2
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO A CORCOVA DOS CAMELOS A noite do 24 de decembro, en tres lugares distintos do mundo, tres reis astrónomos, Melchor, Gaspar e Baltasar, descubriron que unha estrela brillaba no alto do ceo e se movía cara Israel. Ao vela notaron como o seu corazón se enchía de paz, amor e alegría, e decidiron seguila para saber a onde se dirixía. Foi unha dura viaxe para os tres, pero finalmente se atoparon e decidiron continuar xuntos, para facer máis levadeiro o camiño. A estrela conduciunos a través das estepas nevadas, da sabana chea de feras, das perigosas ondas do mar, de selvas poboadas de serpes, ata que chegaron ao borde dun deserto, onde mercaron cadanseu camelo cos que atravesar as dunas. O camiño sobre a area do deserto era máis complicado do que pensababan. Pouco a pouco as súas reservas de auga se foron esgotando e comezaron a racionar a que lle quedaba nas súas alforxas: un dedal de auga para cada un deles, e outro dedal para cada un dos animais. O rei Melchor fixo soar a bota na que levaban a auga, sentindo que, a aquel ritmo, non quedaba para máis de tres días. As dunas parecían non ter fin, como un océano de area que se extendía ata o horizonte. Aquela noite, cando lle ofreceu o dedal de auga ao seu camelo, quedou abraiado ao descubrir que éste podía falar e que lle dicía: -Bo rei, os camelos rexeitaremos o noso dedal de auga, porque é importante que vós, os tres reis, cheguedes ata o voso destino e adoredes ao Neno que trouxo paz, amor e alegría aos vosos corazóns. Sete días despois, logo dunha dura viaxe, os reis chegaron a Belén e se encamiñaron ao portal sobre o que brillaba a estrela. Os camelos, sedentos porque non beberan nin unha pinga de auga nunha semana, arfaban. Nun pesebre, o Neno ría, e con cada un dos seus sorrisos enchía o corazón dos pastores que o adoraban en paz, amor e alegría. Os tres reis desmontaron dos camelos, inclináronse ante Xesús e pousaron os regalos que trouxeran: ouro, incenso e mirra. O neno Deus estirou unha man e tocou o fuciño dun dos camelos. Éste sentíu unha gran sensación de paz no seu interior, e que xa non estaba sedento; en agradecemento por levar aos reis magos ata Belén, o Neno concedéralle aos camelos a capacidade de amorear na súa corcova auga suficiente para camiñar polo deserto e nunca máis pasar sede.

Nadal Exipto

  • Upload
    andrea

  • View
    244

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Citation preview

Page 1: Nadal Exipto

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

A CORCOVA DOS CAMELOS

A noite do 24 de decembro, en tres lugares distintos do mundo, tres reis astrónomos,

Melchor, Gaspar e Baltasar, descubriron que unha estrela brillaba no alto do ceo e se

movía cara Israel.

Ao vela notaron como o seu corazón se enchía de paz, amor e alegría, e decidiron seguila

para saber a onde se dirixía. Foi unha dura viaxe para os tres, pero finalmente se

atoparon e decidiron continuar xuntos, para facer máis levadeiro o camiño. A estrela

conduciunos a través das estepas nevadas, da sabana chea de feras, das perigosas

ondas do mar, de selvas poboadas de serpes, ata que chegaron ao borde dun deserto,

onde mercaron cadanseu camelo cos que atravesar as dunas.

O camiño sobre a area do deserto era máis complicado do que pensababan. Pouco a

pouco as súas reservas de auga se foron esgotando e comezaron a racionar a que lle

quedaba nas súas alforxas: un dedal de auga para cada un deles, e outro dedal para cada

un dos animais. O rei Melchor fixo soar a bota na que levaban a auga, sentindo que, a

aquel ritmo, non quedaba para máis de tres días.

As dunas parecían non ter fin, como un océano de area que se extendía ata o horizonte.

Aquela noite, cando lle ofreceu o dedal de auga ao seu camelo, quedou

abraiado ao descubrir que éste podía falar e que lle dicía:

-Bo rei, os camelos rexeitaremos o noso dedal de auga, porque é

importante que vós, os tres reis, cheguedes ata o voso destino e

adoredes ao Neno que trouxo paz, amor e alegría aos vosos corazóns.

Sete días despois, logo dunha dura viaxe, os reis chegaron a Belén e se

encamiñaron ao portal sobre o que brillaba a estrela. Os camelos,

sedentos porque non beberan nin unha pinga de auga nunha semana,

arfaban. Nun pesebre, o Neno ría, e con cada un dos seus sorrisos

enchía o corazón dos pastores que o adoraban en paz, amor e alegría.

Os tres reis desmontaron dos camelos, inclináronse ante Xesús e pousaron os regalos

que trouxeran: ouro, incenso e mirra.

O neno Deus estirou unha man e tocou o fuciño dun dos camelos. Éste sentíu unha gran

sensación de paz no seu interior, e que xa non estaba sedento; en agradecemento por

levar aos reis magos ata Belén, o Neno concedéralle aos camelos a capacidade de

amorear na súa corcova auga suficiente para camiñar polo deserto e nunca máis pasar

sede.

Page 2: Nadal Exipto

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

TRADICIÓNS DE EXIPTO

Milad Majid

Nos corenta días anteriores ao Nadal, a xente de Exipto fai un xaxún de

produtos derivados dos animais, e non comen carne nin queixo, nin beben leite.

É moi típico comer un pan sagrado chamado Qurban, que significa ofrenda, nel

debúxase unha cruz e doce puntos que representan aos doce apóstolos.

Como en Exipto se rixen por un calendario distinto ao noso, celebran o nadal o

7 de xaneiro.