14
MU Manual de usuario Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais

MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

MU Manual de usuario

Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais

Page 2: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

NOME DO DOCUMENTO:Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais-Manual para osconcellos

VERSIÓN: 01/01/00

COD. DO DOCUMENTO:

ELABORADO POR: Amtega DATA: 13/06/16

VALIDADO POR: DATA:

APROBADO POR: DATA:

REXISTRO DE CAMBIOS

Versión Causa da nova versión Data daaprobación

01.00 Creación do documento

I

LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional)

Nome Número de copia Área/Centro/Localización

Datos básicos do proxecto

Nome do proxecto Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais

Código do proxecto

CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADEEste documento é propiedade da Amtega(Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este materialexclusivamente para os servizos que foron acordados coa Amtega e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibidaa reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordadocoa Amtega.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 2 de 14

Page 3: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

Índice1.Acceso........................................................................................................................................................ 4

2.Navegación e busca de exemplares...........................................................................................................5

3.Adquisición de publicacións........................................................................................................................ 6

4.Xestionar pedidos....................................................................................................................................... 9

5.A miña conta............................................................................................................................................. 11

6.Ficha de publicación................................................................................................................................. 13

7.Recuperar contrasinal............................................................................................................................... 14

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 3 de 14

Page 4: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

1. Acceso

http://novidadeseditoriais.xunta.gal

Cando a Subdirección Xeral autorice o seu acceso ao Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais,

recibirá un email para lle comunicar os seus datos de usuario e unha ligazón, á que terá que acceder para

establecer o seu contrasinal de acceso.

Unha vez que estableza o seu contrasinal, poderá acceder ao sistema a través da seguinte pantalla,

premendo no botón “Iniciar sesión”.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 4 de 14

Page 5: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

2. Navegación e busca de exemplares

Unha vez accedido ao sistema, veremos distintas seccións nos menús, onde poderemos navegar entre as

publicacións ou facer buscas para atopar publicacións que cumpran as nosas necesidades.

Na portada podemos observar un menú superior de navegación.

• O catálogo: Catálogo completo de publicacións; é posible filtrar o contido no cadro de busca.

• Últimas publicacións: Listaxe de publicacións publicadas no último mes.

• Como podo?: Preguntas comúns e respostas para resolver dúbidas.

• A miña compra: Resumo das publicacións introducidas no carriño para a súa adquisición.

• A miña conta: Información relativa aos datos do concello e aos pedidos realizados.

• Pechar sesión: Premendo nese texto péchase a sesión no sistema.

Baixo o menú superior móstrase a información relativa ao saldo dispoñible e á data límite para usalo.

Na pestana “Últimas publicacións” mostrarase un resumo das últimas publicacións engadidas na

aplicación, e na pestana “Próximas publicacións”, un resumo das publicacións que estarán dispoñibles

para adquisición proximamente. Pódese ver unha listaxe máis extensa se se preme no texto “Ver máis”.

No lado dereito temos o cadro de busca. Se seleccionamos os filtros desexados e prememos en “Buscar”,

mostrarase unha listaxe das publicacións que cumpran os filtros seleccionados.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 5 de 14

Page 6: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

3. Adquisición de publicacións

Nas distintas listaxes, as publicacións dispoñibles para a compra mostraranse cun fondo de cor verde e

terán o botón “Adquirir” activo.

Se unha publicación non está dispoñible, premendo en “Avisarme cando estea dispoñible” recibiremos un

correo electrónico cando esta publicación estea dispoñible para ser adquirida.

Para adquirir unha publicación unicamente temos que premer no botón “Adquirir”.

Premendo no enlace “ao carro” da imaxe superior, ou no menú “A miña compra”, podemos ver a listaxe

completa de publicacións no carro, cambiar o número de exemplares que queremos mercar ou eliminar

publicacións do carro.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 6 de 14

Page 7: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

O número máximo de exemplares de cada publicación que se pode adquirir está limitado e depende do

número de bibliotecas ou centros de lectura do concello.

No caso de intentar adquirir un número superior ao máximo permitido, o sistema mostrará un aviso para

indicar cantos exemplares se poden adquirir.

Para continuar co proceso de adquisición prememos en “Tramitar compra”.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 7 de 14

Page 8: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

No paso que se mostra na imaxe anterior teremos que verificar que os nosos datos de envío e facturación

están correctos. Unha vez verificados, prememos en “Seguinte paso >”.

Para rematar o pedido prememos en “Confirmar pedido”. No caso de ter que editar algún dato, prememos

en “Volver”.

Unha vez que confirmemos a adquisición, veremos unha pantalla co resumo da compra. Cada editorial

encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial

implicada na nosa compra.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 8 de 14

Page 9: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

4. Xestionar pedidos

Para acceder á xestión dos nosos pedidos, prememos no menú superior na opción “A miña conta”. Na

parte inferior da pantalla veremos unha listaxe cos nosos pedidos e a información correspondente.

Os pedidos poden anularse mentres a editorial non cambie o seu estado a Enviado.

Una vez que a editorial marca o pedido como enviado, recibirá un correo electrónico de aviso e

habilitarase a opción de o marcar como recibido/entregado.

Para anular un pedido prememos en “Anular pedido” e confirmamos na pantalla seguinte.

Unha vez aceptamos anular o pedido temos que cubrir o motivo polo que anulamos o pedido.

Para marcar un pedido como entregado/recibido prememos en “Confirmar entrega”. A continuación,

confirmamos que queremos marcar o pedido como entregado.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 9 de 14

Page 10: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

Unha vez confirmado, introducimos a data de entrega do pedido e o número de factura, se dispoñemos

deste dato no momento da entrega. En caso de non dispoñer do número de factura no momento de

confirmar a entrega, poderase introducir posteriormente.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 10 de 14

Page 11: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

5. A miña conta

Para revisar ou modificar os datos do teu usuario, así como para engadir ou modificar enderezos de envío

e facturación, revisar os datos de bibliotecas e habitantes do concello, consultar o orzamento asignado e

gasto realizado no período, ou ben consultar o detalle dos seus pedidos, pode premer no menú superior

en “A miña conta”.

Para editar ou engadir un novo enderezo de envío ou facturación, prema nos respectivos botóns

“Editar enderezo”.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 11 de 14

Page 12: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

Para modificar os datos de contacto prememos en “Modificar datos”. Na pantalla que se mostra,

modificamos os datos que necesitemos e prememos en “Gardar”.

Se queremos cambiar o correo electrónico ou o contrasinal do usuario prememos en “Modificar datos” en

Datos de acceso.

Para modificar os datos de acceso, é necesario introducir o contrasinal actual e despois os datos que imos

modificar. Premendo en “Gardar” confírmanse os cambios.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 12 de 14

Page 13: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

6. Ficha de publicación

Premendo en calquera titulo de calquera publicación accederemos á súa ficha individual, onde poderemos

ver a información completa desta (autor/es, sinopse, editorial, ISBN, colección, información sobre as

ilustracións, xénero e tipoloxía, ligazóns e arquivos asociados)

Na parte inferior podemos ver o prezo, se está dispoñible para a compra, a data de publicación, un enlace

a o arquivo MARC21 da publicación e o número de exemplares dispoñibles.

Premendo no nome da editorial, na tipoloxía ou no xénero, veremos unha listaxe coas publicacións

filtradas por esa información.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 13 de 14

Page 14: MU Manual de usuario - Rede de Bibliotecas de Galicia · encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial implicada na nosa compra

PT_v.03.03

8. Recuperar contrasinal

Se por calquera motivo perdemos os datos de acceso ao sistema teremos que premer no texto

Esqueciches o teu contrasinal na paxina de acceso, e veremos unha pantalla coma a da imaxe inferior.

Cubrindo o campo Correo-e co enderezo de correo electrónico que usamos para acceder ao sistema só

teremos que premer en Enviar o novo contrasinal por correo-e. Tras premer recibiremos un correo

electrónico cun enlace, no que poderemos proporcionar un novo contrasinal.

SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 14 de 14