32
maio 2020 nº 17 EXEMPLAR GRATUÍTO Datos Galicia e a provincia de Lugo baixan a incidencia do coro- navirus tras case dous meses de confinamento. Pax. 2 e 3 A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución posiva e suaviza algunhas medidas ata o 25 de maio ou oito semanas seguintes, é dicir, ata finais de xuño. Xunto a esta situación xeral, os concellos seguen a modi- ficar os seus orzamentos e normavas establecendo, a maiores, medidas de apoio aos grandes afectados desta crise, que son os negocios, xa que a prácca totalidade dos mesmos veron que pechar as súas portas durante este tempo. A día de hoxe a maior parte, incluíndo unha porcen- taxe da hostalaría, xa recupe- raron a acvidade aínda que con moitas restriccións. Sen embargo, parece que a situa- ción segue a mellorar e para xullo xa podería acadarse a normalidade. A provincia de Lugo logrou frear con rotundidade o avance da pandemia e eses bos resultados traducíron- se no permiso do Goberno central para pasar de fase e comezar a desescalada sua- vizando as medidas de con- finamento desde este luns. O plan de volta á normalidade imposto polo equipo de xes- ón da pandemia establece catro fases cunha relaxación paulana das medidas se- gundo como evolucione o coronavirus nos seus territo- rios. Dende o 11 de maio Ga- licia atópase na Fase 1. Desde ese momento, a desescala- da cara á nova normalidade prolongarase durante as seis Medidas O comité de expertos de Ga- licia e a Deputación de Lugo propuxeron unha batería de medidas. Pax. 4 e 5 Concellos Os concellos aportaron dife- rentes accións para paliar os efectos económicos e sanita- rios da pandemia. Pax. 6 e 9 Testemuñas Responsables de empresa, autónomos, deporstas e polícos contan a súa ex- periencia. Pax. 10 e 11 lourenzá. O Concello re- toma as obras de mellora municipais. Pax. 20 cervo. Concello e api- cultores alíanse na conten- ción da veluna. Pax. 19 ribadeo. Incluída a danza na programación cultural ata final de ano. Pax. 17 burela. Rematadas as obras das rúas Rosalía de Castro e do Hórreo. Pax. 18 xove. Comezan os traba- llos na estrada de Xove ao Porño de Morás. Pax. 21 viveiro. Acordo para aprobar uns orzamentos de emerxencia. Pax. 16 foz. As obras no abaste- cemento de auga en Alem- parte, rematadas. Pax. 19 mar. Polémica na draga- xe do porto de Viveiro-Ce- leiro. Pax. 24 letras galegas. A RAG pospoñerá ata outubro a homenaxe a Calero. Pax. 26 agro. Anuncian a apertu- ra de mercados en varios concellos. Pax. 27

nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 nº 17EXEMPLAR GRATUÍTO

Datos

Galicia e a provincia de Lugo baixan a incidencia do coro-navirus tras case dous meses de confi namento. Pax. 2 e 3

A Mariña entra na Fase 1A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas medidas ata o 25 de maio

ou oito semanas seguintes, é dicir, ata fi nais de xuño. Xunto a esta situación xeral, os concellos seguen a modi-fi car os seus orzamentos e normati vas establecendo, a maiores, medidas de apoio aos grandes afectados desta crise, que son os negocios, xa que a prácti ca totalidade dos mesmos ti veron que pechar as súas portas durante este tempo. A día de hoxe a maior parte, incluíndo unha porcen-taxe da hostalaría, xa recupe-raron a acti vidade aínda que con moitas restriccións. Sen embargo, parece que a situa-ción segue a mellorar e para xullo xa podería acadarse a normalidade.

A provincia de Lugo logrou frear con rotundidade o avance da pandemia e eses bos resultados traducíron-se no permiso do Goberno central para pasar de fase e comezar a desescalada sua-vizando as medidas de con-fi namento desde este luns. O plan de volta á normalidade imposto polo equipo de xes-ti ón da pandemia establece catro fases cunha relaxación paulati na das medidas se-gundo como evolucione o coronavirus nos seus territo-rios. Dende o 11 de maio Ga-licia atópase na Fase 1. Desde ese momento, a desescala-da cara á nova normalidade prolongarase durante as seis

Medidas

O comité de expertos de Ga-licia e a Deputación de Lugo propuxeron unha batería de medidas. Pax. 4 e 5

Concellos

Os concellos aportaron dife-rentes accións para paliar os efectos económicos e sanita-rios da pandemia. Pax. 6 e 9

Testemuñas

Responsables de empresa, autónomos, deporti stas e políti cos contan a súa ex-periencia. Pax. 10 e 11

lourenzá. O Concello re-toma as obras de mellora municipais. Pax. 20

cervo. Concello e api-cultores alíanse na conten-ción da veluti na. Pax. 19

ribadeo. Incluída a danza na programación cultural ata fi nal de ano. Pax. 17

burela. Rematadas as obras das rúas Rosalía de Castro e do Hórreo. Pax. 18

xove. Comezan os traba-llos na estrada de Xove ao Porti ño de Morás. Pax. 21

viveiro. Acordo para aprobar uns orzamentos de emerxencia. Pax. 16

foz. As obras no abaste-cemento de auga en Alem-parte, rematadas. Pax. 19

mar. Polémica na draga-xe do porto de Viveiro-Ce-leiro. Pax. 24

letras galegas. A RAG pospoñerá ata outubro a homenaxe a Calero. Pax. 26

agro. Anuncian a apertu-ra de mercados en varios concellos. Pax. 27

Page 2: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

2 maio 2020 covid-19

COVID-19

Número de contaxios

acumulados

A Rioxa1,76 %

País Vasco5,78 %

Navarra2,23 %

Murcia0,67 %

Madrid28,49 %

Galicia4,07 %

C. Valenciana4,71 %

Ceuta e Melilla0,10 %

Extremadura1,28 %

Cataluña24,18 %

Castela e León7,91 %

Baleares0,86 %

Asturias1,03 %

Aragón2,35 %

Andalucía5,39 %

Castela A Mancha7,21 %

Cantabria0,98 %

Canarias0,99 %

450

900

1.350

1.800

2.250

2.700

3.150

3.600

29 abril

30 abril

1 maio

2 maio

3 maio

4 maio

5 maio

6 maio

7 maio

8 maio

9 maio

10 maio

11 maio

12 maio

GALICIA LUGO

Lugo contén a expansión do virus A provincia, que acadou o pico da pandemia en abril, segue un proceso de decrecemento de novos contaxios como Galicia e España

RECOMENDACIÓNS

1. Teléfono de información á cidadanía 900 400 116, no caso de que teña algunha dú-bida ou necesite información respecto aos aspectos asis-tenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintoma-toloxía leve.

2. Lavar as mans frecuentemen-te con auga e xabón ou uti lizar unha solución hidroalcohólica. Recoméndase o uso de más-caras e luvas, e manter unha distancia de 2 metros entre persoas.

3. Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.

4. Boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, ta-par a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamen-te hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a fl exura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respi-ratorias deberanse lavar ben as mans.

5. Recoméndase que os pacien-tes acudan sós aos centros sanitarios.

6. Na casa é convinte venti lar a miúdo, abrindo ventas ou axustando o aire acondiciona-do.

7. É recomendable desinfectar con regularidade obxetos e superfi cies que se tocan regu-larmente como ti radores das portas, mesas e pasamáns.

8. Cos máis pequenos procurar non ir a parques e zonas re-creati vas, así como evitar o uso dos columpios ou tobogáns, non usar o transporte público se non é necesario e desinfec-tar os xoguetes.

Tal e como anunciaron os expertos, Galicia pasou o seu pico de expan-sión do coronavirus a primeiros do mes de abril, coincidindo coa Sema-na Santa. Depois comezou o proceso de baixada da prevalencia do virus, unha baixada que está sendo moito máis lenta do que foi a subida pero que dá lugar á esperanza polos datos que diariamente aportan o Ministe-rio do Sanidade e o Sergas.Así na provincia de Lugo os casos de afectados pola enfermidade baixa-ron ata os 133 (datos do 11 de maio) cando no momento máis álxido casi chegaron aos 600 enfermos. Por outra banda, catro persoas perma-necen ingresadas na UCI, todos eles no Hula, e están nos seus domicilios 128 infectados. Ademais, o número de curados escala aos 745 tras rexis-trarse 30 novas altas só en 24 horas, o maior índice de curados nunha xornada.Na parte negati va, desde o inicio da crise sanitaria morreron a causa do virus un total de 27 persoas na pro-vincia, dato tamén que se mantén nos últi mos días, tras unha morte a fi n de semana cando se levaban dúas semanas sen decesos.

GALICIA. Tamén en Galicia os datos son positi vos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sa-nidade informa que, na últi ma ac-tualización do 12 de maio, o número de casos acti vos de coronavirus as-cende a 2.322, deles 530 son da área da Coruña, 133 da de Lugo, 362 da de Ourense, 123 da de Pontevedra, 626 da área de Vigo, 461 da de San-ti ago, e 87 da de Ferrol. Do total de pacientes positi vos, 25 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas, rexistrán-dose 595 falecementos.O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais

de servizos sociais vanse erradicando pouco a pouco e lograron descender ao 1,2% do total dos residentes.Debido á erráti ca actualización dos datos da Xunta, que suma os positi -vos con anti corpos cos de PRC de for-ma aleatoria, é difí cil saber os datos con exacti tude, aínda que se sabe xa que o número de contaxios mantén unha tendencia á baixa ao igual que o número de hospitalizados.

ESPAÑA. En España o confi namento tamén trouxo o control da pande-mia. Malia que o número de faleci-dos por xornada baixou moito, os datos seguen sendo durísimos con 26.920 falecidos nesta crise. Ade-mais, 228.030 persoas deron posi-ti vo nunha proba PCR, o que supón 426 máis nun día. Do mesmo xeito, 138.980 pacientes xa están curados.

Segue a información diaria en: www.amariñaxa.com Fonte: Ministerio de Sanidade e Sergas

Page 3: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 3covid-19

españa

· REUNIÓNS E ACTIVIDADES DE TURISMO DE ATA 10 PERSOAS

· HOSTALARÍASó terrazas ao 50% da súa capacidade. Os hoteis e aloxamentos turís�cos manterán as zonas comúns pechadas.

· TENDASAbren locais de menos de 400m2, non inclúe os centros comerciais.

· LUGARES DE CULTOPoderán abrir, pero limitando 1/3 do seu aforo.

· MERCADOSLimitados ao 25% dos postos habituais e un 1/3 do aforo.

· BIBLIOTECAS, MUSEOS E ESPECTÁCULOSLimitación de aforo, e os espectáculos con 30 persoas en espazos pechadose de 200 ao aire libre.

FASE 0 FASE 1 FASE 2 FASE 3

Mínimo dúas

semanas

Mínimo dúas

semanas

NORMALIDADE

Mínimo dúas

semanas

FASE 1

PLAN PARA A TRANSICIÓN HACIA UNHA NOVA NORMALIDADE

MAIO L M M X V S D11 12 13 14 15 16 1718 19 20 21 22 23 2425 26 27 28 29 30 31

XUÑO1 2 3 4 5 6 78 9 10 11 12 13 1415 16 17 18 19 20 2122 23 24 25 26 27 28

FASE 2

RESTAURACIÓN: Limitación de aforo a 1/3. CURSO ESCOLAR: Non comezará ata setembro pero hai excepcións. Os alumnos de 2º de BAC poderán acudir aos centros que acollan a EBAU.ESPECTÁCULOS: Cinemas e teatros, con butacas preasignadas e limitación de aforo. Os eventos en espazos pechados de ata 50 persoas e ao aire libre, de menos de 400 persoas.CULTO: Limitarán o seu aforo ao 50%.VIAXES: Permítense ir a segundas residencia sempre que estén na mesma provincia.CAZA E PESCA: Permi�das.

FASE 3

COMERCIOS: Aforo ao 50%.RESTAURACIÓN: Suavizaranse as restricións de aforo e ocupación. A separación entre o público con�nuará sendo obrigatoria.ESPECTÁCULOS: Ocio ao aire libre de menos de 800 persoas, todas sentadas.

NORMALIDADE

Manteranse as medidas de distanciamento e de hixiene

Comeza o proceso de desescaladaGalicia avanza de fase no proceso de volta á normalidade e consegue unha serie de liberdades para a súa poboación

Tras seis semanas de estricto con-fi namento e outras dúas cunhas pequenas liberdades, o Consello de Ministros aprobou o 8 de maio a estratexia que seguirá España para abandonar as medidas restriti vas impostas polo estado de alarma. Coñecido como plan de desescala-da, o presidente do Gogerno anun-ciou que se faría en catro fases nas que as normas aplicaranse de forma gradual e serán comúns en todas as provincias aínda que se aplicarán a disti nto ritmo segundo como evolu-cione o coronavirus en cada zona.Así foi como deu comezo a Fase 0 a fi nais do mes de abril na que os pequenos puideron saír de novo ás rúas, aínda que só fose unha hora ao día, comezaron a abrir os primeiros comercios de non alimentación con cita previa e os deporti stas tamén puideron saír ao exterior.Sen dúbida os datos da baixa inci-dencia do virus en Galicia así como a situación da súa Sanidade foron cla-ves á hora de poder dar o paso que lles permite agora aos galegos novas liberdades como abrir o comercio, as terrazas, os aloxamentos turísti cos, os lugares de culto e os centros de-porti vos. Desde agora, a desescalada cara á nova normalidade prolongarase du-rante as seis ou oito semanas seguin-tes, é dicir, ata fi nais de xuño.Cada fase terá unha duración míni-ma de dúas semanas ao ser o pe-ríodo medio de incubación do virus. Que unha rexión avance á seguinte fase dependerá, en todo caso, de se cumpre con indicadores sanitarios marcados. Durante o tempo que dure a desescalada recomendarase o uso xeneralizado da máscara.

AS NOVAS NORMAS

• Mantéñense as saídas para compras esenciais, traballos, paseo de mascotas, paseos de nenos e maiores dependentes e os horarios para localidades de máis de 5.000 habitantes.

• Posibilidade de desprazarse dentro da provincia.

• Reunións de ata dez persoas. Pódense realizar tanto en do-micilios parti culares como en espazos públicos.

• Primarase o teletraballo para o resto, sen restriccións.

• Poden abrir os locais comer-ciais de menos de 400 metros cadrados e algúns máis gran-des como os concesionarios. Quedan excluídas as tendas dos centros comerciais.

• Están permiti dos os mercados ao aire libre aumentando os espazos.

• Permítese a apertura das te-rrazas pero ao 50% de capaci-dade.

• Velorios e enterros cun máxi-mo de 10 persoas en interior e de 15 en exterior. Os templos relixiosos ao 30% do aforo.

• Bibliotecas con aforo limitado ao igual que funcións culturais.

• Prácti ca de deportes ao aire libre.

• Reacti vación dos servizos so-ciais con atención prioritaria a colecti vos desfavorecidos.

• En todas as acti vidades man-terase o uso de material de protección como máscaras e a distancia de dous metros.

Page 4: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

4 maio 2020 covid-19

galicia

BALANCE

• ORDENADORES. Os centros de ensino da provincia de Lugo emprestaron un total de 1.149 equipos a familias con menos recursos dende o inicio da crise do coronavirus, co fi n de que o alumnado poida seguir a acti vi-dade educati va en liña. A Xunta foi a encargada de reparti rlos tras sumar outros 300 equipos e 392 conexións a internet.

• REPARTO DE LIBROS. Final-mente e tras moitas peti cións e iniciati vas propias dos colexios da provincia, a Xunta acordou a posta en marcha dun dispo-siti vo para que os colexios ini-cien o reparto de libros e outro material escolar para aquelas familias que, con moti vo da de-claración do estado de alarma, non puideron achegarse ao seu centro e recuperalo. Serán axentes medioambientais vo-luntarios os encargados.

• MATRÍCULA SECUNDARIA. O luns abriuse unha nova quen-da de matriculación para os centros públicos docentes en Secundaria para o curso 2020/2021, prazo que se man-terá aberto ata o 18 de maio.

• MÁSCARAS. A Xunta de Galicia foi acusada de “facer propa-ganda insti tucional” co repar-to de máscaras nas farmacias co logoti po da administración impreso no envoltorio. Están desti nadas a pensionistas, per-soas en risco de exclusión e desempregados e o coste do empaquetado e envío superou os 900.000 euros.

• DESINFECCIÓNS. A Xunta leva realizadas 773 actuacións de desinfección nos exteriores dos centros de saúde (500) e resi-denciais da provincia (255) . En xeral, interveñen nos concellos de menos de 5.000 habitantes e limpan tamén outros espazos públicos sensibles.

O Comité de Expertos Económicos de Galicia propuxo unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus. A criterio deste órgano, as medidas en Espa-ña deben ir en liña coas que se es-tán a tomar no ámbito da UE, para non afectar á competi ti vidade da nosa estrutura empresarial.O comité de expertos considera que na actuación das administra-cións públicas débese dar priori-dade ás empresas directamente afectadas polas medidas de con-tención e aquelas nas que o seu volume de operacións diminuíse como mínimo un 35% respecto ao ano anterior.Ademais, reclama un liderado es-tatal na primeira fase, que reserve a un momento ulterior as medidas autonómicas e locais para evitar solapamentos. Tamén é funda-mental que o maior esforzo orza-mentario das medidas orientadas a garanti r a liquidez das empresas se faga no curto prazo, evitando así que un problema de liquidez.En primeiro lugar, o Comité de Ex-pertos propón diversas actuacións no ámbito dos principais impostos estatais como a eliminación de for-

ma transitoria do sistema de pagos a conta do IRPF e do Imposto sobre Sociedades para as empresas afec-tadas pola crise, así como a modi-fi cación do prazo de declaración e ingreso das autoliquidacións do IVE correspondente aos dous pri-meiros trimestres de 2020.Abren a posibilidade de rescatar plans de pensións sen penalización e apostan por modifi car a normati -va sobre ingreso do IVE das factu-ras impagadas e por mellorar a liña dos avais do Estado canalizados polo ICO. Neste senti do, demánda-

se axilizar este procedemento para que os créditos cubran os custos de mantemento das empresas.O comité de asesoramento econó-mico tamén reclama ao Goberno central que habilite axudas especí-fi cas para que as empresas poidan adaptar os seus centros aos novos protocolos de seguridade.

XUNTA. No ámbito autonómico, o comité de expertos propón un sis-tema de portelo único que asesore ao tecido empresarial para todas as axudas e tramitacións depen-

dentes da Xunta. Tamén se solicita un reforzo dos avais do IGAPE, para cubrir necesidades fi nanceiras por riba dos 200.000 euros, e a posibili-dade de ampliar o montante global das liñas xa existentes –hoxe é de 250 millóns de euros- se fose ne-cesario.Os expertos tamén ven oportuno aprobar liñas específi cas adapta-das ás parti cularidades de algúns sectores, e lograr unha maior ra-pidez e axilidade na tramitación e pago das liñas acti vas de liquidez. E tamén no ámbito galego, pídese orientar as Sociedades de Garan-tí a a pemes e autónomos excluí-das polos avais estatais. Ademais, apóstase por axilizar o pago aos proveedores das diferentes ad-ministracións públicas. Tamén se propón axilizar o pago das subven-cións xa aprobadas, o que incre-mentará a liquidez das empresas benefi ciarias de ditas subvencións.No ámbito municipal, apóstase pola reordenación en 2020 dos ca-lendarios fi scais municipais do IBI, do IVTM e do IAE, a fi n de que con-verxan co de aqueles municipios que optan polo cobro no últi mo trimestre do ano.

Un comité de expertos propón unha vintena de medidas para conter a crise

SAF. A Xunta fi xo un recoñecemento ao labor desenvolvido polo persoal de Axuda no Fogar “durante todo o ano pero especialmente trala chega-da da pandemia”. O delegado manti vo unha xuntanza por videoconfe-rencia con traballadoras dos concellos do Vicedo, O Saviñao, As Nogais, Castro de Rei e Friol, que representan aos máis de 2.400 profesionais que na provincia atenden a 4.100 persoas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a posibi-lidade de celebrar as eleccións ao goberno autonómico durante o mes de xullo xa que considera que “prorrogar a lexislatura máis dos catro anos” sería a “peor solu-ción” e aposta por “buscar fórmu-las” para poder celebrar as elec-cións antes do mes de outono xa que hai perigo de que se produza un rebrote do coronavirusO presidente galego alega diferen-

tes moti vos para non ir máis aló do mes de outubro, xa que nunca se fi xo, non hai ordenamento xu-rídico, desaparecería o equilibro entre os disti ntos poderes e que se abriría un proceso incerto.Prevé que serán “eleccións con difi cultades, con distanciamen-to social, con colexios electorais máis amplos dos que temos, con lugares onde haxa menos aglome-racións e cunha campaña impor-tante de voto por correo”.

Feijóo avanza que as eleccións galegas poderían ser en xullo

Fonte: Ministerio de Sanidade e Sergas a día 12 de maio

CASOS ACTIVOS

LUGO: 133

A CORUÑA: 1078

OURENSE: 362

PONTEVEDRA: 749

TOTAL: 2.322

Page 5: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 5covid-19

a provincia

Tras unha rolda de contactos da De-putación cos axentes económicos e sociais sobre a situación derivada da crise sanitaria, fi xo públicas as medi-das que está tomando para impulsar os sectores produti vos.Por unha banda, aprobou o Plan Úni-co 2020, que inxectará de maneira directa nos 67 concellos da provincia 21,3 millóns, e que foi adaptado polo Goberno provincial para que os mu-nicipios poidan cubrir con 10,6 mi-llóns medidas sociais e económicas fronte ao coronavirus.Tamén inxectou 11 millóns co adian-to dos pagos mensuais previstos ata xuño aos concellos que teñen delegada na insti tución a xesti ón de impostos municipais, o que lles pro-porcionará maior liquidez para o que consideren máis oportuno na súa realidade individual.Entre outras medidas, a Deputación de Lugo suspendeu todos os prazos de tramitación dos procedementos da insti tución, dálle prioridade du-rante os estado de alarma ao pago

a provedores da administración, sus-pendeu o cobro do canon das insta-lacións provinciais pechadas polo es-tado de alarma, e manterá todos os contratos e o volume de facturación coas empresas prestadoras de ser-vizos públicos. Decisións todas elas que contribúen a dar maior liquidez ás empresas e protexer o emprego.Tamén publicou o Plan Estratéxico de Subvencións (PES), o instrumen-to que regula a concesión de axudas ao conxunto do tecido asociati vo da provincia e que inclúe un mínimo de 5,7millóns de euros, que poderán in-crementarse en función do crédito.Este orzamento para subvencións de carácter nominati vo e de con-correncia servirá para contribuír ao desenvolvemento de proxectos que impulsen o emprego e os sectores produti vos, o benestar social ou a promoción do territorio e o turismo.A insti tución traballa no deseño dunha campaña de promoción dos sectores produti vos para a súa reac-ti vación.

A Deputación pon en marcha medidas para o sector produti vo

Reunión do comité de seguimento dos centros de maiores

OUTRAS MEDIDAS

• OBRA PÚBLICA. A Deputación vén de reacti var os procede-mentos de licitación para con-tratar obras, servizos e sub-ministros públicos. Fíxoo ao abeiro da decisión de levantar a suspensión deste ti po de pro-cedementos que se incluíra no decreto do 14 de marzo que estableceu o estado de alarma. Desta forma volve promover ex-pedientes de contratación para incenti var o tecido empresarial.

• TURISMO. Puxo a disposición do sector turísti co información relevante para facilitar a deses-calada e a adaptación á nova realidade xurdida pola crise sa-nitaria do Covid-19 a través nun novo espazo na páxina web de Turismo, que ten documenta-ción como o Plan de Transición cara a Nova Normalidade.

• MEDIR AS SAÍDAS. Acti vou a aplicación Mide a túa saída para facilitarlle aos cidadáns os des-prazamentos que se poden rea-lizar durante a desescalada do confi namento decretado pola crise do coronavirus.

O Parque Móbil de Deputación pro-vincial realizou a primeira fase do reparto de máscaras cirúrxicas para a protección dos veciños e veciñas da provincia fronte ao Covid-19, na que se entregaron preto de 72.000 unidades nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Deste xeito, só nesta primeira remesa, a insti -tución provincial cubre co material que adquiriu con fondos propios máis do 30% da poboación total destes municipios, tal e como su-bliñou o presidente, quen avanzou ademais que nunha segunda fase de distribución de máscaras a De-putación pretende chegar ata o 50% da poboación destes concellos.

A distribución de material por mu-nicipios determinouse de maneira proporcional ao seu número de ha-bitantes, tomando como referencia o 30% da súa poboación. A insti tución provincial realizou va-rios pedidos que roldan cada un as de 220.000 unidades de material hixiénico-sanitario de protección fronte ao coronavirus Covid-19. O mandatario provincial explica que se adquire este material para a pro-tección fronte ao virus do persoal propio da Deputación, das persoas usuarias dos servizos públicos que presta a insti tución, como os cen-tros de atención a maiores, e tamén para a súa distribución na provincia.

Distribúe material de protección entre os concellos

Page 6: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

6 maio 2020 covid-19

FAMILIAS. O Concello de Bure-la centrouse dende o principio na asistencia e seguimento telefónico ás familias máis vulnerables Dende que se decretou o estado de alarma xa son 45 familias a maiores as que recibiron asistencia: alimentos, me-dicamentos, bens de primeira ne-cesidade. Esto vaise incrementando a medida que pasan os días, tendo nestes momentos unha media de seis chamadas semanais solicitando axuda.

INFANCIA. Habilitaron un sistema de detección de necesidades básicas para familias vulnerables con meno-res ao cargo, con asistencia telefó-nica e reparto semanal de bens de primeira necesidade para cubrir aos menores. Implantaron un sistema colaborati vo cos centros educati -vos, no que a través do Concello as familias vulnerables reciben material impreso polos propios centros que o Concello recolle e fai chegar ás fami-lias.Colaboraron tamén cos centros educati vos no reparto de ordena-dores que enviou a Consellería para alumnos que o precisaban, e nos ordenadores que os propios centros habilitaron para cubrir necesidades. A maiores creouse un banco de re-cursos no que empresas e parti cula-res fi xeron doazóns de equipos, que á súa vez outras empresas poñen a punto de maneira desinteresada e colaborando co banco de recursos para doar a alumnos. A través de Adamo, conseguiron proveer de internet a máis de 10 ne-nos e nenas de familias vulnerables que non ti ñan conexión.

PERSONAS SEN FOGAR. Dende que se decretou o estado de alarma atenderon casos de persoas sen fo-gar que aloxaron no hotel habilitado para este ti po de actuacións. A ma-nutención é dirixida e custeada polo Centro San Aníbal, con quen colabo-ramos moi estreitamente.

SAÚDE PÚBLICA. Dende a semana anterior do estado de alarma levou-se a cabo unha campaña na que par-ti ciparon moitos cidadáns do pobo co lema #quedanacasa.

Impulsaron un taller de elaboración de máscaras para cubrir aos de ser-vizos esenciais durante as primeiras semanas. Entregaron máis de 5000 a adultos e tamén a nenos de entre 3 e 14 anos cunha mensaxe de no-raboa e ánimo. Agora están a realizar unha campaña sobre a desescalada. Recomendacións para a poboación sobre como actuar nestes intres.

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. Estanse atendendo 48 usuarios de Dependencia. Seguindo co servizo suspendido a 21 usuarios por peti -ción expresa das familias. De libre concorrencia préstase servizo a 29 usuarios.Dende o departamento de Servizos Sociais esti veron en contacto coas familias dos centros de día tanto lo-cais como de municipios veciños dos que fan uso e tamén con familias usuarias de AFAN e Fundación EU SON. A día de hoxe préstase servizo a 7 familias, esperando ainda resposta por algunha das contactadas.CAMPAÑA AXUDÁMOSCHE. A tra-

vés do teléfono 982 58 13 13 as per-soas maiores ou vulnerables poden contar co apoio do Concello para realizar compras de alimentos e me-dicamentos. Actualmente prestan unha media de dous servizos diarios. Para xesti onar isto, temos un retén 24 horas ao teléfono (Protección Civil) e dous equipos: un de técnicos que xesti onan o funcionamento e un de traballadores municipais que desenrolan o rol de voluntarios para facer o servizo.

BURELA

por concellos

CAMBIOS ORZAMENTARIOS. No convenio ao que chegaron Por Viveiro e o PSOE establecéronse unha serie de medidas:- Incremento da parti da económi-ca para emerxencia social.- Axudas a autónomos en situa-ción de vulnerabilidade. Abono das tres primeiras cotas de autó-nomo desde o reinicio da acti vi-dade, por importe da cota míni-ma de 283,31 euros. Crearanse unhas bases xusti fi cati vas para obter a axuda.-Incremento das axudas directas ás asociacións de comerciantes para a realización de campañas de acti vación do comercio local, así como para a dotación de pla-taformas de venda online.- Campañas de acti vación do co-mercio propias realizadas polo Concello.- Bonifi cación da taxa por ocupa-ción de vía pública de todas as terrazas de veladores do Conce-llo, en chan municipal, ou abono de axuda directa para o pago da taxa, no caso de existi r, por parte doutras administracións públicas- Subministración de medios de seguridade para a apertura dos locais. Dotación de luvas, másca-ras e xeles, por imperati vo legal, se así o necesitasen.- Anulación das taxas dos merca-dos, tanto da praza Maior como do Corte Inglés.-Fraccionamento da cobranza do IBI en tres pagos espaciados no tempo.- Manter o servizo de impresión escolar para persoas en situación de vulnerabilidade durante o cur-so 2020-2021.11.

BONOBUS. O Concello de Viveiro informa aos estudantes usuarios da tarxeta bonifi cada de trans-porte (bonobús) que tras conver-sas coa empresa Arriva poderán ampliar a caducidade das meses ou solicitar un reembolso polas viaxes non desfrutadas desde me-diados de marzo.En concreto, cando as taquillas das disti ntas estacións volvan a funcionar, aqueles mozos que te-ñan as súas tarxetas de transporte cargadas con viaxes non desfruta-das a raíz da situción provocada polo COVID-19, poderán solicitar a ampliación da caducidade das mesmas ata o vindeiro curso ou o reembolso perti nente.O Concello de Viveiro vén pres-tando este servizo de bonobús en colaboración con Arriva para ofre-cer un servizo de transporte máis efi ciente e de menor custo para os veciños deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha ti tulación universita-

ria ou ciclo formati vo que non se imparta en Viveiro.Con respecto aos prezos que Arri-va establece para cada viaxe en función do número de bonos que se adquiran, o concello subven-ciona a cada usuario deste servizo a metade do importe correspon-dente a cada viaxe.Neste curso 2019/2020, 32 mo-zos e mozas empregan este ser-vizo subvencionado ao 50% polo Concello de Viveiro para facilitar o desprazamento ás cidades de Lugo, A Coruña e Santi ago.

SERVIZO DE AUGA. O Concello vén de aprobar os padróns de auga e canon de saneamento, rede de sumidoiros e taxa de re-collida de Lixo, correspondentes ao primeiro trimestre do 2020, iniciándose o cobro destes recibos a parti r do 30 de abril.A empresa concesionaria do ser-vizo de abastecemento de auga acordou a adopción dunha serie de medidas que se establecen co obxecti vo de facilitar o pago dos

recibos deste servizo.Entre elas está o fi nanciamento ou aprazamento de facturas, sen intereses, a todos os colecti vos que ante esta situación excep-cional presenten difi cultades no pago das súas facturas; para isto, os usuarios deben contactar te-lefónicamente coa empresa con-cesionaria, que analizará cada situación en parti cular co fi n de fl exibilizar os pagos.

GARDERÍA. Como consecuencia da suspensión da acti vidade, no Concello déronse as indicacións oportunas a cada un dos depar-tamentos municipais para que no momento da elaboración dos pa-dróns, tanto deste como doutros servizos que implican o cobro de taxas, se teña en conta esta sus-pensión aos efectos de liquidar nas mensualidades afectadas uni-camente os importes non afecta-dos pola suspensión, quedando, polo tanto, o cobro das taxas para-lizado dende o peche da mesma.Tendo en conta esta situación e as restricións derivadas do estado de alarma, o Concello de Viveiro acordou pospoñer o prazo de ma-trícula da gardería municipal que, habitualmente, adoitaba realizar-se no mes de abril.Neste senti do, o prazo inicial-mente establecido para realizar a matrícula neste servizo muni-cipal será do 20 de maio ao 20 de xuño de 2020, adverti ndo, en todo caso, de que no suposto de producirse unha prórroga do es-tado de alarma, este prazo para a matrícula sería tamén prorrogado polo tempo necesario.

VIVEIRO

Page 7: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 7covid-19

MEDIDAS FISCAIS. As medidas económicas e fiscais que puxo en marcha o Concello de Foz inclúen a eliminación do cobro das taxas no período entre o 13 de marzo e o día que se produza o levantamento do Estado de Alarma como Escolas Deportivas Municipais, mercado dos martes, ocupación de vía pú-blica por obras e andamios, Escola de Música e Servizo de Axuda no Fogar para os usuarios que lles foi suspendido o servizo.Tamén elimínase o cobro das taxas por terrazas aos locais de hostala-ría durante o período de alarma, e a de recollida de lixo a aqueles establecementos que tiveran que pechar as súas portas por estar a súa actividade suspendida duran-te este tempo.Ademais solicitouse o retraso nos cobros dos padróns tributarios como o imposto de vehículos de Tracción Mecánica, IBI ou IAE aos últimos meses do ano, cando se entende que estará superada a fase máis aguda da crise, para aliviar economicamente nestes meses as economías dos veciños. E solicitouse ás administracións o fraccionamento de oficio de xeito xenérico dos impostos.A aplicación da eliminación de taxas será de oficio salvo a de re-

collida de lixo, que se poderá so-licitar a partir deste luns por sede electrónica e a través dun modelo xenérico conformado polos servi-zos técnicos do Concello de Foz.

INTERNET. Os estudantes de Foz en situación de vulnerabilidade terán conexión gratuíta a inter-net ata final de curso. O rexedor municipal explica que “a empre-sa de telecomunicacións Adamo en colaboración co Concello de Foz ofrece conexión gratuíta a in-ternet ata final de curso a todos aqueles estudantes en situación de vulnerabilidade que carezan dela. É unha gran iniciativa que permitirá a aqueles estudantes que carecían de dita conexión po-

der seguir o curso en igualdade de condicións. Fará menor esa caren-cia dixital que, como ben dixo a ministra Cela, é una fenda social”.Fran Cajoto engade que “en coor-dinación cos centros, o Concello xa levaba tempo recabando infor-mación sobre o número e cales son as necesidades a nivel educa-tivo, xa que este curso vaise reali-zar on line, o cal faría que un nú-mero importante de alumnos non puidesen rematalo en igualdade de condicións”.

PASEOS. O paseo marítimo da vila focense é agora de sentido único de A Rapadoira a Llas para garantir o distanciamento entre as moitas persoas que o utilizan estes días.

FOZ

TERRAZAS. Desde o Concello haberá flexibilidade para a am-pliación das terrazas dos bares e restaurantes en Ribadeo, sempre e cando se garanta a seguridade viaria. O rexedor dixo que cando se saiban as normas precisas do Estado, e de acordo con Acisa, haberá que estudar a ordenanza reguladora para adaptala á nova normalidade.

AXUDÉMONOS. A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade, lanzou a campaña #AxudémoNOS co obxectivo de apoiar todo tipo de negocios de Ribadeo.Co lema Compra agora e goza

despois, este programa levárase a cabo a través dunha campaña que integrará unha plataforma de intermediación onde os esta-blecementos poderán ofrecer os seus produtos ou servizos agora para que os seus clientes os con-suman cando remate a corentena. Será a través de bonos prepago. Poderán adherirse gratuitamente os negocios de Ribadeo, e a única condición será ofrecer un bono ou varios que inclúan descontos. Os negocios que queiran adherirse deberán cubrir toda a informa-ción solicitada no formulario web https://bit.ly/axudemonos.

RIBADEO

A edil de Facenda e o alcalde, Fran Cajoto

RECIBOS MUNICIPAIS. O Con-cello anunciou a suspensión da emisión dos recibos municipais correspondentes aos servizos que sofren algún tipo de modifi-cación nestes momentos.Polo tanto, as persoas usuarias dos servizos municipais da esco-la infantil, ximnasio, servizo de axuda no fogar ou aquelas que teñan espazos municipais aluga-dos, non terán que facer fronte ao custo dos mesmos namentres dure o estado de alarma.

AUGA. O goberno municipal acordou coa empresa encargada da xestión de clientes do servi-zo municipal de subministro de

auga o aprazamento da emisión de recibos do primeiro bimestre do ano, que correspondería co-brar no mes de abril.Así, o Concello paralizou o cobro de recibos ata que se garantira

que aquelas persoas que sufri-ron consecuencias laborais per-cibiran as respectivas axudas. Por esa razón, os recibos domici-liados cargaranse en conta o 15 de maio e o período para o pago

voluntario amplíase desde o 18 de maio ao 31 de xullo.

TERRAZAS. A alcaldesa facilitará, previa solicitude, a utilización de espazo público local anexo aos locais de hostalería para o seu uso privativo, sempre que poida garantirse o tránsito de peóns e as condicións de limpeza e salu-bridade, para dotar de maior es-pazo aos locais nas súas terrazasIgualmente, aquelas que se ins-talen en terreos privados non se verán sometidas ao trámite municipal de comunicación, sim-plemente se requirirá unha co-municación para poder realizar o control de distancias.

BARREIROSMÁSCARAS. O Concello adquiriu 3.000 máscaras que serán repar-tidas a todos os veciños da vila. Foron entregadas nos domicilios, porta a porta polo propio Conce-llo.

RECIBO DO LIXO. O alcalde expli-cou que o Concello modificará as ordenanzas municipais para exi-mir do pago dos recibos de auga e do lixo ás empresas e estable-cementos que tiveron que pechar polo COVI-19 na vila.

TAXAS MUNICIPAIS. Todos os usuarios e usuarias das escolas deportivas, teatro ou música de-pendentes do Concello, teñen suspendidas o cobro das taxas municipais.

A PONTENOVA

Page 8: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

8 maio 2020 covid-19

MÁSCARAS. O Concello de Alfoz continúa co reparto de másca-ras a todos os veciños. Os inte-resados poden chamar ao 982 558 001 ou pasar a recollelas polo Concello de 9:00 a 14:00 de luns a venres. As empresas que xa recolleron e precisen máis, poden volver a recoller ata esgotar existencias, propor-cionalmente ao número de tra-balladores.

ORZAMENTOS. Vía Alfoz fixo unha proposta al goberno para que modifique o proxecto dos orzamentos, xa que vai haber partidas de gastos que non se van poder executar polas novas circunstancias, podendo incluír outras partidas necesarias para paliar os efectos que o Covid-19 terá sobre o tecido empresa-rial”.

ALFOZ

RECIBO DE LIXO. O Concello de Ourol non cobrará o recibo de lixo durante o estado de alarma aos hostaleiros do Concello.

MÁSCARAS. Ademais seguen co reparto de máscaras e de mate-rial sanitario a todos os veciños, e do servizo de apoio a domi-cilio co fin de achegar medica-mentos, produtos de primeira necesitade ou alimentación aos que o precisen.

OUROL

ESTUDANTES. O Concello do Vala-douro, colabora co Ceip Santa María de Ferreira e co IES Alfoz-Valadouro para facer máis doado que todos os estudantes dispoñan dos mesmos medios.O reparto de tarefas impresas para os máis pequenos ou o préstamo de equipos informáticos son algunhas das accións que o Concello está a le-var a cabo.Deste xeito se algún alumno que cur-se algunha ensinanza regrada fora do municipio (Bacharelato, Forma-ción Profesional ou Universidade) se atopa con algunha dificultade na que o Concello teña a posibilidade de axudarlle, pode poñerse en contacto no 982 574 000, de luns a venres de 9 a 14 horas.

PROGRAMA ACTIVA VALADOURO. O equipo de Goberno do Valadouro non logrou sacar adiante o Progra-ma Activa Valadouro, que conta cun orzamento de 118.000 euros e que tiña como obxecto paliar e actuar de maneira inmediata, ante as con-secuencias derivadas da crise eco-nómica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade, outorgando liquidez ás empresas do municipio do Valadouro. Maseda explicou que o Programa Activa Valadouro conta con dúas liñas de actuación que perseguen contribuír a rescatar ás familias que o necesiten, así como activar o teci-do empresarial e os autónomos da vila. Por unha banda, unha priemi-ra liña está destinada a empresas e autónomos que viron afectada a súa actividade económica a raíz do de-creto de Estado de Alarma, ou que

sufriron perdas do 75% na súa factu-ración respecto o mes de febreiro. E outra segunda liña de axudas é para persoas empadroadas no Valadouro, que se viron afectadas por Ertes ou obrigadas a solicitar un permiso non retribuído para o coidado de fillos menores de 13 anos, tras verse afec-tados polo peche dos centros edu-cativos e dos servizos que o propio Concello tiña activos para facilitar a conciliación familiar. Nesa liña lembrou que o proxecto Activa Valadouro “conta cun presu-posto inicial de 48.000 euros, que se poderán ampliar ata dar cobertura, si houbera un incremento de solici-tudes”. Maseda avanzou ademais que “o goberno municipal tamén so-metera a votación do pleno as bases extraordinarias que regularán a con-cesión de subvencións a Asociacións de Veciños para inversións destina-das á loita contra as consecuencias do COVID-19 neste 2020, que conta cunha partida de 70.000 euros”. O plan no saiu adiante xa que non se aprobou o suplemento de crédito de 509.636,53 euros para dotar presu-postaríamente o programa e ás sub-vencións das Asociacións de Veciños. Do mesmo xeito tiña previsto in-crementar as partidas destinas ao SAF (Servizo de Axuda no Fogar), a prevención e loita contra incendios forestais, a regulación dos gastos co consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a posibles adaptacións nas dependencias mu-nicipais para a prevención contra o COVID-19, posibilita a creación dun fondo de continxencia ante posibles gastos producidos por baixas labo-rais do persoal municipal.

O VALADOURO

AUTÓNOMOS. O Concello de Mon-doñedo está a traballar nunha nova medida de apoio a autónomos e empresas afectados polo peche ou pola perda de facturación nos seus negocios derivada do Covid-19. Trá-tase da posta en marcha dunha con-vocatoria de axudas para contribuír a sufragar gastos derivados da súa ac-tividade económica. Concretamen-te, as facturas da luz.Así, “coa mellor vontade e dentro dun gran compromiso cos autóno-mos e pequenas empresas do noso municipio afectadas”, o executivo local destinará a esta iniciativa as cantidades económicas obtidas pola venda das parcelas no polígono.

TURISMO. Están a preparar un plan de reactivación e de estímulo para os distintos sectores. Nese sentido, o Concello traballa no deseño dun programa de actividades e de capta-ción do turismo de proximidade para aplicar tan pronto como finalice o confinamento.

O Concello perfila o plan de turis-mo en coordinación coas redes nas que participa, como é o caso de Los Pueblos más Bonitos de España, así como a Rede de Cidades Creativas de España. O Concello ten moi presente tamén a consideración de A Mariña como xeodestino e as oportunida-des que ofrece o Camiño Norte.

PANTALLAS. O goberno local mindo-niense está a facer entrega de panta-llas de protección e máscaras entre o pequeno comercio da cidade.

ALUGUEIRO. Suspendeuse o cobro de alugueiro dos locais municipais coma os da Praza de Abastos.

EXENCIÓN DE TAXAS. No marco das medidas para superar a crise no aspecto económico, o Concello establecerá exencións nas taxas por recollida de lixo e instalación de te-rrazas durante un tempo para axu-dar á reactivación.

MONDOÑEDO

AUTÓNOMOS. O Concello de Rio-torto anunciou que ofrecerá unha axuda directa equivalente ao pago do recibo íntegro aos autonómos veciños do municipio que tiveron que pechar os seus negocios como consecuencia do actual estado de alarma motivado pola crise sanitaria do coronavirus.Os requisitos para facerse con esta axuda é ter un negocio ou actividade dentro deste termo municipal e ver-se obrigados a pechalo pola emer-xencia do Covid-19. Ademais, teñen que estar empadroados no Concello.O Concello abonará un importe igual

ao dos recibidos a partir de media-dos de marzo, é dicir, a metade dese mes e o íntegro do actual abril.Os interesados en beneficiarse desta axuda municipal poden presentar as súas solicitudes nas oficinas munici-pais unha vez que se levante o esta-do de alarma, a fin de que se tramite dita medida.Pola súa banda, o concelleiro nacio-nalista Luis Fernández urxe ao execu-tivo do Partido Popular “a aprobar as bases e a convocatoria das axudas, para que as persoas interesadas te-ñan información sobra as contías e os prazos de solicitude”.

RIOTORTO

MATERIAL. O persoal do Parque Móbil da Deputación Provincial desenvolveu un novo reparto de material de protección fonte ao Covid-19 nos catro centros de atención a maiores Trabada, Ri-badeo, Pol e A Fonsagrada. Cada un dos centros recibiu 1.000 mas-carillas cirúrxicas, 300 mascarillas FFP2, 60 mascarillas FFP3, 900 cal-zas, 600 gorros e 2 xeles hidroal-cólicos de 1 litro.

TRABADA

Page 9: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 9covid-19

TAXA DE LIXO. O Concello de Cervo condonará a taxa de lixo a aqueles negocios que se viron obrigados ao peche a causa do COVID-19.En concreto, non se cobrará este servizo, que o Concello xestiona di-rectamente, desde o 15 de marzo e durante o tempo no que os estable-cementos se vexan obrigados a ter paralizada a súa actividade.Tal e como apuntan, poñeranse en contacto con todas aquelas persoas que xestionen estes negocios afec-tados para informalos das medidas, para avaliar con eles a situación e o plan de desescalada que acabamos de iniciar.

TERRAZAS. A fin de aliviar a carga destes pequenos empresarios, outra das medidas que se adoptou é a eli-minación da taxa de terraza desde o

15 de marzo e ata que estes negocios poidan normalizar a súa actividade.

SERVIZOS. O Concello non emitirá recibos ás persoas usuarias daqueles servizos que non se estean prestan-do a causa do coronavirus.Deste xeito, desde o 15 de marzo non se cobrarán as taxas da Escola Infan-

til Municipal, das Escolas Deportivas Municipais e da Piscina Municipal que correspondan a este período de cese obrigado da actividade. Ade-mais, aprobouse a flexibilización do pago dos canons de todos os servi-zos municipais que se prestan de xei-to directo. Deste xeito, a veciñanza terá a posibilidade de aprazalo ata en catro meses, sen ningún tipo de recargo, e sen ter que comunicalo en dependencias municipais.

TALLER DE MEMORIA. O Concello reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a do-micilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais. Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e

no menor tempo posible o persoal municipal achegaralle toda a docu-mentación ao seu domicilio.Os técnicos da delegación de Servi-zos Sociais seguen a traballar na pre-paración de completos dosieres con exercicios de todo tipo, e estarán dispoñibles no teléfono antes citado para calquera tipo de consulta e para o seguimento das clases a domicilio.

VIDEOCHAMADAS. O Concello ini-ciou unha serie de videochamadas para informar a todas as persoas autónomas que xestionan negocios no municipio sobre as medidas que se tomaron ata o momento a nivel municipal para aliviar, dentro das po-sibilidades e das competencias que ten a administración local, a carga á que se enfrontan estes pequenos empresarios.

CERVO

MÁSCARAS. O Concello de O Vi-cedo puxo en marcha un proxec-to para que voluntarios poidan coser nas súas casas máscaras. Os interesados en participar neste proxecto deben chamar ao teléfono 660 19 27 65 (Pilar) e Protección Civil irá aos seus domicilios para subministrar o material co que confeccionar as máscaras. Unha vez rematadas, tamén persoal de Protección Ci-vil se achegará a recollelas e se-rán levadas a esterilizar antes de repartilas.

ANIVERSARIO. Protección Civil, sacando tempo do que lles queda libre estes días, ofrece achegarse á casa de todo neno que estea de aniversario e así poderlle cantar o Cumpreanos Feliz.

O VICEDO

ESCOLA DE MAIORES. Segue en activo dende os domicilios onde a educadora familiar Angélica Casa-bella elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixi-lante municipal. Entre o material entregado inclúense fichas de lín-gua, matemáticas, atención e con-centración, estimulación cognitiva e memoria.

MÁSCARAS. O Concello comezou a entrega de máscaras aos seus ve-ciños coas cales mellorar a súa se-guridade e previr o contaxio do co-ronavirus. O reparto estase a facer dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diaria-mente en horario de 10.00 a 13.30 horas. Estas máscaras están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello e as mesmas serán repartidas ata agotar existen-cias e, segundo se vaian recibindo, seguiranse repartindo.

REPARTO A DOMICILIO. Co fin de asegurar a continuidade e adheren-cia aos tratamentos e como medida excepcional o Concello pon a dispo-sición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabili-dade ou con movilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receita médica, evitando así os des-prazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas in-

teresadas deberán chamar directa-mente ao Concello 982 59 20 01, e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.

SAF. Con relación ao Servizo de Axu-da no Fogar tomáronse todas as me-

didas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na po-blación da terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes proble-máticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, con discapacida-de, dependentes, etc.Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perece-deros) ás familias con maiores ne-cesidades, asistindo a un total de 25 familias.Tamén puxeron en marcha o proxec-to Coas nosas cores buscamos o teu sorriso para animar a toda esa xente que está velando pola poboación, nos hospitais e nos centros residen-ciais galegos, ata as persoas enfer-mas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen po-der recibir as visitas dos seus seres queridos.Polo tanto continúan animando a to-dos os nenos e rapaces a que sigan enviando os seus debuxos, men-saxes, cartas, etc., para poder chegar ao maior número de xente.Teñen habilitado o seguinte correo electrónico [email protected], así como o teléfono 982 592 001, nos que están a atender todas as demandas e consultas, ademáis de ofrecelos como medios de informa-ción, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidan xurdir nestes días aos nosos veciños.

XOVE

MÁSCARAS. O Concello de estivo a repartir máscaras entre todos os ne-nos menores de 14 anos que xunto con elas reciben un diploma do Con-cello polo seu bo comportamento ante esta pandemia do Covid-19.Esta partida de máscaras infantís foron fabricadas no taller de costura de Lourenzá e sumanse ás máis de 3.000 unidades de adulto que tamén levan repartidas. Así mesmo, se lles está agasallando cunha lambetada donada polo supermercado Eros-ki de Lourenzá. Lembran que para aquelas persoas que aínda non dis-poñen delas que ambos modelos es-tán tamén dispoñibles gratuitamen-te na parafarmacia Conde Santo ou chamando ao teléfono de Servizos Sociais 982 121 036.

Á ESPERA DO PLENO. O equipo de Goberno de Lourenzá levará ao Pleno a modificación, con carácter excepcional das ordenanzas sobre a taxa de residuos sólidos urbáns, te-rrazas e daqueles negocios afectados polo estado de alarma.

Así mesmo, tampouco se procede-rá ao cobro dos seguintes servicios; Punto de Atención á Infancia, Escola de baile tradicional e ximnasio muni-cipal durante o período que non se prestou ese servizo.En canto ao sevicio de auga muni-cipal, en colaboración con Espina e Delfin, empresa adxudicataria, levaranse a cabo medidas como a de duplicarse o periodo voluntario de pago ata os catro meses, xa que normalmente o do primeiro tri-mestre era en maio e xuño, e con esta medida amplíase ata princi-pios de setembro (maio-xuño-xu-llo-agosto).Ademais, retrasarase a data de cargo no banco dos recibos domiciliados de maio ao mes de xuño e seguirase coa paralización dos expedientes de corte de auga por impago ata que se normalice a situación de alerta.Tamén seguirase coas medidas de aprazamento de pago mediante fraccionamento de recibos para aqueles abonados que así o precisen e que configuren un plan de pagos.

LOURENZÁ

Page 10: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

10 maio 2020 covid-19

A gasolineira de Ortegal Oil de Ba-rreiros viuse afectada pola escasa circulación de vehículos, “casi non se vende combusti ble”, di Antonio López, director de Ortegal Oil, “per-dimos arredor dun 60% nas ventas”.Durante os primeiros 15 días da crise foron aguantando sen aplicar ningún Erte, pero a primeiros de abril víron-se obrigados a reducir as xornadas de traballo dos seus empregados para poder adaptarse ás baixas ven-tas. Ademais de acollerse a un Erte e ter que pedir un aval ICO.Nestes momentos a empresa atópa-se “ao límite de aguantar a suspen-sión da acti vidade, pero afortuna-damente a fl exibilización de certas restriccións estos días, fan que se note unha mellora nas ventas”, di Antonio López.Ademais de ter o servizo de repos-taxe no parque empresarial de Ba-rreiros reparten gasóleo a domici-lio, “aí notamos un incremento das

vendas as dúas primeiras semanas, supoño que o tempo no que máis duro foi o confi namento e ao estar a xente nas súas casas, consúmese máis gasoil de calefacción e auga quente. Pasados esos 15 días, xa notamos que as vendas volveron á normalidade”.Tamén fala das medidas que pode-rían axudar aos empresarios e aos negocios en xeral e cre que o me-llor para os negocios sería “volver abrilos, que non che caiba a menor dúbida que todos queren abrir adop-tando as medidas de seguridade

adecuadas, ninguén ten máis intere-se en protexer á poboación que os propios empresarios. E garanti r que o teu establecemento é seguro para a poboación é a mellor estratexia de márketi ng na actualidade”, engade.Esta situación de crise pode ter con-secuencias graves “porque hai ne-gocios que unha vez pechados non volverán abrir. Mentres están pecha-dos, ningún negocio xera ingresos, pero deben atender pagos, polo que certos empresarios, cando queiran abrir, van atopar que fi nanceiramen-te non poden”.

GASOLINEIRA ORTEGAL OIL

testemuñas

A encargada da viñoteca O Peti sco de Mondoñedo, Fina Seco, viuse afectada pola crise sanitaria, xa que coa suspensión da acti vidade “pasamos a cero ingresos e a plan-ti lla ao completo no paro”, relata.As perdas ata o de agora son “cuanti osas e irrecuperables a curto prazo” e coas fases da des-escalada tampouco ve a luz ao fi nal do túnel xa que “será moi complicado poder reabrir nesas condicións”Esti ma poder aguantar nesta si-tuación pouco tempo “de feito tomáronse medidas para poder manterse durante o peche”.Neste tempo ti veron que acoller-se ao peche da acti vidade como medida, pero tamén cre que “de-beríase voltar á normalidade can-

to antes con menos restrincións, ademais de ter que adaptar locais e aportar axudas económicas a fondo perdido.Esta situación de crise “traerá consecuencias e calquera pode ver que serán graves a longo pra-zo”, remata Fina.

O PETISCO

A empresa madereira Hijos de Ra-món Rubal tamén notaron “unha caída en picado da venda de tabla a nivel nacional e un pouco menos a nivel internacional, e unha nula oferta para compra de madeira en pé durante a primeira semana (moti vado porque os propietarios non podían salir da casa para ensi-narnos as fi ncas)”, di o encargado. Vendo que esta situación se pro-longaba, decidiron dar a opción de que “tan so indicándonos vía telefónica o polígono e a parcela das fi ncas que querían vender, nos encargábamonos do resto”.En canto ás perdas “dende o co-mezo do estado de alarma, deixa-mos de facturar arredor do 50% do que viñamos facturando, algo que non se vai recuperar”.Ademais intentaron por todos os medios salvar a a situación sen facer ningún Erte polo de agora e tampouco se viron na necesidade

de solicitar ningún ti po de axuda.No caso do traballo internacional notaron tamén o baixón da ven-da, “pero non houbo un parón tan brutal coma no mercado nacional”. De feito, gran parte do que seguen traballando durante o estado de alarma foi para exportación.A súa empresa, vinculada directa-mente con un dos sectores esen-ciais, non sufriu de cheo a suspen-

sión total de acti vidade. “Se non se prorroga o estado de alarma máis alá do previsto, contamos con ir recuperando pouco a pouco o volume de acti vidade”, di. Tamén valoran a situación de crise e din que “vai quedar moi daña-da a economía e vai vir unha crise que vai afectar a todos os secto-res, acompañado dun cambio na forma de vida”.

HIJOS DE RAMÓN RUBALA pizzería Xoiña de Foz tamén ti vo que pechar pola crise sanitaria, “xa ti vemos que pechar a primeiros de abril”, di Luis, o seu responsable. No seu caso ti veron que acollerse a un Erte e dende a segunda semana de maio puideron volver un dos co-ciñeiros e máis el a retomar a súa acti viade co servizo a domicilio.A crise notárona moito “afec-tounos bastante, deixamos de facturar case o 95%, e eso vese no negocio”, di, “non son economista pero esti mo que nos quedan me-ses de ter perdas aínda, pero de perder o 95% a perder un 20 ou 30% hai unha diferenza asumible”.Agora contan co servizo a domici-lio que “está axudando ao negocio, aínda que a xente está reti cente a este ti po de servizos agora mesmo pero o que si é que cada día nó-tase un pequeno incremento. Por exemplo temos uns cantos obrei-ros aos que lles levamos a comida ás obras, e estase vendo como a xente se está a animar día a día un pouco máis”.As medidas por parte da Adminis-

tración foron poucas e valora as actuacións do Goberno como “me-llorables, xa que admito que hai cousas que se puideron facer me-llor, pero tamén admito que isto foi moi novedoso para todos e ninguén sabía que facer e como actuar”.Ata o de agora puideron ir ti rando dalgún aforro e os Ertes foron unha gran axuda pero “se dan e promo-ven algunhas axudas a hostalaría igual que a outros sectores, que tamén están bastante perxudica-dos, quizais agora teñan tempo para pensar como poder axudar de verdade.

PIZZERÍA XOÍÑA

Page 11: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 11covid-19

Á empresa Kids&Us de Ribadeo ta-mén lles afectou “de cheo” a crise sanitaria, “pois estabamos a piques de comezar o terceiro trimestre do curso e tivemos que parar as clases. Cada curso ten uns contidos e obxec-tivos que se deben acadar para pa-sar o seguinte e este quedounos con moito material sen traballar na aula”, explica Laura López, a súa xerente. “Cos nenos máis pequenos estámos-lles enviando dende que comezou o estado de alarma materiais para traballar na casa e cada semana en-viamos novo material de xeito que intentamos manter as rutinas da clase e que continúen tendo todas as semanas un ratiño para o inglés”. As perdas ata o de agora supuxeron perder case un trimestre e case se-guro que xuño sen clase. “Son tres meses e medio sen apenas ingresos, que van repercutir moito na empre-sa. Por exemplo, tiñamos previsto ampliar aulas e xa non creo que o poidamos realizar”. Tiveron que fa-cer un Erte á plantilla na que contan con cinco profesoras, tres a tempo completo e dúas a parcial.Nesta academia valórase moito aos profesores por iso “intentamos coi-dar moito ás nosas profes, pois, son un dos piares principais do centro. Por este motivo, están contratadas todo o curso, para que non lles oco-rra como en moitos centros que no

verán non cobran e teñen que ir ao paro. Pero isto, intentamos ter cam-pamentos cada verán para que poi-dan continuar traballando e desfru-tar tamén do seu mes de vacacións”.Este ano non sabemos se podere-mos facer campamentos, o cal nos pon nunha situación moi difícil, pois unha vez remate o estado de alarma teremos que facer frente ás nóminas de 5 traballadoras, moitas a tempo completo, sen ter ingresos. Tamén din que necesitan empezar canto antes a traballar con normali-dade pero cando sexa seguro. “Tra-ballamos con nenos moi pequenos e o máis importante é garantir a segu-ridade de todos. Por isto, non sabe-mos en que momento poderemos abrir. Economicamente, será difícil-mente sostible un periodo tan largo con gastos e sen ingresos”.Teñen a vantaxe de poder recuperar

os contidos perdidos cando come-cen as clases, “xa estamos traba-llando en programacións e sesións adaptadas para cada curso. Todo o que tiñamos previsto como obras de teatro para os alumnos, talleres de cociña, mesmo a festa de fin de curso, terán que ser reprogramadas para o curso seguinte”. Como medidas por parte do Gober-no cren que sería necesario ampliar os Ertes ata que se comece a activi-dade lectiva e ter máis marxe tem-poral para devolver os préstamos.A estas alturas deberían estar xa pre-parando as reunións de fin de curso e comezando a darse a coñecer en-tre as familias da zona, de cara ás matrículas do curso próximo, pero co que está a acontecer “este curso non vai poder ser así e aínda non sabe-mos se nos poderemos reunir coas familias como facemos cada ano”.

KIDS&US

Os nenos de Burela recibiron un-has máscaras de tea nas súas casas como iniciativa dun taller popular e veciñal coordinado polo Concello.A edil de Servizos Sociais, Carmela López, foi a encargada de coordinar este taller popular de confección de máscaras. Ata o momento levan re-partidas 4.500 nas empresas locais para abastecer ás mesmas dende a declaración do estado de alarma e agora están a facer máscaras para os nenos.As teas son doazóns tanto de parti-culares que aportaron as sabas de algodón brancas que tiñan na casa, as mercerías do pobo, e a maiores o Concello mercou máis material. “Neste proxecto estiveron traballan-do 50 costureiras e un tapiceiro de Riocobo”, di López.Carmela López dixo que “hai 916 nenos empadroados en Burela que recibiron unha máscara de tea no seu fogar por correo postal. O Con-cello mercou teas de cores, de al-godón 100%, con motivos infantís e xuvenís, para a confección destas máscaras”.As cartas nas que se enviaron aos do-

micilios foron acompañadas cunhas pequenas instruccións de como se deben usar e co hastag que elabora-ron para esta campaña Eu protéxote a ti. Carmela López agarda que lles gusten xa que “son máscaras feitas co corazón”.A concelleira de Servizos Sociais manifestou que “xa se comezan a vender máscaras hixiénicas para me-nores, pero esta ten un valor senti-mental engadido, xa que se trata de parte do traballo deste grupo de per-soas que levan máis dun mes cosen-do nas súas casas e chegarán cunha mensaxe de ánimo e de noraboa polo seu comportamento exemplar durante a situación que lles tocou vivir aos nosos pequenos”.

CARMELA, CONCELLEIRA DE BURELA

Noelia Piñeiro, mo-nitora de tempo li-bre do Vicedo, é au-tónoma e da clases de baile e pandeire-ta en asociacions e ten unha empresa que se adica a facer cumpreanos, anima-ción e atención de nenos en diferentes comunións e todo tipo de eventos.Ela tamén viu afectada a súa eco-nomía por mor do coronavirus pois tivo que para de traballar, pero é unha das afortunadas as que lle concederon o cese de ac-tividade no mes de abril, “non sei o que pode durar, pero agardo que pouco máis, porque as perdas para min son moitas, tanto a curto como a largo prazo”, di Piñeiro.

“No meu sector, o de servizos, creo que afecta moito esta crise, xa que aínda que voltemos á normalida-de, como din, o ocio vai ser de ou-tro tipo e será o ultimo en voltar”.En canto ás medidas ou axudas que o Goberno podería facer non o ve claro pero, “o que non me pa-rece normal e seguir cobrando os impostos, como o Ive por exem-plo. De que serve que o apracen se segues sen cobrar?”.

NOELIA PIÑEIRO, MONITORA

O adestrador de baloncesto ribaden-se Sama tivo que parar a súa activi-dade xa o 11 de marzo, xusto antes do estado de alarma, cando a Fede-ración Galega anunciou, xunto ás do resto de deportes, a suspensión pro-visional da Liga. Malia que, como re-lata, ao primeiro houbo dúbidas de se seguirían os adestramentos, final-mente estes foron tamén suspendi-dos cando se anularon as actividades extraescolares e deportivas.Como adestrador de equipos en di-ferentes categorías e idades, aínda non teñen moi claro o que vai pasar “estamos á espera de que se faga ofi-cial o que vai pasar. As clases como as coñecemos non volverán este cur-

so, pero quedan aínda incógnitas”.Sama explicou que o club a partir do 30 de xuño non ten previsto facer nada, e ademais dependen do que fagan os concellos xa que as instala-cións deportivas están pechadas.Explica que na Federación fixeron unhas consultas entre os diferentes clubs e adestradores para saber si

xa daban por finalizadas as compe-ticións ou se continuaba ata o 30 de xuño. “Trala rolda de consultas estamos á espera da decisión oficial xa que polo de pronto o deporte es-colar, o de 6 a 16 anos, non volverá ata setembro e en júnior e sénior é a Federación a que decide.En relación cos seus pequenos, os adestradores enviaron aos seus un-has pequenas rutinas para que po-dan ir facendo mantemento físico polo menos.“Todos os adestradores estamos preocupados polo verán e as activi-dades que se fan todos os anos. Le-vamos dende hai tres meses falando e aínda non se fixo nada”, conclúe.

SAMA, ADESTRADOR DE BALONCESTO

Page 12: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

12 maio 2020 covid-19

Os concursos nos diferentes concellos e o illamento social deixaron unha morea de imaxes de interior

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita, as actividades de Cervo de reciclaxe con botellas, o concurso disfrázate de cine, representación artística e merenda masterchef; e as catro fotos do II Concurso de Fotografía na casa de Foz

Page 13: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 13covid-19

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita, nenos de Viveiro coa súa pancarta de ánimo, diferentes celebracións do Día do Libro, en Ourol e tres de Viveiro; unha nena da Cidade do Landro co seu debuxo de apoio, un neno do Valadouro pinta no xardín e dúas valadouresas aplaudindo aos sanitarios

Page 14: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

14 maio 2020 covid-19

O coronavirus segue pasando factura ás axendas dos diferen-tes concellos da Mariña. Malia a relaxación das medidas ao en-trar nas fases de desescalada, o temor a un rebrote do virus debido ás aglomeracións de persoas están indicando a orga-nizadores de diferentes eventos que opten pola suspensión ou aprazamento dos mesmos.Así están caendo sen data alter-nativa diferentes citas culturais, deportivas e de ocio xa dende marzo.Agora para maio estaban previs-tas importantes citas na Mariña lucense, en Mondoñedo a Aso-ciación As San Lucas informou que “tristemente” este ano non poderían celebrarse as tradicio-nais Feiras e Festas das Quendas. Dende a Asociación “seguimos traballando e esperamos xun-tarnos de novo nas San Lucas”. Na Pontenova a Festa da Troita tivo que suspenderse tamén e o CIT confirmou a súa cancela-ción e esta será a primeira vez que esta cita non se celebre nos seus 42 anos de vida. En Trabada a terceira edición da Enfariñada tampouco puido ser e optaron por facela igual pero cada un na súa casa, ao igual a Festa do Tre-ce de Alfoz.A Fundación Expomar de Burela anunciou a decisión de aprazar a celebración das súas XXVII Xornadas Técnicas e XXI Encon-tro Empresarial, que ían ter lu-gar os días 28 e 29 de maio. Esta cita é unha das máis destacadas a nivel económico dentro do sector pequeiro da Mariña.Tamén en Burela, a presiden-ta da comisión organizadora das festas patronais, Toñi Eijo, anunciou que non haberá fes-texos neste 2020. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindei-ro mes de xuño e as previsións apuntan a que non estarán per-

mitidas aínda as reunións multi-tudinarias.A presidenta da comisión orga-nizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posi-bles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son miles de persoas ás que veñen a estas festas, entón é inviable que se poidan celebrar”.Eijo lembrou que “nos tocaba facelas agora, dentro dun mes, co cal decidimos que non. Sen-tíndoo moito, a nosoutros gus-taríanos, pero ata o ano non haberá festas patronais en Bu-rela”.Os organizadores da festa da merluza do pincho de Celeiro comunicaron a cancelación da festa deste ano que tería lugar o próximo 18 de xullo.

RESURRECTION FEST. O Resu-rrection Fest de Viveiro comu-nicou a súa inquedanza na cele-bración do festival deste ano do 1 ao 4 de xullo e que o máis pro-bable é que se teña que aprazar a edición ao 2021. Para a orga-nización do evento “a segurida-de e saúde de todas as partes tanto público, traballadores, bandas é o principal, polo que non cremos que se deba reali-zar un evento con tantos miles de persoas dada a situación ac-tual”.Aclaran tamén que non tomaron aínda a decisión de pospoñer o festival xa que “este é un even-to que implica manexar centos de contratos con bandas, prove-dores, patrocinadores, etc., que non podemos romper de manei-ra unilateral. Para iso necesíta-se unha cláusula de forza maior, algo que só pode establecer o Goberno. Isto xa se fixo en moi-tos países de Europa, pero aquí aínda non se fixo e todos temos

que esperar a que ocorra”.Engaden que “na parte positi-va é que as bandas se amosan moi colaborativas á hora de re-colocar o cartel, e estamos case convencidos de que, no máis que probable caso de non poder facer o festival este ano, o noso 15º aniversario celebrarase en 2021 por todo o grande con to-dos os atractivos do cartel actual e moitas máis sorpresas”.Por outra banda, informan de que no tocante ás entradas irán dando detalles específicos máis adiante, pero todas serán válidas para o ano que vén de forma automática e a quen non poida acudir ofreceráselle o reembolso do valor da entrada dentro dos prazos establecidos pola lei. Non é tampouco o pri-meiro festival de música que non se celebra.

eventos

O calendario segue a reducirseA Festa da Merluza de Celeiro, as patronais de Burela ou o Resurrecti on Fest de Viveiro son as últi mas víti mas culturais

SUSPENDIDAS

Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo o 30 de abril e 1 de maioFesta da Troita da Pontenova o 30 de abril e 1 de maioX Ruta Cabalar de Remourelle de Ribadeo o 2 de maioFesta do Trece de Alfoz do 2 e 3 de maioFesta da Enfariñada de Trabada o domingo 3 de maioFeira das Maulas de Viveiro o 10 de maioConcentración moteira do Valadouro os días 8, 9 e 10 de maioRomería do Bispo Santo de Foz do 15 ao 17 de maioVI Kdd Multi marca de Mondoñedo o 16 de maioXXIV Feira Nacional do Cabalo de Lago de Xove o 17 de maioTrail do Vicedo - Do Caolín ao Fuciño do Porco o 19 de maioX.T. e o Encontro de Expomar de Burela o 28 e 29 de maioXIII concentración de senderismo de A Pontenova o 31 de maioFestas patronais de Burela do 5 ao 8 de xuñoDía do Socio de Pasada das Cabras en Burela o 20 de xuñoFesta Castrexa de Burela do 28 ao 29 de xuñoFesta da merluza do pincho de Celeiro do 18 de xulloIlla Pancha Challenge

Page 15: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020actualidade 15

Membros da plataforma de auxi-liaares de Alcoa en San Cibrao, en conxunto co comité de empresa, realizaron unha nova acción de pro-testa simbólica en defensa do em-prego e “contra o desmantelamento das instalacións” aproveitando o período de consultadas dos Erte pre-sentados por Cyrgasa e Reymogasa, que afectan a 50 operarios.A plataforma de traballadores de au-xiliares da factoría xa comunicara a intención de parar as horas extraor-dinarias trala conversa telefónica cos delegados de todas as empresas para abordar a problemáti ca logo do anuncio de Alcoa de non poñer en marcha as cubas que cheguen ao fi -nal da súa vida úti l.Os delegados de todas as empresas auxiliares da factoría de San Cibrao manti veron conversas telefónicas para abordar a problemáti ca e de-bater as posibles accións a tomar en protesta contra esta decisión.“Como primeira medida, e serán máis se a situación se agrava —din dende a plataforma—, queremos propoñerlle a todos os traballadores das auxiliares a paralización de reali-zación de horas extraordinarias”.“Ata o de agora ningunha empresa das afectadas propuxo Eres, Ertes ou despedimentos, máis se eses

anuncios chegan, as medidas irán a máis e non vacilaremos na in-tención de defender todos e cada un dos nosos postos de traballo”, engaden. “A situación social na que vivimos por mor da crise do Covid-19 é moi complexa, máis estes delega-dos non permiti rán que se confi nen os dereitos da clase traballadora e se eliminen os seus postos de traballo”, explican.

APOIOS. Dende a plataforma coor-dinadora de auxiliares queren ins-tar aos tres grupos políti cos maio-ritarios na comarca a presentar e aprobar unha moción en todos os concellos da Mariña a favor do mantemento dos postos de traballo

dos traballadores das empresas au-xiliares de Alcoa San Cibrao.Estas accións son o rexeite da me-dida anunciada pola multi nacional de non rebrascar as cubas, o apoio insti tucional aos 50 traballadores afectados, en primeira estancia, que entraran xa en Erte, solicitar a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efecti va a decisión da multi nacional e se busque unha solución para que non paren as cu-bas, así como para que ningún traba-llador de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo e ademais piden solicitar o Goberno central do Estado Español a súa inmediata in-tervención para que a multi nacional non deixe morrer a factoría.

A MARIÑA

A plataforma de auxiliares de Alcoa conti núa as protestas

Fundación Ecolec, organización sen ánimo de lucro que centra a súa acti vidade na reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), xesti onou en Galicia du-rante o primeiro trimestre de 2020 un total de 1.668 toneladas deste ti po de residuos. Esta cifra supón un aumento das previsións de re-collida que a organización esti mara para este período en Galicia. Con-ti núa Ecolec desenvolvendo o seu labor a pesar da crise sanitaria da COVID-19, aínda que esti man que será moi difí cil alcanzar os obxec-ti vos ecolóxicos fi xados para 2020: a pesar de que a recollida, xesti ón e tratamento de residuos consi-derouse polo Goberno acti vidade esencial, o peche dos establece-mentos de venda de electrodo-mésti cos vai lastrar as vendas des-tes produtos e, por conseguinte, a xeración de residuos.Con todo, a situación de confi na-mento que estamos a vivir desde hai varias semanas está a conlevar un cambio nos hábitos, intensifi -cándose, por exemplo, o uso de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (AEE). Ao estar pechadas as tendas

de electrodomésti cos, a compra destes produtos está a levarse a cabo vía online. Por este moti vo lémbrase que na venda en liña o consumidor conta cos mesmos dereitos que no caso de adquirir un aparello eléctrico e electrónico nunha tenda fí sica: o vendedor está obrigado a reti rarlle sen cargo o aparello substi tuído e a realizar unha correcta xesti ón do residuo. En 2019 a Fundación Ecolec xes-ti onou en Galicia un total de 6.868 toneladas de RAEE, posicionán-dose como a cuarta comunidade con maior canti dade recollida. Con esta cifra conseguiuse recuperar á súa vez 3.918 toneladas de metais férricos, o equivalente a seis veces a Torre de Hércules.

Ecolec recolleu unhas 1.668 toneladas de residuos electrónicos

Acto de información sindical á entrada da factoría

A Área de Cultura, Patrimonio e Normalización Linguísti ca da Depu-tación axiliza a xesti ón das axudas a enti dades, colecti vos e asociacións culturais previstas nos orzamentos de 2020, que suman un importe de 638.000 euros.Trátase de achegas desti nadas, fun-damentalmente, ao funcionamento do entramado cultural de base, que desenvolve ao longo do ano innume-rabeis acti vidades en todo o territo-rio da provincia facilitando o acceso e parti cipación de todas e todos nos procesos culturais e sendo tamén peza fundamental no sostemento do sector profesionalizado.“Fronte á incerteza que xera a Covid 19, desde a área de Cultura quere-mos que as asociacións culturais teñan a seguridade de que contarán cos fondos comprometi dos e saiban que traballamos para que poidan dispoñer deles no menor tempo posible. Os seus proxectos veranse condicionados pola situación ex-

traordinaria na que nos atopamos, e seguramente terán que repensar algunhas das acti vidades”, sinalou a deputada de Cultura, Maite Ferrei-ro.As asociacións recibirán a comuni-cación correspondente e poderán iniciar o procedemento de solicitu-de”, proseguiu a nacionalista, que agradeceu o traballo das “persoas que forman parte destas asociacións e que traballan, moitas veces de xei-to altruísta, para desenvolver acti vi-dades na súa parroquia, concello ou comarca.As achegas, recollidas nos orzamen-tos de 2020 e no Plan Estratéxico de Subvencións, benefi cian a 44 enti da-des e asociación culturais que cen-tran a súa acti vidade na protección, valorización e difusión do patrimonio cultural, na normalización do uso do galego en diferentes ámbitos, na or-ganización de festi vais e programa-cións culturais ou no eido educati vo e formati vo.

A Deputación desti na 638.000 euros a axudas a asociacións

O informe elaborado por Ecoloxis-tas en Acción analiza os datos ofi -ciais de dióxido de nitróxeno (NO2) recollidos nas estacións urbanas de medición da calidade do aire existentes nas cidades da Coruña e Vigo durante os meses de marzo e abril de 2020 e dos dez anos ante-riores. Presenta xa que logo unha foto fi xa da calidade do aire urba-no antes e despois da declaración do estado de alarma e as medidas de confi namento, actualizada a 30 de abril.Entre as súas principais conclu-sións salientan que produciuse unha redución drásti ca dos niveis de contaminación atmosférica por NO2 nas dúas principais cida-des do noso país, redución que se cuanti fi cou nun 61,5 % de media

dos niveis de contaminación habi-tuais nestas datas durante a últi ma década. O descenso foi maior en Vigo (64%) que na Coruña (59%).A mellora da calidade do aire en Galiza está a ser xeral, tanto nos centros das cidades como nas pe-riferias urbanas, do mesmo xeito que son xerais as medidas de limi-tación da circulación adoptadas. Tampouco se detectan grandes diferenzas entre as diversas pró-rrogas do estado de alarma.No total das 26 cidades españolas de máis de 150.000 habitantes analizadas, as galegas encóntranse entre aquelas nas que se rexistra-ron maiores descensos. Vigo (64%) foi a sexta cidade onde máis caeu a contaminación, mentres A Coruña (59%) foi a undécima.

A contaminación do aire urbano en Galicia cae un 61,5 %Unha trintena de grupos ecoloxistas

galegos acusaron á Xunta de apro-veitar o tempo de confi namento e a alarma sanitaria para reacti var pre-to de mil proxectos cualifi cados de grande impacto ambiental.Segundo explican, o Consello da Xunta do xoves 30 de abril aprobou reacti var a tramitación administra-ti va en materia de avaliación am-biental de 975 proxectos entre os que se inclúen vertedoiros, plantas de xesti ón de residuos, proxectos de parques eólicos e subestacións eléc-tricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto inverna-doiro, etc.“A Xunta aproveita cando existe unha seria crise sanitaria e a poboación segue confi nada e sen poder des-envolver as súas acti vidades de for-ma pero xa comezaron a correr os prazos de exposición pública destes proxectos de grande impacto”, din.

Ecoloxistas acusan á Xunta de reacti var uns mil proxectos de impacto ambiental

Page 16: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade16 maio 2020

NOVAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a exe-cución das obras de ampliación e mellora da depuradora de Viveiro, por un importe duns 3 millóns de eu-ros. Esta actuación, que dispón dun prazo de execución de 18 meses, foi adxudicada á empresa Espina & Delfi n, S.L, e o obxecti vo é comezala este mesmo verán.Esta intervención ten como obxec-ti vo ampliar a capacidade e mello-rar o grao de depuración previo ao emisario de todas as augas residuais de Viveiro, incluídas as do núcleo de Celeiro.Ao tratarse da mellora e interven-ción na depuradora que xa está en funcionamento, a medida que se executen as disti ntas actuacións iranse poñendo en servizo, proce-déndose, ao fi nal, ás probas para que todo funcione correctamente.

AUTOBUSES. Por outra banda, a Consellería de Infraestruturas e Mo-bilidade iniciou a actuación de refor-ma integral da estación de autobu-ses á que desti na un orzamento de 221.300 euros. Está prevista a subs-ti tución total da cuberta do edifi cio da estación e tamén a aplicación dun tratamento anti corrosión á cuberta da dársena.O proxecto inclúe o cambio da por-ta exterior de acceso dos autobuses á dársena e o pintado dos bordos.

Ademais, prevense actuacións de mellora e acondicionamento no in-terior do edifi cio, que afectarán prin-cipalmente aos falsos teitos e aos aseos. Tamén se colocarán pantallas electrónicas para reforzar a informa-ción dos viaxeiros.

SEGURIDADE SOCIAL. Retomáron-se as obras de construción do novo

Centro da Seguridade Social en Viveiro, logo da paralización das mesmas durante dous meses e me-dio. Nun primeiro momento, a obra interrumpiuse para facer unha pe-quena modifi cación no proxecto e, unha vez autorizada, non foi posible retomala ata agora debido á declara-ción do Estado de Alarma o pasado 14 de marzo.

Adxudicadas as obras de ampliación da depuradora e da estación de buses

O BNG de Viveiro urxe ao Go-berno municipal do PSOE a ini-ciar a gravación das sesións ple-narias e a emisión en directo na web do Concello. Unha moción que levaran os nacionalistas xa no pleno de setembro do 2019 e aprobada pola corporación, mais aínda segue sen instaurar-se a pesares de haberen trans-currido máis de 8 meses.Míriam Bermúdez indica “esta urxencia non é un capricho, sen sesións plenarias non podemos aprobar nin sacar para adiante solucións de grande envergadu-ra para afrontar esta crise para Viveiro. Hai que poñer a andar o sistema das gravacións, pois

por un lado, os veciños pódenas seguir igualmente na web sen acudir de forma presencial e polo tanto sen risco, e por outra banda, sería un paso importan-te de cara a realizar as sesións plenarias por videoconferen-cia”, aclarou.A concelleira nacionalista pide “realizar os plenos canto an-tes” e insiste na súa posición de que “o goberno socialista debera recti fi car a súa postura e sacar adiante o Plan de Pagos Personalizados, moción na cal votaron en contra e que preci-samente, é nestes momentos de crise onde máis se nota a súa necesidade”.

O BNG urxe a gravación dos plenos e subilos á web

Arriba, a depuradora e, abaixo, a estación de autobuses de Viveiro

O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que esta semana se van retomar os servizos de recolli-da de enseres a domicilio e de cartón aos establecementos comerciais.Con respecto ao servizo de recollida de enseres, ao longo desta semana o persoal da brigada de obras encarga-rase de recoller os avisos que queda-ran pendentes antes da declaración do Estado de Alarma.Dende o luns 11 de maio come-zouse a tomar nota dos novos avisos para proceder, na data que se lles indique no momento de anotarse, á súa recollida; para isto, todos aqueles veciños e veciñas que desexen facer uso deste ser-vizo, deben poñerse en contacto co Concello chamando ao número

de teléfono 606 351 894, de 9.00 a 14.00 horas.Con respecto á recollida de cartón aos establecementos comerciais, este servizo reanudouse o venres 8 de maio, manténdose nos días habi-tuais (martes e venres) e introducin-do unha variación no seu horario.Este servizo prestarase en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, considerando que esta modifi cación supón unha mellora en canto a ope-rati vilidade e seguridade, tendo en conta que polas mañás adoita haber menos xente polas rúas.Atendendo ás novas circunstancias, co fi n de que a recollida se poida realizar dunha maneira máis segura, rógase que deixen as caixas plegadas e, de ser posible, fl exadas.

O Concello retoma os servizos de recollida de enseres e cartón

viveiro

a pontenova

Festa da Troita. Na Pontenova non puideron celebrar a súa Festa da Troita e xuntáronse virtualmente nunha sesión vermú para desfru-tar de forma diferente da tradicional festa.

Os autónomos de Viveiro terán unha axuda despois do estado de alarma e poidan renovar a súa ac-ti vidade, así o manifestou o o Con-cello de Viveiro.O Goberno municipal abonaralles as tres primeiras cotas de autómo-no, 283,31 euros mensuais, para o que desti nará 400.000 euros. Trátase dunha das once medidas do plan de reacti vación económica que presentou María Loureiro, al-caldesa de Viveiro, e o portavoz de Por Viveiro, Bernardo Fraga.Tras varias reunións ambos parti -dos chegaron a acordos sobre as actuacións que son viables eco-nómicamente e xurídicamente, e polo tanto levaranse á prácti ca.Para todo isto, deberán aprobar-se uns orzamentos municipais de emerxencia que Loureiro e Fraga

cren que poderá facerse en maio.A aposta do Goberno local é facer uns orzamentos moi sociais en 2021 e 2022. Loureiro dixo que pode implicar non poder executar algunhas outras actuacións que se soen contemplar nos orzamentos.Outra das medidas que acorda-ron é a bonifi cación das taxas das

terrazas e no caso de que Portos de Galicia non exima de pagar as taxas, tamén as compensará aos ti tulares.No tocante aos aspectos sociais, aumentarase a colaboración coas asociación de comerciantes cunha subvención para que poidan reali-zar novas campañas.

Acordo para sacar adiante uns orzamentos de emerxencia

Bernardo Fraga e María Loureiro

Page 17: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020actualidade 17

ribadeo

Adamo conti núa levando a Fibra Ópti ca máis rápida á Mariña lu-cense, en concreto ao Concello de Ribadeo.O núcleo de Ribadeo ten acceso á fi bra e ademais estanse esten-dendo ás diferentes parroquias. Actualmente teñen presencia en Ove, Piñeira, Ribadeo e Vilaselán.Excepto o núcleo principal de Ribadeo, non están cubertas todas as parroquias aínda pero seguen traballando no despre-gamento.A prioridade de Adamo, que co-mezou fai dous anos a desenvol-ver o seu plan en Galicia, é ac-tuar nas áreas rurais que carecen de banda ancha, como xa fi xo en zonas de Mondoñedo, Foz, Barreiros, Burela e varias parro-quias de Viveiro. Os desti nos nos

que actuar selecciónanse pola iniciati va popular que se atopa na súa web e na que a xente fai unha peti ción.Seguen centrando os seus esfor-zos no rural, xa que a conecti vida-de a Internet é defi citaria, e por

suposto por unha fi rme aposta polo desenvolvemento e estabili-zación destas poboacións.Para poder levar a fi bra ópti ca a estes lugares uti lízanse as canali-zacións e infraestruturas de Vies-go na súa área de infl uencia.

Adamo leva a Fibra Ópti ca máis rápida a catro parroquias A Concellaría de Cultura de Riba-

deo ofrecerá estabilidade á danza na programación do últi mo cuatri-mestre do ano. A primeira actua-ción, prevista para xuño, trasláda-se ao 20 de setembro.A edil Pilar Otero contou que “na Concellaría de Cultura te-mos previsto ofrecer a parti r de agora unha mínima estabilidade deste xénero na nosa programa-ción. Para isto, na medida en que a evolución da pandemia o permi-ta, na oferta cultural do período comprendido entre os meses de setembro e decembro xa hai pre-vistas dúas funcións de danza”.A concelleira de Cultura explicou que “a primeira delas rescátase do deseño cultural deste mes de xuño e trasládase ao 20 de setem-

bro ás 17.30 horas, o habitual nas propostas para os máis peque-nos da casa. O tí tulo é Blowing, da compañía catalá MúcabDans, unha proposta visual, poéti ca e in-novadora, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía convida-rán aos nenos e nenas a voar por un mundo fantásti co, máxico e absurdo. Esta peza forma parte da adhesión do Concello ao progra-ma Platea, do Ministerio de Cul-tura, unha colaboración que antes de que remate o ano traerá tres espectáculos máis á nosa vila”.A edil dixo que tamén antes de que remate o ano teremos unha segunda proposta de danza para todos os públicos, escollida do catálogo de compañías galegas da Agadic.

O Concello incluirá a danza na programación ata fi nal de ano

Imaxe dunha das parroquias de Ribadeo

riotorto

O Concello de Riotorto rematou xa as obras de acondicionamento dos campos de bolos da parro-quia de Santa Comba de Órrea. Ambos os dous están xa listos para a reanudación da liga cando as condiciones sanitarias o per-mitan.Estas obras leváronse a cabo de

forma simultánea ao acondicio-namento do campo da festa pa-rroquial que foron demandados pola Asociación de Veciños local e a Asociación Recreati va e Cultural dos Amigos de Santa Comba da Órrea (Arcasco).Supervisaron as obras Doni e Edi-ta, dous xogadores da parroquia.

Rematan as obras de mellora dos campos de bolos de Órrea

Campo de bolos de Órrea xa amañado

trabada

Enfariñada virtual. Dende o Concello de Trabada propuxeron celebrar o domingo 3 de maio a Festa Gastronómica da Enfariñada pero desde a casa. Este ano, a celebración chegaría á terceira edición desta Festa na que, da man da Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde e do Club Trabada Futsal, exaltaríase o prato máis tí -pico. Os veciños fi xeron as fotos na casa e subíronas ás redes sociais do Concello de Trabada e Turismo de Trabada co hashtag #Festada-Enfariñada #Trabada.

A nena Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, é a gañadora do concurso Polos nosos negocios, que foi convocado por Acisa co obxecti vo de amosar o apoio dos ri-badenses ao comercio e á hostalería locais tras este tempo de confi na-mento. Foron unha ducia os traballos pre-sentados por nenos e adultos nos que empregaron diferentes técnicas de deseño e apostaron por diferen-tes lemas. Acisa analizou os traballos e realizou unha votación da que saíu elixido o cartel e o slogan de Carla García López. No debuxo, moi colo-rido, pódese ver a dúas persoas ca-miñando por unha rúa de Ribadeo dirixíndose a mercar a un comercio. O slogan do cartel é o seguinte Mer-ca no teu comercio e fai medrar o teu pobo… aínda que chova.

Carla García é a gañadora do concurso Polos nosos negocios

Page 18: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade18 maio 2020

burela

O Pleno celebrado no Concello de Burela acordou a adxudicación do servizo de recollida de lixo, limpe-za viaria e de praias e xesti ón do punto limpo á empresa Urbaser. A proposta contou cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP. O al-calde, Alfredo Llano, fi xo alusión á responsabilidade do BNG para que este asunto saíse adiante e criti cou a postura dos populares. O rexedor lembrou que “houbo unha primeira intentona no pleno do 30 de abril, pero polas razóns xusti fi cadas que cada un dos gru-pos manifestou non se acadou un voto afi rmati vo maioritario porque houbo 7 votos en contra

e 6 a favor. Eu manifestei que real-mente o que había que votar era a proposta que facía a mesa de con-tratación, baseada en métodos obxecti vos totalmente cunha va-loración rigorosa tendo en conta todas as variables, pola que saíu elixida a empresa Urbaser. En-tón había que votar esa proposta da mesa de contratación, non se trataba de divagar sobre as prefe-rencias de cada grupo sobre como debe ser a xesti ón da limpeza en Burela”.Para Llano “hai que ter en conta que se nos descoidamos na deci-sión da adxudicación complícase moito a situación para o Concello porque a empresa que agora mes-

mo está prorrogada non quere se-guir e polo tanto habería confl ito. E a que gañou a adxudicación que-re vir prestar ese servizo”.

BNG. O voceiro do BNG, Mario Pillado destaca que “a responsa-bilidade do que aconteceu con este procedemento é única e ex-clusivamente do goberno por non escoitar aos grupos municipais de forma inexplicable estando nunha situación de minoría. A falta total e absoluta dunha planifi cación na xesti ón fai que este ti po de situa-cións se repitan no noso concello, como lle temos repeti do ó señor alcalde ata a saciedade nos últi -mos anos”.

Urbaser encargarase da recollida de lixo, limpeza viaria e praias

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a redacción do proxecto de cons-trución da nova estación depura-dora de augas residuais de Bure-la, cun investi mento de preto de 120.000 euros. A Xunta reabriu o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación xa licitada pero afectada inicialmen-te pola suspensión de prazos nos procedementos administrati vos coa declaración do estado de alarma.Este contrato ten por obxecti vo defi nir as solucións ás defi cien-cias detectadas na actual estación depuradora e defi nir o deseño

construti vo da nova planta. Deste xeito, os traballos obxecto deste contrato deberán proxectar unha nova instalación que inclúa pre-tratamento, tratamento biolóxico e desinfección.

A nova planta de tratamento de augas residuais situarase na zona de servizo do porto de Burela, máis en concreto nunha parcela duns 3.500 m2 nas inmediacións do novo viario de acceso ao peirao.

Reabre o prazo para adxudicar o proxecto da nova depuradora

Actual Edar de Burela

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que as obras das rúas Rosalía e do Horreo están rematadas e xa fun-cionando, e que a intención do goberno municipal é deixar o lado dereito de Rosalía de Castro para peóns dende Eijo Garay “porque queremos favorecer agora mesmo e de acordo coa normati va que non haxa contaxios e que haxa fl ui-dez de espazos”. As obras consisti ron no asfaltado e pintado, con zonas de carga e des-carga así como aparcamento. A rúa contará cuns topes para que non se aparque nas beirarrúas.

Llano sinalou que “outra que que-dou perfecta é a rúa do Hórreo que marcou unha singularidade dese barrio, unha zona extraordinaria e vistosa por excelencia de Burela. Quedou magnifi camente remata-da e ademais coa moti vación para que sexa visitada e poder visualizar todo o porto de Burela. Consisti u en poñer un adoquinado e a reno-vación das canalizacións de augas pluviais e residuais, que ti ñan bas-tantes defi ciencias”. A previsión é que neste ano, con cargo ao Plan Único, sigan avanzando na contor-na do parque Rosalía de Castro.

Rematan as obras das rúas Rosalía de Castro e do Hórreo

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a iniciati va Burelen-ses no mundo para dar a coñecer ata onde chegou a xente de Bure-la, xa sexa por moti vos laborais, de pracer ou por estudos. A edil Toñi Eijo anima a parti cipar para descu-brir novos lugares neste tempo de confi namento e para coñecer aos veciños e veciñas de Burela que se atopan fóra na actualidade.

A dinámica é sinxela. Os parti ci-pantes deberán enviar unha foto, varias ou un vídeo identi fi cando á persoa ou persoas que aparecen, xunto co nome do lugar onde es-tán. Fotos e vídeos deben ser re-miti dos a [email protected] acompañados pola fi -cha e autorización para a súa publi-cación. Serán publicados nas redes sociais do Concello de Burela.

Burelenses no mundo amosará a vida dos emigrantes nas redes

O Centro Comercial Aberto de Bu-rela lanzou a campaña Xogando Xuntos coa que queren dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfi namento. A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena “é que existe moita creati vidade”, e queren apro-veitar este momento para impulsar o comercio de proximidade.A dinámica de Xogando Xuntos é

que os luns nas redes sociais de CCA Burela (Facebook e Instagram) pro-porán un xogo para as persoas que queiran parti cipar facéndoa chegar a través do correo electrónico: [email protected]. Hasta ese día non se vai saber cal é esa proposta, así que avisan que teñen que estar preparados para facela.Despois, os sábados sortearanse en-tre os parti cipantes un produto de Burela.

O CC Aberto local comezou coa campaña Xogando Xuntos

Visita do alcalde as obras

A Concellería de Medio Ambiente de Burela, por segundo ano consecuti -vo contratou os servizos de Serpa, empresa especializada na exti nción da avespa asiáti ca que se está a en-cargar do trampeo profesional.A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “antes de colocar as trampas foi preciso realizar un estudo térmico do territorio. Este ano, como novidade, reforzamos o trampeo nas zonas limítrofes cos concellos de Foz e Cervo, para con-trolar as entradas de raíñas sobran-

tes doutros lugares. Ditas tram-pas realízanse con recipientes de plásti co cun líquido especial que atrae ás veluti nas, e colócanse en árbores con fl oración, pois é onde van comer as raíñas. Nestes intres as raíñas comezan a fabricar os ni-ños primarios, que soen instalar a baixa altura e nos noiros. Ao insta-lar as trampas e capturar esas raí-ñas evítase que o seu ciclo avance. De feito, unha vez rematada a pri-meira fase en Burela capturáronse 101 raíñas”.

Retoman a instalación de trampas de avespa asiáti ca

Page 19: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020actualidade 19

O Concello de Foz rematou a obra de mellora do abastecemento de auga a Alemparte, na parroquia de Can-gas, coa conexión da nova tubaxe. Con esta actuación, que benefi cia a unha vintena de vivendas, “solucio-náronse os problemas de roturas e a falta de presión que había conti nua-mente na rede”, explicou o alcalde, Fran Cajoto, quen anunciou que a conti nuación completarase a obra co asfaltado, con aglomerado en quen-te, de todo ese viario.O rexedor municipal engade que

“esta actuación no camiño de Alem-parte, entre a Nacional 642 e o Cami-ño Real, está fi nanciada con 48.000 euros de fondos propios do Concello e consiste na renovación da tuba-xe de abastecemento de auga, coa substi tución da anterior condución por unha canalización de PVC de 75 milímetros de diámetro e 10 atmos-feras de presión, xa realizada. E en canto ao asfaltado do viario farase con aglomerado en quente con mes-tura bituminosa ti po D-12 e ademais disporase a sinalización necesaria”.

Rematan as obras de abastecemento de auga á zona de Alemparte

Unha imaxe tomada durante a realización das obras en Alemparte

foz

Centro Comercial Aberto de Foz pon en marcha unha plataforma web de venda online, que estará operati va nos próximos días.O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, explica que “se trata de contar cunha aplicación web, cunha ferramenta de traballo, que será un centro comercial virtual, onde cada asociado e asociada contará co seu espazo individual para dar a coñecer os seus produ-tos, as súas ofertas… e para poder vender online todo o que teña en tenda”.Para Paleo “é importante ir adap-tándose o antes posible as novas tecnoloxías e ás novas formas de venta para poder competi r en igualdade de condicións coas grandes plataformas de venta onli-ne que operan en todo o mundo. Tócanos vivir unha época de con-fi namento, na que as tendas máis próximas están pechadas, e na que a maioría non contan con este ser-vizo, que si esti vese operati vo lles permiti ría xerar ingresos e seguir traballando aínda que de xeito di-ferente”.O presidente de Acia/CCA de Foz

considera que “temos que estar preparados para os novos tempos que poidan vir. De aí que esteamos a traballar na posta en marcha can-to antes deste centro comercial virtual”.A aplicación web de venta online contará cunha presentación do Centro Comercial Aberto de Foz e con diferentes seccións. Haberá un escaparate individual ou privado para cada negocio parti cipante con xestor de conti dos para o mante-mento e actualización de produtos, fotografí as, textos, etc… Na tenda online os arti gos estarán clasifi -cados en diferentes niveis, con-

tará con buscador por nomes ou categorías, disporá de carriño da compra e realización de pedido on-line, entre outras posibilidades. As condicións de venta terán que ser defi nidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal, tpv virtual, trans-ferencia, contra reembolso…; o se-guimento online dos pedidos, etc.Paleo engade que “o obxecti vo é que esta nova ferramenta de tra-ballo estea lista para mediados do mes de maio. Nesas datas podería rematar o estado de alarma e que-remos estar preparados”.

O CCA pon en marcha unha plataforma de venda on line

Unha das rúas comerciais de Foz

O Concello de Cervo conti núa a traballar ao carón das persoas apicultoras do municipio na loita contra a vespa veluti na. Días antes de que se decretase o Estado de Alarma –en concreto o 12 de marzo- o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Me-dio Ambiente, Mali Méndez, con-vocaron a aquela veciñanza que posúe colmeas na súa propieda-de, a un encontro no salón de plenos do Casa do Concello, para avaliar a situación actual e a inci-dencia da veluti na neste tempo. A raíz desa reunión, acordouse facer unha nova entrega de pro-duto atraínte, tal e como se leva facendo con carácter regular desde o ano 2017. “Tendo en conta a situación de excepcionalidade que vivimos, traballouse intensamente para poder facer provisión deste líqui-do, que tal e como confi rmaron

lles resulta efi ciente para poder elaborar trampas para as raíñas, para tentar reducir a formación de niños neste tempo”, di. A Policía Local achegouse a unha trintena de domicilios para facer chegar o atraínte de balde. Villares sinalou que “a nosa in-tención é seguir estando ao ca-rón dos nosos apicultores, tal e

como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da veluti na no noso municipio; traballando coordinadamente con eles para afrontar esta pro-blemáti ca, tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das no-sas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.

Concello e apicultores alíanse na contención da veluti na

cervo

Reunión do alcalde cos apicultores da zona

O Concello de Cervo vén de convocar o X Concurso fotográfi co de medio ambiente Cervo Respecta 2020.Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os parti ci-pantes poderán presentar un máxi-mo de dúas fotografí as, baseadas na temáti ca xenérica do medio am-biente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser

imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo [email protected] prazo para presentar as imaxes remata o 29 de maio ás 23.59 horas.

Convocado un concurso municipal fotográfi co sobre o medio ambiente

Unha das imaxes premiadas no certame do ano pasado

Page 20: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade20 maio 2020

O Club Atletismo Lourenzá or-ganiza unha proba virtual non competitiva en beneficio dos sa-nitarios que traballan na Mariña. Chámase 41 horas solidarias CO-VID-19 e está convocada para os días 16 e 17 deste mes.A organización explica que “o obxectivo principal da proba é axudar aos sanitarios da Mari-ña Lucense, coa adquisición de material de protección adecua-do para a realización do seu la-bor nestes tempos tan difíciles. É unha competición virtual, sen unha distancia fixa. Cada parti-cipante poderá realizar o perco-rrido que desexe, xa sexa cami-ñando, correndo ou en bicicleta, podendo participar igualmente no interior da súa casa, se non desexa saír ao exterior, xa sexa en bicicleta estática, cinta de co-rrer ou elíptica”.A inscrición íntegra de cada par-ticipante será para a adquisición de material de protección para o persoal que traballa nos distin-tos centros sanitarios da Mariña.

A inscrición estará aberta a toda persoa sen límite de idade e os menores deben ter autorización paterna. A proba comezará ás 06.00 horas do día 16 de maio e finalizará ás 23.00 horas do día 17. Son 41 horas nas que cada participante poderá elixir o ho-rario no que participará no even-to, podendo realizalo ambos os dous días se o desexa e en distin-tas modalidades (bici, correndo ou camiñando).

O Club de Atleti smo organiza unha proba virtual non competi ti va

lourenzá

O Concello de Lourenzá conti-núa coas obras de mellora na vila para así ver adecentado pobo cando os veciños poidan saír a rúa.Así, as máquinas do parque da Deputación de Lugo seguen mellorando vías nas diferentes parroquias de Lourenzá, estos días foi no barrio de Vilar.Por outra banda, seguen a fa-cer obras para mellorar as ins-

talacións municipais, sempre respetando as medidas esta-blecidas polo Estado de Alar-ma decretado polo Goberno.Nesta ocasión estanse facen-do traballos no local social de Santo Tomé.En canto ao servicio de desbro-ces tamén será restablecido en breve en todos os espazos pú-blicos do municipio para facer estes traballos anuais.

O Concello conti núa coas obras de mellora da contorna municipal

Imaxe dos traballos no local social de Santo Tomé

Conti núan abertos os prazos para parti cipar no concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba e no certame Arte con fabas.O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, lembra que “segue aberto o prazo para parti cipar no concurso para elixir o Cartel anunciador da XXX Festa da Faba de Lourenzá. Poden parti cipar to-das aquelas persoas maiores de idade que o desexen e o prazo re-mata o 30 de xuño. O premio que recibirá o cartel gañador será de 350 euros e un trofeo conmemo-rati vo da edición da festa deste ano. As bases aparecen recollidas tanto na páxina web como no Fa-cebook do Concello de Lourenzá”.Arango recorda tamén que “o concurso Arte con fabas, convo-cado pola Acial coa colaboración do Concello tamén está aberto, ata que remate o estado de alar-ma e se dea a coñecer o prazo para entregar os traballos na bi-blioteca do Concello. As bases aparecen na web e no facebook do Concello e no Facebook da Acial”.

Segue aberto o prazo para o concurso do cartel da Festa da Faba de Lourenzá

PUNTO LIMPO. O Concello do Vala-douro vén de comunicar que as re-collidas de trastos podense soIicitar por teléfono. O servizo de recollida poderase solicitar chamando ao 982 574 000 en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. Polo momento os parti culares non poden acceder ás instalacións do Punto Limpo.

BIBLIOTECA. Os usuarios da Biblio-teca Pública que ti ñan pendentes devolucións dende o 17 de febreiro en diante, verán ampliado os prés-tamos ata o próximo 11 de xuño. Para máis información haberá que chamar ao 982 571 516 .

EN BREVE

O BNG do Valadouro conseguiu a aprobación unánime das tres mocións que presentaron a Ple-no. A primeira foi o apoio ao cadro de persoal das empresas auxiliares de Alcoa que se atopa sometido a un Ertes.A segunda foi a moción sobre a disposición de rede wifi de cali-dade ao servizo dos estudantes do Concello para que o este fa-

cilite os locais da Casa da Cultu-ra e os medios necesarios para os estudantes que teñan que facer probas online.A terceira moción foi sobre o plan de reactivación económi-ca. Un decálogo de propostas elaboradas como paquete de medidas urxentes para mitigar os efectos do coronavirus nos sectores culturais.

Aprobación unánime das tres mocións presentadas polo BNG

o valadouro

O monte veciñal en man co-mún de Santo Tomei de Recaré atópase no Concello e vén de aprobar o seu proxecto de or-denación forestal.A aprobación do plan supón unha superfi cie ordenada aproximada de 323 ha, das cales 159 ha están incluídas na ZEC Serra do Xistral da Rede Natura

2000. Albergará unha superfi cie de 116 ha de hábitats priorita-rios deste espazo natural.Este proxecto integra o mode-lo de xestión de conservación dos hábitats en sintonía coa produción sostible, e desde Life in Common Land agrade-cen a implicación da comuni-dade de montes.

Santo Tomei de Recaré aproba o proxecto de ordenación forestal do seu monte veciñal

Membros da asociación de veciños

Page 21: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020actualidade 21

xove

O presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xesti ón Territorial, informa de que acaban de comezar os traba-llos de mellora do fi rme da estrada provincial LU-P-2601, no concello de Xove. Unha actuación na que a insti tución provincial inviste máis de 270.000 euros.Esta vía que se vai acondicionar co-necta o núcleo desta localidade ma-riñá co Porti ño de Morás. As actua-cións afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilomé-trico 0,4 ata o 2,85. “Son uns traba-llos laboriosos porque se vai ampliar o ancho da plataforma, o que per-miti rá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Tamén se vai drenar e afi r-mar as zonas ensanchadas e poste-riormente pavimentarase a calzada con aglomerado en quente”, subliña o presidente.Estes traballos teñen un prazo de execución esti mado de 6 meses, pero agárdase que poidan quedar rematados despois dos meses do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

José Tomé explica que “o regreso ao traballo do sector da constru-ción permítenos contribuír á dina-mización da economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nesta situación de excepcionalidade derivada do estado de alarma”. Engade que “con estas obras materializamos un dos principais obxecti vos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para ver-dadeiramente garanti r a igualdade de oportunidades entre toda a veci-

ñanza da provincia de Lugo”.O alcalde de Xove, Demetrio Salguie-ro, explica que se está aproveitando este tempo de illamento para facer un lavado das beirrasrúas e do casco urbano para “adecentar o máis posi-ble e poñer bonito o noso pobo”.Tamén están a facer varias obras en viais que se atopan en execución neste momento así como rematan-do as obras da nave de obras e as de ampliación da depuradora de Xove.O resto de dependencias de aten-ción ao público seguirán pechadas.

Comezan as melloras da estrada de Xove ao Porti ño de Morás

Maquinaria comezando cos traballos de mellora do fi rme da LU-P-2601

ourol

Rúa de Ourol

O Concello de Ourol contará en xuño cun novo parque eólico, así o comunicou a empresa Greenalia.Este parque conta cunha potencia instalada de 22,5 megawatt s e po-derán comezar a verter os seus pri-meiros MWh coa entrada do verán.Este parque eólico contou cun in-vesti mento de 26 millóns de euros e

xa ten rematada a súa obra civil que se atopa na fase de montaxe dos aeroxeradores cun total de cinco máquinas cun rotor de 136 metros.Durante a fase de construción mo-bilizáronse un total de 230 empre-gose unha vez estea a pleno ren-demento producirá 65.300 MWh ao ano.

O Concello contará en xuño cun parque eólico

O Concello de Ourol vén de adxu-dicar parte do Plan Único 2019 cun importe de 176.000 euros á reparación de vías en diferentes parroquias. Segundo o alcalde, Jose Luis Pajón, “vanse facer me-lloras en todas as parroquias e comezarán a fi nais de maio”.Xa sacaran en marzo a licita-ción varias obras que ascendían a 230.000 euros, cartos que se desti naron ao arranxo de vías en case todas as parroquias.

Farán obras de mellora en vías de case todas as parroquias

Page 22: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade22 maio 2020

mondoñedo

Unha imaxe aérea do Ceip Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

Avanzan as obras do Plan Marco de Camiños no Concello de Mondoñe-do e que no caso do rural do mu-nicipio conta cun orzamento para este ano de preto de 70.000 euros.Concretamente, as obras avan-zan a bo ritmo na parroquia de Couboeira, coa mellora de dúas camiños, A Franca e Os Lamegos. En ambos casos, as planifi cacións deses traballos foron coordinadas coa Asociación de Veciños de de Couboeira.

Tamén esti veron facendo traballos en Oirán coa actuación en dous camiños no Pouso e Centeás, onde as planifi cacións foron coordinadas coa Asociación de Veciños de Oirán

DESBROCES. Tamén conti núan co Plan Municipal de Desbroces os operarios do Concello traballando na limpeza de cunetas en vías da parroquia de San Vicente de Trigás na Ruta da Auga, en Vilamor e Fon-te de Ambroz.

Avanzan as obras do Plan Marco e o desbroce de vías

Obras do Plan Marco, á esquerda, e os desbroces

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia e o artesán Rubén Carrera, que reside en Mondoñedo, fala con moito aga-rimo da súa paixón por elas.Lembra que nunha festa da escola viu aos gaiteiros é dixolle ao seu avó que iso era ao que se quería adicar, e así comezou a súa viaxe por este oficio.No seu paso polo Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Popula-res Galegos da Universidade Popu-lar de Vigo puido apañar un libriño didáctico sobre palletas e pallóns que tiña Antón Corral, e el só na casa comezou a construír.Na gaita, o pallón é a lámina que xera o son dos bordóns e poden ser de cana ou sintético, el recuperou un modelo de pallón para a súa ela-boración e agora “estou desenvol-vendo un pero sintético e en breve estará funcionando”.Rubén Carrera é un home auto-didacta que lembra os primeiros coqueteos con este oficio como se fora hoxe, aínda que xa pasaron uns cantos anos, “foi no 87 cando pasa-ba a primeira vez pola Universidade Popular”.Pasaron casi vinte anos sen tocar a gaita e fai case 3 retomou a súa

paixón gracias a seu colega Marcos Campos, alumno de Carlos Núñez e tamén compañeiro de aqueles tem-pos en Xarabal, a banda de música da universidade.Dende que comenzou nesta andai-na o primeiro que fixo foi partici-par nas feiras para darse a coñecer, aínda que recoñece que a calidade estética non era a mellor, máis co-mezou a visitar festivais e feiras de artesanía como as de Ortigueira e

Pardiñas, que son as que con máis cariño lembra.Tamén está pendente do que pase coa crise sanitaria xa que ten feiras pendentes como “en Mallorca e o País Vasco teño cursos e feiras que se farán a finais de ano”.Este maestro palleteiro afirma que o proceso de creación non foi doa-do, comenta que como autodidacta

tivo que aprender polos seus pro-pios medios. “Todos os días estou aprendendo, e aínda cun manual é moi complicado este traballo”.Estase a reinventar el só e non se agobia xa que “a miña vida anterior era moi estresante e tirei por este sector para cambiar de aires xa que isto precisa de moita tranquilidade e paciencia”, como di, “isto non é para calquera”.Tamén recoñece o labor dos seus mestres Benigno Méndez, compo-sitor do pasodobre, a Nazario Gon-zález e a Antón Corral, “sen eles tampouco sería quen son”, pero di con moita forza o que lle dixo un ar-tesán, “o palleteiro faise cos anos”.Neste tempo de illamento pola pandemia do coronavirus non se quedou atrás e estivo ofrecendo un obradoiro on line de empalleta-do no que participaron máis de 50 persoas de países como Arxentina, Brasil, Mexico, Estados Unidos, Por-tugal, Francia e tamén de comuni-dades como Baleares, Cataluña, Valencia, Aragón, Euskadi, Madrid, Castela León e Galicia.Esta actividade didáctica sobre empalletado foi unha opotunida-de para compartir experiencias no eido do mundo da gaita.

Dúas imaxes de Rubén, traballando nunha feira (á esquerda) e probando as súas palletas

O palleteiro que mudou Vigo pola cidade episcopalO artesán Rubén Carrera fala da súa paixón e de como se reinventa día a día como especialista e autodidacta artesán destas pezas da gaita

Como lle dixo un artesán unha vez: o palleteiro faise cos

anos

A Consellería de Educación, Uni-versidade e Formación Profesional acaba de publicar en Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación integral do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora, por importe de 687.323,34 euros. Está previsto executar os traballos de interior en verán e compati bilizar o remate dos de ex-terior coa acti vidade docente. As obras teñen un prazo de execución de 3 meses e son suscepti bles de cofi nanciamento polo Fondo Euro-peo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operati vo Feder Galicia 2014-2020.As actuacións contemplan unha parte programada de xeito espe-cífi co para a mellora da efi ciencia enerxéti ca do centro, a través do illamento polo exterior mediante sistema SATE e do forxado baixo cuberta con paneis de la de roca 10

centí metros. Así mesmo mudaran-se as fi estras actuais por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisi-vo. Tamén se substi túen as caixas de persianas, por un sistema mo-noblock con illamento incorporado e instalaranse novas luminarias con tecnoloxía LED, con detector de pre-sencia en zonas comúns.A maiores, colocaranse falsos tei-tos nos locais que carecen del (salvo corredores e vestí bulos), renovaranse os aseos de profeso-rado e alumnado da planta alta, repararanse e pintaranse os pa-ramentos interiores, lacaranse as portas, pulirase o chan de terrazo e colocarase novo vinílico nas aulas da planta primeira, en substi tución do existente.Ademais, instalarase un ascensor e ampliarase o ximnasio.

Licitada a rehabilitación do colexio Álvaro Cunqueiro

Page 23: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 23reportaxe

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos de Ourol adícase dende o 2014 á divul-gación e á posta en valor patrimonial e cultural que posúe a parroquia de Bravos e o Concello de Ourol.“A andaina desta asociación come-zou dous anos antes cos rapaces do pobo”, comenta Mari Carmen, a presidenta actual, que o que que-rían era dinamizar a parroquia co seu mundo, o musical. Así, Juan e Sabela Ramil e máis amigos da vila déronse conta que Bravos era un sitio moi bonito para facer un festi-val de música, e falando cos amigos que tiñan grupos comezaron coa organización do primeiro festival Aturuxo.Nun primeiro momento foron axu-dados polos amigos e o segundo ano pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, e despois de-cidíronse a formar a súa propia aso-ciación para poder seguir con este mundo. A continuación, fundouse este novo colectivo no que queda-

ron Juan e Sabela como presidente e vicepresidenta, respectivamente. Foi esa a semente da asociación.O primeiro Festival do Aturuxo foi no ano 2012 e se finalmente este ano pode celebrarse, será a súa IX edición. Tamén este ano decidiron celebralo a finais de xullo aínda que non sempre foi así porque os primeiros catro festivais foron en setembro, pero como o tempo nesa data non acompañaba decidiron mudalo a finais de xullo, pero para a súa realización dependen da data de celebración do Santiago, que é a festa parroquial.Durante estas dúas xornadas de fes-ta o Concello de Ourol convértese nun pequeno epicentro da música, dos sons e das tradicións galegas. Ademais, “todos os participantes

poden compartir a cea popular, fo-liada libre, acampada gratuíta, xo-gos populares e moita diversión”, relata a presidenta.Outra parte importante da asocia-cion é a dinamización da parroquia e que o rural non morra, “é a fina-lidade principal da asociacion”, di Mari Carmen. “O principal é facer todos os meses como mínimo al-gunha actividade”, e entre elas foi reabrir o local social para que a xen-te tivera un lugar de reunión para charlar, botar unha partida, tomar un chocolate ou simplemente verse e estar xuntos unhas horas.Contan con actividades fixas pero calquera socio pode promover ini-ciativas sempre que sexan viables, por exemplo a realización e colabo-ración da Xuntanza Clásicos Ourol, da que algúns socios son membros.“Todos os meses queremos facer polo menos unha actividade”, di Mari Carmen, “en xaneiro facemos o bingo de Nadal, en febreiro al-gunha festa e actividade, en marzo soe ser algún concurso como o de sobremesas, de tortillas, etc, a fi-nais de abril faise o peche do local cunha festa as veces cun concerto ou simplemente con música para ambientar ademais dun sorteo”, co-menta Mari. De maio a agosto é a tempada baixa e a asociación adícase á organiza-ción do festival, en setembro faise unha mini festa de apertura, en ou-tubro actividades como as saídas ao río Bravos cos nenos e desfrutar do aire libre, en novembro e decem-bro hai pequenas festas como ha-lloween, magosto, etc, asegurando que “nesta parroquia o importante é xuntarse”.Tamén fan outro tipo de actividades ou cursos de diferentes duracións, e o que está funcionando moi ben é o de cestaría, que vai de outubro a abril. Houbo tamén exposicións de pintura, representacións teatrais, firmas de libros, maratóns de tute, xornadas sobre abellas, concursos variados como o das Letras Galegas e moitas outras.O ano pasado fixeron a terceira edi-ción da malla tradicional que veu acompañada dunha primeira ruta cabalar, ademais da festa da es-follada do millo coa que tratan de conservar e dar a coñecer esta ac-

tividade xa case en desuso no eido rural. “O importante é facer cousas culturais e que nos unan”, relata Mari Carmen.Aturuxeiros conta con arredor de 100 socios e estes son unha parte importante xa que son os que axu-dan a orientar e aportar ideas. Por iso o custe é case simbólico, xa que máis que nada “o que se pide é o apoio e o aporte de ideas”, di Mari Carmen.Desde o 2012 cambiaron moito as cousas e os cargos, aínda que Mari Carmen Seijas é a única directiva que está desde o principio de for-ma continuada, pero contan que a asociación siga facendo cousas in-teresantes e que siga enriquecendo o tempo dos veciños.

Arriba, o concurso da torti lla e unha acti vidade no Aturuxo, e, abaixo, a malla tradicional

Os Aturuxeiros de Ourol, a unión veciñalEsta asociación de Bravos promove acti vidades mensuais que culminan cun gran festi val de música durante o verán

unha ollada polo rural

Un intre do concurso de sobremesas

Todos contan cunha acti vidade, e o importante é

a dinamización da parroquia

Page 24: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade24 maio 2020

MAR

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de reparación da nave de re-des Expomar do peirao de Burela, que acolle dita feira con carácter bianual. Esta actuación conta cun investi mento de 40.000 euros e un prazo de execución esti mado de dous meses. Os traballos consisten no subminis-tro e instalación dunha nova can-le de recollida de augas en aceiro inoxidable, así como a renovación da parte superior por chapa en aluminio lacada dun milímetro de espesor. Deste xeito, renóvanse as zonas máis afectadas pola co-rrosión e que estaban a ocasionar fi ltracións de auga ao interior do recinto. En concreto, as obras inclúen a re-ti rada dos elementos deteriorados, petos e canles de recollida de augas para o tratamento a través dun xes-

tor autorizado e a substi tución da canle de recollida de augas existen-te, actualmente en chapa, por ou-tra en aceiro inoxidable. Para poder efectuar dita actuación é necesario desmontar a cuberta existente en panel sándwich para encaixar as la-terais da canle por debaixo. Finalmente, a obra desenvolvida

por Portos de Galicia engade a reposición dos parafusos, entron-ques coas baixantes e elementos necesarios para súa perfecta ins-talación. Esta actuación permiti rá mellorar as condicións de traballo do sector profesional de Burela e máis concretamente do colecti vo de redeiras.

Inician a reparación da cuberta da nave de redes Expomar en Burela

Unha imaxe da nave de redes de Burela

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, manti vo unha reu-nión telemáti ca con varios repre-sentantes do sector pesqueiro da Mariña. Nela recolleuse a profunda preocupación do sector pesqueiro polo descenso da venda de peixe e a gran caída dos prezos como con-secuencia da redución da deman-da, especialmente polo cesamento da acti vidade na hostalaría e res-tauración. Isto incide na redución dos ingresos, mesmo dos barcos que manti veron a acti vidade por ser considerada esencial, polo que o sector reclama medidas de apoio e axudas para compensar perdas.Entre as primeiras, consideran fun-

damental o fomento do consumo dos produtos do mar, frescos e sau-dábeis, unha proposta que parti lla enteiramente o BNG. Ademais, o deputado nacionalista solicitou ao Goberno do Estado a atención ás reclamacións do sector para que persoas afectadas pola crise xerada como consecuencia da emerxencia sanitaria poidan percibir axudas que lles permitan sobrevivir e ga-ranti r os seus dereitos como profe-sionais do mar, até que se se dean as condicións para desenvolver a acti vidade con normalidade.Tamén insisti u na necesidade de que os barcos vaian equipados de máscaras, luvas e termómetros.

O BNG reclama no Congreso axudas para o sector da pesca

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro asegurou, tras unha reu-nión manti da con representantes de Portos de Galicia, que os traba-llos de dragaxe do porto Viveiro-Celeiro ten todas as garantí as.A polémica xurdiu por parte dos veciños e do BNG, que ti ña medo que as obras afectaran aos puntos de captación de auga e aos recur-sos marisqueiros e pesqueiros, ademais de contaminar a zona de baño. Loureiro afi rma que Portos de Galicia asegura que se están cumprindo todos os protocolos e procedementos medio ambientais.Ademais, a Técnica de Medio Am-biente achegouse ata a praia de Covas, lugar no que se iniciaron os traballos co dragaxe da canle de ac-ceso e o verquido na praia.Trátase dunha obra de gran mag-nitude, que conleva a tramitación dun expediente moi amplo, no que se inclúen autorizacións sectoriais

e gran canti dade de analíti cas de control medio ambiental previas.

RIBADEO. Por outra banda, as obras de dragaxe da canle de acce-so a Mirasol e o peirao deporti vo de Ribadeo quedarán rematadas estes días. As obras, que se atopan agora na súa fase fi nal, desenvolvéronse en dúas fases. Nun primeiro momen-to dragouse a canle de acceso ao peirao de Mirasol e a día de hoxe a draga está a traballar na entrada do porto deporti vo ribadense. En ambas zonas recuperarase o cala-do ata preto da cota -4.A zona total recollida no proxec-to de dragaxe ten unha lonxitude aproximada de 500 metros, un ancho medio de 60 e abarca desde a fronte da canle próxima á lonxa ata o inicio do peirao comercial. O volume global de material extraído roldará os 20.000 metros cúbicos.

Remata a dragaxe do porto de Ribadeo e polémica na de Celeiro

Un mariñeiro, nun barco pesqueiro da provincia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que aumen-ta a 798.727 kg a cota de xarda que poderán pescar este ano os barcos da Mariña, tal e como anuncia o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.Isabel Rodríguez destacou que son 138.172 kg máis dos 616.230 inicial-mente previstos os que lle corres-ponden á fl ota da Mariña. Este au-mento débese á canti dade adicional de cota conseguida por España.Esta canti dade extra procede, por un lado, da compensación de multa de xarda 2020, da que lle correspondían a Lugo 45.024 kilos, e, por outro, da aplicación da Resolución da Secreta-ría Xeral de Pesca pola que se reparte a cota adicional obti da por intercam-bio cos Países Baixos, que establece unha canti dade de 93.148 kilos para a fl ota de outras artes disti ntas do arrastre e cerco da provincia.Deste xeito, a canti dade a maiores da inicialmente prevista que lle co-rresponde este ano á devandita fl ota da Mariña é de 138.172 kilos, que a Secretaría Xeral de Pesca distribuíu, logo de consultar a Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, reservando 737.104 kg para os bar-cos que, realizando as súas capturas con liñas de man e/ou cordel, conten con topes de capturas individual.

Os barcos da Mariña poderán pescar 798.727 kilos de xarda este ano

Unha imaxe da dragaxe que se está a realizar en Viveiro

O Concello de Viveiro, tras os labores de dragaxe na ría encargou a realiza-ción de diversas analíti cas co obxec-ti vo de coñecer o estado actual tanto da praia de Covas como das augas de baño. Tomáronse mostras en dous puntos da auga e en catro puntos da area, en todos os casos na zona de verti do; nas análises realizadas, sobre parámetros microbiolóxicos, obti véronse resultados favorables en todos os casos.Dentro de quince días, repeti ránse novamente estas probas engadin-do, ademais, a análise de metáis pesados. Co obxecti vo de compro-bar a evolución destes resultados e,

en todo caso, o estado deste areal, disti nguido con recoñecidas certi fi -cacións medioambientais, o conce-llo realizará analíti cas quincenais ao longo dos dous vindeiros meses.Cómpre lembrar que o seguimento medioambiental das obras de draga-xe corresponden a Portos de Galicia, segundo o establecido no Programa de vixiancia ambiental, incluído no proxecto da obra, no que se prevé a realización de diversas actuacións, controis, informes e analíti cas antes, durante e despois das propias labo-res de dragaxe; unha empresa estase a encargar de executar este progra-ma.

Viveiro encargou a realización de analíti cas da praia de Covas

Page 25: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 25publirreportaxe

A Deputación de Lugo, a través da Axencia de Colocación, ofrece un servizo público e gratuíto de aseso-ramento e apoio a autónomos e PE-MES, a emprendedores e a deman-dantes de emprego para axudarlles a facer fronte á nova situación socio-laboral provocada pola crise sanitaria do COVID-19.A institución provincial orientou esta oficina, que leva funcionando dous anos, para que, ademais de continuar cos recursos que xa prestaba, sexa o máis útil posible para o tecido empre-sarial e os desempregados na actual coxuntura ofrecendo información de utilidade e apoio específico ante a pandemia ao tecido empresarial e aos desempregados.As persoas interesadas poden encon-trar toda a información na páxina web da Deputación (www.deputacionlu-go.gal). Para recibir axuda e asesora-mento a Axencia de Colocación ten habilitado o teléfono 982 260 204 e o correo electrónico [email protected] os seus inicios no ano 2018, ofreceuse asesoramento profesional a preto de 3.000 persoas de forma presencial e atendéronse 2.350 cha-madas. Este servizo recibiu máis de

3.600 solicitudes de persoas que es-taban no paro ou que buscaban me-llorar a súa situación laboral, conse-guindo inserir no mercado laboral a máis de 360 desempregados. A Axencia de Colocación, dispoñible para todos os veciños e veciñas da provincia de Lugo de xeito gratuíto, traballa en diferentes eixos, e faino co obxectivo de favorecer a inserción no mercado laboral das persoas que buscan emprego, e axudar ás empre-sas ou entidades que estean a buscar novos traballadores a casar oferta e demanda. Nesta liña, as empresas ou colectivos da provincia que necesi-tan traballadores poden trasladar os perfís laborais que requiren, e a tra-vés desta plataforma os axentes de empregos ofrécelles candidatos que cumpran cos requisitos da selección. Agora tamén ofrece asesoramento laboral relativo ás situacións de ERTE provocadas pola crise sanitaria; sobre como poder adaptarse á nova situa-ción ou con que axudas poden con-tar os autónomos ou as PEMES. Por outra banda, os veciños da provincia, desempregados ou non, poden tras-

ladar os seus currículos á Axencia de Colocación, que os porá en contacto con empresas ou colectivos que bus-quen perfís laborais de acordo cos seus.

CONVENIO. De maneira complemen-taria ao servizo da Axencia de Coloca-ción, a Deputación ofrece outra pres-tación de asesoramento sociolaboral

gratuíto en colaboración co Colexio de Graduados Sociais da provincia de Lugo, neste caso para os lucenses en situación de vulnerabilidade ou con escasos recursos. O servizo, que conta con colexiados expertos en de-reito do traballo e da Seguridade So-cial, ofrece atención individualizada e parte da necesidade detectada en numerosos traballadores e mesmo

pequenas empresas, que debido á crise atópanse en situación vulnera-ble, con escasos medios para acceder a asesoramento especializado nas materias que máis lles preocupan. Este servizo, de balde para os usua-rios e usuarias, ofrécelles a estes cidadáns un soporte no que podan asesorarse sobre as directrices á hora de xestionar as súas cuestións labo-

rais e sobre dereitos ou coberturas sociais, así como trámites e xestións, a través de profesionais expertos nes-tas materias, como son os graduados sociais.Neste caso, os números de teléfo-no de contacto son o 982.211.503 e 982.26.02.04 e as direccións de co-rreo electrónico: [email protected] e [email protected].

O presidente da Deputación, José Tomé, xunto a unha traballadora da Axencia de Colocación, nunha imaxe de arquivo

Apoio ao desenvolvemento económico A Deputación ofrece asesoramento gratuíto a autónomos, pemes e desempregados para afrontar a crise do COVID-19

A través da Axencia de Colocación,

a institución provincial presta un servizo público de

información e apoio ao tecido empresarial

e aos demandantes de emprego

Axencia de colocación · C/ San Marcos N°8 - 27001 - Lugo · 9:00 a 14:00 horas e de luns a venres · 982 260 204 · [email protected]

A Axencia de Colocación durante a xornada de benvida ao alumnado do Campus de Lugo deste último curso

Page 26: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

actualidade26 maio 2020

A Real Academia Galega adicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carvalho Calero nado en Ferrol en 1910 e fi nado en Santi ago de Com-postela en 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.Por mor da pandemia a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Le-tras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricar-do Carvalho Calero.Así, o profesor ferrolán e unha das fi -guras máis relevantes da cultura gale-ga da segunda metade do século XX, será homenaxeado.Desenvolveu unha traxectoria vital fundamente vencellada á historia do ga l e g u i s m o no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, parti cipou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse acti vamente nas estratexias de recu-peración do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na críti ca e na investi gación fi -lolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedráti co de Lingua e Lite-ratura Galegas.

VIDA. Medrou en Ferrol, rematou o bacharelato na Coruña e en 1926 marchou estudar Dereito e Filoso-fí a a Santi ago de Compostela, onde

manti vo unha intensa acti vidade intelectual e políti ca: entrou axiña en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Ga-legos e culti vou un estreita relación con Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros mestres da Xeración Nós.Nesta etapa redactou un manifesto sobre a galeguización da universi-dade e parti cipou na fundación do Parti do Galeguista e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia. Dos anos de mocidade son ademais as súas primeira obras li-terarias, os poemarios Vieiros (1931), o seu primeiro libro en galego, e O silenzo axionllado (1934).A guerra civil estoupou cando pre-paraba en Madrid as oposicións á

cátedra de bacharelato, despois de acadar unha praza de funcionario no seu concello natal. Loitou no bando republicano, como miliciano primeiro e logo como tenente, e en 1939 foi deti do e condenado a prisión. Em-pezaría daquela unha etapa dedica-da ao ensino privado que o levaría en 1950 a fi xar a súa residencia en Lugo para dirixir o Colexio Fingoi. Ese mesmo ano fundábase a Editorial Ga-laxia, un proxecto co que colaborou acti vamente. Parti cipou na primeira xeira da Colección Grial.No ámbito académico, en 1954 doutorouse en Madrid coa tese Aportaciones a la literatura gallega

contemporánea, en 1958 ingresou como membro de número da Real Academia Galega, e máis adiante sería o redactor, xunto a Ramón Pi-ñeiro, das primeiras normas orto-gráficas e morfolóxicas aprobadas por esta institución. En 1965 incor-porouse como profesor interino á USC, da que foi o primeiro docente das materias de Lingua e Literatura Galegas, que se acababan de intro-ducir como optativas nos programas universitarios; e en 1972 converteu-se no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Durante as últimas décadas da súa vida man-tivo unha intensa actividade como articulista e colaborador en prensa. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciencias de Lisboa e

en 1984 recibiu a Medalla Castelao.

OBRA. A súa obra transita os diversos xéneros canónicos e suma uns vinte libros. Como narra-dor publicou A xen-

te da Barreira (1951), Scórpio (1987) e relatos curtos. Tamén culti vou a poesía, con tí tulos como Salterio de Fingoy (1961), ou Reti cências (1990). Como dramaturgo: Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro (1971), Teatro completo (1982).Destacan tamén os seus estudos so-bre a literatura, como a Historia da literatura contemporánea galega (1963). Tamén salientan os estudos que publicou sobre Rosalía de Castro. Carvalho Calero é ademais autor da Gramática elemental del gallego co-mún (Galaxia, 1966), manual de re-ferencia para as primeiras xeracións

de estudantes de lingua galega e que atinxiu unha gran difusión, ata chegar ás sete edicións. A de 1979, a derradeira, ten cambios impor-tantes na ortografía e en escollas léxicas e, sobre todo, morfolóxicas a raíz do cambio na concepción de Carvalho sobre o que debería ser o galego culto, xa que desde mediados da década dos 70 pasou a defender a adopción dunha ortografía próxima

á portuguesa para o galego e a acep-tación do portugués como referen-cia fundamental do galego estándar. A partir dos 70 os seus traballos lin-güísticos e a exposición e propostas de orientación reintegracionista fo-ron recollidos en volumes como Pro-blemas da Língua Galega (Lisboa, 1981), Da fala e da escrita (1983) e Do galego e da Galiza (1990).

Arriba, dúas imaxes de Carvalho Calero en diferentes momentos da súa vida e, abaixo, con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santi ago de Compostela

Unhas Letras Galegas virtuaisA Real Academia Galega adicará a Ricardo Carvalho Calero a súa homenaxe anual, que se pospoñerá ata o 31 de outubro

letras galegas

A RAG programa para o mes de maio a serie Unha palabra para don Ricardo, un conxunto de mini-pezas audiovisuais arredor da fi gu-ra de Ricardo Carvalho Calero que conforman un retrato colecti vo do protagonista do Día das Letras Ga-legas 2020. Os microespazos po-derán verse a través da web e das redes sociais da insti tución e ta-mén serán difundidas pola CRTVG.Unha palabra para don Ricardo conta coa parti cipación de aca-démicos e disti ntas persoas que ti veron algunha relación co autor. Cada parti cipante elixe unha pa-labra que destaca a calidade que mellor defi ne o homenaxeado.A emisión, que xa comezou o 1 de

maio, fí xoo coa lembranza do ho-menaxeado que garda o académi-co Salvador García-Bodaño. A produción por parte da RAG destas minipezas audiovisuais é unha iniciati va extraordinaria para “unhas circunstancias extraordina-rias”, expresa o presidente Víctor F. Freixanes na Tribuna de acade-mia.gal que lle dará a benvida a un mes das Letras Galegas marcado pola pandemia do coronavirus. A serie realizouse coa colabora-ción da produtora Arraianos e dos parti cipantes. A maioría gravou as propias intervencións durante o confi namento que comezou o pa-sado 15 de marzo, con teléfonos móbiles ou cámaras web.

A RAG difunde este mes a serie de microespazos dentro do mes das Letras Galegas

A Real Academia Galega re-forzará en Internet con esta e outras iniciativas a cele-bración do tradicional Día das Letras Galegas durante o mes de maio en que será imposible desenvolver o ca-lendario de actividades pre-senciais previstas inicialmen-te en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. A web primaveradasletras.gal fornecerá de recursos lú-dicos e didácticos os nenos e nenas; portaldaspalabras.gal achegarase á obra do au-tor dende o léxico, e acade-mia.gal ofrecerá reportaxes e entrevistas sobre Carvalho Calero e iniciativas diversas que se están a desenvolver por todo o país para revivir o seu legado.

ACTIVIDADES

O BNG xunto a moitos grupos e asociacións culturais de diferente sesgo fi xeron chegar unha deman-da á RAG para prolongar a conme-moración de Ricardo Carvalho Ca-lero ao ano 2021 “porque resulta evidente que a crise provocada pola pandemia fai imposible o des-envolvemento do Ano Carvalho Calero con normalidade”.Todos estes grupos aseguran que estes momentos excepcionais como os que se están a vivir esi-xen adoptar medidas excepcionais por eso consideran “plenamente xusti fi cado prolongar a conmemo-ración de Carvalho Calero ao 2021, e así llo solicitamos á Real Acade-mia Galega”.

“É de xusti za garanti r que todas as persoas homenaxeadas gocen do recoñecemento que correspon-de ao longo do ano, máis se cabe quen, como acontece con Carvalho Calero, foi tan agardado”.Así mesmo, faise un chamamento para que este 17 de maio sexa nas xanelas, nas varandas e nas redes sociais a celebración deste día.“Cómpre defender os dereitos lin-güísti cos, o orgullo de sermos un pobo cunha lingua de seu e reivin-dicar o uso normalizado do galego cada día e en calquera espazo. Ta-mén exixir que os responsables pú-blicos non renegue da lingua propia do país e use o galego nas súas comparecencias”, di o BNG.

Reclaman prolongar a conmemoración de Ricardo Carvalho Calero ata 2021

Page 27: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020actualidade 27

AGRO

A Consellería do Medio Rural pu-blicou a orde que amplía ata o 15 de xuño o prazo que teñen os agricultores e gandeiros galegos para solicitar as axudas da PAC. A orde modifi ca a emiti da o pa-sado 12 de febreiro co obxecti vo de dar resposta ás restricións le-vadas a cabo por mor do corona-virus, que impediron que moitos interesados se puidesen achegar aos bancos ou ás enti dades de aconsellamento que colaboran coa administración para a trami-tación destas achegas.Deste xeito, a orde establece que

as solicitudes únicas destas axu-das se poderán presentar de xei-to telemáti co ata o 15 de xuño. Mentres, fi nalizará o día 30 do mes que vén tanto o prazo de mo-difi cación das solicitudes únicas como o prazo de presentación das solicitudes de alegación do Sixpac e das comunicacións da cesión de dereitos de pagamento básico. Prevese que uns 27.000 agricul-tores e gandeiros soliciten estas achegas, que xesti ona o Fondo Galego de Garantí a Agraria e que son de gran interese para o sec-tor primario.

Ampliado ao 15 de xuño o prazo para solicitar as axudas da PAC

O Diario Ofi cial de Galicia (DOG) publicou senllas resolucións da Consellería do Medio Rural con cambios nas autorizacións de quei-mas e no prazo establecido para a xesti ón da biomasa nas faixas pre-to das casas. Así, por unha banda, a parti r de agora poderán solicitarse autorizacións excepcionais por ra-zóns fi tosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais. Por ou-tra, apróbase levantar a suspen-

sión do prazo legal para cumprir coa obriga de limpar as faixas se-cundarias (as dos 50 metros máis próximos ás vivendas). Neste caso, engádense á data límite habitual do 31 de maio os días discorridos de estado de alarma, de xeito que o prazo se prolonga ata o 16 de xu-llo de 2020 incluído.Tamén se levantou o luns 11 de maio a suspensión de realizar quei-mas nos terreos rústi cos decretada desde o pasado 16 de marzo.

Abren un novo tempo para queimas controladas

As numerosas protestas e denuncias por parte de organismos defensores de agricultores como SLG ou Fruga conseguiron que se permiti se a ce-lebración dos mercados locais de produtos agroalimentarios a parti res do luns 4 de maio, “sempre baixo es-tritas condicións de seguridade”. As queixas, que chegaron ata a vala-dora do pobo, indican que a medida de pechar os mercados de proximi-dade malia manter abertos os su-permercados e grandes superfi cies “foi un agravio comparati vo ante os agricultores e gandeiros galegos”.Malia que o permiso xa está dado, son moitos os concellos que aínda non permiti ron a súa celebración e naqueles onde si se deu a orde, os propios feirantes dubidan achegar-se aos tradicionais lugares de reu-nión.

MERCADOS REANUDADOS. En Ri-badeo, o alcalde anunciou que o mercadiño dos mércores abre esta semana unicamente na sección de produtos agroalimentarios. Como novidade, trasladarase ao aparcadoi-ro municipal debido as limitacións de espazo nas instalacións habituais.O mercado semanal de Foz retóma-se tamén o martes e tamén só para

produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais. Haberá 5 metros de separación entre os pos-tos e rúas de dez metros de ancho, para garanti r a separación entre to-dos os compradores.O venres tamén volverá celebrarse o mercado de Burela que conta xa cunhas quince solicitudes segun-do indicou o seu alcalde, Alfredo Llano. Aínda que teñen permiso todos os feirantes terán priorida-de cando non haxa espazo para todos aqueles que vendan produ-tos agroalimentarios. O Concello aínda está a ubicar un lugar para a instalación do mercado onde se

podan gardar as distancias de se-guridade.O Concello de Cervo retoma esta semana o mercado semanal de San Cibrao, habilitarase unha entrada e unha saída pola avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito contro-lado.Agora mesmo, tamén están á espera da apertura dos mercados de gando, tendo en conta o mesmo proceso de desescalada e sempre adoptando todas as medidas sanitarias precisas. Advirten que esta orde é demanda-da polo sector e considerada necesa-ria para dar saída aos animais que se están acumulando nas explotacións.

Reabren estes días os mercados de Burela, Cervo, Foz e Ribadeo

Posto con produtos do agro nun mercado galego

Tras varias semanas sen poder aten-der as hortas de autoconsumo, o Diario Ofi cial de Galicia (DOG) fi xo públicas dúas ordes diferentes nas que se dan facilidades para poder comezar a realizar esta tarefa.Na primeira orde se fl exibilizaron as condicións para que os agricultores considerados de autoconsumo pu-dieran realizar con maior facilidade os seus desprazamentos ás leiras nas que desenvolven a súa acti vidade. Esta norma modifi caba o estableci-do con respecto ás restricións da súa mobilidade por mor da emerxencia sanitaria do coronavirus do 24 de marzo.Así, a principal novidade consistí a en que se eliminaba a anterior limita-ción de 500 metros para que as per-soas que teñan culti vos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fi ns non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha acti -vidade profesional agraria, poidan

realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemen-to e atención dos seus culti vos sem-pre dentro do termo municipal da súa residencia habitual. No caso de que a horta estea nun concello dife-rente ao da súa vivenda, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa.

Posteriormente publicou a orde que permití a que ata dúas persoas á vez atendesen este ti po de culti vos pero respectando as distancias de seguridade. A Xunta indica que nas acti vidades agrarias consideradas de autoconsumo deberá levarse con-sigo unha declaración responsable incluíndo a identi fi cación da parcela e o ti po de culti vos que realiza.

Dúas ordes facilitan a atención dos culti vos de autoconsumo

Permítese estar nas leiras ata dúas persoas á vez

ELISARDO BARCALA

Page 28: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

28 maio 2020 opinión

E stes últi mos días, esta-mos escoitando de novo como se esta a falar dos Ertes e dos despidos. Ul-ti mamente o goberno

indicou que tras un acordo cos sin-dicatos van a durar mais alo da vi-xencia de estado de alarma, isto é, ata o 30 de xuño. Loxicamente este leva consigo, a priori, que as em-presas non poidan despedir a todo aquel personal que se veu afectado polo expediente de regulación tem-poral de emprego, sendo o 2021 o umbral para poder realizar despedi-mentos obxeti vos, dada o clausula fi nal do decreto-lei 9/2020 pola que as empresas acollidas ao Erte, com-prometi anse a manter todo o per-sonal afectado durante seis meses

despois do estado de alarma.No obstante, precisase puntualizar que a prohibición dos despidos non e tal prohibición en si mesma consi-derada. Esto é despois de fi nalizar o Erte, ou cando a empresa se vaia reincorporando a sua acti vidade, o empresario pode seguir uti lizando o despido disciplinario, e en todo caso, o despido improcedente, que será a vía mais uti lizada. A empresa deberá pagar ao traballador se que-re despedilo 33 días por ano traba-llado (despido improcedente) e non 20 dias (despido obxeti vo). De mo-mento, parece que si un traballador e despedido acollido a un Erte, por causas moti vadas e derivadas das causas da crisis sanitaria e do esta-do de alarma, será improcedente, non nulo, xa que esta ti poloxía de despido, ten as suas causas tasa-das, a salvagarda da doctrina e xu-risprudencia que os tribunais vaian establecendo o albor da casuísti ca xerada e enxuiciada, claro está.

A reincorporación deberá de ser total, desde os traballadores tem-porais ata os indefi nidos e non so os indefi nidos. Os traballadores tem-porais deberán de reincorporarse ao seu posto de traballo durante o periodo que lles faltaba para con-templar o seu contrato, dende que quedou suspenso polo estado de alarma, esto e, si a día 14 de mar-zo, lle faltaban 15 días de traballo, unha vez que se reincorpore, terán que cumprir os 15 días restantes.Ase mesmo, esta cláusula de salva-garda das relacions laborais, dos seis meses, parece que entrara en vigor no mesmo momento que a empresa volva a acti vidade, que ló-xicamente, dado o retorno gradual e a desescalada pode ser antes do 30 de xuño, polo que estamos a espera de que na nova regulación que se publicará se aclare este pun-to esencial tamén para os contratos temporais. Indique que data preva-lece.

Isto é moi importante, xa que as empresas que incumplan esta cláu-sula, terán que devolver as cuotas exoneradas da Seguridade Social, podendo incluir nesta devolución, as retribucións por desemprego dos traballadores, según fontes do propio ministerio. Especial inciden-cia terán aquelas empresas que incurra en concurso de acreedores derivada desta situación. En canto a exoneración das cuotas, o goberno segue contemplando, parece ser, a porcentaxe de exoneración do 75% para as empresas en Erte de mais de 50 traballadores a fi nais de fe-breiro, o 60% para aquelas que re-tomen en maio a actvidade e o 45% en xuño e para as de menos de 50 traballadores será o 100%, un 85% para aquelas que volvan a sua acti -vidade en mayo e un 70% en xuño de exencions. Debemos esperar a sua publicación no BOE. Por outro lado, temos que dicir que dende o Ministerio de Traballo se esta a fa-

lar do “Erte Ponte”, esto e, as empre-sas que están pasando por un Erte de forza maior, unha vez fi nalizado este, polas suas circunstancias non poden afrontar a reincorporación do persoal poderán acollerse a un Erte por causas económicas, obxe-ti vas, estructurais e de producción, e recomendaselles que falen cos sindicatos maís representati vos no seu sector, a falta de representantes sindicais na empresa con anteriori-dade a fi nalización no primer Erte por forza maior, dado que a xesti ón e tramitación dun Erte económico e mais complexa e menos áxil que a do Erte por forza maior, e en maior ou menor medida require a inter-vención destes axentes sociais.Esta claro, que debido a excepcio-nalidade da situación, teremos que estar a contemplar e a aplicar, día a día, a normati va sobre a casuísti ca que se vai xerando, incluindo as mo-difi cacións imprevistas que se leven a cabo.

Ertes e a prohibición dos despidosANOTACIÓNS XURÍDICAS

COLABORACIÓNS

A pesar de que a alimen-tación é un dos piares nos que se apoia a nosa saúde dende fai moito tempo, non foi ata a

actualidade cando se comezou a es-tudar como a dieta pode infl uír sobre o sistema inmune, así como sobre a incidencia e prevalencia de certas en-fermidades como a diabetes, cáncer, intolerancias ou patoloxías dixesti -vas como Crohn ou colites ulcerosa. Non debemos esquecer, ademáis, que a complicación mais común e inmediata da mal nutrición é a infec-ción, producida tanto por virus como bacterias. O certo é que a nosa saú-de está condicionada directamente pola alimentación, e moitos estudos demostran que una dieta equilibra-

da xunto coa prácti ca moderada de exercicio, poderían evitar moitas das enfermidades previamente nomea-das.Fronte a alarma socio sanitaria ac-tual, cabe destacar polo tanto, como de importante é non sucumbir a uns malos hábitos alimenti cios durante o período de confi namento e intentar comprar aqueles alimentos que si proporcionen un benefi cio sobre o noso organismoCales son as vitaminas e minerais vinculadas o sistema inmune?Todos os nutrientes son esencias e non podemos prescindir deles en ningunha dieta, ni sequera nas de baixada de peso. Pero si existen cer-tos minerais e vitaminas vinculados directamente co noso sistema inmu-ne, xa sexa por estar implicados na produción de novos anti corpos como nas vías de comunicación entre as nosas defensas e os axentes infec-ciosos.A vitamina A: ten un papel funda-

mental para manter as nosas muco-sas intactas, que son a nosa primeira barreira defensiva. Podemos atopala en lácteos enteiros, ovos, verduras de cor verde, cenorias, albaricoques, ce-reixas ou melocotóns. A vitamina E: aumenta a resposta inmunolóxica e predomina nos froitos secos (sempre naturais), en cereais integrais como centeo, espelta, no arroz, tamén no aceite de oliva virxe ou vexetais de folla verde. A Vitamina C, coñecida pola sua acción anti oxidante e anti -viral. Abundante en alimentos como o kiwi, os pementos, cítricos, amoro-dos, melón, coles, en xeral en froitas e hortalizas. As Vitaminas do grupo B: un défi cit de este grupo de vitami-nas pode supoñer alteracións no sis-tema inmune. Atopámola en alimen-tos de orixe animal como a carne, peixe, ovos, mariscos e lácteos. E en menor medida en legumes, froitas e cereais integrais. A Vitamina D: o seu défi cit está bastante estendido pola poboación galega, debido a falta de

exposición solar, xa que é a mellor forma de obtela. En canto os alimen-tos nos que se atopa temos o peixe azul, ovos, lácteos, champiñóns e setas.Ademais das vitaminas tamén son esencias os minerais como o ferro cuxo défi cit afecta a multi plicación celular e polo tanto os nosos anti cor-pos vense reducidos. Presente maio-ritariamente en carnes vermellas, peixes e ovos.Outro mineral importante é o cinc, do cal se demostrou a súa capaci-dade para facer fronte o COVID-19. Alimentos como o marisco, semen-tes de cabaza, legumes, queixos cu-rados, peixes, ovos, cereais e froitos secos, son ricos nel.O selenio tamén é outro mineral cunha vinculación especial o sistema inmune, xa que se demostrou que un défi cit do mesmo fai que os no-sos anti corpos perdan poder fronte a bacterias ou algúns tóxicos. Está presente nos mesmos alimentos que

o cinc.Ademais dos aspectos puramente alimentarios, hai una serie de medi-das hixienicodietéti cas, cuxa infl uen-cia sobre a nosa saúde inmunitaria se demostrou cienti fi camente, como é o caso da prácti ca de exercicio mo-derado, un correcto descanso e una boa hidratación.Outro factor crucial para melloralo noso sistema inmune é reducilo es-trés, si si, o estrés!! O estrés infl ue negati vamente xa que merma as nosas defensas.Que hábitos debemos mellorar na nosa vida?Si incoporamos estos hábitos a nosa calidade de vida vai mellorar, eso se-guro. Entre eles alimentarnos de for-ma saudable, facer exercicio, manter unha correcta hidratación, respetar as horas de sono e desfrutar da vida e dos seres que nos rodean.Grazas un mes mais por leerme e es-pero que vos sirva de axuda o arti go.

Alimentación e sistema inmune, dous inseparables

Noel López Pinín Centro de Bienestar

NUTRICIÓN

Page 29: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 29opinión

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

TELÉFONOS DE INTERESE

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Maríti ma: 982 57 51 53

Per aspera ad astra, a través do esforzo, o triunfo. Ou polo sendeiro áspero que conduce ás estrelas.

Escribeu Andre Agassi nas súas memorias:“A única perfección que existe, é a perfección de axudar aos demais. Do que facemos, esto é o único cun valor ou un sentido duradeiro. E esta é a razón pola que estamos aquí. Para facernos sentir seguros uns aos outros”. Coido que estas palabras non poden ser mais acertadas nas circunstancias nas que nos atopamos. Sentada no meu es-critorio, facendo por escribir esta columna coa sensación de pouco que contarlle ao mundo, sinto un piar moi frouxo que se coa pola fiestra a medio abrir. Un niño de pardaos repousa so-bre o caleiro do piso de enriba. A miña sorpresa dura ata que sinto o renxer do teléfono. Unha dúbida dunha alumna que axiña resolvo cunha mensaxe de au-dio. Logo diso, uns vinte minu-tos aboiando por redes sociais. Reparo en cantos dos meus

alumnos se pararían a mirar o niño de aves, cantos deles sabe-rán da existencia dos gorrións. E ao momento me comprace pen-sar neles facendo un comenta-rio de texto sobre o fragmento a eles adicado por Juan Ramón Jiménez: “Benditos paxaros, sen festa fixa!…Contentos, sen fa-tais obrigas, que viaxan sen car-tos e sen maletas” Case coma os galegos, sen troula fixa, pero descontando sesións vermús que nos deixaron sen celebrar. Todo isto, derivado dunha his-toria de Instagram dun amigo desexando que volvan as or-questras e o fútbol. Mostra de que estamos a recibir estímulos e información constantemente, a veces sen darnos de conta do que temos diante dos fuciños. E facendo honra á reivindica-ción de prestar mais atención á vida real, nótese a fatal ironía, leo a outro amigo aproveitando para criticar a figura dos pu-ristas que se se meten co que moitos ven na televisión, amo-sando segundo el un aquel de elitismo cultural no que se va-naglorian. Xustifica o ataque, apelando a que esos canais lle serven de evasión do peche no que estamos sumidos. E razón non lle falta, pero coido que ta-mén precisamos doutra clase de

referentes. Porque a min, coma Alda Marini tamén me gusta quen escolle, con coidado, as palabras que non di. Porque do mesmo xeito que consumimos incontables programas que nos

evaden da realidade, tamén precisamos focalizar no que de verdade importa. Porque a sor-te, é un factor moi endeble, e eu, prefiro que a inspiración me pille traballando. Coido que é a única chave do éxito, ou debería ser. E as novas xeracións debe-ran ter, á par que todas as redes sociais e plataformas dixitais

que consomen, referentes con outra forma de ganala vida. E, moi no fondo, con outra manei-ra de que os atope a felicidade. Precisamos poñer o foco na Phoeby de Friends que nos en-

sinou que as familias non teñen que seren convencionais para funcionar. Ou de Chandler can-do nos ensinaba a non meter na boca o chicle que acabas de cus-pir. Chámese chicle ou persoa tóxica. Incluso a Rachel farta dunha vida que apesta por mo-mentos, animándonos a volver a comezar. Estos son os valores

que tamén precisamos ver. Fixarnos en que a forza de Op-timus Prime reside na experien-cia no combate. Porque nin-guén nos pode prometer que non imos cansar. Pero do outro lado da fatiga, fartos de sacrifi-cios é onde podemos atoparnos a nós mesmos en milleiras de ocasións, e onde imos a lograr vencer. Ou en Sauron, que preci-sou sellar o seu espíritu para ga-rantir a súa presenza. Nós, que non acostumamos a compro-meternos nin coa nosa mesma sombra. Porque os que forma-mos parte dunha xeración que medramos con Son Goku, vimos como morría tres veces, como morrían todos os seus amigos, e como se sacrificaban a pesa-res de saber certo que non tiñan nada que facer. Non se trata de sesgar a diver-sidade que se nos ofrece, senón que a importancia radica na capacidade de discernir o que só entretén, mesmo serve como exemplo negativo, do que em-pregamos como modelo e mo-tivación. E aí entramos cada un dos espectadores, a culpa ou o mérito é tan só noso. Nas cabe-ciñas pensantes, Porque o que nos define non son os referentes culturais que temos, senón a ma-neira que temos de empregalos.

Noelia Castro Yáñez

Per aspera ad astraSENTIDIÑO, POUCO PERO QUE DURE

Page 30: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

30 maio 2020 cultura

PASATEMPOS

AS SETE DIFERENZAS

SOLUCIÓNS

TABOLEIROS MATEMÁTICOS

Busca doce nomes de animais

SUDOKUXEROGLÍFICOS

E 1100

CAMIÑE

deus exipcio

Z acelera

Este animal ten bo porte

SOPA DE LETRAS

Illa do suroeste asiáti co

T 00 + R0

A

TRA

Page 31: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

maio 2020 31cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Noelia PiñeiroMonitora de tempo libre do Vicedo

un libro un disco

Corazones en el caféde Rita Morrigan

Mayo Longode Carlos Núñez

unha película unha personaxe histórica

El niño con el pijama de rayas Rosalía de Castro

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Sevilla Calquera con mar

unha comida unha bebida

Empanada de bacallau Cervexa fría

que ler?

que ver?

Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta impor-tancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigan-tes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fra-ga? Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. Porque fai falta ter, por fin, respostas que nos sirvan a todos.

Galicia contada aos non galeguistasManuel Veiga Taboada

que escoitar?

The New Abnormal é o primeiro disco dos Strokes en 7 anos, conta cunha portada obra de Jean-Michel Basquiat, neo-expresionista de 1981.É un álbum que bebe un pouco de todos os discos que a banda foi sa-cando ao longo de toda a súa traxectoria. Ten guitarras con ese toque de pouca produción que tiñan en Is This It?, coas súas respectivas distorsións e canles limpas tan cortantes e ten melodías pop remarcables.Ao final son nove temas de gran gusto sonoro, moi adecuados se somos de ritmos cálidos e lentos.

The New AbnormalThe Strokes

Dende Ribadeo pasamos Cubelas, o encoro de Lexoso e no quilómetro 11 da estrada Reme-Vilamar. Alí é necesario coller un camiño forestal e percorrer uns 200 metros para chegar a este lugar de ensono. Emilio Piñeiroa, veciño de Ribadeo, redescubriu a fervenza que se atopa no río do mesmo nome.

Fervenza do Pozo LexosoRibadeo

Page 32: nº 17 maio 2020 A Mariña entra na Fase 1ñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...A Mariña entra na Fase 1 A provincia fai valer a súa evolución positi va e suaviza algunhas

32 maio 2020 reportaxe

Rinlo é un pobo de orixe medie-val con gran tradición pesqueira e ademais conta cunha das con-frarías de pescadores máis anti-gas de España. As súas caracte-rísticas paisaxísticas fan del un lugar de visita obrigada na costa mariñá pero conta tamén cun importante pasado económico. Neste pequeno porto pertence ao Concello de Ribadeo atópan-se os restos dunha cetaria natu-ral na que se fixo alí un criadeiro de marisco, concretamente, cen-tolo e langosta.Nos primeiros tempos saían ex-pedicións para cazar baleas, do mesmo xeito en que ocorría en pobos próximos, tratábase dun-ha actividade moi perigosa pero tamén moi lucrativa que foi de-caendo no século XIX.Así, as cetarias tomaron as ren-das como principal forma de subsistencia do pobo e no ano 1904 comezou a construción da primeira natural, aproveitando as especiais caraterísticas oro-

gráficas da zona. Para a súa edi-ficación aproveitouse a zona de costa na que había unha lingua de mar que entraba nas rochas e facía unha piscina natural. Para completar as instalacións cons-truiuse un muro de contención e unha comporta para aproveitar as mareas.

A idea da cetaria foi dun veci-ño de Ortigueira que viu naquel negocio e naquela zona unha “mina” e anos máis tarde a titu-laridade pasou á súa filla, María Luisa Soto Romero.Ademais da piscina, a cetaria contaba con diferentes edificios para a administración, oficinas e almacéns. Poucos anos despois entraron en funcionamento ou-tras dúas que estiveron activos ata principios dos anos noventa, e despois as construcións foron abandonadas e os temporais non axudaron ao seu mante-mento.Trala primeira cetaria e para po-der atender á grande demanda que existía, buscaron outro lugar na costa que ofrecese as mesmas características da primeira, e así naceu a segunda cetaria a so 500 metros da primeira.Esta segunda obra xa reque-riu máis esforzo xa que o lugar onde se atopaba era máis gran-de e o mar chegaba por dous

sitios diferentes por iso houbo que pechar os espazos e fixar ata 25 columnas ao fondo para logar cubrir toda a superficie. Por iso habilitouse unha peque-na lancha para a supervisión do viveiro.

Tempo despois, o mercado se-guía pedindo máis marisco de Rinlo, e sobre o 1954 púxose en funcionamento a terceira cetaria que era aínda máis grande ca an-terior e contaba cunha xeografía máis accidentada e estaba máis alonxada do pobo. Para ela habi-

litouse unha zona para a cría de máis especies. Construiuse unha bomba para manter a auga do mar sempre limpa que funciona-ba as 24 horas do día.Esta cetaria foi a última en pe-char das tres e ata 15.000 unida-des de langosta chegou a haber entre o segundo e o terceiro vi-veiro. Hoxe en día atópanse en ruinas pero seguen sendo visita obrigada dos turistas e curiosos.Contan os veciños do lugar que nos anos dos reais, patacón e perra, as langostas de 22 cen-tímetros valían un peso, as de 20 medio peso e as de 18, cinco reais. Despois da guerra as lan-gostas pagábanse a 5 pesetas a unidade e poucos anos despois xa se pasou ao sistema do prezo por peso actual.Neste pobo mariñeiro, os restau-rantes cociñan nos seus fogóns os máis ricos peixes e mariscos do Cantábrico e por suposto non esquecen a súa especialidade, o arroz caldoso con bogavante.

Vistas das cetarias en disti ntos momentos da súa historia

Somi López

Rinlo acolleu no século XX ata tres cetariasDESCUBRINDO O PATRIMONIO

As cetarias tomaron as rendas como

principal forma de subsistencia do pobo desde principios do

século XX

Segunda cetaria coas columnas que quedan