40
marzo 2019 nº 3 A ópera Carmen estará en Burela A xira recalará no auditorio o día 30 de marzo. Pax. 6 As mulleres únense Os concellos da Mariña sumáronse as concentracións feministas do 8M e manterán unha extensa programación durante o que resta de mes Mulleres de toda A Mariña uníronse á corrente feminista posta en marcha co obxecvo de encher Lugo o 8M e secun- dar, en todas as vilas e aldeas da contorna, a folga laboral, de coidados, estudanl e de consumo que foi convoca- da. Nos diferentes concellos houbo concentracións, obra- doiros, debates e faladoiros feministas que connuarán durante o que queda de mes. A cidade das murallas foi tes- go da manifestación do femi- nismo galego ao que diferen- tes plataformas e asociacións uníronse. A marcha foi enca- bezada co lema ‘Por todas as mulleres, por todos os derei- tos, revolta feminista’. Unha representación das mariñás que parciparon nos actos do 8M A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou a convocatoria dunha gran manifestación en Burela o día 28 ás 19:30 horas con saída dende o hospital da Mariña. A mobilización responde ao lema A Mariña pola sanidade públi - ca, aquí, agora e sempre. Cada martes na maioría dos centros de saúde da comarca realízan- se paros de cinco minutos en protesta pola falta de medios e polos recortes. Desde a Pla- taforma comentan que se vai cumplir un ano da aprobación da reforma da Lei de Saúde, aprobada en solitario, “desoín- do o movemento de contesta- ción social en contra”. Pax. 2 Convocada unha manifestación pola Sanidade o día 28 en Burela barreiros. A Fiscalía e Adega recorren a sentenza a favor do alcalde. Pax. 20 mondoñedo. A Casa- Museo Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas. Pax. 19 foz. O BNG reclama infor- mación sobre as antenas do colexio. Pax. 9 ribadeo. O PXOM queda aprobado trala vitoria no xulgado. Pax. 12 agro. A prohibición de plantar pataca prorrogara- se un ano máis. Pax. 29 amariña. Feve contará cun apeadoiro na praia das Catedrais. Pax. 5 viveiro. Estase a construír a residencia para discapacita- dos intelectuais. Pax. 16 Trabada acolle o úlmo dos entroidos O desfile terá lugar a tarde noite do día 16. Pax. 24 A Festa do Ourizo celebrarase o 16 San Cibrao acolle este ano a XXVIII edición. Pax. 23 O Pleno da Deputación apro- bou as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos vo- tos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do deputado non adscrito. Des- tinaranse a máis obras, máis servizos sociais ou ao finan- ciamento de actividades turísticas, deportivas, cul - turais, grupos de protección civil ou á administración electrónica dos 16 concellos da Mariña. Pax. 28 O Plan Único do 2019 repartirá 4,9 millóns EXEMPLAR GRATUÍTO

nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 nº 3

A ópera Carmen estará en Burela

A xira recalará no auditorio o día 30 de marzo. Pax. 6

As mulleres únenseOs concellos da Mariña sumáronse as concentracións feministas do 8M e manterán unha extensa programación durante o que resta de mes

Mulleres de toda A Mariña uníronse á corrente feminista posta en marcha co obxectivo de encher Lugo o 8M e secun-dar, en todas as vilas e aldeas da contorna, a folga laboral, de coidados, estudantil e de consumo que foi convoca-da. Nos diferentes concellos houbo concentracións, obra-doiros, debates e faladoiros feministas que continuarán durante o que queda de mes. A cidade das murallas foi testi-go da manifestación do femi-nismo galego ao que diferen-tes plataformas e asociacións uníronse. A marcha foi enca-bezada co lema ‘Por todas as mulleres, por todos os derei-tos, revolta feminista’. Unha representación das mariñás que participaron nos actos do 8M

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou a convocatoria dunha gran manifestación en Burela o día 28 ás 19:30 horas con saída dende o hospital da Mariña. A mobilización responde ao lema A Mariña pola sanidade públi-ca, aquí, agora e sempre. Cada martes na maioría dos centros de saúde da comarca realízan-se paros de cinco minutos en protesta pola falta de medios e polos recortes. Desde a Pla-taforma comentan que se vai cumplir un ano da aprobación da reforma da Lei de Saúde, aprobada en solitario, “desoín-do o movemento de contesta-ción social en contra”. Pax. 2

Convocada unha manifestación pola Sanidade o día 28 en Burela

barreiros. A Fiscalía e Adega recorren a sentenza a favor do alcalde. Pax. 20

mondoñedo. A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas. Pax. 19

foz. O BNG reclama infor-mación sobre as antenas do colexio. Pax. 9

ribadeo. O PXOM queda aprobado trala vitoria no xulgado. Pax. 12

agro. A prohibición de plantar pataca prorrogara-se un ano máis. Pax. 29

amariña. Feve contará cun apeadoiro na praia das Catedrais. Pax. 5

viveiro. Estase a construír a residencia para discapacita-dos intelectuais. Pax. 16

Trabada acolle o último dos entroidos

O desfile terá lugar a tarde noite do día 16. Pax. 24

A Festa do Ourizo celebrarase o 16

San Cibrao acolle este ano a XXVIII edición. Pax. 23

O Pleno da Deputación apro-bou as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos vo-tos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do deputado non adscrito. Des-tinaranse a máis obras, máis

servizos sociais ou ao finan-ciamento de actividades turísticas, deportivas, cul-turais, grupos de protección civil ou á administración electrónica dos 16 concellos da Mariña. Pax. 28

O Plan Único do 2019 repartirá 4,9 millóns

EXEMPLAR GRATUÍTO

Page 2: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade2 marzo 2019

A MARIÑA

A deputada socialista da Mariña, Patricia Otero, sinalou á “incompetencia e aban-dono” na xestión do goberno galego como única causa do deterioro progre-sivo da calidade asistencial na Atención Primaria e Pediátrica en toda A Mariña. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a falla de persoal e carencias mate-riais nos centros de toda a comarca.Otero levou ao Parlamento as protestas de cidadáns, profesionais da sanidade e colectivos diante da falla de cobertura dende o goberno galego, que renuncia a cubrir vacantes e baixas e a reparar as carencias estruturais dos edificios de-dicados á atención sanitaria. Así, apun-tou ás “nefastas condicións laborais e o mangoneo e desatención” nos centros sanitarios de Barreiros, Lourenzá e Mon-doñedo, sen pediatra ata o punto de in-cumprir os calendarios de vacinas.“A xornada reducida imposta ao pediatra de Foz –continuou- provocou colapsos tamén nas localidades veciñas de Alfoz e Valadouro, mentres Viveiro, O Vicedo e Ourol comparten un só pediatra para 2.000 rapaces e rapazas. O PAC de Vivei-ro non está a cubrir as baixas de persoal, provocando esperas de máis de 10 días porque hoxe hai 4 médicos menos, entre

eles un pediatra, nun inmoble con evi-dentes problemas estruturais”.Afirman que o Sergas tamén renunciou a cubrir o médico e o PSX vacantes den-de abril de 2018 na Pontenova, mentres as 6 enfermeiras do Centro de Saúde de Burela non son substituídas nas vaca-cións nin nas baixas, chegando a verse tan só con 3 enfermeiras. No PAC de Bu-rela só hai dúas consultas para médicos e unha para enfermería, nunha localida-

de que ten que atender ademais aos ne-nos e nenas de Xove logo de que o Ser-gas negara a substitución do pediatra.Otero acusou ao conselleiro de Sani-dade de tratar aos galegos e galegas “como números, e non persoas con problemas de saúde”, e pediulle que atenda tamén aos alcaldes do PP de Barreiros e Mondoñedo, que coincidi-ron en reclamar a cobertura da vacante de pediatría.

O PSOE critica o abandono da atención sanitaria na Mariña

Os socialistas da Mariña, na visita ao centro de saúde de Burela

A sede da Fundación Comarcal de Mon-doñedo acolle a cuarta edición do espa-zo coworking da Mariña lucense no que durante cinco meses 27 novos empren-dedores recibirán formación especiali-zada e á medida coa que poñer en mar-cha as súas 22 iniciativas empresariais.Esta aceleradora forma parte da rede de espazos coworking que se puxo en funcionamento en 2016 para contribuír ao desenvolvemento e consolidación de proxectos empresariais e á creación de emprego.As actividades dos emprendedores que se formarán no coworking da Ma-riña lucense, no que ata agora se des-envolveron 60 proxectos, abranguen sectores produtivos variados como o industrial, o agroalimentario, o téxtil ou o dos servizos. Inclúen ademais propos-tas innovadoras como un laboratorio de medicións de radón, un estudio de arquitectura vinculado á bioconstrución ou o deseño téxtil poñendo en valor a paisaxe da Mariña.Na rede de aceleradoras os novos em-prendedores, ademais de recibir ase-soramento personalizado para poñer en marcha os seus proxectos empresa-riais, reciben información polo miúdo dos instrumentos de apoio dispoñibles que axudan a consolidalos despois de rematar a formación. Con esta iniciati-va, favorecese o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.

A cuarta edición dos espazos cowor-king impulsará 130 iniciativas em-prendedoras repartidas, ademais de na aceleradora da Mariña lucense, na de Santiago, Ferrolterra, Celanova e Terras de Limia, Costa da Morte e Ribeira Sacra, que veñen de comezar as súas actividades. Proximamente iniciarase a formación nos espazos es-pecializados de Ourense e do Salnés, centrados no sector forestal-madeira e na alimentación e o turismo, res-pectivamente, e onde se puxeron en marcha preto de 60 proxectos empre-sariais.Desde o comezo da súa actividade e ata finais de 2018, a rede de espazos coworking ten impulsado en Galicia un total de 458 proxectos de máis de 500 emprendedores. Os novos empre-sarios contan ademais cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas, como os programas Galicia Emprende e Galicia Rural Em-prende, así como a Plataforma StartIN, a rede de aceleradoras na que se in-clúen os espazos coworking, e que leva impulsado nos últimos cinco anos 900 proxectos innovadores. Ademais as ini-ciativas empresariais de nova creación teñen á súa disposición instrumentos de financiamento habilitados por Xes-galicia e o Igape.

A aceleradora de proxectos impulsará 22 novas iniciativas

A Audiencia Provincial de Lugo puxo en marcha, tras unha primeira reunión, a Comisión Provincial de Violencia de Xé-nero, un organismo que estará dirixido polo presidente do alto órgano xudicial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, e no que estarán representadas as insti-tucións con competencias neste tipo de delitos, entre as que figuran, ademais da xudicatura, Fiscalía, Concello, Xunta, De-legación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional, Colexios de Avogados e Procu-radores de Lugo, Instituto de Medicina Legal de Galicia e asociacións de vítimas.

O acto de constitución da comisión foi presidido por Miguel Ángel Cadenas So-breira, presidente do TSXG, quen desta-cou que a violencia sobre a muller é “un fenómeno que hai que atallar entre to-dos, debido a que se trata dun problema que dana a toda a sociedade e que pare-ce que non somos capaces de reverter”. Cadenas mostrou especial preocupación polo impacto deste problema.O presidente da Audiencia Provincial de Lugo explicou que o obxectivo desta co-misión é “crear un foro no que se poidan achegar ideas e detectar erros”.

A Audiencia crea a Comisión Provincial de Violencia de Xénero A Plataforma Sanitaria decidiu cambiar

a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove, un dos epicentros da problemática sanitaria “ante as queixas dos veciños dos concellos de Cervo e Xove, que ficaron estupefactos ao levar os seus nenos ao Centro de Saúde con febre e foron citados para dentro dun mes”. Segundo explica este organismo, a facultativa responsable do servizo de pediatría de Xove e Cervo colleu vaca-cións ate o 20 de marzo sendo substi-túída unicamente os martes a partir das 12 horas para atender revisións de nenos sans e seis consultas a deman-da. “Deste xeito, a atención pediátrica destes concellos está practicamente ausente até o día 20 de marzo, e obriga a nais e pais a desplazarse até o centro de saúde de Burela para as urxencias, saturando á pediatra que atende esta localidade”, engaden.Desde este colectivo cualifican de into-lerable a actuación do Sergas cada vez que un facultativo desfruta dun permi-

so ou colle unha baixa por enfermida-de, “pero aínda son máis vergoñentas as declaracións do conselleiro de sani-dade ao dicir que a asistencia sanitaria na Mariña é axeitada á demanda”. Se-gundo os activistas sanitarios o conse-lleiro está a a botar “balóns fóra porque está a ver o cataclismo sanitario que se lles aveciña en vísperas de procesos electorales, e ten que actuar remen-dando e parcheando como pode para evitar que a crise na que está sumida o PP mariñao se agrave ainda máis”.Causou extrañeza ao colectivo a deci-sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a moción que a Plataforma Sani-taria rexistrou en todos os concellos da Mariña en defensa dun servizo de pe-diatría de calidade na comarca, máxime cando está sendo aprobada en todos os concellos nos que se debate, mesmo co voto favorable do PP en moitos deles. Segundo comenta a coordinadora da Plataforma Sanitaria, “parece que para o alcalde de Xove non é prioritario”.

A Plataforma Sanitaria muda a ubicación da UMAR a Xove

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pú-blica da Mariña anunciou a convocatoria dunha gran manifestación en Burela o día 28 ás 19:30 horas con saída dende o hospital da Mariña para rematar na plaza do Concello.A mobilización responde ao lema A Ma-riña pola sanidade pública, aquí, agora e sempre, en clara alusión ao lema que ilustran as camisetas solidarias que este colectivo comercializa, e que fan refe-rencia “á sanidade de proximidade que reclamamos para a comarca, en concre-to polos recortes especialmente na aten-ción primaria”. Cada martes na maioría dos centros de saúde da comarca realí-zanse paros de cinco minutos en protes-ta pola falta de medios e polos recortes.Desde a Plataforma en Defensa da Sani-dade Pública da Mariña comentan que se vai cumplir un ano da aprobación da reforma da Lei de Saúde, reforma apro-bada polo Partido Popular en solitario, “desoíndo o gran movemento de contes-tación social que culminou cunha masiva manifestación en Compostela”.

Convocada unha manifestación para o día 28 en Burela

Page 3: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 3

O Programa Integrado de Emprego Avanza na Mariña Lucense II está a for-mar nesta comarca a un total de 100 persoas sen emprego para impulsar a súa inserción no mercado de traballo. Trátase dunha iniciativa financiada cun orzamento de 250.000 euros. Esta ac-tuación estase a desenvolver en Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Rio-torto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro, e son principalmente menores de 30, maiores de 45 anos, persoas con capaci-dades diferentes e en risco de exclusión social, parados de longa duración e mu-lleres vítimas de violencia de xénero. Estos programas integrados teñen como reto principal incrementar as oportuni-dades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. Neste senso, sinalou a aposta da Ad-ministración autonómica por plans que

combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.A través do Avanza na Mariña Lucense II, os alumnos están a recibir formación específica nos sectores vinculados aos servizos e agrario, os dous campos con máis saídas laborais da comarca, xa que os programas integrados de emprego están adaptados á demanda das em-presas da contorna.En concreto, estase a impartir cualifi-cación en operacións básica de restau-rante, agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns e zonas ver-des, auxiliar en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Así mesmo, ofrécese formación transversal en novas tecnoloxías, técni-cas de busca de emprego, técnicas de

coaching, inglés, galego, carné de mani-pulador de alimentos e obradoiros so-bre emprendemento, entre outros.Na actualidade, estanse desenvolvendo en toda Galicia 48 programas integra-dos para apoiar a 4800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades e cun investimento de 11 millóns de euros. Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais. Tamén concede-ronse programas integrados específicos para mulleres e se primou a aqueles proxectos nos que se implicou o tecido empresarial de cada zona, co obxectivo de que os programas se centren nas de-mandas laborais de cada comarca.

O Avanza na Mariña Lucense II está a formar cen persoas na comarca

Continúa o programa Catuxa, de sensi-bilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes, destinado á poboación adolescente, e promovido pola Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense. No úl-timo mes as actividades programadas estiveron dirixidas a alumnado de 3º e 4º de ESO do IES de Foz, IES Alfoz-Valadouro e IES Enrique Muruais de A Pontenova.O alumnado de 3º da ESO do IES de Foz participou nunha actividade dirixida a desmontar as mensaxes e pensamen-tos machistas a través da música, anali-zando e rompendo cancións.No IES Enrique Muruais da Pontenova coa ponencia sobre intelixencia emo-cional e habilidades persoais. A conti-nuación visitaron o IES Alfoz-Valadouro tamén para falar sobre intelixencia emocional e habilidades persoais. O programa retomará a súa actividade o próximo en marzo no IES María Sar-miento co alumnado dos concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol, e seguirá ese mesmo mes no IES Illa de Sarón e no Vilar Ponte. Catuxa dispón dun teléfo-no e correo electrónico no que o alum-nado, profesorado, nais e pais poden formular as consultas que precisen.

O programa Catuxa chega aos IES de Foz, Alfoz-Valadouro e A Pontenova

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodrí-guez, agradeceu o labor dos radioaficio-nados que colaboran con Protección Civil durante o acto de entrega de diplomas concedidos a membros deste colectivo de toda a provincia que forman parte, desde hai varias décadas, da Rede Nacio-nal de Radio de Emerxencia, entre os que se atopan varios veciños da Mariña.Isabel Rodríguez expresoulles o reco-ñecemento “de Protección Civil, do Go-berno de España e de todos lucenses” e explicou que “desde a Subdelegación do Goberno queremos agradecervos a vosa desinteresada colaboración coa Direc-ción Xeral de Protección Civil, que é tanto como dicir coa sociedade lucense.Penso que é moi meritorio o voso compromiso social, que vos leva a transformar unha afección, como é a que compartides os radioaficionados, nun acto de xenerosi-dade coa posta a disposición do servizo de Protección Civil do voso tempo, coñe-cementos e recursos”.O Ministerio do Interior, a través da Di-rección Xeral de Protección Civil, con-cedeu 13 diplomas en recoñecemento á labor doutros tantos lucenses que forman parte da Rede Nacional de Ra-dio de Emerxencia, que constitúe unha alternativa ao sistema habitual de comu-

nicacións para situacións de emerxencia.Oito dos homenaxeados recibiron o diploma en gratitude polos 35 anos de colaboración con Protección Civil. Tráta-se de Enrique Fernández Fraga, de Lugo; José R. Lorenzo Fernández, de Ferreira de Valadouro; Senén Ignacio Laurel Lo-dos, de Meira; César Rodríguez Gonzá-lez, de Foz; José Luis Sanz Luengo, de Cervo; o matrimonio formado por Juan M. González Blas e Orlanda González Martínez, de Castro de Rei; así como

Basilio Valcárcel Díaz, de Sarria. Outros tres levan 3 décadas de colaboración que se lles agradece a Dirección Xeral de Protección Civil. Son Jesús M. Rodríguez Iglesias, de Lugo; Urbano L. Enríquez Arias, de Ferreira de Pantón, e Vicente Rodríguez Rodríguez, de Foz.Ademais, fóronlles concedidos diplomas a Miguel A. Morán Puente, de Ribadeo, que forma parte da Rede Nacional de Ra-dio de Emerxencia dende hai 25 anos e a José Moreno Piñeiro, de Outeiro de Rei, pola súa colaboración durante 20 anos.

O Goberno agradece o labor dos colaboradores de Protección Civil

Os homenaxeados, xunto á subdelegada do Goberno

O Executivo da Deputación aprobou a contratación das prestacións de asisten-cia básica, manutención e limpeza nos centros de maiores de Trabada e Ribadeo baixo a dirección pública de Deputación e senllos concellos como responsables da xestión de servizos sociais nas residen-cias e centro de día. Presentáronse 4 ofertas. A que obtivo máis puntuación foi a de Mensajeros de la Paz debido ás melloras presentadas e á redución no custo, pois a adxudica-ción a este colectivo exime á Deputación do pago do 4% do IVE, aforrando case 160.000 euros. O investimento para estas prestacións no centro de maiores de Trabada é de 1.867.903 euros en 4 anos: 423.855 eu-ros en 2019, 576.502 en 2020, 588.684 en 2021 e 278.861 en 2022. Na residen-

cia de Ribadeo, con máis capacidade, o investimento é de 2.114.266 euros: 479.769 en 2019, 653.133 en 2020, 665.681 en 2021 e 315.681 en 2022. Sobre as melloras ofertadas nestas prestacións, destacan que os maiores contarán con 78 horas mensuais de ac-tividades. Por exemplo, programas de animación sociocultural, de integración social a través das TICs, interxeneracio-nais cos colexios da zona, de participa-ción cidadá ou convivencia. Os usuarios contarán con atención especializada en áreas fundamentais como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobilidade ou trasladados, entre outras moitas; ademais de gozar doutros servi-zos complementarios e gratuítos como sesións mensuais de peluquería, barbe-ría ou podoloxía.

Contratadas asistencia, limpeza e mantemento nos centros de maiores de Trabada e Ribadeo

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha nova edición do Buxi-ganga 2019, que chega á súa onceava edición. O Goberno Provincial dota con 70.000 euros esta iniciativa, que permiti-rá representar máis de 100 obras teatrais no conxunto do territorio lugués. Logo da aprobación na Xunta de Goberno das bases e dos modelos de solicitude, pu-blicarase no BOE e abrirase o prazo para solicitalo. Os interesados disporán de 15 días para facer a solicitude.O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que poderán solicitar a ce-lebración de actuacións, e tamén as agrupacións de teatro, que son as que representarán as obras. Unha vez coñeci-dos os Concellos solicitantes e os grupos de teatros, elaborárase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo que desexan contratar.Dos cachés dos grupos, a Deputación subvenciona o 80% do custo das actua-cións, e os concellos ou asociacións asu-men o pagamento do 20% do custo de cada unha delas, para o que poderán co-brar unha entrada simbólica que en nin-gún caso poderá superar os tres euros.Na páxina www.deputacionlugo.gal ha-bilitarase un espazo no que consultar todas as bases do programa e os docu-mentos que se deben cubrir .

Aprobada unha nova edición do programa Buxiganga

Page 4: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

4 marzo 2019 actualidade

O Goberno da Deputación, a Asocia-ción Provincial de Hostaleiros de Lugo (APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de pro-dutores, e das Denominacións de Orixe Lucenses mantiveron un encontro no que acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais, coas que se porá en valor a gastronomía lucense. Trátase dun evento destinado a dinamizar a ac-tividade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade. A previsión é que as primeiras xornadas se celebren en abril e teñan continuidade.O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, subliñou que “a gastronomía lucense é un valor en alza que contribúe a impulsar a economía en toda a pro-vincia e a atraer o turismo cara ao noso territorio. Con este acordo, pretendemos favorecer o consumo de produtos autóc-tonos. A clave deste proxecto é resaltar a calidade dos alimentos que se produ-cen no noso territorio. É un paso máis na nosa aposta pola gastronomía como elemento promocional da nosa cultura”.“A gastronomía é unha chave para o des-envolvemento. Neste senso, temos dado pasos importantes, con selos de calidade que amparan zonas xeográficas concre-tas dentro do noso territorio, tanto de produción, como de transformación e

elaboración dos nosos produtos. Os selos de Indicación Xeográfica Protexida e de Denominación de Orixe Protexida escu-dan, como non podía ser doutro xeito, unha gran cantidade de produtos gale-gos, e por ende, lucenses. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía constitúe un im-portante factor de promoción económi-ca, social, turística e cultural”, destacou.A celebración consistirá na degustación de produtos autóctonos con selo de cali-dade en restaurantes de toda a provincia. Durante o evento, os hostaleiros incluirán nas súas cartas menús con alimentos ben que conten con Indicación Xeográfica Protexida, Denominación de Orixe ou raza autóctona con selo de calidade.Entre os obxectivos destas xornadas gas-tronómicas tamén se atopa a desestacio-nalización de produtos, como un incen-tivo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fin é dar continuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.Neste primeiro encontro participaron un total de 19 representantes de distintos colectivos que tomarán parte na organi-zación destas xornadas gastronómicas. Así, estiveron presentes voceiros dos Consellos Reguladores das Denomina-cións de Orixe, de Indicacións Xeográficas Protexidas, e representantes de empre-sas e de asociacións de produtores.

Acordo para crear as xornadas gastronómicas de produtos con D.O.

Presentación das xornadas gastronómicas, na Deputación Provincial

O Executivo Provincial recibiu preto de 900 solicitudes para optar aos 56 perfís profesionais ofertados co Tecendo Em-prego, o plan laboral do Goberno da De-putación na provincia, o que pon de ma-nifesto o éxito desta nova programación tras rematar o prazo de inscrición O proceso de selección, que terá lugar no mes de marzo, para os 56 perfís profesio-nais realizarase a través dunha entrevista persoal, na que os participantes deberán acreditar mediante orixinais a documen-tación relativa ao perfil solicitado: no caso de ser necesaria a acreditación da titulación académica esixida, contratos de traballo ou nóminas para acreditar a experiencia laboral e demais esixencias concretas para cada posto de traballo. Na entrevista curricular terase en conta a formación e experiencia relacionada co perfil profesional que se solicita, ou a actitude e aptitude que demostre o can-didato, entre outras cualidades.

900 solicitudes para o programa Tecendo Emprego

Ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que en-tra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educa-ción Infantil), así como para os alumnos de Educación Infantil, de Educación Pri-maria de ESO e de Bacharelato que des-exan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cum-primentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía, a través da aplica-ción ‘admisionalumnado’, ao acceso elec-trónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.Nesta aplicación pode consultarse tamén o estado de tramitación da solicitude.

Abre o prazo de matrícula nos centros de ensino

Estase a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para ao seguimento e información meteoroló-xica e de calidade do aire, polo que ao longo do mes de marzo instalaranse 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información en case 30 concellos galegos.Así, procederase á instalación de 12 novas estación meteorolóxicas nos concellos do Valadouro (2, co casco ur-bano e Cadramón), Riotorto, Cospeito, Mondariz, Porriño, Portomarín, As Ne-ves, Monforte, Laxe, Baiona e Forcarei; mentres que as pantallas de informa-ción disporanse nos municipios de San-tiago de Compostela (dúas pantallas), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Fe-rrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.As novas estacións ampliarán a actual rede de estacións meteorolóxicas, composta por máis de 150 dispositivos meteorolóxicos instalados por toda a xeografía galega; para o seguimento meteorolóxico, a detección de fenó-menos adversos meteorolóxicos, a ela-boración da predición meteorolóxica e fines climáticos e agrometeorolóxicos.Estas están dotadas con sensores de

velocidade e dirección do vento, humi-dade, presión, choiva, temperatura ex-terior e tamén temperatura no interior do chan e sobre o chan (a 10 cm de pro-fundidade e a 10 de altura sobre o solo).A previsión é iniciar nos próximos días a instalación das mesmas, traballos que rematarán a finais deste mes, e a partir dese momento os datos estarán dispoñibles a tempo real na páxina web de MeteoGalicia e tamén na aplicación móbil.Asemade, outra liña de actuación cén-trase na instalación e posta en marcha de 21 pantallas dixitais, co fin de me-llorar a información á poboación. Estes dispositivos tamén permiten a facer públicos outras cuestións de interese para a cidadanía, como os avisos ante fenómenos meteorolóxicos extremos ou sobre a calidade do aire.Estas pantallas serán instaladas e postas en funcionamento en varias cidades e pobos de Galicia, en distintos puntos de interese. A información que propor-cionarán será específica para o lugar pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de intere-se segundo a zona -costa ou interior- e estación cálida ou fría e haberá un apar-tado especial dedicado aos avisos me-teorolóxicos e de calidade do aire.

O Valadouro e Riotorto terán unha estación meteorolóxica

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto a autora do libro, Paula Mayor, e a editora de Hércules Ediciones, Laura Rodríguez Herrera, participaron na presentación do libro Coloreando a provincia de Lugo, unha obra que contén ilustracións de diferentes motivos lucen-ses para colorear. A Deputación colabora na edición e na difusión deste libro, pois será empregado como agasallo institu-cional.A obra permite facer un percorrido polos diferentes activos patrimoniais, culturais e turísticos da provincia. Son 56 páxinas

con ilustracións nas que se identifican aquelas paisaxes e monumentos máis emblemáticos dos concellos lucenses. Deste xeito, pretende servir como re-cordo para todos aqueles visitantes que veñen a coñecer Lugo, e tamén para que os nenos e nenas lucenses coñezan as potencialidades da provincia.Así, pódese facer unha viaxe dende a Praia da Catedrais ata a Ribeira Sacra, pa-sando polas rúas máis emblemáticas da capital luguesa. Os exemplares pódense atopar en calquera librería en galego, cas-telán ou inglés.

Publican un libro para colorear cos mellores recunchos de Lugo

O Observatorio da Mariña pola Igual-dade continúa coa programación de 2019 con actividades ligadas ás mo-bilizacións feministas do 8 de marzo, día internacional das mulleres trala participación nas diferentes concen-tracións que tiveron lugar nas vilas da Mariña.Dentro da programación propia, o Observatorio da Mariña pola Igualda-de promove a exposición Mulleres en Marcha, da Marcha Mundial das Mu-lleres Galiza co obxectivo de visibilizar e achegar a todos os públicos a loita deste movemento e organización feminista. A mostra inaugurouse o 1 de marzo e estará aberta ao público desde ese mes-mo día ata o 29 marzo, na sala de expo-sicións da Casa da Cultura de Burela.

Ademáis, tendo como base que para entender a importancia do feminismo hai que coñecelo, o Observatorio or-ganiza, en colaboración coa UNED e RadioFoz, un videofórum que leva por título Loita de Mulleres, Loita Feminista. Este proxecto ten por obxectivo achegar, mediante o cinema, a cidadanía mariñá ao movemento feminista e aos seus es-forzos para lograr que as mulleres sexan cidadás de pleno dereito.O video-fórum Loita de Mulleres, Loita Feminista, que xa será a novena edición, celebrarase durante catro xoves do mes de marzo rematando o día 28. Os pases terán lugar no salón de actos do IES de Foz, en horario de 19 horas a 21horas.Como en anteriores ocasións, poderán solicitarse créditos de libre confgura-

ción para o que será imprescindible inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, poñéndose en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a [email protected], cha-mando por teléfono ao 982 13 36 99 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz.As sesións estarán guiadas por socias do Observatorio da Mariña pola Igualda-de. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e con-textualización do flme para, deseguido, realizar o visionado da película que co-rresponda a cada día. Posteriormente terá lugar un debate e refexión sobre di-ferentes aspectos abordados nas longa-metraxes, seguindo unha metodoloxía participativa e aberta.

O Observatorio feminista provove unha mostra en Burela e un video-fórum no IES de Foz

O Foro Económico da Mariña vén de formarse na comarca como unha orga-nización social e cultural que ten como obxecto promover a difusión do coñece-mento, o estudo e a análise referida ás diferentes problemáticas e expectativas que concirnen ao conxunto da socieda-de, con especial incidencia nos aspectos socioeconómicos da cidadanía mariñá.Esta asociación pretende ser un punto de unión e encontro para os empresarios e cidadáns da comarca, dando resposta a algunhas cuestións que crean incertidu-me así como poñendo en común todas aquelas ideas de mellora para unha zona na que viven máis de 80.000 persoas.A súa presidenta, Inés López Couto, é

unha economista da Mariña, que xunto cun grupo doutras persoas implicadas activamente na vida social da comarca, comparten inquedanzas e decidiron ini-ciar este proxecto coa ilusión de traballar para mellorar e axudar á xente da zona.Pretende desenvolver actividades non só relacionadas con temática económica e produtiva, senón tamén coa formación e a cultura.

Nace o Foro Económico da Mariña

Inés López Couto

Page 5: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 5actualidade

O Ministro de Fomento, José Ába-los, anunciou que a liña de Feve que percorre A Mariña contará en breve cun novo apeadoiro na praia das Ca-tedrais.O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “temos que parabenizar ao Mi-nisterio de Fomento por esta iniciati-va que, por fin, se ve que se empeza a facer caso do que desde o Conce-llo de Ribadeo levamos varios anos dicindo, que este entorno hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte”.O rexedor sinalou que “dado que é un feito que a este areal veñen, polo menos todo o mundo asume, medio millón de visitantes ao longo do ano. Vendo por outra banda que Feve está nunha situación bastante decadente, e que pode ser unha escusa perfecta para que desde calquera punto, des-de calquera estación, non soamente desde Ribadeo, senón desde outros lugares de Galicia, Asturias, Canta-bria ou mesmo País Vasco, poidan vir directamente á praia das Catedrais en transporte público”.

EN MAREA. Pola súa banda, Adif indi-cou nunha resposta ao deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que entre xuño e set-embro de 2018 suprimíronse na liña de ancho métrico entre Ferrol e Riba-deo un total de 738 trens. Ademais, contabilizáronse 144 incidencias.Esta é a resposta do Ministerio a unha iniciativa de control de Fernán

Vello que leva toda a lexislatura recla-mando melloras na liña, denuncian-do a súa situación e incluso mantivo unha xunta ao Presidenta de Adif en outubro pasado para demandarlle actuacións urxentes. Fomento aporta un cadro no que se recolle o núme-ro de trens suprimidos nos meses de xuño (199), xullo (169), agosto (309) e setembro (67). Tamén fai un desglo-se do tipo de incidencias que chega-ron a un total de 144.O parlamentario destacou o abando-no da liña de ancho métrico de xei-to constante através de iniciativas e con propostas de maiores dotacións orzamentarias para recuperar estes servizos ferroviarios “imprescindíbeis en comarcas como A Mariña, moi po-boadas, e que teñen una importante actividade económica. Nunca enten-demos a deixación absoluta que se practicou con este ferrocarril. Hai unha infraestrutura ferroviaria, uns

trens, uns servizos, non sería lóxico investir na súa mellor e rehabilita-ción para incentivar a movilidade en transporte público?”, pregúntase Fer-nán Vello.Na súa resposta ao deputado de En Marea, o Ministerio afirma que Renfe acadou un acordo coa Xunta e coas mancomunidades de municipios de Ferrolterra e Ortegal para a aplica-ción de novos horarios. De novo, fala do “famoso Plan de Reforzo” do que se leva a falar desde hai máis dun ano pero que segue sen despegar.Tamén explica a En Marea que rema-touse recentemente unha actuación de reforzo da ponte de O Barqueiro. O deputado de En Marea pedía inves-timentos máis ambiciosos para re-matar coas constantes cancelacións, avarías e demáis deficiencias como a renovación do parque móvil, a mo-dernización da liña, maiores frecuen-cias e servizos adaptados.

Fomento anuncia que se fará un apeadoiro de FEVE nas Catedrais

A deputada de Promoción Económi-ca e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasis-tencia gratuíto que ofrece o Gober-no da Deputación atende a día de hoxe a 1.629 maiores de toda a pro-vincia. Actualmente os 67 concellos da provincia contan con usuarios de teleasistencia. A través deste servizo, financiado con 324.000 euros, favo-récese a permanencia e integración no entorno familiar e social das per-soas usuarias.López Izquierdo sinalou que “con esta prestación gratuíta ofrecemos atención continuada aos máis maio-res da provincia. A diferencia da teleasistencia da Xunta, ofrecemos este servizo a persoas catalogadas como dependentes, pero tamén a non dependentes. Durante o ano pasado o servizo de teleasistencia atendeu a 1.773 usuarios de toda a provincia, o que supón un incremen-to do 17,26% con respecto ao 2017. O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos”.O Executivo Provincial ofrece, de xeito gratuíto, Teleasistencia a todos os maiores da provincia, con dificul-tades na súa autonomía, garantin-do atención as 24 horas do día e os 365 días do ano. Con este servizo, os usuarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo

que, a pesar de vivir solos, na maio-ría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxen-cia.Por outra banda, a Teleasistencia da Deputación chega a vilas illadas no rural, nas que o número de veciños é moi reducido, polo que ademais de ser un servizo de atención en casos de urxencia, convértese nun acom-pañamento para moitos maiores a través de charlas telefónicas. No ano 2018, realizáronse un total de 2.773 chamadas por parte dos usuarios para falar ou saudar aos teleopera-dores do Centro de Atención.A través deste servizo, realízase un completo seguimento e mantense contacto coas persoas usuarias a través de comunicacións e chama-das diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación de cada persoa usuaria; ou visitas de coor-dinación como seguimento ou tras unha circunstancia excepcional. No 2018, as chamadas que se recibiron ascenden a 20.155, sendo soamente un 1.70% do total realizadas a cau-sa dunha situación de emerxencia; isto débese ao labor de comunica-ción que se realiza dende o Centro de atención, pois fronte as máis de 20.000 chamadas recibidas, reali-záronse preto de 69.000 co fin de realizar un seguimento do usuario completo e semanal.

Máis de 1.600 maiores reciben Teleasistencia gratuíta

Os establecementos hostaleiros ad-heridos ao Turismo Slow Norte de Galicia están a notar como as estadías dos visitantes son cada vez máis lon-gas situándose entre os 5 e os 7 días. Así o deron a coñecer na xuntanza da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense coa empresa Promo-ve Consultoría, que é a responsable do desenvolvemento deste proxecto, e coas firmas turísticas da comarca que están a participar no mesmo e que nun ambiente distendido traba-llaron na planificación estratéxica do devandito proxecto.As Mancomunidades da Mariña Lu-cense e de Ferrolterra, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, puxe-ron en marcha este proxecto pioneiro na comunidade e tamén en España, o Turismo Slow Norte de Galicia.Segundo explica o equipo técnico que está a desenvolver esta iniciativa “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto de participación voluntaria para aquelas empresas de aloxamen-to que cumpran os requisitos e, so-bre todo, que teñan a motivación e ilusión necesarias para participar nun proxecto colectivo deste tipo e que fagan un triple compromiso: o com-promiso ambiental, de sostibilidade e

o coidado do entorno; o compromiso coa calidade (priorizando a calidade dos aloxamentos e a profesionalidade das persoas responsables deses aloxa-mentos); e o compromiso co proxecto, que se refire á implicación e o interese pola consolidación do mesmo”.E indican que “así nas reunións do grupo de empresas participantes no proxecto establécense as tarefas para continuar co desenvolvemento dun produto innovador e sostible, que poña en valor as características sociais, culturais e naturais do noso destino turístico, que presenta unha vantaxe moi valorada por aquelas persoas que escapan da masificación turística, como é precisamente a tran-quilidade e a súa riqueza patrimonial e gastronómica. Ademais, comen-táronse os efectos que se están no-tando xa nos aloxamentos adheridos ao proxecto, nos que as estancias da clientela aloxada son cada vez máis amplas, quedándose de media entre 5 e 7 días”.Pola súa banda, a axente de Desen-volvemento Turístico da Mancomuni-dade, Tania Hemida, sinala que “des-pois do traballo feito en Fitur pola Mancomunidade, onde mantivemos reunións con operadores turísticos

interesantes para o territorio, e do éxito acadado polo vídeo promocional presentado en Madrid -chegándose a compartir por cerca de 3.000 persoas- visitouse tamén Xantar, en Ourense, co obxectivo de valorar asistir a esta feira de forma conxunta nun futuro”.Hermida conta que “nestes meses séguese a traballar en beneficio do xeodestino con este proxecto do Turismo Slow, co das Rutas de Arte-sanía, artellando o material promo-cional e presentación das Audioguías Ficcionadas e nunha nova páxina web para dar a coñecer e promocio-nar A Mariña Lucense de forma com-pleta, o Camiño Norte de Santiago e algunha das rutas de sendeirismo con maior potencialidade turística. Ademais, proximamente darase a coñecer o redeseño que se fixo do logo co fin de reforzar e empezar a traballar de forma homoxénea a imaxe que se transmite do xeodes-tino. Outro tema de importancia no que non se están escatimando esfor-zos é o da formación, valorando as necesidades dos diferentes axentes turísticos coa intención de ofrecer un programa interesante e acorde á demanda”.

Os turistas que visitan a Mariña fan estadías cada vez máis longas

Segundo precisaron os responsables da empresa Norvento, marchan a bo ritmo as obras de construción do novo parque eólico da Pastoriza, que se estende polos concellos lugueses da Pastoriza, Mondoñedo e Riotorto.Esta infraestrutura, na que a empresa galega Norvento inviste preto de 30 millóns de euros, contará cunha po-tencia de 36MW, e permite a creación ou mantemento de preto de 430 pos-tos de traballo na fase de construción e 7 na de explotación. Ademais, supo-rá unha importante fonte de ingresos para os concellos beneficiados, tanto a través dos impostos municipais como do canon eólico.Segundo os datos que manexa a Xun-ta, do total de 16 parques eólicos que

se están a construír nestes momentos en Galicia, 12 corresponden a Lugo, onde se están a investir máis de 330 millóns de euros. Estas actuacións, ademais, permiten crear ou manter preto de 4.800 empregos na fase de construción e 64 na fase de mante-mento.A posta en marcha da nova Lei de im-plantación empresarial está contribuín-do á dinamización do sector eólico, que supón unha oportunidade para avan-zar no desenvolvemento de proxectos vinculados coas enerxías renovables e, de xeito particular, coa eólica. A nova Lei ofrece unha regulación máis áxil e con máis transparencia e seguridade, sen perder as máximas garantías urba-nísticas, técnicas e ambientais.

Continúan as obras do parque eólico de Mondoñedo e Riotorto

Page 6: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade6 marzo 2019

burela

A xira de primavera da ópera Carmen, de Bizet, recalará en Burela o vindeiro 30 de marzo ás 20 horas. As entradas sairon á venda o 25 de febreiro en ataquilla.com a prezos que oscilarán entre os 12 e os 18 euros. Carmen pasará por Alicante, Murcia, Cuenca, Logroño, Valladolid, Salamanca, Ou-rense, Ponteveda, Vigo e BurelaO edil burelés explicou que “non foi demasiado complicado convencer a Concer Lírica de que Burela fose un dos lugares onde se representase esta ópera, xa que o éxito de público nos seus anteriores operas foi incuestio-nable. A confianza nesta compañía, na súa calidade e seriedade, tras tres óperas en Burela é absoluta. Trátase unha vez máis de compoñentes de Opéra Nacional de Moldavia, algúns dos intérpretes xa estiveron en Burela e cónstanos o que gozan traballando aquí precisamente pola resposta e o agarimo da xente que enche o audi-torio”.Díaz considera que “o feito de que este tipo de eventos consolídense aquí, é unha forma de fortalecer o acceso á cultura de calidade na Mari-ña. A resposta da xente tanto do noso concello como do resto da comarca foi espectacular e considero que es-tamos na liña de poder programar ópera non só no inverno senón na pri-mavera, cando, como nesta ocasión apareza a posibilidade”.O concelleiro de Cultura dixo que “moita xente agradece que sigamos apostando por eventos desta dimen-

sión, pero a miña resposta sempre é a mesma, non é mérito noso, senón dos centos de persoas que enchen o auditorio nestes espectáculos, e fano ademais cun comportamento exce-lente. Creo que o triunfo non é con-seguir un evento illado de calidade, senón manter unha liña constante de programación de calidade. Isto non consiste só en encher un auditorio durante 3 horas, é que moita xente veña a Burela, coñeza todo o demais que tamén significa este concello, déase unha volta por aquí, consuma no comercio e a hostelería local, e que cando nos vexan no mapa saiban e poidan contarlle a outras persoas que existimos, onde estamos e que cousas facemos”.

A ópera Carmen verase en Burela o 30 de marzo

A Concellería de Cultura de Burela abri-rá o prazo para inscribirse no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019 o vindeiro mes de abril. Nesta con-vocatoria haberá varias novidades como o premio do público ou a posible ilumi-nación nocturna do muro portuario. O concelleiro, José Díaz, anunciou que tamén se incrementan os premios. O primeiro estará dotado con 1.500 euros, o 2º con 750 e o terceiro con 350 euros. O mellor artista local levará 300 euros.O edil burelés contou que “é o certame de pintura mural Amarte, que comeza-mos aquí en Burela paralelo á Feira do Bonito en 2017 e tivo a súa continuida-de en 2018, e este ano repetimos. Imos a por esa terceira edición e gustaría-me resaltar que imos adiantar o prazo para que os artistas poidan empezar a mandar as súas propostas. Sempre o fa-cemos sobre maio, pero este ano imos intentar que xa en abril se abra o prazo para inscribirse no certamen. No seu momento diremos o correo electrónico ao que se poderán mandar as propostas para ser os dez seleccionados que pin-ten este ano na zona do muro portua-rio, durante a Feira do Bonito. Con esta terceira edición imos completar eses dez artistas que compiten máis un ar-tista invitado, que estamos intentando conseguir. Cando conclúa esta edición haberá xa no muro 33 pinturas, eu creo que xa é un número considerable que vai configurando esa zona de Burela, nesa parede en branco, co que é como

un museo ao aire libre, que é a idea que temos, que logo de tres ou catro edi-cións énchase de obras de arte”.O responsable de Cultura subliñou que “este ano, como novidade respecto ao pasado, imos aumentar un pouco os pre-mios. O primeiro premio estará dotado con 1.500 euros, 750 para o segundo e 350 euros para o terceiro. Manteremos o premio ao mellor artista local, igual que o ano pasado, serían 300 euros, e imos en-gadir este ano como novidade un premio do público. Sería para que toda a xente que vai ver pintar aos artistas poida votar e que haxa tamén ese premio que nos parece bonito para implicar ao público neste certamen. Interésanos moito que teña moita repercusión e que cada vez vaia a máis, que é o obxectivo”.José Díaz engadiu que “confirmounos Acia Burela que vai haber colaboración, probablemente dea o terceiro premio.

Buscaremos máis apoios de grandes empresas ou comercios e hosteleros de Burela que queiran ser partícipes, para estar implicados non só o Concello se-nón institucións e asociacións do pobo en algo que pensamos que é de todos e para todos, e que necesita por ese moti-vo toda colaboración posible”.O concelleiro burelés adiantou que “próximamente imos poñer a ilumina-ción nocturna nas pinturas, nas que xa hai e as que se pinten en agosto. Esta-mos estudando que tipo de luz, pero probablemente sexa unha luz branca, solar, que manteña iluminadas as pin-turas durante a noite por unha cuestión de visibilidad e creo que vai quedar moi bonita esa zona iluminada. Queremos resaltar que empeza antes a promocio-narse o certamen e que a xente poderá mandar as súas obras con máis tempo que o ano pasado”.

Convocado o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019O Concello abrirá en abril o prazo de inscrición para participar

Primeiro premio do ano pasado baixo o título Consérvame

O Grupo Municipal Popular burelés pe-diulle ao alcalde, Alfredo Llano, que “de inmediato proceda a elaborar a ordenan-za de regulación de terrazas de locais de hostalería e restauración ante os conti-nuos requirimentos que o Concello está a facer aos establecementos e tamén á vista da sentencia do Tribunal Supremo que anula a ordenanza de terrazas de El-che dado que algunhas impedían o paso a persoas con mobilidade reducida”.Desde o Grupo Municipal afirman que “nos planos normativos do Concello pro-postos polo alcalde para 2017 e 2018 e aprobados coa abstención do PP en xu-llo de 2017 e febreiro de 2018 contem-plábase, nos dous, a elaboración dunha ordenanza reguladora de terrazas de establecementos de hostalería e restau-

ración. A día de hoxe, non hai nada feito, o que por outra parte non nos sorprende porque á incapacidade do alcalde súma-se a máis que probable influencia dalgún hostaleiro sobre o equipo de goberno”.O Grupo Popular sinala que “non pe-dimos que se redacte a ordenanza das terrazas porque si. Pedímolas -aseguran os edís do PP- porque varios propietarios de establecementos hostaleiros se teñen dirixido a nós para manifestarnos que estaban sendo comunicados polo Con-cello para retirar as terrazas ou mesas e cadeiras colocadas nas beirarrúas, dado que incumprían a normativa ou estaban sen licencia. A día de hoxe moitos hosta-leiros non saben a que aterse e iso crea inseguridade xurídica. Por iso, e aínda sendo conscientes de que redactar unha

ordenanza deste tipo non é doado, non sería malo que o alcalde, tal e como fai coa Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados municipais, anunciase agora que vai ter lista a ordenanza sobre terrazas antes de que remate o actual mandato municipal porque xa hai ano e medio que a tiña que ter feita se nos ate-mos ao Plano Normativo de 2017”.Os edís populares esgrimen un mo-tivo máis para redactar a ordenanza: “O Tribunal Supremo vén de tumbar a ordenanza de terrazas de Elche nunha sentencia ditada o pasado día quince deste mes que recorda que ‘la Orden del Ministerio de la Vivienda 561/2010, de 1 de febrero, que desarrolla el documento técnico de condiciones básicas de accesi-bilidad y no discriminación para el acce-

so y utilización de los espacios públicos urbanizados, establece como condición general del itinerario peatonal accesible que “discurrirá siempre de manera colin-dante o adyacente a la línea de fachada o elemento horizontal que materialice el límite edificado a nivel del suelo”’.Os edís populares indican que a sen-tencia engade que “ninguna duda debe

ofrecer que la ocupación del espacio inmediato a esa línea de fachada o de la correspondiente a ese elemento hori-zontal, supone un obstáculo para quien siendo invidente no puede tomar como referencia la línea de fachada o elemento horizontal y, en definitiva, una limitación de su derecho de movilidad por los espa-cios públicos cuales son las aceras”.

Os populares piden ao alcalde que se redacte xa a ordenanza das terrazas

Comparan a situación de Burela co acontecido en Elche

Page 7: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 7

A comisión das festas patronais de Burela anunciou que a banda deseñada e os videoxogos serán as temáticas centrais das alfombrais florais das festas patronais deste 2019.A comisión convida a todos aqueles que o desexen a enviar propostas para a realización das alfombras ao correo electrónico [email protected], cunha ima-xe do videoxogo ou personaxe de banda deseñada que sexa do seu agrado.

LIBRO. A comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntaria-mente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.Este material debe remitirse por co-rreo electrónico a [email protected] ou vía mensaxe privada ao facebook das festas pa-tronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.A comisión organizadora subliña

que “entre todas as fotos e os tex-tos que recibamos nas vindeiras se-manas elixiremos as mellores para seren publicadas no libro deste 2019. Animamos a toda a xente a participar e a deixar as súas viven-cias en imaxes e palabras” e ser par-tícupdes deste xeito das patronais de Burela.

DONATIVOS. A comisión iniciou neste mes de febreiro a recadación

de donativos para financiar os fes-texos, que se celebrarán do 31 de maio ao 3 de xuño.A organización adiantou xa que as orquestras que animarán as noi-tes da festa serán Finisterre e París de Noia o venres 31 de maio; Is-rael e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Domi-nicano o domingo 2; finalmente, Trébol e Panorama amenizarán a noite do luns 3.

Imaxe de persoaxes de banda deseñada e videoxogos

O Concello de Burela xa ten as da-tas para a celebración este ano da que será a edición número VIII da popular Festa Castrexa. As datas escollidas para a conmemoración adiantaranse nesta ocasión e serán o 28 e 29 de xuño.Así pois, a próxima edición da Festa Castrexa cambia de fin de semana e celebrarase a última fin de semana de xuño de 2019.Os veciños do municipio de Burela celebrarán unha nova edición da Festa Castrexa na que durante es-tas xornadas os asistentes poderán gozar cos actos programados para a

ocasión, entre os que figurarán no-vamente un desfile de clans, xogos infantís, un espectáculo de circo, o mercado castrexo, a animación circense e demais actividades pro-gramadas para a ocasión e que, ano a ano, son do gusto do público de todas as idades.O programa de actividades, que aínda non está pechado, non des-carta as actividades que tiveron tanto éxito noutras edicións, como os xogos castrexos ou diferentes torneos. Por suposto, non faltará tampouco o aliciente gastronómico, imprescindible en todas as festas.

A Festa Castrexa adiántase e terá lugar a última fin de semana de xuño

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela vén de ser seleccionado para participar no seminario Sup-porting Multilingual Classrooms (apoio a aulas multilingüísticas) que está organizado polo SEPIE (Servicio español para la interna-lización de la educación) en coor-dinación co Centro Europeo de Lenguas Modernas do Consello de Europa e a Dirección General de Educación y Cultura da Comisión Europea.O mestre do centro burelés, Al-

fonso Rodríguez, será o encarga-do de representar ao centro nos seminarios que se desenvolverán os días 12 e 13 de marzo en Sego-via. Durante esas dúas xornadas, representantes de 25 centros edu-cativos de toda España, con alta diversidade lingüística e cultural, debaterán sobre a educación in-clusiva falando sobre enfoques pedagóxicos plurilingües para dar apoio ao alumnado falante de lin-guas diferentes ás linguas princi-pais do centro.

O CEIP burelés Virxe do Carme participará nun seminario en Segovia

O colexio burelés Virxe do Carme

A Concellería de Servizos Sociais or-ganiza un curso de Bailes de Salón que dará comezo o 12 de marzo.As persoas interesadas deberán ano-tarse de xeito presencial na Casa do Concello. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Para obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de te-léfono: 982 58 06 09.A actividade empezará o 12 de marzo e rematará o 9 de xullo e terá lugar os martes na Casa da Cultura. Haberá tres quen-das en horarios de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.

O Concello burelés organiza un curso de Bailes de Salón dende marzo

A banda deseñada e os videoxogos, temáticas das alfombras florais

Exhibición de bombeiros. Burela acolleu unha serie de actividades que levaron a cabo os bombeiros de Barreiros para celebrar o día do seu patrón, San Juan de Dios, nunha xornada de portas abertas. Houbo unha exposición dos medios cos que contan os corpos de emerxencia que tra-ballan cos bombeiros nesta comarca e tivo lugar unha exhibición-simu-lacro de excarcelación e rescate en altura. Entre as actividades houbo tamén unha exposición na praza do Concello cos medios e o persoal dos corpos de emerxencia na que estiveron presentes Garda Civil, Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella, entre outros.

Page 8: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade8 marzo 2019

O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen é un barco museo atracado no porto de Burela. Coa súa recu-peración e reconversión en museo, o Concello de Burela dotaba á vila dun atractivo turístico, ao mesmo tempo que recuperaba unha parte da historia máis recente da locali-dade e rendía unha merecida ho-menaxe á xente do mar.O Concello decidiu no ano 2000 xestionar a compra dun antigo bar-co boniteiro con casco de madeira para convertelo nun espazo de re-cuperación da cultura marítima e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito.Do barco pódense visitar todos os seus compartimentos, tanto os de cuberta e da ponte como baixo a cuberta e o casco por dentro. Todos os seus equipos mecánicos, eléc-tricos, electrónicos e hidráulicos, incluíndo os motores principais e auxiliares, así como os de segurida-de e salvamento, funcionan perfec-tamente.No barco consérvanse os medios e métodos de pesca tradicionais em-pregados para a pesca do bonito na especialidade de cacea ou curricán, a forma artesanal de pesca que me-llor garante a calidade do produto.A visita ao barco comprende, na ponte e sobre a cuberta, a ponte de mando onde se pode comprobar o funcionamento dos principais equi-pos de navegación, comunicación e situación e os camarotes do pa-trón, do motorista e do segundo de a bordo, o comedor, a cociña e o retrete.No casco e baixo a cuberta visítan-se a sala de maquinas, a zona de descanso do resto da tripulación, o pañol e a adega ou neveira. Neste ultimo espazo están expostas as ar-tes de pesca artesanais como a xa mencionada de curricán ou cacea para a pesca de bonito, o palangre de superficie e de fondo para a pes-ca da pescada e peixe espada, as artes de enmalle para o rape, artes de arrastre para a pesca de cigala e rapantes, as artes de marisqueo para a pesca do percebe e nasas para a pesca de nécoras, polbos etc.Ao mesmo tempo, o barco-museo leva a cabo un importante labor na defensa dos recursos naturais e ambientais que mereceu o recoñe-cemento da Unión Europea co ou-torgamento da Bandeira Azul tanto polas campañas de educación am-biental como pola protección dos recursos mariños.Con 25 metros de eslora, o casco do barco foi contruído de distintas madeiras como carballo ou eucalip-to para as cadernas e quilla respec-

tivamente. Foi construído en 1967, e saiu por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a costeira do bonito do norte. Durante a súa longa vida, dedidouce á pesca de peixe espada, pescada ou bocareu. A súa última singradura realízaa desde o porto de Santander a Burela o 27 de set-embro de 1998.O horario de visita de xuño a setem-bro é de martes a sábado ás 11:00,

12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas. De outubro a maio é de mar-tes a venres ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00 horas. Os sábados as visitas son só de mañá, ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas. O museo ten un prezo de 5 euros adultos, 3 eu-ros nenos de 8 a 18 anos e para me-nores de 8 é gratis. Para visitas de grupo é necesario facer reserva con antelación no número de teléfono 982 586 000.

A aprendizaxe do bonito burelésO Barco Museo Reina del Carmen, atracado no porto de Burela, ofrece unha singular representación da historia e a tradición boniteira da vila

Imaxes do exterior e interior do barcoPercorrido por Burela. As monitoras de Gaia do Concello de Burela estiveron de excursión cos estudantes de 5º e 6º de Primaria do CEIP Vista Alegre. Nesta ocasión a ruta titulouse Burela histórica e “por iso se centrou en aspectos que forman parte da nosa historia, do noso pasado. Visitamos diferentes hórreos e aprendemos a diferenciar as partes que os compoñen e cal é a súa función; achegámonos á Igrexa da Vila do Medio, a diferentes fontes, a lavadoiros e á Casa Torre”, explican as monitoras de Gaia. E subliñan que “Burela tivo un importante porto baleeiro entre os séculos XVI e XVIII e case ninguén o sabe. A maioría dos nenos de Burela nunca utilizaron un lavadoiro e descoñecen o importante papel que des-envolvían non fai tantos anos, e incluso algúns xamais visitaron a Igrexa da Vila do Medio e descoñecen que nela hai unhas pinturas murais do século XV. Por todo isto consideramos moi importante descubrirlles aos rapaces a nosa historia, a nosa cultura”, conclúen.

O Concello de Burela, a través da De-legación de Servizos Sociais e do CIM, organizou diversas actividades con mo-tivo da celebración do Día Internacio-nal da Muller. Estiveron presididas polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concellei-ra de Muller, Noelia Mª Ben.O programa comezou cunha charla coloquio, que se celebrou no salón de plenos da Casa do Concello. A activida-de levou por título As mulleres moven-do Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participaron as asociacións Amas de Casa Praia da Marosa, que estivo representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Bu-rela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.Despois a concelleira de Servizos So-ciais e Muller, Noelia Mª Ben, deu

lectura ao manifesto conmemorativo. A xornada rematou cun xantar organi-zado pola asociación de amas de casa Praia da Marosa.

EXPOSICIÓN. O Observatorio da Ma-riña pola Igualdade continúa centrán-dose este mes en actividades ligadas ás mobilizacións feministas do 8 de marzo, día internacional das mulleres. Ademais da participación nas distintas concentracións, promoveu, en Burela, a exposición Mulleres en Marcha, da Marcha Mundial das Mulleres Galiza co obxectivo de visibilizar e achegar a todos os públicos a loita deste move-mento e organización feminista. A mos-tra inaugurouse o 1 de marzo e estará aberta ao público desde ese mesmo día ata o 29 marzo, na sala de exposi-cións da Casa da Cultura de Burela.

Burela acolleu unha xornada reivindicativa da muller coa lectura dun manifesto

O alcalde e a concelleira, xunto con representantes das asociacións

Page 9: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 9

foz

A nova edición das xornadas de pesca con señuelos que organiza a asociación A Ribeira de Foz en colaboración coa tenda Kukadas xa teñen data e programa de ac-tividades. A cita desenvolverase os días 30 e 31 do próximo mes de marzo.Estas xornadas engloban charlas sobre técnicas e materiais e probas prácticas do material nun esceariio real. Este even-to, que cada ano ten máis participación, está aberto a todo o público, e é un refe-rente para todo o Norte peninsular.O programa arrincará o sábado 30 ás 11:00 horas con charlas técnicas aber-

tas. Fred Orlach falará sobre Pasado, presente e futuro do fiiish, a pesca con señuelos brandos será obxecto doutro relatorio ás 12:00 horas e despois ha-berá un debate sobre Futuro da pesca con señuelos brandos.Trala comida, que será ás 13:45 horas, haberá unha exhibición no porto progra-mada para ás 16:30 horas. E xa o domin-go haberá prácticas de pesca en distintas praias con asesoramento dos integrantes das firmas Fiiish e El Pez Rosa dende ás 7 da mañá, tralas cales producirase a comi-da de despedida cos asistentes.

A vila acolle a finais de marzo unha nova edición das Xornadas de pesca con señuelo

Cartel do evento pesqueiro

O Concello de Foz rematou os traballos de urbanización da rúa Fonte da Cruz na vila focense, onde se eliminou un tapón urbanístico. Esta obra, que contou cun investimento de 50.000 euros de fondos municipais, é importante porque se trata dunha rúa moi utilizada, segundo subliña o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.O rexedor municipal anunciou que “que queda rematada xa, despois de varias se-manas de traballo, a urbanización da rúa Fonte da Cruz”.Javier Castiñeira salienta que “é impor-tante posto que a día de hoxe é unha das

saídas de Foz cara a estrada de Ribadeo. Sabemos que é moi usada e quitouse un tapón no tráfico moi grande”.O alcalde lembra que “isto foi froito das negociacións entre Foz Plataforma de Futuro e o Partido Popular, que levaron adiante os orzamentos do ano 2018 e financiaron totalmente esta obra con máis de 50.000 euros, que serviron para destaponar un acceso e unha saída im-portante do pobo, despois de ter feito a reorganización do centro urbano que afecta precisamente á mobilidade do trá-fico do noso concello”.

Remata a urbanización da rúa Fonte da Cruz

O BNG de Foz vén de facer unha crítica polo aumento do número de antenas ao lado do colexio pú-blico. Os nacionalistas non “enten-demos como é posible que despois de terse entregado no Concello 721 firmas de veciños reclamando a re-tirada do mastro, que nunca máis se concedese licencia para instalar an-tenas ao lado dun colexio público, e despois de terse aprobado por to-dos os grupos da Corporación unha moción do BNG no mesmo sentido, aparezan agora tres novas antenas no alto do mastro”.“O BNG non vai quedar cos brazos cruzados diante desta demostra-ción de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo”, din. O BNG xa pediu infor-mación sobre estas antenas ao Con-cello, para ver se a súa instalación cumpre as esixencias de legalidade que establecían sendas sentencias do Xulgado Contencioso-Adminis-trativo de Lugo e da Sala do Con-tencioso-Administrativo do Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia.“Compre lembrar que o artigo 12.1 da Ordenanza Municipal que regula o funcionamento destas antenas di que non se permitirán instalacións de radiocomunicación sobre espa-

zos sensibles, como escolas infan-tís, centros educativos, hospitais, centros de saúde, residencias xe-riátricas ou parques urbanos públi-cos, nin en parcelas e edificacións lindantes con estes, debendo en todo caso situarse a unha distancia mínima de 300 metros a calquera lindeiro de parcela”, engaden.“Non se entende o silencio do al-calde diante da instalación destas novas antenas, coñecendo como co-ñece a preocupación da comunidade

escolar, do colexio público nº 1 e dos veciños sobre este tema. Nin se en-tendería tampouco que concedese licencia para instalalas, desoíndo o que demandaban as firmas dos veci-ños e o acordo plenario unánime de setembro do ano pasado”, finalizan .O BNG solicitará entrevistas cos Di-rectiva da ANPA, coa dirección do olexio e con asociacións de veciños do casco urbano para informalos do problema e estudar a posibilidade de levar a cabo accións conxuntas.

Vista do mastro da antena situada ao lado do colexio público

O BNG de Foz reclama información ao goberno sobre as antenas instaladas

O PSOE de Foz vén de facer unha de-manda para que se repinten os pasos de peóns na rúa Álvaro Cunqueiro e avenida da Mariña. Segundo afirman, “hai un desconcerto entre os veci-ños á hora de pasar dunha parte a outra das rúas. Tal como están con-figuradas, supoñen un perigo para os viandantes. Ademais, existen dous colexios nas inmediacións o que obriga a extremar as precaucións para garantir a seguridade dos nenos e nenas que se desprazan a pé á es-cola. Resultan curiosos os intentos e amagos que se ven obrigados a facer as persoas maiores para cruzar a rúa ao ver chegar un vehículo. Ninguén

sabe de quen é a prioridade, en Ál-varo Cunqueiro, rúa de circulación rodada continua, si dos propios vehí-culos ou dos peóns”.Os socialistas firman que a avenida da Mariña nunca poderá ser peonil men-tres existan dous supermercados e un hotel co seu propio aparcadoiro. Nin mentres existan zonas de aparcamen-to comercial, “por moito que o alcalde a chame zoa peonil. De todos os xei-tos, unha zona de prioridade peonil é perfectamente compatible con paso de peóns, sempre que haxa circula-ción de tráfico”.O PSOE reclama unha ordenanza de tráfico para dar seguridade xurídica

aos peóns, condutores e policía local. “É necesario regular o horario das zo-nas de carga e descarga así coma os espazos reservados a zonas de aparca-mento comercial de 45 minutos”, din.O partido da oposición manifestou a súa perplexidade “polos continuos cambios das configuracións das rúas. Cambios no sentido da circulación, na configuración dos aparcadoiros, nas zonas de carga descarga e aparcamen-to comercial. Escoitar ao alcalde dicir que, agora, vai encargar un plan de mobilidade é, cando menos, de risa e demostra a mala xestión e improvisa-ción que o impregna todo no seu man-dato destes anos”.

O PSOE reclama o repintado dos pasos de peóns en dúas rúas do centro da vila

Page 10: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade10 marzo 2019

O DOG publicou o anteproxecto e o es-tudo de impacto ambiental para a cons-trución da nova depuradora de Foz, en A Granda, entre Forxán e Fazouro. Esta obra, que supón a retirada da actual EDAR, conta cun investimento de 12,2 millóns de euros. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliña que “é un paso adian-te para resolver os problemas de sanea-mento que ten o concello”.O rexedor anunciou: “desde o equipo de goberno do Concello de Foz queremos congratularnos da boa noticia que sae hoxe no Diario Oficial de Galicia porque concretamente a Consellería de Medio Ambiente publica o anteproxecto da nova depuradora, que son un total de 12,2 millóns de euros, máis o estudo de impacto ambiental. Dáse un prazo de trinta días para que a xente poida velo e examinalo, e que veciños, asociacións e outros entes poidan alegar nas circuns-tancias que sexan oportunas”.

PSOE. Pola súa banda, o PSOE quere destacar “o enorme retraso que leva o proxecto e súa falta de rigorosidade. Hai que lembrar que o anterior documento foi rexeitado en novembro do 2016 por unha declaración de impacto ambiental negativa e non entendemos como foron necesarios dous anos e medio para a súa corrección, cando todos os anos se consignan presupostos para despois non mover nin unha pedra”.Como recalcan “a actual EDAR non ten capacidade para a depuración das augas fecais do núcleo e presenta outros pro-blemas como continuos malos olores”.Os socialistas cren que co novo ante-proxecto “estase a perder unha oportu-nidade única para resolver os problemas

da rede de saneamento de Foz. Imos continuar cos problemas de sempre e vanse xerar outros novos, o que resulta inadmisible”, explica Fran Cajoto.Os socialistas destacan a falta de rigor no anteproxecto porque non contempla ac-tuar sobre a rede de saneamento en Foz, que é unitaria, polo que as augas fecais continuarán estando mesturadas coa auga de choiva.Cajoto afirma que non se contemplan medidas para evitar o ruído e os cheiros destas instalacións, o que constitúe un dos principais problemas na actualidade, polo que esta problemática podería ver-se incluso incrementada.A tubaxe de impulsión discorre por varias rúas do casco histórico de Foz -indican os socialistas- e non se marca posición e cota das conducións e dos servizos que existen actualmente: esta indefinición e falta de estudo podería provocar que o proxecto fose inviable na súa execución.Os bombeos de augas situados fronte á praia de LLas son modificados para me-

llorar a súa capacidade. Sen embargo, o anteproxecto contempla que ata en 10 episodios de choivas ao ano no caso de Llas 1 e en 8 episodios de choivas no caso de Llas 2, as augas fecais vertan directa-mente á praia de Llas sen ningún tipo de depuración.Afirman que o anteproxecto non ten en conta os cheiros da nova EDAR, ata o punto de que non considera o impacto que terá o gas metano e confunde as fa-ses de construción coas de explotación. “Desde o PSOE de Foz consideramos -in-dica Fran Cajoto- que debería contarse coa posibilidade de dispoñer dunha plan-ta de desodorización con tratamentos biolóxicos e carbón activo, e non só un secador de fangos”. “O documento con-templa o vertido das augas depuradas a carón da praia de Peizás, cruzando a tubaxe a zona de estacionamento. O An-teproxecto deseña un emisario mariño para que a carga contaminante se verta dunha forma máis dispersa ante o posi-ble fallo da depuradora”, explican.

Publicado o anteproxecto da construcción da nova depuradoraO PSOE afirma que non se arranxarán os problemas actuais do servizo

EDAR do Concello de Foz, situada na explanada do porto

Os pais do colexio Fondo Nois de Foz queren a implantar a xornada única no centro para o vindeiro curso. Segundo indicou o director, Juan Benito, emitíronse 104 votos, dos cales 72 foron a favor da im-plantación da nova xornada, 30 en contra e dous nulos.Agora, a dirección do centro debe-rá remitir toda a documentación á Xefatura Territorial de Educación, que será a encargada de autorizar en última instancia a aplicación do acordo adoptado polos pais a tra-vés das votaciones.A posta en marcha da nova xor-nada require o apoio do 58% das familias censadas no centro edu-cativo, un dato co que cumpre o centro tralos resultados obtidos. Segundo explicou o director, o novo horario de clases empeza-ría ás 9:30 e acabaría ás 14:30. Ás 15:30 sería a hora da comida e o transporte sairía ás 16:30, esa hora será para o lecer dos máis

pequenos no centro. Polo tan-to, a nova xornada non implicará cambios nos servizos de comedor e transporte que oferta o colexio para as familias dos alumnos ma-triculados.O colexio Fondo Nois foi dos úl-timos colexios en sumarse á xor-nada única, despois do colexio de Cervo e o Caselles Rollán de Xove tamén aprobasen aplicar os novos horarios nos respectivos centros tras a consulta ás familias dos alumnos.Tamén estes dous colexios elixiron a opción desta xornada, que xa hai implantada noutros centros da co-marca, por unha maioría dos votos emitidos.No colexio de Xove unicamente rexeitaron a proposta 23 familias das 146 afectadas e 13 non acudi-ron á votación. No caso de Cervo, 101 familias emitiron o seu voto e 22 opuxéronse á medida, mentres 11 non acudiron a votar.

Os pais do Fondo Nois votan a xornada única

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asegura que preto de 20.000 persoas encheron as rúas de Foz para ver o des-file de Entroido celebrado o sábado e destacou a implicación dos veciños e veciñas e do tecido comercial.Engadiu que o concurso tivo máis de 2.000 participantes, cunha dinamiza-ción do comercio incrible. “O Carnaval está nun momento no que nunca esti-vo. Hai que pensar que hai quince días tivemos unha cea de coroación coa par-ticipación de máis de 1.000 persoas. E houbo unha gran implicación do comer-cio, patrocinando moitos dos premios”, manifestou Javier Castiñeira.O alcalde rematou dando “moitas gra-zas a todos os que colaboraron e es-tamos encantados de seguir loitando porque o Entroido de Foz sexa un refe-rente, non só na Mariña senón tamén en toda Galicia”.Con estas palabras, o alcalde de Foz cualificou a actitude do PSOE que pediu as contas do Entroido 2019. O rexedor subliña que “se trata dunha falta de respecto cara ás persoas implicadas no

Carnaval focense e considera totalmen-te inoportuna esa petición”.“Desde o equipo de goberno do Conce-llo de Foz parécenos moi pouco decoro-so por parte do Partido Socialista pedir as contas do Entroido. Eu creo que é ata unha falta de respecto, non á organiza-ción nin ao Concello, senón tamén a to-das as peñas e a todos os participantes. Mostra moi pouco espírito carnavaleiro e o único que están é a politizar todo o que sexa de ámbito municipal, o que me parece é totalmente inoportuno”. O PSOE de Foz afirmou estar moi satis-feito do éxito da festa, do esforzo que peñas, comparsas, charangas, traballa-dores municipais fan antes e durante o carnaval, coma de todos os que partici-pan. “Eles son os auténticos artífices de dito éxito, os que o manteñen vivo co traballo de todo o ano e os que o cata-pultaron a onde está agora”.Recalcaron a súa única intención é que “se presenten as contas das festas do Chícaro e o Entroido dos anos 2017 e 2018. Petición que está sen resposta a día de hoxe” afirman.

Unhas 20.000 persoas visitaron Foz no Entroido

A subdelegada do Goberno, Isa-bel Rodríguez, avanzou o que se comezarám as obras do firme na estrada N-642 entre Fazouro e San Cibrao na zona da Espiñeira.As obras, que finalmente terán un presuposto de dous millóns, con-sistirán na rehabilitación do firme da N-642 nun treito de máis de 21 quilómetros.Concretamente, esta nova actua-ción executarase entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 (A Espiñeira, entre a conexión da N-642 coa N-634 e o núcleo de Ma-ñente) e do 36+500 ao 55+000 (de Fazouro a San Cibrao). As obras te-rán un prazo de execución de doce meses.Rodríguez sinalou que a obra axu-dará a acabar “coa marxinación á que foi sometida A Mariña”, e que se trata “dun importante esforzo económico para poñer a punto a principal vía de comunicación da zona, para facilitar os desplazamen-tos de veciños, transportistas e tu-

ristas e para mellorar a seguridade vial da comarca”.O deterioro no pavimento, con fo-chancas de ata dez centímetros de profundidade, obrigou a facer no

2018 dúas actuacións de emerxen-cia nesta vía, unha por importe de 620.383 euros e outra de 729.567 euros. Trátase sen dúbida dunha das vías máis utilizadas.

O Goberno arranxará a N-642 no treito entre Fazouro e San Cibrao

Un tramo da estrada nacional que une Fazouro con San Cibrao

Un momento do desfile de disfraces organizado en Foz

Page 11: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 11

O pizzaiolo (cociñeiro experto na ela-boración de pizzas) Franco López, re-presentante do Movimento Pizzaioli Italiani, na rexión italiana de Basilicata, está esta semana no IES de Foz para impartir formación relacionada coa elaboración de pizzas.Desde o IES de Foz destacan que “du-rante estes días Franco López explica aos alumnos os segredos da elabora-ción da masa, a elección da fariña, o lévedo máis idóneo e o proceso de fermentación. Como actividades es-peciais contamos cunha carta degus-tación hoxe, martes, ás 14:30 horas no comedor de carta do IES, onde

se elaboran cinco pizzas salgadas e dúas doces. O mércores 27 os alum-nos que comen no comedor escolar puideron gozar de dúas sobremesas moi especiais: pizza Nutella e pizza de froitas. Ese mesmo día pola tarde, ás 17:30 horas, impartíase formación ao grupo de adultos e a profesionais da Mariña. O día seguinte ofreceuse pizza Margarita aos estudantes que comen no centro, elaborada polos alumnos de Hostalería”.Durante a súa estancia en Foz Franco López está aproveitando para coñecer A Coruña, Santiago e os lugares máis emblemáticos da Mariña luguesa.

Un cociñeiro italiano forma alumnos no IES

A formación política Foz, Platafor-ma de Futuro (FPF) reclama ao go-berno local popular que substitúa a varanda do parque Martínez Otero, xa que consideran que a existente “dá vergoña e pena vela, ademais de que resulta moi perigosa”. Así mesmo, atópase nunha zona que nos últimos anos foi mellorando.Outra das melloras que piden é a da rede da pista polideportiva de Nois, que foi retirada pola denuncia do grupo municipal polo seu mal estado e “que entendemos que é necesa-ria a súa reposición para garantir a seguridade dos nenos que usan esa instalación“ engaden. Tamén recla-man o cambio da reixa que recolle a auga na remodelada rúa Fonte da Cruz, ao considerar que dificulta o paso de vehículos e que afea unha zona con novas beirarrúas.

Foz, Plataforma de Futuro pide unha varanda no parque Martínez Otero

Alumnos do IES de Foz, xunto ao cociñeiro italiano

Este ano farase a execución da estra-da LU-151 entre Fazouro e San Acis-clo, no municipio de Foz, para a que destina un orzamento próximo aos 600.000 euros.O alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira e técnicos da Axencia Ga-lega de Infraestruturas (AXI). Avan-zaron que se licitarán e adxudicarán as actuacións nos vindeiros meses, coa previsión de facer as obras neste mesmo ano.O proxecto suporá actuar en oito quilómetros, isto é a totalidade do percorrido da estrada entre o final da travesía de Fazouro e San Acisclo. As obras implicarán o acondiciona-

mento de todo o treito, mediante a execución dunha nova capa de roda-xe en mestura bituminosa en quen-te, da que carece actualmente a calzada (mellorará substancialmente a vía actual construída en rego con grava).Salientaron que se trata dunha inter-vención necesaria, “demandada polo Concello e tamén polos veciños”. Destacaron que contribuirá a mello-rar unha estrada “vertebradora, usa-da tanto para desprazamentos inte-riores neste municipio como para as comunicacións doutros concellos coa franxa costeira e mesmo co hospital público da Mariña”.

A estrada LU-151 entre Fazouro e San Acisclo mellorarase con 600.000 euros

A estrada LU-151, que se modificará en próxima datas

O popular Javier Jorge Castiñeira presén-tase á reelección como alcalde de Foz “coa mesma ilusión que no ano 2011, pero con máis experiencia e moito tra-ballo feito”. “A verdade é que me sinto plenamente orgulloso de poder repetir, de poder fa-celo coa mesma ilusión que levaba no ano 2011, pero loxicamente con moita máis experiencia e cun proxecto que está aí para que todos o poidan xulgar. A nosa intención, durante estas próximas se-manas, é avaliar o traballo que fixemos. Para nada imos meternos en ningún tipo de críticas nin en debates estériles coa oposición. Descoñecemos a día de hoxe quen van ser os nosos rivais e o Partido Popular de Foz ten oito anos de garantías na economía local, de rigor nas contas, de estabilidade orzamentaria, máis as

garantías das obras e investimentos que se fixeron durante este mandato. E sobre todo por telo feito en minoría, chegando a pactos e acordos con practicamente todos os partidos da corporación muni-cipal”, explicou Javier Castiñeira.Ademais o candidato do PP á Alcaldía de Foz destacou que “cousas que eran im-pensables hai oito anos, como aprobar un plan xeral de ordenación municipal, é un feito histórico porque Foz xa posúe un PXOM actualizado. Tamén conseguimos que funcione a residencia de maiores, que é cousa de quince días; temos un pavillón polideportivo municipal recen-temente modificado; temos unha oficina de turismo virtual da Mariña no CENIMA e tamén un centro de interpretación de San Martiño, que está funcionando des-de hai un ano.

O popular Javier Jorge Castiñeira presentarase á reelección

Xa se coñecen os nomes das gaña-dores e do gañador dos oito premios xentileza da Clínica Maas+Saúde, de Foz, que se sortearon dentro da campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto focense.Consisten en diferentes tratamen-tos estéticos. Trátase de 3 sesións de depilación do pack inglés e axi-las, 3 sesións de depilación de me-dias pernas, 1 pack de masaxe re-ductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico.As afortunadas e afortunados son: Lourdes Edrosa, que mercou en Ginzo Hombre-Mujer; Mª Luisa Ri-vadulla, que fixo as súas compras en Librería A Rapadoira; Silvia Mar-tínez; Paula López; Irma Villarino, Malena Maierú e Félix Pernas, que consumiron en pastelería Anduriña; e Ariadna Díaz, que mercou en Sue-ños Moda Infantil.O sorteo de agasallos tivo lugar en Radio Foz. O acto contou coa pre-senza de Marta Saa, xerente da Clínica Maas+Saúde; Marta Fernán-dez, neuropsicóloga dese centro; e Ana Segade, xerente do Centro Co-mercial Aberto.

Xa se coñecen os nomes dos gañadores do sorteo de San Valentín

Mulleres protagonistas. Hai uns días que a libraría Bahía, na céntrica ave-nida da Mariña de Foz, loce un escaparate diferente no que as mulleres son prota-gonistas. Un escaparate feminista, “quizais o primeiro que se atreve a abordar de modo totalmente explícito a temática na nosa comarca” explican. É unha creación de Katova e Noa, que aproveitan elementos da contorna e inclúen a pintura para lograr un resultado rechamante, case coma unha colaxe en tres dimensións. As dúas artistas fixeron a instalación o pasado día 21 coa colaboración dos libreiros Ceo e Miguel. A obra poderá ser contemplada ata o vindeiro día 18.

Page 12: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade12 marzo 2019

O río Grande de Ribadeo volveu sufrir un novo vertido de lixiviados, nunha das captacións de auga das que se abastece a poboación ribadense. Ese vertido oca-sionou un forte cheiro na auga da traída. O alcalde, Fernando Suárez, volveu en-viar requerimentos unha vez máis e ad-vertencias de denuncia á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, á Dirección Xeral de Saúde Pública, ao Seprona, ao Concello de Ba-rreiros e á Cooperativa Os Irmandiños. Para Suárez Barcia é intolerable que estes vertidos se produzan cada pouco tempo. Mentres, a empresa concesionaria, Via-qua, procedeu ao baleirado dos depósi-tos da auga para normalizar a situación.O rexedor ribadense dixo que “consulta-da información á empresa concesionaria Viaqua sobre esta circunstancia, sobre todo porque hai moita xente que está preguntando alarmada e preocupada polo olor e polo mal sabor da auga, in-dícanos que a calidade da auga cumpre cos parámetros que se establecen, pero cousa diferente é que o olor e o sabor non sexa adecuado, e evidentemente non o é”.Fernando Suárez engadiu: “debo dicir, o que nestas circunstancias outras ve-ces pasa, que os concellos somos os responsables da calidade e da auga que vai pola tubaxe, pero en ningún caso po-demos ser responsables, porque nin te-mos competencias nin está no noso te-rritorio, cando se botan vertidos aos ríos que son utilizados pola poboación para beber. Para iso hai outras administra-

cións a nivel autonómico e estatal que deben velar para que isto non ocorra, e é o que, outra vez máis e xa van non sei cantas, lles acabamos de pedir. Isto non pode ser, non pode estar unha po-boación de 10.000 habitantes sempre cun fío pensando que nalgún momento temos que cortar o subministro de auga porque a calidade, aínda que cumpra os parámetros legais, non é boa. É inxusto que en Ribadeo teñamos que sufrir esta situación”.O alcalde de Ribadeo explicou que “todo volverá á normalidade pero non quita que dentro duns días volvamos ter inci-dencias deste tipo, e isto é intolerable”.O alcalde lembra que a captación de auga a Lexoso existe desde hai 60 anos e subliña que os vertidos comezaron a pro-ducirse coa instalación dunha factoría in-dustrial preto do cauce do río Grande, no municipio veciño de Barreiros. O rexedor rexeita así as críticas efectuadas desde a Cooperativa Os Irmandiños e desde o PP. O rexedor dilles aos responsables de factorías industriais que “non é correcto botar balóns fora por unha deficiente xestión dos lixiviados resultante da fer-mentación de forraxes para a gando”. E engade: “aos novos paracaidistas popula-res dicirlles que non é axeitado lavarlles a cara aos seus compañeiros de partido da Xunta de Galicia que, nestes catro anos, se puxeron de lado para agora dicir que se lavan as mans, que non é cousa da Xunta, pois desde hai meses toda esta zona pasou a pertencer á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, e que sexa ela a que poña orde nesta situación”.

O alcalde denuncia un vertido ao río Grande

O presidente da Deputación, Darío Campos, participou no acto de entre-ga dun novo talón, conseguido coa iniciativa solidaria Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, posta en marcha pola Fundación Puro Cora, e coa que colabora o Goberno da Depu-tación xunto con outras institucións e asociacións lucenses. Esta campaña na-ceu para axudar a rapaces con enfermi-dades ou trastornos graves ou necesi-dades especiais ó tempo que contribúe á conservación do medio favorecendo a reciclaxe de plásticos.Este ano o beneficiario é Darius Ga-briel Dumitrescu, un neno de oito anos de Ribadeo, que sofre atrofia muscular espinal, máis coñecida polo seu acróni-mo: Ame. Trátase dunha desas denomi-nadas enfermidades raras que afectan a moi pouca poboación. No caso da pro-vincia de Lugo, o número de afectados por Ame é de tres persoas, ademais de Darius hai dous afectados mais, un en Lugo e o outro en Monforte de Lemos.Os lucenses prestaron novamente a súa colaboración a esta iniciativa solidaria, conseguindo reunir 10 toneladas de tapóns de plásticos, que supoñen unha recadación de 2.600 euros para pagar as sesións de fisioterapia que recibirá Da-rius ao longo de este ano 2019. Neste proxecto, ademais da Deputa-ción, participan entidades, asociacións e empresas que colaboran nesta campa-ña co fin de axudar a mellorar a calidade de vida das persoas que posúen algún problema grave ou eiva que lle impide desenvolver unha vida con normalida-de, con especial atención á infancia.

Un neno, beneficiario da Campaña dos tapóns solidarios

ribadeo

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo queda definitivamente aprobado e consolidado, despois de que o Concello gañase os cinco con-tenciosos presentados no seu día por outros tantos particulares e empresas contra ese documento. O alcalde, Fer-nando Suárez, subliña que “se pon así fin a un treito engorroso e que nos vin-deiros anos verase como Ribadeo vai cambiando para mellor”.O rexedor dixo que “temos que dar unha noticia moi importante, desde o punto de vista urbanístico, non soa-mente para Ribadeo senón entendo que tamén para o conxunto do país, porque hai que ter en conta que o Plan Xeral de Ribadeo a partir de ago-ra está definitivamente aprobado e consolidado”.Fernando Suárez explicou que “se ben é certo que foi aprobado administra-tivamente a finais do 2014, é agora nestas semanas cando podemos dicir que está definitivamente aprobado e consolidado porque sobre os cinco contenciosos que no seu momento foron presentados contra el, por dife-

rentes particulares, e aínda que ningún destes cinco contenciosos afectaban esencialmente ao Plan Xeral senón que afectaban a intereses particulares destas persoas, pola clasificación na tipoloxía dos terreos, etc…, algún des-tes particulares plantexaba a caída de todo o planeamento e a consecuente destrución de todo o traballo que tan-to tempo e esforzo nos levou”.O alcalde manifestou que “o Concello demostrou diante da xustiza que os terreos estaban correctamente clasifi-cados e deunos a razón. Foi un treito longo e engorroso, pero cando se que-ren facer as cousas ben e con humilda-de finalmente as cousas resultan ben e traen beneficios”.Suárez Barcia salientou: “eu quero ta-mén sinalar, outra vez máis, o traballo de varios mandatos, especialmente no anterior cando o aprobamos, e quero lembrar aos portavoces de todos os grupos que tiveron unha achega ho-nesta e sensata para que isto poida ser un patrimonio de todos por moi-tos anos. Quero mandarlle un saúdo a Tino de UPRI, a Valín do PP, a Lalo do

PSOE, a Horacio que tamén era porta-voz do Bloque en materia urbanística, así como tamén aos técnicos muni-cipais que nos axudaron moito e que entendo que levan con satisfacción o feito de ter un Plan Xeral de Ordena-ción Municipal adaptado ás novas leis, ás leis máis modernas, e ademais con toda a seguridade xurídica. Isto con-trasta con outros Concellos, de aquí mesmo da Mariña, que non teñen nor-mas urbanísticas, e que xa non se trata de problemas penais senón de destro-zar o país para sempre”.O rexedor sinalou que “a diferenza doutras zonas da Mariña, demostra-mos en Ribadeo que é posible facer as cousas con xeito, con sentidiño, combinando o crecemento sostible coa protección da nosa identidade e do noso patrimonio. Agora, preci-samente con isto aprobado definiti-vamente e consolidado tamén pola xustiza, nos próximos anos, se vai ir vendo como Ribadeo vai ir cambian-do para mellor, paseniño, pouco a pouco, como se fan as cousas para que saian ben”.

O PXOM queda aprobado trala vitoria do Concello no xulgado

Remataron as obras de mellora reali-zadas polo Concello nos cemiterios de Ribadeo e de Ove. O investimento total ascendeu a preto de 40.000 euros.O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz Freije, explicou que “no camposanto municipal de Ribadeo as obras que se fixeron permitiron mellorar o espazo público dotacional, adecentar e sol-ventar o problema de salubridade do edificio e do acceso a esta instalación”.No cemiterio de Ribadeo as actuacións realizadas “consistiron na limpeza e saneados do muro de peche, a repa-ración da porta principal de acceso ao camposanto, a aplicación nos muros de impermeabilizante acuoso e tamén o pintado de todo o recinto. Actuouse en

3.115 metros cadrados. O orzamento foi de 35.419 euros máis IVE”, engadiu o edil ribadense.O Concello tamén actuou no cemiterio de Ove “onde realizamos a limpeza e saneado do muro de peche de todo o camposanto e tamén aplicamos nos muros impermeabilizante acuoso, pin-tura ao auga a base de polisiloxanos, igual que no caso do cemiterio munici-pal de Ribadeo. O investimento neste caso ascendeu a 3.095 euros”, dixo o concelleiro de Cemiterios.Jorge Díaz Freije amósase “satisfeito polo traballo feito. Había unha necesi-dade importante para actuar nos dous cemiterios e hoxe eses proxectos son unha realidade”.

Rematadas as obras de mellora nos cemiterios municipal e de Ove

Unha imaxe do estado do ceminterio municipal tralas obras

Xa se abriu o prazo de solicitude de no-vas subvencións para a rehabilitación de vivendas e espazos públicos nos cascos vellos de Ribadeo e Rinlo, que se poderán solicitar ata o mes de agosto. O alcalde, Fernando Suárez, destaca que Ribadeo é o concello da provincia que máis car-tos recibe para rehabilitación, un total de 1.100.000 euros, fronte aos 900.000 euros da capital. O Concello informou aos veciños afectados da apertura destas axudas a través do correo ordinario.Fernando Suárez explicou que “esta-blecimos un prazo de seis meses desta volta por consideralo necesario para tramitar as diferentes autorizacións ur-banísticas de Patrimonio, do Concello, etc…, que dan lugar á rehabilitación das vivendas”.Suárez Barcia subliñou que “queremos non soamente a veces ser malos, no sen-so de incidir en que a xente rehabilite con advertencias ou multas, senón que ta-mén queremos ofrecerlles posibilidades para acceder a unha subvención impor-tante para rehabilitación. Tantos obxecti-vos levamos cumpridos que agora temos moito diñeiro público e non queremos que se devolva nada, por iso queremos

dirixirnos directamente a todos os pro-pietarios para que saiban que poden vir á oficina de rehabilitación, que está no Concello, todos os días para pedir máis información destas bases que foron pu-blicadas e onde se describe o que entra e o que non e nas porcentaxes que poden ser subvencionables. Hai que ter en con-ta que Ribadeo, con 10.000 habitantes máis ou menos, recibe tanto para axu-das de rehabilitación de vivenda como de espazos públicos aproximadamente 1.100.000 euros, e Lugo, que ten practi-camente dez veces máis de poboación, recibiu para iso 900.000 euros”.O rexedor engadiu que “entre o Minis-terio, que dá unha parte importante, a Xunta, unha parte menor pero tamén importante, xunto coa achega do Con-cello, querémoslle dicir a todos os pro-pietarios de vivendas que a subvención mínima vai ser do 50% para rehabilita-ción, e en casos excepcionais de situa-ción económica ou familiar complicada pode chegar ao 75%. Evidentemente isto ten un límite económico que vai desde os 12.000 aos 16.000 euros de máximo, dependendo tamén da situa-ción persoal do solicitante.”.

Abre o prazo de solicitude de subvencións para rehabilitar vivendas en Ribadeo e Rinlo

Page 13: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 13

O Concello de Ribadeo entregou pre-to de 1.000 árbores frondosas para a súa plantación en parcelas afecta-das pola lei de incendios de Galicia. Repartíronse pradairos, bidueiros, freixos, castiñeiros híbridos, cerdei-ras, carballos, abeleiras e nogueiras. En total, no Concello recibíronse 38 solicitudes para 57 parcelas nas que se plantarán estas especies. O alcalde, Fernando Suárez, e os con-celleiros de Sostibilidade Ambiental e Medio Rural, Paz Ermida e Vicente Castro, participaron neste acto de entrega de árbores, que tivo lugar no Cantón dos Moreno.O rexedor ribadense sinalou diante dos receptores das árbores que “todo o mundo temos que estar de acordo coas normas. Sabemos que hai veces

que hai xente que lle desgusta, e eu o lamento, non o facemos para enredar nin para molestar a ninguén. Sabemos que isto vai ser unha seguridade e Ri-badeo será un sitio agradable dentro duns anos, cando se vexa todo cortado, como xa está en case todo”.Fernando Suárez contou que “case todo o mundo cumpriu, nos que non cumpriron o Concello vai executar subsidiariamente nos próximos tem-pos, irremediablemente, lamentan-do moito polos que non quixeron cortar”.O Concello investiu 6.500 euros na compra destas árbores frondosas que hoxe foron repartidas. Xunto aos pro-pietarios dos terreos nos que se van plantar estivo tamén o técnico de Me-dio Ambiente, Xaime Pérez.

O Concello entregou preto de 1.000 árbores frondosas

Entrega das árbores aos veciños de Ribadeo

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que a Xunta non lle quere ben a Ribadeo, que nin apostan nin apostaron nada por este concello e que só “venden fume”. O rexedor engadiu que o que o Concello lle demandou á administración galega para o estadio municipal Pepe Barrera foron 175.000 euros, a mesma cantidade que lle solicitou á Deputación de Lugo, e critica que a Xunta só estea disposta a aportar 46.000 euros para unha obra tan importante. O alcalde insiste en que os populares só veñen a Ribadeo “ás misas, aos pinchos e á entrega de medallas”.Fernando Suárez declarou: “hai que ver as voltas que lle dan para ao final non acabar facendo nada como nos teñen acostumados nestes últimos anos, ben sexa coa residencia de maiores ou ago-ra mesmo coa renovación do campo de fútbol”.O rexedor ribadense dixo: “teñen a va-lentía de dicir o moito que invisten en Ribadeo, e no sumatorio de inversións que nos fan, contando en todo isto os centros educativos, o centro de saúde, é dicir, que contan as nóminas dos mes-tres, dos profesores, dos sanitarios, para

dicir o moito que invisten en Ribadeo. Contan ademais o que nos invisten nos obradoiros de emprego, que o 90% dos seus fondos son europeos. É como, fa-cendo unha similitude, se viñese agora o presidente do goberno do Estado, Pedro Sánchez, e fixese a conta do que inviste aquí o Estado co sumatorio de pensións mensuais que lle paga a todos os xubi-lados e xubiladas, ou coas nóminas dos funcionarios do Estado que traballan aquí en Ribadeo”.Para Fernando Suárez “hai que falar cla-ro. O que o señor Balseiro vende como compromisos son obrigas ordinarias establecidas por lei para este Concello e para todos os demais, igual que o resto de Concellos. Con estas achegas ordina-rias os Concellos pagamos as nóminas dos funcionarios, o alumeado público… é dicir, o ordinario. No extraordinario, a realidade á que queremos ir é que non lle queren a Ribadeo. Nin apostan por Ribadeo, nin apostaron por Ribadeo. Só prometen fume e venden fume”.O alcalde asegurou que “teñen a opor-tunidade de quedar ben con Ribadeo apoiando como lles pedimos unha parte,

non lles pedimos todo, da renovación do campo de fútbol. De toda a inversión importantísima, que ascende a máis de 400.000 euros, pediámoslles 175.000 euros, igual que á Deputación, e o único que nos ofrecen son uns míseros 46.000 euros. Isto, a parte de ser grotesco e ab-surdo, é o colmo”.O rexedor insistiu en que “o único ao que veñen a Ribadeo estes señores do PP e da Xunta son ás misas, aos pinchos e á entrega de medallas, para iso toda a con-dómina desembarca en Ribadeo sempre que teñen oportunidade”.Suárez Barcia subliñou: “nós, pola contra, que somos un goberno aberto, que esta-mos moi orgullosos de ser dialogantes e que o demostramos con feitos día a día, sobre todo con quen lle quere ben a Ri-badeo, temos sempre que falar moi ben da Deputación e das xentes que están na Deputación de Lugo que, aínda que non son da mesma cor política, si que lle queren a Ribadeo infinitamente máis do que lle quere a Xunta. Pero en todo caso o tempo poñerá a cada un no seu sitio, igual que os puxeron hai catro anos coa residencia”.

O alcalde acusa á Xunta de non axudar ao concello

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde e o alcalde de Ribadeo, Fer-nando Suárez Barcia, supervisaron os últimos traballos de acondicionamento e urbanización da avenida de Ribadeo, que contan cunha achega do Executivo Pro-vincial de 380.000 euros, e do Concello con 58.500 euros. Estes fondos permiti-ron humanizar o antigo tramo da antiga N-634 con novas beirarrúas, aparcamen-tos, nova instalación eléctrica, pluviais, así como a creación dun novo acceso á area comercial do Vilar.Campos Conde remarcou que “con estes traballos cumprimos unha débeda histó-rica cos veciños de Ribadeo que deman-daban unha mellora nas comunicacións co casco urbano, co fin de acercar a todos os usuarios e visitantes á zona comercial do Vilar. A partir de hoxe todos os visi-tantes e veciños poderán realizar todo este traxecto a pé dende o centro ata a area do Vilar, e poden facelo con novos

accesos peonís seguros que cumpren coa eliminación de barreiras arquitectónicas, tal e como marca a normativa”, sinalou.A avenida de Ribadeo atópase nunha zona de moito trafico de vehículos, por ser unha zona de entrada e saída do cas-co urbano de Ribadeo, e que ao mesmo tempo tamén dá acceso a A-8 na rotonda de Dompiñor. Ademais, esta vía, comuni-ca o propio núcleo urbano coa gran area comercial no Vilar, que ata de agora só se podía acceder mediante vehículos.Con cargo a este investimento permiti-ron humanizar esta avenida que inclúe todo o tramo da antiga N-634 de titu-laridade municipal, con aglomerado e sinalización viaria, ademais de novas dotacións, como por exemplo, novas bei-rarrúas, aparcamento, nova instalación eléctrica con soterramento das torres de media tensión, novas tubarias de pluviais e de saneamento e arborado. Tamén se realizou un novo acceso á area comercial.

Ribadeo abre unha avenida peonil entre o Vilar e o centro

Visita do presidente da Deputación á nova avenida peonil ribadense

No Pleno desta semana se someterá a aprobación o nomeamento do artista Suso Peña como fillo predilecto de Ri-badeo. O alcalde, Fernando Suárez, re-latou que “hai un punto que se trata da proposta de nomeamento do artista, finado xa hai uns anos, Suso Peña como Fillo Predilecto de Ribadeo. Hai que ter en conta que numerosas asociacións culturais, así como moitas persoas a título individual, o viñeron demandan-do e o Concello propoñemos para que tome posición”.Entre os asuntos que se abordarán ta-mén no Pleno figura un expediente de modificación de crédito para inversións financeiramente sostibles, que inclúe un ambicioso proxecto para actuar en camiños do rural así coma outros que están a piques de iniciarse, por un mon-tante total de 300.000 euros. Tamén se analizará un recoñecemento extraxudi-

cial de crédito por importe de 106.000 euros para efectuar o pago de facturas pendentes do pasado exercicio, así como unha modificación de suplemen-to de crédito para unha subvención a Acisa destinada a unha campaña singu-lar de apoio ao comercio.O alcalde contou que “xa ven sendo ha-bitual nestes últimos anos que, grazas á xestión realizada, os resultados presu-postarios dos últimos exercicios sempre contan con remanentes positivos. Hai que ter en conta que, desde o ano pa-sado, as novas medidas do Ministerio de Economía e Facenda acordaron que os Concellos puidéramos dispoñer destes remanentes para inversións, sempre que estivéramos liberados de plans de axus-te, e hai que lembrar que isto aquí xa foi amortizado. Agora polo tanto podemos dispoñer deles para reforzar inversións para rúas, camiños ou outros fins”.

O Pleno votará a Suso Peña como fillo adoptivo

O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de adecentamento no aparca-doiro comprendido entre as rúas Alfredo Deaño, Pintor Fierros e avenida de Gali-cia. O PXOM, xa consolidado, contempla a creación dunha zona verde e deportiva nesa importante bolsa de terreo, segun-do subliña o alcalde, Fernando Suárez.O rexedor ribadense explicou que “esta-mos levando a cabo esta actuación, nesta importante zona verde e zona dotacional que deixou establecida o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que recente-mente quedou consolidado polo Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia ao de-caer varios recursos que había contra el. Polo tanto, con este plan de urbanismo moderno e vixente que temos é agora cando estamos iniciando esta actuación, sabendo que nesas inmediacións están proxectada unha nova zona deportiva e unha zona verde. Pero de momento, nes-tes días, e atendendo ás suxerencias do vecindario, estamos adecentando unha boa parte de toda esta zona que agora está ocupada parcialmente por un apar-camento con base de zahorra no que es-tacionan moitos camións”.Suárez Barcia dixo que “había unha zona que estaba totalmente agreste e esta-mos desbrozando e sacando residuos, polo que nestes días veremos como vai quedando unha zona de esparexemento libre, pública e adecentada, de feito está-mola agora sementando”.

Realizan melloras no aparcadoiro da avenida de Galicia

Page 14: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade14 marzo 2019

O colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, recibiu o 2º Premio de Innova-ción e Experimentación Pastoral, convo-cado por Grupo Santillana de Ediciones en colaboración con Escolas Católicas Galicia. Está dotado con 700 euros e foi polo traballo denominado A felicidade de darse, que recolle algunhas das experien-cias de aprendizaxe-servizo que levaron a cabo alumnos do centro. O premio foi recollido pola directora titular do centro, sor Purificación García, e a coordinadora de Pastoral, Mercedes Eiros. A xefa de estudos, Begoña Sanjurjo, afir-ma que “o noso traballo consiste nun resume de actividades de aprendizaxe-servizo que levamos a cabo no centro e nas que os nenos van adquirindo novas competencias e contidos, pero sempre utilizando técnicas e dándose aos de-mais, facendo algún servizo á comuni-dade, xa sexa aos seus compañeiros ou a outras persoas doutros estamentos da sociedade. Nosoutros facemos moitas actividades deste tipo, pero engloba-mos algunhas cando nos presentamos a este premio. Por exemplo facemos actividades co Centro de Día e co Asilo, a onde van os alumnos de 6º a facerlles compañía aos anciáns, a lerlles, facer obras de teatro e pasatempos con eles.

Os de 4º de ESO colaboran co Centro de San Lázaro e San Pablo, de Mondoñedo, onde están residentes que teñen pro-blemas intelectuais. Imos alí e facemos con eles actividades de informática, de movemento e manualidades, ademais de paseos polo pobo. O ano pasado, por exemplo, fixemos unha visita guiada por Mondoñedo. O resto das actividades son no centro, dos alumnos máis grandes cos máis pequenos, como o apadriñamento ao lector, nos que os maiores axudan aos pequenos a aprender a ler, ou alumnos que saben guitarra, axúdanlles a outros”.

EXPOSICIÓN. Inaugurouse no colexio Sa-grado Corazón de Jesús unha exposición con material escolar dos 50 anos de vida do centro nas súas actuais instalacións.A mostra, titulada 50 anos: do pizarrín ó portatil, estará aberta ao público no cen-tro ata o día 31 deste mes. Pode visitarse os días lectivos de 17:00 a 18:30 horas, os sábados de 18:30 a 20:00 e os domingos de 12:30 a 14:00 horas.Esta exposición forma parte do progra-ma de actividades organizadas polo co-lexio Sagrado Corazón con motivo do 50º aniversario das súas instalacións actuais, que están na rúa Carlos III e que abriron as súas portas en setembro de 1969.

O colexio Sagrado Corazón recibe un premio á innovación

Acisa Ribadeo convoca o IX Concurso Fo-tográfico Día do Pai no que repartirá 400 euros en premios. As fotografías poderán subirse ao facebook de Acisa ata o vindei-ro día 19.No concurso poden participar todas as persoas maiores de idade que o dese-xen e os traballos deben ser orixianais.As fotografías deben subirse á páxina do facebook, mediante a app instalada para tal efecto. Deberán indicar un tí-tulo da obra, o seu correo electrónico e o teléfono. As persoas que se vexan na fotografía terán que ter vínculo fa-miliar e entenderase que no caso de saír menores, a fotografía foi sacada e publicada coa autorización dos pais e titores legais.E entre as 10 imaxes máis votadas na aplicación, exceptuando a gañadora do Premio do Público, realizarase unha selección por parte do xurado das dúas mellores. A resolución desta selección dará lugar ao Premio do Xurado.A publicación oficial realizarase o día 20 de marzo en redes e medios, para comu-nicar a resolución de ambas categorías, así coma a título persoal aos agraciados.

Acisa convoca un concurso de fotografía polo Día do Pai

Un momento da entrega do premio ao colexio ribadense

O 23 de marzo terá lugar a cuarta edi-ción dos Cantos de Taberma, que or-ganiza o Concello ribadense e que por primeira vez se desenvolverán fóra do Ribadeo de Tapeo. A actividade dará comezo a partir das oito da tarde co obxecto de ser un reforzo de actividades en meses fóra de temporada estival.Para os grupos interesados en participar nesta edición o prazo de inscrición esta-rá aberto ata o 18 de marzo. As bases atópanse publicadas na páxina web do Concello.Os grupos participantes estarán forma-dos por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditados de maneira visible. A participación no concurso estará limitada a 15 grupos. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non poden-do realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo dispoñerá de 30 minutos de actuación en cada local. O repertorio

será de libre elección, preferentemente con temas populares e tradicionais, in-cluíndo algunha obra de arraigamento ribadense, que poderán variarse ao lon-go do percorrido. E cada grupo poderá achegar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen.As bases tamén indican que cada grupo disporá dun pasaporte, que selarán en cada establecemento e que será o úni-co medio de acreditación de realizar o percorrido. Os integrantes de todos os grupos quedarán convidados a unha cea/pincheo conxunta que terá lugar ese día ao remate do mesmo.A inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e realizarase a través de [email protected] ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 128 689. Os participantes deberán achegar a ficha de solicitude dispoñible en na sede electrónica da páxina web do Con-cello.

Os IV Cantos de Taberna terán lugar o 23 de marzo

Convenio. ABANCA e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Au-tónomos de Ribadeo (ACISA) reforzaron a súa colaboración a través dun novo conve-nio que permite facilitar o crédito a autónomos e pemes co obxectivo de impulsar a reactivación económica e comercial desta localidade lucense. O convenio facilita que os asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pó-lizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, anticipos (sen xurros ou comisións) ou liñas de desconto comercial.

O candidato á Alcaldía ribadense da lista independente Ribadeo Nos u¡Une, Ramón Acuña, e o número 2, Antonio Vicente Fernández, asinaron ante nota-rio que en caso de gobernar non cobra-rán soldos das arcas municipais.Acuña engade que os salarios do actual alcalde e dos concelleiros do goberno local que perciben do Concello supo-ñen un gasto de 600.000 euros nos catro anos deste mandato e considera que ese diñeiro se debe destinar a cu-brir necesidades do municipio.Ramón Acuña explicou que “dentro da liña que nos propuxemos de mellorar as cousas, creemos que hai que facer un compromiso que alcance a toda a cidadanía e que entenda que o diñeiro público sae dos nosos impostos e hai que gastalo do mellor xeito posible. Nós temos un estudo que reflicte que se gastaron nestes catro anos de manda-to en torno a 600.000 euros e creemos que ese diñeiro débese aplicar a outras cuestións como obras ou axudas sociais, pero non entendemos que os servido-res públicos nestes momentos estean simplemente ao seu propio servizo”.Acuña engadiu “fixemos un compro-

miso de que, en caso de nós alcanzar o goberno do Concello ou de que por al-gunha circunstancia teñamos que facer-nos cargo dalgunha delegación, non te-riamos ningunha remuneración salarial do Concello; e ese diñeiro, lógicamente, vaise a dedicar a outras cuestións”.

REUNIÓNS. Membros da candidatu-ra independente Ribadeo Nos Une, encabezada por Ramón Acuña, están mantendo reunións con colectivos do municipio nas que lles reclaman máis aparcamentos, melloras no tráfico e nos alumeados públicos, entre outras peticións.Ata o momento son seis as reunións celebradas e continuarán rea-lizando máis nos próximos días. Ramón Acuña explica que “unha das premisas que tivo desde o principio Ribadeo Nos Une é que necesitabamos facer un programa que fose realizable e constructivo. Dentro desa liña levamos xa uns días mantendo reunións con distintos colectivos e, curiosamente, estamos coincidindo plenamente con eles naquela primeira idea que tiña Ri-badeo Nos Une en canto a carencias e necesidades do municipio”.

Os candidatos de Ribadeo Nos Une non cobrarán salarios

O Partido Popular critica ao alcalde de Ribadeo e ao seu equipo de goberno por arranxar as vías con rapidez e sen planificación, o que ten consecuencias negativas. Así o explica candidato do PP á Alcaldia, Daniel Vega, que pon como exemplo o deterioro do asfalto na rúa Alfredo Deaño, mellorada recentemente.Daniel Vega comentou que “todos po-demos observar que nos últimos días se está aglomerando todo cunha rapidez absoluta e isto ten unhas consecuencias negativas. E pagámolo todos, cos nosos impostos e ademais ao facelo con tanta rapidez pagamos outra vez un desastre, porque este goberno non ten unha pla-nificación. Si durante este mandato hou-bera unha planificación para aglomerar as nosas infraestruturas na vila e no rural non tería pasado o que está acontecendo agora na rúa Alfredo Llano, onde o asfal-

to está abrindo. E isto pasa porque nin hai tempos de espera para que o aglome-rado compacte nin hai unha planificación para facer as obras durante as épocas nas que se pode realizar ese traballo”.Por outra banda, tamén denunciaron que o Concello ribadense ten débe-das con colectivos e empresas desde o ano 2016.Daniel Vega manifestou que “anunciar posibles investimentos nos medios de comunicación a catro meses das eleccións non nos parece responsa-ble. Eu creo que é querer enganar aos ribadenses con propostas para despois non cumprir. Doce anos de goberno e de repente parece que se vai facer todo en catro días. Creo que iso non é moi res-ponsable por parte dun goberno. Duran-te estes doce que se fixo? Por que agora si, a catro meses de eleccións e non con anterioridade?”.

O PP ausa ao concello de ter débedas e de arranxar as estradas sen planificación

En Ribadeo procédese estes días, por parte da empresa adxudicataria, á co-locación de novas placas nas rúas e prazas da zona nova da vila. O alcalde, Fernando Suárez, explica que así como se colocaron placas de Sargadelos no casco vello hai uns meses, agora estan-se a renovar as placas noutras 30 rúas e prazas da zona nova, que nalgúns casos levan textos realizados polo cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez.O rexedor manifestou que “desde o Concello queremos informar que nes-tes días estamos realizando un cambio nas placas das avenidas e das rúas do casco novo de Ribadeo, dado que hai máis ou menos dous anos fixemos un cambio nas placas do casco vello. Agora para unificar a sinalización, tal e como xa está no casco histórico, quere-mos facer o mesmo”.O alcalde declarou que “coma sem-pre, desde Sargadelos fixeron estes deseños adecuados, inspirándose en emblemas de fundicións do propio Sar-gadelos, que aínda figuran en moitas balaustradas e en moitos edificios da vila, como pode ser o propio Concello de Ribadeo”.As avenidas e rúas nas que estes días o Concello de Ribadeo está a actuar son: rúa Camilo Barcia Trelles, rúa da Lodeira, Meniñas da Saudade, Grupo de Pescadores Justo Barreiro, avenida de Galicia, rúa José Vicente Pérez Mar-tínez, avenida de Asturias, rúa Ramón González, Vilalba, Daniel Cortezón, Pintor Fierros, Alfredo Deaño, avenida de Luarca, rúa Reinante, San Francisco, Irmáns Moreno Ulloa, rúa da Alza, Luz Pozo Garza, Julio Lazúrtegui, Carlos III, avenida Rafael Fernández Cardoso, rúa Sor Pilar de León, Picarolas, Deputa-ción, rúa dos Galos, da Casa do Pobo, avenida dos Irmáns Pérez Prieto e rúa Irmáns Suárez Couto.

O Concello cambia as placas en 30 rúas e prazas da vila

Page 15: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 15

viveiro

O BNG de Viveiro vén de trasladarlle aos seus órganos da dirección comarcal e nacional o nome da súa candidata á al-caldía de Viveiro.Miriam Bermúdez García, actual vice-rresponsable do BNG en Viveiro, foi elexida pola asemblea local da organiza-ción frontista para encabezar a candida-tura do BNG ás municipais de maio en Viveiro. Os membros asistentes a esta asemblea, que adoptaron este acordo por unanimidade, destacaron de Ber-múdez a súa vitalidade, entusiasmo, capacidade de traballo e compromiso con Viveiro.O BNG continuará a traballar durante as vindeiras semanas na conformación da súa candidatura que, xunto con Miriam,

concurrirá á eleccións de maio co obxec-to de revalidar o apoio da veciñanza nas anteriores eleccións para regresar á corporación municipal de Viveiro, onde esta organización política estivo sempre representada desde as primeiras elec-cións municipais do ano 79.Por outra banda, e ao mesmo tempo, a formación nacionalista vai organi-zar unha serie de encontros sectorais abertos a toda a veciñanza e colectivos viveirenses que desexen participar nos mesmos para aportar propostas e ideas para, entre todas e todos, elaborar un proxecto de goberno que serva para mellorar a vida das persoas e transfor-mar Viveiro no concello referente da Mariña.

Miriam Bermúdez encabezará a candidatura do BNG

O Concello de Viveiro asinou a acta de recepción das obras de acondiciona-mento e mellora do paseo marítimo en Covas no tramo fronte aos Castelos. Neste proxecto incluíronse as obras para de reforzo e recheo da zona afec-tada e a paralización das filtracións e lavado de terreo que se veñen pro-ducindo, para o que se levarán a cabo actuacións como a demolición do pavimento actual e a soleira de formi-gón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros; a retirada en dita superficie de actuación do material de recheo exis-tente baixo a soleira; o recheo da zona

de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo; a reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento; a reposición da ins-talación de alumeado público e a repo-sición do pavimento, execución de so-leira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente.O presuposto de contrata deste proxec-to foi de 43.626,95 euros e o seu custe foi financiado pola Deputación Provin-cial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018.

O Concello mellora o paseo marítimo en Covas

O paseo marítimo da praia de Covas

O , que este ano celebra a súa séti-ma edición, vai chegar por primeira vez á provincia lucense por mor da colaboración coa Deputación e co Concello de Lugo. A presentación da programación tivo lugar este mércores, 27 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participa-ron Pilar García Porto, deputada da subárea de Cultura, Patrimo-nio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación da Depu-tación de Lugo; Carmen Basadre Vázquez, concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo; Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, Muller e Xuventude de Viveiro; Marina María Doutón Rajo, concelleira de Cultura, Edu-cación, Xuventude e Igualdade de Monforte de Lemos; Regina Polín Rodríguez, alcaldesa de Guitiriz; e Soledad Felloza, directora do Fes-tival Atlántica.Na súa intervención, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, re-marcou que este festival é a pri-meira vez que se achega a terras lucenses, concretamente aos con-cellos de Lugo, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Viveiro. “E apoiamos esta iniciativa, na que participan un total de 16 concellos de toda Galicia, con 30 narradores en máis de 90 actuacións, para contribuír a promover e preservar a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións. A literatura oral é

unha delas”, remarcou a deputada.Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, congratulouse de que Atlántica re-calara por fin en Lugo, “terra de tra-dición oral”, afirmando que o festi-val chegaba a unha “lugar máxico” para as palabras. Tamén salientou a variedade de espectáculos, artistas e espazos dos que vai facer uso o festival e engadiu que para pechar a semana está previsto un roteiro de poesía polas rúas da cidade.Na súa quenda, a directora do Festival, Soledad Felloza, fixo fin-capé na importancia simbólica de levar os contos ata Lugo porque é a oportunidade de “xuntar as vo-ces antigas do interior e do mar na terra de Fole, Cunqueiro, Manuel María…” A sétima edición é “a do encontro das historias do mar e dos bosques, de Esmelle e do At-

lántico, da Terra Chá, das cidades mergulladas, das lagoas míticas, do corazón da Galicia Encantada que recolle e custodia Reigosa”. Precisamente, Antonio Reigosa e mais Lois Pérez implicáronse acti-vamente para lograr que Lugo se convertera nunha das sedes de Atlántica, feito que foi destacado tanto por Basadre como por Fello-za nas súas intervencións.A directora do festival tamén quixo subliñar a intensidade coa que Lugo se vai incorporar ao festival de na-rración oral: cinco concellos, catro xornadas, incluído o Día Internacio-nal da Narración Oral, dez artistas e quince actuacións. “Atlántica soña-ba con este encontro e agora traba-lla para que teña futuro”, rematou.Ata Lugo van chegar as historias do xaponés Yoshi Hioki, do alacantino Pablo Albo e dos galegos Celso F. Sanmartín, Ángeles Goás, Lois Pé-rez, María da Pontragha, Raquel Queizás e Vero Rilo. Tampouco faltarán á cita contadores lucenses como Fátima Fernández e Lois Pé-rez. Este grupo de narradores vai desenvolver entre o 20 e o 23 de marzo unha programación para to-dos os públicos, con espectáculos para cativos e maiores que terán entrada libre e gratuíta ata com-pletar o aforo. Ademais, cómpre salientar que toda a información sobre os artistas deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/).

O Festival Atlántica de narración oral chega á súa sétima edición

O Concello de Viveiro tamén tivo o seu Entroido cun concurso de disfra-ces que obtivo unha altísima partici-pación, de preto de 400 persoas, e no que se repartiron un gran número de premios que sumaron un total de 700 euros.Na categoría adulto individual o pri-meiro premio foi para Caperucita roja y el lobo, segundo para Buss llay wear e terceiro El rey de la nieves. En parellas foron Non nos moveran, El retorno de los dragones, Os bebes recordado o pasado e o cuarto para As bruxas.Na categoría grupos gañou Piscilla, despois Los gatos mundoso, seguido de Comunidad amish e por último Comparsa de la ONU. Na categoría de

comparsa gañaron Os fandangueiros seguido de Trouleiros.Nas carrozas o primeiro premio foi para La vuelta a mundo, segundo para El jardín encantado, terceiro para Las chicas del coro e cuarto La sensa de la superstición.En infantil individual gañaron Fon-do de bikini, La mil y una noche e La mosquetera. En parellas infantil gañou a Casa do mar de Celeiro. En infantil grupos The plaza team, Los pjmasks e Cuentos infantiles. Houbo un premio especial ao humor para A fachenda da parroquia. Resurretión fest; e un premio a orixinalidade a Loro pak.O Concello foi o encargado de repar-tir os premios, que ascenderon a un

total de 4.760 euros, ademais dos 1.800 que entregou tamén en con-cepto de axuda ás carrozas. Así mes-mo aportou outros 600 euros para subvencionar as Alpuxarradas.A alcaldesa agradeceur “o traballo e implicación dos organizadores do En-troido, que fixeron posible que a edi-ción fose un éxito absoluto.” A elevada participación foi unha constante en cada un dos actos pro-gramados, dende as Alpuxarradas que tiveron lugar o sábado no Teatro Pastor Díaz ata o Desfile do Martes de Entroido, sen esquecer o Enterro da Sardiña nin todos aqueles nenos e nenas que o luns se achegaron á Praza Maior para disfrutar, na carpa instalada, do Entroido dos Nenos.

Unhas 400 persoas participaron no Entroido, que repartiu preto de 7.000 euros en premios e axudas

Page 16: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade16 marzo 2019

Viveiro acollerá a única residencia na Comarca para persoas con discapaci-dade intelectual. Aspanane (Asocia-ción de Pais e Persoas con Discapa-cidade Intelectual) contará con estas demandadas instalacións grazas ao seu esforzo e á implicación direc-ta do Concello. A alcaldesa, María Loureiro, apoiou dende o primeiro momento ás peticións deste colecti-vo, co que a entidade local mantén unha estreita colaboración. Loureiro implicou a representante da Cor-poración Municipal, acadou dende o primeiro momento á axuda da Deputación, a do Goberno Central a través da Subdelegación en Lugo e, finalmente, tamén a da Xunta de Galicia.Aspanane poderá rehabilitar o edificio no que na actualidade se sitúa a Escola Oficial de Idiomas (en Lavandeiras, Ce-leiro). Deste xeito, este colectivo con-centra no mesmo espazo todos os seus servizos, pois alí, en edificios cedidos polo Concello, xa se atopan o seu cen-tro de día e centro ocupacional.A Escola Oficial de Idiomas, que conta con máis de 240 alumnos da Comarca, manterase en Viveiro. Pois a alcaldesa, coa colaboración da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, conseguiu que a Dirección Xeral de Tesourería do Estado ceda ao Conce-llo a antiga Escola de Celeiro, hoxe en desuso.

Para a posta en valor e rehabilitación deste inmoble, a rexedora acadou un convenio a tres bandas: Concello de Viveiro, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. As tres administracións fi-nanciarán a partes iguais estas obras, dun total de 500.000 euros.Campos Conde destacou que “vaise facer realidade a tan esperada resi-dencia de Aspanane , porque se vai a manter a Escola Oficial de Idiomas neste municipio e porque se vai a re-habilitar a antiga Escola de Celeiro, po-ñendo en valor este inmoble e contri-buíndo á mellora e dinamización desta zona viveirense”.Aspanane , que conta con 224 socios, é un referente na Mariña na atención

de persoas con discapacidade intelec-tual. Concello de Viveiro e Deputación de Lugo manteñen unha estreita cola-boración coa mesma. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou recente-mente a mellora e ampliación das ins-talacións do seu centro ocupacional. Esta asociación conta con 20 profesio-nais que prestan atención a 55 usua-rios: 18 no Centro de Día e 37 no Cen-tro Ocupacional, que poden chegar ao 50 coas 15 novas prazas que supuxo a citada colaboración da Deputación. Aspanane presta ademais servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten, actividades deportivas, culturais, lúdicas, obradoi-ros de carpintería, serigrafía...

Viveiro acollerá a única residencia para a discapacidade intelectual

A Semana Santa de Viveiro, declara-da de Interese Turístico Internacio-nal, estivo representada en Zamora no Encontro de Semanas Santas de Interese Turístico Internacional con motivo do VII Congreso Nacional de Irmandades e Confradías. Asistiron ao mesmo o presidente da Xunta de Confradías de Viveiro, José Veiga, e o tenente de alcalde Jesús Fernán-dez. Proxectouse o vídeo promocio-nal do Concello e ademais a banda a Nosa Señora da Misericordia par-ticipou no certame de bandas.Este congreso estivo organizado pola Xunta de Castela e León e a Xunta Pro-Semana Santa de Zamo-ra. Dito congreso profundizou a

través de diferentes ponencias na historia, a antropoloxía, o arte e a teoloxía pastoral.Dentro da programación déronse a coñecer a 17 comunidades que se seleccionaron e participaron nun debate público sobre as confradías, a música e o turismo relixioso.A Xunta de Castela organizou un programa turístico para involucrar a Zamora e aos seus turistas, a través do Encontro das 24 Semanas Santas con declaración turística interna-cional.Na cidade castelá a paixón vivai-rense compartiu experiencias con Semanas Santas como a de Málaga, Cartaxena e Granada entre outras.

A Semana Santa participou no Encontro de Zamora

O BNG de Viveiro conseguiu a creación dunha cuarta praza médica para o Cen-tro de Saúde de Viveiro por parte do Sergas, que levaba solicitando dende xaneiro. Con esta petición afirman que pódese “garantir unha mellor atención sanitaria e evitar a sobrecarga asisten-cial, xa que o Sergas afirma que en Ga-licia a media de pacientes por médico en Atención Primaria está en 1.282 tar-xetas por cada facultativo, algo que se incumpre en Viveiro, onde mesmo hai facultativos con máis 1.800 pacientes na súa cota”.“Na quenda de tarde hai actualmen-te 4.714 cartillas, tres facultativos e dous cupos pechados”, sinala o BNG de Viveiro. Por todo o anterior e sa-bedores de que o Sergas é coñecedor da situación, pedían a creación dunha praza médica a maiores en quenda de tarde, algo que será unha realidade a curto prazo en canto sexa aprobada por servizos centrais segundo fontes do Sergas.A fronte nacionalista lémbralle o res-to das súas demandas ao Sergas para mellorar o Centro de Saúde no Conce-llo de Viveiro, onde ven fundamental rescatar a Atención Primaria e propo-ñen un plan que recolle medidas moi concretas como incrementar o número de profesionais das diferentes catego-rías para acabar coa masificación dos

cupos, de tal xeito que cada facultativo teña unha cota base de 1.250 tarxetas sanitarias e nunca superior a 1.500. Mellorar os equipamentos no centro de saúde, suprimir as limitacións ás probas diagnósticas por parte do per-soal de atención primaria e a cobertura do 100% das ausencias e baixas dende o primeiro día.Tamén piden atención fisioterapéuti-ca no Centro de Saúde de Viveiro en quenda de tarde, xa que só se dispón dunha fisioterapeuta na quenda de mañá, o que supón que o servizo e a instalación pública permaneza pecha-da pola tarde provocando longas listas de espera (de até un ano) ou a deriva-ción a centros privados. Desde o BNG propoñen que unha das consultas de pediatría sexa pola tarde, unha proposta que favorece a concilia-ción da vida persoal e familiar das nais e pais.

PARQUE PERNAS PEON. O BNG de Viveiro vén de criticar a total falta de planificación do goberno municipal nos traballos de recuperación do desapare-cido parque municipal Pernas Peón e cuxa “morte” achacan á falta dunha política medioambiental municipal de-finida, tal e como xa demandaran des-de o BNG de Viveiro para a contorna do paseo fluvial do río Landro, e a inexis-

tencia dun Plan de conservación e mantemento dos espazos verdes públi-cos do concello que garantiría a segu-ridade pública e permitiría á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e o esparcimento nestas zonas sen poñer en perigo a súa integridade física.Desde o BNG de Viveiro aseguran que non se entende que as polémicas ac-tuacións levadas a cabo ata o momen-to no que fora un espazo de descanso e ocio de referencia para varias xeracións de viveirenses, parezan máis propias de traballos forestais nun dos montes de Viveiro que nunha área de recreo-parque municipal que, aínda figura sorprendentemente como reclamo tu-rístico na páxina de Turismo da Xunta de Galicia.Á vista do penoso e lamentable esta-do no que se atopa este parque, logo dun ano de sufrir numerosas talas ata a súa mutilación ao completo, piden ao goberno municipal que informe a súa veciñanza cal é o plan de traballo pro-gramado para os vindeiros meses nes-te espazo, se o concello vai contar coa colaboración dos técnicos de medio ambiente da Xunta de Galiza para des-envolver o proxecto de recuperación ambiental e paisaxística deste parque municipal e se van ser quen de rema-tar as actuacións de limpeza e recupe-

ración do mesmo antes do comezo da época estival.

RÍO XUNQUEIRA. O BNG de Viveiro lamenta que o goberno autonómico do PP non sexa capaz admitir que era coñecedor das denuncias remitidas á Xunta pola veciñanza de Xunqueira, advirtindo da falta de limpeza do río de Xunqueira que asolagou esta parroquia en novembro do pasado ano e que, a día de hoxe, tanto a Xunta como o Con-cello, continuan sen ter rematado os traballos de limpeza en diversos puntos das zonas afectadas.A resposta da Consellería de Infraes-truturas e Mobilidade da Xunta remi-tida ao grupo parlamentar do BNG e publicada no BOPG, ao respecto do asolagamento en Xunqueira non aclara ningunha das preguntas feitas pol@s nacionalistas na Comisión permanente de Ordenación Territorial, Obras Públi-cas, Medio Ambiente e Servizos sobre o estado do río que asolagou Xunquei-ra, sobre se tiña constancia a Xunta das denuncias dos veciños que advertían do tapón provocado por restos de des-broce na Ponte de Pedro Mestre, e de porque non levaron a cabo os traballos de limpeza do río, así como cales eran as medidas preventivas que ían impul-sar para evitar que algo como o aconte-cido en Xunqueira se repetira.

O BNG congratúlase de que o Sergas dote dunha nova praza médica o Centro de Saúde

Usuarios de Aspanane fronte ao seu centro en Viveiro

A Banda de Música Nosa Señora da Misericordia, en Zamora

O Centro Comercial Histórico de Viveiro, seguindo coa súa premi-sa de dar ao cliente as máximas prestacións na realización das súas compras, pon en marcha un novo servizo co obxectivo de facilitar ese labor. O programa leva o ítulo Estás buscando algo en concreto e non sabes onde atopalo? Dinos que bus-cas e atopámolo por ti. Poñémoste en contacto ca tenda e senón podes vir a buscalo enviámoscho.Este novo servizo trata de dar ao cliente as máximas facilidades para mercar no comercio local e non deixar marchar a compra fóra.O obxectivo deste programa é dar unha resposta rápida a calquera consulta sobre un producto ou ser-vizo que o cliente necesite e non saiba onde o pode atopar. Envia-raselle unha relación dos negocios que dispoñen do artigo/servizo que está a buscar e facilitaráselle o con-tacto cos mesmos.As consultas poderanse facer ó Cen-tro Comercial Histórico de Viveiro, ben cunha mensaxe na web www.viveirocentro.com no apartado con-táctanos, ou ben por mail a [email protected], por whatsapp no 650506717, ou cunha menxase a calquera das nosas redes sociais Facebook, Instagram ou Twitter.

O Centro Comercial Histórico viveirense pon en marcha un novo servizo

Page 17: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 17

Esgotados en tempo récord os abonos para o Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España, e que conta co apoio de De-putación de Lugo e o Concello de Vivei-ro dende a primeira edición. Grazas ao acordo de colaboración entre o Conce-llo e a organización, os viveirenses po-derán participar neste macro evento á metade de prezo, xa que contan co 50% de desconto nas entradas. Cómpre lembrar que o Goberno Provin-cial converte á Deputación na institu-ción que máis colabora co Resurrection Fest cunha achega de 130.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usua-rios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén con-ta cunha gran zona de aparcamento). Pola súa banda, o ano pasado, a Xunta de Galicia achegou, a través de AGADIC, 50.000 euros logo de que o Resu partici-para nun proceso de concorrencia com-petitiva. É dicir, a achega provincial case triplica a do Goberno Galego, que ten as competencias directas e un orzamento 100 veces maior.Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela corroborou o acerto de Deputación de Lugo e Concello de Vi-veiro co seu apoio ao Resurrection Fest dende a súa primeira edición e durante os últimos trece anos, sendo sempre as únicas administracións galegas que o fixeron e as principais colaboradoras

e patrocinadoras públicas. O estudo mantén que o festival xerou no 2018 un impacto económico superior aos 8,5 millóns de euros, dos que 6,6 reverte-ron directamente na Mariña. Manten-do sempre que colaborar con Resu era unha oportunidade económica para a provincia e de xeito especial para a Co-marca mariñá.Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron o ano pasado o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xe-rando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita, o que converteu á pasada edición en todo un éxito. O Festival é un importante retorno económico para o Concello de Viveiro, que esgotou tan-to as 2.000 prazas hoteleiras como as 12.000 de cámping municipal; para a Comarca da Mariña, pois moitas das lo-calidades limítrofes recibiron visitantes; así como para o conxunto do territorio.Os inicios deste festival, 100% viveiren-se, e que agora é un dos máis grandes do estado, foron difíciles e complexos. Parte do éxito do Resurrection Fest re-cae sobre Melchor Roel, que foi o pio-neiro que soubo ver a grande proxec-ción do Resu, que outros non quixeron apoiar nos primeiros momentos, que son sempre os máis complicados. En cambio, a Deputación que o Concello de Viveiro, sumáronse a iniciativa des-tes veciños para poder levar a cabo este grande festival, que é todo un referente internacional.

Esgotados os abonos do Resurrection Fest

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, denunciou que as obras anunciadas pola Xunta de Galicia na LU-161 son “un simple bacheo”. A rexedora socialista subliñou que “alegrámonos de que o PP teña en conta as nosas demandas e que tras reclamar hai unha semana melloras nesta vía decidan acometelas pero as actuacións que teñen previstas non che-gan, son un parche e un lavado de imaxe de cara as eleccións municipais demaio”.Os socialistas de Viveiro esixen un arranxo integral desta estrada autonó-mica que conecta Viveiro co Valadouro. “Necesitaríanse ensanchar as vías para facelas máis seguras, dotalas de beira-vías, repintar a sinalización e limpar as cu-netas. Trátase dunha vella demanda que os mariñáns reclamamos dende hai unha década e que con estes traballos anun-ciados polo Delegado Territorial da Xunta non nos dá nin para empezar. O goberno do PP en Galicia ten medios suficientes

como para facer un acondicionamento contundente”. “É curioso que a Xunta rexeitara unha emenda presentada po-los socialistas aos orzamentos de 2019 na que pedíamos a mellora da LU-161 e agora, 2 meses despois, informen de que van a facer obras durante este ano”.A alcaldesa destacou que “dende o Con-cello de Viveiro seguiremos reclamando a mellora integral desta vía porque temos dereito a ter unhas infraestructuras de-centes e non propias do século pasado, debido ao total abandono da Xunta de Galicia”.

FALTA DE REPECTO. María Loureiro la-mentou que dende a delegación terri-torial da Xunta de Galicia avisaran ao Concello só con dúas horas de antelación para a presentación do proxecto “coa única finalidade de que non asistiremos. Por desgraza, estamos acostumbrados a estas faltas de respecto institucionais

aos veciños de Viveiro por parte do señor Balseiro”.“Ao referido acto non asistiu ninguén en representación do Concello por que foron avisados e convocados no mes-mo día ás 9:00 horas, sendo imposible modificar as axendas previstas para o día; no caso da alcaldesa tiña convoca-das reunións e citas que non era posible modificar, e no caso do Concelleiro de Facenda, único membro do equipo de goberno con dedicación, na súa axenda estaba prevista asistir a unha reunión vinculada coa área de Facenda que tivo lugar en Santiago de Compostel”.Así manifesta o seu malestar por esta forma de proceder, “pois é frecuente que o delegado da Xunta asista en Viveiro a actos institucionais aos que non se con-voca ou aos que se avisa no último mo-mento, de feito, pasou o mesmo cando o delegado foi para visitar a finalización das obras do Pirixel”, dixo.

A alcaldesa califica de “bacheo” as obras de mellora da estrada LU-161

O Sindicato Nacional de Comisións Obrei-ras de Galicia decidiuse a conceder neste 2019, un dos seus Premios 10 de Marzo a Melchor Roel, que ocupou o cargo de alcalde de Viveiro dende 2003 ata o seu falecemento, en decembro de 2013.“Este é un merecido premio e unha forma de recoñecer o seu compromiso social e político, unha constante que guiou a súa traxectoria profesional e a súa gran labor tanto como sindicalista, vinculado a CCOO, como na súa faceta política, vinculado primeiramente ao Partido Comunista e posteriormente ao PSdG-PSOE”, indican.Melchor Roel Rivas naceu en 1954 en Mugardos, na comarca de Ferrol. Con todo, pasou boa parte da súa vida no Uruguai, emigrado co pai e a nai. Xa ben mozo, militou no Partido Comunista do país suramericano. Este compromiso social e político levouno ao cárcere con

só 18 anos. Tres anos despois (1975), a ditadura uruguaia deportouno a España.De volta a Mugardos, fixo un labor sa-lientable a prol da articulación do Parti-do Comunista. A loita sindical e política levouno a Viveiro, Lugo e novamente a

Viveiro, localidade que foi fundamental na súa vida.Con só 24 anos, foi delegado ao primeiro Congreso do Sindicato en Galicia, no ano 1978, e resultou elixido membro da pri-meira Comisión Executiva Nacional. Pos-teriormente tivo responsabilidades nou-tros ámbitos sindicais, tanto na comarca da Mariña como na antiga Federación de Servizos e Administracións Públicas.Tras varios anos entre Galicia e Madrid, en 2003 instalouse definitivamente en Viveiro, onde intensificou o seu labor político. Ese ano presentouse ás elec-cións municipais encabezando as listas do PSdeG-PSOE, como candidato inde-pendente, logrando a Alcaldía tras vinte anos de goberno conservador. Revalidou o cargo nas seguintes eleccións, tanto no 2007 como no 2011, e dirixiu o goberno local ata o seu falecemento, en decem-bro do 2013.

Melchor Roel recibe un dos Premios 10 de Marzo de Comisións Obreiras

Mechol Roel

Page 18: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade18 marzo 2019

O Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza durante o mes de marzo unha serie de actividades coas que se con-memora o Día Internacional da Muller. O acto central celebrouse o propio venres, 8 de marzo, coa presentación do cuarto panel da exposición perma-nente A historia de Mondoñedo leva nome de muller e coa lectura dunha declaración institucional.Esta exposición está adicada a todas aquelas mulleres representantes do pasado, presente e futuro de Mon-doñedo que dunha forma ou outra resultaron ser pioneiras na historia local. Iniciada no ano 2017, cada ano únese un novo panel que, xunto cos anteriores, estarán expostos durante o mes de marzo na entrada da Casa do Concello e o resto do ano nas ins-talacións do Centro de Información ás Mulleres.Este ano dedícase a Remedios Muruais Carballosa (mestra), Remedios Espan-toso Rubiños (deseñadora), Sara Gon-zález García (enxeñeira química) e Car-men Pavón Souto (estudiante).

O día 15 de marzo tamén terá lugar a entrega de premios do concurso de de-buxo Debuxando en Igualdade 2019. Como cada ano, o CIM de Mondoñe-do, convocou entre o alumnado dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotor-to, (concellos cos que existe convenio de colaboración de prestación de ser-vizos en materia de igualdade), un con-curso de debuxo no que o alumnado pode presentar unha obra artística na cal reflexen a igualdade entre mulleres e homes. Este ano, como novidade, os premios serán entregados no Concello de Abadín.De igual xeito, ao longo do mes de marzo terá lugar nos centros educa-tivos dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Rio-torto unha serie de charlas-coloquio durante as que se falará da evolu-ción dos dereitos da muller e nas que as protagonistas serán mulleres que pola súa idade e vivencias son testemuñas vivas dos cambios pro-ducidos nos últimos cincuenta ou sesenta anos.

Unha exposición e charlas nos centros escolares reivindican este mes o papel da muller

mondoñedo

O Goberno local do Concello de Mondo-ñedo vén de presentar un anteproxecto para solicitar unha axuda da Xunta co obxectivo de ampliar a anchura do Cami-ño de Fondoso, entre a intersección coa N-634 ata chegar ao solo rústico.As actuacións emprázanse nos primeiros 180 metros do camiño que une as po-boacións de O Vilar e Valiño co núcleo de Mondoñedo, coñecido como Camiño de Frondoso. O importe total desta actua-ción é de 70.355 euros.A alcaldesa, a popular Elena Candia, agar-da que este proxecto poida ser financia-do con cargo ao Plan Hurbe, no caso con-trario, correría por conta do Plan Único que promove a Deptuación de Lugo, “de xeito que a actuación está garantida”. O proxecto será consensuado cos socios da asociación A Pradieria e contactouse tamén cos propietarios dos inmobles afectados, a quen aproveita para agrade-cer a boa acollida e a súa colaboración.O obxectivo fundamental da actuación é o de mellorar as condicións do cami-ño, que na actualidade é moi estreito e atópase limitado entre un muro de con-tención e un noiro, dotándoo de maior ancho e adaptándose a aliñación que marca o plan xeral de ordenación munici-pal do Concello de Mondoñedo.A actuación sitúase integramente en solo urbano, o ancho total do camiño previsto no plan é de 12 metros entre os bordes.O camiño actualmente é empregado por todo tipo de vehículos particulares, agrí-colas e mesmo camións que acceden ás naves industriais próximas, pero as súas dimensións e o seu estado non permiten o cruce de vehículos en condicións de se-

guridade. A ampliación prevé mellorar a drenaxe, alcanzar 6.5 metros de calzada e corrixir as deficiencias do firme actual, así como as condicións de seguridade.

N-634. O Goberno local de Mondoñedo anuncia o remate das obras de asfaltado e repintando que lle foron solicitadas ao Ministerio de Fomento en dous tramos da estrada N-634, ao seu paso polas po-boacións de San Vicente e Sasdónigas.A partir de agora, o Goberno local está en condicións de asinar a acta de cesión dos tramos da estrada N-634 por parte do Ministerio de Fomento, tal e como lle demandaron os veciños, o que permitirá unha redución da burocracia con respec-to ao uso da vía. En concreto, o departa-mento do Estado porá ao seu cargo, sen ningunha achega económica adicional, estes dous tramos da estrada N-634 que veñen de ser acondicionados.Tramo I: San Vicente, con inicio en p.k. 596+742 da actual N-634, cunha lonxi-tude real de 367 m., e unha superficie estimada de 6.712 m2.Tramo II: Sasdónigas, con inicio en p.k. 598+400 da actual N-634, cunha lonxi-tude real de 1.180 m., e unha superficie estimada de 16.282 m2.A lonxitude total dos tramos a ceder é de 1.547 metros cunha superficie total estimada es de 22.994 metros cadrados.Coa sinatura da cesión o Concello asumi-rá a titularidade dos tramos da estrada sinalados, con todos os seus elementos auxiliares e equipamentos, sendo a par-tir do día da data titular dos mesmos, e consecuentemente, responsable da súa conservación e explotación.

O Concello solicita unha achega para ampliar o Camiño de Fondoso

Tras manter unha xuntanza cos veci-ños de Mondoñedo afectadas polas obras do parque eólico de As Sas-dónigas, xestionado por Norvento, o voceiro de En Marea Luís Villares, acompañando polo voceiro de En Marea Mondoñedo Manuel Germa-de, anunciou que o grupo parlamen-tario trasladará á Cámara galega as demandas veciñais, motivadas pola afectación de elementos patrimo-niais, coma o Camiño de Santiago, un xacemento romano que se descu-briu na contorna e outros bens como unha neveira localizada na zona do parque ou a chamada Calzada Vella, o Camiño real que comunicaba a vila con Betanzos e Ferrol.No caso do Camiño de Santiago, Luís Villares informou que En Marea xa presentou unha demanda colectiva perante o organismo ICOMOS, que se dedica á conservación e protección de monumentos e do patrimonio cultural. “Decidimos plantexar unha denuncia colectiva pola afectación do Camiño en varios tramos, en Mon-doñedo, Oia e en Touro porque nos tres casos está habendo afectación ao propio Camiño de Santiago como consecuencia de obras autorizadas pola propia Xunta de Galicia e non entendemos que en plena expansión do Xacobeo e de promoción do Cami-ño para o vindeiro Ano Santo estean permitindo a mina de Touro, cun destrozo patrimonial, paisaxístico e visual evidente, neste caso co destro-zado completo do propio trazado e

en Santa María de Oia deixando caer o propio mosteiro”, sinalou o vocei-ro de En Marea, en referencia a tres casos nos que a Xunta está poñendo en perigo os valores que protexen o Camiño de Santiago.A maiores dos elementos patrimo-niais, as obras levadas a cabo por Norvento están tamén afectando a unha turbeiras ubicadas en Rede Na-tura e cun alto valor ecolóxico. “Tam-pouco se documentaron no seu mo-mento fontes e acuíferos que tiñan que ter informado no plan sectorial antes de implantarse os parques”, denunciou Villares.Finalmente “dende o punto de vis-ta do procedemento expropiatorio

houbo varias irregularidades, pois fraccionouse como dous parques o que realmente é un parque só, unhra fraude para pagar menos impostos e para evitar trámites de carácter am-biental, ademais de estaren omitindo trámites da Lei de expropiación for-zosa que están prexudicando os pro-pios afectados que non poden alegar en prazo”.O voceiro de En Marea comprome-teuse a trasladar todas estas reivin-dicacións ao Parlamento de Galicia. “Pediremoslles explicacións porque nos parece un atropelo a todos os ve-ciños de Mondoñedo e a toda a po-boación en xeral, dado que o Camiño nos afecta a todos e todas”, concluiu.

Luís Villares recolleu as queixas dos afectados polas obras no parque eólico

Xuntanza dos membros de En Marea cos veciños afectados

O pasado día 1 de marzo deu comezo a nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo do presente ano 2019. Hai visi-tas de fin de semana os venres, sábados e domingos ás 12 horas e ás 17 horas. A partir do mes de abril rexerá o horario de verán, polo que haberá unha nova quenda ás 18:30 horas.Na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cova tamén o luns 18 e o martes 19 e durante a Semana Santa, xa no mes de abril, poderase visitar a cavidade todos os días da semana. En todas as pontes e días festivos do ano será posible visitar a cova e durante os meses de verán as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da se-mana.O pasado ano visitaron a cova 2.093 persoas, o que supón os mellores re-sultados dende que está aberta ao pú-blico, no ano 2006. En 2014, antes do Goberno presidido por Elena Candia, o rexistro foi de 546 persoas, de maneira que o incremento no número de acce-so á cavidade a partir de entón ten sido “moi significativo”.Desde o Goberno local recordan que as visitas guiada se fan a unha cova en estado natural -polo que se solicita un

estado físico e mobilidade normal- a través dun percorrido atractivo, nunha contorna segura. O percorrido, duns 300 metros , realizase polo Sector Cen-tral nun tempo estimado dunha hora e 15 minutos.Proporciónase casco con iluminación, luvas e un mono de celulosa e é preci-so levar calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns. Tamén se recomenda levar roupa que non impor-te manchar, e mesmo, roupa para mu-darse tras a visita.As visitas son sempre guiadas en gru-pos reducidos e a idade mínima son 12 anos. Os grupos oscilan entre 4 persoas de mínimo e 10 de máximo.O punto de encontro do grupo e o guía é a Oficina Municipal de Turismo, situa-da nun edificio próximo á Catedral, 45 minutos antes das horas de visita esta-blecidas en cada temporada. O traslado dende alí ata á cova debe facelo cada visitante ou grupo polos seus propios medios. O guía, irá indicando o camiño.O custo é de 15 euros por persoa. Para máis información e reservas o Goberno local pon a disposición o teléfono 982 50 71 77.

Comeza a campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo

O Goberno local do Concello de Mon-doñedo vén de iniciar con numerosas actividades o Servizo Actívate nos lo-cais sociais das parroquias. A rexedora, Elena Candia, explica que o Goberno local “aposta así por achegar as activi-dades ao rural e polo adecentamento dos locais sociais, de maneira que xa se arranxaron varios”.As actividades, todas elas de balde, des-envolveranse de luns a sábado en hora-rio de tarde entre os meses de febreiro e maio e pretenden ser unha alternativa de entretemento para os veciños das di-ferentes parroquias da localidade onde se impartirán clases de cociña, manuali-dades e ximnasia de mantemento.Os luns ás 16:00 horas haberá clase de manualidades en Oirán e ás 18:15 horas en Santa María Maior. Ás 20:00 horas ha-berá clases de cociña no Carme.O martes será a quenda das clases de co-ciña ás 18:00 horas en Masma e ás 20:15 en Figueiras. Mentres que os mércores as clases de cociña serán ás 20:00 horas en Sasdónigas. O xoves as clases de co-ciña serán en Argomoso ás 20:00 horas.Os venres haberá ximnasia de mante-mento ás 18:30 horas nos Muíños e ás 20:45 horas en Viloalle. O sábado ás 21:30 haberá clase de zumba en Estelo.

Iniciado o Servizo Actívate, con actividades gratuítas

Page 19: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 19

A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, si-tuada na Praza da Catedral de Mon-doñedo, abriu as súas portas oficial-mente en marzo, logo dos traballos de rehabilitación realizados no inmueble e de que finalizase o desenvolvemen-to do proxecto museográfico, no cal se investiron 120.000 euros a través dun convenio co Concello.Este museo nace en Mondoñedo como un espazo moito tempo espe-rado e dedicado a quen é, de certo, o escritor en galego máis brillante do século XX e un dos grandes auto-res en lingua castelá. A Casa-Museo agarda ao visitante ou ao viaxeiro na praza da catedral de Mondoñedo, en pleno centro histórico desta vella ci-dade episcopal. A este edificio de tres plantas, sito no número 13 da praza da Catedral, oito anos despois do pa-samento de don Joaquín, o pai de Ál-varo Cunqueiro (1941), trasládanse os irmáns Pepe, Álvaro e Carmen dende a vivenda da Fonte Vella.Pouco tempo despois do seu regreso a Mondoñedo en 1947, Cunqueiro insta-lará permanentemente a súa residen-cia (cara a 1949) neste inmoble do Can-tón Grande mindoniense. Aquí verán a luz nos anos sucesivos algunhas das súas obras máis senlleiras, entre elas Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956), Las mocedades de Ulises (1960) ou Escola de menciñeiros, por poñer só algúns exemplos.A planta baixa da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, á que se accede dende os soportais do chamado Cantón Gran-de, alberga a recepción aos visitantes e un punto de información turístico e acolle, ademais, na súa parte interior, a Taberna de Galiana.O primeiro andar do edificio que habi-tou Álvaro Cunqueiro ao longo de tres décadas alberga, por unha banda, a cociña do establecemento hostaleiro e, por outra, na estancia que mira á praza da catedral, a sala sensorial.A segunda planta do edificio divide os seus espazos entre o comedor do es-tablecemento hostaleiro (que, como dixemos, se comunica coa horta do es-critor) e unha sala dedicada a explicar a súa obra literaria, tanto no que co-rresponde á súa faceta poética como

as súas creacións máis emblemáticas como narrador ou dramaturgo.A planta máis alta do edificio ofrécelle ao visitante espazos máis recollidos e que o acercarán á peripecia vital do autor nas décadas en que o habitou, dende finais dos anos corenta ata que traslada a súa residencia a Vigo. A es-tancia que mira directamente á praza e á catedral mindoniense evoca o seu círculo familiar máis achegado, entre o que creceu e desenvolveu os seus dotes innatos de fabulador.

ANPA. A Anpa Amolou fixo un per-corrido por Mondoñedo a través da

figura de Álvaro Cunqueiro, saíndo do vello Consistorio e rematando no Ce-miterio Vello. A audioguía, realizada polo grupo Chévere, levounos polas rúas coa voz de Rula xunto coas voces de veciños e veciñas que compartiron recordos do autor.A Anpa agradece a todos os nenos, pais e profes que participaron nesta activi-dade. Tamén a Xulio Rodriguez que tan ben nos completou a visita con máis in-formación de Cunqueiro, de Leiras Pul-peiro, Noriega Varela e Pascual Veiga . E sen olvidarnos tamén agradecer ao Concello de Mondoñedo que puxo as audioguías a disposición da Anpa.

A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas en marzo

Vista do interior do Museo Ávaro Cunqueiro

Os socialistas de Mondoñedo tildan de “esperpento” o nomeamento do Conselleiro de Cultura do PP como Cunqueiriano Eméritus. A voceira, Es-peranza González acusa a Elena Candia “de utilizar a institución municipal con criterios sectarios e partidarios, e para facer a pelota dentro do seu partido”.E pregúntalle á rexedora “que fixo o Conselleiro do PP para recibir un pre-mio que está reservado para persoas vencelladas como estudosas e investi-gadoras da obra de Cunqueiro?. Algo que o Conselleiro non cumpre”.“É bastante sorprendente que Elena Candia estea preocupada porqué non a chaman da Deputación para visi-tar obras, cando ela é unha auténtica profesional do autorretrato, xunto cos lideres do PP”, espetou a concelleira so-cialista. Nesa liña lembrou a visita que realizou o Conselleiro á Casa de Cun-queiro o pasado 9 de novembro, pero a Deputación non foi avisada para estar presente nesta data, cando é a adminis-tración que mais inviste neste proxecto. “A isto eu chámolle falta de ética e de respecto institucional”, dixo González.“Ademais, calquera visitante que se achegue a Casa de Cunqueiro pode-rá comprobar como non hai nin un só cartel, nin unha soa placa, que indique

como se financiou este edificio. É só por un motivo, porque a máxima im-pulsora económica desta iniciativa foi a Deputación de Lugo, e non lle convén”, remarcou.O grupo socialista quere amosar o seu apoio e recoñecemento aos anteriores galardoados coa distinción de Cunquei-riano Eméritus. Todos e cada un deles, Cal Pardo, Pere Gimferrer e Darío Villa-nueva, merecen a nosa máxima consi-deración, e por suposto este galardón.A voceira socialista demándalle a Can-dia que faga públicos os criterios polos cales se concede o Cunqueiriano Emeri-tus. “Todas as persoas que reciben esta distinción deben de ser estudosas e in-vestigadoras da obra de Cunqueiro, e o Conselleiro do PP non cumpre ningun-ha destas premisas, isto é puro cliente-lismo político”. Tal e como xa denunciou o propio fillo de Álvaro Cunqueiro, Ce-sar Cunqueiro.González prégalle a Candia “que apar-que as súas ansias de poder, e sobre todo, que non utilice ao Concello de Mondoñedo e aos seus veciños para ascender na súa carreira política. Os mindonienses merecemos un Goberno, serio, democrático, responsable, e que non utilice aos veciños como moedas de cambio políticas”, resumiu.

O PSOE de Mondoñedo critica o último nomeamento do Cunqueiriano Eméritus

A Anpa Amolou no seu percorrido polo casco vello

A alcaldesa de Mondoñedo, mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Política Social da que obtivo o com-promiso de crear 15 novas prazas de atención residencial para nenos e adoles-centes que se encontran en situación de desprotección.No encontro repasaron ademais as políti-cas sociais desenvolvidas en Mondoñedo pola Administración autonómica. Entre elas destaca a posta en marcha cunha Unidade de Atención Temperá, que pres-ta servizos tanto a este concello como aos veciños de Abadín, A Pastoriza, Rio-torto e Trabada. Nesta Unidade aténdese a 16 familias de nenas e nenos de 0 a 6

anos con problemas de desenvolvemen-to ou risco de padecelosPor outra banda, no último ano a Admi-nistración autonómica aumentou nun 10% as horas de Servizo de Axuda no Fo-gar (SAF) postas a disposición do Conce-llo, que superan xa as 21.000, froito das xestións da rexedora mindoniense co de-partamento de Política Social da Xunta.Así, na vila de Mondoñedo estanse a empregar a día de hoxe a práctica tota-lidade das horas de SAF asignadas polo Goberno galego, como consecuencia do cal non hai lista de agarda e 56 persoas dependentes reciben coidados profesio-nais nos seus fogares.

Crean 15 prazas de atención para nenos en desprotección

O Goberno local de Mondoñedo vén de autorizar unha licenza de obras para a rehabilitación dun edificio para apartamentos turísticos e alber-gue, que contará cun orzamento de 750.000 euros.A alcaldesa, a popular Elena Candia, valora esta actuación “que suporá adecentar a imaxe dunha das entra-das do Camiño de Santiago na nosa cidade”. De aí a importancia de retirar da vía pública a mecano que leva dez anos apuntalando o inmoble que ago-ra vai ser rehabilitado entre as rúas Alfonso VII e Pardo de Cela.Candia saúda o interese económico

que está a espertar o Concello a tra-vés de diversas iniciativas enfocadas a recibir aos camiñantes como porta de entrada en Galicia do Camiño Norte a Santiago. Así, son numerosos os al-bergues e establecementos turísticos que se están a implantar no municipio para dar resposta á demanda de visi-tantes, que vai en aumento.A Xunta de Goberno local acordou conceder a licenza ao promotor Ges-tinorte Inmobiliaria Gallega S.L. para unha parcela de solo urbano sita na Rúa Alfonso VII, 33 e Pardo de Cela.A obra solicitada terá un uso hotelei-ro e non poderá destinarse a outro

uso ou fin que o que figura autoriza-do. O edificio albergará dous estable-cementos totalmente independen-tes entre si, un para apartamentos turísticos e outro para un albergue, ademais dun aparcamento para dar servizo a ambos.O prazo de iniciación dos traballos non poderá exceder de seis meses e o de terminación será de tres anos para a execución total das obras. Poderá con-cederse unha prórroga por unha soa vez sempre que así se solicite antes da conclusión do prazo determinado e resulten xustificados os motivos en que se funda a petición.

Aproban a rehabilitación dun edificio para apartamentos turísticos

Raíña do Entroido. O Entroido en Mondoñedo celebrouse un ano máis coa participación da raíña e as damas. A raíña foi Sara Fernández Coldeira, e as dúas da-mas Ainara Bello García e Yaiza Fernández Nogueira. O desfile celebrouse na tarde do día 9 con saída do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíñas do Entroido, que percorreron a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.

Page 20: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

20 marzo 2019 actualidade

barreiros

A Fiscalía de Lugo confirmou que in-terpuxo recurso de apelación ante a Audiencia Provincial contra a sentenza do Xulgado do Penal número 2 que ab-solveu do delito de prevaricación urba-nística ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fonte; a cinco edís da súa xunta de go-berno en 2006 e á arquitecta munici-pal pola concesión de 44 licenzas para a construción de 3.500 vivendas nese municipio.Nese recurso, o ministerio público sostén que non se valoraron adecua-damente as probas practicadas, espe-cialmente os informes favorables dos proxectos asinados pola arquitecta municipal, tamén procesada, “que constitúen unha base fundamental da acusación”.A Fiscalía entende ademais, que “se omite na sentenza a valoración dou-tros informes (enxeñeiro, técnicos da Xunta) que acreditan a insuficiencia de servizos e a situación do chan no mu-nicipio de Barreiros no momento da concesión das licenzas”.No seu momento, a sentencia abso-lutaria recollía no fallo que “existen certas dúbidas sobre a actuación dos

sospeitosos “de si foi legal e axustada á lexslación vixente.

ADEGA. Pola súa banda, Adega, que actuou como acusación particular, re-curríu tamén a sentenza.A asociación ecoloxista entende “que o xulgado non apreciou correctamente a proba de que as licenzas presunta-mente ilegais foron concedidas para un solo que non reunía a cualificación ur-banística precisa. Sobre este particular, o xulgado dirime unha cuestión técni-ca dando máis valor aos informes dos peritos da parte interesada elaborados anos despois da concesión das licenzas que aos técnicos da APLU, case inme-diatos aos feitos e que ademais gozan da presunción de veracidade que se lles supón como funcionarios”.Alén disto, e arredor da consideración do solo como consolidado ou non, “o tribunal tampouco valora a insuficien-cia dos subministros nen a entidade das obras complementares necesarias para adquisición da consideración de solar, sendo este precisamente o requi-sito esixido pola Lei para que as parce-las poidan ser edificables”, engaden.

A Fiscalía e Adega recorren a sentenza a favor do alcalde e o equipo de Goberno

O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín para o día 6 de abril.Dentro do programa da excursión a Lalín hai programadas varias visitas a sitios culturais e tradicionais como a casa do Patrón, a sala de arqueoloxía do Cas-tro Doade, a casa Castrexa, o Castro de Doade, o Pazo de Liñares e o Museo Galego da Marioneta. Ademais haberá unha degustación dun cocido típico da zona.A excursión ten un prezo de 25 euros por persoa e as inscricións poden facerse na Oficina de Turismo do Concello dende o 6 ao 29 de marzo.

O 6 de abril haberá unha excursión a Lalín

O Concello de Barreiros organiza a Sema-na da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacio-nal da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.O luns comezaron as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolveron os xogos Mulle-res na Historia. Estes continuarán o xo-ves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adapta-dos a todas as idades.Tamén o venres 15, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrara-se no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas. O tema do concurso fo-tográfico é a expresión da loita da muller polos seus dereitos e pola súa participa-ción, en igualdade, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.Haberá tres categorías, dende o 8 anos e sen límite de idade e outorgaranse dous premios por categoría. Permitirase un máximo de tres fotografías persoa.Os traballos deberán ser presentados nas Oficinas Xerais do Concello e o prazo re-mata o 13 de marzo ás 13:00 horas.As obras presentadas a concurso son propiedade do seu autor, que autoriza-rá ao Concello de Barreiros para a súa difusión. Tras o fallo do xurado, os parti-cipantes autorizan ao Concello a realizar unha exposición con todas as fotografías presentadas.

A semana da muller contará con diferentes actos e concursos

O Bloque Nacionalista Galego en Ba-rreiros vén de impugnar o orzamento municipal para o ano 2019 debido á “insuficiencia das partidas para atender aos servizos básicos que debe prestar o Concello”. Desde o BNG explican que “o orzamento aprobado polo goberno do Partido Popular é unha hipoteca para o Concello e para as veciñas e veciños que, a día de hoxe, xa están deben-do facturas de servizos fundamentais como o de alumeado público ou o tra-tamento de residuos.”As alegacións presentadas polo BNG si-nalan o incumprimento do documento orzamentario en varios aspectos, como a falta de negociación colectiva en ma-teria de persoal ou a insuficiencia das partidas para atender as obrigas esixi-bles á administración local.A portavoz municipal do BNG explica que “non se trata de cuestións mera-mente formais, senón que as conse-cuencias que se desprenden deste xeito de elaborar o documento económico máis importante do noso concello, son terribles para as veciñas e veciños.” Ana Ermida explica que “hai partidas que xa comezan o ano agotadas, como a desti-nada aos subministros de depuradoras, na que se orzamentan 30.000 euros e só con facturas pendentes do 2018 que teñen que cargarse contra o crédito des-te ano, gastaranse máis de 35.000.”Para a formación nacionalista o que de-

mostra esta situación é que “o goberno municipal de Barreiros non se molesta o máis mínimo en pensar nas necesida-des e na situación do concello, senón que seguen insistindo nun xeito de xes-tionar os cartos públicos co que están levando a Barreiros á ruína económica.”A portavoz municipal explica que “Cada ano, os problemas para afrontar factu-ras prodúcense antes. No 2017, as fac-turas do alumeado ou do lixo deixaron de pagarse en setembro; mentres que no 2018 xa quedaron sen pagar desde xuño, segundo se deduce da documen-tación que acompaña ao orzamento e das facturas pendentes, que o PP reco-ñeceu no último pleno. Coa situación que se produce de novo no orzamento do 2019, este problema no pago das facturas comezará incluso antes de me-diados de ano e así cada vez vai aumen-tando o furado económico do Concello como se fora unha bola de neve.”Desde o BNG explican que as alegacións presentadas deben ser resoltas en ple-no no prazo máximo dun mes e, tendo en conta que mesmo o Tribunal Supre-mo xa se ten manifestado a respecto da nulidade dos orzamentos que incorren nalgunha das circunstancias nas que está o de Barreiros, debería acordarse a aceptación das alegacións, declarar a nulidade do orzamento e comezar a elaboración dun novo documento or-zamentario que cumpra co establecido.

O BNG impugna o orzamento por non ter crédito para os servizos

O Bloque Nacionalista Galego de Barrei-ros saíu ao paso do anuncio feito polo popular Alfonso Fuente e a conselleira de medio ambiente, anunciando o docu-mento inicial do PXOM. A portavoz nacio-nalista cualificou o acto como “puramen-te electoralista e enmarcado na campaña de lavado de imaxe que está intentando facerlle o PP a Alfonso Fuente.”Segundo Ana Ermida, o BNG solicitou en todos os plenos que se celebraron des-de mediados do 2017 unha reunión co equipo redactor do PXOM para coñecer o documento e poder explicarllo á xente. Pero, afirma que o único que consegui-ron foron respostas evasivas para “dar-nos largas”. A portavoz do BNG lembra que “o único documento que no seu mo-mento, hai mais de cinco anos, se fixera público só fóra explicado diante da veci-ñanza polo BNG; mentres o PP trataba de ocultalo polo seu beneficio electoral”.Para o BNG “o acto, con unha conselleira que se atreve a falar de desenvolvemen-to e urbanismo responsable en Barreiros é unha auténtica burla ás persoas que viven e coñecen Barreiros. E que se atre-van a dicir sen que lles dea a risa que o goberno municipal estivo traballando estes anos é unha verdadeira tomadura de pelo para calquera persoa que coñe-za.” “Que a conselleira fale de traballo do equipo de goberno e de urbanismo sostible en Barreiros nun mesmo acto demostra que non sabe absolutamente nada de Barreiros e que non estuvo aquí máis que os 5 minutos da foto”, asegura.Desde o BNG tamén reprochan que o PP pretenda agora validar a xestión do gober-no de Alfonso Fuente baseándose nunha absolución nun xuízo penal. “A sentenza do xulgado do penal non entra en ningún momento a valorar a legalidade das licen-zas ou a xestión e modelo urbanístico que se fixo en Barreiros. No ámbito penal di-rimíase exclusivamente se existía xeito de probar que as actuacións das persoas en-causadas eran delictivas, pero en ningún caso se fixo un xuízo sobre o urbanismo de Barreiros”, aseguran.“Polo tanto, a única situación que cambia é a das persoas xulgadas; en nada afecta

ese fallo xudicial ao Concello nin á súa xestión. O único que se está comproban-do é que a Alfonso Fuente o único que o preocupou e o segue preocupando é o seu propio futuro e que durante estes anos estuvo durmindo nunha alcaldía na que non contaba seguir xa a estas altu-ras”, asegura Ana Ermida.A formación argumenta que “a única seguridade xurídica que aporta unha sentenza no ámbito penal é ás persoas enxuizadas e, esa seguridade será no mo-mento no que adquira firmeza. E neste caso, non podemos esquecer que a quen se xulgaba non era ao Concello, senón ao alcalde polas súas actuacións persoais. Polo que o fallo, non ten incidencia xurí-dica no Concello”, afirman.Desde o BNG insisten en que “o Partido Popular e o que xa parece claro que será o seu candidato utilizan as institucións ao seu antollo e están facendo agora un intenso traballo de lavado de cara a un goberno que abandonou e arruinou Barreiros, anunciando investimentos e paseando cargos da Xunta que levaban anos sen querer aparecer en Barreiros nin co seu alcalde.”

ANUNCIO. O alcalde, Alfonso Fuente fixo a presentación das obras de humaniza-ción de varias rúas nas inmediacións dos colexios e nas que se investirán 121.000 euros. Anunciou que o PXOM está listo para a súa aprobación inicial.Sobre as obras de humanización presen-tadas Fuente explicou que “esta obra que presentamos e que se vai realizar para executar esas beirarrúas, esa ilu-minación, que era moi necesaria sobre todo no entorno dos colexios, onde está o centro de saúde e o centro sociocultu-ra, e tamén no colexio de San Miguel de Reinante. É unha obra que cremos que vai ser moi boa para todos os veciños, sobre todo nos cascos urbanos máis po-boados, que son San Miguel de Reinante e San Cosme”. Na rúa Manuel Porteiro o investimento supera os 88.000 euros e nos accesos ao colexio de San Miguel os 29.000. Para xestión de residuos e seguri-dade van destinados 2.700 euros.

Os nacionalistas consideran electoralista o anuncio sobre o PXOM

O Concello de Barreiros informou de que en breve comezará a funcionar a depuradora de Celeiro de Mariñaos, xa que as obras están rematando, tras un investimento dun millón de euros.O obxectivo principal desta obra e “evitar así o que viña pasando, que cando o río baixaba revolto, por choi-vas ou por obras no cauce, iso ocasio-naba que a auga saíse con turbidez”, explica o alcalde. A nova infraestrutu-ra amplía a capacidade de produción de auga potable e tamén aumenta o depósito de cabeceira dos 900 metros cúbicos que tiña aos 2.000 que ten ac-tualmente.

PUMARÍN. Ademais, o Concello vén de realizar obras na traída de auga na zona de Pumarín. Alí substituíuse máis dun quilómetro da vella rede de fibro-cemento, na que se rexistraban avarías con certa frecuencia. Esta obra que estaba dentro da adxudicación da de-puradora. Era unha mellora igual que a que se fixo en Benquerencia desde a N-634 ata Agolada, e agora substituíu-se esta. “Eran dúas traídas moi impor-tantes nas que se producian moitas avarías nesa zona e moitos cortes no subministro”, explica o alcalde.

Rematan as obras na depuradora de Celeiro e en Pumarín

Page 21: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 21publicidade

Page 22: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade22 marzo 2019

A Feira do Ferro de Riotorto, que chega este ano a súa edición número XIII, terá lugar o domingo 14 de abril. Esta festa está organizada pola Asociación de Fe-rreiros en colaboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Depu-tación Provincial e a Xunta de Galicia. Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto aco-llendo todos os anos unha gran canti-dade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes artesán en directo.A organización do evento vén de facer público o programa, que arrincará o sá-bado pola noite, ás 22.00 horas, cunha comida popular co polbo como prota-gonista. A feira terá lugar o domingo, e abrirá as súas portas ás 11.00 horas co-mezando xa de seguido coas demostra-cións de oficios., nas que haberá piro-gravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cristal tallado.Trala presentación do libro A idade do

Ferro, de Xosé Salgado, terá lugar a ac-tuación do Coro de Riotorto, xusto an-tes da inauguración, que será ás 12.15. A continuación terán lugar as demos-tracións en vivo da artesanía do ferro e os obradoiros infantís. Estas estarán a cargo de ferreiros de Rioroto e da Fon-sagrada así como do Centro de Inter-pretación de la Forja (Navarra). Desta-rán os traballos de Alberto Leis, Friedich Brasmsteidl e Antonio do Corgo.Pola tarde, a charanga Louband realiza-rá unha animación itinerante co espec-táculo realizado por Pepe Penabade.Tralas novas demostracións en vivo da tarde, un espectáculo infantil no atrio da igrexa porá o punto e final. A orga-nización lembra que haberá animación musical durante todo o día cos Gaiteiros de Riotorto e a propia chanranga.O recinto feiral estará cuberto con carpa de haberá degustación de polbo e ou-tros pratos de comida.

Presentado o programa da Feira do Ferro

riotorto

Riotorto ve cada vez máis preto a crea-ción do seu polígono industrial, unha iniciativa para atraer empresas e xerar postos de traballo, e que desde o Conce-llo din que é moi necesario xa que o mu-nicipio non dispón de solo industrial para a promoción das empresas locais.O Consello de Adminsitración de Suplusa aprobou iniciar os trámites para formali-zar un convenio co Concello de Riotorto co fin de poder ofrecer o solo empresa-rial do futuro polígono “a un prezo com-petitivo” que estaría arredor dos 25 e 30 euros o metro cadrado. En principio, sai-rían á venda once parcelas que se entre-garían aos interesados con todos os ser-vizos de saneamento e abastecemento. Co proxecto xa rematado e aprobado só queda o último paso, que sería a aproba-ción do mesmo no vindeiro Pleno.A intención do rexidor, Clemente Igle-sias, é sacar unha ordenanza municipal de axudas para a compra do terreo, para así facilitar a instalación das empresas no polígono. “Xa no 2017 cando anunciou o plan con todos os informes houbo varias empresas interesándose, pero agora ha-berá que dárlle maior difusión, para que volvan a mostar interese”, di o alcalde.O organismo provincial comprometérase co alcalde do Concello para a redacción do proxecto de urbanización da zona do polígono, que finalmente reunirá once

parcelas nun total de 10.215 metros ca-drados destinados a tal fin e que terá un importe que rondará os 400.000 euros.

PISTA MULTIDEPORTE. Por outra banda tamén están a plantexar a contrución dunha pista multideporte diante do actual centro sociocultural, obra que estaría financiada integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte por un importe de 30.000 euros. Aínda estase a firmar o convenio para despois sacala a li-citación. Os terreos onde se vai construír teñen unha superficie de 20x10 metros e a intención é reunir neste espazo as condicións para a práctica de diferentes deportes.

ACCESOS ÁS PARROQUIAS. O alcalde anunciou que non próximos meses in-vestiranse preto de 121.000 euros en acondicionar as vías de acceso a diferen-tes parroquias do termo municipal. Unha destas partidas, que teñen un orzamento de 25.500 euros, consiste na mellora dos accesos a Augaxosa e Muxoeira. Investi-ránse 46.949 euros para facer obras simi-lares en Grandal, Ribadiña e Chaira.O último investimento previsto para os próximos meses será a realización e acon-dicionamento de accesos ás parroquias de Ferrería, Castro e Lamas (Vilaseca) por un importe de 48375 euros.

O Concello deseñará axudas para a compra de terreos no polígono

A Casa Niño A Croa, situada no centro da vila, abriu esta semana o prazo de preinscirción de matrícula para o vin-deiro curso. Dito prazo permanecerá aberto ata o 4 de abril e para poder fa-cer a reserva pode contactarse co cen-tro a través de facebook ou no propio edificio, situado na praza das Rodrigas, nos baixos da Casa Consistorial.A Casa Niño A Croa é un espazo edu-cativo de atención á infancia dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.Comprende a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coas idades dos pequenos e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.Ten un máximo de cinco prazas co obxectivo de que os pequenos poidan desfrutar dun espazo máis familiar e dunha atención máis individualizada.É un proxecto con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna de luns a venres.A Casa Niño abriu as súas portas no mes de marzo do ano pasado, nas ins-talacións da antiga biblioteca, e cubriu a totalidade das prazas no seu primeiro ano. A súa necesidade fíxose imperiosa ao non ter o Concello un lugar para o coidado dos pequenos xa que tampou-co ten o número necesario de nenos para unha gardería.

Abre o prazo de inscrición para a Casa Niño A Croa

alfoz

A escasos cen días das eleccións munici-pais do 26 de maio, VIA Alfoz, nome do partido xurdido da agrupación de elec-tores Veciños Independentes de Alfoz, suma novas incorporacións de cara á súa primeira asemblea xeral que se ce-lebrará xusto dentro dun mes, concre-tamente o domingo 17 de marzo. Nesta Asemblea elixirase a primeira Dirección Executiva do partido, órgano xestor que será o encargado de elaborar o progra-ma e de elixir as listas electorais.Para esta cita o partido contará con dúas novas incorporacións, a de Fernanda Ca-sabella e a de Eliseo Lorenzo, veciños de Alfoz moi involucrados na educación, os servizos sociais e o deporte, e que se pre-sentaban onte pola tarde “cheos de ilu-sión e gañas de traballar polo noso pobo”.Eliseo Lorenzo García (Alfoz, 1988). Es-tudou maxisterio de Primaria en Lugo e un mestrado de Innovación, Orien-tación e Avaliación Educativa na Coru-ña. Actualmente é o Xefe de Estudos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela. Afirma que unha das súas pro-postas é a creación dun Centro Público Integrado para responder á realidade de asegurar os servizos de Infantil, Primaria

e Secundaria no concello. Involucrada tamén na comunidade edu-cativa e coñecedora das necesidades dos servizos sociais incorporase tamén a VIA Fernanda Casabella (Alfoz, 1970). É pre-sidenta da Anpa do CEIP Castro de Ouro de Alfoz, ademais de secretaria da Asocia-ción de Afectados polo Síndrome de Fires, “para darlle visibilidade a esta doenza e intentar recadar fondos para a investi-gación”, indica. Tamén é tesoureira de Camiña Asociación Comarcal da Mariña. A creación dun Centro Público Integrade dunha residencia da terceira idade con centro de día, serán xunto coa aplicación de medidas para paliar o despoboamen-to, varias das iniciativas que propón.

Novas incorporacións de candidatos en VIA Alfoz

Fernanda Casabella e Eliseo Lorenzo

A gala benéfica Alfoz solidario, cele-brada o pasado mes de febreiro a fa-vor da Asociación Española Contra o Cancro, recadou 12.571 euros. Os be-neficios obtidos na gala foron conse-guidos a través da recadación da cea na que participaron 350 persoas, sen-do o importe ingresado por comensal superior aos 20 euros grazas á aporta-ción de Finca Galea e dos proveedo-res que doaron diferentes produtos para a elaboración do menú. Así mes-mo tamén se percibiron beneficios da

venta de rifas durante a gala, na que se sortearon os 160 agasallos doa-dos por diferentes locais comerciais da comarca, e a través de donativos particulares entregados por aquelas persoas que non puideron asistir e que formaron a mesa cero.Esta semana, unha delegación da Xunta Provincial da Aecc en Lugo, li-derada pola súa presidenta Mari Luz Abella, visitou Alfoz para recibir, por parte dos promotores, o cheque por valor de 12.571 euros.

A gala benéfica recadou preto de 13.000 euros

Entrega do talón coa recadación a favor da Asociación contra o Cancro

O Pleno de Alfoz aprobou por unanimi-dade a súa adhesión ao Pacto de Alcal-des Polo Clima e a Enerxía, o maior mo-vimiento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático.A adhesión implica asumir os obxecti-vos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2, ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables.Ademáis, supón a adopción de medidas de adaptación fronte aos riscos e vulne-rabilidades aparelladas ao cambio climá-tico, como son as secas, a elevación do nivel do mar, ou unha maior frecuencia dos episodios de temperaturas extremas e chuvias torrenciais.Neste Pleno tamén se falou da adhesión ao programa de Vivendas Baleiros das antigas escolas para rehabilitar as anti-gas casas de mestres co obxecto de que se destinen, en réxime de aluguer, a re-sidencia de familias con baixos ingresos.Outro punto do día foi a reelección da xuíz de paz Mercedes Fernández Río. Ta-mén se aprobou a renovación da contra-tación do SAF.

O Concello adhírese ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía

Page 23: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 23actualidade

A XXVIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Cibrao e volverá contar cun programa cheo de actos e actividades que terán como gran protagonista ao ourizo.Deste xeito, a comisión organizadora avanzou que “un ano máis organiza-mos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Cam-pos, a partir das 12:00 horas do me-diodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de castro prestixiosos chefs que cociñarán ante as persoas asistentes sorprendentes e innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Manicha do restauran-te Rotilio (Sanxenxo), Jorge Gago do restaurante A Maceta (Santiago), Mi-guel Roquiño do restaurante A do Bor-lo (Caldas de Reis) e Toñi Vicente, que na actualidade traballa na redacción dun libro sobre a súa dilatada traxec-toria culinaria.Ao remate do show cooking as per-soas asistentes terán a oportunidade de probar o resultado desta cociña de vangarda centrada no produto estrela da Festa.Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Cibrao que participan na festa e que ofrecerán tamén aos visitantes tapas elaboradas a base de ourizo coas que desmostrarán o bo facer que carac-teriza aos cociñeiros locais. Méndez recordou que “durante todo o día os asistentes poderán degustar as tapas nos diferentes establecementos participantes, e tamén na carpa, onde se servirá ourizo cocido da man, nesta ocasión, da asociación Mistura; e ade-mais, non faltará animación –engadiu-

porque a festa estará amenizada todo o día a cargo de A Rebolaxe, Airiños do Xunco, Perkusiona, Os Charangos e Los Támega”.Ademais haberá sesión vermú desde as 14:00 horas a cargo da orquestra Sua-vecito; que repetirá pola noite, desde as 22:00 horas coa Orquestra Costa Dorada. Tamén estará presente nesta nova edi-ción Conservas Artesanais Ares, que ofrecerá oas visitantes unha degusta-ción do seu paté de ourizo.Ademais, ás 18:00 horas está previsto un masterchef infantil que estará coor-dinado polos/as chefs parcipantes na Festa “co obxectivo de que os máis pe-quenos da casa tamén tomen contacto con este produto tan noso, ao tempo que pasarán unha tarde do máis diver-tida”.Villares aproveitou a ocasión para con-vidar a todo o mundo a asistir nesa xornada a San Cibrao, para participar nos diferentes actos programados con motivo desta festa declarada de Intere-se Turístico Galego desde o 2008; que recordou que “naceu do propio pobo e que a día de hoxe, con máis cuarto de século de vida está máis que consolida-da grazas ao esforzo conxunto”.A Festa do Ourizo –engadiu- é a día de hoxe unha referencia no calendario gastronómico galego o que é un orgu-llo tamén para nós, como equipo de goberno, que traballamos para tentar enxalzar todas as cualidades positivas deste produto, pero tamén do pobo e de todo o noso municipio que ten moi-tos atractivos naturais e paisaxísticos que queremos compartir tamén con to-das as persoas que nos visiten na Festa do Ourizo”.

San Cibrao celebrará o 16 a Festa do Ourizo

cervo

A delegación de Xuventude do Concello de Cervo programa un curso gratuíto de iniciación á fotografía e ao vídeo dixital para maiores de 12 anos. O obradoiro será impartido polo fotógrafo local Julio Noche, e desenvolverase todos os sá-bados, desde o 9 de marzo ata o 17 de abril, en horario de 17:30 a 20:30 horas.Para participar é necesario contar cun-ha cámara dixital ou con teléfono móbil con controis manuais. Ademais, nas se-sións do 23 de marzo e do 13 de abril, requírese levar un ordenador que teña instalado Adobe Photoshop e Adobe Premier.As inscricións poden facerse na Casa da Cultura (982.59.51.57), enviando un whatssapp ao teléfono 691.656.600 ou un correo a [email protected]. O límite de prazas está fixa-do en 15 persoas.

Organizado un curso de fotografía

O Concello de Cervo vén de iniciar os trá-mites para ampliar o Museo do Mar, de San Cibrao. Tal e como informou o alcal-de de Cervo, Alfonso Villares, “xa está en exposición pública na web da Consellería de Medio Ambiente o documento da modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal que redactamos para lograr ampliar o Museo”.O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abranque, ademais do edifi-cio existente, unha edificiación privada empregada antigamente como vivenda.Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a orde-nanza Residencial mixta propia de espa-zos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, re-creatrivo, relixioso, sanitario ou asisten-cia. Este cambio nas condicións urbanís-ticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568 m².Tal e como explicou Villares “esta modi-ficación é o documento de partida para conseguir o obxectivo do Concello de Cervo que pasa por incorporar o terreo contiguo para a ampliación do Museo para desfrute público, mellorando a cali-dade e a funcionalidade desta dotación”.

PLUVIAIS. O Concello de Cervo segue a traballar pola posta en valor de todos os bens patrimoniais do municipio. Nesta ocasión, o rexedor e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron su-pervisando, acompañados de membros

da Comisión Parroquial, os traballos de mellora da rede de recollida de augas pluviais e do firme que se están a execu-tar na Igrexa de Cervo. A actuación supón un investimento de máis de 10.000 euros procedentes das arcas municipais, e con-siste na execución de novas canalizacións e na colocación de sumidoiros que van conectados á rede separativa de pluviais da Rúa da Igrexa, recentemente refor-mada; e na renovación do pavimento da contorna que estaba moi deteriorado.

LOCAIS SOCIAIS. O Concello está a acondiiconar os locais sociais para face-los máis confortables para os usuarios. Ademais vaise mellora o Ecomuseo de Cervo. En concreto, delimitáronse locais coa instalación de novas portas facendo as estancias máis acolledoras. Na actua-lidade neste edificio impártense clases das Escolas Deportivas, obradoiros de memoria e é o escenario de exposicións.

GALDÍN. Tamén están moi avanzadas as obras que unen a zona de Galdín co cen-tro de Saúde, a través dunha vía ubicada entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga. Xa se levaron a cabo os traballos de explanación do terreo, os movemen-tos de terra para a creación desta rúa que terá unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favore-cerá o dobre sentido da circulación; con aparcadoiros e beirarrúas en ámbolos dous lados da calzada. Tamén se cons-truirá unha nova ponte sobre o tren.

Cervo inicia a ampliación do Museo do Mar

Os disfraces que resultaron gañadores no desfile de Entroido de San Cibrao ce-lebrado na carpa instalada na Praza dos Campos foron en individual infantil Ave Fénix e Mickey Piloto. E en adulto Zombi. En parella individual o primeiro premio foi para Futuro de extinción e o segundo para Os cazacentollas.Na categoría de grupos, no infantil gaña-ron Loros de Porto Alegre, Alegría e Nilo-pensé; en xuvenil Panadería Xunco, Grea-se e Limpando mares; e en adulto Mr Potato e as súas patacas, Somos un re-galo e a Familia Monigote. Na categoría de comparsas infantil o primeiro premio

foi para Sen tempo non era, o segundo para Os preguiceiros e o terceiro para Al nordeste del salvaje oeste. E nos adultos Volando boys “ligerito andando”, Eche o que hai e Unha e voume.A organización e o xurado decidiron dar uns premios especiais ao grupo infantil máis orixinal que foi para Se chove que chova, a comparsa infantil orixinal para a Pandilla Pop Art; a comparsa adulto orixi-nal foi para A migración chegou a San Cibrao; o disfraz elaborado comparsa infantil acadouno Cafeteiros do Val; e o disfraz elaborado comparsa adulto para Guateke o mellor de cada casa.

Remata o EntroidoUnha das comparsas gañadoras no certame deste ano

O BNG de Cervo explicou estes días que a recuperación do Castro da Atalaia terá un custe de máis de 320.000 euros debido a que “o goberno municipal fixo caso omi-so dunha orde da Consellaría de Cultura para paralizar a destrución do xacemen-to, e o recurso do concello contra a súa catalogación”. Foi o BNG de Cervo, xunto coa veciñanza, quen comunicou ás autoridades de Patri-monio e freou a destrución do Castro da Atalaia mentres o goberno local se deixa-ba levar engaiolado polo delirio urbanís-tico deses anos.Segundo aseguran, un total de 320.417 euros vai ser o custo para a veciñanza de Cervo de dar a volta “ao que foi unha decisión do goberno local do PP: outor-gar en novembro e decembro de 2006 e abril de 2007 licenzas a unha promotora para construír 100 vivendas na zona da Atalaia en San Cibrao malia saberen da existencia dun xacemento arqueolóxico moi importante, que primeiro negaron e despois colaboraron en destruír en

parte ao dar 4 días de marxe ao promo-tor para que o esbandallase mentres o alcalde gardaba nun caixón do concello a orde de Patrimonio para paralizar a desfeita”.Ibán Sánchez, concelleiro nacionalista, lembrou que “as licenzas de construción na Atalaia non debían terse concedido nunca atendendo ás evidencias docu-mentadas no PXOM de Cervo que reco-llía a existencia dun asentamento galaico-romano na zona”, un documento que foi remitido á Xunta en 2004 e por tanto tiña carácter formal, algo que o goberno municipal do que formaba parte Villares obviou 2 anos despois ao conceder as licenzas de construción. A decisión do go-berno local para que nesa zona se cons-truísen preto de 100 vivendas “foi tan firme que mesmo chegaron a facer caso omiso durante catro días a unha orde de Patrimonio que requiría a paralización das escavacións da promotora que es-bandallaron 1000m2 do castro entre os días 4 e 8 de xuño de 2007”. Tampouco

foi proclive á conservación do xacemento a decisión do goberno municipal do que Villares formaba parte, de presentar re-curso contra a catalogación e inventaria-do do Castro da Atalaia mediante escrito do 26 de xullo de 2007 dirixido á Direc-ción Xeral de Patrimonio”, afirmou Sán-chez, quen sostén que “todos os pasos dados polo goberno municipal parecían estar dirixidos polos intereses da inmobi-liaria e non polo interese público.”Para o BNG de Cervo, Villares, que naquel momento era tenente de Alcalde, é res-ponsable, xunto co resto da Xunta de Go-berno Local naquel momento, “da des-trución do patrimonio cultural cervense por omisión do seu deber de protexelo e mesmo por colaborar na súa destrución”. Engaden que “daquela Xunta de Gober-no, xunto con Villares, seguen tendo responsabilidades políticas José Manuel Balseiro, Antonio Basanta, Pilar Armada, e o ex-alcalde, José Insua, como máximo responsable daquel atentado contra o patrimonio cultural colectivo”.

O BNG asegura que recuperar o Castro da Atalaia custará 320.000 euros

O Concello de Cervo, en colaboración co Centro de actividades Subacuáticas Costa Lugo, organizan unha xornada de bautismo de buceo na piscina olímpica de San Cibrao para o día 30 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 horas.A inscrición está aberta a todas as per-soas maiores de 16 anos que non teñan ningunha contraindicación médica. A piscina de Lieiro ofrece unhas caracte-rísticas e unhas prestacións para levar a cabo esta actividade, e permite aos par-ticipantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático.Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609 423 210.

A piscina Lieiro acollerá unha xornada de bautismo de buceo

Page 24: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade24 marzo 2019

xove

o vicedo

O vindeiro 2 de abril celébrase o Día In-ternacional do libro infantil e xuvenil cun-ha serie de actividades que irán organi-zando desde a biblioteca municipal. Así, no centro presentaron o concurso que organiza a OEPLI (Organización española para o libro infantil) sobre esta conme-moración.Trátase dun concurso infantil-xuvenil de fotografía sobre literatura infantil, ao que chaman Selfie lix, onde hai que escoller unha ilustración dun personaxe

ou unha escena da literatura infantil e xuvenil, despois facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena es-collida, e por último presentar a fotogra-fía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.Despois haberá que presentalo na Biblio-teca Municipal do Vicedo, que enviará os tres mellores ao concurso a nivel nacio-nal. O prazo para presentar estas fotogra-fías remataría o mesmo día 2 de abril.

A biblioteca participa no Día do libro infantil cun concurso de fotografía infantil

lourenzá

O Concello de Xove continuará esta se-mana con dúas acividades que están vin-culadas á celebración do Día do Muller e que complementan a concentración e a lectura dun manifesto pola igualdade que tivo lugar o día 7 coa participación do alumnano do IES Illa de Sarón. Ade-mais, este domingo o acto central foi unha chocolatada no Centro Cívico dirixi-do a todas as mulleres.Dentro da programación, o xoves 14, en-tre as 17:00 e as 19:00 horas, celebrarase un obradoiro co título Quérote + Berran-do solucións. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos e terá lugar no Centro Xuvenil. Ao día segunte, entre as 16:00 e as 20:00 horas, a Aula Multideportiva acollerá un obradoiro de defensa persoal feminina a cargo do Club Defensa Persoal e Policial HKF. A preinscrición está aberta ata o 13 de marzo na OMIX.Ademais, continúa aberta ata o día 15 deste mes a mostra Mulleres de Hoxe, realizada polo alumnao do IES Illa de Sarón.

Esta semana seguen as actividades do Día da Muller

O pleno do Concello de Lourenzá apro-bou cos votos favorables do equipo de goberno, do PSOE, e os votos en contra dos concelleiros da oposición (PP e BNG), o orzamento municipal para este ano 2019, que ascende a 2.345.000 euros.Neste mesmo pleno aprobouse por unanimidade a moción presentada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pú-

blica, na que, entre outras cousas, se insta á Xunta de Galicia a dar cobertura estable, continuada e desde o primei-ro día das baixas que se produzan na praza de pediatría para os concellos de Lourenzá, Mondoñedo e Barreiros. Esta moción vai acompañada dun escrito de apoio asinado por máis de 700 veciños do municipio.

O Concello aprobou o orzamento que ascende a 2,3 millóns

a pontenova ourol

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou de obras de mellora en 12 qui-lómetros de 5 estradas de titularidade provincial no Concello de Ourol. Son a LU-P-3801, que vai de Ourol Ás Lobei-ras polo Carmen; LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa; LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras; LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras.As obras consistirán no aglomerado en quente destas estradas, que sirven de unión ao veciños residentes nas distintas parroquias municipais.

A Deputación aproba obras en 12 km de estradas

O Concello de Xove presentou ofi-cialmente o Xove Costa Trail, un novo evento deportivo que terá lugar o domingo 24 de marzo para poñer en valor o principal recurso natural que hai do concello, a costa, coa celebra-ción dun trail polos camiños e sen-deiros mariñaos.Haberá duas distancias, XCT25 e XCT13 , e ademais unha andaina. Na XCT25 sairán ás 10:00 do Porti-ño de Moras e serán 25.000 m. que pasarán polas Ruinas de San Tirso. Na XCT13 sairán ás 11:15 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A andai-na ten prevista a saída ás 10:00 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A inscrición inclúe transporte á saída, bolsa de corredor, avituallamento, seguro e pincho post carreira.O prezo das inscricións é de 10 euros para a andaina, 18 euros para a XCT25 e ata o día 16, xa que despois serán 21 euros, e para a XCT13 15 euros ata o día 16 para despois ser 18 euros.

Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da proba dende as 8:00 h no Centro Cívico de XoveA cancelación da inscrición haberá que facela antes do 17 de marzo, despois desta data no se tramitará ningunha devolución. Ata o 1 de marzo será devolto o 100% do im-porte da inscrición, e entre o 2 de marzo e o día 17 de marzo, será de-volto o 75%.

OBRAS. Por outra banda o Concello anunciou que esta semana adxudi-carase a execuación de dúas obras que se atopan en proceso de licita-ción. A primeira dos traballos que sairán a contratación é a construción dunha nave de obras para o propio Conce-llo e a segunda, a ampliación da de-puradora de Caínzos. As dúas obras faranse fondos propios e o seu or-zamento ascende, entre as dúas, a preto de 800.000 euros.

Presentado o Xove Costa Trail, que terá lugar o 24

O Concello da Pontenova rematou xa todas as obras e actividades realizadas dentro do Plan Único 2018 financiado pola Deputación por un importe total de 151.907 euros. Así, o Concello desti-nou 37.966,49 euros para a mellora de camiños nos lugares de Santo Estebo, Acebro, Vilameá, Aldeguer e Boulloso.A estas melloras súmase a rehabilita-ción da antiga escola de Vilameá, que tivo un orzamento de 27.586,28 euros e a mellora e mantemento do cemiterio municipal por 12.003,97 euros. O acon-dicionamento da Casa das Sociedades, por valor de 11.416,43 euros, foi tamén unha das últimas obras realizadas, así como a iluminación do paseo do río Eo, por 10.569,33 euros.Tamén se destinaron 15.125 euros para la elaboración do inventario de camiños municipais e se acometou o proxecto de recuperación do Forno do Boulloso,

no que se incluiu tamén a compra dos terreos, todo por 15.125 euros.O Concello tamén derivou unha parti-da para a realización dun obradoiro de emprego, formado por 20 alumnos, dos cales 6 son da Pontenova, 6 de Negueira e 8 da Fonsagrada. A especialidade do obradoiro é a albañilería, polo que no Concello da Pontenova se está a reha-bilitar a Escola de Xudán.O Concello tamén destinou 50.000 eu-ros do Plan Único da Deputación 2018 ao Servizo de Axuda no Fogar no ano pasado, co cal aumentou o número de usuarios de 18 a 29 e así xa non teñen lista de espera e puideron cubrir todas as prazas. Hai 5 auxiliares contratadas.Ademais houbo un convenio interadmi-nistrativo que inclúe a mellora das es-tradas de Vilameá, o acondicionamento do campo da festa de Santo Estevo e a cuberta do campo de bolos.

Rematan as obras do Plan Único por valor de preto de 152.000 euros

Unha achega da Deputación de 105.000 euros permitiu a realiza-ción das obras de mellora da LU-P-6402, do Vicedo, pola Cruz da Par-diñeira e Cristo da Portapena, ao ramal de acceso á LU-P-6401. Estes fondos permitiron renovar o firme da vía nun treito de 3,5 quilóme-tros, beneficiando directamente a máis de 100 veciños das parroquias de Cabanas e Riobarba.Os traballos, consistentes na lim-peza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e mellora da sinalización horizontal e vertical, leváronse a cabo nun treito de 3,5 quilómetros, do punto 9,3 ao 12,8.

A Deputación remata obras en Cabanas e Riobarba

Unha mostra da reparación de estradas nas distintas parroquias

O empresario local do sector agrario e fo-restal José Hermida Corbelle solicitoulle á presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, a súa alta como membro dos populares lucenses e será o candi-dato á Alcaldía. O candidato popular, moi vencellado ao principal sector económi-co do municipio, aposta por ofrecer unha alternativa de goberno aos veciños e ve-ciñas e, polo tanto, recuperar a maioría absoluta nas urnas. Nese sentido, amó-sase con “ganas de traballar para ser útil”.Hermida cita como un dos exemplos de políticas útiles para o municipio “a aposta do Goberno galego por implantar unha casa-niño que axuda a conciliar a vida familiar e laboral das familias”.

José Hermida será o candidato do PP á Alcaldía

Entre os viveiros que poderán lucir o distintivo de Planta de Galicia atópanse dous na provincia, Viveros Cabaleiros en Lourenzá e Costa de Lóngaras de Abadín.Entregouse o certificado de calidade á Asociación de Viveiristas do Noroeste (As-vinor) para o seu uso na distinción da plan-ta ornamental. Para a certificación deste viveiros Galicia Calidade impulsou xunto con Asvinor, a Fundación Juana de Vega e Agaexar (Asociación de Empresas de Xar-dinería) a norma de calidade Pranta Orna-

mental de Galicia, unha iniciativa pioneira que permitirá diferenciar un produto dun-ha calidade tan contrastada e recoñecida nos mercados nacionais e internacionais como é a pranta ornamental galega.Esta norma pretende homoxeneizar a planta producida en distintos viveiros da comunidade, establecendo un catálogo de producións, incluíndoas nas bases de construción e arquitectura da paisaxe e establecendo o distintivo Planta de Ga-licia, que irá coa marca Galicia Calidade.

Certificado para un viveiro local

O Concello do Vicedo mantén aberta ao o 17 de maio a incrición para o primeiro Trail do Caolín ao Fuciño do Porco, que terá lugar o 19 de maio. Unha competi-ción longa de 25 quilómetros, outra curta de 15 e unha andaina de 15.000 metros forman parte desta proba que terá un percorrido próximo aos mil metros de desnivel. Partirá do porto do Vicedo cara ao monte en dirección a San Román para chegar ao Fuciño do Porco e volta.As inscricións xa están abertas e pecha-ranse o 17 de maio en www.evedeport-norte.com, e esperan chegar ata os 350 participantes. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos, para o club máis numeroso e tamén para o máis afastado.

Continúan abertas as inscricións para o Trail do Caolín

Page 25: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 25

trabada

O Concello de Trabada programa o tradicional desfile de Entroido para o 16 de marzo.Así o anunciaron desde o Concello e a Asociación Cultural O Picato, no que o propio Concello colabora cunha subvención nominativa de 2.775 euros.O Entroido é unhas das principais citas de Trabada, consolidada e que medra ano a no.Cada vez é maior o número de participantes no desfile e cada vez son máis os veciños e visitantes que ese día se achegan ata Traba-da para disfrutar e poñer o broche final do Entroido a tarde-noite do 16 de marzo.

Trabada programa o tradicional Entroido para o 16 de marzo O Concello de Trabada continuará no

mes de abril coas actividades progra-madas dende a Concellería de Cultura. A seguinte cita importante é a Ruta de Tapeo, organizada en colaboración cos hostaleiros do Concello, e que se des-envolverá a fin de semana entre o 5 e o 7 de abril. Co nome de TapEo, os par-ticipantes poderán degustar as tapas máis deliciosas da gastronomía local.O cartel aínda está sen concretar pero xa se coñecen o número de hostalei-ros participantes, que serán Bar Villa-pol, Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar O Porfirio. Ademáis, to-dos os clientes que degusten as oito ta-pas poderán participar nun sorteo dun vale por importe de 200 euros para gastar nos establecementos.A seguinte gran cita do semestre será o

5 de maio na festa da Enfariñada, onde se poderá degustar este tradicional plato a partir das 12 na praza do Con-cello. Esta festa está adicada ao prato tradicional trabadense elaborado con torreznos, ovos, fariña e auga.

CICLOS TEATRAIS. O Concello de Traba-da continuará cos seus ciclos teatrais e que seguirán seguirán durante todo o semestre con representacións a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.O día 6 de abril será o turno de Que cousas pasan no camiño, do Grupo de Teatro Adala Infantil de Foz. O día 4 de maio será o turno de Oé, oé, oé..., do Colectivo Cultural Ollomao. E por últi-mo o día 1 de xuño actuará o Grupo de Teatro San Tirso del Eo con Sé infiel y no mires con quien.

O TapEo e a Enfariñada, próximas citas culturais do semestre

A Casa da Cultura do Valadouro pechará o seu Festival de Cine o día 16 de mar-zo, que deu comezo en Alfoz, o día 9, organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro.Así, o sábado proxectouse A carta, unha película rodada polo grupo de teatro Raiolas de Alfoz. Na Casa da Cultura de Valadouro realizarase o tradicional concurso de curtas no que hai oito fi-nalistas. Os premios desta edición son o de mellor película, mellor film do val e o premio do público, todos eles cunha dotación de 300 e 150 euros.Haberá un xurado formado por Iago Villarino, que foi nomeado ao mellor director de fotografía dos premios Mes-tre Mateo; Adrián Canoura, cineasta burelés premiado en Filmadrid e Ca-mila Bossa, recoñecida actriz galega e gañadora dúas veces do premio Mestre

Mateo polo seu papel na serie galega Matalobos.

MOTOS. Por outra banda, o Moto Club Valadouro informou de que a súa habi-tual concentración de motos, que este ano chegará á súa XXIV edición, terá lu-gar entre o 3 e o 5 de maio. O programa desenvolverase dende as 21.00 horas do venres cunha merenda e o concerto do grupo Contrabando.No programa figuran diferentes activi-dades como mercado, rutas e exhibi-cións acrobáticas. No apartado musical destaca tamén a presencia da orquestra Garibaldi. A inscrición xa está aberta e será de 35 euros para os que asistan os tres días, 30 para dous días e 20 para os que vaian unha única xornada. A ins-crición completa anticipada será de 20 euros.

A Casa da Cultura acolle o 16 un concurso de curtas

o valadouro

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á consellería de medioam-biente para levar a cabo as obras de humanización e mellora da rúa Cotare-lo. O obxectivo que se persegue é o de humanizar unha das rúas máis céntri-cas e con máis afluencia do pobo, me-llorar o tránsito e a accesibilidade tanto de vehículos como de peóns.A mellora desta rúa é unha prioridade do Concello, xa que nesta rúa atópase a única entidade bancaria do Concello, a única farmacia e a única clínica tera-péutica, polo que con esta actuación favorece tamén a actividade comer-cial. Ademáis, a rúa Cotarelo conflúe no seu inicio coa rúa do Concello, pola que transcurre o Camiño de Santiago Norte, recentemente declarado Patri-monio da Humanidade; en frente está situado o Concello, e un espazo públi-co que conta cunha praza, cun parque infantil e a Igrexa Parroquial, polo que tamén mellorarase a imaxe do pobo de cara aos turistas e peregrinos. Xa no seu final, conflúe coa rúa Serra da Ca-deira, e comunica coas vivendas sociais nas que viven dezaoito familias, polo que garanten a seguridade dos nenos.“Contar con infraestructuras renova-das, que fomenten a accesibilidade contribúe tamén a que os propietarios de vivendas e inmobles manteñan e conserven o seu patrimonio e a que os propietarios de solares decidan ven-delos polo derivado aumento da súa demanda para a construcción de novos inmobles, polo que mellora a econo-mía e frea os desequilibrios sociais”, di a alcaldesa Mayra García.“Cada día moitas persoas enfróntanse a barreiras e problemas cando se mo-ven polos espazos públicos. Entre eles atópanse, por exemplo as persoas con discapacidade, as persoas maiores, os nenos, acompañantes de nenos peque-nos e pais con carriños. Con todo, este

grupo de persoas con mobilidade redu-cida, que tamén inclúe ás persoas con dificultades de aprendizaxe, persoas que levan bolsas pesadas ou maletas voluminosas, persoas con estatura por baixo da media, persoas con pouco co-ñecemento do idioma local, persoas con problemas de orientación, persoas con problemas de lectura, persoas con problemas de saúde mental, persoas daltónicas, persoas con problemas de artrites na cadeira ou problemas co-ronarios, persoas recuperándose dun-ha cirurxía ou enfermidade e persoas con impedimentos temporais, como pernas rotas, etc., polo que é factible que cando menos, unha vez na vida, calquera se atope no grupo”, engade.“Polo que a mellora da accesibilidade é unha clara política con visión de futuro que axuda a facer fronte a estes desa-fios e por iso a beirarrúa proxéctase ao nivel da calzada e cun ancho de 1,80 m no marxe dereito onde se encontra a farmacia e a oficina bancaria moi visita-das polos veciños e proxéctase no mar-xe esquerdo outra beirarrúa de 0,97 m no punto máis desfavorable que non é o desexable pero tendo en conta que

na actualidade nesa marxe da estrada non existe beirarrúa, consideráse unha mellora inportante de cara a seguir um itinerario peatonal seguro e accesible”, afirma. Na actualidade encóntrase cun pavimento moi deteriorado, executado con seccións varias e con dobre senti-do de circulación, onde só hai un tramo de beirarrúa nos primeiros metros, na marxe dereita, que tamén se atopa en mal estado.O proxecto consiste nunha rúa ao mes-mo nivel, con beirarúas de ancho va-riable, xa que a rúa non é uniforme, e un só carril de circulación entre os p.k. 0,00 e 0,05, con unha beirarúa de 2,20 m e outra de ancho variable., un carril de aparcadoiro pola marxe esquerda de 2,20 m. e un carril de circulación de baixada de 3,50 m. Os pavimentos que se usarán consistirán en lousas de grani-to silvestre moreno acabado abuxarda-do de 10 cm. de espesor no limite entre o domínio público e o privado da acera e lousas de granito silvestre abuxardado de 10 cm. de espesor colocadas planas contra o pavimento da calzada a cal es-tará formado por dúas capas de 5 cm. de mezclas asfálticas en quente.

O Concello solicita unha achega para mellorar a rúa Cotarelo

A rúa Cotarelo é unha das máis céntricas de vila e tamén das máis utilizadas

José Manuel Lamela repetirá como can-didato do PP á alcaldía do Valadouro onde foi rexedor entre o 2011 e o 2013 despois de formar parte do equipo de goberno durante 16 anos. O popular, que xa gañou as eleccións municipais no 2015 sen obter a maioría absoluta que lle permitise gobernar, cre que “o actual Goberno local mantén paraliza-dos moitos proxectos interesantes para o municipio que deixaramos en marcha dende o Goberno do Partido Popular”.Lamela avanza que “o novo proxecto do Partido Popular para encarar estas

novas eleccións municipais contará con xente nova” tal e como o acor-daron dende a agrupación local. Así, amósase convencido de que “forma-remos un equipo comprometido co Valadouro e cos seus veciños e ve-ciñas” que procure “dar resposta ás súas necesidades”.O candidato do PP considera necesario “conservar e manter os distintos servi-zos do municipio como son as estradas, o saneamento, o alumeado público e todo aquilo que precisen os nosos ve-ciños e veciñas”.

O PP agarda recuperar a Alcaldía con José Manuel Lamela

Page 26: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

26 marzo 2019 reportaxe

Unha das xoias a Mariña lu-cense, polo seu contido his-tórico e científico, é a Cova do Rei Cintolo, situada na parroquia de Argomoso, no

concello de Mondoñedo. É a cova calca-ria máis grande de Galicia e no seu inte-rior pódense observar estalactitas e es-talagmitas dunha enorme beleza. Nun paseo polo seu ventre atopamos unha fantástica paisaxe de salas e galerías, e ata un pequeno lago e ríos subterrá-neos. Tanta abundancia de auga deu ori-xe a caprichosas formacións xeolóxicas. En total forman un total de case 7.500 metros de lonxitude, formada por 15 galerías, o que fai que sexa a cova coñe-cida con maior percorrido horizontal de Galicia, un dato que lle aporta un valor engadido a todo o que este lugar pode ofrecer ao visitante.En primeiro lugar, no aspecto xeolóxi-co, hai que indicar que a cova sitúase no macizo calizo de Mondoñedo, que corresponde a un afloramento calcario (Caliza de Vegadeo) que discorre desde Abadín ata Mondoñedo situándose no lado dereito do val conformado pola canle do río Valiñadares (afluente do Masma). Este alfloramento presenta unha lonxitude de 5 quilómetros, cun-

ha potencia inferior aos 100 metros, reposando sobre materiais silíceos per-tencentes ás Pizarras de Cándana. O val está xeolóxicamente situado na Zona Asturoccidental Leonesa. A unidade estratigráfica corresponde ao denomi-nado Manto Mondoñedo, situándose a cova no Cámbrico Inferior e Medio.No aspecto espeleolóxico, a cova, explo-rada polo Club de Montañeros Celtas, estrutúrase en varios niveis de galerías ata acadar unha cota de profundidade máxima de 75 metros desde o punto de entrada.Presenta unha estrutura onde se poden distinguir catro sectores: Sector Central (en horizontal dende a boca de entra-da), Zona Nova, Vía Dous Apóstolos e Dédalo Sur (en zonas inferiores). Polo punto máis baixo circula o Río Celtas. En todas estas salas pódense atopar diver-sos espeleotemas de gran beleza: esta-lactitas, estalagmitas, columnas, gours, coadas, bandeiras e un pequeno lago. Ademais é refuxio de morcegos perten-centes a varios xéneros (Rhynolophus, Myotis...) e mantén interesantes colo-nias de invertebrados; incluso descobre-ron no interior algún crustáceo único no noroeste peninsular.A cova foi explorada, dende o punto

de vista arqueolóxico, por primeira vez por José Villaamil y Castro na década de 1870, da que deixou constancia no seu libro Antigüedades prehistóricas y célti-cas de Galicia. En 1893 cítase no xornal La Voz de Luarca outra exploración e un ano máis tarde aparece citada na guía de Gabriel Puig y Larraz chamada Guía de cavernas de España. Daquela esti-mábase a dimensión da cova nuns 200 metros.En 1954, a iniciativa do Club Mon-tañeiros Celtas de Vigo, fíxose un campamento para a exploración e topografía da caverna. Descubríronse novas zonas na cavidade, así como o río subterráneo, ao que chamaron río Celtas. Máis tarde, distintos grupos espeleolóxicos de toda España foron completando as investigacións e os traballos de topografía. A finais dos anos 1960 comezan os intentos de obter unha topografía xeral da cova, ao tempo que se descobre a galería Venus, á dereita da sala do Río (tamén coñecida como salas Finais do Río).En 1973 a cova gaña sona grazas a un documental de TVE, que supuxo a pri-meira filmación da cova. A partir daque-la, a caverna comezou a ser visitada por un gran número de persoas, que pro-vocaron deterioros no seu interior. En 1976 decidiuse colocar un enreixado na entrada, debido aos espolios que estaba a sufrir a caverna, que ameazaban coa destrución da cavidade.Nas escavacións dirixidas no verán de 2002 pola arqueóloga Rosa Villar ato-páronse materiais da Idade de Ferro, da cultura castrexa (cerámica e osos de vaca, porco e cervo) na súa entrada. En 2006 o concello de Mondoñedo puxo en marcha un sistema de visitas guiadas á caverna, poñendo fin a unha época de peche que semellaba definitiva.

LENDA. A cavidade é obxecto de distin-tas lendas, por exemplo, a que lle dá o nome a cova. Esta lenda conta que o Rei Cintolo, que era dono e señor de todo o val de Brea, tiña unha fermosa filla chamada Xila, que estaba namorada dun conde chamado Uxío, máis nobre e honesto que rico. Pero un feiticeiro cha-mado Manilán, que estaba celoso deste amor, sepultou o reino de Cintolo no interior da terra. Cando Uxío regresou

victorioso tras matar a Manilán non ato-pou máis pegada do Reino de Bría que a boca dunhas fermosas covas. Uxío en-trou na cavidade en busca da súa ama-da e nunca máis regresou. Aínda hoxe, algúns amenceres, pode verse á porta

da Cova á bela Xila peiteando ao vento os seus lacios cabelos dourados, espe-rando que alguén desfaga o encanto do malvado feiticeiro para renovar os seus días de amor e felicidade. Din que aquel que o logre será cuberto de riquezas polo Rei Cintolo.

VISITAS. A Cova do Rei Cintolo conta xa cun sistema de visitas estableci-do na procura de manter este ben xeolóxico e cultural. É recomendable comprar as entradas con antelación e estar polo menos media hora antes na oficina de turismo para poder cam-biarse. Dende a oficina ata a propia cova hai sete quilómetros en coche, percorrido que se realiza co guía.Unha vez no lugar de partida, a visita

durará unha hora e media aproxima-damente. Outra recomendación para visitar este lugar acochado da Mariña lucense é a vestimenta, débese levar un calzado de goma, roupa cómoda e que non importe emporcar. Ademais,

é interesante levar unha muda para cambiarse ao finalizar o percorrido.Visitar a Cova do Rei Cintolo é sen dú-bida unha actividade que non defrau-dará. A paisaxe exterior dos arredores é precioso e o feito de estar preto da costa de Lugo outórgalle un ambiente especial.Cada ano, en tempada de primavera-verán, a cavidade reábrese ao público. Para participar no programa de visitas hai que reservar na Oficina Municipal de Turismo ou chamando ao teléfono 982 507 177. Os horarios de visita son os venres ás 17:00h e os sábados e do-mingos ás 12:00h e 17:00h.A entrada ten un prezo de 15 euros por persoa (só para maiores de 12 anos, grupos de 4 a 12 persoas).

En todas estas salas pódense

atopar diversos espeleotemas de

gran beleza como estalactitas,

estalagmitas, columnas, gours,

coadas, bandeiras e un pequeno lago

Poden observarse estalactitas, estalagmitas e outras formacións rochosas

Visitantes na entrada a Cova do Rei Cintolo

Formacións rochosas da Cova do Rei Cintolo

Formacións rochosas no interior dunha das galerías

A Cova do Rei Cintolo, unha xoia xeolóxica agochadaun paseo pola mariña

Page 27: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 27

MAR

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, executará ao longo desta primavera as obras de demolición dos galpóns e acondi-cionamento da explanada do peirao vello de Viveiro. Así o comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita á zona acompañado pola alcaldesa de Viveiro María Loureiro.Durante a visita, Durán Hermida lembrou que Portos de Galicia des-tinará unha partida de 240.000 eu-ros a esta actuación, demandada historicamente polo sector e a cida-danía de Viveiro. Así mesmo, expli-cou que os traballos terán un prazo de execución de dous meses, polo que se prevé que estean rematados antes do verán.As obras consisten na demolición de catro naves portuarias sen ac-tividade para proceder ao acondi-cionamento e repavimentación da explanada na que se atopan. Esta zona pasará a destinarse a aparca-doiro, que se unirá ao existente ata

o momento, quedando plenamente integrado na contorna.Finalmente, José Juan Durán infor-mou tamén de que o organismo portuario que preside prevé sacar a licitación nos vindeiros días as

obras de dragaxe dos peiraos de Vi-veiro e Celeiro. Esta actuación está orzamentada nun millón de euros e permitirá recuperar o calado para a plena operatividade da lámina de auga.

Viveiro iniciará esta primavera a obra de derruba dos galpóns no peirao vello

A alcaldesa de Viveiro, visitanto o lugar onde se farán as obras

A subdelegada do Goberno, Isabel Ro-dríguez, asegura que o avance nos traba-llos que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar para a recuperación ambiental do Portiño de Morás, no concello de Xove avanza a bo ritmo. Isabel Rodríguez lembrou que “este é un dos proxectos do Goberno para a Mariña, nos que Costas está a in-vestir máis de medio millón de euros en distintas obras de mellora do litoral”.A subdelegada informou de que come-zaron os traballos para a instalación de 8 dos dolos abandonados na zona onde se fabricaban inicialmente, para represen-tar o seu proceso de fabricación. Trátase dun traballo especialmente destacado, que se prolongou durante dous días, dado que cada unha das pezas ten un peso de 53 toneladas. Para poder trasla-dalas ao lugar no que quedarán instala-das foi necesario contar con dúas grúas móbiles autopropulsadas de gran tonela-xe, de 130 toneladas cada unha, ademais dunha cabeza tractora con plataforma.Esta actuación forma parte do ambicioso proxecto etnográfico e medioambiental que leva a cabo en Xove a Dirección Xe-ral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, cun investimento de 360.544 euros. Este ambicioso proxecto desenvolverase na zona situada entre as antigas baleeiras e o Portiño de Morás, que se vai acondicio-nar coa creación dun paseo peonil, a do-tación dun novo acceso á praia e a posta en valor do pasado industrial desta zona.O paseo peonil que se vai instalar será de madeira e contará con alumeado e mobiliario urbano. O paseo farase apro-

veitando o actual trazado da estrada que comunica a zona. O proxecto inclúe a construción dunha nova estrada, que terá un trazado distinto, situado algún metros cara o interior, para suprimir o tráfico rodado de toda a zona máis próxima á costa, que vai quedar reser-vado en exclusiva para o disfrute das persoas.Esta actuación ambiental ten un desta-cado compoñente cultural, xa que está previsto completalo coa instalación de paneis informativos que darán testemu-ña do pasado industrial da zona, que tivo gran importancia para a economía da Mariña. Así, esta actuación aproveitarase para lembrar e poñer en valor as activi-dades relacionadas coa caza e comercia-lización de baleas, pois na zona houbo industrias baleeiras, e tamén coa fabri-cación neste mesmo lugar dos dolos, os

elementos estructurais de formigón que se empregaron na construción dos espi-góns do porto de Alcoa e que foron dese-ñados de xeito que se enlazaran entre sí a modo de puzzle para que puideran re-sistir a acción das ondas do mar.As obras, que comezaron en decembro, teñen un prazo de execución de seis me-ses e a súa execución corre a cargo da empresa pública Tragsa. Espérase que poidan estar rematadas antes do verán.

Instalados no porto de Morás oito dolos dentro do proxecto do paseo

Unha vista dos dolos no peirao de Morás

O porto de Celeiro recibiu a primeira das catro patrulleiras que o estalei-ro Rodman Polyships se adxudicou no marco do proceso de renovación parcial da frota do Servizo de Garda-costas de Galicia. O plan do Executivo galego conta cun orzamento total de máis de 10 millóns de euros entre os anos 2018 e 2020 e inclúe tamén a construción dunha embarcación de altura que substituirá á Paio Gómez Chariño.Todas estas unidades son aptas para tarefas de inspección e vixilancia pes-queira, control e apoio á frota, cola-boración en operacións de busca e salvamento e participación en activi-dades de loita contra a contaminación mariña. A patrulleira lixeira entregada, a Pun-ta Promontoiro, é a primeira das dúas que se adxudicou por contrato este estaleiro de Moaña en xuño do ano pasado. A súa base estará en Celeiro e relevará á embarcación Pena Trevinca, con base en Portonovo (Pontevedra), que a Consellería do Mar doará á Cruz Vermella. A segunda unidade incluída nesta licitación, cun orzamento de 1,7

millóns de euros, será entregada nas próximas semanas pois agora atópase en pleno proceso de construción.O estaleiro Rodman será tamén o en-cargado de subministrar outras dúas patrulleiras lixeiras para o Servizo de Gardacostas pois acaba de adxudi-carse por case dous millóns de euros o segundo contrato realizado polo Executivo galego no marco do plan de renovación parcial da frota do organis-mo público. Pendente de adxudicar só queda a patrulleira de altura que subs-tituirá á Paio Gómez Chariño, da que o Consello da Xunta aprobou o mes pasado a licitación do contrato para a súa construción por ata 6,5 millóns de euros. A embarcación entregada é de tipo monocasco e conta cun acabado do máis alto nivel de calidade para os barcos profesionais desta clase. A súa eslora é de 17 metros, ten unha man-ga de 5 metros e o calado é de 0,9 metros. Entre as súas prestacións está acadar os 36 nós de velocidade máxi-ma, 33 de velocidade cruceiro e unha autonomía mínima a 19 nós de 553 millas náuticas.

Entregada a nova embarcación de gardacostas de Celeiro

A Feira Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará en Burela do 9 ao 12 de maio, estase a promocionar en distintas feiras vinculadas ao sector. De feito, estiveron en Bilbao, en Sinaval, do 12 ao 14 de febreiro. Ata alí se desprazou o xerente da Fundación, José Manuel González. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o evento, que se cele-brará en maio, contará con 500 me-tros máis de superficie da habitual e subliñou que xa está toda ocupada cos expositores e empresas que se darán cita en Expomar 2019. A co-misión organizadora manterá unha nova xuntanza de traballo o vindei-ro venres, 15 de febreiro, ás 13:00 horas.O presidente da Fundación Expo-mar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, declarou que “Bilbao Sinaval é unha das feiras náutico pesquei-ras máis importantes para o sector que se fan en España e nosoutros como consideramos que debemos

aprender e tratar de falar en todos os medios de Expomar ata alí foi o xerente da Fundación. José Manuel González mantivo moitísimas reu-nións con diferentes sectores e deu a coñecer a nosa feira Expomar, que xa era coñecida en Bilbao. O que se está facendo é xestión penso que rigorosa e para mellorar en todo canto poidamos a feira”.Llano cre que “este 2019 vai ser unha boa edición da nosa feira. Agora mesmo xa está totalmente ocupado todo o recinto, imos am-pliar 500 metros máis e chegar ata os 4.000 no mesmo feiral. Imos fa-cer un arranxo para poder ampliar ese espazo. Estamos tratando de traer o mellor do sector para Ex-pomar e que sexa o máis positiva posible, tendo en conta todos os mecanismos, todas as necesida-des e todos os intereses do sector da pesca, xa que é moi importante esta defensa do sector e impulsalo o máximo posible”.

Expomar promociónase en feiras sectoriais

Page 28: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade28 marzo 2019

DEPUTACIÓN

O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade as propostas que levou o presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio de Bombeiros, Darío Campos Conde, para iniciar a partires do 1 de maio a xestión directa dos parques comarcais de bom-beiros, que é cando rematan os contra-tos das empresas que actualmente se ocupan da mesma.O modelo de xestión proposto por Campos Conde supón un aforro de 260.000 euros ao ano, a subrogación dos 117 profesionais que ofrecen este servizo e a mellora das súas condicións laborais. Por exemplo, pasarán a ser considerados como profesionais de ac-tividades de risco.Son 75 bombeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque que, tal e como reivindica-ban estes profesionais e como se com-prometeu Campos Conde, pasarán a ser persoal laboral dos parques que for-man parte do Consorcio Provincial de Bombeiros: Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada.

Esta medida engádese á equiparación salarial, que sempre defendeu Campos Conde, e que se conseguiu no mes de xuño, supoñendo que os 117 traballa-dores dos parques de bombeiros da provincia de Lugo por fin cobren exac-tamente o mesmo que o resto dos seus compañeiros en Galicia.Ditas propostas baseáronse en infor-mes xurídicos e económicos realizados pola Deputación de Lugo, que garanten a viabilidade da xestión pública dos par-ques de bombeiros.O cambio no modelo de xestión dos parques de bombeiros é unha proposta feita polos presidentes das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra á Xunta de Galicia xa no 2016. Fixérono nunha reunión na que tamén participou a De-putación de Ourense. Naquel momen-to, Baltar opúxose ao cambio de xestión e a Xunta mantívose ao marxe, tal e como dixo publicamente o Conselleiro de Presidencia, deixando aos organis-mos provinciais avanzar na súa propos-ta en solitario.

A xestión dos parques de bombeiros pasa á Deputación

O Pleno da Deputación aprobou as ba-ses e orzamento do Plan Único 2019 cos votos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do Deputado non adscrito. Está dotado de 21 millóns da Deputación e o seu obxectivo é mello-rar ou incrementar os servizos e pres-tacións públicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 concellos da provin-cia. Pois estes fondos son para no-vas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciativas turísticas, deportivas e culturais, ad-ministración electrónica e protección civil. Todo isto para dinamizar social e economicamente o conxunto do terri-torio lugués, atendendo ás necesida-des veciñais.Na proposta presentada por Campos Conde, distribúense os 21 millóns nos 67 municipios en base aos seguintes criterios obxectivos: poboación, super-ficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón máximos de 500.000 euros en Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.Os Concellos deberán destinar como mínimo o 50% dos fondos que lles corresponden a investimentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas municipiais (acondicionamento de accesos, estra-das, rúas, instalacións deportivas ou culturais, traídas de auga, alumeados públicos...).Tendo en conta a taxa de envellece-mento e a necesidade de ofrecer ser-vizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que destinar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Ser-

vizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes; prestación para a que a Xunta de Galicia non achega nin un só euro.Os restantes 9 millóns de euros pode-rán destinarse a máis obras, máis ser-vizos sociais ou ao financiamento de actividades turísticas, deportivas, cul-turais, grupos de protección civil ou á administración electrónica.

Campos Conde incorpora na súa pro-posta un anticipo do 50% dos fondos aos concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do Plan Único 2019, que ascende aos 10,5 millóns. O Pleno de-bateu a proposta do presidente e ao aprobarse, de seguido os municipios poderán solicitar este anticipo e pre-sentar os proxectos.

O Plan Único do 2019 repartirá 4,9 millóns nos 16 concellos da Mariña

15 lucenses no paro iniciaron a forma-ción gratuíta que ofrece a Deputación no eido forestal, concretamente na trans-formación da madeira, co fin de ofrecer solucións a falta de man de obra tal e como reclama o sector. Logo de partici-par nesta iniciativa, os alumnos poderán acadar un traballo como condutores de maquinaria, técnicos de motoserras ou especialistas en procesadoras forestais.É unha acción formativa que puxo en marcha para dar resposta ás necesidades do propio sector, que apuntan que exis-te un déficit de persoal cualificado para traballar no eido forestal. Estímase que ao redor do 80% dos participantes neste obradoiro poderán atopar traballo unha vez finalizada a formación.A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, ex-plicou que o forestal é un sector que en Lugo dá traballo a unhas 10.000 persoas, 3.000 de xeito directo e 7.000 indirecto,

o que da mostra da importancia que ten nunha provincia eminentemente rural.De feito, un dos principais problemas que xorden da escasa man de obra é a impo-sibilidade de que as empresas lucenses continúen a medrar, pois non existe persoal cualificado que permita facelo. Neste senso, a titular en emprego puxo en valor que no sector forestal existe o “pleno emprego” e a incorporación no mercado laboral de especialidades como a dos Grao en Forestais é de case o 100%.O Goberno decidiu pór en marcha esta programación formativa gratuíta para ofrecer novos postos de traballo que o sector forestal demanda, especialmente no eido da transformación e aproveita-mento forestal: condutores de maquina-ria, técnicos de motoserras ou especia-listas en procesadoras forestais; postos para os que non existe formación especí-fica. Deste xeito, a Deputación busca cua-lificar a persoas interesadas no sector fo-

restal, en postos moi demandados e que non contan con formación en ámbitos como o do mantemento e tratamento de maquinaria ou a prevención de riscos.Os 15 alumnos seleccionados xa están a recibir formación especializada da man da Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira. Este curso de capacitación, que se estende ata o vindeiro 10 de maio, dispón de máis de 300 horas de formación, das que máis do 60% son de carácter práctico. Estas rea-lizaranse en parcelas forestais con ma-quinaria, co fin de que os participantes poidan adquirir as competencias xerais precisas para traballar en empresas deste sector. Os módulos que se van a impartir, que contan con sesión teóricas, son apeo e procesado de árbores con motoserra ou con colleita forestal, desembosque e tratamentos de subprodutos forestais e manexo e mantemento de maquinaria e tractores forestais.

A Deputación forma a quince lucenses en paro no sector forestal

Mérito Turístico. A deputada de Cultura, Pilar García Porto, recibiu a Gran Pla-ca ao Mérito Turístico que concedeu a Fundación de la Orden del Camino de Santia-go ao Goberno da Deputación nun acto celebrado en Xantar. A Orden del Camino de Santiago decidiu entregar a súa condecoración á Deputación pola importancia terri-torial e influencia que a provincia de Lugo aporta aos Camiños de Santiago e tamén, polo apoio que o Executivo Provincial presta aos concellos e asociacións vinculadas ás 4 rutas xacobeas que atravesan a provincia así como pola dinamización que desde o Goberno provincial se está a facer para impulsar os Camiños de Santiago.

A deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou as axudas directas que ofrece a Depu-tación ao teatro profesional da provin-cia que este ano chega ata os 50.000 euros, duplicando o seu investimento con respecto ao ano pasado. Fíxoo nun encontro con representantes deste sector, no que participaron Con-celleiros de Cultura e técnicos munici-pais, así como entidades e asociacións implicadas nesta programación. O ca-lendario de actuacións de representa-ción das compañías lucenses será den-de o 4 de maio ata o 31 de decembro de 2019, e o caché de cada represen-

tación dependerá da tipoloxía e na-tureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 eu-ros. Os concellos ou asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante corre-rá a cargo da Deputación.Para realizar o calendario de Proscenio, constituiuse unha comisión técnica para analizar a presentación de solicitu-des, tanto das peticións de actuacións nos diferentes Concellos e Asociacións, como as inscricións dos grupos de tea-tro de acordo co establecido nas bases deste convocatoria.

As axudas ao teatro profesional duplícanse ata os 50.000 euros

Page 29: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 29

AGRO

Xa está aberta unha nova convocatoria para que os gandeiros soliciten os paga-mentos da PAC correspondentes ao ano 2019, e o prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de abril.Polo que respecta aos datos da última campaña, o importe principal correspon-de ás axudas directas, que sumaron 83,1 millóns de euros e inclúen o denomina-do pago básico, o pago verde, axudas vinculadas a cultivos para alimentación animal ou á produción de legumes de calidade, ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como ovino e caprino, e aos agricultores que inicien a súa actividade con menos de 40 anos.Por outra banda, concedéronse axudas ás explotacións situadas en zonas con limitacións naturais, por unha contía glo-bal de máis de 9,5 millóns de euros. En terceiro lugar figuran as axudas agroam-bientais, por valor de 8,9 millóns de euros, para primar aos agricultores que aplican prácticas beneficiosas para o cli-ma ou o medio ambiente. E por último, os pagos para a produción ecolóxica che-garon aos 1,4 millóns de euros na provin-cia de Lugo.En canto á distribución por comarcas, Terra Chá e Meira asumen 28,5 millóns de euros.

Xa se poden pedir as axudas da PAC

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) pola que convo-ca as subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria e que contan cun orzamento de 1.720.000 euros.Poderán ser beneficiarios das subven-cións as empresas legalmente consti-tuídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluí-dos no sector de produción agrícola primaria.As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de ener-xía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presen-tes bases e, en concreto, desenvolver

algunha das actividades recollidas no punto anterior.A contía da axuda será do 35 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxec-to e de 300.000 € por empresa. A in-tensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedi-das a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.O prazo de presentación de solicitu-des comezará 10 días naturais despois daquel en que se publiquen as pre-sentes bases no DOG, ás 9.00 horas, salvo que coincida en día inhábil, que se entenderá prorrogado ao primeiro días hábil seguinte, e concluirá o 31 de maio de 2019.A presentación das solicitudes rea-lizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do Inega, www.inega.gal.

Convocadas achegas para a instalación de enerxías renovables

O goberno galego confirmou que a pro-hibición de plantar patacas nos 33 mu-nicipios galegos afectados pola praga da couza guatemalteca será prorrogada, a pesar de que o decreto ministerial fixaba inicialmente dous anos de corentena.Neste momento non se dan as condi-cións para levantar as restricións im-postas, dado que a praga non está erra-dicada en todos os municipios e a veda non será suspendida ata que deixen de aparecer capturas nas trampas coloca-das. Neste sentido, o voceiro do goberno lembrou que “de nada serviría levantar a veda e que nun ano volva aparecer esta praga”. Aseguran que “os expertos insis-ten en que se non hai patacas, a polilla non pode reproducirse”.Desde marzo, haberá controis e as mul-tas serán de 3.000 euros para as persoas que non fagan caso á prohibición. A Xun-ta fixo público un documento onde se detallan as zonas infestadas e as zonas tampón, que impiden a expansión.O 3 de marzo de 2017 o Consello de mi-nistros do Goberno de España aprobou un Real Decreto que prohibe o cultivo de pataca por un mínimo de dous anos. Tamén se establece unha zona tampón “os terreos comprendidos dentro dunha franxa de 5 quilómetros arredor do límite dos concellos infestados”. As disposicións sobre a zona tampón inclúen medidas de control e erradicación aplicables ás parcelas de cultivo, ás instalacións de almacenamento, ao almacenamento de patacas por particulares para autoconsu-

mo e ao movemento de patacas desde esa zona a zonas non demarcadas. Os agricultores da zona tampón estable-cida para controlar a expansión da couza guatemalteca da pataca teñen de prazo ata o vindeiro 31 de maio para presentar as súas declaracións de cultivo de tubér-culo. Así o establece unha resolución da Consellería do Medio Rural no DOG.En virtude desta resolución, prorróganse

tamén todas as medidas fitosanitarias e en concreto a expresa prohibición do cul-tivo de pataca nas zonas infestadas ata que transcorran dous anos.No DOG lémbrase que a día de hoxe os concellos infestados na Mariña son Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove.

A prohibición de plantar pataca prorrogarase un ano máis

O portavoz de Gandaría do Grupo Socia-lista, José Manuel Pérez Seco, acusou ao PP de negarse a pedirlle á Xunta medidas preventivas fronte á chegada da peste porcina africana a Galicia. Pérez Seco pre-sentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento que foi vetada polo PP, pechando os ollos así ás reclamacións do Ministerio de Agri-cultura e dos expertos en sanidade sero-lóxica no gando porcino.O responsable socialista sinalou ás reco-mendacións do Ministerio de Agricultura fronte ao risco de que este animal esten-da a peste porcina, como está a suceder no resto de Europa, con campañas de concienciación entre os sectores implica-dos para minimizar a súa entrada. Sinalou a importancia de tomar as medidas pre-ventivas antes de que a praga chegue a Galicia e evitar situacións como as que se teñen rexistrados noutras pragas.Lamentou do risco desta actitude do PP e do goberno galego de negar o problema, máxime cando “aínda que na actualida-de non existe unha vacina cen por cen eficaz, a comunidade científica prevé

tela ultimada en dous anos, aproximada-mente”, polo que urxe a “tomar medidas para evitar que os xabarís da península se infecten”.Sinalou á dificultade de controlar o move-mento dos animais dunha especie, como é o xabaril, que vén de rexistrar unha ele-vada concentración en toda Europa e un crecemento exponencial en España e Ga-licia. A última vez que entrou foi no ano 1960, sendo erradicada en 1995, malia focos localizados en 2001 e 2005, gracias ao traballo do Ministerio de Agricultura, que serviu para que o sector porcino se situara á vangarda de bioseguridade, be-nestar animal e seguridade alimentaria.Lamentou a escasa atención do goberno galego e do PP á situación desta especie en Galicia, logo de ter rexeitado sistema-ticamente as advertencias dos socialistas. A última delas tivo lugar no pasado mes de outubro, cando reclamaran un censo da poboación do xabaril e un plan de xes-tión desta especie para estabilizar á súa poboación e limitar os danos na agricul-tura, a gandaría, a circulación viaria e o equilibro medioambiental.

O PSOE reclama á Xunta e ao PP medidas preventivas contra a peste porcina

Por estas datas un importante nú-mero de gandeiros e gandeiras deste país, están a recibir as ofertas para asignar os novos contratos de comer-cialización do leite. Concretamente as empresas de maior volume de re-collida no país, están a formalizar os contratos cos produtores e produto-ras. “Pero unha vez máis a situación repítese, o sector produtor non ten ningunha opción de poder negociar o prezo do seu leite. A empresa entré-gache o contrato, e se o queres asig-nar ben, e se non deixa de te recoller o leite, tendo o gandeiro que buscar outra empresa, ou someterse as con-dicións que che impón o seu modelo de contrato”, así o explican dende Fruga, a Federación Rural Galega.Este representantes do sector afir-man que tralas mobilizacións do ano 2015, asignábase un acordo lácteo en Madrid, co fin de valorizar o prezo do leite, pasados mais de 3 anos a situa-ción segue nas mesmas. “O poder de negociación das explotacións leiteiras segue a ser nulo. No que respecta aplicación do paquete lácteo estamos a observar, que a día de hoxe os do-cumentos que se manexan, non dan ningún tipo de garantías ao sector produtor. Por un lado vemos que se pode seguir fixando o prezo do leite

en base a datos de prezos pagados, publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria, e por outra banda observamos como as garantías que se lles esixen os primeiros compradores non son suficientes garantir o cobro ás explotacións”, engaden.O decreto de identificación do leite, que entrou en vigor o pasado día 22 de xaneiro está sendo moi publicitado, soamente esixe que figure o estado de procedencia da materia prima. “Xa vimos en mais ocasións, caso da letra Q, o outros procedementos identifi-cativos, que non son suficientes para poder fixar unhas condicións mínimas que garantisen un prezo sostible, algo do que se ven falando dende o acor-do do ano 2015, e que a día de hoxe aínda non supón ningunha vantaxe na consecución duns prezos que cubran os custos de produción”, din.“A Xunta de Galicia está a falar dun plan estratéxico do sector lácteo, esperemos que este plan sirva como mínimo para poder conseguir uns prezos rendibles para os gandeiros e gandeiras galegas, do contrario o número de abandono do sector láctea seguira pola mesma senda, como vimos no último ano, no cal cerca de 500 explotacións abando-naron a produción de leite en Galiza”, conclúen.

Fruga cre que o novo etiquetado do leite non garante prezos xustos

Page 30: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

actualidade30 marzo 2019

DEPORTES

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou no recibi-mento que lle fixo o club Pescados Rubén Burela FS ás súas xogadoras que veñen de proclamarse cam-pioas e subcampioas na primeira Eurocopa Feminina de Fútbol Sala. No acto, Rivera Capón estivo acom-pañado polo alcalde de Burela, Al-fredo Llano García, o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, o presidente do Club, Manuel Blan-co, o tesoureiro, Alfredo Veiga, e o vogal, Rubén Blanco. O Goberno da Deputación colabora co Burela FS, achegando máis de 137.000 euros a través da liña de axudas destinadas a equipos que participan nas ligas de primeira e segunda categoría ab-soluta estatal.Rivera Capón subliñou que “é toda unha honra contar na provincia de Lugo cun equipo como o Burela Fút-bol Sala, que desde unha vila de ape-nas 10.000 veciños colleita grandes éxitos deportivos, é un gran exemplo de apoio ao deporte feminino e a in-tegración social”.200 deportistas de todas as cate-gorías forman parte do Club Burela Fútbol Sala. Esta entidade deportiva comezou a súa andaina no 2001 coa sección masculina e foi incremen-tándose chegando a conformar en 2008 a categoría feminina. Nestes momentos o equipo masculino mili-ta na Segunda División do fútbol sala nacional.Pola súa banda, as súas compañeiras do equipo feminino, compiten na Pri-meira División Liga Foro 16 Feminis-mo, e contan nas súas filas con tres xogadoras que veñen de acadar o pri-meiro e segundo posto da I Eurocopa de Fútbol Sala Feminino. Patricia Gon-zález Mota e Lucía Gómez González proclamáronse campioas coa Selec-ción Española, título conseguido fron-te á súa compañeira Jennifer Santos Rodrigues, da Selección de Portugal.

O Burela FS foi o primeiro club en asi-nar un Convenio Colectivo de Profe-sionais do Deporte Feminino en Espa-ña para garantir os dereitos das súas xogadoras tales como a renovación automática en caso de embarazo e medidas para a conciliación familiar.A provincia conta cunha gran poten-cialidade dentro do deporte femini-no, así o entende o Executivo Provin-

cial que incorpora nas bases das súas axudas de concorrencia competitiva baremos que valoran positivamente o deporte feminino e mixto.Ademais, as categorías inferiores do Pescados Rubén de Fútbol Sala in-tegran a máis de 140 rapaces de 9 nacionalidades estranxeiras, sendo Cabo Verde o país máis representa-do con 18 xogadores. Mozos de Se-

negal, Etiopía, Marrocos, Perú, Uru-guai, Rusia e Brasil tamén forman parte deste equipo de Fútbol Sala que xa é un referente da integración social a través do deporte.

CB BURELA. O deputado de depor-tes, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro con deportistas do Club de Baloncesto Burela para avanzar nas colaboracións entre o Executi-vo Provincial e a entidade deportiva mariñá. No acto tamén participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o concelleiro de deportes, Ramiro Fernández, e os membros da directiva do club, Manolo Cobas e Abel Fanego.O Goberno da Deputación achega ao CB Burela un total de 6.000 eu-ros, a través dun convenio de cola-boración, que serven de axuda para sufragar os gastos federativos e de temporada.Rivera Capón explicou que “o CB Bu-rela leva 15 anos facendo un gran tra-ballo polo deporte base na Comarca da Mariña, conta con 11 equipos, con 120 fichas, das que preto da meta-de son femininas, unha clara aposta polo deporte como medio para aca-dar a igualdade que desde o Goberno da Deputación compartimos”.O Club conta con equipos nas cate-gorías de babybasket, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior; dos 11 equipos 10 partici-pan na liga provincial Federada, e ademais o equipo infantil masculino compite na Liga Galega.“A pesar das dificultades, o CB Bure-la, é un dos clubs de referencia no baloncesto da Mariña e da provincia, logrando manter o número de fichas, ou incluso incrementalas, espallando o deporte e apoiando que os máis novos se formen en valores deporti-vos e desfruten dos beneficios sociais e para a saúde que a súa práctica im-plica” destacou o Deputado.

Dúas xogadoras do Burela proclamáronse campioas coa Selección Española de futsal

A polémica xurdiu tralo anuncio por par-te da Xunta de Galicia de investimentos nos campos de fútbol Pepe Barrera, en Ribadeo, e Cantarrana, en Viveiro. Unha medida que non foi ben acollida polos gobernos locais pola cuantía das axudas.A Xunta de Galicia ten reservada para a presente anualidade unha partida de 46.250 euros para colaborar coas obras de drenaxe e renovación integral do cés-pede do campo de fútbol municipal Pepe Barrera, de Ribadeo.As directivas do Ribadeo Fútbol Club e da Sociedade Deportiva Ribadeo utilizan estas instalacións, o primeiro en compe-ticións oficiais e a segunda en categorías infantís, e foron as que trasladaron esta demanda ao Goberno autonómico. Trá-tase dunha obra moi demandada polos usuarios xa que o terreo de xogo non está en boas condicións. A polémica non tar-dou en chegar cando o alcalde ribadense, Fernando Suárez, cualificou de ridícula e de mísera a achega de 46.000 euros para unhas obras que deberían ter un investi-mento superior aos 400.000 euros.O alcalde afirmou que “a intención do concello é facer un novo campo cunha renovación total do céspede, hai que levantalo, facer toda a drenaxe, nivelalo porque hai un metro e medio de desnivel dunha esquina á outra; hai que facer ta-mén un novo rego, novas canalizacións, darlle saída ao saneamento, canalizar o futuro alumeado eléctrico, hai que se-mentalo, etc”.Por outra banda, Cantarrana, o campo de Viveiro, tamén contará con melloras e un investimento similar, de 46.000, co que se pretenden realizar as obras de iluminación e reforma dos aseos públicos do campo, melloras tamén moi deman-dadas polos usuarios. A polémica neste caso xurdiu no momento da presenta-ción da axuda, xa que foron invitados os membros do club e non os represen-tantes municipais, malia ser un campo propiedade local. Asimismo a alcaldesa afirmou que existen necesidades noutros moitos campos do municipio.

As achegas aos campos de Pepe Barrera e Cantarrana crean polémica

Arriba, as xogadoras galardoadas do fútbol sala e, abaixo, o CB Burela

O veciño de Ribadeo Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de bronce no campionato galego máster de pista cu-berta celebrado en Ourense este pasado domingo. Foi concretamente na proba de 3.000 metros lisos na categoría M50. Pablo Fernández debutaba en pista cu-berta e logrou un tempo de 10 minutos e 18 segundos nesa competición. Tamén participou nas probas de 400 metros li-sos e 800, conseguindo un 6º e 5º posto.Nese campionato o Club Atletismo Lourenzá tamén estivo representado por Juan Luís Méndez, que participou nas probas 60 metros lisos, 200 metros listos e 400 metros lisos, nas que conseguiu un 4º posto, na primeira delas, e senllos quintos postos nas dous seguintes.

Bronce para o Club Atletismo Lourenzá

Os deportistas, recibindo as súas medallas trala proba deportiva

As localidades da provincia de Lugo da Pontenova, Trabada e Meira acolle-ron, aproveitando o Entroido, os cam-pionatos galegos de seleccións comar-cais das categorías infantil feminino, alevín masculino e benxamín, respec-tivamente. Foi unha gran xornada de fútbol sala na que participaron case 400 nenos e nenas que se deron cita en este gran día representando ás se-leccións das distintas delegacións de Ferrol, A Coruña, A Costa, Lugo, San-tiago, Ourense, Vigo e Pontevedra.

En canto aos resultados, proclamou-se campioa a selección de Lugo nas categorías alevín feminino e infantil masculino. Tamén gañaron A Coruña na categoría benxamín, Ferrol na ale-vín masculino e Ourense na infantil. A selección luguesa fixo un gran papel nas tres categorías pero non chegou a ningunha das tres fi nais. En benxa-míns gañou dous partidos e perdeu un e en alevín empatou dous e gañou o terceiro. As rapazas, de categoría infantil, tiveron un resultado de cada.

A Pontenova, Trabada e Meira acolleron os campionatos galegos de seleccións comarcais

Page 31: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 31

O Deputado de Deportes, Pablo Ri-vera Capón, avanzou que o Executivo da Deputación a cuantía das axudas a deportistas individuais lucenses, aumentándoas nun 20%. Son un to-tal de 185 bolsas que se distribuirán en réxime de concorrencia competi-tiva e que suman, no seu conxunto, 85.500 euros. O prazo de solicitude das mesmas abrirase, probablemen-te, nas vindeiras semanas, logo da súa publicación na Base Nacional de Subvencións e no BOP.Rivera Capón destacou que “tráta-se da contía máis alta de axudas a deportistas individuais que ofrece-mos, pois queremos recoñecemos o esforzo dos nosos deportistas, que son os mellores embaixadores que podemos ter, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e es-tranxeiro.“Somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica de-portiva profesional, polos elevados custes de desprazamentos, inscri-cións en competicións ou material técnico, dificultades que se incre-mentan no caso dos deportes indi-viduais, por iso quixemos estar ao voso carón e axudarvos, na medida do posible, con estas axudas”.Son axudas de concorrencia compe-titiva, que van dos 300 aos 1.500 e aos que todos os deportistas lucen-ses interesados poderán concorrer.

Na súa concesión, teranse en conta aspectos como os resultados acada-dos en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, así mesmo valóranse a integración gra-zas as bolsas dedicadas integramen-te a deportistas con capacidades diferentes.O prazo para solicitar as axudas de concorrencia competitiva para os clubs e entidades deportivas da provincia manterase aberto ata o vindeiro 18 de marzo e, ao tratarse de axudas de concorrencia compe-titiva, poden solicitalas todos os interesados. Toda a información e requisitos, así como a documenta-ción necesaria atópase na páxina web da Deputación www.deputa-cionlugo.gal.O importe mínimo das axudas á ac-tividade competitiva será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a cantidade mínima a percibir será de 300 euros e a máxi-ma de 2.000 euros.Tamén saen publicadas no BOP as bases para as axudas de concorren-cia non competitiva destinadas aos clubs deportivos da provincia de Pri-meira e Segunda división Nacional, e non constituídos como SAD. Estes equipos son o Durán Maquinaria En-sino, o Pescados Rubén Burela Fút-bol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Club Voleibol Emevé.

Últimos días para solicitar as axudas a entidades deportivas da Deputación

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición do Raid Gallaecia, unha proba mul-tideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 de-portistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acom-pañado polo deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que des-correrá a proba.O presidente destacou que “A Mari-ña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as compe-ticións que unen deporte e o patri-monio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Cha-llenge, un evento que encheu Riba-deo de afeccionados ao surf, e agora temos outro bo exemplo: este Raid Gallaecia, un evento oficial puntua-ble para as series mundiais, na que os equipos pasarán tres días unindo diversas disciplinas deportivas”.Trátase dunha carreira de aventu-ras por equipos, necesariamente mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, espe-leoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de com-petición. O percorrido transcorrera

polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio as-turiano de Castropol, sendo Viveiro centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros que contará con partici-pantes de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza e incluso de Uruguai e Brasil, ademais de equipos de di-versos puntos da península”.Campos Conde explicou que “trá-tase doutra boa oportunidade para exportar o noso patrimonio natural como atractivo turístico e deportivo. Temos moito máis que ofrecer ade-mais das praias; o interior da Mariña é unha zona descoñecida para moi-tos, cun gran potencial polo seu va-lor ecolóxico e turístico”.

Os equipos estarán localizados en cada momento grazas a tecnoloxía creada especificamente para este tipo de probas, que ademais permi-tirá monitorizar o cumprimento das normas e os puntos de paso máis interesantes para poder observar a competición.“O evento ten unhas características moi particulares, é probable que os participantes veñan xunto con acompañantes, familia, amigos e se-guidores, que contarán cunha guía con información para seguir a carrei-ra, con puntos de paso dos competi-dores, así como lugares de interese turístico, natural e gastronómico na zona” explicou o presidente da Man-comunidade da Mariña.

A Mariña acollerá a proba internacional Raid Gallaecia

Un momento da presentación do evento en Viveiro

O deputado de Deportes, Pablo Rive-ra Capón, xunto co alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, participaron nun adestramento dos xogadores das categorías de base da ADF Porto Burela na Marosa, para comprobar os traballos realizados na renovación da iluminación do campo mariñao, grazas a unha aportación de 50.000 euros do Executivo Provincial. Estiveron acompañados polo director deportivo do club, Jaime Pérez.O deputado explicou que “estas ac-tuacións responden a unha deman-da por parte dos equipos que xogan e adestran neste campo. Trátase da substitución das luces existentes por 18 luminarias, que supoñen ademais da mellora da visibilidade, a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%. Moitos equipos adestran nun horario no que xa non contan con luz natural, e con esta obra conseguimos potenciar a práctica deportiva e res-pectar o medio ambiente de toda esta zona”.O Campo de herba artificial da Ma-rosa, de titularidade municipal, é usado polos equipos de base da ADF Porto Burela onde xogan de locais, ademais de como campo de adestra-mento para os xogadores da SD Bu-rela que milita en Primeira División

Rexional. Estas actuacións no campo únense ás executadas recentemente para renovar os vestiarios e que con-taron cunha achega de 100.000 euros da Deputación.Rivera Capón explicou que: “nesta temporada a ADF Porto Burela e o Bu-rela SD decidiron continuar xuntos a súa andaina, agrupando as categorías de base co equipo sénior, grazas ao cal contan con preto de 100 licencias, o obxectivo desta unión é unha aposta que compartimos desde o Goberno da Deputación, pois pretende fomentar

a base como canteira e así reforzar o equipo sénior”.O 2018 foi un ano importante para o club mariñao, ademais da unión da Asociación para o Fomento do Depor-te Porto Burela e da Sociedade Depor-tiva Burela, o equipo sénior acadou o ascenso a primeira categoría autonó-mica e conquistou a Copa Deputación, o que supuxo un premio de 6.000 eu-ros, que se suman aos 4.000 euros de axuda que a AD Porto Burela acadou para sufragar gastos federativos e de temporada.

O campo da Marosa conta cunha nova iluminación

Visita do deputado de Deportes ao campo da Marosa

O Concello de Mondoñedo impulsa a 30 Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia, que se desenvol-verá na localidade mariñá os días 16 e 17 de marzo. A alcaldesa destaca o labor da comisión organizadora, que preside Miguel Arias, para poñer en marcha esta actividade que “xa é un referente na Mariña, pois son moitos os afeccionados que chegan de dis-tintos puntos de Galicia e incluso de España”.A concentración iniciarase o día 16, ás 12.00 horas, coa inscrición dos partici-pantes, os cales poderán degustar un ágape de benvida. Ás 16.00 horas, ini-ciarase a programación de xogos e de sorteos para, ás 17:00 horas, continuar coa exhibición acrobática de motos na

avenida de Bos Aires. Ás 20:00 horas, os moteiros farán unha ruta turística polo pobo e, ás 21:15 horas, degus-tarán unha cea, seguida da verbena amenizada pola orquestra Pontevedra.O día 17, logo do almorzo, os partici-pantes desfrutarán dunha ruta turís-tica pola Mariña, que concluirá cunha comida no pavillón municipal. Duran-te a sobremesa haberá tamén xogos, sorteos e outras actividades coas que a organización pretende agasallar aos asistentes.Miguel Arias agradece a colaboración e apoio da entidade local, pois “grazas a ela, podemos celebrar esta macro concentración, da que xa podemos dicir, que é unha iniciativa consolidada en Mondoñedo, na zona e en Galicia”.

Mondoñedo acolle a XXX Invernal de Galicia

Page 32: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

32 marzo 2019 reportaxe

unha ollada polo rural

“Antes traballaba de fotógrafa de bo-das, bautizos e comunións e quedei no paro”. Así explica Inés López como comezou a súa aventura vexetal esta vivairense afincada na parroquia xer-madense de Cabreiros, que abriu un obrador de cociña 100% vexetal para elaborar pratos e postres sen ovos, nin leite, nin manteiga . “Xa fai uns seis anos que a miña parella tivo un problema intestinal e non podía comer produtos refina-dos”, di para explicar como come-zou a cociñar pratos vexetais ou con outros ingredentes. Esto fixo que profundizara no seu pequeno gusto pola cociña. Sendo unha persoa au-todidacta e despois de moito practi-car e de facer cursos e talleres, Inés comezou a elaborar os seus delicio-sos e orixinais biscoitos.Unha vez coa idea na cabeza, viu o momento de buscar unha ubicación acorde con este traballo tan artesán e natural. “Tiñamos claro que que-ríamos algo no rural, por exemplo no meu caso, para ter unha horta coa que abastecer a cociña”, acla-ra Inés. Así despois de moito mirar, atoparon un lugar perfecto para os seus proxectos na parroquia xerma-dense de Cabreiros, donde fai vida e mostra a súa creatividade nos fo-góns.Inés López é unha artesá da cociña,

viu un interese popular na cociña vexetal, así que aproveitou este fi-lón e lanzouse a montar SenSucre, nome oficial da súa pequena em-presa emprendedora dedicada á elaboración de pasteis e biscoitos con produtos naturais. A súa oferta é 100% vexetal, apta para veganos e moi ecolóxica, aínda que non teña o selo de calidade. A súa primeira liña de traballo é a Doce, na que se centra na elaboración de diferentes produtos de repostería sen usar su-cre, tan só endozando con estevia e usando fariñas integrais ou de es-pelta.Ademais, Inés aposta polos produ-tos de tempada, como por exem-plo os pasteis que se poden atopar agora, como a laranxa ou cabaza, ademais doutras froitas que están todo o ano. Complementa todo o coidado que lle mete ao plato con facer unha bonita presentación do seu pastel, porque o que lle gusta é “facer unha cociña rica, saudable e vistosa”.Traballa por encargo pero tamén ten algúns puntos de ventas, como o Mercado da Terra en Lugo ou a cooperativa coruñesa Zocamiñoca, vinculados todos eles á cociña eco-lóxica.Esta cociñeira ten claro que o seu seguinte paso é abrir unha liña

Salgada, na que ten idea de facer patés vexetais, pesto ou falafel. Tra-taríase de pratos máis elaborados, pero quere que siga a mesma liña de sostenibilidade e de coherencia vexetal.Pero para seguir ampliando o seu negocio tradicional e profundamen-te artesanal, Inés está pendente de diferentes permisos, pero, sobre todo, do financiamento necesario para seguir adiante porque como ela dí, “tan só coas boas ideas non se vai a ningures”.A súa cociña orixinal e totalmen-te diferente estase a convertir nun exemplo seguido por moitos afeccio-nados á cociña cen por cento vexetal e sen aditivos. Así, polo momento realiza obradoiros e talleres nos co-lexios e centros sociais da contorna cando a chaman e non dubida en se-guir creando cousas novas.Para os namorados da gastronomía, non deixa de ser un exemplo de orixinalidade e saber facer combi-nando unha alimentación totalmen-te saudable cunha presentación in-maculada e diferente.

Inés cambiou a cámara fotográfica polos fogónsEsta emprendedora viveirense, afincada en Cabreiros, elabora de forma 100% vexetal unha liña de produtos doces

A súa elaboración orixinal e

diferenciada estase a convertir nun

exemplo seguido por moitos afeccionados polo cen por cento

vexetal e sen aditivos

Bundt de cabaza e laranxa confitadaIngredientes:300gr. de fariña de espelta integral.50 gr. de fariña de garavanzo.300 gr. de pure de cabaza ( cabaza cocida con auga xusta para cubrir, sen sal, e pasada pola batidora) a temperatura ambiente.200 gr. de zume de laranxa.50 gr de aceite de oliva virxe extra.4 ml de estevia.8 gr de gasificante e unha pizca de bicarbonato.unha pizca de sal2 laranxas (a ralladura e o zume , que máis ou menos xa son os 200 gr)Para confitadar: 1 laranxa e 100 gr. de panela, ou azucre de coco e 125 gr. de auga

Elaboración:Lavamos ben a laranxa e cortámola en láminas duns 3 mm. Nunha pota de base ancha poñemos o azucre elixido e a auga mesturados e poñemos a ferver. Cando empezo o fervor dispoñemos as láminas de laranxas de maneira que todas toquen o líquido e non superen as dúas capas, baixamos o lume ao mínimo e deixámolo durante unha hora máis ou menos, ata que se faga caramelo. Sacamos as laranxas e deixámolas arre-friar nunha reixa e reservamos o caramelo para usar en calquera outra elaboración.

Para o biscoito:Precalentamos o horno a 170º. Rallamos a pel das dúas laranxas e as exprimimos. Nun bol mesturamos os ingredientes secos (fariñas, sal, bicarbonato e gasificante). Mes-turamos o puré, o zume, a estevia e a ralladura. Engadimos os líquidos aos sólidos e mesturamos ben. Collemos o molde e poñemos as laranxas confitadas no fondo e envorcamos a mestura. Levamos ao forno durante uns 30-35 minutos. Hai que ir vixiando xa que, dependendo da altura e material do molde, tardará máis ou menos.

Page 33: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019actualidade 33

MÁIS NOVAS

A Plataforma Galega en Defensa do En-sino Público iniciou unha campaña social de fomento das matriculacións nos cen-tros educativos públicos do país coin-cidindo co período ordinario de novas matrículas, que pechará e o 20 do mes de marzo. A campaña, baixo o lema Faite do Ensino Público centrarase nos propios centros educativos, nas Anpas e no teci-do asociativo do país. A Plataforma cha-ma igualmente aos concellos a sensibili-zar a pais e nais das vantaxes que ofrece o ensino público e a promover un ensi-no público e de calidade, ao tempo que critica que a propia Xunta non execute ningunha campaña neste sentido cando estamos a falar de centros de titularida-de da propia administración autonómica.As diferentes organizacións que con-forman a Plataforma defenden que se aposte pola escolarización en centros públicos e lamentan que no debate para modificar a LOE que tivo lugar no Conse-llo Escolar do Estado non saísen adiante propostas conducentes a reducir os con-

certos educativos, apostando decidida-mente pola rede pública, que debe ser única e universal.O ensino público galego escolariza no presente curso escolar ao 70% do to-tal do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, fronte a un 28% dos centros concertados e un 2% de centros privados sen concerto. Estas cifras son similares no caso da ESO (79-27-3) e no caso do Bacharelato son do 82% na rede pública e un 18% na rede privada. Estas porcentaxes, con lixeiras variacións, man-téñense desde hai máis dunha década malia que se teña producido un incre-mento importante de unidades concer-tadas en centros privados e unha redu-ción de aulas públicas.A Plataforma Galega en Defensa do En-sino Público amosa a súa preocupación pola deriva ultraliberal que se está a dar en comunidades autónomas gobernadas polo PP, nas que se está a financiar con fondos públicos o Bacharelato (Madrid) ou se pretende comezar a facelo.

A Plataforma Galega inicia unha campaña para promover a matrícula nos centros públicos

A deputada do BNG, Noa Presas re-clamou á Xunta desenvolver as dedu-cións do IRPF das familias monopa-rentais de maneira paralela a criterios redistributivos co nivel de renda.Na actualidade, afirmou, o Partido po-pular non cumpre coa Lei nun aspec-to que suporía un importante avance na xustiza social e das mulleres xa que son elas as que liderano 83% as familias monoparentais. Os impostos recaen, explicou, fundamentalmente nas rendas de traballo e dende o BNG apostamos “por un equilibrio diferen-te”. Nesta iniciativa, recalcou, aborda-mos “un reparto máis xusto” porque, o modelo da declaración de renda permaneceu inalterado durante a dé-cada da crise económica e agora, todo indica que estamos ante unha fase de crecemento.A nacionalista insistiu en que a pesar do crecemento das grandes cifras, vivimos “nunha sociedade máis des-igual”, froito de decisións dos gober-nos do Partido popular na Xunta e no Estado durante os últimos anos.Para a deputada, a “situación é insos-tible”. Segundo os datos oficiais do propio IGE no 2007, Galiza contaba con 89.879 fogares monoparentais e no último dato dispoñíbel, do 2017 o número é de 104.925 fogares mono-parentais, o que constitúe o 9,88% do total dos fogares. Aumentaron o tipo de fogares “pero a situación econó-mica non avanza, máis ben, dixo, hai un retroceso para as maiorías sociais”.Presas lembrou que a Lei de Familia galega non só naceu da falta de vonta-

de de diálogo dunha maioría absoluta do PP no 2011, senón que bebe direc-tamente dese contexto: “O período do intento de Contrarreforma da Lei do aborto que quixo impoñer o Partido Popular e que foi freado polo feminis-mo na rúa”.Tras o anuncio do voto en contra do Partido popular á iniciativa nacionalis-ta, Presas avanzou que o BNG seguirá traballando para superar o actual mar-co. A nosa proposta, recalcou é de “mínimos” e de seren aprobada moitas mulleres serían beneficiadas pero unha vez, máis constatamos que o PP non quere avanzar nesta materia. “Voste-des, non tomaron nota do 8M e agora xa temos outro motivo máis para saír a rúa o vindeiro 8 de marzo”, concluíu.

ATENCIÓN PRIMARIA. O BNG solicita a comparecencia do conselleiro de

Sanidade, Jesús Almuíña para que ex-plique, no Parlamento galego, as me-didas sobre o novo Plan de Atención Primaria que a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado cualifica de “saída en falso”.A deputada e portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado asegura que o novo plan do Partido popular “non responde ás demandas urxentes” re-clamadas por diferentes colectivos da Sanidade Pública galega e engade que está trufado de “ambigüidades e non concreta prazos” para a súa exe-cución.Por outra parte, tampouco prevé a re-cuperación das xerencias de Atención Primaria con capacidade de “decisión, resolución e orzamentos necesarios” para a aplicación das 175 medidas e propón, exclusivamente, un director con funcións de coordinación.

O BNG acusa ao PP de non cumprir a lei coas familias monoparentais

A deputada do BNG Noa Presas, na súa comparecencia

Tras a comparecencia do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez para explicar as previsións do seu de-partamento, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas afirmou que o actual modelo do Partido popular centrase nun modelo intensivo, de gran impacto ambiental e máis “máis eucalipto”. O abandono do rural, dixo, é notorio e para mostra as 7.600 explotacións leiteiras das que moi poucas dispoñen de base territorial sufi-ciente para seren sostibles.O deputado criticou que o leite galego sexa entregado a multinacionais para a súa transformación e o pouco que queda do sector lácteo, ao albur destas empre-sas. O Partido popular “nunca apostou polo sector transformador”, lonxe de di-versificar, avoga polo “monocultivo” so-bre o que unha vez máis “manda ENCE”. Neste sentido afirmou que a pasteira aspira a converter Galiza nunha grande plantación de eucaliptos. Pero, a princi-pal riqueza de Galiza, explicou o nacio-nalista, sigue residindo na “fertilidade do seu chan, no clima e na forza de traballo e adaptación da súa xente”.Xosé Luís Rivas salientou que o medio rural galego continúa na senda da despo-boación, o avellentamento e abandono das actividades agrarias polas política erráticas do Partido popular. Toda a ri-queza agraria e gandeira, foi desmante-lada en favor dunha política forestal que supera, con creces, as 300 mil hectáreas. “ O rural galego foi desmantelado para darllo a catro mangantes”, sentenciou o deputado do BNG.

Na súa intervención o parlamentario pre-guntou ao conselleiro cantos concellos están a mudar o uso de terras para des-tinalas a plantacións encubertas de eu-calipto, “unha propaganda electoral moi valiosa para o Partido popular”. Lonxe de diversificar e seguir as pautas que mar-ca o país, o PP aposta polo monocultivo como conplemento ás “ridículas pen-sións agrarias” e un acaparamento de terra agraria e un monte sen planifica-ción a pesar da súa grande riqueza. Neste sentido, lembrou que a ordenación do monte foi abordada polo Bloque Nacio-nalista galego co ex-conselleiro Alfredo Suárez Canal durante o goberno biparti-to, unha planificación, dixo Rivas, que o Partido popular botou abaixo á súa che-gada á Xunta. O PP, “non ten proxecto de país e ENCE ten outro destino para este espazo”.

Rivas alerta da captación de terras agrarias para plantacións encubertas

Xosé Luis Rivas, no Parlamento

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a avogada laboralista, Teresa Burgo, denunciaron ás portas dos xulgados de Lugo a discriminación que padece a provincia en materia xudicial coas negativas tanto do goberno central como autonómico a dotar a Lugo cun cuarto xulgado do social e outro especí-fico para tratar os asuntos de violencia machista. Villares sinalou que esta “dis-criminación” era especialmente grave para as “traballadoras” e supuña un desprezo da cidadanía lucense en xeral e das mulleres en particular.A avogada laboralista Teresa Burgo apuntou que a negativa do goberno central a conceder un cuarto xulgado do social para a provincia “supón un prexuízo para as traballadoras da pro-vincia e un agravio comparativo se se analiza a situación de Lugo en compara-ción con Ourense. Luís Villares apuntou que non se entendía a decisión do go-berno de Pedro Sánchez “negando un xulgado que está máis que xustificado”.

Luís Villares sinalou que esta decisión non era entendible para un goberno progresista, “esperamos que estas non sexan as políticas do PSOE de Pedro Sánchez deixando de ter en conta os dereitos da cidadanía”. Pola súa parte, Teresa Burgo apuntou que quen re-sultaba máis prexudicado por esta ne-gativa eran as traballadoras. Precisou que cos tres xulgados do social que ten actualmente Lugo “estanse sinalando xuízos para dentro de dous anos”. Bur-go sinalou que este feito era “moi grave para traballadoras que están pendentes das resolucións xudiciais para cobrar porque supón que non poderán cobrar os cartos neses dous anos e, en moitos casos, é posible que eses sexan os seus únicos ingresos”.O voceiro de En Marea apuntou a nece-sidade de facer outras políticas en deci-sións e lembrou que o Partido Popular votou no Parlamento en contra de que Lugo contase cun xulgado específico contra a violencia machista.

BNG. Pola súa banda, a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, avanzou que o partido levará iniciativas ás institucións para que Lugo conte co cuarto . Para o BNG, a creación deste xulgado “non é unha necesidade, se non unha urxen-cia” xa que se acumulan retrasos nos proceso xudiciais moi por enriba dos ratios que ten establecidos o Consello Xeral do Poder Xudicial.“As consecuencias da carencia deste xulgado van a pagalas as traballadoras e traballadores de Lugo” afirmou Rodil e apuntou que “os retrasos existentes supoñen de xeito real unha vulneración dos dereitos reais das traballadoras e traballadores que agardan por unha re-solución xudicial”. Mentres, o Grupo Parlamentario Popu-lar presentou unha moción dirixida á Comisión de Xustiza do Senado na que insta ao Goberno á creación dun novo Xulgado do social en Lugo, dada a ele-vada carga de traballo que soportan os órganos xa existentes.

Os partidos únense para pedir de novo un xulgado do Social para Lugo

Page 34: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

34 marzo 2019 opinión

COLABORACIÓNS

Hola de novo lectores, espero que o artigo anterior fose do voso agrado, hoxe vamos a tratar un tema sin duda

moi interesante, falaremos un pou-co sobre os mitos nutricionais Son múltiples os mitos nutricionais que nos podemos atopar día a día falando cos nosos amigos , familia-res ou inluso en boca de profesio-náis da saúde non reciclados con coñecementos nutricionais total-mente obsoletos, pois ben, hoxe va-mos a falar acerca de estos temas pero con información contrastada e actualizada.Vamos empezar co mito de que co-mer máis de 2-3 ovos a semana é malo para o colesterol, efectiva-mente a xema do ovo é rica en co-lesterol pero tamén en vitaminas liposolubles como a vitamina A y E , é o alimento que nos proporciona a proteína de maior calidade, aporta omega 3 e 6 e tamén una boa re-lación entre grasas saturadas e po-liinsaturadas co cal lexos de actuar negativamente a nivel cardiovas-cular podemos decir que ten máis beneficios que contraindicacións, actualmente sabemos que o co-lesterol da xema do ovo ten baixa biodisponibilidade, é decir, o noso corpo non asimila o 100% co coles-terol que nos proporciona por 100gr de xema. A inxesta de colesterol que se recomenda tomar na dieta ronda os 300mg , un ovo mediano aporta

aprox 200mg de colesterol do cal o noso organismo absorbe no intes-tino aprox o 15% é decir uns 60mg de colesterol co cal ainda teríamos 240mg de marxe para non sobrepa-sar o límite diario.Diversos estudios comprobaron que a inxesta de 1 ovo diario ten multi-ples beneficio para a saúde e tamén para a saúde cardiovascular.Agora é o turno dos alimentos light, na miña opinión iso é un “quero e non podo”, a maioría de estos ali-mentos son máis baixos en calorías e azucre é certo, pero que sexan baixos en calorías non significa que sexan saudables.Vamos citar varios exemplos, un refrescos sin azucre non é sano para o noso organismo, temos que pensar que ese sabor doce ao non levar azucre lógrase a base de adi-tivos químicos como potenciadores de sabor, estabilizantes etc , todos esos aditivos inflaman o noso or-ganismo dende o fígado pasando por articulacións , texido muscular e incluso destrucción da microbiota intestina (flora intestinal) , un re-fresco con azucre é malo e vai supor maior impacto a nivel glucémico en sange que un refresco sin azucre ,pero tanto uns como outros non son boas opcións.No tema da leite por exemplo eu sempre recomendo leite e lácteos enteiros xa que son alimentos con maior valor nutritivo, por exemplo una leite enteira nos proporciona vitaminas liposolubles (vitaminas que se atopan en alimentos con graxa) que una leite descrema-da non aporta, graxas liposolubes como a vitamina D (moi importante

no norte de España) , vitamina A e EEdulcorantes artificiales como a sa-carina, aspartamo , cliclamato etc tampouco son opcións saudables, son edulcorantes sin azucre e sin impacto negativo a nivel glucémico pero son nocivos para a nosa saude, debemos edulcorar con edulcoran-tes naturais como a canela, dátiles , unha stevia pero de calidade non química ou ben recurrir a edul-corantes como a mel ou a azucre de panela, pero ollo , tanto a mel como a panela non deixan de conter azucre co cal deberemos limitar o seu consumo a 2 cucharillas por día como máximo.En canto a siropes de chocolate sin azucre, fariñas de avena sabor oreo pero sin azucre e un sinfín máis de alimentos que hoxe en día a indus-tria alimentaria nos proporciona non debemos de caer en ese erro, debemos de pensar o seguinte, ¿como un alimento sabe tan doce sin levar nada de azucre? Pois é fá-cil, eso consíguese a base de incluir unha gran cantidade de aditivos químicos que nos aportan ese sa-bor sin sumar calorías, pero tedes que ser conscientes de que estos aditivos así como esos productos deben estar vetados na nosa ali-mentación. O meu consello é que comades ali-mentos de calidade , comida de sempre, comida sin envasar e sin procesar, debemos de reeducarnos tanto a nivel nutricional como ree-ducar o noso paladar, o que hoxe parece imposible dentro de uns me-ses será unha realidade, debemos gañar a batalla ao azucre e graxas hidroxenadas.

Noel López Pinín Centro de Bienestar

Mitos nutricionaisNUTRICIÓN

Non é que o que vou co-mentar sexa nada novo, nin que me colla por sor-presa, pero,ainda así, non podo evitar que me remo-

va por dentro e que me pregunte como pode haber xente, que non persoas, dis-postas a todo e, porén, a utilizar a quen sexa, con tal de acadar os seus fins.Estou a referirme a utilización sen escrú-pulos que se fai da violencia de xénero e das súas vítimas cando, como ocorre agora, hai unhas eleccións a porta.Da igual a cor política, a esquerda ou a dereita, ou os que non o teñen nada claro, que tamén os hai. Todos, por moi-to que presuman de ser diferentes uns dos outros, teñen algo en común, ben desprezable, por certo: Unha ambición desmedida por chegar ao poder, ou por mantelo, se é que xa deron o salto a él.Todo vale para lograr o seu obxectivo, e por eso non dubidan en utilizar sen es-crúpulos a que, por moi mal que soe, é a causa de moda, a causa que vende. E por desgraza, a violencia de xénero non soamente vende, se non que pode che-gar a ser, e de feito o fai, un lucrativo e suculento negocio para moitos.Da igual a indiferenza que exhibiron sen pudor durante anos, mentras os asasi-natos de mulleres se sucedían, mentras eran mais que evidentes as mentiras que nos contaban dicindo que nos esta-ban a protexer, mentras quedaba claro que as medidas que dicían tomar eran puro atrezzo, que se utilizaban cando o teatro o requería para facer un decora-do que pretendían víramos como real, e que se aparcaba cando a función chega-ba ao seu fin.Ficaban indiferentes ante vidas e mais vidas salvaxemente segadas, e non soa-mente de mulleres. Son xa moitos os nenos e nenas aos que a violencia ma-chista se levou por diante.Tan so abandoaban o seu letargo para desplegar toda a súa hipocresía neses noxentos e ineficaces minutos de silen-cio, ou para protagonizar algún acto deses protagonizados por “vips”, sem-pre a procura da foto e da imaxe coa que venderse como implicados, para retornar o mais rápidamente posible a esa vida súa plácida onde a violencia de xénero semella non existir.Agora ben, no momento que as elec-cións comezan a albiscarse, e como se un toque de diana deses que nos tempos nos que ainda existía a mili espertaba aos soldados lles fixera rexurdir do seu sono, un sono algo mais que profundo, toda a conciencia, a implicación e a em-patía coas mulleres que están a ser mal-tratadas brotaran de súpeto, e a esgalla.As promesas, que case sempre rematan sendo o mesmo: mentiras baleiras, as

baterías de medidas case máxicas, os actos onde exercen o postureo mais im-púdico, o achegamento as vítimas ou a determinados colectivos que fan moito ruido e pouco mais, pero cos que teñen un excelente entendemento, por razóns obvias, xa que ese toma e daca favo-rece a todas as partes, comezan a ser, durante meses, o pan noso de cada día, un pan que a xente que coñecemos de preto a dor da violencia de xénero,que vivimos cada día en primeira persoa o terror de moitas mulleres as que mes-mo respirar lles resulta case imposible, fai que se nos revolva o estómago e nos den desexos de berrar ou de agocharnos ata que o show, porque eso é o que é, puro show, remate, de carraxe, de pura impotencia.Sobrevoan como voitres a menor opor-tunidade de sair na foto, de demostrar a súa “sensibilidade”, e toda a pasividade que os caracterizou ata ese momento e substituída por unha actividade frenéti-ca que, mesmo sabendo que forma par-te do espectáculo, consigue, as veces, dar a sensación de que realmente nos van a axudar, de que se preocupan por rematar con ese feminicidio que, lonxe de remitir, semella medrar case cada día. Charlas aquí, xornadas alá, obra-doiros noutro lado, xuntanzas con quen queda ben na foto, van ser o seu día a día ata que a campaña remate, ata que algúns deles consigan, por fin, o tan an-siado poder.Eu teño claro que non serviría para po-lítica, e o meu xa afastado e efímero achegamento a ela non fixo mais que confirmarmo. Non concibo, nin son quen de entender como se pode xogar coa dor, cos sentementos, tan só a procura de votos e dunha cadeira que a mais dun e dunha lles vai se non a solucionar a vida, se a mellorala notablemente.Pola contra, o que si teño claro, porque a propia vida fixo que así fora, e que, ma-lia que semelle ser unha frase feita, ou un tópico que non chega a facerse real, o tempo vai poñendo a todos no seu sitio, vai dando e quitando razóns. Non falla. Poida que as veces sintamos que se demora demasiado, e a miudo así é, pero soamente se trata deso, dunha de-mora. Que ninguén o dubide. E quen se move soamente por interese, por puro afán de poder, ao final recollerá o que sementou, por moito que poida seme-llar imposible nos momentos de “gloria”.Ainda así, e mentras chega ese momen-to, que, insisto, chegará, señores e se-ñoras políticas, permitan que as vítimas de violencia de xénero, as súas crianzas, cantos traballamos codo con codo con eles cada día tentando tenderlles unha man lles fagamos un rogo: deixen de utilizarnos.Non somos mercadorías, nin estratexias electorais.Somos persoas, persoas con moita dor as costas. Se queren medrar, hai dúas opcións que tal vez deberan considerar. Traballo e honestidade.Saben de que lles falo?.

As vítimas de violencia de xénero somos persoas.Non estratexias electorais

Marta R. EngrobaAsc. Si, hai saída.

COUSAS DA VIDA MESMA

Non cabe dúbida de que cada mes ten o seu en-canto. Tal vez febreiro chame a atención polo rañas que é en todo,

curto en días, parco en sol, escaso de cores e rebosante, no entanto, de humidade. Monótono de clima, rañas en vestir prados e montañas. Agora con neve, néboa e nubes que se lle es-capan ao sol, olas con desbordamien-tos que fan que os arroios queiran ser ríos e que os ríos queiran ser mar.Non, non é febreiro un mes que des-punte. E, con todo, febreiro é febreiro con Martes de Carnaval, Mércores de Cinza, 14 de febreiro e 23 de febreiro.As dúas primeiras enfrontadas polo espírito e as dúas últimas pola cor.

Aínda que a batalla entre don Carnal e doña Cuaresma ben distinta é da que se quería entablar entre a do 14 de febreiro e 23 de febreiro.E é que, a do 14 de febreiro, día de San Valentín, é a festa do vermello vivo e a do 23 de febreiro, quixo ser a festa negra contra os vermellos vivos .¡Que paradoxa!, febreiro, tan curto en todo e con guerra de cores. Menos mal que aquela democracia, díscola e aloucada, coa súa mocidade soubo diferenciar martes de carnaval de al-

zamiento nacional. E aínda que parco en cousas e aloucado en festas sou-bo apartar desmanes de desmadres, cabreos de involuciones, nostalxia de tempos pasados, de que vale máis unha España vermella que rota.E é que a xente segue preferindo o vermello do corazón a lume que se-para, que rompe, que apaga, que en-casilla. E quixo esquecer e esqueceu o do chan.Non, por Deus, onde estea o vermello da paixón, do amor, da ilusión, que se quiten os tejero, porque o seu ver-mello nacía para non deixar vivir. E o vermello de san Valentín nace para convivir.Todos preferimos o vermello que os quinceañeros asoman aos seus corpos o día de san Valentín cal ca-taratas de amor. Son borbotones en-garzados en calquera sorriso, en cal-quera guiño, en calquera adeus. Nos beizos e bicos vermellos

Ramon Hermida

Falando de coresCARTA ABERTA

Page 35: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 35opinión

Fai algo máis dun mes aparecía no Facebook da asociación “Os pelu-diños” de Vilalba unha publicación na que in-

dicaban que precisaban casas de acollida para que os cans que ti-ñan ao seu cargo puidesen pasar a ola de frío que se aproximaba, no calor dunha casa. Entre as fotos que aparecían, unha chamoume a atención, unha cadeliña branca de ollos tristes. Así como que non quere á cousa, deixei caer que poderíamos trae-la para casa durante un tempo, xa temos dúas, pero ¿quen podía resistirse?. Falamos cunha das rapazas que levan a asociación e fumos a co-ñecer a Hanna, “non é sinxelo” nos dixeron. E é verdade, Hanna ten moito medo, trema por todo, ás veces gruñe e non te mira case nunca, pero cando o fai, eses olli-ños transmiten que a súa vida ata o de agora, non debeu ser fácil.Durante unhas semanas Hanna e máis eu saimos a pasear os fins de semana para afacernos a unha coa outra, as veces non quería an-dar, outras parábase en seco ante calquera ruído, se a acariciabas por sorpresa asustábase... e o que me parecía máis incrible de todo, non quería chuches, eses premios que volven tolas as miñas outras cadelas a ela dábanlle igual, só tremía e metía o rabo entre as patas.Cando trouxemos a Hanna para casa aínda tardou uns días en afacerse ao seu novo entorno, ao principio non quería saír da cama que lle puxemos, tremía cando

cruxía o chan, cando chamaban ao timbre ou cando escoitaba algún ruído. No prazo dunha se-mana foi collendo un pouquiño de confianza, asomaba o fuciño pola porta e achegábase ata onde es-tábamos, aínda que despois vol-vera para o seu sitio... Todo pare-cía ir ben. O sábado pasado mentres paseá-bamos algo asustouna, soltouse do arnés e escapou, só me deu tempo a ver o seu rabiño branco alonxarse cada vez máis á presa. A sensación de culpa que tiven foi inmensa. A buscamos durante todo o día coa axuda das rapa-zas da asociación que tentaban calmar a miña sensación de pro-funda inutilidade no coidado de aquela cadeliña tan temerosa. “Non te preocupes, xa verás como aparece” dicíanme. Eu tamén mo repetía a ver si era capaz de crée-lo, aínda que fose só un pouquiño. E apareceu, non tardou moito, o día seguinte estaba diante da por-ta do refuxio. Toda a culpa do día anterior converteuse en ledicia cando nos avisaron de que apare-cera. Fomos a buscala e a trouxe-mos de novo con nós.Ter un animal ao noso cargo su-pón ademais dunha responsabili-dade, un proceso de adaptación que debemos superar e que inclúe coñecer e aceptar as característi-cas da nosa mascota e estar dis-postos a superar obstáculos. Se aínda non sabes se estás pre-parado para adoptar definitiva-mente, podes facerte casa de aco-llida ofrecendo de xeito temporal a túa casa a un deses animaliños sen fogar. Se pensas que non vas ter tempo ou o teu entorno non acepta a idea, tamén podes co-laborar nas tarefas de limpeza e coidado facéndote voluntario ou apadriñando a algún deles, as op-cións para axudalos son múltiples ¿anímaste a botarlles unha man?

Lara Real LemaPsies Psicoloxía

MARABILLOSA-MENTE

Hanna

E non ten trazas de parar. Estamos a referírmonos ás mortes acontecidas en diferentes puntos do País, podando ou cortando ár-

bores, no que levamos de ano. Xa son media ducia os homes que van aló realizando eses típicos traballos de campo que, como moitos outros, levan consigo certa perigosidade, aínda que sendo considerados ruti-narios non se toman as medidas de seguridade axeitadas. Despois de cada fatal accidente, onde as víti-mas están a ser de diferentes ida-des, desde novos ata vellos, acháca-se á mala fortuna, ó destino –tíñaa aí-, pero polo xeral é a imprudencia a causa principal. Calquera actividade laboral conle-va riscos, en maior ou menor medi-da, sobre todo cando manipulamos maquinaria, ou temos que realizala nun terreo non uniforme ou subirnos ás alturas. O traballo de podar e ta-lar non debería tomarse a broma e cumpriría tomar unhas precaucións acordes ó que se vai realizar. Incluso

o sector da madeira, onde se presu-me unha profesionalidade, estanse producindo accidentes con resultado de morte. Neste punto reiteramos unha e mil veces máis a falta de concienciación en todo o referido á prevención de riscos laborais, un au-téntico debe no agro galego. Cando vemos nos medios de comunicación unha visita insitucional a unha in-fraestrutura en obras, sexa unha es-trada, un edificio, etc. e observamos as autoridades paseando cun casco marelo na cabeza, provoca a lóxica brincadeira, mais non o é en absolu-to. Temos unha asignatura pendente que non somos quen de aprobala porque en xeral, nin a preparamos, nin temos interese en pasar o corres-pondente exame. Xorden varias questión a ter en con-ta, a primeira se dispoñemos de formación para poñernos a traba-llar con algunhas máquinas, como por exemplo as motoserras. Acaso asistimos a unha mínima charla so-bre o modo de utilizala e como evi-tar accidentes que, nalgúns casos poden ser moi graves… A segunda, temos consciencia suficiente de que esas actividades que os nosos an-cestros realizaban habitualmente poden xerar perigo… E por último,

queremos aprender a evitar posi-bles males nesas tarefas cotiás do campo ou seguimos igual… Se o pensamos ben e imos respostando unha a unha, sae un non –salvando excepcións- rotundo. Resulta inaceptable esa cifra de mortos en apenas sesenta días de ano, algunhas delas tamén na nosa bisbarra e arredores. Son falece-mentos que se podían ter evitado se simplemente fósemos quen de seguir unhas mínimas precaucións. Insistimos novamente -e non para-remos de facelo- na necesidade de desenvolver todo un plan que inclúa a formación en prevención de riscos laborais. É imprescindible levar a cabo esa labor de concienciación; cómpre educar a aqueles que, ben de forma habitual ou ben esporadi-camente, se poñen a realizar estas labouras agrícolas. De non facelo, moito nos tememos que nos vindei-ros meses precisaremos algo máis cós dedos das mans para contar os membros desa fatídica lista. Entón virán as lamentacións.Queda pendente a análise doutra lacra do agro galego, como é os ac-cidentes mortais de tractor. Outra triste realidade que nos sacude a cotío. Pero, para outra ocasión.

Pablo Veiga

A lista continúaCOA NOSA VOZ

Hai uns días que a libra-ría Bahía, na céntrica Avenida da Mariña de Foz, luce un escaparate diferente no que as mulle-

res somos protagonistas. Un escapara-te feminista, quizáis o primeiro que se atreve a abordar de modo totalmente explícito a temática na nosa comarca. É unha creación de Katova e Noa, que aproveita elementos do entorno e in-clúe a pintura para lograr un resultado rechamante, case como un collage en tres dimensións: amosa un grupo de mulleres tirando conxuntamente dun-ha rede na que recollen unha colleita de libros do fondo do mar. Estas son as nosas amigas e compañeiras, que participaron deixándose fotografar. A fotografía orixinal está tamén exposta no escaparate. As dúas artistas fixeron a instalación o pasado día 21 coa colabo-ración dos libreiros Cielo e Miguel, ante a ollada das persoas que pasaban pola rúa. A obra poderá ser contemplada ata o vindeiro día 18. O interesante deste escaparate é que non só se trata dunha expresión artísti-ca, senón de toda unha declaración de principios. Na Mariña hai un potente movemento de mulleres, que ven de moi atrás no tempo, pero que colleu forza xa antes do 8 do pasado marzo, durante

os seus preparativos, nos que se impli-caron multitude delas: mulleres que an-tes non opinaban, non se atrevían, non participaban, e que hoxe, novamente, con enerxías renovadas, estanse pre-parando xunto coas súas compañeiras para saír ás rúas o vindeiro 8M. Todas ellas vanse sumando a este grande mo-vemento que logrou manter á marxe os partidos políticos, porque vai moito máis aló destes. O movemento feminis-ta impulsa liderazgos emerxentes e va-riados, de mulleres de todas as idades, e goza de boa saúde se consideramos a importante cantidade de mulleres novas que están implicándose xunto a outras maiores. Cada vez que unha de nós pro-pón unha actividade, as demáis apoiá-mola sen reparos, porque sabemos en que dirección camiñamos e sobran os falsos debates. Iso é empoderamento. É por iso polo que cando cantamos “so-mos unha para todas, somos todas para unha” decímolo co corazón na man. E non hai nada tan potente como unha verdade baseada no coñecemento com-partido. O feminismo na Mariña xa conta cun-ha batucada, tamén existen redes de mulleres que celebran xuntanzas en di-ferentes espazos e que están a facer na vida cotiá o que amosa o escaparate: tirar xuntas desa rede nun exercicio de colaboración voluntaria e consciente, no que non sobra ninguén. No futuro, sería desexable que os homes estivesen ta-mén implicados, como xa están algúns, porque o feminismo non é a loita das mulleres contra os homes: é o esforzo

colectivo para sanar unha sociedade profundamente enferma polo patriarca-do e polo capitalismo, dous sistemas re-troalimentados de dominación cultural e de sometemento político e económico que fan das mulleres obxectos e propie-dades dos homes, pero que tamén alie-nan finalmente a estes últimos, e que destrúen os nosos sistemas ecolóxicos e culturais. E que carga esa rede da que tiran as mulleres?... Pois no escaparate, libros, pero no día a día, a rede das mulleres da Mariña carga unha cultura política e social diferente que estamos a construír entre todas nós “feministamente”, como di outra das nosas cancións. Cultura e cultivar son palabras que veñen da mes-ma raíz, e nós estamos a construír esta nova cultura cultivándonos todas xun-tas, compartindo saberes nos espazos que estamos abrindo, nas xuntanzas: saberes para coidarnos entre nós, para o corpo, a mente e o espíritu. Saberes para fomentar economías colaborativas e rescatar os nosos ecosistemas degra-dados. Así estamos medrando como colectivo, pero tamén como persoas. Porque somos moi conscientes de que os cambios que queremos ver no mun-do comezarán tamén por cada unha de nós, e que cada avance realizado por unha compañeira é un avance para to-das. É o principio da filosofía Ubuntu: “se gañan todas, gañas ti”. Estamos convencidas de que esta transformación de cada persoa é totalmente necesaria para parir un novo mundo, e que nada se conseguirá delegando a nosa respon-

sabilidade: é a hora de asumila, é a hora de loitar. É por iso que nós estamos a facer cultu-ra sen complexos, aproveitando todas as capacidades e os talentos que temos, que son moitos. Necesitamos todas as mans e todas as mentes. Así, o martes 5 de marzo, ás 20:00 h. presentaremos na libraría Bahía de Foz, arriba menciona-da, o libro “Puta no se nace” da xorna-lista Karmele Marchante, un interesante traballo de investigación que nos ache-ga ao trasfondo da prostitución desde unha mirada crítica, nun evento aberto a todas as persoas interesadas. Todas estas ideas son as que contén o escaparate. Pero o escaparate ao vivo somos, en realidade, todas nós. Temos

dúas citas próximas: o domingo 3 de marzo en Lugo, onde haberá unha ma-nifestación feminista nacional galega, e o vindeiro venres 8, facendo unha folga de traballo, estudo, coidados e consu-mo, e no que estaremos nas nosas vilas pola mañá e manifestándonos nova-mente pola tarde, xa tódalas mariñás xuntas, en Burela. Como é sabido “non se pode matar unha idea” e o feminismo está cheo delas. Chegou para quedarse e dar froito. Se cadra xa es parte deste movemento e aínda non o sabes, por-que cada persoa é distinta e aproxímase aos cambios por camiños diversos. Pero se estás traballando por eles, non dubi-des: formas tamén parte de nós.

O escaparate das mulleres

Katova

POLA OUTRA BANDA

Page 36: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

36 marzo 2019 sociedade

O programa Catuxa chegou ao IES Enrique Muruais da Pontenova para seguir sensibilizando sobre igualdade de xénero cos máis cativos.

Mondoñedo homenaxeou a Carmen Casasnovas pola súa xubilación despois de 22 anos de traballo no Centro Sociocomunitario e quixeron darlle as grazas polo seu traballo.

27 alumnos e profesores do Collège Via Domitia de Poussan de Francia participaron nun intercam-bio estudantil co IES Monte Castelo.

Educando en Familia, de Ribadeo, estivo a celebrar coas familias o Entroido no CEIP Gregorio Sanz.

Trinta persoas asistiron en Burela ao curso de iniciación á poda e ao inxerto, impartido por Luisa Mª Granja, enxeñeira técnica agrícola.

Acisa Ribadeo fixo a súa oitava Gala, na que se conmemorou o 30 aniversario da constitución da asociación.

Os alumnos do CEIP Virxe do Carme recibiron uns marcapáxinas coa imaxe de Rosalía de Castro. Outros Ceips, o IES de Burela e os usuarios da Biblioteca Municipal tamén o recibiron.

Co gallo da conmemoración do Día da Muller organizouse un campionato de tute na Casa do Mar de San Cibrao.

Page 37: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 37sociedade

O primeiro premio do Entroido en Foz foi para TAS qué Pías. No certame participaron 2.000 persoas, segundo o Concello, e foi visto por outras 20.000.

Un grupo de sendeiristas de Vegadeo realizaron a ruta circular de Burela, que ten unha lonxitude duns 16 quilómetros. Xunto a eles estivo o presidente da asociación Pasada das Cabras.

Foi inaugurada na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición Síntese, que recolleu 23 fotografías dos participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II.

Alumnado de 1º de Primaria do Ceip Virxe do Carme de Burela participou nunha actividade denominada O meu xardín.

O alumnado de 3º da ESO do colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús viaxou a Madrid para asistir ao musical Billy Elliot no Teatro Nuevo Alcalá.

Na Casa do Mar de San Cibrao expuxéronse unhas instantáneas re-presentativas da vila e da súa relación co mundo mariño.

Os usuarios da asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña estiveron a colaborar na elabo-ración da Sardiña do Entroido deste 2019, que organiza Dambara.

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, realizaron un taller de cociña de entroido cos usuarios da Fundación Eu Son.

Page 38: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

38 marzo 2019 cultura

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

AXENDA DA MARIÑA

TEATRO16 de marzo A nena e o grilo máis aló 23 de marzo CommediaViveiro

MERCADO DE PRIMAVERA23 de marzoO Valadouro

XOVE COSTA TRAIL24 de marzoXove

TEATRO24 de marzo Un mal díaO Vicedo

MAXIA6 de abril Mago Cayetano LledóFoz

TEATRO6 de abril Que cousas pasan no camiño4 de maio Oé, oé, oé1 de xuño Sé infiel y no mires con quienTrabada

FOLIADA NORDESTÍA13 de abrilSan Cibrao

CAMOVI27 e 28 de abrilViveiro

CONCERTO DE BLAS CANTÓ30 de abrilMondoñedo

EVENTOSCONCETRACIÓN DE MOTOS3 ao 5 de maioO Valadouro

TEATRO4 de maio Castrapo 5 de maio Sainetes e poesía escénicaViveiro

EXPOMAR9, 10, 11 e 12 de maio Burela

RIBADEO DE TAPEO11 ao 19 de maio Ribadeo

TRAIL DO CAOLÍN19 de maio O Vicedo

PATRONAIS DE BURELA31 de maio ata o 3 de xuñoBurela

RESURRECTION FEST3, 4, 5 e 6 de xullo Viveiro

RIBADEO INDIANO6 de xullo Ribadeo

FESTIVAL ATURUXO19 e 20 de xullo Bravos, Ourol

CURSOSCURSO DE CARPINTERÍA12, 13 e 14 de abrilSan Cibrao

CURSO INFORMÁTICAMarzo e abrilAula CeMit de Barreiros

CURSO DE BAILE DE SALÓNAta o 9 de xulloBurela

50 ANOS: DO PIZARRÍN Ó PORTATILAta o 31 de marzoColexio Sagrado Corazón de Jesúsde Ribadeo

CLICK!23 de marzoCasa da Cultura do Vicedo

EXPOSICIÓNS

TELÉFONOS DE INTERESE

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Marítima: 982 57 51 53

Máis eventos en:www.amariñaxa.com

Page 39: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

marzo 2019 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Marifé SixtoXerente do Museo do

Mel do Valadouro

un libro un disco

El libro de las abejas, descubrir y perservar su maravilloso mundo

Calquera dos 80

unha película unha personaxe histórica

Green Book Frida Kahlo

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Viveiro en Semana Santa A Coruña

unha comida unha bebida

Troitas Gin tonic

que visitar?

O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centearios e de gran tamaño. Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de 1860 para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o Avó de Chavín, de 126 anos, cunha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte.

Souto da RetortaChavín, Viveiro

que ler?

que ver?

Unha curtametraxe que serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta. O conxunto semella incla-sificable: a área de descanso da autovía Madrid-Vigo convertida en zona cero dunha invasión alieníxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlántico que mudará en épica a distopía. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéticos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben podería ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a partir dunha app, afirmou o autor nunha entrevista.

Relatos para televisiónXabier Cordal, narrativa

que escoitar?

Ultraligero é o quinto álbum de Novidades Carminha. Anúnciase como “unha viaxe de ida e volta polas cavilacións da música de baile”. Achéganse a registros como o dub, a rumba, o funk-soul, a cumbia, a música disco, o chiptune, o hip-hop máis espacial ou o dancehall. Gravado de forma íntegra fóra diso Ya no te veo (Estudos Mans) no Estudo La Mina de Sevilla con produción de Raúl Pérez e a propia banda. Espaciaron a gravación das cancións en diferentes fases (desde a primeira delas, Te quiero igual, na primeira metade de 2017; ata a última fase de produción, a principios de decembro de 2018, pasou case un ano e medio).Inclúe avances como Te quiero igual, El vivo al baile, Verbena, Ya no te veo, e Hay un sitio pa ti.

Novedades CarminhaUltraligero, 2019

Unha nova versión do clásico das novelas de Arthur Conan Doyle que presentará de novo a Sherlock Holmes e ao seu querido e leal amigo, o doutor James Watson. A película dirixida e escrita por Etan Coen, Tropic Thunder, pretende aportar un novo toque de humor ao personaxe británico introducindo unha trama aínda descoñecida. O reparto da película está composto por Will Ferrell como Holmes, John C. Reilly como o doutor Watson e Kelly Macdonald como a señorita Hudson. Ademais, a película conta tamén coas intervencións de Ralph Fiennes, Hugh Laurie, Rebecca Hall, Lauren Lapkus e Rob Bryden.

Holmes & WatsonEtan Cohen, 2019

Page 40: nº 3 marzo 2019 Convocada unha As mulleres únense amariña ...amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_MARZO_2019_nu… · sión da Alcaldía de Xove de non levar a pleno a

40 marzo 2019 publicidade