24
MEMORIA de ACTIVIDADES 2010

MEMORIA de ACTIVIDADES 2010 - NS/AMBAR/9... · PDF fileAínda que tradicionalmente o poboamento rural se distribuía entre aldeas ... a unha maior dispersión debido á urbanización

Embed Size (px)

Citation preview

MEMORIA

de

ACTIVIDADES

2010

Memoria Actividades 2010

2

ÍNDICE páx.

I. DESCRICIÓN DA ENTIDADE

� Datos identificativos................................................................................................... 3 � Datos xerais............................................................................................................... 4 � Datos económicos.......................................................................................................6

II. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS......................................................................................7 III. SERVICIOS................................................................................................................... 8

� Servicios mancomunados coa Cogami………………………………………………… 8 � O Centro de Recursos da Barbanza……………………………….............................. 8

o A OIGO……………………………………………………………………… 9 o Servicio de Centro Ocupacional……………............................................ 9 o Servicio de Centro de Día........................................................................10

� Servicio de transporte adaptado …………………………………………………………. 11 � Servicio de biblioteca e documentación ………………………………………………. 11

IV. PROGRAMAS E ACTIVIDADES 2010

� Programa de voluntariado……………………………………………………………….12 � Programa de autonomía persoal e habilidades sociais...........................................13 � Programa Vela para Todos……...............................................................................13 � Programa de Respiro Familiar.................................................................................14 � Programa de Ocio e Tempo Libre ...........................................................................15 � Actividade de Formación …………..........................................................................16 � Divulgación e concienciación social ………………………………………………… 17

V. AMBAR NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ……........................................................ 21

Memoria Actividades 2010

3

I. DESCRICIÓN ENTIDADE � DATOS IDENTIFICATIVOS

Ano de Constitución: 1982 Tipo de organización: Asociación sen

ánimo de lucro.

Suxeito ó réxime da Lei 49/2002:

Lei Orgánica 1/2002.

Beneficiarios: Persoas con diversidade

funcional e familias.

Campo de Actividade: Educación e

Formación, Inclusión social, Integración

laboral, Sensibilización, Asesoría,...

Área Xeográfica: Concellos de Rianxo,

Boiro, Rianxo, Pobra, Rianxo, Porto do Son.

Nº de socios: 1.128

Nº de voluntarios: 24

Nº de empregados: 12

Domicilio da sede social:

Pobra

Rexistro inicial: Rexistro Nacional de

Asociacións do Ministerio de Sanidad y

Seguridad Social co nº : 1456.

Dependencias de atención ó público:

Pobra, Ribeira

COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA:

MILAGROS REY PÉREZ, Presidenta

JOSÉ ANTONIO NÓVOA ROMAY, Vicepresidente

JUANA MARÍA TUBÍO ORDÓÑEZ, Secretaria

RAFAEL PIÑEIRO ROMERO, Tesoureiro

ANXO ANTÓN QUEIRUGA VILA, Vocal

DAVINIA TORRADO FERNANDEZ, Vocal

JOSE ANTONIO CHOUZA ROMERO, Vocal

ROSARIO FERNADEZ SUAREZ, Vocal

Memoria Actividades 2010

4

COORDINACIÓN:

JOSÉ ANTONIO NÓVOA ROMAY

Memoria Actividades 2010

5

� DATOS XERAIS

A ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL é unha Entidade Sen Ánimo de Lucro de ámbito comarcal, que conta cun grupo social de 1.156 persoas. AMBAR foi fundada no ano 1982 coa razón social de “Asociación de Minusválidos da Barbanza”, coa finalidade principal da integración e mellora da calidade de vida das Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) de calquera natureza. Na actualidade, AMBAR apoia e presta servicios a Persoas con Diversidade Funcional e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén de outros concellos próximos, colaborando coas entidades publicas e privadas que participan na intermediación da Persoas con Diversidade Funcional e a súa participación económica e social. A constitución de AMBAR e a paciente labor realizada contribuíu á difusión das problemáticas e á unión das Persoas con Diversidade Funcional e das familias concernidas, xerando a capacidade de pór en marcha iniciativas reivindicativas conxuntas e novos servicios comunitarios. A nosa entidade está integrada nas organizacións do movemento asociativo de diversidade funcional de ámbito provincial e autonómico, formando parte activa da Federación Provincial de Minusválidos Físicos de A Coruña (F.P.F.C.) e da Confederación Galega de Minusválidos (Co.Ga.Mi .), constituíndo xunto con outras entidades unha rede de ámbito autonómico que ofrece servicios a cerca de 160.000 persoas con diversidade funcional. A asociación AMBAR figura inscrita nos rexistros administrativos seguintes: Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio de Sanidad y Seguridad Social co nº : 1456 o día 6-12-1982; Rexistro da Xunta de Galicia como entidade de iniciativa social co nº: 115–CO–055–F-00; Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia como entidade prestadora de servicios sociais co nº: 089 - CO - 044 - F – 00; Rexistros de Entidades prestadoras de Servicios Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: área de Familia e Muller: F-01828; Rexistro Provincial de Asociacións da Consellería de Xustiza co nº 1982/001201-1 (AC); Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: área de Discapacidades co nº VP-0089. AMBAR NA COMARCA A comarca do Barbanza forma un área demográfica de gran tamaño e crecemento con unha poboación próxima a 90.000 habitantes. Trátase dunha das comarcas máis punteiras das Rías Baixas e de Galicia. Administrativamente comprende os concellos de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo e Porto de Son , que constitúen a Mancomunidade de municipios de Arousa Norte (excepto P.Son). A comarca está relacionada internamente por unha rede de estradas locais, sendo dous os principais eixes de comunicación co exterior: a estrada comarcal AC-305, que une Ribeira con A Pobra e Porto do Son e, sobre todo a Autovía da Barbanza (antiga vía VG-11), que conecta o centro comarcal con Boiro, Rianxo e Padrón, e a partir de alí coa autopista A-9, eixo fundamental da comunicación viaria de Galicia e Norte de Portugal. A capital autonómica, Santiago, dista 61 Km e a capital provincial, A Coruña, 125 km. En relación ó tráfico portuario, destacan os portos de Ribeira e Pobra pola súa importancia debido ás descargas de pesca de baixura e conxeladores. A poboación repártese en núcleos de carácter urbano con un máximo de 10.000 habitantes e outros de carácter rural aglutinados en torno á parroquia. A densidade de poboación é elevada, acadando os 202,8 hab/Km2. O núcleo urbano de Ribeira acapara boa parte da poboación e a maior parte dos servicios da comarca. Aínda que tradicionalmente o poboamento rural se distribuía entre aldeas máis ou menos aglutinadas, con unha certa dispersión periférica, nas últimas décadas o poboamento tendeu

Memoria Actividades 2010

6

a unha maior dispersión debido á urbanización progresiva de terreos agrícolas, producíndose un efecto de conurbación entre os maiores núcleos urbanos dispostos ó longo da estrada AC-305. A base da economía comarcal é o mar (pesca, marisqueo, acuicultura e emprego mariño mercante) e a transformación dos seus productos. Asociado á tradicional puxanza da pesca existe un notable sector de servicios, no cal o turismo manifestase con un considerable crecemento. Na comarca o 36,77 % da poboación activa dedicase ó sector servicios. O 32,99 % dos traballadores dedícanse á pesca, que forman case todo o conxunto de poboación do sector primario (40,05 %). A agricultura é una actividade residual, soamente complemento de outras actividades. No que respecta ó sector secundario, a industria máis importante é a construcción, englobando ao 23,18% da poboación activa. O número de persoas con diversidade funcional de diversas naturezas residentes na comarca de Barbanza que son socios de AMBAR ascende a 1.156 persoas. Segundo datos extraídos do censo de persoas con diversidade funcional de Galicia1, na provincia de A Coruña existen 106.448 persoas con algún tipo de diversidade funcional. Segundo os datos da Subdirección Xeral da Discapacidade1 na comarca da Barbanza hai 5.134 persoas con algún tipo de discapacidade, das cales o 56,21% son persoas con discapacidade física, o 31,57% son persoas con discapacidade psíquica e un 12,21% pertence a persoas con discapacidade sensorial. Tal como reflexan os datos, existe un amplo colectivo de persoas con diversidade funcional de diversa natureza que carecen dos recursos necesarios para a vida activa e o emprego, así mesmo constan persoas con valoracións de grao de minusvalideces considerables como dependentes, para as cales os itinerarios de inserción normalizada demostráronse inviables para conseguir a súa integración na actual disposición dos recursos nesta comunidade comarcal. Constatamos un grupo de poboación con unhas características moi definidas pola carencia de niveis axeitados de formación para acceder de forma directa ó mercado de traballo, cun elevado grao de minusvalidez e maioritariamente en idade laboral. Neste contexto AMBAR procura atender en diversos aspectos ás persoas con diversidade funcional procurando actividades e recursos para a mellora das condicións de vida, dende as limitacións dadas polo entorno xeográfico, social e material. AMBAR é promotora e administradora do Centro de Recursos da Barbanza, onde se aglutinan distintos servicios como a Oficina de OIGO e o centro de Formación Ocupacionale Prelaboral,que pretende cubrir as necesidades básicas dun importante número de persoas con diversidade funcional psíquicas e físicas. O financiamento do Centro Ocupacional, depende dende o ano 1.995 dun convenio de colaboración entre AMBAR e o correspondente departamento de Servicios Sociais da Xunta de Galicia. O centro da ocupación a 45 usuarios con diversidade funcional psíquicas en idade laboral nos diferentes talleres que están en funcionamento. A asociación foi co-promotora xunto coa COGAMI do centro especial de Emprego COREGAL, SL, na comarca do Barbanza, dedicado ó reciclaxe de papel e cartón.

1 Censo de Persoas con disCapacidade da Subdirección Xeral da Discapacidade da Vicepresidencia de Igualdade e do

Benestar. A 18 de marzo de 2008.

Memoria Actividades 2010

7

� DATOS ECONÓMICOS 2010

E necesario subliñar que o balance anual e a conta de resultados reflicten un acrecentamento orixinado no importe das obras da segunda fase do Centro de Recursos da Barbanza e nas subvencións concedidas polas institucións públicas e privadas para o financiamento destas obras, neste ano 2010 contouse cunha subvención concedida pola Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) por importe de 90.000,00€. Tamén neste ano 2010 se extendeu o horario dos Servicios de Centro de Día e do Centro Ocupacional, por este último servicio asinouse un contrato para a reserva e ocupación de prazas coa Consellería de Traballo e Benestar. No canto dos programas e proxectos levados a cabo, salientar a financiación por parte da Consellería de Traballo quen financiou o persoal da Oficina de Igualdade de oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional. Destacar tamén a colaboración da Deputación da Coruña que ascendeu a cantidade de 14.993,98€ para o Programa de Respiro Familiar e a 22.000 € para o programa Vela para Todos. Neste ano 2010 tamén se obtivo financiación para a realización da primeira acción formativa dirixida prioritariamente a persoas desempregadas que financia a Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Outros programas que foron subvencionados por parte de organismos públicos e privados foron o Programa de Voluntariado (financiado pola Dirección Xeral de Voluntariado) e o Proxecto de Vivir na Comunidade (financiado pola Obra Social La Caixa) e que se prevé por en marcha no período anual de 2011.

Memoria Actividades 2010

8

II. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS 2010

� Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (MTAS), Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España (COCEMFE) e AMBAR. Convenio para a financiación das obras do Centro de Recursos Comarcal, con cargo ó programa do IRPF.

� Xunta de Galicia e AMBAR. Contrato de xestión para a reserva e ocupación de prazas no servicio de Centro Ocupacional. 6 de abril de 2010.

� Deputación da Coruña financiación do programa de respiro familiar. � Deputación da Coruña convenio para a financiación do Programa de Vela para Todos. � Consellería de Traballo. Financiación de persoal da Oficina de Igualdade de

Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional. � Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade para o financiamento do programa de

voluntariado do 2010. � Obra Social La Caixa, convenio para a financiación do proxecto Vivir na comunidade. � Concello da Pobra e Consello de Ribeira, financiación de actividades de ocio e tempo. � VISITA DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR: 04/06/2010 Beatriz Mato

Otero visitounos este día, xa que non puido asistir o día da inauguración do centro, para coñecer de cerca o noso centro as actividades que se levan acabo.

Memoria Actividades 2010

9

III. SERVICIOS

� Servicios mancomunados coa COGAMI:

Servicio de emprego para persoas con diversidade funcional: Axudamos a atopar emprego a persoas con diversidade funcional coa atención directa ós traballadores interesados e o asesoramento ás empresas; mediante a formación e orientación laboral para todos, a adaptación do posto de traballo, a creación de enclaves laborais, o mantemento de postos de traballo, os centros especiais de emprego e o autoemprego (Axente do Servicio Galego de Colocación e do Servicio de Intermediación Laboral). Servicio xurídico: Facilitamos información e asesoramento en temas xurídicos e xenéricos. Realización dos actos administrativos. Elaboracións de convenios e contratos de natureza xurídica. Charlas informativas a usuarios e técnicos de lexislación sobre diversidade funcional. Servicio de accesibilidade: Aportamos asistencia técnica e orientación sobre deseño e materiais, informes sobre niveis de accesibilidade en entornos concretos, sobre entornos xa construídos e entornos a construír ou reformar e material de accesibilidade. Servicio de axudas técnicas: - Servimos información e asesoramento específico para cada usuario. - Beneficiamos ós usuarios de axudas Técnicas mediante servicios axeitados a través

dun convenio de colaboración con empresas do sector. - Procuramos recursos para todo tipo de persoas (con diversidade funcional, anciáns,

puericultura, etc.). - Consultoría de proxectos e execución de obras de eliminación de barreiras e adaptación

na vivenda. - Axudas técnicas informáticas para persoas con diversidade funcional severa

(preparación de equipos e outros dispositivos informáticos). Servicio de Información e Asesoramento de pronta resposta:

Mediante este servicio recollemos e damos contestación ás consultas sobre: • Accesibilidade e axudas técnicas • Axudas económicas • Educación e Formación • Movemento Asociativo • Laboral • Xurídico E outras…

� O CENTRO DE RECURSOS DA BARBANZA A principios do 2008 iniciouse o funcionamento do Centro de Recursos co traslado da actividade do ocupacional “Manuel Parada” a este novo centro sito no lugar de Frións (Ribeira). No CENTRO DE RECURSOS DA BARBANZA préstanse diversos servicios ás persoas con diversidade funcional que se canalizan en tres vías: 1ª Formación ocupacional, prelaboral e orientada ó emprego. 2ª Intervención que favoreza a inclusión social e comunitaria. 3ª Intervención Social a través de servicios de información, orientación e asesoramento específicos. Este centro de recursos permite canalizar tódalas actividades e servicios que a asociación desenvolve na comarca.

Memoria Actividades 2010

10

Como resultado primordial esperado pola execución deste proxecto preténdese unha mellora en tódolos ámbitos de vida das persoas con diversidade funcional a través de:

• Aumento da oferta de servicios para persoas con diversidade funcional • Aumentar a participación e integración das persoas do colectivo e das familias • Mellorar os servicios nas zonas rurais • Aumentar a cualificación prelaboral e profesional • Fomentar a inclusión social e laboral • Promover a vida activa das persoas con diversidade funcional na comarca

Os servicios de AMBAR están pensados para atender as cuestións que as persoas con diversidade funcional e súas familias establezan. Os socios dispoñen de vantaxes exclusivas da súa condición e, en xeral, calquera persoa, independentemente da súa condición de socio, pode contactar con AMBAR para trata a súa consulta. Os servicios que se desenrolan no Centro de Recursos da Barbanza son:

� OIGO: Oficina para a Igualdade de Oportunidades das Persoas con

Diversidade Funcional.

A OIGO traballa para fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, desenvolvendo as súas accións dende o marco conceptual do Modelo Social da Diversidade Funcional, así como a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos Humanos das Persoas Con Discapacidade. Entre as actividades que se desenrolan destacan:

- Apoio e información: Xestionamos axuda, acompañamento e tramitación en problemáticas ou necesidades específicas de integración educativa, familiar; tamén ante organismos públicos e privados, a información pode ser ben por correo, telefonicamente ou persoalmente nas oficinas de AMBAR. - Charlas, reunións e encontros familiares. - Grupo de axuda mutua: participado por familias de persoas con diversidade funcional intelectual vinculadas ao centro ocupacional, que ten a finalidade de impulsar fórmulas habitacionais comunitarias na nosa comarca, buscando apoios para dotar dos recursos adecuados ás necesidades asistenciais das familias implicadas. - Formación: Procuramos o necesario para a planificación e organización de todo tipo de cursos para persoas con diversidade funcional: presenciais, a distancia, ocupacionais, prelaborais, técnicos, para adultos, etc... - Actividades de sensibilización: Orientamos sobre prevención, diversidade funcional, voluntariado, socialización da diversidade funcional, apoio, protección xurídica das persoas con diversidade funcional, saúde e hábitos domésticos, nutrición, cambios posturais, etc... Accións de divulgación, participación en feiras e exposicións, en medios de comunicación, difusión activa e outras actividades de sensibilización e documentos informativos. � SERVICIO DE CENTRO OCUPACIONAL AMBAR

O servicio de Centro Ocupacional, funcionando dende o ano 1993 conta actualmente con 45 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual en idade laboral, Nos diferentes talleres que están en funcionamento: Autonomía persoal, Cestería, Encadernación, Artes aplicadas, Horticultura e Abalorios, trabállase cunha metodoloxía baseada na adquisición de aprendizaxes funcionais, cooperativa e motivante fomentando a colaboración e a participación dos usuarios entrenando situacións da vida cotidiana.

Memoria Actividades 2010

11

Entre os obxectivos do Centro Ocupacional AMBAR atópanse: o Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual. o Promove-la integración social e a normalización das persoas con discapacidade

intelectual. o Fomentar actitudes sociais positivas para as persoas con discapacidade intelectual. Os programas a desenvolver seguen os seguintes principios: o Garantir unha atención integral e personalizada a todos e cada un dos usuarios. o Desenvolver, manter ou incrementar e optimizar o funcionamento das súas capacidades

procurando, os mais altos niveis de autonomía persoal. o Procurar o equilibrio emocional e afectivo. o Realizar terapias de habilitación persoal e social. o Ofrecer a asistencia e coidados necesarios a cada usuario. o Procurar un entorno donde conceptos como privacidade, propiedade, seguridade física

e psicolóxica, relacións interpersoais, confianza e estabilidade atopen axeitada protección.

o Prestar información, coordinación, asesoramento e orientación necesaria, aos usuarios e as súas familias.

� SERVICIO DE CENTRO DE DÍA

Neste 2010, no Centro de Recursos da Barbanza comezaron a funcionar 4 prazas de centro de día, co fin de aportar os apoios suficientes as persoas con discapacidade intelectual cuxas necesidades asistenciais requiren de maior extensión e intensidade que as posibilitadas polo modelo de centro ocupacional. Dispoñendo así da atención importante e continuada que precisan, nun recurso adecuado: Os fins do Centro de Día son: o Servicios específicos de apoio preventivo e atención integral a persoas con

discapacidade psíquica gravemente afectadas. Onde o obxectivo sexa fomentar o desenrolo de habilidades do individuo e o mantemento das súas capacidades funcionais, a través de apoios, axudas técnicas e programas individuais, e en definitiva unha mellora na súa calidade de vida.

o Apoio á familia ofrecendo un recurso de respiro familiar e favorecendo o mantemento da

persoa no entorno da súa comunidade e favorecendo a vida no domicilio familiar (AMBAR recibe peticións das familias para a posta en marcha dun servicio de Centro de Día onde as persoas que superan as posibilidades asistenciais dun Centro Ocupacional poidan acceder a servicios propios cunha intensidade de apoio adecuada ao seu perfil de autonomía persoal).

� SERVICIO DE TRANSPORTE ADAPTADO AMBAR dispón de 7 furgonetas adaptadas para o transporte acondicionado dos usuarios do centro ocupacional, de apoio en actividades instrumentais ou aquelas necesidades especificas dos socios e non socios da entidade. A sostibilidade do Servicio de transporte adaptado de AMBAR, entendida como o grao de continuidade dos beneficios que son producidos polo mesmo para os beneficiarios, mantense desde 1994 de forma crecente en canto a medios dispoñibles, debido á progresiva demanda dos usuarios e a diversificación das actividades que a asociación practica. A situación actual de compromiso entre os custes directos derivados deste servicio e o mantemento da calidade e a seguridade do mesmo, no marco de recursos que AMBAR provee á comunidade do Barbanza é significada nun incremento importante de ditos custes directos que teñen repercusión tanto na prestación deste servicio como nos restantes.

Memoria Actividades 2010

12

Os vehículos de AMBAR realizaron no ano 2008, 117.903 Km, no ano 2009 123.762 km e durante o ano 2010 realizáronse un total de 112.682 km, o que significa unha diminución na rodaxe, que vai en consonancia coa posta en funcionamento na comarca do transporte 065, que restou usuarios ó servicio de transporte adaptado da entidade.

Da atención á crecente demanda de asistencias resulta un aumento dos quilómetros percorridos que ten como efecto un correlativo aumento dos custes variables do servicio de transporte (combustible, reparacións e mantemento convencional). Si a estes custes se agrega o aumento xeral dos prezos podemos advertir o complicado escenario no que AMBAR se atopa para despregar os servicios de transporte adaptado nas mellores condicións de seguridade e fiabilidade.

� Servicio de biblioteca e documentación sobre diversidade funcional

Centro de Documentación de Vida Independente posto en marcha coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Foro de Vida Independiente e AMBAR. Fondo bibliográfico de AMBAR, depositado no Centro de Recursos da Barbanza.

Memoria Actividades 2010

13

IV. PROGRAMAS E ACTIVIDADES 2010

1. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

O plan de voluntariado desenrolado por AMBAR establece como obxectivo xeral promover a participación do voluntariado en actividdes que favorezan a inclusión social das persoas con diversidade funcional, mediante a realización de accións de captación e sensibilización de persoas voluntarias, formando un grupo de traballo de voluntariado afín á entidade co fin de proporcionar apoios ás persoas con discapacidade e ás súas familias para favorecer a súa participación na comunidade. O total de voluntarios que participaron no programa de voluntariado neste ano 2010, e o número de beneficiarios das accións son os seguintes: • Nº total de voluntarios/as: 24 • Nº total de usuarios/as beneficiarios:174

2. PROGRAMAS DE AUTONOMÍA PERSOAL E HABILIDADES SOCIAIS.

� Programa de habilidades sociais (HHSS) Trátase dun programa que se imparte no centro de recursos no que se pretende capacitar ós usuarios, para mellorar a súa integración social, nas seguintes HABILIDADES SOCIAIS: A Comunicación verbal e non verbal básicas nas relacións interpersoais , manexo do ocio e tempo libre (elixi-las opcións), uso do diñeiro, medidas de seguridade, prevención de accidentes, consumo, a educación vial, comportamentos cívicos, competencias como cidadáns, etc...

� Programa de actividades da vida diaria (AVD) Trátase dun programa que se imparte no centro no que se pretende capacitar ós usuarios, para mellorar a súa integración social, nas seguintes HABILIDADES DA VIDA DIARIA: aseo e hixiene persoal, vestirse, espirse, realización de tarefas domésticas, limpeza da casa, etc... � Ximnasia de mantemento. programa de ximnasia de mantemento dirixido a persoas con diferentes tipos de diversidade funcional, realizado co propósito de prevención da morbilidade. actividade encadrada no programa de Respiro Familiar, Ximnasia de Mantemento para os usuari@s do centro ocupacional, para os usuarios de Ribeira/Pobra lévase a cabo no ximnasio Natural Sport de Ribeira, impartida por una monitora especializada en aeróbic, pilates e ciclismo indoor. E para os de Rianxo/Boiro/Pobra no polideportivo de Espiñeira e impartida por técnicos titulados en INEF. � Natación Terapéutica Programa realizado co propósito de prevención da morbilidade. O programa levouse a cabo no Polideportivo da Fieiteira en Ribeira, dende principios de ano ata o 8 de xuño (vacacións) Retomarase despois do verán. � Estimulación Psicomotriz. Programa realizado co propósito de prevención da morbilidade. O programa levouse a cabo os luns e os martes durante todo o ano no ximnasio do centro de recursos da Asociación e foi dirixido a persoas con diferentes tipos de diversidade funcional. Os grupos que asistían a este programa facíano alternándoo co de natación. Puntualmente tamén se organizaron camiñatas ó aire libre, actividades nos parques biosaudables de Pedra Pateira e Coroso, e se realizaron saídas ós polideportivos de Artes e Sirves para realizar xogos pre-deportivos e deportes como o futbol e baloncesto.

Memoria Actividades 2010

14

3. PROGRAMA DE VELA PARA TODOS

VELA PARA TODOS é un proxecto que ten como finalidade posibilitar que as persoas con diversidade funcional poidan realizar actividades náuticas de modo inclusivo nun contexto lúdico e deportivo, procurando a visibilización e participación social, que contribúa a cambiar as percepcións propias e alleas no seo da comunidade. Dende a Asociación AMBAR preténdese contribuír a desmontar prexuízos como que a navegación a vela é unha actividade e deporte que as persoas con algún tipo de diversidade funcional non poden practicar, posibilitando que persoas de calquera idade e diversidade funcional teñan acceso á actividade da vela dunha maneira fácil, recreativa e económica, navegando nun entorno seguro, didáctico e normalizado. Trátase dun proxecto inclusivo que AMBAR promove, dirixindo as accións de difusión, execución e valoración das actividades a desenrolar, centradas nas instalacións deportivas dun clube náutico, utilizando complementariamente outros espazos culturais, deportivos e naturais da Comarca da Barbanza. O programa vense desenrolase regularmente tódolos sábados, mañá e tarde no clube Náutico de Ribeira dende o verán de 2007

� I Campeonato Galego de Vela Adaptada. 13 e 14 de marzo, disputouse en aguas de A Coruña e foi organizado polo Real Club Náutico da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Deportes de Minusvalidos Físicos (FGDMF) e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia. No evento reuníronse participantes de varias clases diferentes de embarcacións adaptadas (2.4mr, Access 303, Yatland 460 e Raquero Adaptado). O número de participantes foi de 30 personas pertencentes a 6 clubes galegos. Na modalidade Raquero a tripulación vencedora foi do RCN de la Coruña; Carmen Gomez, Marifé Álvarez y Curro Jiménez; en 2.4mr a victoria foi para o navegante do Club de Vela Escota de Vigo, Antonio Figueroa, en Access gañaron os regatistas do RCN da Coruña, Javier Mouriño e David Rivera, e por último en Yatland 460 o vencedor foi Jesús Pombo, da Fundación María José Jove. A xornada do sábado presentouse chuviosa e desagradable disputándose varias mangas de clasificación. Para o domingo, o tempo deu un respiro e pudieron saír tódalas clases a competir, e aínda que en ocasións o vento subíu con intensidade, non houbo que reseñar incidentes importantes. Dende o programa Vela para Todos de Riveira, participaron na xornda do domingo dúas tripulacións, Lisardo Calo e Domingo Ruíz, e Carlos Fernández e Sergio Pouso, en sendos barcos Access 3.03, destacando os deportistas de Riveira a boa organización e o papel deportivo que conseguiron. Esta é a primeira ocasión na que se organiza en Galicia unha proba deportiva en clase Access, unha embarcación de recoñecido prestixio internacional pola que o Programa Vela para Todos apostou dende o inicio, e que cada ano está a sumar novas incorporacións que van conformando unha pequena frota de barcos e deportistas en Galicia, unha das máis importantes de España nestes momentos.

� Gala do Deporte do concello de Ribeira. 18 de abril.- Asistencia de varios

representantes de AMBAR á gala do deporte do concello de Ribeira, onde Lisardo Calo e Serafín Cadaval participantes do programa recibiron un premio.

� II Regata De Vela Adaptada. Os días 18, 19 e 20 de xuño, disputouse na

bahía Coruñesa a segunda Regata de Vela Adaptada da Fundación María José Jove, a única competición destas características que se celebra en Galicia. A regata, na que participaron unha vintena de regatistas procedentes de distintos puntos da comunidade galega estivo reservada a embarcacións da clase Yatlant 460, que foron aportadas pola propia institución. A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos, representado polo seu

Memoria Actividades 2010

15

regatista máis destacado, Serafín Cadaval. A vencedora da regata, Sonia García Erías, do equipo da Fundación María José Jove recibiu o trofeo de mans da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato. O cadro de gañadores complétano Serafín Cadaval Santos, do Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, que ocupou o segundo posto; Jesús Pombo Gómez, da Fundación María José Jove, que se alzou no terceiro lugar; e Manuel Brage Vila, do Real Clube Náutico da Coruña, que se fixo co cuarto lugar.A final da competición decidiuse ó mellor de cuatro probas e foi moi disputada e igualada, pois o primeiro puesto, polo que competía o noso regatista Serafín Cadaval, non se decidiu ata a última manga para romper un triple empate de sete puntos no último pase de boia.

� Camiño Náutico Xacobeo Para Todos 2010. Esta actividade preparouse co fin de ralizar a Ruta marítimo-fluvial pola Ría de Arousa, facendo o deseño da mesma en tres etapas, as dúas primeitas en barco pola Ría de Arousa e o tramo navegable do Río Ulla, completando a Ruta cunha terceira etapa a pe polo Camiño Portugués, dende Pontecesures a Santiago. Finalmente, debido ás inclemencias meterolóxicas só se puido completar a 1ª etapa preparatoria Riveira-Pobra realizada o 11 de setembro, polo que a actividade quedou posposta para o próximo exercicio.

� Este ano ademais contouse coa participación da Asociación Vontade, a Asociación Íntegro e a Asociación Sagres.

4. PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR Asociación AMBAR desenrolou durante este ano o Programa de Respiro Familiar o cal xurdeu pola demanda das familias de respiro familiar para alixeirar a tensión, o stress e a monotonía e sedentarismo que padecen os usuarios en fin de semana. As actividades centráronse en actividades de ximnasia de mantemento, xornadas deportivas e saídas e visitas a distintos puntos de interese da comunidade, contribuíndo ó fomento da inclusión social das persoas con diversidade funcional que participaron no programa, tratando de combatir a monotonía, a inactividade e o sedentarismo das persoas, evitando así as consecuencias negativas derivadas do mesmo. A actividade de ximnasia de mantemento realizouse tódolos sábados dende o 7 de marzo, realizandose simultáneamente no ximnasio Natural Sport de Ribeira, impartida por una monitora especializada en aeróbic, pilates e ciclismo Indor e no Polideportivo de Espiñeira de Boiro e dirixida por profesionais especializados nesta área. A avaliación entendeuse como unha parte de todo o proceso, serviu para comprobar si se acadaron os obxectivos, así como a marcha axeitada do proceso. Desta forma e atendendo ós intereses dos participantes e os seus familiares, prantexouse a actividade de ximnasia de mantemento como unha actividade regular que proporciona beneficios para a saúde tanto física como psíquica das persoas. Tívose en conta o nivel de interese e implicación dos usuarios no programa, e na avaliación final: a participación, o interés e o grado de consecución dos obxectivos.

INDICADORES DOS OBXECTIVOS ACADADOS - Proporcionouse respiro familiar ás familias dos usuarios nun 100% dos

participantes. - Leváronse a cabo as actividades de ocio e tempo libre tódolos fins de semana

incluidos dentro do programa - A participación en actividades de ocio e tempo libre foi dun 95%. - O 100% das actividades programadas realizáronse dentro do entorno social da nosa

comunidade. - Atendéronse ás necesidades e intereses dos participantes e como consecuencia

propuxéronse novas actividades.

Memoria Actividades 2010

16

5. PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE O fin do programa é promover a participación das persoas con diversidade funcional en actividades de ocio e tempo libre, favorecendo a súa inclusión na comunidade.

� Romaría de San Alberto.- 12 de abril. Usuarios e monitores do centro ocupacional e de día desprazáronse ata a capela de san Alberto , andando dende o punto limpo, unha vez alí, merendamos, e algúns dos usuarios asistiron a igresa a ecoitar a misa. Todos cambiamos a tella, (tiramos tres tellas as cales teñen que quedar dentro do marco dunha ventana).

� Teatro auditorio.- 15 de abril. Asistimos todos os usuario a unha obra de teatro respresentada no auditorío municipal de Ribeira.

� Representación de Títeres no auditorío.- 23 de abril. Asistimos todos os usuario a unha representación de títeres no auditorío de Riveira

� Saída á praia de Coroso – 29 de abril. Todos os usuarios e monitores realizamos unha pequena camiñata dende o Club naútico de Ribeira ata o parque biosaudable en Coroso. Unha vez alí merendamos, exercitámonos no parque biosaudable, e fixemos diversos xogos na praia.

� Saída á praia de Coroso – 21 de maio. Exercitámonos na praia con xogos, ó remate destes un grupo quedou na praia a tomar o sol, e estivo na zona sombreada realizando xogos de mesa.

� Campamento de Verán.- Do 07 ó 11 de xuño, están orientadas á convivencia entre persoas con diferentes tipos de diversidade funcional e sen diversidade funcional, ó fomento da solidariedade e á integración, así como ó desenvolvemento persoal e autónomo nun entorno non habitual. Foron levadas a cabo no albergue Gandarío, Sada (A Coruña) e contaron coa asistencia de 42 usuarios e 8 monitores.

� Festival Natural Sport. 19 de xuño. Os usuarios que asisten ás actividades de respiro familiar os sábados, no natural Sport, participarón na representación dunha coreografia que se representou no poli da fieiteira com motivo do festival anual que realiza o ximnasio natural sport.

� Xornada Deporte para Todos no IES nº1. 23 xuño. Membros de AMBAR acudiron a estes actos de clausura do curso escolar para participar en xogos deportivos e cooperativos dos alumnos do IES, ademáis de asistir a un concerto do alumnado.

� Campus Deportivo Pobra. 28 xuño a 9 xullo. AMBAR participou en competicións de fútbol, xogos na praia e na piscina municipal e varios deportes no polideportivo con escolares da Pobra do Caramiñal. Tamén se foi a Abegondo a ver adestrar ós xogadores do Deportivo, cos cales se puideron sacar fotos.

� Actividad Praia Coroso. 29 de xuño. Todos os usuarios e monitores realizamos unha pequena camiñata . Unha vez alí merendamos, exercitámonos no parque biosaudable, e fixemos diversos xogos na praia.

� Xornada Deportiva con ADISBISMUR. 8 de xullo. Como tódolos anos os integrantes da Asociación Adisbismur acercáronse ata Ribeira, para celebrar a competición de baloncesto no Polideportivo de Artes, nesta volta gañaron a asociación de Muros, unha vez finalizado o partido fíxose un torneo de tiros libres e procedeuse á entrega de trofeos e medallas. A xornada rematou cun xantar de convivencia no merendeiro de Coroso e unha tarde na praia.

� Saída ás Festas do Carmen de Aguiño. 16 de xullo. Con motivo do día do Carmen os usuarios do Centro desplazámonos a Aguiño. Este ano paseamos polo porto de Aguiño, visitando os barcos, e o entorno, e finalizamos a actividade realizando xogos no campo de fútbol de Aguiño. O remate observamos a procesión.

� Saída á praia. 23 xullo. Empezamos a actividade con unha pequena camiñata pola praia. A mediodía realizamos un xantar conxunto e tomamos xeado.

� Festa do Verán.- 29 de xullo. Para celebrar o fin de curso no Centro de Recursos, os usuarios e monitores fixeron unha saída a Ribeira, tomando un tentempé no Bar Plaza. Posteriormente desprazáronse ata o merendeiro de

Memoria Actividades 2010

17

Couso onde disfrutamos dunha churrascada. Nesta xornada contamos coa presencia do músico e actor Toñito de Poi.

� Xacobeo 2010 – 20 de setembro. Con motivo do ano Santo usuarios e socios da entidade desprazáronse ata Santiago para visitar a Catedral e asistir a unha misa, comemos no restaurante Los Robles e pola tarde paseamos pola zona vella e alameda. A viaxe realizouse en 1 autobús e 1 furgoneta adaptada de Ambar.

� Obra de Teatro Auditorio: Os Vellos Non Deben Namorarse.-08 de outubro. Representouse no Auditorio Municipal de Riveira a obra de teatro OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, a cargo do grupo de teatro AIRIÑOS. Esta representación estibo enmarcada dentro do Programa de Ocio e Tempo Libre da Asociación AMBAR, e financiada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

� Exposición Auditorio Muller.- 26 de outubro. A concelleira de cultura do concello de Riveira invitounos a visitar unha exposición sobre fotografías de mulleres.

� Xornada Deportiva coa Asociación ADISBISMUR – 23 de novembro. Nova xornada de convivencia con Adisbismur no polideportivo de Serra de Outes. Realizouse unha competición de baloncesto e comida de confraternidade.

6. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

� Talleres Prelaborais e Ocupacionais Actualmente o Centro Ocupacional, dá ocupación a 48 usuarios con diversidade funcional intelectual en idade laboral, nos diferentes talleres ocupacionais e de axuste persoal e social para con diversidade funcional intelectual: - Taller de cestería. - Taller de encadernación. - Taller de abalorios. - Taller de artes plástica. - Taller de horticultura.

� Curso de Alfabetización de Adultos

Estes cursos de alfabetización teñen como obxectivo preparar ós usuarios dos mesmos para a obtención do graduado escolar e para axudar a aqueles que non poidan acceder ó título a practicar o que xa saben e ampliar coñecementos. O curso de alfabetización de adultos realizouse no novo centro de recursos da asociación durante todo 2010.

� Taller de alimentación 21 de abril.- Usuarios do centro ocupacional crearon un posto de alimentación referente ó grupo alimenticio correspondente dentro da pirámide da alimentación .Ó finalizar a decoración cada posto elaborou un prato cos ingredientes principais do seu grupo alimenticio.

� Xornadas como elaborar un Curriculum Vitae. O 22 e 25 de xuño, un total de 15 alumnos con diversidade funcional intelectual participaron nesta xornada formativa impartida por persoal do Pacto territorial para o emprego Barbanza-Noia.

� Curso de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio Do 14 de xullo ó 30 de novembro no Centro de Recursos da Barbanza impartiuse o curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Trátouse dun curso de 625 horas enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Neste curso ofreceuse unha visión completamente positiva e humana, máis aló do simple asistencialismo, pretendendo potenciar a participación da persoa en situación de dependencia, baseándose nas características propias e inherentes a cada individuo. Partimos dun obxectivo claro en canto á inclusión das persoas no seu medio, normalizando

Memoria Actividades 2010

18

as situacións para facer a vida tan normal como sexa posible, fomentando e afianzando aquelas capacidades que posúe a persoa e ofrecendo unha resposta concreta ante situacións de necesidade ou déficit. AMBAR espera que esta acción formativa redunde en beneficio dos alumnos, (traballadores e traballadoras) e por conseguinte na súa competencia profesional á hora de prestar os apoios pertinentes ás persoas dependentes que precisen dos seus servicios, fomentando a posibilidade de que poidan continuar vivindo no seu fogar coa suficiente autonomía mentres sexa posible e conveniente. O curso constou dos seguintes módulos formativos :

o Hixiene e atención sanitaria domiciliaria o Atención e apoio psicosocial domiciliario o Apoio domiciliario e alimentación familiar o Prácticas profesionais non laborais

Ademáis impartíronse dous módulos de formación transversal: Inserción laboral: técnicas de busca de emprego e Fomación para a igualdade.

� Curso como afrontar unha entrevista de traballo.

O 19 de outubro, un total de 15 alumnos con diversidade funcional intelectual participaron nesta xornada formativa impartida por persoal do Pacto territorial para o emprego Barbanza-Noia.

7. DIVULGACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOCIAL

� Xornadas Sobre Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na Primeira Infancia

O 19 de Febreiro celebrouse esta xornada dirixida á pais e profesionais do eido educativo. Con esta xornada pretendiamos acercar a experiencia de pais e nais que levan un longo recorrido loitando porque os seus fillos teñan garantizado o cumprimento dos dereitos recollidos na Convención da ONU sobre os Dereitos das personas con disCapacidade, e a labor de profesionais que diariamente traballan con nenos con necesidades educativas especiais e que desenvolven a súa ocupación baixo a óptica da inclusión, a igualdade de oportunidades e o empoderamento das persoas con diversidade funcional. O acto tivo lugar no Centro de Recursos do Barbanza e para a apertura do mesmo contouse coa presenza da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño Rey, quen deu paso as testemuñas de Esther Cuadrado, Mónica Sumay e Cecilio García, os cales dende a súa propia experiencia, analizaron as necesidades familiares ás que se enfrontan os pais e familiares de menores con algún tipo de diversidade. A continuación, a presidenta da Asociación BATA, Carmen Márquez e a pedagoga Mº Cruz da Silva, achegaron diferentes propostas encamiñadas cara a inclusión dos menores. Finalmente, a presidenta da Asociación AMBAR, Milagros Rey Pérez e o representante do Foro de Vida Independente, Toño Nóvoa Romay encargaranse de poñer peche ao acto.

� Cinefórum “NADA SOBRE NOS SEN NOS” No cinefórum NADA SOBRE NÓS SEN NÓS, que tivo lugar o 13 de novembro, desde as 19.00 no Espazo Leña Verde do Concello de Boiro, colaboraron o Departamento de Cultura deste concello, o Foro de Vida Independente e Lapepa Producións. Este evento inscríbese no marco das Xornadas do Audiovisual ACCIÓN. A Asociación AMBAR organizou un cineforum, que na súa primeira edición, proxectou o documental 'Voar', que recolle as historias de vida de catro persoas con diversidade funcional, co fin de incidir na importancia da asistencia persoal como ferramenta social para a cidadanía e as novas perspectivas sobre a autonomía persoal e a vida independente dentro da comunidade, entre outros aspectos. Tamén se proxectou a curtametraxe 'O pantallazo', que recolle a intervención dun grupo de cidadáns manifestándose sobre “os efectos da burocracia infinita sobre as vidas das persoas”.

Memoria Actividades 2010

19

Durante a presentación, a presidenta de AMBAR, Milagres Rey, dixo que as persoas con diversidade funcional e os anciáns “poden e deben vivir incluídos dentro dos nosos pobos, para o que precisan de apoios adecuados ás súas necesidades” e explicou que o obxectivo do cineforum é explicar e reflexionar sobre os instrumentos que mellor se poden utilizar na nosa comarca para “que ninguén se vexa apartado da vida na comunidade”. No evento estiveron presentes os alcaldes de Boiro e Pobra, Xosé Deira e Isaac Maceiras, o concelleiro de cultura de Boiro, Xerardo Piñeiro, e as concelleiras de asuntos sociais, Natalia Laíño e Balvina Lojo. Entre os asistentes había diversas persoas que acudiron dos distintos puntos da comarca barbancesa e de Pontevedra. Tras as proxeccións tivo lugar un interesante e vivo coloquio, no que tanto autoridades como público participaron con entusiasmo, percorrendo diversos temas relacionados cos contidos da mostra, explorando desde os anecdotarios persoais ata as políticas públicas e os recursos destinados á promoción da autonomía en diversos contextos e ámbitos, accesibilidade, vivenda, transporte, etc. A exitosa xornada prolongouse ata pasadas as 21.00 horas.

� Xornadas “Vivir en diversidade”

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, iniciamos o ciclo de xornadas nomeadas VIVIR EN DIVERSIDADE, e destinadas a alumnos de educación secundaria da comarca, quen ó longo de todo o ano compartirán unha xornada lectiva cos usuarios de AMBAR realizando actividades propias do centro ocupacional. Ademáis o 3 de decembro, o día propio fixemos a lectura dun manifesto sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional que socios de AMBAR deron lectura en preseza de técnicos e políticos do eido dos servicios sociais.

� Foro Mundial de Educación 2010

A asociacin AMBAR participou no Foro Mundial de Educación 2010 que se celebrou en Santiago de Compostela no mes de decembro colaborando no programa da "Declaración Mundial da Contribución con Discapacidade a unha Cultura de Paz". AMBAR contribuiu a esta iniciativa cunha obra producida no Taller de Arte Insólito, que ven funcionando dende 2005. Trátase dunha escultura titulada "Silla In-Visible" que será foi instalada na facultade de ciencias da comunicación da Universidade de Santiago, onde se celebraron os plenarios de dito foro. Para a producción desta obra contouse coa colaboración da empresa Cartogal, quen facilitou o material para a elaboración da mesma. AMBAR tamén colaborou nas mesas temáticas da declaración mundial mediante unha intervención realizada por Olaia Pérez (socia de AMBAR) e Alicia Romero (educadora social da entidade). Ademáis de deseñar o logotipo que identifica a declaración. Antes de realizar a instalación final na facultade de ciencias da comunicación realizouse a presentación da obra na comarca o 10 de decembro no Centro de Recursos da Barbanza.

� XIII Concurso de Debuxo de nadal

En colaboración co Centro Sociocomunitario do Benestar da Pobra do Caramiñal, organizamos o “XIII Concurso de Debuxo”, co tema “O Nadal”. Neste concurso contamos coa participación de numerosas persoas con diversidade funcional. O premio principal consiste na edición e publicación do debuxo gañador como motivo da tarxeta de felicitación do Nadal que a Asociación AMBAR e o Centro Sociocomunitario do Benestar da Xunta de Galicia difunden nesas datas. O 29 de novembro seleccionaronse os debuxos gañadores e o 27 de decembro procedeuse á entrega dos tres premios económicos

� Celebración de días conmemorativos

1. Día da Paz e a non violencia– 29 de Xaneiro. Os usuari@s do Centro Ocupacional AMBAR celebraron este día coa confección dun mural cunha gran árbore da paz na que escribiron palabras e frases relativas á paz e á non vilolencia e da que colgaron pombas brancas...

Memoria Actividades 2010

20

2. San Valentín – 14 de febreiro. Neste día varios profesionais do centro disfrazáronse de cupidos co cometido de facer entrega das cartas depositadas no buzón decorado para a ocasión coa finalidade de facer chegar as expresións de cariño e amizade a tódolos usuarios.

3. Festa de Antroido – 15 de febreiro. Os usuari@s disfrazáronse por grupos para realizar un concurso de disfraces onde tamén se valoraban as comparsas e o baile, o premio ó mellor disfraz foi para o grupo dos vampiros e o premio ó mellor maquillaxe levarono os Frankensteins. Tamén se seleccionou un rei e raíña do carnaval. Durante o día elaboráronse e degustáronse rosquillas típicas destas datas e realizouse unha comida conxunta no centro

4. Día da muller traballadora.- 8 de marzo. Acto simbólico celebrado no exterior do centro de recursos, sito no lugar de Frións, no que estiveron varias socias da entidade e no que se exhibiu unha pancarta confeccionada para a ocasión e se procedeu á lectura dun manifesto en favor da igualdade das mulleres con diversidade funcional. Tamén participou neste acto unha representante das amas de casa de Ribeira.

5. Día da Árbore – 17 de marzo. Actividades organizadas polo concello de Ribeira e as que os usuarios do centro acudiron con alumnos dos colexios do concello, asistencia a unha charla e a unha proxección audiovisual, plantación de castiñeiros, xogos e actividades educativas e xantar de convivencia no que tamén participaron cinco asociacións da terceira idade.

6. Día do Pai– 18 de marzo. Realización de tarxetas de felicitación confecciónadas polos usuarios do Centro Ocupacional.

7. Aniversario da Residencia do Maior de Ribeira. 24 de marzo. 10 usuarios e dúas monitoras visitaron pola mañá á residencia do maior de Ribeira para realizar diversas actividades enmarcadas no aniversario da mesma.

8. Gravación TVG: 08 de abril. A TVG desprazouse ata o Centro de Recursos da Barbanza para gravar unha reportaxe sobre as actividades que se realizan no centro.

9. Aniversario do Centro de Día de Porto do Son. 9 de abril: Asistencia ós actos conmemorativos do 2º aniversario do centro de día de porto do Son

10. Día da Nai.- 30 de abril. Os usuarios do centro ocupacional elaboraron un ramillete de flores con unha pequena maceta para obsequiar as súas respectivas nais ou coidadoras.

11. .Día das Letras Galegas- 14 de maio. No centro ocupacional elaborouse un mural, conmemorativo e douse unha pequena charla sobre o autor homenaxeado. Despoís do recreo organizáronse un xogo relacionado con este día ( xogo do abecedarío).

12. Día Internacional das Familias- 19 de maio. Explicación do día, creación dunha árbore xenialóxica con todos os compoñentes do centro (usuarios e traballadores), proxección dunha película relacionada co tema.

13. San Xoan- 24 de xuño. Para celebrar este día realizáronse xogos populares, preparouse unha queimada (con fruta e refrescos), e asaronse sardiñas.

14. 25 Aniversario do Centro Sociocomunitario de A Pobra.- 6 de xullo. Os usuarios do Centro Ocupacional invitados polo centro sociocomunitario participaron en distintos xogos tradicionais e elaboraron un colaxe e un mural que representaba o edificio.

15. Día do mar- 28 de setembro. No club náutico de Ribeira celebramos o día do mar, realizando unha pequena camiñata pólo clube, observando as instalación e as vistas, e para rematar este dia, os usuários e monitores que participaron nunha xornada de vela cos access dos que dispón a entidade. Os compañeiros que participan habitualmente no Programa Vela para Todos explicaron ó resto dos usuarios as partes do barco e a sua utilidade.

16. Aniversario Cogami.-15 de outubro. Polo 20 aniversario da Confederación de Persoas con Discapacidade- COGAMI, tódolos usuarios e traballadores, asistimos no palacio de congresos en Santiago ós actos de celebración organizados con tal motivo.

17. Celebración do Samaín- 29 de outubro. Celebración do Samaín no Centro Ocupacional con diversas actividades: decoración do centro, xogo da búsqueda da pantasma, e sesión de historias de medos.

Memoria Actividades 2010

21

18. Celebración do Magosto – 05 novembro. Celebración do Magosto no Centro Ocupacional con diversas actividades: facer os cucuruchos, pelar as castañas, asalas, comelas, e xogos populares .

19. Día internacional da infancia.- 19 de novembro. Participamos nos actos de conmemoración do Día Internacional dos dereitos do neno organizados polo concello de Ribeira: desfile con pancartas dende o palco da música do malecón ata a praza do concello, onde se leron os dereitos dos nenos e un manifesto.

20. Día das Persoas con Diversidade Funcional – 3 de decembro.- Con motivo deste día contamos coa visita de técnicos e concelleiros de servicios sociais dos concellos e orientadores e mestres dos centros educativos da zona, quenes presenciaron a lectura dun manifesto reivindicativo a cargo de varios socios e entrega ós alcaldes da comarca de axendas conmemorativas deste día feitas no taller de encadernación.

21. Xornada festiva de Nadal – 22 de decembro. Como tódolos anos realizamos unha comida no centro cos doces típicos e rematamos a xornada con música e baile.

22. Festa de fin de ano.- 29 de decembro.- xornada de celebración de fin de ano cunha sesión de discoteca na TONOS de Boiro con merenda e desfile de moda incluídos.

Memoria Actividades 2010

22

V. AMBAR NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN A asociación AMBAR foi mencionada en múltiples ocasións nos medios de comunicación durante o ano 2010, xa fose por recibir axudas, firmar convenios, ou pola realización de actividades, etc... A Televisión de Galicia emitiu unha reportaxe realizada no Centro de Recursos da Barbanza sobre as actividades que se realizan no centro, posteriormente tamén se realizou unha gravación do Programa de Vela. Algunhas das notas de prensa máis relevantes aparecidas na prensa local durante o 2010 e, que tamén tiveron difusión nas cadeas de televisión TVSalnés e TeleBarbanza, son as seguintes: VISITAS Data Xornal Titular 01-04-2010 La Voz de Galicia Ruiz Rivas visitó el centro de la asociación Ambar y transmitirá a la

Xunta sus demandas. 01-04-2010 Diario de Arousa Ámbar habilita un comedor para que su centro ocupacional

funcione todo el día. 04-06-2010 CERTO.ES O investimento da Xunta no plan de cooperación de Ribeira

permitiu este ano contratar ao dobre de traballadores que en 2009. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tamén visitou hoxe o centro ocupacional de Amicos e o centro de día para persoas con discapacidade de Ámbar.

05-06-2010 El Correo Gallego Visitas maratonianas de Beatriz Mato en Ribeira y Boiro. 05-06-2010 La Voz de Galicia Beatriz Mato agradece la labor solidaria y el trabajo de Amicos y

Ambar. 05-06-2010 La Voz de Galicia La Xunta pone como ejemplo de buen hacer a los colectivos

ribeirenses Amicos y Ambar. 05-06-2010 Diario de Arousa Digital Xosé Deira reclama la ayuda de Beatriz Mato para la recuperación

del Pazo de Goiáns. RELACIONADAS CON MEMBROS DA ASOCIACIÓN Data Xornal Titular 23-01-2010 La Voz de Galicia Sin un apoyo decidido de las administraciones es imposible salir

de esta situación2. 20-02-2010 La Voz de Galicia A loita do colectivo con diversidade funcional consume moita

enerxía Barbanceses no seu rincón: Milagros Rey. 29-06-2010 Diario de Arousa Serafín cadaval, de Ambar, logra la segunda plaza en A Coruña.. 03-12-2010 La Voz de Galicia A pie de Calle Alicia Romero ARTIGOS VARIOS Data Xornal Titular 12-01-2010 El Correo Gallego Nace o Centro de Documentación Para a Vida Independente. 23-01-2010 La Voz de Galicia La inserción en el mercado laboral continúa siendo el talón de

Aquiles.

01-06-2010 La Voz de Galicia Desde fora – o Liceo Pueblense.

2 Entrevista a Milagros Rey

Memoria Actividades 2010

23

ACTIVIDADES EXTERNAS NAS QUE PARTICIPOU A ASOCIACIÓN OU OS SEUS MEMBROS Data Xornal Titular 17-03-2010 La Voz de Galicia Más de 350 niños de Ribeira participan en un programa de

sensibilización ambiental. 18-03-2010 La Voz de Galicia Oxigenando el pulmón ribeirense. 21-03-2010 La Voz de Galicia Destacada participación ribeirense en la prueba gallega de vela

adaptada que se celebró en aguas de A Coruña. 24-03-2010 La Voz de Galicia La Residencia del Mayor ribeirense conmemora el octavo

aniversario de su apertura. 25-03-2010 La Voz de Galicia Aniversario con sonrisas en la residencia de Ribeira. 25-03-2010 La Voz de Galicia Una mañana para compartir entre jóvenes y mayores. 06-05-2010 La Voz de Galicia La organización de la Mostra das Culturas 2010 reunió a más de

treinta colectivos en Boiro. 21-06-2010 El Ideal Gallego Beatriz mato preside la entrega de premios de la Regata de Vela

Adaptada3. 21-06-2010 La Opinión de A Coruña Una joven de Sada gana la regata de vela adaptada4 25-06-2010 El Correo Gallego Clausura “musical” en el IES. Número 1. 02-07-2010 Diario de Arousa La Mostra das Culturas se consolida dentro del programa festivo. 07-07-2010 La Voz de Galicia Miembros de Ambar mostraron sus dotes de artistas en A Pobra. 07-07-2010 La Voz de Galicia Juegos y arte encandilaron a los miembros de Ambar. 16-07-2010 La Voz de Galicia El Centro Sociocomunitario Pobrense festeja su 25 aniversario. 16-09-2010 Certo.es Ámbar Completou a preparación do Camiño Náutico Xacobeo para

todos 2010. 17-09-2010 La Voz de Galicia AMBAR combinará la vela y una caminata para ir hasta Santiago. 05-11-2010 Certo O Festival Acción 2010 será na vindeira fin de semana, do 12 ao

14 de novembro. 9-11-2010 La Voz de Galicia La inmigración se cuela en el programa del Festival Acción. 11-11-2010 La Voz de Galicia Otra visión de la inmigración a través de la gran pantalla. 13-11-2010 La Voz de Galicia Festival Acción. 18-11-2010 Diario de Arousa Mil escolares participarán mañana en los actos del Día

Internacional de la Infancia. 24-11-2010 El Correo Gallego Colectivos del Área apuestan por la integración de discapacitados

3 Serafin Cadaval. Programa Vela para todos 4 Serafin Cadaval. Programa Vela para todos

Memoria Actividades 2010

24

ACTIVIDADES Data Xornal Titular 18-02-2010 Certo.es Ambar organiza unha xornada este venres 19 de febreiro sobre

inclusión educativa e diversidade funcional.

01-03-2010 Certo.es Acto de Ambar Conmemoración do día da muller traballadora.

06-03-2010 La Voz de Galicia El Día de La Mujer Trabajadora motiva la organización de actos en los concellos de Barbanza.

09-03-2010 La Voz de Galicia Un día escrito en femenino singular.

13-06-2010 La Voz de Galicia Anuncio de Curso de Atención Socio Sanitaria a Persoas no domicilio.

13-06-2010 El Correo Gallego Ambar Acoge un curso de atención Socio Sanitaria.

08-07-2010 La Voz de Galicia Partido de baloncesto entre os equipos de Adisbismur e Ambar.

13-07-2010 El correo Gallego Discapacitados de estreno en Negreira y viaje desde muros.

01-08-2010 Certo.es Ámbar celebrou a súa Festa do Verán con Tonhito de Poi como invitado de honra.

7-10-2010 La Voz de Galicia El teatro vuelve a pisar fuerte con cuatro obras en cartel.

16-11-2010 La Voz de Galicia Ambar dá salto á gran pantalla.

16-112010 Certo O Cinefórum de Ámbar En Acción incidiu sobre a promoción da Autonomía Persoal.

26-11-2010 Certo Ambar organiza as xornadas “Vivir en Diversidade” para conmemorar o Día Das Persoas con Diversidade Funcional.

01-12-2010 La Voz de Galicia Barbanza loita pola integración.

04-12-2010 El Correo Gallego Rianxo celebra el Día de la Discapacidad eliminando barreras.

5-12-2010 Diario de Arousa Ambar con los Alcaldes.

06-12-2010 Certo Ambar celebrou o Día das Persoas con Diversidade Funcional.

11-12-2010 La Voz de Galicia A cara reivindicativa da Arte.

27-12-2010 Certo Ambar celebrou a entrega de premios do Concurso de Debuxo por Nadal.

28-12-2010 Diario De Arousa Presentados más de cuarenta trabajos al Concurso de Dibujo de Navidad de Ambar.

30-12-2010 La Voz de Galicia Doce horas de Festa en Ambar. Sección COSAS DE LA GENTE de La voz de Galicia Data Motivo 27-02-2010 Xornadas Sobre Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na Primeira Infancia. 13-04-2010 Asistencia de varios membros de Ambar ó 2º aniversario do Centro de Día de Porto Son. 18-04-2010 Premios para Serafín e Lisardo na Gala do Deporte de Ribeira. 13-07-2010 Xornada deportiva con Adisbismur en Ribeira. 05-08-2010 Comida de fin de curso en Couso.