32
fóra IES AGRA DE RAÍCES DECEMBRO 2008 Revista para as vacacións

mf1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Primeiro número de Méteo Fóra

Citation preview

Page 1: mf1

fóra

IES AGRA DE RAÍCES

D E C EM B RO 2 0 0 8

Revista para

as vac

acións

Page 2: mf1

“Méteo fóra” é un proxecto do Equipo de Normaización e Dinamización Lingûística do IES Agra de Raíces. Agradecemos todos os traballos e colaboracións recibidas. Sen elas non sería posible este primeiro número da revista, que esperamos leas con interese e te entreteña nestas vacacións de remate do ano 2008 que agora encetamos. Os próximos números queren ver a luz nas vésperas das vacacións de primavera e verán; por iso serán benvidos todos os traballos (relatos, poemas, opinións, experiencias de aula, etc.) que cadaquén queira achegar.

Se tes algo que dicir , “Méteo fóra”. Aquí encargarémonos de difundilo.

Moitas grazas. ENDL.

SUMARIOSUMARIOSUMARIOSUMARIO

Páxina ActividadesActividadesActividadesActividades Concurso de cabazas .............................................................................................................................................. 1 Recreos arrepientes ................................................................................................................................................ 1 Magosto...................................................................................................................................................................2 Saídas didácticasSaídas didácticasSaídas didácticasSaídas didácticas Intercambio con Tourcoing ................................................................................................................................... 3 Saída ó souto ..........................................................................................................................................................4 Desde a aulaDesde a aulaDesde a aulaDesde a aula Proxecto interdisciplinar ........................................................................................................................................6 Aprendendo a escribir ............................................................................................................................................7 Investigación: patrimonioInvestigación: patrimonioInvestigación: patrimonioInvestigación: patrimonio A importancia das rochas na nosa cultura.............................................................................................................8 As rochas na nosa cultura: os dolmens ..................................................................................................................9 As rochas na nosa cultura: os muíños.................................................................................................................. 10 As rochas na nosa cultura: reloxos, lavadoiros e cruceiros ................................................................................ 11 RelatoRelatoRelatoRelato “Halloween” de Alba Santabaya Gándara ............................................................................................................. 12 “Rutina” de Sergio Castro González .................................................................................................................... 13 “O pirata queimalibros” de Carla Caamaño Conde .............................................................................................. 15 “O mar e os seus tesouros” de Cristina Gulías Trillo ........................................................................................... 17 “ PoesíaPoesíaPoesíaPoesía “Ser galego” de Laura Rivadulla Costa ................................................................................................................ 19 “Así é” de Rebeca Rodríguez Caamaño................................................................................................................ 19 “A miña casiña” de Raquel Pola Baliña..................................................................................................................20 “Galicia” de Sergio Montero Sonería....................................................................................................................20 OpiniónOpiniónOpiniónOpinión “A fin dos recreos carcelarios?” de Alba Domínguez Piñeiro ............................................................................................21 “Unha definición” de David Martínez .................................................................................................................. 22 “25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero” de Dora María Rodríguez Vázquez...................................................................................................................... 23 “IES Agra de Raíces. Reflexións dun preso” de Andrés Rodríguez Vilar ........................................................................24 IniciativasIniciativasIniciativasIniciativas Palabra do día ...................................................................................................................................................... 25 PasatemposPasatemposPasatemposPasatempos Adiviña de que te dou clase? ................................................................................................................................ 26 Xeroglíficos ........................................................................................................................................................... 27 Algo de lóxica........................................................................................................................................................ 28

Page 3: mf1

1

Seguindo o Proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, nes-te primeiro trimestre desenvolvéronse unha serie de actividades variadas que contaron coa participación do alumnado e do profesorado.

CONCURSO DE CABAZAS

A finais do mes de outubro, para celebrar o Samaín e preparar a seguinte activi-

dade do ENDL e da Biblioteca, celebramos un concurso de cabazas. Houbo moitos par-

ticipantes, con cabazas estupendas

e moi imaxinativas, como podedes

ver nas fotos. Os gañadores do con-

curso déronse a coñecer o 29 de ou-

tubro. A gañadora foi Macarena Ca-

pelo, de 3º ESO A, que levou un re-

produtor de MP4, e os dous finalis-

tas foron Néstor Mouzo e Nazaret

Capelo, premiados con cadanseu la-

pis de memoria.

RECREOS ARREPIANTES

Continuando coas actividades para a celebración do Samaín, dende o ENDL e a Bibliote-

ca do IES Agra de Raíces celebráronse outra

volta os "Recreos arrepiantes", en colaboración

cos distintos departamentos didácticos. Os

"Recreos arrepiantes" consisten en lecturas de

contos de medo que se fan durante o segundo

recreo (de 12.05 a 12.25). Este ano, celebrá-

ronse durante dúas semanas, a última de outu-

bro e a primeiro do mes de Santos, e cada de-

partamento de linguas propuxo unha ou varias lecturas "arrepiantes".

A C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E S Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Page 4: mf1

2

Magosto

O luns 17 de novembro, durante as dú-

as sesións da tarde, celebrouse o Magosto no

centro. Nel participaron tanto profesores co-

mo alumnos. Ademais de gozar das castañas,

divertímonos con distintos xogos populares,

como a ra, a chave, os aros, a corda, o brilé, o

peletre, o xogo das cadeiras e moitos outros.

Aquí podedes ver algunhas fotos da celebra-

ción.

A C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E SA C T I V I D A D E S Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Equipo de Normalización e Dinam

ización Lingüística

Page 5: mf1

3

Este ano o instituto brindounos a oportunidade de realizar un intercambio con

alumnos franceses, polo que algúns estudantes decidimos aproveitalo.

O intercambio realizouse cun instituto de Tourcoing, unha localidade preto de

Lille (no norte de Francia). No mes de marzo deste ano, os alumnos franceses visitá-

ronnos e estiveron connosco unha semana, despois

dunha longa viaxe en autobús. Viñan con moitas ga-

nas de coñecernos, e en tan só unhas horas come-

zamos a falar e pronto nos fixemos amigos.

Logo dunha semana era incrible o ben que nos leva-

bamos todos, pero a semana remataba e tiñan que

marchar. O día da despedida foi moi triste: queda-

ban seis longos meses ata poder vernos de novo.

Despois dun verán de vacacións chegou setembro, e agora tocábanos a nós, os

estudantes do Agra de Raíces, ir a Tourcoing.

Foi unha viaxe estupenda. Cando

chegamos fomos moi ben recibidos polas

nosas familias, e durante a nosa estancia

non tivemos nin un minuto de descanso: ac-

tividades, visitas, xogos, festas, paseos,

ceas…

Foron uns grandes días que pasaron

rapidamente. Cinco días máis tarde viaxa-

mos a París, onde estivemos tres días. Vi-

sitamos o Louvre, a torre Eiffel, paseamos

en “Bateau Mouche” polo Sena, vimos Versailles, e pasamos un día incrible en Disney-

land París. Outro día fixemos nunha breve visita a

Bruxas.

Esta viaxe está chea de anécdotas e bos mo-

mentos. Todos esperamos reencontrarnos de novo e

seguir mantendo a amizade. Se tedes algunha vez a

oportunidade, non dubidedes en facer un intercam-

bio: é unha experiencia que paga a pena.

Laura Galego 1º Bach B

I N T E R C A M B I O C O N T O U R C O I N GI N T E R C A M B I O C O N T O U R C O I N GI N T E R C A M B I O C O N T O U R C O I N GI N T E R C A M B I O C O N T O U R C O I N G V

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

S

Lycée Gambetta (Tourcoing)

Bruxas (Béxica)

Arras (Francia)

Page 6: mf1

4

S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O V

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

S

Departamento de Biología e Xeoloxía O luns 17de novembro, saímos os alumnos/as de Bioloxía-Xeoloxía, de 4º de

ESO, e os/as alumnos de 4º de diversificación, a un souto, localizado en Guimareu.

Os obxectivos eran varios, pero quizais o máis importante era estar como se

dixésemos en directo, vendo a natureza, coller follas de árbores e observalas, coller

froitos, diferencialos etc….

En primeiro lugar, temos que diferenciar un souto (lugar onde a árbore predo-

minante é o castiñeiro) dun bosque mixto ou caducifolio. A nosa visita foi, falando

correctamente, a un bosque caducifolio, xa

que alí había castiñeiros mais tamén carba-

llos, loureiros, abeleiras, etc.

Como sempre hai moitas cousas nas

que fixarse, elaboramos unha ficha moi

sinxela para traballar unha vez estivésemos

no souto. É básico ter algo para ordear e fixar a atención no que nos interesa para

cumprir os obxectivos da saída didáctica.

Co traballo realizado a partir da fi-

cha, repasamos e aprendimos as seguintes cuestións:

• Que os meses do outono son especiais porque as árbores

caducifolias perden as súas follas para enfrontarse ao inver-

no. Tamén son especiais porque hai árbores que dan neste

tempo o seu froito, como os castiñeiros, as nogueiras, etc…

Nestes meses dáse a aparición da maioría dos cogomelos e

prodúcese a migración dalgunhas aves cara a lugares máis

cálidos.

• Que un ecosistema é un espazo na natureza onde

viven seres vivos que se relacionan entre si e mate-

ria inerte que lle é imprescindible a eses seres vi-

vos. De acordo con esta definición, un souto é un

ecosistema.

Page 7: mf1

5

S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O S A Í D A A U N S O U T O V

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

SV

IS

IT

AS

D

ID

ÁC

TI

CA

S

• Que unha das relacións que gardan entre si os seres vivos dun ecosistema é a ali-

mentaria. A esa relación chámaselle cadea trófica.

Exemplos:

Terra Castiñeiro Esquío.

Terra Carballo Pega marza

• Que as árbores teñen un papel na natureza moi importante, por exemplo:

1-As árbores liberan osíxeno á atmosfera, por-

que fan a fotosíntese.

2-Proporcionan madeira, papel, froitas e froitos.

3-Evitan a erosión do solo.

4-Constitúen o refuxio de moitos animais.

5-Constitúen paisaxes espectacularese, sobre

todo no outono.

Moitas máis cousas puidemos aprender e observar nesta

visita. Queremos destacar aquí a presenza dun arbusto, que nos

chamou a atención pola altura que alcanzaba e pola súa beleza: A

xilbarbeira, tamén chamada Rusco/Rascacú. Con estas plantas, fanse escobas para limpar a eira (noutros lugares utilízanse as

xestas para este fin).Teñen uns froitos vermellos, pero non de-

bemos confundila co acivro.

Page 8: mf1

6

D

ES

DE

A

A

UL

AD

ES

DE

A

A

UL

AD

ES

DE

A

A

UL

AD

ES

DE

A

A

UL

A

P R O X E C T O P R O X E C T O P R O X E C T O P R O X E C T O I N T E R D I S C I P L I N A RI N T E R D I S C I P L I N A RI N T E R D I S C I P L I N A RI N T E R D I S C I P L I N A R

Somos novas neste instituto e cando chegou o día en que nos dixeron as distin-

tas áreas que iamos estudar, sorprendeunos esta nova materia.

Ó comezo non sabiamos moi ben de que trataba, pero a profesora explicounos

qué iamos facer nesta hora, a hora do Proxecto Interdisciplinar.

Este proxecto consiste en adentrármonos un pouco máis no mundo xornalísti-

co e da investigación.

Este proxecto tamén nos axudará a aprender a aprender. Empezou ensinán-

donos os traballos que fixeran os alumnos do curso anterior para que nós nos

fixeramos unha idea, con isto xa todo nos quedou máis claro e xa nos podiamos

situar neste proxecto.

Xuntámonos en grupos de tres e déronnos a escoller entre tres temas dis-

tintos: Medio Ambiente, Igualdade de xéneros é A nosa cultura. Nós escolle-

mos o Medio Ambiente.

Todos os martes o xornal "La Voz de Galicia " proporciónanos exemplares

gratis para poder traballar con eles.

Iniciamos este proxecto sentándonos por grupos e comezando a buscar no-

ticias sobre o tema elixido no xornal. En cada exemplar só podemos seleccionar

unha noticia e traballala durante a hora.

Buscamos a relación desta noticia co que nós sabemos das distintas mate-

rias e se necesitamos máis información buscamos nos ordenadores do centro.

Deste xeito, nós descubrimos cousas que antes non coñeciamos e ao mesmo

tempo divertímonos aprendendo e como di o noso profesor de Matemáticas: "De aí

vén a famosa frase: Aprender a aprender".

Beatriz Romar Ríos Raquel Pola Baliña

Laura Rivadulla Costa 1º A ESO

Page 9: mf1

7

Os traballos a seguir están baseados nunha estratexia de creación literaria: "Observación directa dun acontecemento puntual". Neste caso foi a chegada dunha cría de corvo que se pousou no pararraios do Instituto, a quen desde dentro da aula de 1º da ESO C podiamos contemplar. Cada alumno/a, e a profesora tamén, escribiu o que lle fa-cía sentir.

O día é nubrado, e o ceo escuro; aín-da que de vez en cando sae o sol. Hoxe, hai algúns paxaros, que van e veñen. Vexo algún corvo, algunha gaivota. Eu creo que se senten libres ó voar. Debe ser unha boa experiencia. Sandra Vázquez Gutiérrez

Un corvo no pararraios. Seguro que para el é o mundo máis fermosos que vira na súa vida. Cando berra cre que hai outro corvo nun outro punto, pero é o propio paxaro que emite o son. Iago Pequeño Cambeiro

O corvo Alá enriba do tellado había un corvo grallando. Eu mirei pola ventá e debeume de albiscar, que marchou escopetado de enriba daquel. Que bonito era o corviño! Que faría aló enriba? Esperando as súas mozas que eran dúas andoriñas. Marcharon os tres xuntiños voando polos tellados, pareceume moi bonito descubrir aos tres paxaros. Esperei a que volveran, pero non os vin chegar; seguro que xa marcharon deica un lonxano lugar. Agora os tres paxariños voarán cara aos seus niños, e voarán sempre xuntiños aqueles tres paxariños. Esperanza Lago Castro

Corvo escuro e maldito, escoito o teu grallar arrepiante, véxote voar no ceo tinxindo as nubes de negro. Paula Castro Trillo DE

SD

E

A

AU

LA

DE

SD

E

A

AU

LA

DE

SD

E

A

AU

LA

DE

SD

E

A

AU

LA

A P R E N D E N D O A E S C R I B I RA P R E N D E N D O A E S C R I B I RA P R E N D E N D O A E S C R I B I RA P R E N D E N D O A E S C R I B I R

Page 10: mf1

8

As pedras téñennos acompañado desde sempre. Algunhas son tan coñecidas que poden chegar a representar un lugar,como por exemplo a Pedra de Abalar, en Muxía. Se alguén a cortase coa intención de sacar material para construción, todos pensaria-mos que o dano realizado sería enorme. A pedra de Abalar é moito máis ca unha pe-dra: é un anaco da historia.

Esta é a sonada Pedra de Abalar, cantada por Rosalía de Castro. É unha grande laxa de granito de só 30m. de grosor e uns 9m. de longo por 7m. de an-cho. En Galicia había ata uns anos case un cento de pedras oscilantes, ás que coma a esta se lle atribuí-an propiedades.

Coñecida como a pedra dos Cadrís, é boa para cura-las doenzas renais.O ritual consiste en pasar po-lo oco natural que hai baixo a pedra. Como noutras pedras de culto, estamos diante dun ri-to de paso, dun renacemento espiritual e físico que se logra ó atravesar esas portas simbólicas.

Os cabazos teñen unha finalidade específica, que é gardar e secar o millo, aínda que hoxe se empregan tamén para gardar outros produtos. A forma rectangular, as fendas de ventilación, o estaren ergueitos sobre o chan, a súa orientación, etc… son

características que se unen para poder cumprir, dun xeito efecti-vo, coa súa finalidade. Como, por exemplo, o de Ozón, que é un dos máis grandes de Galicia, con 21 pares de pés.

Nía García Leira 4º ESO DIVER

Pedra de Abalar

Pedra dos Cadrís

A IMPORTANCIA DAS ROCHAS NA NOSA CULTURA

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

P A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I O

Page 11: mf1

9

O termo megalitismo refírese á construción de grandes monumentos funerarios for-

mados por grandes pedras. Na Costa Da Morte atopamos sepulcros, dolmens e ma-

moas de grande valor como monumentos megalíticos.

O DOLMEN DA PEDRA DA ARCA

O dolmen é unha estrutura funeraria composta por unha cámara principal e un

corredor, contruída con varias lousas e cuberta por outra de maior dimensión. No in-

terior da cámara pódense encontrar gravados simbólicos. Na súa orixe estaba cuberta

de terra.

O dolmen da Pedra da Arca encóntrase en Regoelle, Olveira (Dumbría). É un dos

monumentos máis importantes e representativos do megalitismo galego e, ademáis, un

dos máis grandes e mellor conservados dolmens de Galicia.

Rebeca Senra Trillo

Esmeralda Suárez Agulleiro

4º ESO Diver

ROCHAS NA NOSA CULTURA: OS DOLMENS

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

P A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I O

Page 12: mf1

10

AS ROCHAS NA NOSA CULTURA: OS MUÍÑOS O Rego de Estorde, alimentado polas fontes de Guimareu, Salgueirona e Baludei-ro, e en inverno, polo Rego do Prado Mato era, noutro tempo, o motor principal da eco-nomía local. Ao longo do seu percorrido existían cinco muíños fariñeiros. Os seus no-mes son: Brañas de Abaixo,outro que chaman do Medio, outro chamado da Trandeira, outro chamado Braña Romero e outro que se chama de Guimareu. Na actualidade, to-dos estos muíños encóntranse en ruínas, salvo o chamado do Medio, coñecido na actua-lidade como Muíño do Pieiteiro, que se encontra activo todo o ano. Muíño de Pieiteiro Muíño da Trandeira Partes dos muíños: Roda do muíño Pedra de moer Percorrido da agua: Pasa pola canle do muíño Entra no muíño Move a roda do muíño

Daniel Lago Castro Iván Lema Grille Alba Piña López 4º ESO Diver

P A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I O I

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

N

Page 13: mf1

11

I

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

NI

NV

ES

TI

GA

CI

ÓN

IN

VE

ST

IG

AC

N

P A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I OP A T R I M O N I O

AS ROCHAS NA NOSA CULTURA: RELOXOS, LAVADOIROS E CRUCEIROS Os reloxos de Sol: Desde que o Sol sae ata que se pon, vai describindo unha órbita no ceo. Se se coloca un pau, vertical ó chan, a sombra que proxectan os raios de sol xira arredor do pau, de xeito que ó mediodía a sombra do pau apunta ó sur xeográfico. Este sinxelo mecanismo é o que seguen os reloxos realizados en pedra e metal dos que conservamos aínda moitos exemplos espallados pola nosa xeografía.

Reloxo da igrexa de Toba

Lavadoiro de Toba Lavadoiros: Aproximadamente ata hai uns corenta anos nas casas non había lavadoras e anteriormente usábanse os lavadoiros, lugares compartidos onde a xente ía lavar a roupa. Cruceiros: Hai moitos e normalmente están feitos de pedra. O cristianismo tomou a cruz como símbolo fundamental, e así empregouse como tal nas cristianizacións de elementos e lugares de culto. O cruceiro de Toba Jéssica Torices Rodríguez Selene Cernadas Rodríguez Xiana Lema Paz 4º ESO DIVER

Page 14: mf1

12

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

HALLOWEEN Alba Santabaya Gándara

1° ESO A

Érase unha vez, un grupo de amigos, composto por tres nenas e tres nenos. As nenas

chamábanse: Laura, Ana e María, e os nenos eran Adrián, Xosé e Roberto. Todos tiñan gustos

e afeccións diferentes. Perdoa, todas menos unha. A todos e a todas, do grupo, o que máis lles

gustaba era ir disfrazados de monstros sen cabeza, cadáveres, etc. Nunha festa moi coñeci-

da, o Halloween, que en galego chámase Samaín.

O día do Samaín estábase achegando, e todos comezaron a preparar cancións terrorí-

ficas, disfraces e, o máis importante, un sombreiro ou unha bolsa pequena, para poder poñer

as larpeiradas. Certo día, no colexio, notouse un ambiente raro, era a véspera do Samaín, e

todos estaban emocionados, porque a partir das doce da noite, comezarían a vir as bruxas, o

demo,... etc, e o día seguinte pola noite, irían polos caramelos.

Esa mesma noite, cando acabaron de xogar e foron para a casa, Xosé, sentiu medo, no

seu dormitorio, porque no colexio a profesora contáralles unha historia de terror, e tamén

viran unha película de mortos, que trataba de que cando un home morre, sempre aparece de

pé no teu armario. E entón pola noite Xosé pensou niso e acordouse dun tío seu que morrera

había uns 15 días.

Intentou pórse a durmir, pero non puido, foi ata xunto súa nai, e quedou durmindo con

ela. Tivo un soño moi estraño, soñou que el era o protagonista da película, e que lle aparecía no

armario seu tío, coas mans cruzadas sobre o peito, e que cando caía, caía coa cara encima del,

e de pronto abría os ollos. Cando lle pasou isto espertou suando moito, moitísimo.

De alí a un anaco, súa nai conseguiu volver a adormecelo, e volveu soñar outro soño moi

estraño, que tratou de que ían polos caramelos do Samaín, de casa en casa, ata que acabaron

nun bosque onde se perderon. Por sorte, Adrián levaba unha brúxula de xoguete, aínda que

funcionaba ben; levábao, porque o seu disfrace era dun astrólogo, sen cabeza, vaia! Coa cabe-

za na man, e o pescozo todo ensanguentado.

Seguiron cara ao norte, ata chegar a un caseto, que estaba xusto no centro do bosque. A Ro-

berto e a Laura déuselles por berrar: - Por fin un lugar onda refuxiarnos durante a noite!!!!!!.

Foron a entrar a toda présa e cando abriron a porta....

-Aaaaaahhhhhh!!!!!. Bruxas!!!!!!!!.

Non lles deu tempo a escapar, xa que unha das bruxas, formulou un conxuro, que con-

verteu os seis rapaces no disfrace que eran.

Cando se viron rodeados, nese intre, nese mesmo instante espertou Xosé todo sobre-

saltado outra vez. Esta vez non o tiveron que volver adormecer, xa que eran as 8:30 e tiña

que ir para o colexio.

Ó final, todo foi moi ben, conseguiron moitos caramelos, e tamén conseguiron pasalo moi ben,

coas súas cantigas e cos seus disfraces.

Page 15: mf1

13

RUTINA

Sergio Castro González 1° Bach. C

Atopábase no medio daquela abafante cociña. O mantel a cadros vermellos

con verdes peras espalladas polo curioso tapiz, formando así un mosaico digno dun

museo; o son do coitelo formando aros de cebolas; as bagullas salgadas correndo polo

rostro por causa daquela planta hortense da familia das Liláceas; o aceite a fer-

ver preparado para recibir o rustrido da carne; o mesado cheo de graxa, unha mono-

tonía incomprensiblemente incómoda.

Marta arrastraba a goma barata das zapatillas que calzaba, as cales lle custa-

ran tres euros e medio na mercería da Milucha. A bata de casa cor vermella caía cara ao

chan coa forza da gravidade cunha rectitude matemática.

Os cristais da cociña estaban abafados co vapor da auga do arroz que es-

taba a cocer e, mentres, Marta pronunciaba un silencio escoltado por todos, pene-

trante, agre; un zunido insonorizado pola soidade. Tic, tac. A conta milimétrica dos

segundos era levada polo redondo reloxo colgado na parede leste da cociña, un reloxo

que coa atención necesaria podíase ver a través del a abstracta inmensidade do tem-

po.

Marta pensou no exterior, quizais estaba chovendo ou quizais o sol alu-

meaba toda a paisaxe.

O máis seguro é que

fose un deses días nin

tristes nin alegres que

invitan a durmir no so-

fá embutido nunha

plástica funda para

evitar as manchas do

café matutino. Mirou

pola ventá para compro-

balo, pero o bafo dos

cristais de dobre pran-

cha de metacrilato ne-

goulle a vista.

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

Ilustración de Pilar Vilas Lagoa 1º Bach B

Page 16: mf1

14

Deixou o coitelo no mesado e o trapo na mesa e fregou coa man dereita nos

cristais formando un círculo intentando crear un campo de visión panorámico. Pero

o bafo estaba por fóra.

Os seus pensamentos quedaron anegados por unha morea de ideas que foron

poboando toda a cavidade cranial creando unha sensación de insegura intranquilidade.

A pota de auga estaba a cocer co arroz branco dentro, pero os cristais estaban aba-

fados por fóra. Sentiuse coma se estivera presa nunha cárcere perdida en medio dun

mar de nubes, onde aínda que berrara ou chorara ninguén a escoitaría nin se acerca-

ría a socorrela, agás os paxaros e o vento. O seu peito comezou a ser escravo

dunha angustia malévola e fo¡ entón cando analizou a situación. Ficou pensativa can-

do se decatou de que fora a histeria a que a fixera reaccionar daquela maneira ante

un feito tan insignificante coma era que os cristais se abafaran por fóra. Non era na-

da. Calma. Máis calma, só calma.

De novo colleu o coitelo facendo estalar as unións dos centos de osos

que compuñan as súas mans, e seguiu cortando aros de cebolas mecanicamente. En-

gadiu a cebola á tixola facendo que o aceite chiase coma se se retorcese por

causa dunha dor insoportable coma a que tiña Marta no peito, coma a que lle provo-

caran no peito.

No instante no que unha gaivota loitaba contra o vento a dous quilómetros

da escena descrita, Marta decidiuse a abrir a ventá para limpar o bafo do exterior

cun pano. Cun pano no que había ilustrado un sufrimento bordado por ela meses

atrás con fíos de cores comprados na mercería da Milucha. Pero cando viu aquela

pegada, aquela marca, o rastro dunha man, probablemente a dereita dalgún ser vi-

vinte, no bafo exterior dos cristais, retrocedeu rapidamente, e de novo, aquela sen-

sación tan familiar de medo e inseguridade conquistou cada recuncho do seu magro

corpo.

Dous golpes xordos e decididos soaron na porta derrubando a Marta por com-

pleto e facéndoa imaxinar a persoa máis ruín, malévola e sen escrúpulos tras aque-

la prancha de metal sen picaporte exterior. Acercouse e pegou a orella pero non

se atreveu a abrir ni se atreveu a mirar sequera polo ollo escrutante e espía da

porta. Medo. Tremor. Arrepío. Frío. Sentíase coma se puxesen o seu corazón a remo-

llo en formol.

Un sobre amarelo escorrega rapidamente por debaixo da porta. Unha sensa-

ción parecida á morte.

Atrasárase co pago das facturas, 350 euros.

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

Page 17: mf1

15

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

O PIRATA QUEIMALIBROS.

Carla Caamaño Conde, 1º ESO B

A nosa historia comeza nunha apartada illa á que

ninguén chegara xamais.

Vaia! Ninguén non, o Pirata Queimalibros foi quen

descubriu a illa, pero non llo quixo contar a nin-

guén porque así aquel lugar sería o seu refuxio.

Sabedes quen é o Pirata Queimalibros? Non? O

Pirata Queimalibros é o máis temible pirata que

endexamais se coñeceu. Sabedes por que lle chaman

o Pirata Queimalibros? Pois porque non lle gustan os

libros, e cada vez que ve un dedícase a queimalo. Por iso os nenos ós que lles gusta

ler teñen moito coidado de que o pirata non os vexa.

Un deses días en que o Pirata Queimalibros saía da súa apacible e tranquila

illa viu ao lonxe unha nena que estaba a ler sentada nun banco de madeira do parque;

era Sarah, unha rapaza de once anos que non lle tiña medo ó malvado pirata.

El acercouse a Sarah que, como estaba moi concentrada no libro, case non

se decatou de que o pirata sacara un acendedor e quería queimar o seu libro! En-

tón Sarah decatouse do que estaba a pasar e apartou rapidamente o libro antes de

que o pirata o fixera arder.

-Por que fas iso?- preguntou Sarah.

- Pois porque non me gustan os libros - respondeu el.

-E que?, ti a min tampouco me gustas e non te queimo vivo -replicou a nena.

-lsto é diferente, nena, e dáme o libro, que o vou queimar - vociferou furioso o

pirata.

-Non!-respondeu Sarah-, non penso deixar que o queimes!

E a rapaza botou a correr co libro na man sen volverse en ningún momento,

deixando o pirata atrás.

Page 18: mf1

16

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

-Nena, volve aquí agora mesmo!- gritou o pirata.

Por máis que gritou, ameazou e pataleou o temible pirata, a nena non lle fixo caso

e seguiu correndo ata que chegou á casa.

Aquel día o pirata

regresou á súa illa de

mal humor, sen mediar

palabra con ninguén e

refunfuñando en voz

baixa.

- Pasa algo, capitán?-

preguntou o cociñeiro á

hora da cea.

O pirata limitouse a emitir unha especie de

gruñido e o cociñeiro entendeu que era mellor non preguntar.

Despois da cea o pirata foi para a cama, pero non conseguiu durmir. O pi-

rata levantouse, e ao pasar por diante do cuarto do grumete Fernando, viu que a

luz estaba acendida e entrou para ver qué pasaba. Ao abrir a porta viu a Fernando

sentado na cama cun libro entre as mans. Incrible! Estaba a ler!

O pequeno grumete alzou a cabeza e ao ver o pirata comezou a sentir medo.

O temible Pirata Queimalibros achegouse a Fernando e cando estivo xunta el arre-

batoulle o libro das mans, e o grumete, co medo marchou do cuarto. Entón o pira-

ta pechou o libro e mirou a portada que poñía: A LENDA DO MAR. O pirata sentouse

na cama, abriu o libro e comezou a ler.

E así foi como o pirata máis temible do mundo descubriu a maxia que ence-

rran os libros, reviviu o divertido que era ler, as marabillas que podía atopar nos

libros, que neles sempre atoparía un amigo e que se quería, podía viaxar a calquera

lugar, perderse na selva, voar nun barco de papel e descubrir moitos outros mundos

fantásticos dos que outra xente non se decata.

E recordade, nenos, un libro é un amigo.

Ilustración de Borja Trillo Traba 1º Bach

Page 19: mf1

17

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

O MAR E OS SEUS TESOUROS Cristina Gulías Trillo

1º ESO Aínda non hai tanto tempo, nunha pequena aldea, vivían uns nenos de sete e oito anos que o

pasaban moi ben xogando a ser piratas e como os seus avós tiñan chalanas e barquiños pequenos...

¡Era moi divertido subirse ós barcos e facer que eran piratas, facer que remaban,

pelexar de mentira, facer que había tesouros enterrados na praia…!

¡Todo era divertido! Ata que un día... iPasou de verdade!

Carla, Andrea, Paula, Cristina, Perla, Xulio, Samuel, Alberto e Xoán foron á

praia, como todos os días, pero esta vez non ían xogar coas chalanas dos seus avós, esta vez ían

á Lobeira, a illa que se vía dende a praia. Todos foron nos seus barquiños e nas chalanas a pasar alí o

día; comeron, beberon ata rebentar e despois de comer os nenos foron xogar pola illa.

-Mamá, podo ir xogar cos meus amigos?

-De acordo, pero ten coidado e non vaias só. Eran as frases que máis se repetían.

Paula, Carla, Alberto e Xoán foron por un camiño e Xulio, Andrea, Cristina, Perla e Samuel foron

por outro.

O grupo de Paula, Carla, Alberto e Xoan chegou á praia Oeste, que a chamaban así porque era a parte

que se vía dende a costa e, como a costa estaba orientada cara ó leste... Xa se sabe

O outro grupo chegou a un lugar un tanto peculiar. Era unha cova, e parecía de piratas; en canto a viron

empezaron a xogar a piratas e Xulio dixo: -Por que non imos chamar ós demais?

-Que pasa, Xulio, non aguantas máis por ver a Paula? - dixeron as nenas de contado.

-Non o digo por ¡so e ademais, a min Paula non me gusta!

-Si, de acordo... era broma, home.

-Imos chamalos ou non?

-Por suposto; anda, Xulio, vai buscalos!

-E por que eu?

-Porque fuches ti quen propuxo a idea.

-E por que non vas ti, Cristina? Eu propuxen a idea para que nos divertísemos todos xuntos.

-De acordo, mellor imos todos, que acabamos antes.

-Eu vou polo bocadillo, que me chama miña nai. - dixo Xulio.

-Entón, vémonos aquí despois. Foron chamar polos demais e canda volveron había un oco cavado na area.

-Que é iso?

-Un burato– dixo Carla a medio comer o bocadillo. -Xa... pero ...que...hai...dentro?

Page 20: mf1

18

R E L A T OR E L A T OR E L A T OR E L A T O C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

-Non o había canda vos chegastes?!

-Ó mellor cavouse a si mesmo? -dixo Xoan.

-Ou ó mellor estás un pouco tolo– dixo Alberto rapidamente.

-E que non se me acorre nada...

- Pero hai que pensar con lóxica. A ver, hai que pensar. Xa sei! Os maiores quérennos dar un

susto -dixo Samuel.

-Iso é imposible—interviu Xulio.

-Acabo de vir de xunta miña nai para que me dese o bocadillo e os maiores non se moveron

do seu sitio.

-Pois entón...-dixo Cristina-teño unha idea: acabamos de cavar e logo miramos qué ha¡ dentro...

xa sabedes, para divertirnos un pouco.

-Si, estaría ben –dixeron todos. Excepto Carla que, en vez de dicir “si” dixo “fi” cun ana-

co de chourizo no boca.

Os nenos empezaron a cavar e a cavar ata que Perla notou algo na area.

-Que é isto?

-A ver- dixo Paula empuxando a todos

para ver o que tiña Perla nas mans.

Parecía un cofre do tesouro... ¡Si, si era o cofre do tesouro!

Tempo atrás os seus avós contáron-

lles unha historia moi antiga que dicía

así:

Hai moito tempo, antes de que os seus avós naceran, uns piratas che-garan a Ameixenda a por unha cova secreta onde gardar os seus te-souros. Ao non encontrar ningún decidiron gardar os seus tesouros no sitio da ría de Cee onde ninguén fose nunca. Así que gardárono alí na Lobeira. Despois de moitos anos a illa inundouse por uns meses e disque os tesouros, o ouro e todo o que a l í t i ñan for a perd ido par a sem-pre . Ou iso crían eles ata agora.

Foi atardecendo e os seus pais dicían que xa era hora de ir para a casa. Eles acordaron en

volver a enterrar o tesouro, facer un mapa cunha cruz para saber onde está e non dicirlle a

ninguén que ese día, un día de verán normal e corrente como empezou pola mañá, acabara tan emocio-

nante ó anoitecer.

Ilustración de Borja Trillo Traba 1º Bach

Page 21: mf1

19

P O E S Í AP O E S Í AP O E S Í AP O E S Í A C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

SER GALEGO

Sempre me considerarei galega,

e con moito, moito honor,

porque ser unha galega,

para min, é o mellor.

Falarei o galego,

porque é a nosa fala,

porque é a nosa herdanza,

e debemos de coidala.

Tendo en conta a cultura,

presumo de ser galega,

porque ata a sepultura,

eu gozarei sempre dela.

Do meu orgullo como galega,

aquí acabo de falar,

porque posta a contar todo,

non podería acabar.

Laura Rivadulla Costa. 1º ESO A

ASÍ É

Galicia é un sitio sen fin

con mil marabillas

que podes vivir

sen ter que sufrir.

Non hai contaminación

nin tampouco mala xente,

todos colaboramos

para termos bo ambiente.

Todos somos galegos,

todos temos dereitos,

todos podemos vivir,

un bo mundo conseguir.

Así é Galicia,

fermosa., con xeito,

con ríos, con montes,

con praias a eito.

Rebeca Rodríguez Caamaño

1º ESO A

Page 22: mf1

20

P O E S Í AP O E S Í AP O E S Í AP O E S Í A C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A miña casiña Esperteime nun camiño, longo e frío, un camiño de recordos, un camiño sombrío. Camiñei e descansei, puxen furia e alegría, encontreime cunha casa e dixen… “Eu crieime aquí, é miña.” A casa era de pedra, estaba cuberta de herba, as ventás pechadas, estaba escura, pero eu leda. Abrín a porta, alí a miña mantiña a miña mantiña de nena, a miña mantiña querida.

Raquel Pola Baliña 1º ESO A

GALICIA Galicia terra bañada polo Atlántico, Cuberta de frondosos montes, Grandiosa terra para un trasatlántico, Terra de fontes cristalinas. Un día apareciches de loito Pola morte dun vello barco Que agora no fondo do mar está morto E todo por culpa dun tosco. Galicia, terra rosaliana, De Curros a mellor amiga. Galicia, terra pondaliana, De Isabel e Fernando a maior inimiga A túa lingua estivo en estado grave Por culpa deses reiciños casteláns Pero esa censura desapareceu como a neve E criando vermes están eses langráns.

Sergio Montero Soneira 1º Bach C

Page 23: mf1

21

O P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó N C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A FIN DOS RECREOS CARCELARIOS?

Alba Domínguez Piñeiro. 1º Bach C

Ata non hai moito tempo, aos alumnos

do postobrigatorio non se nos deixaba saír do

colexio. Conclusión : recreos aburridos, horas

de clase sen profesores desaproveitadas. Isto

tiña como resultado as fugas do alumnado en

busca de algo mellor.

Agora parece que empeza a haber unha

faísca de luz no horizonte. Despois de ence-

rrarnos con vallas, portalóns e profesores de

garda por todos os recunchos facendo que is-

to parecese máis unha penitenciaría ca un ins-

tituto, a dirección do centro decidiu que aos

antes mencionados alumnos se nos deixase sa-

ír do colexio, baixo consentimento paterno, iso si, soamente nos recreos. Esta medida

rebaixaría o número de saídas indebidas restándolle responsabilidade ao centro e todo

ao mesmo tempo.

A pregunta é: que pasa coas “horas mortas”, eses cincuenta minutos nos que falta algún

profesor? Deixarásenos algún día disfrutalos ou deberemos seguir encerrados? Supoño

que as medidas hainas que levar a cabo pouco a pouco e un principio é un pricipio.

Supoñendo que algún día o centro aumente ese permiso de saída ás horas desapro-

veitadas, a distancia entre dereitos profesor-alumno reducirase, algo positivo desde o

punto de vista da segunda parte mencionada, xa que hai que ter en conta que o profeso-

rado ten un mínimo de 3 horas diarias de clase. No entanto, nós, os alumnos, temos 6

horas (8 o luns) obrigatorias e con risco de parte se nos ausentamos delas.

A pregunta neste caso é: É xusto que os profesores, polo feito de ser profesores,

teñan máis horas de descanso cando teñen igual (ou mesmo menos, desde o meu punto de

vista) traballo ca nós?

Non é que pretenda criticar, soamente propoño que se se pide igualdade para

unhas cousas, tamén exista para outras. Desde aquí grazas polos permisos de saída nos

recreos e, como xa digo, espero que só sexa un comezo.

Ilustración de Melisa Maceiras Soares 1º Bach B

Page 24: mf1

22

O P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó N C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

UNHA DEFINICIÓN

David Martínez Profesor de Historia

Dende a miña humilde tribuna e grazas á presente colaboración, pretendo aportar o meu grao

de area á consecución da convivencia, un dos fins primordiais en calquera centro educativo.

Cecais soe pretencioso dicilo, pero a miña breve experiencia en diversos centros achégame a

unha posición de toma de conciencia sobre o problema, non así, por desgraza, á solución. Sen desespe-

rar ante a ausencia de solucións, préstome a participar na búsqueda destas a través das seguintes

liñas.

En primeiro lugar, debo formular unha definición precisa de aquilo que entendo por conviven-

cia, aínda que pareza un tópico, é fundamental coñecer

a natureza dun termo para poder profundar nel. Deste

modo, convivencia, como se da teoría matemática de

grupos se tratara, lidera e agrupa unha serie de ele-

mentos. Escribindo unha relación básica destes ele-

mentos, aparecerían todos aqueles que dotan de enti-

dade ó termo: solidariedade, integración, tolerancia,

respecto, diversidade, igualdade, comprensión, liber-

dade... A agrupación de todos eles crea unha auténtica

miscelánea que é a propia convivencia.

Trasladando a teoría anterior ó día a día dunha aula deste centro ou de calquera outro, é

unha exixencia fundamental contemplar non só as variables e circunstancias que rodean a aula en

cuestión: o centro, o entorno, a localización, as familias, os docentes... Obsérvase por tanto que as

variables parecen inabarcables e dificultan un dos obxectivos da comunidade educativa e toda a so-

ciedade: a convivencia.

Fago a seguinte reflexión: Como abordar un problema de convivencia entre compañeiros de

aula cando existe unha elevada porcentaxe que non teñen a capacidade de discernir calquera dos ter-

mos expostos en liñas anteriores, e que dan valor á convivencia? Non hai peor mal que a ignorancia,

pois o decoñecemento das cousas fainos perigosos ante os demais e vulnerables ante nós mesmos.

Conclúo as miñas reflexións avogando pola educación dende o entorno máis básico, a familia.

Cunha nula importancia da natureza desta, tan debatida hoxe en día, si debemos dar importancia ó

legado que transmiten como primeira fonte de información na formación de homes e mulleres.

Page 25: mf1

23

O P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó N C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

25 NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dora María Rodríguez Vázquez

1º D Bach Un ano máis, o día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional para a

Eliminación da Violencia de Xénero. Este ano no IES Agra de Raíces o alumnado de

Socioloxía e Ciencias Políticas de 2º de bacharelato fixo unha exposición de arte con

fotografías nas que se denuncia o maltrato (físico, psíquico e simbólico) ás mulleres en

todo o mundo. Todo o alumnado e o profesorado do centro pode ver aínda esa exposi-

ción. Nós, alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, puidemos ver ademáis nunha hora

de Alternativa á Relixión unha presentación realizada coas mesmas fotografías. Estas

imaxes fixéronme reflexionar e escribir estas liñas.

Desde hai moito tempo crese que os homes son superiores ou que teñen capaci-

dades superiores ás das mulleres; as cualidades e actividades das mulleres son menos

valoradas. Aínda hai quen pensa que a muller ha ser propiedade dun home, que sen un

home unha muller é “inútil”. Nada máis lonxe da realidade; eu penso que as mulleres

podemos prepararnos , igual que os homes, para calquera tipo de traballo tanto físico

coma intelectual, como xa se demostra en moitos casos. Somos seres iguais, ninguén é

inferior nin superior. Ninguén debe infravalorar a ninguén, nin limitar a súa indepen-

dencia ou impedirlle medrar como persoa. A sociedade debe concienciarse diso.

Vai ser un proceso longo, xa que na sociedade de hoxe en día os homes teñen

aínda máis privilexios e poder que as mulleres en todo o mundo. Aquí moita xente

(sobre todo os rapaces) tómao a chiste e di que non é para tanto, non ve o problema

coa perspectiva que merece, por que este é un proble-

ma de toda a sociedade e bastante grave.

Baixo a miña opinión, e penso que sen esaxerar,

débense tomar medidas, entre outras cousas para que

o número anual de asasinadas desapareza. A sociedade

debe concienciarse, debe educar a nenos e nenas, des-

de ben pequenas, na idea de que todas as persoas so-

mos iguais, de que temos os mesmos dereitos, de que

non hai xustificación para maltratar nin física nin psi-

colóxicamente a outra persoa, negándolle o dereito a

decidir, a ser si mesma, a irse, a falar… FOTOGRAFÍA DE SHADI GADIRIAN

Page 26: mf1

24

O P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó NO P I N I Ó N C

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

SC

OL

AB

OR

AC

NS

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

IES AGRA DE RAÍCES: REFLEXIÓNS DUN PRESO

Andrés Rodríguez Vilar 1º Bach C

Construído como un instituto, debido aos últimos cambios aprobados pola anterior directi-

va, o Agra de Raíces é máis semellante a unha cadea. As preciosas verxas e paredes novas que

rodean o colexio dótano dun ambiente perfecto para a reinserción de presos. Parece que non sa-

ben que aquí nun pasado non moi lonxano non existía a “Cadea Raíces”, senón un instituto para es-

tudar… Ou para faltar ás clases, que non creo que sexa delito tan grave como para pecharnos a

todos.

Outro tema

son os “partes”, que

xa son máis de risa

que para tomalos en

serio. Chego á conclu-

sión de que TODO é

motivo de “parte”...e

para xefatura direc-

to! Comer chicle, en-

trar tres minutos

tarde e outras tonterías que os profesores, tamén chamados celadores ou encargados das cel-

das comúns (antes coñecidas como aulas), se empeñan en cumprir como se a vida lles fose niso,

profesores que mesmo se saben de memoria todos os puntos polos que se pode cubrir un parte e

iso que, ó meu ver, agora son incontables.

A actual dirección do colexio segue os pasos da anterior, aínda que as reunións para per-

mitir as saídas dos alumnos de bacharelato que somos menores de idade son algo novo. Haberá

que ver en que termina todo… Pola miña parte non espero que chegue a nada, simplemente porque

non son novo neste instituto-cárcere e nunca lin ningunha norma a favor do alumnado, sempre en

contra.

En menos de tres meses eu teño cinco “partes” e segundo eu vexo só un ou dous mereci-

dos, polo que quedarme aquí para o ano que vén non é factible. Aos alumnos que queden o seguinte

curso deséxolles sorte. Faralles falta.

Ilustración de Borja Trillo Traba 1º Bach C

Page 27: mf1

25

P A L A B R A D O D Í AP A L A B R A D O D Í AP A L A B R A D O D Í AP A L A B R A D O D Í A

IN

IC

IA

TI

VA

SI

NI

CI

AT

IV

AS

IN

IC

IA

TI

VA

SI

NI

CI

AT

IV

AS

A "Palabra do día" é unha actividade que vén desenvolvendo o ENDL neste primeiro trimestre. Xurdiu de maneira espontánea, a partir do interese dun grupo de docentes por ir ampliando o noso coñecemento do vocabulario co fin de preparar os exames de galego de nivel avanzado ou do Celga 4. Eis as palabras recompiladas nos meses de outubro e novembro. Para as de decem-bro, deberedes agardar polo próximo número.

PALABRAS DO MES DE OUTUBRO

Alasar: Respirar con forza e dificultade. Amosegar: Darlle un pequeno corte á castaña para evitar que salte ao asala. Apetrenar: Feder. Arrecer: Ir amornando o que estaba quente; arrefecer, arrefriar. Arrincadeira: Última rolda de viños ou copas que se toma antes de marchar. Cadabullo: Cabeceira dunha leira que se ara transversalmente por non poder chegar o arado ao límite. Canfurnias: Lugar indeterminado e descoñecido. Cugulo: O que sobresae ou cae por fóra da medida. Deschoer: Quitar o cerco ou valo que rodea un terreo. Falleba: Vara de ferro que serve para pechar as portas ou ventás. Goro: Dise do ovo que non resultou fecundado, ou tamén do ovo podre; gorolo, grolo. Mormeira: Catarro nasal. Pegureiro: Persoa que ten por oficio coidar o gando; pastor. Petís: Neno pequeno e ocorrente. Rexoubar: Falar mal de alguén con pouco fundamento e/ou con ánimo de facer dano.

PALABRAS DO MES DE NOVEMBRO

Aliaxe: Acción e efecto de aliar varios metais; liga. Alicerce:Escavación que se fai na terra para colocar as basees dunha construción; cimento. Boleca: Castaña que non ten froito; bolerca, beleca. Breca: Chuvia miúda e pouco intensa. Bulló: Castaña asada e desprovista de casca. Castaña: Nalgunhas zonas, pataca; baloca. Chibar: Xebrar, separar os rabaños de cada casa; acibar, enxergar, estremar. Chiche: Persoa máis consentida ou preferida da casa. Cimbrar: Lanzar con forza unha cousa dun só impulso. Dar furo: Saber saír dunha situación. Encetar: Empezar a gastar algo que estaba enteiro. Esbilar: Esburgar. Esbilas: Pinzas de madeira para apañar os ourizos das castañas. Esburgar: Extraer as castañas do ourizo; esbilar, escabechar, espulgar. Esmelgar: Extraer o mel das colmeas. Espicho: Pequeno burato situado na parte superior das cubas e bocois, tapado por un taco ou cana, que, ao abrilo, facilita a saída fluída do viño pola billa; espicha, espita. Ferrón: Punta de ferro que teñen no seu extremo as buxainas sobre a que xiran. Pina: Peza metálica que forma a circunferencia externa dunha roda, arredor da cal vai o pneumático. Rabechar: Esmelgar.

Page 28: mf1

26

1

2

4

A D I V I Ñ AA D I V I Ñ AA D I V I Ñ AA D I V I Ñ A

De que che dou clase?

3

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

Page 29: mf1

27

5 6

7 8

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

PA

SA

TE

MP

OS

A D I V I Ñ AA D I V I Ñ AA D I V I Ñ AA D I V I Ñ A

Q u e n m e d á p e r m i s o ?

En que sección do instituto estou?

X E R O G L Í F I C O SX E R O G L Í F I C O SX E R O G L Í F I C O SX E R O G L Í F I C O S

De que teño clase en medio segundo?

Page 30: mf1

28

A L G O D E L Ó X I C AA L G O D E L Ó X I C AA L G O D E L Ó X I C AA L G O D E L Ó X I C A P

AS

AT

EM

PO

SP

AS

AT

EM

PO

SP

AS

AT

EM

PO

SP

AS

AT

EM

PO

S

Raymond Smullyan é un lóxico estadounidense moi coñecido polos seus divertidos, enxeñosos e interesantes libros de lóxica. En ¿Cómo se llama este libro? proponnos pa-satempos para romper a cabeza... como os seguintes: 1. Dúas moedas suman trinta céntimos de euros e, sen embargo, unha delas non

é de vinte céntimos. Que moedas son?

2. Un home estaba mirando un retrato e alguén lle preguntou: «De quen é esa fo-tografía?», ó que el contestou, «Nin irmáns nin irmás teño, pero o pai deste home é o fillo do meu pai.>> De quen era a fotografía que estaba mirando o home?

3. Supoñamos que, nesa mesma situación, o home contestase: «Nin irmáns nin irmás teño, pero o fillo deste home é o fillo do meu pai». De quen sería a fotografía?

4. Un caracol tarda unha hora e media en percorrer un circuíto en sentido hora-rio, pero cando fa¡ ese mesmo circuíto en sentido contrario só tarda 90 minutos. A que se debe esa diferencza?

5. No caixón dun moble que está nun cuarto escuro hai 24 calcetíns colorados e 24 azuis. Cal é o número menor de calcetíns que teño que sacar do caixón para estar seguro de que saco, polo menos, 2 da mesma cor?

6. Nunha rúa hai cen edificios. Chámase a un fabricante de números para que lles poña número a todas as casas do un ó cen; este terá que encargar os números para facer o seu traballo. Sen papel nin lapis, podes calcular mentalmente cantos noves precisará?

7. Para quen saiba de catolicismo, permite a Igrexa Católica que un home case coa irmá da súa viúva?

8. Para quen lle importa falar correctamente, como se debe dicir: a xema é branca ou as xemas son brancas?

9. Esta historia trata dunha caravana que cruzaba o deserto do Sáhara e unha noi-te montou o seu campamento. Os personaxes que nos interesan son tres, ós que lles chamaremos A, B e C. A odia a C e decide matalo botándolle un veleno no au-ga da súa cantimplora (por suposto, C non poderá beber máis auga cá da súa cantimplora). Por outro lado, B tamén decide matar a C e, sen saber que a auga de C xa está envelenada, faille un buratiño na cantimplora para que a auga vaia saíndo devagar. Como resultado diso, uns días despois C morre de sede. Quen é o asasino, A ou B? Segundo uns, o asasino é B, xa que C nunca chegou a beber o ve-leno que lle puxo A, de maneira que morrería aínda que A non envelenase a auga. Segundo outros, o verdadeiro asasino é A, xa que o que fixese B non lle afectaba para nada ó resultado; unha vez que A envelenase a auga, C estaba envelenado, de maneira que morrería aínda cando B non lle esburacase a cantimplora.

Nota: as solucións aparecerán no próximo número de Méteo Fóra

Page 31: mf1

Saúda da dirección:

Non queremos deixar pasar esta oportunidade que nos brinda a

revista “¨Méteo Fóra” para desexarvos a todas e a todos unha boas

e merecidas vacacións e unha mellor entrada de ano.

Vémonos en xaneiro con novas forzas para continuar o traballo

coa mesma ilusión.

O equipo directivo

Page 32: mf1

Profesorado: 1 € Alumnado: de balde

Cee 2008