46
ÁNGEL RODULFO Melodías galegas (at) autores & textos

Melodías galegas at

  • Upload
    others

  • View
    11

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Melodías galegas at

ÁNGEL RODULFO

Melodías galegas

ÁN

GEL R

OD

ULFO

Melo

día

s gale

gas

(a t)autores & textos

O crego baionés establecido en Vigo Ángel Rodulfo (1880-1956) compaxinou o seu traballocomo organista en Santiago de Vigo e na Colexiata de Santa María da cidade olívica coacomposición e a dirección, exercida sobre a orquestra Santa Cecilia e diversos coros vigue-ses. Bo coñecedor do xénero vocal, como demostra a composición do apropósito lírico-dra-mático La Virgen de la Roca (creado para recadar fondos con vistas á construción daescultura homónima na súa vila natal de Baiona), abordou tamén o xénero da balada baixoo subtítulo de Melodía gallega.

As catro cancións de Rodulfo aquí publicadas forman parte da tradición da canción engalego con acompañamento de piano que cultivaron autores como Montes, Baldomir, Castro«Chané» e outros. Coitas e bágoas, sobre texto de Prudencio I. Sánchez, foi estreada enBaiona nun festival realizado para recadar fondos para a construción do monumento á Virxeda Rocha. A noite está baseada nun texto de «Xan de Ningures», pseudónimo do bispo deTui Manuel Lago González, máis tarde arcebispo de Santiago. Saudades d’alborada posúeletra de Avelino Rodríguez Elías, cronista oficial de Vigo, académico da Real Academia Ga-lega, periodista e dramaturgo. Finalmente, Sin niño foi dedicada polo compositor «A mimadre», tal como suxire o poema, extraído de Follas novas de Rosalía de Castro.

Page 2: Melodías galegas at
Page 3: Melodías galegas at

Melodías galegas

Page 4: Melodías galegas at

Edita© CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2021Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro15705 · Santiago de CompostelaT 981 957 202 · F 981 957 [email protected]

Esta publicación está accesible no enlacehttp://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4417

RealizaciónLúdica7

Depósito Legal: C 967-2021

ISMN 979-0-9018937-0-2

Page 5: Melodías galegas at

ÁNGEL RODULFO

Melodías galegas

Edición de Javier Jurado Luque

auto

res

& t

exto

s

Page 6: Melodías galegas at

Índice

auto

res

&te

xto

s

Page 7: Melodías galegas at

11 NOTAS INTRODUTORIAS

13 O compositor: estado da cuestión

15 Biografía de Ángel Rodulfo

25 AS CATRO MELODÍAS GALEGAS PARA VOZ E PIANO

28 Criterios para a edición literaria e musical

29 PARTITURAS

30 Coitas e bágoas

36 Saudades d’alborada

40 A noite

43 Sin niño

Page 8: Melodías galegas at

Agradecementos

Page 9: Melodías galegas at

Quero agradecerlles aos pianistas Borja Mariño e Alejo Amoedo as súas valoracións sobre a in-terpretación das obras, así como a Karolis Biveinis a súa axuda na transcrición informática daspartituras.

Grazas a María Reinero por permitirme usar como notas introdutorias parte da nosa publicaciónLa Virgen de la Roca. Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros. Libro de José María Barreiro.Música de Ángel Rodulfo, na que recollemos a nosa investigación sobre este sainete composto pararecadar fondos para axudar a construír o monumento homónimo de Antonio Palacios en Baiona, anosa cidade.

O meu agradecemento ao Arquivo Histórico Diocesano de Tui, personalizado na figura docóengo arquiveiro, don Avelino Bouzón, non só por autorizar a publicación das cancións de Ro-dulfo, senón por compartir comigo a inquedanza pola recuperación deste compositor.

Finalmente, agradezo ao Consello da Cultura Galega o interese amosado nesta publicación e oseu celo constante na salvagarda do noso patrimonio.

Page 10: Melodías galegas at
Page 11: Melodías galegas at

NOTAS INTRODUTORIAS

Javier Jurado LuqueMaría Reinero

Page 12: Melodías galegas at
Page 13: Melodías galegas at

13

O COMPOSITOR: ESTADO DA CUESTIÓN

Exceptuando traballos puntuais existentes sobre os compositores galegos máis relevantes, atopamosun bo número de músicos que merecen un estudo rigoroso. No caso de Rodulfo temos o exemplodun dos moitos que, sen converterse nun compositor de primeira orde, desenvolveu unha amplaactividade musical, tanto no ámbito compositivo como no docente e interpretativo.

As referencias bibliográficas sobre Ángel Rodulfo que localizamos caracterízanse por seren brevese insuficientes e mesmo por conteren erros de documentación. As principais imprecisións prodúcenseen relación co apelido, coa eventual substitución da primeira vogal «o» por un «e» (converténdoo en«Redulfo»), así como en relación coas datas de nacemento e de defunción do autor, ao atrasar o seunacemento ata 1883 e adiantar o seu falecemento un ano.

A primeira referencia bibliográfica que localizamos sobre Rodulfo data de 1950 e atópase nolibro Dos mil nombres gallegos1, onde se troca o seu segundo apelido, González, polo de Martínez.De feito, tampouco se menciona o seu primeiro apelido, aínda que é evidente que se refire a ÁngelRodulfo debido á coincidencia das obras citadas: «Martínez (Ángel R.): Mestre músico contempo-ráneo, autor das baladas Loitas e bágoas [sic] e A noite e da muiñeira Lembranza».

Atopamos unha mención a La Virgen de la Roca dentro do capítulo «Teatro Regional» de Cienaños de teatro musical en España, cunha pequena errata no apelido de Rodulfo: «A Virxe da Roca, esun cuadro lírico puesto en música por Ángel Redulfo [sic], letra de José María Barreiro, estrenadoen Vigo en 1911. Al parecer, con muy positivos resultados»2.

En 150 anos de música galega3, as referencias a Rodulfo son máis completas. Na súa primeiraparte cítanse dúas das súas composicións, Sin niño e Saudades d’alborada, enmarcándoas dentro daadaptación galega do lied e incluíndo ao autor dentro dunha extensa lista de compositores que, en-cabezados por Pascual Veiga, José Castro «Chané» e José Baldomir, se achegaron a este xénero. Nestecaso, quizais nun excesivo afán de galeguización, o seu nome é citado como Anxo. Na segunda partedo libro, «O teatro lírico galego nos séculos XIX e XX», atopamos citado o apropósito lírico La Virgende la Roca dentro da produción lírica de temática galega ou baseada en tradicións populares de Ga-licia. Desta volta é a obra de Rodulfo a que encabeza unha nada desprezable lista de obras e compo-sitores de teatro lírico en Galicia4. No anexo Discografía da publicación, figura a gravación da obraSin niño dentro do disco titulado Cantigas galegas dos séculos XIX e XX, gravado en 1977 e interpretado

1 Francisco Lanza Álvarez (1950): Dos mil nombres gallegos, Bos Aires, Ediciones Galicia del Centro Gallego de BuenosAires, 179.

2 Antonio Fernández-Cid (1975): Cien años de teatro musical en España (1875-1975), Madrid, Real Musical, 88.3 Xoán Manuel Carreira e Manuel Balboa (1979): 150 anos de música galega (Pontevedra, Xunta de Galicia, 29.4 Ibídem, 71.

Page 14: Melodías galegas at

14

Ángel Rodulfo

por María Uriz e María Luisa Cortada5. No correspondente anexo de Partituras do mencionadolibro figuran tamén todas as obras de Rodulfo editadas por Manrique Villanueva: Cantos popularesde Galicia, Refrexos d’a Terra, Sin niño, Saudades d’alborada e Lembranzas6.

Na voz «Rodulfo González, Ángel» da Gran Enciclopedia Gallega, tómanse como referenciasbibliográficas Cien años de teatro musical en España e 150 anos de música galega, así como unhaantoloxía biográfica de músicos pontevedreses que o autor da entrada estaba preparando nos anosoitenta e que nunca chegou a ver a luz7. Ofrece datos biográficos elementais con algunhas impre-cisións nas datas de nacemento e falecemento, ademais de destacar a faceta de compositor de mú-sica popular, enumerando un gran número de obras profanas de Rodulfo. Esta crítica vaiacompañada dunha foto de Rodulfo cun harmonio8.

A entrada no Dicionario de Música Española e Hispanoamericana outorga maior importancia ástres coleccións de Cantos populares de Galicia9, aínda que reflicte as imprecisións habituais das datas.

Nos estudos sobre a zarzuela en Galicia, Javier Jurado cita La Virgen de la Roca, así como osprincipais implicados na súa posta en escena, e trata, brevemente, a obra de Rodulfo10.

Tamén dende algúns ámbitos alleos á musicoloxía se fixeron achegamentos moi estimables áfigura de Ángel Rodulfo. O xornalista Manuel de la Fuente publica en xuño de 1992, dentro dasección de opinión de Faro de Vigo, unha pequena nota en que reivindica a importancia da figurado mestre Rodulfo11.

No ámbito local, cómpre mencionar a obra de Héctor Barreiro Troncoso, cronista oficial deBaiona, que en 1994 fixo un breve esbozo biográfico de Rodulfo, no que se recollen datos biográficose aos que o autor achega fotocopias das partituras Las Gemelitas, A Noite e La Virgen de la Roca12.

Tamén atopamos unha pequena recensión sobre La Virgen de la Roca nun artigo de Xulio CunsLousa, no que se fai un repaso á produción de apropósitos en Galicia, aínda que, neste caso, o propioautor dubida de que a obra sexa un apropósito debido ao seu título, xa que a maioría das obras in-cluídas neste xénero presentan en común unha temática carnavalesca13.

O último artigo de prensa atopado no que se fala da figura de Ángel Rodulfo constitúe a refe-rencia máis completa e rigorosa —dende un punto de vista científico— de todas as consultadas enon pertencentes ao ámbito musicolóxico. Este artigo, asinado polo xornalista Gerardo GonzálezMartín para Faro de Vigo, é froito dun amplo traballo de investigación realizado polo seu autor14.

5 Ibídem, 94. Localizamos dous exemplares desta gravación, un na sala Barbieri da Biblioteca Nacional e outro na fo-noteca da Universidade de Santiago de Compostela.

6 Ibídem, 106.7 Juan Bautista Varela de Vega (1974-2000): «Rodulfo González, Ángel», en Ramón Otero Pedrayo (dir.), Gran Enci-

clopedia Gallega, A Coruña, Novos Vieiros, 27, 69. 8 «Retratos de actualidad», Vida Gallega. Ilustración Regional, 52, 25 de febreiro de 1914, s.p.9 Xoán Manuel Carreira (1999-2002): «Rodulfo González, Ángel», en Emilio Casares Rodicio (ed.), Diccionario de la

Música Española e Hispanoamericana, Madrid, ICCMU, 9, 321.10 Javier Jurado Luque (2010): A lenda de Montelongo: a zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na

conformación do nacionalismo galego, tese de doutoramento, Universidade da Coruña, 303-312(http://hdl.handle.net/2183/7348).

11 Manuel de la Fuente (1992): «Ángel Rodulfo, compositor baionés», Faro de Vigo, 15 de xuño, 4.12 Héctor Barreiro Troncoso (1994): «Rvdo. D. Ángel Rodulfo González, maestro de capilla y organista de las Colegiatas

de Bayona y Vigo», documento mecanografado, Baiona. Biblioteca Pública de Baiona, Fondo Local: BA-78/ROD/rev).13 Xulio Cuns Lousa (1999): «A propósito do Apropósito», Anuario Brigantino, 22, 482.14 Gerardo González Martín (2000): «Ángel Rodulfo, un destacado músico que compuso obra popular y religiosa»,

Faro de Vigo, 15 de xullo, 8.

Page 15: Melodías galegas at

15

MELODÍAS GALEGAS

Gerardo González Martín tamén é autor do libro sobre o cronista de Vigo, Avelino RodríguezElías, letrista da canción de Rodulfo Saudades d’alborada. No apéndice desta publicación inclúeseunha referencia ao compositor titulada «Diccionario de Vigueses»15.

Finalmente, María Reinero aborda a figura do compositor no seu traballo de fin de máster16

que, xunto á investigación realizada por Javier Jurado, se materializou na publicación conxunta máisexhaustiva que existe na actualidade sobre Rodulfo e a súa obra17.

BIOGRAFÍA DE ÁNGEL RODULFO

Ángel Rodulfo González (Fig. 1) naceu na parroquia de Santa María de Baiona o 11 de febreiro de1880 e foi bautizado na igrexa parroquial o día 19 do mesmo mes. No seu certificado de bautismoindícase que os seus pais eran Romualdo Ricardo Rodulfo e Elisa González, naturais da vila deBaiona18. Realizou estudos elementais na escola fundada nesta vila por Manuel Misa y Bertemati,conde de Baiona e marqués de Misa19.

A súa vocación sacerdotal levouno a continuar os seus estudos no Seminario de Tui20. Dendeo seu ingreso e durante todos os anos da súa carreira eclesiástica, estudou alí solfexo e órgano,primeiro baixo a dirección de José Basadre List, mestre de capela e organista da catedral de Tui e,máis tarde, co sucesor deste no mesmo cargo, Marcelino Lozano, que tamén o iniciou no estudoda harmonía.

O 6 de xuño de 1903, aos 23 anos, é ordenado presbítero. Completa entón os seus estudosmusicais de harmonía e composición co distinguido músico vigués Francisco R. Núñez, primeiropremio de piano e composición do Conservatorio de Madrid e un dos protectores iniciais da socie-dade recreativo-musical viguesa La Oliva. Posteriormente, viaxa a San Sebastián para ampliar e per-feccionar os seus estudos musicais e alí, na antiga Academia da Casa Erviti, examínase de harmoníae de composición e obtén as máis altas cualificacións.

15 Gerardo González Martín (2005): Pasión por Vigo. Vida y obra del cronista Rodríguez Elías, Vigo, Instituto de EstudiosVigueses, 253-254 e 337-338.

16 María Reinero González (2010): «El compositor Ángel Rodulfo González (1880-1956)», traballo de fin de máster,Universidad de Oviedo.

17 Javier Jurado e María Reinero (eds.) (2014): La Virgen de la Roca. Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros.Libro de José María Barreiro. Música de Ángel Rodulfo, Madrid, Ideamúsica.

18 Arquivo Parroquial de Santa María de Baiona.19 Manuel Misa y Bertemati (Baiona, 1815-Londres, 1903) foi un importante colleiteiro e exportador de viño establecido

en Xerez dende 1844, descendente de banqueiros do lado do pai e dunha familia indiana do lado da nai. De ideoloxíaliberal, a súa conciencia social levouno a custear infraestruturas e obras benéficas. Deputado ás Cortes en 1872, en1875 recibiu o título de conde de Baiona polos servizos prestados tanto ao municipio como ao Estado. Foi senadorelecto en 1881 e, por dereito propio dende 1891, presidente da Cámara de Comercio de España en Londres, marquésde Misa con grandeza de España (nomeado en 1892) e fillo adoptivo e fillo predilecto de Xerez. Antonio MariscalTrujillo (2006): Jerezanos para la historia. Siglos XIX y XX, Xerez, Editorial El Laberinto, 185-187.

20 No Arquivo Histórico Diocesano de Tui consultamos o expediente persoal de Ángel Rodulfo, que contén os cargoseclesiásticos que desempeñou durante a súa carreira sacerdotal e outra documentación relativa. Tamén se obtiverondatos dun censo do clero que se realizou en 1932 e ao que o propio Rodulfo respondeu cubrindo a información re-quirida (nacemento, bautismo, estudos, carreira sacerdotal) da súa propia man. Consta, así mesmo, no seu expedientepersoal algún documento que empregamos para trazar a súa biografía, como a instancia en que solicita permiso paradar clases de relixión no colexio Mezquita.

Page 16: Melodías galegas at

16

Ángel Rodulfo

De volta á Baiona natal, en 1904 foi nomeado coadxutor da Colexiata21, na que dende 1902exercía como organista Urbano Vernet Mariño, cuxo soldo corría a cargo do Concello da vila22.É probable que esta Administración adquirise este compromiso precisamente neste momento, xaque ata 1902 constan pagos ao organista da igrexa, ao sancristán por mover os foles e varias repa-racións do instrumento23.

21 Por tradición, manteremos o nome de Colexiata pola que se coñece a igrexa de Santa María de Baiona aínda hoxe,xa que gozou desa condición entre 1482 e 1850.

22 «Año de 1902. Expediente de nombramiento y posesión de D. Urbano Berné [sic] Mariño para el cargo de organistade la Iglesia parroquial», do 2 ao 3 de novembro de 1902. Arquivo Municipal de Baiona.

23 Libro de Fábrica de la Colegiata de Baiona. 1853-1911, s.p. Arquivo Histórico Diocesano. Consta que en 1897 foranengadidos dous novos rexistros de «trémolo de voz humana», ademais do cambio dos foles e de proceder á limpeza eafinación.

Fig. 1. Ángel Rodulfo. Arquivo Pacheco.

Page 17: Melodías galegas at

17

MELODÍAS GALEGAS

Rodulfo obtivo o nomeamento como cantor a principios de 190524. En 1906 a parroquia ad-quiriu un órgano expresivo (harmonio) de Alexandre de París, con cinco oitavas e catro xogos, unteclado transpositor e dúas xeonlleiras de expresión25.

Noutra orde de cousas, consegue do Concello de Baiona o nomeamento como capelán do hos-pital Sancti Spiritus en 190426, que se ampliará en 1911 ao de capelán administrador27, cargo quedesempeñará ata 191628. Da lectura do expediente de renuncia pódese deducir que o Concello su-primiu temporalmente o cargo de administrador no pleno do 2 de marzo de 1916, por proposta doconcelleiro Rodríguez Barreiro (é dicir, do libretista de La Virgen de la Roca ), con vistas a asumir asúa xestión directamente. Despois de recibir a notificación oficial do cesamento o 2 de maio, Rodulfosolicitou ao día seguinte unha copia literal do acordo na que constase o nome dos concelleiros quese manifestaran nese sentido, ao que o alcalde en funcións accedeu.

Pouco despois, o 10 de xullo, o compositor presentou a súa renuncia ao cargo de capelán ad-ministrador por ser nomeado capelán do hospital Elduayen de Vigo, tras o cal recibiu do secretariodo Concello a aclaración de que xa cesara no cargo o 2 de maio. Paralelamente, Rodulfo presentouao alcalde a súa renuncia ao seu posto de cantante-organista en Santa María de Baiona o 8 de xullo;a corporación, a petición do concelleiro Rodríguez Barreiro, manifestouse no sentido de cubrir apraza seguindo as recomendacións do párroco para non desmerecer o esplendor do culto, para oque foi proposto e aceptado para o cargo o cura J. Bernardino Reibelo, con data do 31 de xaneirode 191729.

Independentemente das súas responsabilidades relixiosas, Rodulfo participou activamentena vida cultural de Baiona. Comezou nesta cidade a desenvolver tanto a súa carreira compositivacomo o seu ensino musical, impartindo clases a personalidades influentes da sociedade baionesa.O resultado deste traballo é unha obra de tipo didáctico composta para dúas das súas alumnas,coñecidas como «Las Gemelitas de Casal» (María del Carmen e María Teresa), da familia Casaldel Rey, para quen compuxo unha Pequeña Serenata para piano a cuatro manos, con data do 26 deoutubro de 1912.

24 «Año de 1905. Expediente de nombramiento y posesión de Cantor de la Iglesia parroquial de Bayona a favor delpresbítero D. Ángel Rodulfo González», 1 de xaneiro de 1905. Arquivo Municipal de Baiona.

25 Libro de Fábrica de la Colegiata de Baiona. 1853-1911, s.p. Arquivo Histórico Diocesano. A fonte fai referencia a uninstrumento de «trece rexistros», aínda que estes deben entenderse como dispositivos que o organista pode manexare non como xogos reais, xa que nin os instrumentos máis grandes feitos por Alexandre alcanzaban tal número. Posi-blemente se tratase dun harmonio de catro xogos reais partidos que, xunto cos tiradores para a expression, grand jeu,forte (partido) e sourdine, totalizarían os trece rexistros aos que se fai mención.

26 «Año de 1904. Expediente de nombramiento y posesión de Capellán del Hospital de Caridad Sancti Spiritus de estaVilla a favor de D. Ángel Rodulfo González», 1 de maio de 1904. Arquivo Municipal de Baiona.

27 «Año de 1911. Expediente de renuncia de Don Francisco Caballero García y nombramiento de D. Ángel RodulfoGonzález para el cargo de Administrador y Capellán del Hospital de Sancti Spiritus de la Villa de Bayona», 13 denovembro de 1911. Arquivo Municipal de Baiona. A carta en que Rodulfo lle notifica ao bispo o seu nomeamentocomo capelán-administrador está datada algo máis tarde, o 3 de xuño de 1912. Arquivo Histórico Diocesano.

28 «Año de 1917. Expediente de renuncia de D. Ángel Rodulfo González de Administrador del Hospital de esta villa yentrega de este y lo a él perteneciente a la Comisión de Beneficencia y Sanidad», do 2 de maio ao 14 de xullo de1916. Arquivo Municipal de Baiona.

29 «Expediente de provisión de la plaza de Cantor-organista de la iglesia ex-Colegiata de esta Villa», do 8 de xullo de1916 ao 31 de xaneiro de 1917. Arquivo Municipal de Baiona.

Page 18: Melodías galegas at

18

Ángel Rodulfo

Nesta época o compositor protagoniza un grande éxito coa composición do apropósito líricoLa Virgen de la Roca, que tivo un forte impacto, non só na vila, senón tamén en Madrid, onde se re-presentou no Teatro Real ante a raíña Vitoria Euxenia e os infantes.

Pouco despois de chegar a Vigo, é solicitado polo párroco da igrexa de Santiago de Vigo, Argi-miro Martínez, como organista e mestre de capela30. Rodulfo seguirá exercendo como organistanesta igrexa durante bastante tempo, pois chegará aos anos vinte31 e, incluso, á década seguinte32, xaque en 1934 compón o himno desta parroquia33 e en 1939 estrea alí a súa Misa de Réquiem34.

O novo templo de Santiago de Vigo, consagrado a principios de 1907, requiría un órgano á al-tura da construción, que sería encargado a Aquilino Amezua, de Azpeitia, unha elección que contouco visto e prace do mestre da capela da catedral de Tui, Manuel Martínez Posse35. O cargo de orga-nista nesta época correu a cargo de José Torres Creo, que tamén actuou coa súa orquestra nas festasmaiores da parroquia. Con todo, a partir de 1917 farao a de Rodulfo, especialmente nas festividadesdo Corpus Christi e do Santiago Apóstolo.

En 1919 faise cargo da Capelanía do Hospital Municipal de Vigo e ese mesmo ano é nomeadocapelán dos Irmáns Maristas de Vigo36.

Durante os seus anos de ministerio pastoral en Vigo, ocupará simultaneamente diferentespostos. Nestes primeiros anos na cidade olívica, Rodulfo comeza a dirixir. Foi director da Agru-pación Musical Santa Cecilia de Vigo, sociedade cunha longa e frutífera historia; en 1917 temosconstancia de que xa exercía como o seu director37. Consérvase unha foto desta formación, naque apreciamos a dezaoito intérpretes, con Rodulfo sentado centrado entre eles, mais seis nenos(Fig. 2).

Na súa estadía nesta cidade compatibilizou a súa dobre vocación coa docencia, outra constantena súa vida. No curso académico 1919-1920 forma parte do corpo docente do Colexio Cívico Militarde María Auxiliadora, unha das institucións educativas de gran prestixio durante ducias de anos,xunto con vigueses moi influentes no seu tempo38.

A Agrupación Artística de Vigo noméao socio de mérito en decembro de 192439, xunto co mú-sico e compositor José Torres Creo e o actor e humorista José Rodríguez de Vicente, máis coñecido

30 «Sección Eclesiástica», Diario de Galicia, 5 de novembro de 1916, 1. «Noticias», El Correo de Galicia, 4 de novembrode 1916, 6.

31 «La fiesta de Santa Cecilia: En Santiago de Vigo», Faro de Vigo, 26 de novembro de 1924, 3. «Alumnos aprovechados»,Faro de Vigo, 20 de xuño de 1929, 4.

32 «La fiesta de Santa Cecilia: Patrona de los músicos», Faro de Vigo, 25 de novembro de 1933, 5.33 «El inspiradísimo maestro compositor D. Ángel Rodulfo, autor de la notable partitura de La Virgen de la Roca, que

acaba de escribir el hermoso himno parroquial de Santiago de Vigo, de la cual es organista y maestro de capilla»,Vida Gallega. Ilustración Regional, 614, 20 de decembro de 1934, s.p. Pé de foto.

34 «Honrando a nuestros caídos: Funerales en la parroquia de Santiago de Vigo», El Pueblo Gallego, 23 de xullo de1939, 2.

35 Libro de Culto de la Iglesia Parroquial de Santiago de Vigo. 1904-1937, 34, 20 de marzo de 1908. Arquivo HistóricoDiocesano. O custo do instrumento foi de 7000 pesetas, pagadas o 20 de marzo de 1908.

36 «Noticias de la región», El Correo de Galicia, 1 de abril de 1919, 2.37 «Vigo», Vida Gallega. Ilustración Regional, 94, 15 de outubro de 1917, s.p. «La Región», Diario de Galicia, 4 de xaneiro

de 1917, 2. A noticia só fala dunha orquestra, sen especificar un nome. 38 «Colexio Cívico-Militar de María Auxiliadora: En Vigo», Faro de Vigo, 7 de setembro de 1919, 3. Trátase dun anuncio

publicitario no que consta o profesorado deste centro.39 «Nuevas juntas: La Filarmónica», Faro de Vigo, 28 de decembro de 1924, 3.

Page 19: Melodías galegas at

19

MELODÍAS GALEGAS

polo seu pseudónimo artístico, Joselín40, un dos intérpretes máis aplaudidos durante as últimas re-presentacións de La Virgen de la Roca.

En 1928 Ángel Rodulfo pasa a ser capelán das Carmelitas de Vigo, cargo que seguirá ocupandoata a súa morte, case trinta anos despois, en 1956.

O 25 de novembro de 1934, con motivo da festa de Santa Cecilia, Rodulfo estrea o novo órganoda parroquia de Santiago de Vigo41, adquirido por subscrición popular42. Na extensa lista de doadoresaparecen coñecidas personalidades viguesas da época; o organista contribuíu con 200 pesetas e asachegas máis elevadas ascenden a 250 pesetas. Recadáronse un total de 12 075, ás que habería quesumar 2925 da subscrición para o reloxo, que non se realizou. O documento está asinado polo pá-rroco, Argimiro Martínez Vázquez, e o propio Ángel Rodulfo43.

Fig. 2. Agrupación Santa Cecilia con Ángel Rodulfo González. 1917. Foto dedicada ao barítono José Magdalena.Arquivo de José Carlos Pérez Iglesias. A mesma foto aparece en Vida Gallega. Ilustración Regional, 94, 15 de outubrode 1917, s.p.

40 José Rodríguez de Vicente (1895-1958) foi un escritor, debuxante, humorista e actor, coñecido popularmente copseudónimo de «Joselín». Aínda que nacido en Vigo, chegou a ser alcalde de Baiona na década dos anos vinte.

41 «Hoy se celebró la función de la Santa [Cecilia] con Misa Pontifical y la inauguración de un nuevo órgano. Costó16.000 pesetas», Libro de Culto de la Iglesia Parroquial de Santiago de Vigo. 1904-1937, 377, 25 de novembro de1934. Arquivo Histórico Diocesano.

42 «Información Religiosa: Próxima inauguración de un órgano en la parroquia de Santiago de Vigo y costeado por subs-cripción popular», El Pueblo Gallego, 20 de novembro de 1934, 2.

43 «Relación de las personas y entidades que han contribuido a petición “ostictin” de los infrascriptos, con donativospara la adquisición de un nuevo órgano destinado a la Iglesia parroquial de Santiago el Mayor de Vigo, construidopor el precio de 16.000 pesetas por la casa Alberdi de Barcelona, e inaugurado en la fiesta solemne de Santa Ceciliael 25 de noviembre de 1934, con asistencia del Excmo. Señor Obispo de la diócesis que celebró de Pontifical y grannúmero de sacerdotes y fieles», Libro de Culto de la Iglesia Parroquial de Santiago de Vigo, 1904-1937, apéndice s.p.Trátase dunha listaxe de sete follas situada entre as páxinas 380 e 381.

Page 20: Melodías galegas at

20

Ángel Rodulfo

No acto de inauguración participou un coro de máis de cincuenta voces e o organista AntonioAlberdi44, intérprete e organeiro da casa do mesmo nome, de recoñecido prestixio45. A pesar denon aparecer nos rexistros da súa empresa46, o instrumento (actualmente sen uso) posúe o selo doestablecemento47.

O contrato para o proxecto de construción do novo órgano foi asinado na casa reitoral da pa-rroquia o 4 de xuño de 1934 polo párroco Argimiro Martínez Vázquez e Antonio Alberdi, que ac-tuou con poderes do seu pai, Lope Alberdi. Os pagamentos acordáronse en tres partes e faríanseefectivos cando comezasen as obras, cando se inaugurase o instrumento e o último terzo en cincomensualidades sucesivas (especificando que, de ser posible, se fixese xunto co segundo pagamento).No contrato determínase un prazo de construción de cinco meses, ademais de incluír algunhamodificación no proxecto inicial (como colocar o novo rexistro de voz celeste e non o antigo, nosegundo teclado, así como a idea de suprimir o de contrabaixo de oito pés no pedaleiro e o trans-positor dos teclados manuais)48.

A empresa Alberdi tamén construíu o órgano da Colexiata de Santa María de Vigo49, que, antesde chegar á devandita cidade, foi instalado polos traballadores do empresario Lope Alberdi no GranSalón de Festas da Exposición Rexional de Santiago de Compostela50. Este órgano foi adquirido poriniciativa do prior da Colexiata de Santa María de Vigo, Faustino Ande, por 11 000 pesetas, reunidas,tamén, a través de subscrición popular. O instrumento medía 6 metros de alto por 4 de ancho e3,70 de profundidade e contaba cunha consola separada con dous manuais e un pedaleiro51. A CasaAlberdi de Barcelona tamén sería a responsable da substitución de parte do órgano da catedral deSantiago de Compostela52, así como da construción do órgano da igrexa de Santiago (Lugo) e da deSan Xurxo da Coruña53.

Ao final da Guerra Civil, Rodulfo deu clases no colexio Mezquita, dirixido, coma no caso docolexio María Auxiliadora, por un militar. No seu expediente persoal consta unha instancia de no-

44 «Solemnes Cultos que con motivo de la inauguración del Nuevo Gran Órgano instalado en el templo parroquial deSantiago el Mayor, se celebrarán en honor de Santa Cecilia el próximo día 25. Vigo, noviembre de 1934» (Programade man). Arquivo de Alejo Amoedo.

45 «Inauguración de un órgano», El Ideal Gallego, 15 de febreiro de 1922, 4. A noticia inclúe críticas de prensa favorablesaos instrumentos da Casa Alberdi & Cía., con exemplos dos seus órganos, mencionando a Antonio Alberdi comoorganista e organeiro.

46 Esteban Elizondo Iriarte (2001): La organería romántica en el País Vasco y Navarra (1856-1940), tese de doutoramento,Universitat de Barcelona, 435 (http://www.tdx.cat/bitstream/handle/10803/1274/TOL6501.pdf?sequence=7).

47 Foto da consola. Arquivo de Alejo Amoedo. 48 Arquivo Parroquial de Santiago de Vigo.49 «En la Catedral: La inauguración del nuevo órgano», Diario de Galicia, 1 de novembro de 1912, 1.50 «Santiago», Gaceta de Galicia. Diario de Santiago, 12 de novembro de 1909, 2. «Crónica Gráfica», Vida Gallega.

Ilustración Regional, 13, 1 de xaneiro de 1910, s.p. «Noticias de Galicia», El Norte de Galicia, 15 de setembro de1908, 2.

51 J. Martínez Villar (1909): «Crónicas Gallego-Catalanas: A la Exposición Gallega. Gran órgano para el salón de fiestas.El célebre organero Lope Alberdi», Vida Gallega. Ilustración Regional, 6, 1 de xuño, s.p.

52 «Noticias de Galicia», La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra, 1 de abril de 1912, 2. «Noticias de Galicia»,La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra, 1 de xullo de 1912, 2. «Noticias», Diario de Galicia, 6 de xullo de1912, 2. Sobre a realización de probas con asistencia de público véxase «Noticias», Diario de Galicia, 19 de outubrode 1912, 3. Sobre a inauguración, véxase «Santiago, el órgano de la catedral», El Eco de Galicia, 2 de novembro de1912, 1.

53 «En la Iglesia de San Jorge: Inauguración de un órgano», El Ideal Gallego, 14 de febreiro de 1922, 2.

Page 21: Melodías galegas at

21

MELODÍAS GALEGAS

vembro de 1940 na que solicita os permisos pertinentes para impartir relixión no terceiro, cuarto equinto graos, no colexio de Daniel Mezquita.

Ademais de compoñer, dar clases e exercer como instrumentista, Rodulfo tamén colabora naprensa con diversos artigos sobre temas musicais, principalmente nas páxinas de Faro de Vigo. Enmaio de 1925 publica o artigo «Acerca del Himno Gallego», no que homenaxeaba o seu profesorFrancisco R. Núñez, daquela xa desaparecido, e reclamaba para el a autoría dun Himno Gallego queno seu día puido converterse no oficial desta comunidade54. En 1933 publicou unha interesanteserie sobre arte sacra musical composta por cinco artigos, que aparece tamén neste xornal vigués55.

Como compositor, adquire merecida fama no seu tempo. No censo do clero de 1932, o propioRodulfo fala de si mesmo e da súa obra nos seguintes termos: «dedica preferentemente atención al[género] de la música religiosa en su género polifónico clásico y moderno, en el cual ha escritoalgunas modestas obras que fueron publicadas por diversas casas editoriales»56.

Ao mesmo tempo que se consolidaba o seu prestixio como compositor, Rodulfo tamén era con-siderado un excelente pedagogo musical; impartiu clases particulares de música dende moi novo57 echegou a formar avezados intérpretes como, por exemplo, a viguesa María del Carmen GonzálezFeijóo58.

O 31 de outubro de 1939 falece o compositor e organista da Colexiata de Santa María, hoxeConcatedral, José Torres Creo59, polo que Rodulfo é nomeado organista60, cargo que desempeñaráata a súa morte61. Tras a súa marcha, o posto de organista en Santiago de Vigo quedou vacante62.

Entre as súas moitas actividades no campo musical, podemos destacar a fundación dunha capelaque levaba o seu apelido (Capela Rodulfo) e, tamén, a dirección do coro de voces brancas Lar, encuxo repertorio constaban moitas das súas pezas63.

Entre 1951 e 1952 Ángel Rodulfo publica as súas tres coleccións de Cantos populares de Galicia,armonizados y adaptados para piano con letra. Con estas tres coleccións, Rodulfo encádrase claramentedentro do galeguismo tradicionalista, aténdose a este galeguismo que o xénero identificara comoaxeitado para expresar a etnicidade galega (alalás, muiñeiras, foliada etc.)64.

54 Ángel Rodulfo González (1925): «Acerca del Himno Gallego: Consideraciones varias. Un himno-marcha regionaldel distinguido maestro vigués D. Francisco R. Núñez», Faro de Vigo, 29 de maio, 8.

55 Ángel Rodulfo González (1933): «De arte sacro-musical: una importante antología musical. Nota bibliográfica», Farode Vigo, 15 de xaneiro, 9. «De arte Sacro-Musical: Impugnando algunas opiniones erróneas sobre música religiosa»,partes 1-4. Faro de Vigo, 13 de outubro de 1933, 7; 15 de outubro de 1933, 7; 18 de outubro de 1933, 7; 20 de ou-tubro de 1933, 7.

56 «Censo realizado en 1932 por el Clero, al que responde Ángel Rodulfo aportando la información que de él se solicita».Arquivo Histórico Diocesano de Tui.

57 «Alumnos aprovechados», Faro de Vigo, 20 de xuño de 1929, 4.58 «Revelación de una gran artista: Mari-Carmen G. Feijóo», El Compostelano, 5 de outubro de 1940, 1.59 El Pueblo Gallego, 1 de novembro de 1939, 4. Trátase da nota necrolóxica.60 «Noticias», El Compostelano, 21 de decembro de 1939, 2. Para obter máis información sobre o seu traballo nese cargo

véxase «De Sociedad», Martín Códax, 43, 13 de xullo de 1938, 41. Ibídem, 67, 15 de xuño de 1940, 24. VenturaSalgado, «Bayona», El Pueblo Gallego, 25 de abril de 1954, 18. «Información religiosa», El Pueblo Gallego, 29 de xullode 1942, 2. «En la catedral: La inauguración del nuevo órgano», Diario de Galicia, 1 de novembro de 1912, 1.

61 «Falleció el maestro Rodulfo: compositor, director y organista», La Noche, 29 de novembro de 1956, 7.62 Arquivo Parroquial de Santiago de Vigo. 63 «Notas necrológicas: Don Ángel Rodulfo González», Faro de Vigo, 29 de novembro de 1956, 3.64 Ángel Rodulfo González (1951-1952): Cantos populares de Galicia. Armonizados y adaptados para piano con letra, 3

vols., Vigo, Manrique Villanueva.

Page 22: Melodías galegas at

22

Ángel Rodulfo

As dúas primeiras coleccións publicáronse en 1951 e a terceira só un ano despois, en 1952.Todas elas foron editadas por Manrique Villanueva e rexistradas na SGAE. Estas compilacións tiveroncerta difusión, xa que hai exemplares catalogados na Biblioteca Nacional e no Arquivo HistóricoDiocesano (Fondo do Seminario de Vigo). As copias localizadas da primeira e segunda colecciónestán dedicadas da propia man do autor a músicos próximos: «Al notable organista e inspirado com-positor don Antonio Uriz, con todo afecto y simpatía artística. El autor [rubricado]». «A mi buenamigo el admirado organista don Antonio Uriz, distinguido colega en el sacerdocio y en el arte, contodo afecto. El autor [rubricado]». «A mi buen amigo y colega don Servando Bugarín, inteligenteMaestro de Capilla de la Catedral tudense con el mayor afecto y simpatía artística». «Al muy cultodirector de la Coral Polifónica Padre Salvado de Tuy, don Servando Bugarín con la admiración yafecto de El autor [rubricado]».

Antonio Uriz Susperregui ocupou o cargo de organista na catedral de Tui dende 192065 (cunhadispensa papal, xa que aínda non fora ordenado sacerdote) e, dende 1924, o de mestre da capela eorganista da catedral de Ourense66. O 25 de abril de 1926 tomou posesión como organista de SanLorenzo de Xixón, cargo no que permaneceu ata o 27 de marzo de 1932. Nesa cidade, Uriz parti-cipou como director do coro San Lorenzo, concertista de órgano e, incluso, director da Banda deMúsica67. Ausente da cidade dende 1938, regresou en 1955 despois de anos en diferentes destinos(en Galicia e Madrid) para facerse cargo do novo instrumento instalado en San Lorenzo. De volta ácatedral de Tui, exerceu como organista e profesor de Canto Gregoriano e Música no SeminarioMaior de San Xosé e prefecto de música da Colexiata de Santa María (Concatedral) dende finais de196068. Segundo se rexistra no arquivo de Rodulfo, tras a morte deste, Uriz harmonizou varias dassúas obras. Aínda que menos coñecido musicalmente, Servando Bugarín Domínguez chegou a sermestre de capela na catedral de Tui69.

Rodulfo debeu distribuír copias destes cantos entre persoas de recoñecido prestixio musical.En resposta a isto e a través da prensa, o folclorista ourensán Daniel González, director fundador daCoral De Ruada, agradécelle o envío dos dous primeiros libros dedicados de Cantos populares de Ga-licia e anima o compositor, a quen eloxia, a seguir traballando nesa dirección70.

En 1953 Ángel Rodulfo publica unha pequena colección na que reúne catro das súas obrascuxa data de composición é probablemente moi anterior á da súa publicación. En Refrexos d’a Terra,cuatro composiciones gallegas sobre antiguos temas populares para coro a cuatro voces blancas, Rodulfoinclúe o Romance de Santa Irene, o arrolo O meniño chora moito, a Pandeirada de Caldas e a muiñeiraMiña Virxen d’a Peneda. Para a composición destas obras Rodulfo non utiliza o texto completo,senón que realiza unha selección dos versos que máis se axustan aos seus fins musicais.

65 Joám Trillo e Carlos Villanueva (1987): La música en la Catedral de Tui, A Coruña, Deputación Provincial, 502.«Apuntes noticieros», El Diario de Pontevedra, 12 de abril de 1920, 2. A información da prensa recolle a súa toma deposesión como organista primeiro.

66 «Orense», El Ideal Gallego, 22 de outubro de 1924, 4. Recóllese o seu nomeamento no cargo. 67 Isidoro Cortina Frade (2001): «El clero parroquial», en Isidoro Cortina Frade e Agustín Guzmán Sancho (eds.), Libro

del Centenario de la Iglesia de San Lorenzo Mártir, Xixón, Parroquia de San Lorenzo Mártir, 185-186.68 Arquivo Histórico Diocesano.69 «El día del Seminario en nuestra ciudad: Solemne misa pontifical, en la Colegiata, colecta para el Seminario en todos

los templos y en las calles y ofrendas de fervorosas oraciones, granitos de trigo y generosos donativos», El Pueblo Ga-llego, 20 de marzo de 1953, 3.

70 Daniel González Rodríguez (1952): «Cantos populares de Galicia: una obra musical», La Región, 19 de marzo, 2.

Page 23: Melodías galegas at

23

MELODÍAS GALEGAS

Ese mesmo ano, no Círculo Recreativo Mercantil e Industrial de Vigo e con motivo da presen-tación pública da Coral Polifónica Femenina Viguesa Lar, creada e dirixida por Rodulfo e compostapor corenta señoritas, Daniel González ofreceu a conferencia «Riqueza e expresión sentimental dofolclore musical de Galicia». O coro interpretou no devandito programa Romance de Santa Irene, acatro voces, Canto de Arrolo, Noite de Nadal, ambas a tres, e Pandeirada de Caldas, a catro71. O Cantode arrolo probablemente corresponda a O meniño chora moito (canto de berce) da colección Refrexosd’a Terra, se ben a información de prensa descríbeo como a tres voces e non a catro; o Romance deSanta Irene e a Pandeirada de Caldas pertencen, tamén, a esa mesma colección. Finalmente, o termoNoite de Nadal aparece como subtítulo nas particellas de O Neno Xesús. Villancico gallego sobre temaspopulares, a tres voces blancas y órgano; este subtitulado Villancico gallego sobre temas populares a tresvoces blancas y órgano está datado en 1950 e o texto pertence á relixiosa carmelita irmá María Rionegro.

No caderno manuscrito anterior á edición de Cantos populares de Galicia figura a indicación:«Estos cantos pueden ser fácilmente adaptables para coros a cuatro voces». No mesmo sentido da in-terpretación coral do folclore a voces iguais, ademais da colección Refrexos d’a Terra, maniféstase a copiamanuscrita da Negra sombra de Juan Montes realizada por Rodulfo para catro voces de muller, ou daMaite de Sorozábal. Idéntico feito atopamos na produción relixiosa, con atención aos motetes, gozos,tantum ergo, himnos, misas... xa fosen propios ou arranxos, normalmente acompañados dun órgano.

Numerosas noticias de prensa amosan a súa actividade á fronte de agrupacións viguesas, inclusoen datas relativamente próximas á súa morte72. Así, Lar actuou para o arcebispo de Santiago de Com-postela, Fernando Quiroga Palacios, nunha sesión privada e, máis tarde, para o público de Santiagode Compostela, en xuño de 195473. Non obstante, a partir de 1954, a súa actividade comezou a de-clinar, mesmo chegou a solicitar unha dispensa ao bispo, xa que non se lle permitía ler nin escribirpor prescrición médica, debido a unha enfermidade cardíaca. Aínda así, actuou unhas semanas antesda súa morte á fronte da súa orquestra74.

Ángel Rodulfo morreu na súa casa do Paseo de Alfonso XII de Vigo o 28 de novembro de 1956,aos setenta e seis anos, despois de máis de catro décadas combinando o seu ministerio sacerdotalcoa creación musical75. Descoñecemos a causa do falecemento, xa que este parágrafo aparece riscadono certificado de defunción. O seu corpo foi trasladado a Baiona, onde recibiu sepultura no cemiteriomunicipal da cidade76.

71 «De arte: La coral polifónica femenina viguesa Lar», Hoja Oficial del Lunes, 5 de abril de 1953, 4. «Magnífico debutde la Coral Polifónica Viguesa Lar», La Noche, 7 de abril de 1953, 2, edición de Vigo.

72 «El sindicato del papel, prensa y artes gráficas: Celebró la festividad de su patrono», Avante. Periódico de divulgaciónde la Delegación Provincial de Sindicatos de Pontevedra, 7, 15 de maio de 1954, 4. «La festividad de Santa Cecilia: Fuecelebrada por el grupo de música del sindicato del espectáculo», Avante. Periódico de divulgación de la Delegación Pro-vincial de Sindicatos de Pontevedra, 20, 30 de novembro de 1954, 3.

73 G. (1954): «La Coral viguesa de voces blancas dio un bello concierto en San Martín Pinario: Antes actuó en el PalacioArzobispal», La Noche, 29 de xuño, 4.

74 Alejandro Requejo (1956): «La figura del día: Don Faustino Álvarez, Jefe Provincial del Sindicato Textil de Pontevedraen Vigo», La Noche, 4 de outubro, 5.

75 «Falleció el maestro Rodulfo: Compositor, director y organista», La Noche, 29 de novembro de 1956, 7. «Notas ne-crológicas: Don Ángel Rodulfo González», Faro de Vigo, 29 de novembro de 1956, 3. «Demografía», Faro de Vigo,29 de novembro de 1956, 2. «El Presbítero Don Ángel Rodulfo González», Faro de Vigo, 29 de novembro de 1956,3. «El Reverendo Don Ángel Rodulfo González», Faro de Vigo, 29 de novembro de 1956, 3. Estes dous últimos re-xistran senllas notas necrolóxicas.

76 Certificado de defunción. Rexistro Civil de Vigo.

Page 24: Melodías galegas at
Page 25: Melodías galegas at

AS CATRO MELODÍAS GALEGAS PARA VOZ E PIANO

Javier Jurado Luque

Page 26: Melodías galegas at
Page 27: Melodías galegas at

27

As catro cancións de Rodulfo forman parte da tradición da canción en galego con acompañamentode piano que cultivaran autores como Montes, Castro «Chané», Baldomir, Soutullo, Fernández Vide,Moreno Fuentes... O xénero da balada galega ten a súa orixe na mélodie francesa, principalmente noque respecta ao tratamento da voz e ao acompañamento de piano, que se completa coa inclusión deelementos técnico-musicais de certa orixe popular, sen deixar de lado as referencias históricas taménpresentes na zarzuela e na ópera. Existen certos aspectos inherentes ao xénero, como a relación coanatureza e o medio rural, a presenza do folclore e a importancia da melodía como esencia do cantoe da identidade. O aparente parentesco co lied xermánico é, polo tanto, unha cuestión de referencia(canción de cámara con acompañamento de piano, interese pola música característica de variospaíses, influencia do movemento romántico...), máis que unha relación estilística. Como ocorre conxéneros similares, o compositor opta por poetas de recoñecido prestixio e tenta reflectir temas cotiáns:emigración, romaría, natureza, traballo no campo e no mar etc.

Coitas e Vágoas [sic] é o primeiro traballo para voz e piano de Rodulfo do que temos referencia.A obra figura co subtítulo balada, como Juan Montes designaba as súas cantigas líricas77. A súa estreativo lugar no marco dun festival literario-musical realizado no teatro Zorrilla de Baiona, o 29 deagosto de 1910, con vistas a recadar fondos para a construción do monumento á Virxe da Rocha deAntonio Palacios. A interpretación correu a cargo de «la señorita Teresa Sobejano, acompañada alpiano por su hermana María del Carmen»78. A canción foi reinterpretada noutras moitas ocasións,nas funcións nas que se puña en escena o sainete La Virgen de la Roca79. O seu texto é de Prudencio I.Sánchez e foi publicada pola Casa Erviti de San Sebastián.

Ademais de Coitas e bágoas, Rodulfo compuxo outras tres melodías galegas para canto e pianoao longo da súa carreira, termo co que o compositor clasifica estas catro cancións: A noite, Saudadesd’alborada e Sin niño.

A noite está baseada nun texto de «Xan de Ningures»80, pseudónimo do bispo de Tui ManuelLago González, máis tarde arcebispo de Santiago. Aparece dedicada «A mi buen amigo D. JaimeSolá», xa que foi publicada na revista Vida Gallega. Ilustración Regional, que Solá dirixía. Nesta edi-ción, de 1914, a obra recóllese como «Melodía Gallega. Reducción para piano con letra», transcrita

77 Empregábanse indistintamente os termos de cantiga, melodía ou balada galega para facer referencia ao mesmo tipode composición.

78 Un veraneante consecuente: «De Bayona. Monumento a la Virgen de la Roca», El Mirlo Blanco, 4, 17 de setembrode 1910, 3.

79 Javier Jurado e María Reinero (eds.) (2014): La Virgen de la Roca. Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros.Libro de José María Barreiro. Música de Ángel Rodulfo, Madrid, Ideamúsica, 43-65.

80 Enrique Miralles (2001): Biblioteca de las literaturas regionales. Siglo XIX. Autores bilingües, Madrid, Fundación Uni-versitaria Española, 2, 416.

Page 28: Melodías galegas at

28

Ángel Rodulfo

a dous pentagramas, coa letra sobre a man dereita do piano81. Existe unha partitura manuscrita in-completa no Arquivo Musical da Biblioteca do Seminario Maior de San Xosé de Vigo82, recollidacomo «Balada galega para canto e piano», cunha dedicatoria manuscrita: «Ô meu bo amigoD. Xaime Solá, ilustre membro da Real Academia Galega».

Saudades d’alborada: Melodía gallega para canto y piano posúe letra de Avelino Rodríguez Elías,cronista oficial de Vigo, académico da Real Academia Galega, periodista e dramaturgo83. Atopamosun exemplar no Arquivo de Música da Biblioteca do Seminario Maior San Xosé de Vigo84.

Sin niño: Melodía gallega para canto y piano está dedicada polo compositor «A mi madre», talcomo suxire o poema, extraído de Follas novas de Rosalía de Castro. Localizamos unha copia no Ar-quivo Histórico Diocesano85. Ambas as obras foron editadas por Manrique Villanueva, a finais de192886 ou principios de 192987, segundo datos da prensa.

Ademais dos exemplares citados, todas as obras foron publicadas en soporte físico papel.

CRITERIOS PARA A EDICIÓN LITERARIA E MUSICAL

En canto á edición dos textos, respectamos a escritura do poema, sen normativizar en ningún caso.Eliminamos os apóstrofos innecesarios nas contraccións e substituímos a grafía «y» por «i», ademaisde facer as modificacións adecuadas de «b» a «v» ou viceversa. Revisamos os signos de puntuación,modificándoos cando puidesen provocar confusión ou causar respiracións non desexadas no cantoque afectasen ao fraseo.

En relación coa edición musical, en xeral, eliminamos o corchete de unión en corcheas e semi-corcheas correspondentes a sílabas diferentes da voz e axustamos as ligaduras de expresión a sílabasprolongadas, tal como ao fraseo no piano. Unificamos a numeración de compases dos orixinais emodificamos as indicacións de dinámica e agóxica, corrixindo ou traducindo ao italiano cando foinecesario e engadíndoas á melodía cando faltaban. Ademais, fixemos correccións da ortografía mu-sical en agrupacións de figuras segundo o compás, ligaduras de prolongación por puntos, silenciosinnecesarios e outras cuestións menores.

Corriximos algunha alteración accidental en progresións harmónicas e unificamos as alteraciónsde precaución. Engadimos equivalencias cando foi necesario e eliminamos as indicacións dinámicasque eran innecesarias por seren redundantes.

81 «A mi buen amigo. Jaime Solá. A Noite. Melodía Gallega. Reducción para piano con letra», Vida Gallega. IlustraciónRegional, 52, 25 de febreiro de 1914, s.p.

82 Número de rexistro 363. 83 Gerardo González Martín (2005): Pasión por Vigo: Vida y obra del cronista Rodríguez Elías, Vigo, Instituto de Estudios

Vigueses, 13-15.84 Sen catalogar. Recollida no Arquivo da SGAE co número 4.816.580 e co nome de Soedades da Alborada. 85 Fondo do Seminario de Vigo, Arquivo Histórico Diocesano, caixa 40, carpeta 2639. 86 «El arte lírico regional. Dos obras del maestro Rodulfo», El Pueblo Gallego, 18 de novembro de 1928, 9. 87 «Música gallega», Vida Gallega. Ilustración Regional, 410, 20 de abril de 1929, s.p.

Page 29: Melodías galegas at

PARTITURAS

Page 30: Melodías galegas at

30

Page 31: Melodías galegas at

31

COITAS E BÁGOAS

Page 32: Melodías galegas at

32

Ángel Rodulfo

Page 33: Melodías galegas at

33

COITAS E BÁGOAS

Page 34: Melodías galegas at

34

Ángel Rodulfo

Page 35: Melodías galegas at

35

COITAS E BÁGOAS

Page 36: Melodías galegas at

36

Page 37: Melodías galegas at

37

SAUDADES D’ALBORADA

Page 38: Melodías galegas at

38

Ángel Rodulfo

Page 39: Melodías galegas at

39

SAUDADES D’ALBORADA

Page 40: Melodías galegas at

40

Page 41: Melodías galegas at

41

A NOITE

Page 42: Melodías galegas at

42

Ángel Rodulfo

Page 43: Melodías galegas at

43

Page 44: Melodías galegas at

44

Ángel Rodulfo

Page 45: Melodías galegas at

45

SIN NIÑO

Page 46: Melodías galegas at

ÁNGEL RODULFO

Melodías galegas

ÁN

GEL R

OD

ULFO

Melo

día

s gale

gas

(a t)autores & textos

O crego baionés establecido en Vigo Ángel Rodulfo (1880-1956) compaxinou o seutraballo como organista en Santiago de Vigo e na Colexiata de Santa María da cidadeolívica coa composición e a dirección, exercida sobre a orquestra Santa Cecilia e diversoscoros vigueses. Bo coñecedor do xénero vocal, como demostra a composición doapropósito lírico-dramático La Virgen de la Roca (creado para recadar fondos con vistas áconstrución da escultura homónima na súa vila natal de Baiona), abordou tamén o xéneroda balada baixo o subtítulo de Melodía gallega.

As catro cancións de Rodulfo aquí publicadas forman parte da tradición da canción engalego con acompañamento de piano que cultivaron autores como Montes, Baldomir, Castro«Chané» e outros. Coitas e bágoas, sobre texto de Prudencio I. Sánchez, foi estreada enBaiona nun festival realizado para recadar fondos para a construción do monumento á Virxeda Rocha. A noite está baseada nun texto de «Xan de Ningures», pseudónimo do bispo deTui Manuel Lago González, máis tarde arcebispo de Santiago. Saudades d’alborada posúeletra de Avelino Rodríguez Elías, cronista oficial de Vigo, académico da Real AcademiaGalega, periodista e dramaturgo. Finalmente, Sin niño foi dedicada polo compositor «A mimadre», tal como suxire o poema, extraído de Follas novas de Rosalía de Castro.

Portada_RODULFO_Maquetación 1 30/06/21 18:29 Página 1