Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Na actualidade estamos vivindo unha situación excepcional, nova para
todos/as nós. Intentamos adaptarnos aos acontecementos tan precipitados
e ás medidas que tivemos que levar a cabo con carácter urxente.
Estes días debemos ser responsables e quedarnos na casa.
Sabemos que é complexo e que vivir illado e con incerteza pode afectar ao
noso estado de ánimo.
Explícalle aos teus fillos/as a realidade de forma clara e transmitindo só o
necesario.
Apórtalle seguridade e explícalle o por que da importancia de facer o
correcto e quedar na casa.
Infórmate de forma adecuada. A información debe ser a necesaria e provir
sempre de fontes oficiais. Hai que evitar a sobreinformación e falar
constantemente do tema, xa que pode xerar inquietude.
Sé crítico coa información que recibes, pois existen numerosas noticias
falsas que afianzan o temor e non favorecen a tranquilidade.
A nosa vida vai cambiar por un tempo polo que é importante fixar uns
hábitos e rutinas novos.
É posible que durante distintos momentos do día coincidamos varias
persoas na casa polo que cómpre organizar tempos e espazos. Pode ser
útil facer un horario no que se especifiquen as actividades que imos a
realizar ao longo do día.
É fundamental, manter o horario habitual en canto ao sono e á
alimentación.
Fixa un tempo para a realización das tarefas escolares e tempo para o ocio.
Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da
familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros do fogar.
Dedica momentos do día para falar en familia de cómo nos sentimos. Pactar
unhas normas de convivencia na casa que faciliten a vida a todos/as.
É un bo momento para ensinarlle aos fillos/as a ser persoas máis
autónomas e que colaboren no fogar.
Poñer e quitar a mesa, fregar a louza, facer a cama, ordenar a habitación,
varrer...
Lembrar a importancia da hixiene do lavado de mans frecuentemente.
Si, sabemos que é difícil facelo na casa, pero lembrade que nalgún
momento todo volverá á normalidade, e para entón é mellor que cheguedes
coas materias ao día.
Estudar axúdamos a manternos coa mente ocupada e a volver á
normalidade cando todo isto pase (porque pasará).
O profesorado enviará tarefas a través do correo electrónico, mediante a
Aula virtual ou a través de Edixgal. Hai que revisar estes medios e dedicar
un tempo ás tarefas escolares. Algunhas ideas:
Elaborar un horario semanal de estudo. Unha boa maneira de organizarse
pode ser seguir a orde de materias que temos fixada no horario de clase.
Incluír tempos de descanso no horario.
Usar a axenda escolar para anotar as tarefas que temos que realizar e
entregar.
Na medida do posible, manter un espazo na casa para realizar as tarefas
académicas, libre de ruídos e distraccións.
É unha boa ocasión para repasar aqueles contidos que non temos de todo
claros, facer actividades pendentes, elaborar resumos, esquemas...
É importante reservar un tempo de lecer diario para facer aquelas cousas
que nos gustan, pero adaptándonos á nova situación. Hai moitas
posibilidades! A lectura, pintura, xogos de mesa, cine na casa,
manualidades, facer deporte...Tamén hai ofertas de ocio cultural moi
interesantes coma as visitas virtuais a museos (Louvre, Prado, Reina
Sofía...) e concertos online (#yomequedoencasa festival, #cuarentenafest).
O uso de pantallas e videoxogos debe ser limitado e supervisado. Aínda
que sexamos máis flexibles pola situación que estamos vivindo, é
fundamental facer un uso correcto dos medios tecnolóxicos.
Aínda que teñamos que estar na casa, podemos seguir mantendo o
contacto con amig@s, familiares, veciñ@s, compañeir@s...
É positivo estar en contacto pero sen alimentar o medo nin a
intranquilidade, hai que manter a calma, pois estamos facendo o correcto,
ficar na casa!, e temos moitas outras cousas das que falar!
É unha boa oportunidade para facer aquelas cousas que temos aparcadas ou que
nunca atopamos cando facer, tamén para desenvolver a creatividade ou mesmo
para estar máis tempo xunt@s e desfrutar dos seres queridos. Vivir en
complicidade e harmonía é o que nos toca estes días, e por que non...aprender a
cociñar ou facer aquela receita que temos pendente, concursos e xogos en familia...
Mantén o humor, coida os pensamentos e as emocións, para estar ben e
responder axeitadamente cando os ánimos decaian. Intentaremos ser
asertivos e coidar a forma en que nos comunicamos cos demais, as cousas
son máis levadeiras se nos respectamos e facemos por entendernos.
Evita a obsesión, coida e preocúpate dos demais pero tamén de ti mesm@:
recibir luz natural 20 minutos ao día, dieta equilibrada (na medida do
posible), facer exercicio físico e durmir.
Está permitido, non hai por que estar sempre facendo algo. Procura
manterte ocupad@, pero se nalgún momento te aburres, é normal!,
ademais de ser unha moi boa fonte de creatividade.
Se necesitades resolver calquera dúbida ou precisades asesoramento tendes os seguintes correos electrónicos á vosa disposición:
[email protected] (ESO e FP Básica)
[email protected] (Bacharelato, FP e Educación de Adultos)
Na páxina web do instituto iremos publicando información de interese para toda a comunidade educativa.
UNHA APERTA PARA TODOS/AS
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN