Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
MÁSTER UNIVERSITARIO EN FILOSOFÍA. COÑECEMENTO E CIDADANÍA
GUÍA DOCENTE | 2016-17
SIGNO, REPRESENTACIÓN,
REALIDADE
1
1. INFORMACIÓN BÁSICA
DESCRICIÓN
A materia ten o código P5251102. É unha materia troncal e obrigatoria do módulo I, do
Máster universitario en Filosofía. Coñecemento e cidadanía, que xunto as outras cinco
materias deste módulo pretenden proporcionar unha formación común aos estudantes. Esta
materia impártese durante o primeiro semestre. É de 3 créditos ECTS (divididos segundo o
Plan Docente Anual en: 21 h. de clases, das cales, 9h. son de docencia expositiva, 12h. son
de docencia interactiva e 3 h. son de títorías de grupo; 52 h. de traballo persoal do/a
estudante, incluídas lecturas, estudo e realización de tarefas). A materia impártese na
facultade de Filosofía.
PRERREQUISITOS
Non require necesariamente dunha formación previa, aínda que ter cursado o Grao en
Filosofía e, en especial, ter coñecementos xerais sobre nocións básicas de semiótica ou
filosofía da linguaxe resultará de moita utilidade.
IMPARTICIÓN
Será impartida en lingua galega. De haber estudantes que por provir de fóra do territorio
galego teñan dificultades co idioma, recibirán todas as explicacións precisas para unha
comprensión adecuada dos contidos durante o horario de titorías (o programa está
dispoñible en castelán nesta ligazón):
https://usc.es/gl/centros/filosofia/materia.html?materia=111086&ano=67
A materia impártea a profesora titular da Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia, Mª Uxía
Rivas Monroy.
A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, será subida á
páxina desta no campus virtual da USC.
O horario da materia é o seguinte:
2
Aulas expositivas: luns de 19:00 a 20:30h.
Aulas interactivas: martes de 17:30 a 19:00h.
TITORÍAS
O horario de titorías é o seguinte: luns de 10:00 a 11:00h. e de 12:30 a 14:00h.; mércores de
11:00 a 12:30h.; xoves de 11:00-12:30h.; e venres de 10:00 a 11.00h., no despacho D-328,
situado no 3º andar. No caso de haber modificación do mesmo, indicarase ao comezo de
curso.
O número de teléfono do despacho é o: 881812525 (ou extensión 12525). O correo
electrónico é: [email protected] Por calquera destes medios pode acordarse o
establecemento de titorías particulares no caso xustificado de non poder consultar dúbidas
ou calquera particular no horario oficial establecido.
2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN
BLOQUE FORMATIVO NO QUE INTEGRA A MATERIA
É unha das materias troncal e obrigatoria que se oferta no Máster universitario en Filosofía.
Coñecemento e cidadanía dende a Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia. É unha materia
pertencente ao Módulo I, que comprende tamén as seguintes materias “Cidadanía, xustiza e
democracia”, “O concepto antropolóxico da cultura e da diversidade cultural”, “Ciencia,
técnica e pensamento”, “Problemas de estética contemporánea” e “Técnicas de traballos de
investigación”.
PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOQUE
A materia pretende ofrecer unha aproximación xeral a distintas maneiras de comprender o
que é o signo e a representación sígnica a partir das propostas de notables semióticos e
filósofos da linguaxe do século pasado, prestando atención á dimensión semántica e
pragmática incluídas nelas. Outro obxectivo que se pretende é estimular a reflexión acerca
de cómo estes modelos de representación sígnica están directamente relacionados con
3
distintas concepcións da noción de verdade e de realidade, coma as propostas polo
pragmatismo ou a filosofía analítica. Finalmente, preténdese tamén incidir na virtualidade
inherente aos modelos de representación sígnica e na dimensión creativa que o signo
propicia mediante a construción de realidades de ficción ou virtuais.
3. OBXECTIVOS DA MATERIA
Posuír e comprender os coñecementos propios do curso:
Aproximación teórica ás distintas maneiras de entender o signo e a representación sígnica, a
través dos representantes máis salientables da semiótica e a filosofía analítica, a saber, F. de
Saussure, C.S. Peirce, G. Frege, L. Wittgenstein, J. Austin, C. Morris, R. Barthes e U. Eco.
b) Poñer de relevo os diferentes elementos de reflexión destacados nas diferentes
aproximacións teóricas á concepción do signo e a representación sígnica e as consecuencias
que disto se seguen, a saber, a exclusión/inclusión do obxecto, as condicións de posibilidade
da representación, etc.
c) Destacar o cambio de enfoque producido a mediados do século XX coa introdución da
dimensión pragmática na representación sígnica.
d) Contrapoñer o modelo de representación sígnica propio da filosofía analítica,
fundamentalmente semántico, centrado na noción de verdade e o concepto de realidade xa
dado, ao que presenta a concepción pragmatista da verdade, no que verdade e realidade se
constrúen conxuntamente.
e) Prestar atención á dimensión da acción sígnica como construtora de mundos de ficción e
creación de novas realidades.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
1. Competencias básicas e xerais
4
CG1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en
relación a achegas investigadoras.
CG2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar,
formular e resolver problemas do noso tempo.
CG3 - Que os/as estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e
solucións propostas.
CG4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude
proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na
práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser
orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de
investigación.
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de
resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis
amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á
complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou
limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación
dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e
razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito
claro e sen ambigüidades.
5
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan
continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS T RANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar s analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e
dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así
como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
CE1 - Coñecer e comprender consideracións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos
do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito
da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos
relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos e deliberar
conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
Adquisición de experiencia na presentación oral das ideas propias
Esta consiste en saber presentar en público as propias posicións e facelo de maneira
argumentada, propiciando o debate e a crítica (CG1, CG3, CG4, CB6, CB7, CB8, CB9,
CB10, CT1, CE3, CE5, CE6,). A dinámica das clases interactivas busca axudar ao
6
desenvolvemento desta competencia, pero nas clases de docencia expositiva tamén hai
lugar para as mesmas, aínda que en menor medida.
Desenvolvemento das capacidades de comprensión e análise
Ao realizarse certas prácticas sobre a base de lecturas feitas con anterioridade terá que
desenvolverse a capacidade de comprensión do texto, en particular da literatura filosófica
(CG1, CG2, CG4, CG5, CB6, CE1, CB10). Así mesmo, terase que exercer a análise dos
textos seleccionados, prestando atención aos argumentos principais, á introdución de
terminoloxía específica necesaria para expresión adecuada das ideas, aos obxectivos e os
problemas que no texto se pretenden resolver, etc. (CB8, CT1, CT2, CE4, CE5,).
Procurarase tamén fomentar a crítica ás ideas expostas nos textos a partir dos coñecementos
adquiridos (CB6, CB7, CT3, CT4).
Desenvolvemento da capacidade de composición de ensaios
Isto implica ter competencias nos seguintes aspectos:
(a) Planificar e organizar unha investigación, por reducido que sexa o alcance desta (CG1,
CB10, CE2, CE4).
(b) Busca e manexo das fontes bibliográficas (CT2).
(c) Comprensión da linguaxe técnica adecuada (CE6).
(d) Exposición de ideas e, en consecuencia, estruturación do propio texto escrito
(CE3.,CE5, CE6).
(e) Coñecemento e uso dos distintos requisitos formais á hora de presentar un texto escrito
(CE2).
d) Valoración e crítica das ideas expostas e elaboradas (CT3, CT4, CE5).
4. CONTIDOS
I) DOCENCIA EXPOSITIVA
1. Teorías da representación sígnica
7
1.1. O modelo diádico do signo: a arbitrariedade do signo (a exclusión do obxecto): Saussure,
Eco.
1.2. O modelo triádico do signo: a función epistémica do signo (a inclusión do obxecto): Frege,
Peirce, Morris, Barthes.
1.3. As condicións de posibilidade da representación sígnica (o elemento común a
representación e representado): Saussure, Frege, Peirce, Wittgenstein.
1.4. A dimensión pragmática da representación: Wittgenstein, Austin e Morris.
2. A representación científica
2.1. Verdade e realidade dende o pragmatismo.
2.1.1. A máxima pragmática en Peirce e James.
2.1.2. A concepción da verdade en Peirce como converxencia e acordo da comunidade de
investigadores a longo prazo.
2.1.3. A concepción da verdade de James como proceso de verificación, orientación e
conservación.
2.2. Verdade e realidade dende a filosofía analítica.
3. A acción sígnica. Virtualidade, ficción e realidade
3.1. A acción sígnica como construtora de realidades.
3.2. A virtualidade sígnica.
II) DOCENCIA INTERACTIVA
i) ANÁLISE DOS TEXTOS QUE SE INDICAN A CONTINUACIÓN (Total ou
parcialmente, a realizar na aula)
1. Teorías da representación sígnica
1.1. O modelo diádico do signo: a arbitrariedade do signo (a exclusión do obxecto):
Saussure, Eco
I) DE SAUSSURE, F., Capítulo I: “Natureza do signo lingüístico”, da Primeira parte
“Principios xerais” do Curso de lingüística xeral, pp. 99-108.
8
II) ECO, U., Tratado de semiótica general, Lumen: Barcelona, 1985, pp. 30-31, 99-101, 117-
129, 130-132.
a) 0.1.3. “Unha teoría da ‘mentira’, pp. 30-31.
b) 2.1. “A función semiótica”, pp. 99-101.
c) 2.5. “Contido e referente”, pp. 117-129.
d) 2.6. “O significado como unidade cultural”, pp. 130-132.
1.2. O modelo triádico do signo: a función epistémica do signo (a inclusión do obxecto):
Frege, Peirce, Morris, Barthes
I) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). También en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). También en Escritos filosóficos,
Crítica:Barcelona, 1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
II) PEIRCE, C.S.: “Carta a Victoria Lady Welby”, 23/12/1908, en C.S. Peirce, Obra lógico-
semiótica, Taurus: Madrid, 1987, pp. 133-144 (especialmente, pp.: 139-142).
III) MORRIS, C.: 2. “Semiosis y semiótica” en C. Morris, Fundamentos de la teoría de los
signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985, pp.: 27-41.
IV) BARTHES, R., Elementos de semioloxía, Alberto Corazón: Madrid 1971. Tamén en
“Elementos de semioloxía” en La aventura semiológica, Paidós: Barcelona, 1990.
a) “Introdución” e apartado 1.2: “Perspectivas semiolóxicas” do capítulo 1: “Lingua e
fala” do libro Elementos de semioloxía.
b) Apartado 2.1: “O signo” do capítulo 2: “Significado e significante” do libro Elementos
de semioloxía.
1.3. As condicións de posibilidade da representación sígnica (o elemento común a
representación e representado): Saussure, Frege, Peirce, Wittgenstein (Tractatus,
Investigacións filosóficas)
9
I) DE SAUSSURE, F., Capítulo IV: “O valor lingüístico”, da Segunda parte “Lingüística
sincrónica” do Curso de lingüística xeral, pp. 159-171
II) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). Tamén en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). Tamén en Escritos filosóficos, Crítica:Barcelona,
1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
III) PEIRCE, C.S.: “Carta a Victoria Lady Welby”, 23/12/1908, en C.S. Peirce, Obra lógico-
semiótica, Taurus: Madrid, 1987, pp. 133-144 (especialmente, pp.: 139-142).
IV) WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
(Proposicións 1-3.23).
V) WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Parágrafos:
§1-§43.
1.4. A dimensión pragmática da representación: Wittgenstein, Austin e Morris
a) WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Parágrafos: §1-
§43.
b) AUSTIN, J.L.: “Emisiones realizativas”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del
significado, Técnos: Madrid, 1999, pp. 415-430.
c) AUSTIN, J.L.: Conferencia VIII de Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona,
2004, pp.:141-154.
d) MORRIS, C.: 2. “Semiosis y semiótica” en C. Morris, Fundamentos de la teoría de los
signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985, pp.: 27-41.
2. A representación científica
2.1. Verdade e realidade dende o pragmatismo
I) PEIRCE, C.S.: “Cómo esclarecer as nosas ideas” (1878) en C.S. Peirce, El hombre, un
signo, Crítica: Barcelona, 1988, pp. 200-223.
10
II) JAMES, W.: Capítulo II: “O que significa o pragmatismo”, en W. James, Pragmatismo,
Alianza: Madrid, 2000, pp. 78-101. Tamén en Capítulo II: “O significado do pragmatismo”, en
W. James, Lecciones de pragmatismo, Santillana: Madrid, 1997, pp. 36-52.
III) JAMES, W.: Capítulo VI: “A concepción pragmatista da verdade”, en W. James,
Pragmatismo, Alianza: Madrid, 2000, pp. 168-193. Tamén en Capítulo III: “A concepción da
verdade segundo o pragmatismo”, en W. James, Lecciones de pragmatismo, Santillana:
Madrid, 1997, pp. 53-71.
2.2. Verdade e realidade dende a filosofía analítica
I) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). Tamén en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). Tamén en Escritos filosóficos, Crítica:Barcelona,
1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
II) WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
(Proposicións 1-3.23).
3. A acción sígnica. Virtualidade, ficción e realidade
3.1. A acción sígnica como construtora de realidades
Mª Uxía Rivas Monroy, “El signo y el sentido de la realidad”, en Verdad: Lógica,
representación y mundo, pp. 421-430, 1996.
3.2. A virtualidade sígnica
I) ECHEVERRÍA, J.: Introdución e capítulo I ”Tecnoloxías inmersivas de realidade virtual”,
en J. Echeverría, Un mundo virtual, Plaza y Janes: Barcelona, 2000, pp.13-87.
II) RIVAS, M.U.: “Signo y representación: cuando lo virtual es real”, en Ontology Studies /
Cuadernos de Ontología, nº 8, pp. 251-261, 2008.
11
5. METODOLOXÍA DA DOCENCIA
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
(1) Docencia expositiva. Explicación dos temas do programa aberta á participación e o
debate.
(2) Docencia interactiva. Actividades en seminario con participación activa e protagonista
do alumnado. Consistirá no desenvolvemento das actividades programadas na parte
interactiva do programa da materia:
(i) Presentación por parte do alumnado dos temas do programa ao fío dos textos
seleccionados. Tras a presentación dos textos, deberán formularse preguntas, comentarios
ou obxeccións, abríndose así un debate sobre os textos expostos no tocante aos temas da
materia.
O alumnado terá que entregar unha serie de preguntas sobre os textos arriba indicados
(máximo cinco preguntas sen contestar) antes de cada sesión; destas preguntas algunhas
serán seleccionadas para formar un listado a partir do cal se fará un exame ao rematar cada
unha das seccións. Este listado estará a disposición do alumnado no campus virtual.
(ii) Exposición na clase dun ensaio escrito sobre algúns dos temas traballados no curso.
(iii) Presentación escrita do ensaio.
Realización e presentación do ensaio:
Cara ao final do curso as alumnas e os alumnos deberán escribir un ensaio relativo á materia
traballada no curso ata ese momento (desenvolvemento do programa, lecturas de textos,
discusións nas clases). O ensaio terá un máximo de 20 páxinas e deberá aterse ás Normas de
publicación establecidas para a revista Ágora. Papeles de filosofía:
http://www.usc.es/revistas/index.php/agora/about/submissions#authorGuidelines , que inclúen
o título do traballo, un resumo e palabras claves tanto en español como en inglés. O traballo
deberá estar escrito a un espazo de 1.5 e con letra Times New Roman. Este ensaio deberá
presentarse na aula, nas últimas semanas do curso.
12
O ensaio presentado deberá estar estruturado en introdución –onde se indicarán as
motivacións e as razóns da elección do tema a tratar–, desenvolvemento –onde se tratarán
polo miúdo os aspectos máis salientables do tema– e conclusión –onde se destacarán moi
brevemente as ideas fundamentais que se querían poñer de manifesto ó longo do
desenvolvemento do tema.
A presentación de cada un dos ensaios será de 20 minutos de presentación e 5 minutos de
resposta ás preguntas. O alumnado deberá tomar notas durante a presentación para facer
preguntas, resolver dúbidas ou solicitar aclaracións xurdidas ao fío da presentación dos
ensaios.
Titoría en grupo: Programación das lecturas e da súa exposición, así como dos ensaios
elaborados, a realizar polo alumnado.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
(1) Preparación das presentacións dos textos nas sesións de docencia interactiva.
(2) Elaboración de cuestionarios sobre os textos.
(3) Elaboración por escrito dun ensaio e preparación da súa presentación na aula.
(4) Preparación do exame final.
6. AVALIACIÓN
1ª Oportunidade:
Avaliación continua de:
- Asistencia e participación nas aulas.
- Actividades realizadas (exposicións, debates, comentarios, realización de preguntas, ensaios).
Avaliación dos contidos da materia a través dun exame final, cuxas preguntas procederán
da selección do listado de preguntas elaborado polo alumnado a partir da lectura dos textos, e
que estará dispoñible no Campus virtual.
2ª Oportunidade:
13
No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, manteranse todas aquelas cualificacións
correspondentes tanto á docencia expositiva (cualificación do exame final de 5 ou superior)
como á docencia interactiva, debendo o alumnado completar nesta 2ª oportunidade as
actividades ou a realización do exame que permitan superar a materia.
A asistencia a clases é obrigatoria. Calquera falta de asistencia deberá estar xustificada
documentalmente.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Avaliación total:
1. Presentación e comentario das fontes e textos seleccionados, así como a elaboración de
preguntas sobre os textos: (25%)
2. Realización e presentación na aula dun ensaio elaborado a partir dos textos estudados ao
longo do curso e entrega por escrito do mesmo: (25%).
3. Exame sobre o temario a partir dos textos. (50%)
Na valoración do ensaio terase en conta a redacción, a organización e a estruturación; a
orixinalidade nas propostas ou na discusión; o posicionamento crítico respecto o asunto
seleccionado; a claridade na presentación das ideas, tanto na presentación escrita como oral; o
uso e dominio dos conceptos teóricos adquiridos no curso; a presentación formal rigorosa,
con especial atención ás notas ao pé, as citas no texto, a correcta referencia ás fontes
bibliográficas; etc.
Rexeitaranse aqueles traballos que sexan meras copias, acumulacións ou seleccións dos
textos estudados, e nos que non haxa elaboración persoal. Todas as referencias a textos ou
citas deberán ir entre comiñas. (Ver a “Normativa de avaliación do rendemento académico
dos estudantes e de revisión de cualificacións”, especialmente o texto no que se indica:
“Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de
fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das
fontes”).
“Normativa de Permanencia”, do 25 de maio de 2012:
Art. 5.2: “A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera
14
os obxectivos establecidos será de ‘suspenso’, salvo que o estudante non realice ningunha
actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en
cuxo caso constará como ‘non presentado’”.
“Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha
materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con
independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.
Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes
accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das
fontes”.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
3 créditos ECTS. Traballo total do estudante: 75 horas.
Estimación do tempo de estudo e traballo persoal
Traballo presencial do/a alumno/a:
Clases expositivas …......................……………………………………....…………….…
9h.
Clases interactivas …………………………………………………………….…………
12h.
Titorías grupo …………………………………….......................……………………...…
3h.
Horas totais presenciais...................................................................................................
24h.
Traballo persoal del alumno/a:
Estudio individual del alumno/a ……………………….......…….………………………
20h.
Presentación de traballos, tarefas, exposicións e realización de probas ……..........…… 5h.
15
Preparación de traballos, tarefas, exposicións e probas ……………………..……….. 20h.
Outras tarefas ……………………………………………….…………………………. 6h.
Horas totais de traballo persoal ................................................................................. 51h.
TOTAL GLOBAL……………………….......…………………………….………….75h.
Docencia expositiva: 9 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a
clase), 10 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diaria do visto
na clase, preparación de esquemas, etc.) e 20 de estudo individual (estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 12 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia ás
clases e participación activa nas mesmas; e presentación de ensaios ou temas) e 21 horas de
preparación das actividades de lectura de textos máis a redacción de cuestionarios, e da
elaboración e redacción do ensaio ou tema.
Actividades titoriais: 3 horas para a organización e programación dos comentarios de
textos e da presentación dos ensaios na aula.
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1. Asistencia diaria ás clases.
2. Lectura diaria, previa ou posterior á clase, dos temas que se van tratando nas aulas.
3. Lecturas das fontes.
3. Estudio sistemático e regular dos temas da materia.
4. Programar e preparar, coa antelación suficiente, as distintas actividades correspondentes
á docencia interactiva da materia.
5. Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo
tipo de preguntas relacionadas coa materia.
7. BIBLIOGRAFÍA
I. EN ESPAÑOL
16
ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1986.
- “John Langshaw Austin, filósofo del linguaxe ordinario”, en Bermudo, J.M. (Dir.), Los
filósofos y sus filosofías, Vicens-Vives: Barcelona, 1983.
ACERO, J.J., FLORES, L., FLÓREZ, A. (eds.): Viejos y nuevos pensamientos. Ensayos
sobre la filosofía de Wittgenstein, Editorial Comares: Granada, 2003.
APEL, K.O.: El camino del pensamiento de Charles S. Peirce, Visor, Col. La balsa de la
medusa, nº 86: Madrid, 1997.
AUSTIN, J.L.: Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004.
- “Emisiones realizativas”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado,
Técnos: Madrid, 1999, pp. 415-430.
AYER, A.J.: “El pragmatismo”, La filosofía del siglo XX, Crítica: Barcelona, 1983.
BLANCO SALGUEIRO, A.: Palabras al viento. Ensayo sobre la fuerza ilocucionaria,
Trotta: Madrid, 2004.
DEL CASTILLO, R.: Conocimiento y acción: el giro pragmático de la filosofía, U.N.E.D.:
Madrid, 1995.
ECHEVERRÍA, J.: Un mundo virtual, Plaza y Janes: Barcelona, 2000.
ECO, U.: Signo, Labor: Barcelona, 1980.
- Tratado de semiótica general, Lumen: Barcelona, 1988.
ESTEBAN, J.M: La crítica pragmatista de la cultura, U.N.A.: Heredia, Costa Rica, 2001.
FAERNA, A.: Introducción a la teoría pragmatista del conocimiento, Siglo XXI: Madrid,
1997.
FRAPOLLI, Mª.J.e ROMERO,E.: Una aproximación a la filosofía del lenguaje, Síntesis:
Madrid, 1998.
FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-51. Tamén
en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva (ed.), pp. 24-45.
- "El pensamiento", Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984, pp. 49-85.
- Estudios sobre semántica, Ariel: Barcelona, 1973.
- Escritos filosóficos, Crítica:Barcelona, 1996.
- Investigaciones lógicas, Tecnos, Madrid, 1984.
GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.
17
GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997.
HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986.
18
- Significado y verdad. Ensayos de semántica filosófica, Alianza: Madrid, 1990.
KENNY, A.: Introducción a Frege, Cátedra: Madrid, 1997.
- Wittgenstein, Revista de Occidente: Madrid, 1974.
JAMES, W.: El significado de la verdad, Aguilar: Buenos Aires, 1957.
- Pragmatismo, Aguilar: Buenos Aires, 1974.
- Pragmatismo, Alianza: Madrid, 2000.
- Lecciones de pragmatismo, Santillana: Madrid, 1997.
MORRIS, C.: Fundamentos de la teoría de los signos, Paidós Comunicación: Barcelona,1985.
MOUNCE, H.O.: Introducción al Tractatus de Wittgenstein, Tecnos: Madrid, 1993.
MOUNIN, G.: Saussure, Anagrama: Barcelona, 1971.
PANCORBO, L.: Ecoloquio con U. Eco, Anagrama: Barcelona, 1977.
PEIRCE, C.S.: Mi alegato en favor del pragmatismo, Aguilar: Buenos Aires, 1971.
- La ciencia de la semiótica, Nueva Visión: Buenos Aires, 1974.
- Lecciones sobre el pragmatismo, Aguilar: Madrid, 1978.
- Obra lógico-semiótica, Taurus: Madrid, 1987.
- El hombre, un signo, Crítica: Barcelona, 1988.
- El pragmatismo, Ediciones Encuentro: Madrid, 2008.
PÉREZ DE TUDELA, J.: El pragmatismo americano: acción racional y reconstrucción delsentido, Cincel: Madrid, 1990.
PRADES, J.L. & SANFÉLIX,V.: Wittgenstein: Mundo y lenguaje, Cincel: Madrid, 1992.
PUTNAM, H.: La herencia del pragmatismo, Paidós: Barcelona, 1997.
- El pragmatismo. Un debate abierto, Gedisa: Barcelona, 1999.
RUSSELL, B.: “Pragmatismo” e “La concepción de la verdad de William James”, Ensayosfilosóficos, Alianza Editorial: Madrid, 1991.
19
SAUSSURE, F. DE: Curso de lingüística general, Akal: Madrid, 1980.
SINI, C.: El pragmatismo, Akal: Madrid, 1999.
Revista Anthropos, “Charles Sanders Peirce. Teoría pragmática”. (“Charles Sanders Peirce.Razón e invención del pensamiento pragmatista”, vol. 212, 2006.
THIEL, C.: Sentido y referencia en la lógica de G. Frege, Tecnos: Madrid, 1972.
URMSON, J.O., QUINE, W.V. y HAMPSHIRE, S.N.: “La filosofía de J.L. Austin”, en J.Muguerza (ed.), La concepción analítica de la filosofía, vol. II, Alianza: 1974, pp. 529-551.
VALDÉS VILLANUEVA, L.M.: La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1999
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
- Los cuadernos azul y marrón, Tecnos: Madrid, 1976.
- Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.
- Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.
II. EN INGLÉS
ANGELELLI, I.: Studies on G. Frege and Traditional Philosophy, Reidel Publishing Co.:Dordrecht, 1967.
BURGE, T.: Truth, Thought, Reason. Essays on Frege, Clarendon Press: Oxford, 2005.
DICKSTEIN, M. (ed): The Revival of Pragmatism. New Essays on Social Thought, Law andCulture, Duke University Press: Durham and London, 1998.
DUMMETT, M.: Frege. Philosophy of Language, Duckworth: London, 1981.
- The Interpretation of Frege’s Philosophy, Duckworth: London, 1981.
GOODMAN, R.: Pragmatism: a contemporary reader, Routledge: New York, 1995.
JAMES, W.: Pragmatism and Other Writings, Penguin: London, 2000.
HAACK, S.: “Can James’s Theory of Truth be Made More Satisfactory?”, Transactions ofthe Charles S. Peirce Society, 20, 1984, pp. 269-278.
HAACK, S.: “Extreme Scholastic Realism: Its Relevance to Philosophy of Science Today”,Transactions of the Charles S. Peirce Society, 28, nº 1, 1992, pp. 19-50.
20
- “‘We pragmatists...’: Peirce and Rorty in conversation”, Agora, 15-1, 1996, pp. 53-68.
HOOKWAY, C.: Peirce, Routledge and Kegan Paul: Londres, 1985.
- Truth, Rationality and Pragmatism. Themes form Peirce, Oxford Univ. Press: Oxford, 2000.
- "Logical principles and philosophical attitudes: Peirce’s response to James’s pragmatism”,en The Cambridge Companion to William James, Cambridge University Press: Cambridge,1997, pp. 145-165.
MYSAK, C. (ed.): The Cambridge Companion to Peirce, Cambridge University Press:Cambridge, 2004.
MOORE, E.C.: American Pragmatism: Peirce, James and Dewey, Columbia Univ. Press:Chicago, 1961.
MORRIS, C.: The Pragmatic Movement in American Philosophy, George Braziller: NewYork, 1970.
PEIRCE, C.S.: Collected Papers, Ed. Harvard University Press, Cambridge, Massachussets,1978-79-80.
- Writings of Charles S. Peirce: A Chronological Editon, vols. 1-5, Ed. Indiana UniversityPress, Bloomington, 1982-1993.
- The Essential Peirce, vol. 2 (1893-1913), Indiana University Press: Bloomington andIndianapolis, 1998.
- Semiotic and Significs. The correspondence between Charles S. Peirce and Victoria LadyWelby, Indiana University Press: Bloomington and London, 1977.
MURPHY, J.P.: Pragmatism. From Peirce to Davidson, Westview Press: Oxford, 1990.
PUTNAM, R.A. (ed.): The Cambridge Companion to William James, Cambridge UniversityPress: Cambridge, 1997.
PUTNAM, H.: “James’s Theory of Truth”, en The Cambridge Companion to William James,Cambridge University Press: Cambridge, 1997, pp. 166-185.
- “Pragmatism and Realism”, en The Revival of Pragmatism. New Essays on Social Thought,Law and Culture, Duke University Press: Durham and London, 1998, pp. 37-53.
- Realism with a Human Face, Harvard University Press: Cambrigde, Mass., 1990.
PUTNAM, H. & PUTNAM, A.R.: “William James’s Ideas”, Realism with a Human Face,217-231.
21
SCHEFFLER, I.: Four Pragmatists. A critical Introduction, Paul: London, 1974.
SLUGA, H.: G. Frege, Routledge & K. Paul: London, 1980.
8. CALENDARIO DE EXAMES E DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
A) Docencia expositiva
1ª Oportunidade: Xoves, 18 de xaneiro de 2017, de 16:00-19:00h., seminario 109.
2ª Oportunidade: Martes, 20 de xuño de 2017, de 16:00-19:00h., seminario 109.
9. CALENDARIO PROVISIONAL DA DOCENCIA EXPOSITIVA E DA
DOCENCIA INTERACTIVA
1ª) Luns, 12 de setembro de 2016:
Presentación xeral do curso
Obxectivos, metodoloxía, temario.
1. Teorías da representación sígnica.
1.1. O modelo diádico do signo: a arbitrariedade do signo (a exclusión do obxecto): Saussure,Eco.
2ª) Martes, 13 de setembro de 2016:
Continuación de 1. Teorías da representación sígnica.
1.1. O modelo diádico do signo: a arbitrariedade do signo (a exclusión do obxecto): Saussure,
Eco.
I) DE SAUSSURE, F., Capítulo I: “Natureza do signo lingüístico”, da Primeira parte
“Principios xerais” do Curso de lingüística xeral, pp. 99-108.
II) ECO, U., Tratado de semiótica general, Lumen: Barcelona, 1985, pp. 30-31, 99-101, 117-
22
129, 130-132.
a) 0.1.3. “Unha teoría da ‘mentira’, pp. 30-31.
b) 2.1. “A función semiótica”, pp. 99-101.
c) 2.5. “Contido e referente”, pp. 117-129.
d) 2.6. “O significado como unidade cultural”, pp. 130-132.
3ª) Luns, 19 de setembro de 2016:
1.2. O modelo triádico do signo: a función epistémica do signo (a inclusión do obxecto):
Frege, Peirce, Morris, Barthes.
I) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). También en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). También en Escritos filosóficos,
Crítica:Barcelona, 1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
II) PEIRCE, C.S.: “Carta a Victoria Lady Welby”, 23/12/1908, en C.S. Peirce, Obra lógico-
semiótica, Taurus: Madrid, 1987, pp. 133-144 (especialmente, pp.: 139-142).
4ª) Martes, 20 de setembro de 2016:
1.2. O modelo triádico do signo: a función epistémica do signo (a inclusión do obxecto):
Frege, Peirce, Morris, Barthes.
III) MORRIS, C.: 2. “Semiosis y semiótica” en C. Morris, Fundamentos de la teoría de los
signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985, pp.: 27-41.
IV) BARTHES, R., Elementos de semioloxía, Alberto Corazón: Madrid 1971. Tamén en
“Elementos de semioloxía” en La aventura semiológica, Paidós: Barcelona, 1990.
a) “Introdución” e apartado 1.2: “Perspectivas semiolóxicas” do capítulo 1: “Lingua e
fala” do libro Elementos de semioloxía.
b) Apartado 2.1: “O signo” do capítulo 2: “Significado e significante” do libro Elementos
de semioloxía.
23
5º) Luns, 26 de setembro de 2016:
1.3. As condicións de posibilidade da representación sígnica (o elemento común a
representación e representado): Saussure, Frege, Peirce, Wittgenstein (Tractatus,
Investigacións filosóficas).
I) DE SAUSSURE, F., Capítulo IV: “O valor lingüístico”, da Segunda parte “Lingüística
sincrónica” do Curso de lingüística xeral, pp. 159-171
II) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). Tamén en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). Tamén en Escritos filosóficos, Crítica:Barcelona,
1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
III) PEIRCE, C.S.: “Carta a Victoria Lady Welby”, 23/12/1908, en C.S. Peirce, Obra lógico-
semiótica, Taurus: Madrid, 1987, pp. 133-144 (especialmente, pp.: 139-142).
6ª) Martes, 27 de setembro de 2016:
1.3. As condicións de posibilidade da representación sígnica (o elemento común a
representación e representado): Saussure, Frege, Peirce, Wittgenstein (Tractatus,
Investigacións filosóficas).
IV) WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
(Proposicións 1-3.23).
V) WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Parágrafos:
§1-§43.
7ª) Luns, 3 de outubro de 2016:
1.4. A dimensión pragmática da representación: Wittgenstein, Austin e Morris
I) WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Parágrafos: §1-
§43.
24
II) AUSTIN, J.L.: “Emisiones realizativas”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del
significado, Técnos: Madrid, 1999, pp. 415-430.
III) AUSTIN, J.L.: Conferencia VIII de Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona,
2004, pp.:141-154.
IV) MORRIS, C.: 2. “Semiosis y semiótica” en C. Morris, Fundamentos de la teoría de los
signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985, pp.: 27-41.
8ª) Martes, 4 de outubro de 2016:
2. A representación científica
2.1. Verdade e realidade dende o pragmatismo.
I) PEIRCE, C.S.: “Cómo esclarecer as nosas ideas” (1878) en C.S. Peirce, El hombre, un
signo, Crítica: Barcelona, 1988, pp. 200-223.
II) JAMES, W.: Capítulo II: “O que significa o pragmatismo”, en W. James, Pragmatismo,
Alianza: Madrid, 2000, pp. 78-101. Tamén en Capítulo II: “O significado do pragmatismo”, en
W. James, Lecciones de pragmatismo, Santillana: Madrid, 1997, pp. 36-52.
9ª) Luns, 10 de outubro de 2016:
2. A representación científica
2.1. Verdade e realidade dende o pragmatismo.
III) JAMES, W.: Capítulo VI: “A concepción pragmatista da verdade”, en W. James,
Pragmatismo, Alianza: Madrid, 2000, pp. 168-193. Tamén en Capítulo III: “A concepción da
verdade segundo o pragmatismo”, en W. James, Lecciones de pragmatismo, Santillana:
Madrid, 1997, pp. 53-71.
10ª) Martes, 11 de outubro de 2016:
2.2. Verdade e realidade dende a filosofía analítica.
I) FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84
(especialmente, pp.: 49-66). Tamén en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva
25
(ed.), pp. 24-45 (especialmente, pp.: 24-34). Tamén en Escritos filosóficos, Crítica:Barcelona,
1996, pp.: 172-197 (especialmente, pp.: 172-184).
II) WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
(Proposicións 1-3.23).
11ª) Luns, 17 de outubro de 2016:
3. A acción sígnica. Virtualidade, ficción e realidade
3.1. A acción sígnica como construtora de realidades.
Mª Uxía Rivas Monroy, “El signo y el sentido de la realidad”, en Verdad: Lógica,
representación y mundo, pp. 421-430, 1996.
12ª) Martes, 18 de outubro de 2016:
3. A acción sígnica. Virtualidade, ficción e realidade
3.2. A virtualidade sígnica.
I) ECHEVERRÍA, J.: Introdución e capítulo I ”Tecnoloxías inmersivas de realidade virtual”,
en J. Echeverría, Un mundo virtual, Plaza y Janes: Barcelona, 2000, pp.13-87.
II) RIVAS, M.U.: “Signo y representación: cuando lo virtual es real”, en Ontology Studies /
Cuadernos de Ontología, nº 8, pp. 251-261, 2008.
13ª) Luns, 24 de outubro de 2016: Presentación do 1º, 2º e 3º ensaio.
14ª) Martes, 25 de outubro de 2016: Presentación do 4º, 5º e 6º ensaio.
15ª) Luns, 31 de outubro de 2016: Presentación do 7º, 8º e 9º ensaio
(A programación destas últimas semanas pode variar dependendo do número de estudantes
matriculados na materia).
Actividade titorial: Organización e programación dos comentarios de texto e da
presentación de ensaios nas aulas. Data a determinar.
26