2.1. Coñece os diferentes tipos de polígonos en obxectos do
entorno inmediato.
B4.2. Nomear un polígono segundo o seu número de lados.
MTB4.4.1. Realiza e interpreta esbozos de itinerarios sinxelos.
B4.4. Interpretar representacións espaciais realizadas a partir de
sistemas de referencia e de obxectos ou situacións familiares.
MTB5.2.1. Diferenza o concepto de suceso seguro, suceso posible e
suceso imposible.
B5.2. Realizar estimacións en situacións de azar utilizando o
vocabulario: seguro, posible e imposible.
2- Plan de reforzo
Na área de matemáticas foi pouca a materia que quedou pendente do curso 2019/2020.
No mes de setembro do curso 2020/2021 impartiranse os contidos que quedaron pendentes. Utilizarase o libro do 3º
trimestre de 2º, ademáis de fichas feitas polos mestres. Tamén se utilizará material de apoio como por exemplo o reloxo ou
as moedas que viñan como material complementario co libro de texto, xa que son de uso individual e son un apoio á
adquisición dos contidos imprescindibles.
38
3- Actividade lectiva: presencial, semipresencial e online
Presencial
A actividade presencial farase como ata agora pero cumplindo a normativa prevista no protocolo tanto da Xunta como do centro relativo á COVID-19.
Os mestres realizarán as explicacións correspondentes ao contido que se estea a dar. Nesta situación os nenos e nenas non poden traballar en grupo, co que se traballará conxuntamente respostando as cuestións que se plantexen ou resolvendo os exercicios por turnos en voz alta e tamén cada alumno/a realizará a tarefa indicidualmente na súa libreta ou ficha.
A avaliación será mediante un control escrito.
Semipresencial
No caso de ter que dar clase de maneira semipresencial, as explicacións relativas ao temario realizaránse nas horas presenciais, xa que debido a idade dos nenos e nenas e máis sinxelo para eles este método, ademáis de que é máis doado manter a atención.
Por outra banda, algúns dos alumnos e alumnas non teñen os medios electrónicos necesarios para poder seguir unha clase completamente online có que non poderían serguir as explicacións.
Os días que tivesen clase online realizaríanse tarefas que se lles desen previamente ou que se subisen á plataforma corrrespondente e resolveríanse as dúbidas que puidesen surxir.
A avaliación sería mediante un control escrito realizado de forma presencial.
39
Online
Neste caso atopámonos co problema de que hai algúns alumnos e alumnas que non disponen dos medios informáticos para seguir este tipo de aprendizaxe. Ademáis disto, algúns teñen que quedar cos avós ou familiares que non teñen o manexo necesario para utilizar as plataformas dixitais.
As explicacións daríamolas sempre que puidesemos mediante clase virtuais, vídeos e explicacións escritas.
Nas plataformas correspondentes atoparían este material ademáis de fichas, traballos ou exercicios do libro ou cuadernillo para poder realizar o traballo diario.
Neste caso a avaliación sería a través do traballo entregado polos alumnos e alumnas, tendo en conta ademáis a curiosidade coa que se entregan as tarefas e o interese amosado.