21
COORDINADORA: MARIÑA PÉREZ REI MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLO EDLG DO IES EDUARDO PONDAL SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 2018-19

MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

COORDINADORA: MARIÑA PÉREZ REI

MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES

REALIZADAS

MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA

DAS ACTIVIDADES REALIZADAS

POLO EDLG

DO IES EDUARDO PONDAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO 2018-19

Page 2: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

1.- Recursos dixitais:

1.1 Pantalla dixital

Na entrada do centro, a pantalla dixital recolle actos e celebracións que se foron realizando

durante o curso escolar para manter informada a toda a comunidade educativa.

1.2.- Blog do Equipo de Dinamización

Page 3: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Desde o Equipo de Dinamización creamos un blog para darlle visibilidade ás acciónsencamiñadas ao uso do galego e colgamos na rede as principais actividades deseñadas.

Tamén nos serve como punto de información para que o alumnado coñeza o noso grupo detraballo e se anime a colaborar en cursos vindeiros.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardopondal/taxonomy/term/99

1.3 Correo corporativo

A través do correo corporativo do IES Pondal establécese comunicación directa con toda acomunidade educativa, tanto profesorado coma alumnado e pais. Utilizouse basicamente paraenviar comunicacións, avisos, fotos das actividades realizadas ou contos e poemas en galego.

2.- CALENDARIOS

2.1.- Calendario mensual

O EDLG elaborou mensualmente un calendario para colgar nos taboleiros das clases e paradistribuír entre o profesorado ou persoal non docente.

O calendario de cada mes levaba inserido un refrán ou un dito popular en galego así coma asprincipais festividades.

Serviu como axuda para fixar as datas de exames, excursións ou eventos variados.

O calendario levaba o logo do Equipo do IES Pondal deseñado por un alumno do centro.

Page 4: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

2.2.-Calendario anual 2019

O Equipo deseñou un calendario anual no que se quixo facer fincapé no Banquete de Conxoque se celebra nos arredores do barrio. Este banquete está vencellado ao autor que lle dá nomeao centro e polo tanto moi relacionado coa celebración que este ano dedicamos ao autorEduardo Pondal dentro do noso proxecto:

Pondal. A orixe.

EN XANEIRO ABRÍGATE CON DÚAS CAPAS E UN SOMBREIRO 2019

LUNS MARTES1

MÉRCORES2

XOVES3

VENRES4

7 8 9 10 11

14 15 16 17 18

21 22 23 24 25

28 29 30 31

Page 5: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Actividade subvencionada

3.- Resumo do Blog de Dinamización da Lingua Galega: Pondal. A orixe.

Page 6: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Flora e fauna de Ponteceso

O alumnado de 1º de ESO e 4º de ESO deseñou ambas presentacións sobre a flora e a fauna presente na obra de Pondal así como una descrición de Ponteceso.

Proxecto anual do Equipo Pondal: a orixe. Intercambio epistolar do alumnado de 3 ESO do noso Centro co alumnado do IES Eduardo Pondalde Ponteceso

Blog de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de dinamización da lingua galega

Page 7: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Visita guiada do alumnado de 4º de ESO á Cidade da Cultura para ver o cadro de Castelao "A derradeira lección do mestre" no segundo trimestre do curso.

Page 8: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Blog de Dinamización da Lingua Galega

Taboleiro EDLG

No taboleiro da entrada do centro fomos recollendo novas e eventos de interese para acomunidade educativa.

Page 9: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Festival de Teatro Intercentros

O alumnado de 3º ESO asistiu ao Teatro Principal para ver e apoiar a representación do Grupo doIES PONDAL dentro do Festival de Teatro Intercentros.

Blog de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de dinamización da lingua galega

Correlingua 2019

O alumnado de 1º da ESO asistiu ao Correlingua nunha nova edición que se desenvolveu polas rúasda cidade e pola Praza da Quintana:

Page 10: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do
Page 11: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Blog de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de dinamización da lingua galega

Charla do escritor Rodrigo Costoya para o alumnado de 4º de ESO sobre o proceso creativo e a súa novela Portosanto

Page 12: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

4.- IRMANAMENTO CULTURAL CO IES PONTECESO DENTRO DO PROXECTO: PONDAL. A ORIXE

Escaleiras do centro decoradas co Himno en homenaxe a Pondal

a

Page 13: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Visita a Ponteceso. Irmanamento cultural co IES Pondal de Ponteceso

O IES Eduardo Pondal de Compostela visita nun irmanamento cultural o IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

O noso alumnado conviviu nunha xornada co de Ponteceso. Visitamos xuntos a FundaciónEduardo Pondal.

Page 14: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Visitamos o esteiro do río Anllóns camiño da praia de Balarés.

Blog de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de dinamización da lingua galega

Page 15: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Visita a Compostela. Irmanamento cultural co IES Pondal de Ponteceso.

O alumnado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o seu homónimo de Santiago asistiuconxuntamente a unha recepción no Concello de Santiago de Compostela como final doirmanamento cultural que mantiveron ambos centros no presente curso escolar.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=18575

Tras a recepción en Raxoi o alumnado visitou o casco histórico da cidade e tivo un tempo deconvivencia no propio centro educativo IES Pondal en Conxo.

Interpretación do Himno a cargo da coral Solfa: o alumnado de 4º de ESO asistiu á interpretación do Himno galego a cargo da coral Solfa e a una conferencia sobre Eduardo Pondal.

Actividade subvencionada

Page 16: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Conferencia do especialista Xurxo Martínez sobre Pondal e o Himno

Actividade subvencionada

5.- LETRAS GALEGAS:

Page 17: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

O alumnado de 2º de ESO asistiu á representación da contacontos Sole Felloza con motivo do díadas Letras Galegas dedicado a Antón Fraguas.

Actividade subvencionada pola Consellaría

6.- MONTAXE DE CELEBRACIÓNS VARIAS

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro recordamos a nosa autora máis universal escribindo poemas da súaautoría e decorando as portas das aulas. Participou todo o alumnado que voluntariamentese ofreceu a colaborar.

Celebramos no centro o Día da Biblioteca con exposicións de libros, carteis alusivos áimportancia das Bibliotecas e envío de propostas de lectura ao clube de lectura virtual a travésdo correo corporativo do centro.

Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos demedo a través do correo corporativo do centro.

Celebramos o Día da Poesía coa interpretación visual ou a xeito de caligramas de diversospoemas. Foron realizados polos alumnos e expostos polas aulas.

Page 18: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES PROMOVIDAS POLOCONCELLO, ASOCIACIÓNS, ETC.

YOUTUBEIR@S

O alumnado de 3º da ESO participou de dúas sesións de Youtubeir@s ofertadas polo Concellode Santiago como preparación previa para coñecer o funcionamento de Youtube e fomentar aparticipación do alumnado subindo vídeos en lingua galega.

TEATRO INTERCENTROS

Page 19: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

O grupo de teatro do IES Pondal participou do Festival Intercentros que se celebrou no TeatroPrincipal de Santiago de Compostela. O alumnado de 3º de ESO foi parte do público asistentepara apoiar a representación do noso grupo de teatro así como o grupo do CPI de Dodro.

Mantivemos contactos co profesorado doutros centros como o IES Xelmírez para preparar aasistencia ao teatro e tamén coa persoa responsable do propio grupo de teatro do IES Pondal.

REGUEIFA

O alumnado de 2º ESO participou dunha sesión de regueifeiras na aula para asesoralos natécnica da regueifa.

7.- SERVIZO DE ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO E DOCUMENTOS A ELABORAR.

Prestouse asesoramento lingüístico, sempre que foi requirido, para a redacción en lingua galega de todos os documentos oficiais do centro e para calquera actividade promovida polo mesmo.

A coordinadora do Equipo participou na elaboración de documentos de obrigado cumprimento no centro que teñen relación co noso idioma, por exemplo o Tratamento Integrado de Linguas ou a revisión do Proxecto Lingüístico de Centro.

8.- VALORACIÓN FINAL

-O Equipo de dinamización do IES Pondal quere manifestara valoración positiva que fai das actividades realizadasdurante o curso escolar, así como o seu aproveitamentopor parte do alumnado. Este manifestou en todo momentoo seu desexo de cooperación e tivo unha actitude moipositiva cara á lingua e cara calquera actividade culturalproposta.

Manifestamos xa que logo o noso agradecemento pola súaboa disposición en todo momento.

Page 20: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

Do mesmo xeito agradecemos ao profesorado e ao equipodirectivo a súa implicación e o decidido interese en que alingua galega sexa lingua vehicular en grande parte dasactividades do centro.

Apostamos porque as actividades programadas teñanunha continuidade no curso vindeiro, como por exemplo ointercambio e irmanamento co centro IES Pondal dePonteceso.

Tamén apostamos pola importancia do teatro no centro ea asistencia a representacións nos principais teatros dacidade.

Continuaremos coa presenza no centro da literatura nanosa lingua: carteis literarios, exposicións, poemasinterpretados, conferencias de escritores…

Seguiremos traballando no coñecemento do escritor que dá nome ao centro e na difusión da súa obra.

Traballaremos na actualización de recursos dixitais docentro e no mantemento de relacións co Concello e outroscentros escolares.

Entre as próximas actividades a consolidar destacan:calendario, intercambio a Ponteceso, Teatro Intercentros,Youtubeir@s, Regueifa, visitas a museos, conferencias deescritores, mellorar os recursos dixitais medianteInstagram e Twitter.

Page 21: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES … · Celebramos o SAMAÍN con ambientación propia da noite de Defuntos e enviamos contos de medo a través do correo corporativo do

A Coordinadora do EDLG Visto e prace, O director do IES Eduardo Pondal

Mariña Pérez Rei Óscar Couto Viñeglas

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019