188
Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei da econo- mía social de Galicia [doc. núm. 45722 (PL-000034)] — G.P. Mixto (doc. núm. 47876) 143317 — G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47898) 143333 — G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47904) 143341 — G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 47907) 143347 — G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47908 coa corrección de erros 47919) 143350 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno 1.3.6.1.1. Proposicións presentadas - 47797 (09/PNP-003474) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demora na aprobación dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración pública galega, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto 143360 - 47800 (09/PNP-003475) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Fascículo 1

 · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei da econo-

mía social de Galicia [doc. núm. 45722 (PL-000034)]

— G.P. Mixto (doc. núm. 47876) 143317

— G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47898) 143333

— G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47904) 143341

— G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 47907) 143347

— G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47908 coa

corrección de erros 47919) 143350

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei

1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

1.3.6.1.1. Proposicións presentadas

- 47797 (09/PNP-003474)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demora na

aprobación dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na

Administración pública galega, así como as actuacións que debe

levar a cabo o Goberno galego ao respecto 143360

- 47800 (09/PNP-003475)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fascículo 1

Page 2:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Dorado Soto, Javier e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a ampliación das instalacións do Colexio de Educación Infantil e Pri-

maria Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo 143363

- 47811 (09/PNP-003476)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón e 5 máis

Sobre o establecemento por parte do Goberno galego do meca-

nismo normativo preciso para evitar a realización e distribución de

imaxes fotográficas de menores durante actos institucionais e políti-

cos realizados nos centros de ensino 143365

- 47822 (09/PNP-003477)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

garantir unha axeitada atención en materia de Psicoloxía Clínica no

Sistema sanitario público galego 143370

- 47830 (09/PNP-003478)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a posta en funcionamento dos guindastres de mobilización de per-

soas comprometidos e a substitución dos obsoletos nas residencias

de maiores e centros de atención a persoas con diversidade funcio-

nal dependentes da Consellería de Política Social 143372

- 47843 (09/PNP-003479)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

Sobre a demanda por parte do Goberno galego á Axencia de Pro-

tección da Legalidade Urbanística de paralización das ordes de

derrubamento de todas as vivendas do concello de Gondomar sus-

ceptibles de legalización 143375

- 47853 (09/PNP-003480)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre as modificacións que debe introducir a Xunta de Galicia na

convocatoria de axudas da política agraria común en relación co

denominado ‘pago verde’ ou greening 143379

- 47864 (09/PNP-003481)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Ron Fernández, José Javier e 5 máis

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

Goberno central en relación coa aplicación do Pacto internacional

de dereitos civís e políticos en todo o ordenamento xurídico do

Estado español, así como a elaboración dun procedemento espe-

cífico de implementación dos ditames do Comité de Dereitos

Humanos da ONU 143382

- 47917 (09/PNP-003482)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre o condicionamento polo Goberno galego da concesión de

axudas públicas a PSA Peugeot Citroën á permanencia da pro-

dución e ao mantemento dos postos de traballo na fábrica de

Balaídos, en Vigo 143385

- 47922 (09/PNP-003483)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel

Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para afron-

tar a situación na que se atopa o sector marisqueiro, a consecuen-

cia da mortaldade de moluscos por diversos parasitos 143387

- 47963 (09/PNP-003484)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a continuidade da formación do alumnado con discapacidade, unha

vez cumpridos os 21 anos de idade, na provincia de Ourense

143390

- 47965 (09/PNP-003485)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a creación polo Goberno galego do colexio profesional de

terapeutas ocupacionais de Galicia 143392

- 47977 (09/PNP-003486)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co eventual depósito de tecnosolos procedentes das Somo-

zas na mina de dunita de Penasalbas, en Moeche 143395

- 47984 (09/PNP-003487)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis

SUMARIO

Page 3:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa disolución da Cooperativa San Salvador, dedicada á

comercialización do pemento de Arnoia 143398

- 47993 (09/PNP-003488)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co programa da TVG titulado Expedición Galicia 143401

- 47994 (09/PNP-003489)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón e 5 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción cos símbolos franquistas, os escudos preconstitucionais e a

capela católica existentes no Instituto de Ensinanza Secundaria

Lucus Agusti de Lugo 143403

- 48013 (09/PNP-003490)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en relación

coa execución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos sedi-

mentos da ría do Burgo elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente

143408

- 48030 (09/PNP-003491)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre actuacións gobernativas limitativas de dereitos 143412

- 48046 (09/PNP-003492)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias

para resolver, para o curso 2016-2017, os problemas de escolariza-

ción do alumnado de 3 anos que se están a padecer na zona sur da

cidade de Lugo 143415

- 48056 (09/PNP-003493)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción coa Orde do 6 de xullo de 2011, da Consellería de Sanidade,

na que se regula a asistencia farmacéutica na dispensación de

medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita médica polo

persoal técnico ou auxiliar das oficinas de farmacia 143418

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

- 47796 (09/PNC-003978)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demora na

aprobación dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na

Administración pública galega, así como as actuacións que debe

levar a cabo o Goberno galego ao respecto 143421

- 47799 (09/PNC-003979)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Dorado Soto, Javier e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a ampliación das instalacións do Colexio de Educación Infantil e Pri-

maria Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo 143424

- 47816 (09/PNC-003980)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón e 5 máis

Sobre o establecemento por parte do Goberno galego do meca-

nismo normativo preciso para evitar a realización e distribución de

imaxes fotográficas de menores durante actos institucionais e políti-

cos realizados nos centros de ensino 143426

- 47823 (09/PNC-003981)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

garantir unha axeitada atención en materia de Psicoloxía Clínica no

Sistema sanitario público galego 143431

- 47831 (09/PNC-003982)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para a posta en funcionamento dos guindastres de mobilización

de persoas comprometidos e a substitución dos obsoletos nas

residencias de maiores e centros de atención a persoas con

diversidade funcional dependentes da Consellería de Política

Social 143433

- 47842 (09/PNC-003983)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

SUMARIO

Page 4:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Sobre a demanda por parte do Goberno galego á Axencia de Pro-

tección da Legalidade Urbanística de paralización das ordes de

derrubamento de todas as vivendas do concello de Gondomar sus-

ceptibles de legalización coa aprobación da delimitación dos

núcleos rurais en trámite, así como coa entrada en vigor do novo

planeamento urbanístico do concello 143436

- 47854 (09/PNC-003984)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre as modificacións que debe introducir a Xunta de Galicia na

convocatoria de axudas da política agraria común en relación co

denominado ‘pago verde’ ou greening 143440

- 47865 (09/PNC-003985)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Ron Fernández, José Javier e 5 máis

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno

central en relación coa aplicación do Pacto internacional de dereitos

civís e políticos en todo o ordenamento xurídico do Estado español,

así como a elaboración dun procedemento específico de implemen-

tación dos ditames do Comité de Dereitos Humanos da ONU143443

- 47857 (09/PNC-003986)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vilán Lorenzo, Patricia e 5 máis

Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno

central en relación cos danos ocasionados polo asolagamento pade-

cido o día 12 de febreiro de 2016 en Redondela 143446

- 47918 (09/PNC-003987)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre o condicionamento polo Goberno galego da concesión de axu-

das públicas a PSA Peugeot Citroën á permanencia da produción e

ao mantemento dos postos de traballo na fábrica de Balaídos, en Vigo

143449

- 47921 (09/PNC-003988)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel

Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para afron-

tar a situación na que se atopa o sector marisqueiro, a consecuen-

cia da mortaldade de moluscos por diversos parasitos 143451

- 47946 (09/PNC-003989)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a continuidade da formación do alumnado con discapacidade, unha

vez cumpridos os 21 anos de idade, na provincia de Ourense

143454

- 47964 (09/PNC-003990)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a creación polo Goberno galego do colexio profesional de

terapeutas ocupacionais de Galicia 143456

- 47976 (09/PNC-003991)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co eventual depósito de tecnosolos procedentes das Somo-

zas na mina de dunita de Penasalbas, en Moeche 143459

- 47981 (09/PNC-003992)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 3 máis

Sobre o establecemento polo Goberno galego dun plan plurianual

para abordar as obras de mellora demandadas pola comunidade

educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Luís Pimentel

de Lugo 143462

- 47985 (09/PNC-003993)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa disolución da Cooperativa San Salvador, dedicada á

comercialización do pemento de Arnoia 143464

- 47992 (09/PNC-003994)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co programa da TVG titulado Expedición Galicia 143467

- 47995 (09/PNC-003995)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón e 5 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción cos símbolos franquistas, os escudos preconstitucionais e a

Capela Católica existentes no Instituto de Ensinanza Secundaria

Lucus Agusti de Lugo 143469

SUMARIO

Page 5:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

- 48012 (09/PNC-003996)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en relación

coa execución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos sedi-

mentos da ría do Burgo elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente

143474

- 48023 (09/PNC-003997)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a actuación policial durante a celebración do Entroido de

Ourense 143478

- 48024 (09/PNC-003998)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa situación na que se atopan os traballadores que viñan

desenvolvendo as tarefas de mantemento nos estaleiros de Navan-

tia, na ría de Ferrol, a consecuencia do remate da concesión

143481

- 48045 (09/PNC-003999)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias

para resolver, para o curso 2016-2017, os problemas de escolariza-

ción do alumnado de 3 anos que se están a padecer na zona sur da

cidade de Lugo 143484

- 48055 (09/PNC-004000)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción coa Orde do 6 de xullo de 2011, da Consellería de Sanidade,

na que se regula a asistencia farmacéutica na dispensación de

medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita médica polo

persoal técnico ou auxiliar das oficinas de farmacia 143487

1.4. Procedementos de información

1.4.2. Solicitudes de comparecencia

1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno

- 48074 (09/CPP-000412)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición

dos dezaoito deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de

Galicia, para dar conta das actuacións levadas a cabo polo Goberno

galego en relación cos conflitos que están a acontecer no seo da

Confederación de Empresarios de Galicia 143490

1.4.2.2. Solicitudes de comparecencia en Comisión

- 48075 (09/CPC-000293)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición

de tres deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia, para dar conta

das actuacións levadas a cabo polo Goberno galego en relación cos

conflitos que están a acontecer no seo da Confederación de Empre-

sarios de Galicia 143492

- 47955 (09/CPC-000292)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Da Sra. secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo,

por petición de tres deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia,

para explicar o Anteproxecto de decreto do Regulamento da Lei

272016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia 143493

SUMARIO

Page 6:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei da

economía social de Galicia

A Mesa da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesióndo día 7 de marzo de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Cualificación das emendas ao articulado presentadas ao Proxecto de lei daeconomía social de Galicia, doc. núm. 45722 (PL-000034)

Examinados os escritos presentados e dado que se axustan aos requisitos esta-blecidos no Regulamento da Cámara, acorda a súa admisión co seguinte detalle:

— G.P. Mixto (doc. núm. 47876)— G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47898)— G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47904)— G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 47907)— G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47908 coa corrección deerros 47919)

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 8 de marzo de 2016, adoptouos seguintes acordos:

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei

1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

1.3.6.1.1. Proposicións presentadas

Admisión a trámite e publicación

- 47797 (09/PNP-003474)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demora na aproba-ción dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administraciónpública galega, así como as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego ao respecto

- 47800 (09/PNP-003475)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaDorado Soto, Javier e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a amplia-ción das instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria AlfonsoD. Rodríguez Castelao de Vigo

- 47811 (09/PNP-003476)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaVázquez Díaz, Ramón e 5 máisSobre o establecemento por parte do Goberno galego do mecanismo normativopreciso para evitar a realización e distribución de imaxes fotográficas de meno-res durante actos institucionais e políticos realizados nos centros de ensino

- 47822 (09/PNP-003477)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garan-tir unha axeitada atención en materia de Psicoloxía Clínica no Sistemasanitario público galego

- 47830 (09/PNP-003478)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a posta en fun-cionamento dos guindastres de mobilización de persoas comprometidos e asubstitución dos obsoletos nas residencias de maiores e centros de atención apersoas con diversidade funcional dependentes da Consellería de Política Social

- 47843 (09/PNP-003479)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, MónicaSobre a demanda por parte do Goberno galego á Axencia de Protección daLegalidade Urbanística de paralización das ordes de derrubamento de todasas vivendas do concello de Gondomar susceptibles de legalización

- 47853 (09/PNP-003480)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo e 2 máisSobre as modificacións que debe introducir a Xunta de Galicia na convo-catoria de axudas da política agraria común en relación co denominado‘pago verde’ ou greening

- 47864 (09/PNP-003481)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaRon Fernández, José Javier e 5 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143312

Número 6139 de marzo de 2016

Page 7:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno centralen relación coa aplicación do Pacto internacional de dereitos civís e políti-cos en todo o ordenamento xurídico do Estado español, así como a elabo-ración dun procedemento específico de implementación dos ditames doComité de Dereitos Humanos da ONU

- 47917 (09/PNP-003482)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, Antón e 5 máisSobre o condicionamento polo Goberno galego da concesión de axudaspúblicas a PSA Peugeot Citroën á permanencia da produción e ao mante-mento dos postos de traballo na fábrica de Balaídos, en Vigo

- 47922 (09/PNP-003483)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para afrontar a situa-ción na que se atopa o sector marisqueiro, a consecuencia da mortaldade demoluscos por diversos parasitos

- 47963 (09/PNP-003484)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, MónicaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a conti-nuidade da formación do alumnado con discapacidade, unha vez cumpridosos 21 anos de idade, na provincia de Ourense

- 47965 (09/PNP-003485)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a creación polo Goberno galego do colexio profesional de terapeutasocupacionais de Galicia

- 47977 (09/PNP-003486)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, MónicaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coeventual depósito de tecnosolos procedentes das Somozas na mina dedunita de Penasalbas, en Moeche

- 47984 (09/PNP-003487)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coadisolución da Cooperativa San Salvador, dedicada á comercialización dopemento de Arnoia

- 47993 (09/PNP-003488)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coprograma da TVG titulado Expedición Galicia

- 47994 (09/PNP-003489)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaVázquez Díaz, Ramón e 5 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relacióncos símbolos franquistas, os escudos preconstitucionais e a capela cató-lica existentes no Instituto de Ensinanza Secundaria Lucus Agusti deLugo

- 48013 (09/PNP-003490)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 2 máisSobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en relación coa exe-cución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos sedimentos da ríado Burgo elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente

- 48030 (09/PNP-003491)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre actuacións gobernativas limitativas de dereitos

- 48046 (09/PNP-003492)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme EladioSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias pararesolver, para o curso 2016-2017, os problemas de escolarización doalumnado de 3 anos que se están a padecer na zona sur da cidade deLugo

- 48056 (09/PNP-003493)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coaOrde do 6 de xullo de 2011, da Consellería de Sanidade, na que se regulaa asistencia farmacéutica na dispensación de medicamentos e produtossanitarios suxeitos a receita médica polo persoal técnico ou auxiliar dasoficinas de farmacia

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6139 de marzo de 2016

143313

Page 8:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

- 47796 (09/PNC-003978)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demora na aproba-ción dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administraciónpública galega, así como as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego ao respecto

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 47799 (09/PNC-003979)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaDorado Soto, Javier e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a amplia-ción das instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria AlfonsoD. Rodríguez Castelao de Vigo

Comisión 4ª, Educación e Cultura

- 47816 (09/PNC-003980)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaVázquez Díaz, Ramón e 5 máisSobre o establecemento por parte do Goberno galego do mecanismo nor-mativo preciso para evitar a realización e distribución de imaxes fotográfi-cas de menores durante actos institucionais e políticos realizados nos cen-tros de ensino

Comisión 4ª, Educación e Cultura

- 47823 (09/PNC-003981)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantirunha axeitada atención en materia de Psicoloxía Clínica no Sistema sanita-rio público galego

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 47831 (09/PNC-003982)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a postaen funcionamento dos guindastres de mobilización de persoas comprometi-dos e a substitución dos obsoletos nas residencias de maiores e centros deatención a persoas con diversidade funcional dependentes da Consellería dePolítica Social

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 47842 (09/PNC-003983)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, MónicaSobre a demanda por parte do Goberno galego á Axencia de Protecciónda Legalidade Urbanística de paralización das ordes de derrubamentode todas as vivendas do concello de Gondomar susceptibles de legali-zación coa aprobación da delimitación dos núcleos rurais en trámite,así como coa entrada en vigor do novo planeamento urbanístico do con-cello

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente eServizos

- 47854 (09/PNC-003984)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo e 2 máisSobre as modificacións que debe introducir a Xunta de Galicia na convo-catoria de axudas da política agraria común en relación co denominado‘pago verde’ ou greening

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 47865 (09/PNC-003985)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaRon Fernández, José Javier e 5 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno centralen relación coa aplicación do Pacto internacional de dereitos civís e políti-cos en todo o ordenamento xurídico do Estado español, así como a elabo-ración dun procedemento específico de implementación dos ditames doComité de Dereitos Humanos da ONU

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 47857 (09/PNC-003986)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 5 máisSobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno centralen relación cos danos ocasionados polo asolagamento padecido o día 12 defebreiro de 2016 en Redondela

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 47918 (09/PNC-003987)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143314

Número 6139 de marzo de 2016

Page 9:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Sánchez García, Antón e 5 máisSobre o condicionamento polo Goberno galego da concesión de axudaspúblicas a PSA Peugeot Citroën á permanencia da produción e ao mante-mento dos postos de traballo na fábrica de Balaídos, en Vigo

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 47921 (09/PNC-003988)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para afrontar a situa-ción na que se atopa o sector marisqueiro, a consecuencia da mortaldade demoluscos por diversos parasitos

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 47946 (09/PNC-003989)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a conti-nuidade da formación do alumnado con discapacidade, unha vez cumpridosos 21 anos de idade, na provincia de Ourense

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 47964 (09/PNC-003990)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a creación polo Goberno galego do colexio profesional de terapeutasocupacionais de Galicia

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 47976 (09/PNC-003991)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, MónicaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coeventual depósito de tecnosolos procedentes das Somozas na mina dedunita de Penasalbas, en Moeche

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente eServizos

- 47981 (09/PNC-003992)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 3 máis

Sobre o establecemento polo Goberno galego dun plan plurianual paraabordar as obras de mellora demandadas pola comunidade educativa doColexio de Educación Infantil e Primaria Luís Pimentel de Lugo

Comisión 4ª, Educación e Cultura

- 47985 (09/PNC-003993)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coadisolución da Cooperativa San Salvador, dedicada á comercialización dopemento de Arnoia

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 47992 (09/PNC-003994)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica, e Martínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coprograma da TVG titulado Expedición Galicia

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 47995 (09/PNC-003995)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaVázquez Díaz, Ramón e 5 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cossímbolos franquistas, os escudos preconstitucionais e a Capela Católicaexistentes no Instituto de Ensinanza Secundaria Lucus Agusti de Lugo

Comisión 4ª, Educación e Cultura

- 48012 (09/PNC-003996)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 2 máisSobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en relación coa exe-cución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos sedimentos da ríado Burgo elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente eServizos

- 48023 (09/PNC-003997)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a actuación policial durante a celebración do Entroido de Ourense

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6139 de marzo de 2016

143315

Page 10:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 48024 (09/PNC-003998)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coasituación na que se atopan os traballadores que viñan desenvolvendo astarefas de mantemento nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol, a con-secuencia do remate da concesión

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 48045 (09/PNC-003999)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme EladioSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para resol-ver, para o curso 2016-2017, os problemas de escolarización do alumnadode 3 anos que se están a padecer na zona sur da cidade de Lugo

Comisión 4ª, Educación e Cultura

- 48055 (09/PNC-004000)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coaOrde do 6 de xullo de 2011, da Consellería de Sanidade, na que se regula aasistencia farmacéutica na dispensación de medicamentos e produtos sani-tarios suxeitos a receita médica polo persoal técnico ou auxiliar das ofici-nas de farmacia

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia

1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno

Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á Xuntade Portavoces e publicación

- 48074 (09/CPP-000412)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición dosdezaoito deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia, para darconta das actuacións levadas a cabo polo Goberno galego en relación cosconflitos que están a acontecer no seo da Confederación de Empresarios deGalicia

1.4.2.2. Solicitudes de comparecencia en Comisión

Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á

Mesa da comisión e publicación

- 48075 (09/CPC-000293)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisDo Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición de tresdeputados do G.P. dos Socialistas de Galicia, para dar conta das actuaciónslevadas a cabo polo Goberno galego en relación cos conflitos que están aacontecer no seo da Confederación de Empresarios de Galicia

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Admisión a trámite, traslado á Mesa da comisión e publicación

- 47955 (09/CPC-000292)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDa Sra. secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, por peti-ción de tres deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia, para explicar oAnteproxecto de decreto do Regulamento da Lei 272016, do 10 de febreiro,do solo de Galicia

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente eServizos

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016Marta Rodríguez Arias

Vicepresidenta 1ª

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143316

Número 6139 de marzo de 2016

Page 11:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1

EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS GRUPO

MIXTO AO PROXECTO DE LEI DA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA (NUM.

EXPE. 09/PL-000034).

Emenda nº1, de Substitución. Artigo 2 Debe ser substituído o texto do artigo 2 polo seguinte: "A presente lei ten por finalidade recoñecer, fomentar e impulsar as entidades que integra o sector da economía social ofrecéndolles mecanismos para facilitar a organización e a expansión da actividade da Económica Social como un sistema eficaz que contribúe ao desenrolo social e económico do país, á xeración de traballo digno, ao fortalecemento da democracia, á igualdade de xénero, á equitativa distribución do ingreso e á maior xeración de patrimonio social." __________________________________________ Emenda nº2, de Substitución. Artigo 3 Debe ser substituída no artigo 3 a palabra “empresariais” por “sociais” __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado 1, de Supresión. Artigo 4 Debe ser suprimida no apartado 1 do artigo 4 a expresión: “empresarial e económica” __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado 1, de Substitución. Artigo 4 debe ser substituída no apartado 1 do artigo 4 a expresión “principalmente no seu ámbito territorial” por “no ámbito territorial de Galiza” __________________________________________

143317

Page 12:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

2

Emenda nº5, de Supresión. Artigo 5 Debe ser suprimido na aliña c) do artigo 5 o seguinte texto: “de oportunidades” __________________________________________ Emenda nº6, de Adición. Artigo 5 Debe ser engadido un novo artigo 5 bis) co seguinte texto: Artigo 5.bis. Fomento da Economía Social Considerase de interese xeral o estímulo, a valorización e o desenvolvemento da economía social, así como das organizacións que a representan. Os poderes públicos, no ámbito das súas competencias en materia de políticas de incentivo á economía social, deben: a) Promover os principios e os valores da economía social; b) Fomentar a creación de mecanismos que permitan reforzar a autosustentabilidade económico-financeira das entidades da economía social c) Facilitar a creación de novas entidades da economía social e apoiar a diversidade de iniciativas propias deste sector d) Incentivar a investigación e a innovación na economía social, a formación profesional no ámbito das entidades da economía social, así como apoiar o aceso destas aos procesos de innovación tecnolóxica e de xestión organizacional e) Promover o diálogo entre os organismos públicos e os representantes da economía social a nivel nacional __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida ao final do primeiro parágrafo do apartado 1 do artigo 6 a seguinte expresión: "...sempre que se rexan polos valores e principios orientadores establecidos no artigo 5 desta Lei." __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado 1, de Substitución. Artigo 6 Debe ser substituída na letra j) do apartado 1 do artigo 6 a expresión “e empresarial” por “e/ou social”

143318

Page 13:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

3

__________________________________________ Emenda nº9, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida unha nova letra j bis) ao apartado 1 do artigo 6 co seguinte texto: j.bis) As organizacións sindicais __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida unha nova letra j tris) ao apartado 1 do artigo 6 co seguinte texto: j.tris) As organizacións feministas __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida unha nova letra j.quater) ao apartado 1 do artigo 6 co seguinte texto: j.quater) As entidades dedicadas ao comercio xusto __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida unha nova letra j.quinquies) ao apartado 1 do artigo 6 co seguinte texto: j.quinquies) As entidades de creto social __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado 1, de Adición. Artigo 6 Debe ser engadida unha nova letra j.sexies) ao apartado 1 do artigo 6 co seguinte texto: j.sexies) As Organizacións Non Gobernamentais __________________________________________

143319

Page 14:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

4

Emenda nº14, ao apartado 3, de Substitución. Artigo 7 Debe ser substituída do apartado 3 do artigo 7 a expresión “poderanse articular” por “articularanse" __________________________________________ Emenda nº15, de Substitución. Artigo 8 Debe ser substituído o texto do artigo 8 polo seguinte: As entidades da economía social galegas poden libremente constituír asociacións, unións, federacións ou confederacións que as representen e defendan os seus intereses. Para a defensa dos seus intereses, as entidades da economía social galegas estarán representadas no Consello da Economía Social de Galicia e nos demais órganos con competencias en materia de políticas públicas de desenvolvemento da economía social. __________________________________________ Emenda nº16, de Adición. Artigo 8 Debe ser engadido un novo capítulo II.bis) co seguinte contido:

CAPÍTULO II.bis. O Instituto Galego da Economía Social Artigo 8.bis). Instituto Galego da Economía Social Créase o Instituto Galego da Economía Social como un órgano administrativo que contará con autonomía técnica, operativa e de xestión nos termos establecidos nesta Lei. O Instituto ten por obxecto instrumentar políticas públicas de fomento ao sector social da economía, co fin de fortalecer e consolidar o sector como un dos alicerces de desenrolo económico de Galiza, a través da participación, capacitación, investigación, difusión e apoio a proxectos produtivos do sector. Artigo 8.tris). Funcións do Instituto Galego da Economía Social O Instituto terá como funcións as seguintes:

143320

Page 15:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

5

a) Instrumentar a política galega de fomento e desenrolo do Sector da Economía Social b) Propiciar condicións favorables para o crecemento e consolidación do Sector da Economía Social c) Formular e executar programas e proxectos de apoio público á promoción, fomento e desenrolo do Sector d) Levar a cabo estudios e investigacións e elaborar estatísticas que permitan o coñecemento da realidade das entidades que conforman o Sector e do seu entorno, para o mellor cumprimento dos seus obxectivos e) Promover a consolidación empresarial e o desenvolvemento organizacional das diversas formas asociativas que integran o Sector, establecendo a sinatura de convenios de coordinación coas dependencias da Administración Pública Autonómica, así como coa Administración Local. f) Difundir os valores, principios e fins do Sector, así como os seus principais logros empresariais e asociativos g) Elaborar e manter actualizado o Catálogo Galego de entidades de Economía Social, tendo en conta os principios, valores e fins establecidos na presente Lei Artigo 8.quater) Recursos económicos O Instituto contará cos recursos económicos para o cumprimento do seu obxecto que lle asignen os Orzamentos da Xunta de Galicia. Artigo 8.quinquies). Composición O Instituto Galego da Economía Social está composto por: O Comité Executivo, estará presidido pola persoa que ostente a representación da consellería competente en materia de economía social e contará con seis membros máis en representación das consellerías competentes en materia de desenvolvemento rural, mar, economía e industria, traballo, educación e igualdade. As instancias, unidades administrativas e persoal público necesario para a consecución do seu obxecto. __________________________________________ Emenda nº17, ao apartado 1, de Supresión. Artigo 10 Debe ser suprimido na letra b) do apartado 1 do artigo 10 a expresión “facultativo e non” __________________________________________

143321

Page 16:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

6

Emenda nº18, ao apartado 1, de Supresión. Artigo 10 Debe ser suprimido na letra c) do apartado 1 do artigo 10 a expresión “facultativo e non” __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado 1, de Adición. Artigo 10 Debe ser engadida na letra e) do apartado 1 do artigo 10 logo da palabra Formular a seguinte expresión: “e informar” quedando redactada a aliña do seguinte xeito: e) Formular e informar propostas de incorporación ou exclusión no Catálogo galego de entidades da economía social de tipos de entidades da economía social. __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado 3, de Substitución. Artigo 10 Debe ser substituída no apartado 3 do artigo 10 a expresión “de carácter xeral ou específico” por “relacionados na disposición adicional segunda desta lei” __________________________________________ Emenda nº21, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadido na letra e) do apartado 1 do artigo 11 un novo ordinal 6º.bis) co seguinte contido: 6º.bis) Unha persoa representante da consellería competente en materia de igualdade __________________________________________ Emenda nº22, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadido na letra e) do apartado 1 do artigo 11 un novo ordinal 6º.tris) co seguinte contido: 6º.tris) Unha persoa representante da consellería competente en materia de servizos sociais __________________________________________

143322

Page 17:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

7

Emenda nº23, ao apartado 1, de Substitución. Artigo 11 Debe ser substituída na letra f) do apartado 1 do artigo 11 a expresión “conxuntamente polas” por “por cada unha das” __________________________________________ Emenda nº24, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadida na letra g) do apartado 1 do artigo 11 a expresión "de cada unha", quedando redactada a aliña do seguinte xeito: g) Unha persoa en representación de cada unha das organizacións empresariais intersectoriais máis representativas a nivel galego. __________________________________________ Emenda nº25, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadida unha nova letra i.bis) ao apartado 1 do artigo 11 co seguinte contido: i.bis) Unha persoa en representación das entidades de comercio xusto __________________________________________ Emenda nº26, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadida unha nova letra i.tris) ao apartado 1 do artigo 11 co seguinte contido: i.tris) Unha persoa en representación das entidades de creto social __________________________________________ Emenda nº27, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadida unha nova letra i.quater) ao apartado 1 do artigo 11 co seguinte contido:

143323

Page 18:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

8

i.quater) Unha persoa en representación das organizacións feministas __________________________________________ Emenda nº28, ao apartado 1, de Adición. Artigo 11 Debe ser engadida unha nova letra i.quinquies) ao apartado 1 do artigo 11 co seguinte contido: i.quinquies) Unha persoa en representación das Organizacións Non Gobernamentais __________________________________________ Emenda nº29, ao apartado 4, de Substitución. Artigo 13 Debe ser substituído no segundo parágrafo do apartado 4 do artigo 13 a expresión “un máximo dunha persoa asesora a petición de” por “unha persoa asesora por” __________________________________________ Emenda nº30, ao apartado 5 bis), de Adición. Artigo 14 Debe ser engadido un novo apartado 5.bis) ao artigo 14 co seguinte texto: 5.bis)- A Xunta de Galicia comprométese a priorizar como provedores da Administración Pública galega ás entidades da economía social fronte a ofertas de grandes multinacionais ou empresas privadas que teñan o seu domicilio social fora de Galiza. __________________________________________ Emenda nº31, ao apartado 1, de Substitución. Artigo 17 Debe ser substituída no apartado 1 do artigo 17 a expresión final que di “contribúan ao seu lanzamento e inicio de actividades” polo seguinte texto: “poñan a disposición do sector unha serie de produtos bancarios e financeiros que contribúan ao lanzamento, inicio de actividade e desenrolo do conxunto das entidades que se enmarcan na Economía Social, tales como Sociedades de Garantía Recíproca, Banca ética ou Cooperativas de servizos financeiros”, quedando redactada a aliña do seguinte xeito:

143324

Page 19:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

9

1. Co obxecto de promover o desenvolvemento de novas iniciativas de economía social, mediante a creación de novas entidades ou mediante a ampliación de actividades das existentes, fomentaranse instrumentos financeiros específicos que poñan a disposición do sector unha serie de produtos bancarios e financeiros que contribúan ao lanzamento, inicio de actividade e desenrolo do conxunto das entidades que se enmarcan na Economía Social, tales como Sociedades de Garantía Recíproca, Banca ética ou Cooperativas de servizos financeiros __________________________________________ Emenda nº32, ao apartado 2, de Supresión. Artigo 17 Debe ser suprimida no apartado 2 do artigo 17 a expresión “ou fondos de capital risco” __________________________________________ Emenda nº33, de Adición. Disposición adicional segunda Débese engadir ao final da disposición adicional segunda, o seguinte texto: “...sen menoscabo de ningún tipo de representación que ostentan as organizacións que forman parte dos órganos consultivos aludidos nesta disposición adicional.” __________________________________________ Emenda nº34, de Substitución. Disposición adicional cuarta Débese substituír o texto da disposición adicional cuarta polo seguinte: A constitución, posta en marcha e funcionamento do Consello da Economía Social de Galicia xerará os incrementos necesarios nas consignacións orzamentarias do departamento ao que se adscribe. Dito orzamento garantirá a compensación de gastos de representación pola asistencia e participación no mesmo a todas as entidades da economía social. __________________________________________

143325

Page 20:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

10

Emenda nº35, de Supresión. Disposición transitoria primeira Debe ser eliminado na disposición transitoria primeira, o seguinte texto: “e as que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas” __________________________________________ Emenda nº36, ao apartado 1, de Substitución. Disposición transitoria segunda Debe ser substituído o texto do apartado 1 da Disposición transitoria segunda polo seguinte: 1. En tanto o Consello da Xunta de Galicia non dite as disposicións necesarias para a adaptación do réxime previsto no actual Decreto 154/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galiza, todos os servizos, centros e programas para a prestación de servizos sociais quedarán sometidos ao réxime de autorización. __________________________________________ Emenda nº37, ao apartado 2, de Supresión. Disposición transitoria segunda Debe ser suprimido o apartado 2 da disposición transitoria segunda na súa totalidade. __________________________________________ Emenda nº38, ao apartado Terceiro, de Adición. Disposición derradeira primeira Debe se engadido un novo parágrafo no apartado Terceiro polo que se suprimen o último parágrafo do punto 1 e o contido íntegro do punto 3 do artigo 29 da Lei de cooperativas de Galicia contida na Disposición derradeira primeira co seguinte texto: “En todo caso, o número máximo de persoas socias colaboradoras non excederá dun terzo dos socios da cooperativa”.

143326

Page 21:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

11

__________________________________________ Emenda nº39, ao apartado Terceiro, de Adición. Disposición derradeira primeira Debe se engadido un novo parágrafo no apartado Terceiro polo que se suprimen o último parágrafo do punto 1 e o contido íntegro do punto 3 do artigo 29 da Lei de cooperativas de Galicia contida na Disposición derradeira primeira co seguinte texto: "Os socios colaboradores non poderán desenvolver actividades económicas en competencia coas que desenvolva a sociedade cooperativa da que sexan colaboradores." __________________________________________ Emenda nº40, ao apartado Sexto, de Supresión. Disposición derradeira primeira Debe se eliminada no apartado Sexto polo que se modifica o primeiro parágrafo do punto 2 do artigo 107 da Lei de cooperativas de Galicia, na disposición derradeira primeira, o seguinte texto: “...agás que a incorporación estea acollida a programas de promoción do autoemprego cooperativo, no que poderá ser prorrogado por outros seis meses adicionais”. __________________________________________ Emenda nº41, ao apartado Oitavo, de Supresión. Disposición derradeira primeira Debe ser substituído na letra c) do apartado 2 da modificación incluída no apartado Oitavo polo que se engade á Lei de cooperativas de Galicia unha nova disposición adicional, na disposición derradeira primeira da lei, a expresión “poderán realizarse” por “realizaranse” __________________________________________ Emenda nº42, ao apartado Oitavo, de Adición. Disposición derradeira primeira

143327

Page 22:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

12

Debe ser engadido ao final da letra f) do apartado 2 da modificación incluída no apartado Oitavo polo que se engade á Lei de cooperativas de Galicia unha nova disposición adicional, na disposición derradeira primeira da lei, o seguinte texto: Engadir ao final da aliña 8.2.f), o seguinte texto: “...segundo resolva a cooperativa xuvenil.” quedando redactada a aliña como segue: f) A redución do número de persoas socias traballadoras que teñan entre dezaseis e vinte e nove anos por debaixo da maioría esixida para a constitución de cooperativas xuvenís sen que se restableza no prazo de seis meses será causa de disolución ou transformación en cooperativa ordinaria segundo resolva a cooperativa xuvenil. __________________________________________ Emenda nº43, ao apartado Primeiro, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido o apartado Primeiro que modifica o último parágrafo do artigo 29.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira. __________________________________________ Emenda nº44, ao apartado Segundo, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido o apartado Segundo que modifica o artigo 67.1 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira. __________________________________________ Emenda nº45, ao apartado Terceiro, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido no punto 1 do apartado Terceiro polo que se modifica o o artigo 68 da Lei 13 de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: “...ou presentar a correspondente declaración responsable ou comunicación previa ante” __________________________________________

143328

Page 23:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

13

Emenda nº46, ao apartado Terceiro, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido na letra a) do punto 2 do apartado Terceiro polo que se modifica o o artigo 68 da Lei 13 de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: "... e o resto dos requirimentos da lexislación de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira." __________________________________________ Emenda nº47, ao apartado Terceiro, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido no primeiro parágrafo do punto 3 do apartado Terceiro polo que se modifica o o artigo 68 da Lei 13 de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: "...así como o réxime da declaración responsable ou comunicación previa..." __________________________________________ Emenda nº48, ao apartado Terceiro, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido do punto 4 do apartado Terceiro polo que se modifica o o artigo 68 da Lei 13 de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: "... ou, de ser o caso, sen a presentación da declaración responsable ou comunicación previa..." __________________________________________ Emenda nº49, ao apartado Cuarto, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimida a aliña a) do punto 4 do apartado Cuarto polo que se modifican as alíneas a) e g) do artigo 73 da Lei de servizos sociais de Galicia, na Disposición derradeira terceira que di: «a) Verificar o cumprimento dos requisitos e das condicións exixibles para a prestación e o funcionamento dos servizos de conformidade coa súa normativa sectorial específica e mais para a acreditación en materia de servizos sociais.» __________________________________________

143329

Page 24:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

14

Emenda nº50, ao apartado Quinto, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido no primeiro parágrafo da letra a) do apartado Quinto polo que se modifica,no título IX da Lei de servizos sociais de Galicia, as alíneas a) e c) do artigo 81, «Infraccións graves», na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: “...ou de ser o caso, a non presentación da declaración responsable ou da comunicación previa que resulte procedente segundo a normativa sectorial aplicable”. __________________________________________ Emenda nº51, ao apartado Quinto, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimido no segundo parágrafo da letra a) do apartado Quinto polo que se modifica,no título IX da Lei de servizos sociais de Galicia, as alíneas a) e c) do artigo 81, «Infraccións graves», na Disposición derradeira terceira o seguinte texto: "... ou, de ser o caso, a non presentación da declaración responsable ou da comunicación previa..." __________________________________________ Emenda nº52, ao apartado Quinto, de Adición. Disposición derradeira terceira Debe ser engadida na letra c) do apartado Quinto polo que se modifica,no título IX da Lei de servizos sociais de Galicia, as alíneas a) e c) do artigo 81, «Infraccións graves», na Disposición derradeira terceira a seguinte expresión:“... as normas sobre autorización e acreditación e...” quedando redactada a alínea como segue: «c) Non prestar o tratamento técnico propio da finalidade específica do servizo, centro ou programa segundo as normas sobre autorización e acreditación e a normativa sectorial aplicable.» __________________________________________ Emenda nº53, ao apartado Sexto, de Supresión. Disposición derradeira terceira

143330

Page 25:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

15

Debe ser suprimido o apartado sexto da disposición derradeira terceira na súa totalidade. __________________________________________ Emenda nº54, ao apartado Sétimo, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimida da letra c.1 do apartado Sétimo polo que se modifica a alínea c) do artigo 40.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na disposición derradeira terceira a seguinte expresión: "...que designarán de común acordo os seus representantes." __________________________________________ Emenda nº55, ao apartado Sétimo, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimida da letra c.2 do apartado Sétimo polo que se modifica a alínea c) do artigo 40.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na disposición derradeira terceira a seguinte expresión: "...e as que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, que designarán de común acordo os seus representantes." __________________________________________ Emenda nº56, ao apartado Sétimo, de Supresión. Disposición derradeira terceira Debe ser suprimida da letra c.3 do apartado Sétimo polo que se modifica a alínea c) do artigo 40.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na disposición derradeira terceira a seguinte expresión: "...que designarán de común acordo os seus representantes." __________________________________________ Emenda nº57, de Modificación. Proxecto de lei da economía social de Galicia Debe ser corrixido en todo o texto a numeración utilizada para que sexa a do abecedario galego.

143331

Page 26:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

16

__________________________________________ NOTA: Emendas presentadas por Consuelo Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira GP Mixto Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 01/03/2016

11:54:35

143332

Page 27:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1

EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA AO PROXECTO DE LEI DA

ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA (NUM. EXPE. 09/PL-000034).

Emenda nº1, ao apartado 1, de Supresión. Artigo 1 Debese suprimir no punto 1 o seguinte texto: "...con pleno respecto (...) da Economía Social." __________________________________________ Emenda nº2, de Adición. Artigo 2 Débese engadir in fine o seguinte texto: "respectando a súa autonomía e coa democratización social e económica coma bases de actuación." __________________________________________ Emenda nº3, de Adición. Artigo 5 Débese engadir no primeiro paragrafo o seguinte texto: Despois de: "...transparencia,..." o seguinte: "sustentabilidade, autonomía, autoxestión,..." __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado c), de Substitución. Artigo 5 Débese substituir no apartado c) a seguinte expresión: "persoas con discapacidade" por: "persoas con diversidade funcional ou cognitiva" __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado c), de Substitución. Artigo 5 Débese substituir no apartado c) a seguinte expresión: Tras "...a cohesión social,..." o seguinte: "a cooperación,..." __________________________________________

143333

Page 28:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

2

Emenda nº6, ao apartado 1.a), de Substitución. Artigo 11 Débese substituir o texto do apartado 1.a) polo seguinte: "a) A presidencia, que ostentará o conselleiro, conselleira ou persoa titular da dirección xeral, competente en materia de economía social, ou a persoa en quen delegue." __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado 1.b), de Supresión. Artigo 11 Débese suprimir o apartado 1.b) __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado 1.c), de Substitución. Artigo 11 Débese substituir o texto do apartado 1.c) polo seguinte: "b) A vicepresidencia, que será ostentada pola persoa elixida maioritariamente polas persoas membros do Consello da Economía Social representantes das entidades da economía social." __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado 1.e), de Substitución. Artigo 11 Débese substituir no apartado 1.e) a seguinte expresión: Onde di: "oito persoas..." debe dicir: "nove persoas" __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado 1.e), de Adición. Artigo 11 Débese engadir no punto 1.e) un subapartado co seguinte texto: "7º. Unha persoa representante da Secretaría de Igualdade." __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado 1.g), de Substitución. Artigo 11 Débese substituir o texto do apartado 1.g) polo seguinte: "g) Tres persoas representantes das organizacións sindicais máis representativas." __________________________________________

143334

Page 29:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

3

Emenda nº12, ao apartado 1, de Adición. Artigo 12 Débese engadir no punto 1, in fine, o seguinte texto: "a proposta da entidade ou órgano a quen lle corresponde ou das decisións derivadas do propio Consello." __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado 2, de Substitución. Artigo 12 Os puntos 2 e 3 unificaranse, quedando redactados do seguinte xeito (e por conseguinte renumerando o artigo): "A duración do mandato das persoas integrantes do Consello da Economía Social de Galicia será de catro anos, renovándose a finalización deste período, sen prexuízo da súa reelección." __________________________________________ Emenda nº14, ao apartado 5, de Supresión. Artigo 13 Débese suprimir no punto 5 o seguinte texto: Desde: "...e esta á súa vez,..." ata o final do punto. __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado 2.e), de Supresión. Artigo 14 Débese suprimir no apartado 2.e) a seguinte expresión: "especialmente para as persoas emprendedoras." __________________________________________ Emenda nº16, ao apartado 2.f), de Substitución. Artigo 14 Débese substituir no apartado 2.f) a seguinte expresión: Onde di: "persoas con discapacidade" debe dicir: "persoas con diversidade funcional ou cognitiva" __________________________________________ Emenda nº17, ao apartado 2.g), de Substitución. Artigo 14 Débese de substituir o texto do apartado 2.g) polo seguinte: "g) Impulso e dinamización de actividades económicas de base cooperativa."

143335

Page 30:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

4

__________________________________________ Emenda nº18, ao apartado 2.h), de Substitución. Artigo 14 Débese substituir o texto do apartado 2.h) polo seguinte: "h) ) Introdución de contidos educativos en materia de asociacionismo, cooperación e economía social no currículo das distintas ensinanzas e, en particular, nos niveis de secundaria e ciclos formativos profesionais." __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado 2.i), de Substitución. Artigo 14 Débese substituir no apartado 2.fi a seguinte expresión: Onde di: "nas áreas de desenvolvemento rural, emprendemento económico, prestación de servizos sociais, dependencia e integración social," debe dicir: "nas diferentes áreas de xestión" __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado 2.l), de Supresión. Artigo 14 Débese suprimir no apartado 2.l) a seguinte verba: "económicas" __________________________________________ Emenda nº21, ao apartado 2.n), de Adición. Artigo 14 Débese engadir un novo apartado 2.n) co seguinte texto: "n) Apoio activo da Economía Social, facilitando apoio económico e facendo un seguemento da viabilidade e continuidade no tempo das iniciativas de esta índole; De cara a implementar melloras consensuadas cos colectivos e entidades e no marco do Consello da Economía Social." __________________________________________ Emenda nº22, ao apartado 2.p), de Adición. Artigo 14 Débese engadir un novo apartado 2.p) co seguinte texto: "p) Apoio activo da Economía Social, facilitando medios físicos ou materiais da administración dispoñibles para a súa

143336

Page 31:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

5

actividade; Tal coma locais ou dependencias para xuntanzas, etc." __________________________________________ Emenda nº23, de Adición. Artigo 15 Débese engadir in fine o seguinte texto: "..., que será dotado cos medios suficientes." __________________________________________ Emenda nº24, de Adición. Artigo 16 Débese engadir ao remate do artigo o seguinte texto: "e das distintas Comunidades Autónomas do Estado." __________________________________________ Emenda nº25, de Adición. Artigo 16 Débese engadir un novo parágrafo co seguinte texto: "Corresponde á Consellería competente en materia económica a elaboración dun Plan de impulso da Economía Social, para o que contará coa colaboración do resto de Consellerías e Direccións Xerais en virtude no disposto no punto 2 deste artigo. Dito Plan será revisado e avaliado anualmente. Para a súa aprobación e avaliación será convocado o Consello da Economía Social. A Xunta de Galicia reservará anualmente un orzamento específico adicado ao seu cumprimento." __________________________________________ Emenda nº26, ao apartado 1, de Adición. Artigo 17 Débese engadir no apartado 1 despois de "instrumentos financeiros" a seguinte palabra: "públicos" __________________________________________ Emenda nº27, ao apartado 2, de Substitución. Artigo 17 Débese substituir o texto do apartado 2 polo seguinte:

143337

Page 32:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

6

"2. Estimularase o acceso das entidades da economía social galega a programas de microcréditos e axudas públicas para o lanzamento e mantemento das mesmas." __________________________________________ Emenda nº28, ao apartado 3, de Adición. Artigo 17 Débese engadir un apartado 3 co seguinte texto: "3. Impulsarase a relación e financiamento dos proxectos coas entidades de banca ética ou cooperativas de crédito. Así mesmo estimularase a posibilidade de acceso a proxectos de micromecenazgo." __________________________________________ Emenda nº29, ao apartado 4, de Adición. Artigo 17 Débese engadir un apartado 4 co seguinte texto: "4. A planificación económica quedará reflectida no Plan de Impulso da Economía Social." __________________________________________ Emenda nº30, de Supresión. Disposición adicional cuarta Débese eliminar esta Disposición adicional cuarta. __________________________________________ Emenda nº31, de Supresión. Disposición derradeira terceira Débese eliminar esta Disposición derradeira terceira. __________________________________________ Emenda nº32, ao apartado 1.1, de Substitución. Exposición de motivos Débese substituir no capítulo 1 o texto do primeiro parágrafo polo seguinte: "A Economía Social engloba un conxunto de iniciativas baseadas nunha xestión económica participativa e solidaria,mediante medios de produción colectivos, ao traverso de entidades que perseguen a satisfación das necesidades das persoas que o integran, o interese xeral comunitario, ou ambas."

143338

Page 33:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

7

__________________________________________ Emenda nº33, ao apartado 1.3, de Supresión. Exposición de motivos Débese suprimir no capítulo 1 o terceiro paragrafo. __________________________________________ Emenda nº34, ao apartado 2.3, de Substitución. Exposición de motivos Débese substituir no capítulo 2 o texto do terceiro paragrafo polo seguinte: "Neste senso, Galicia debe adoptar a economía social coma axente de transformación. Unha ferramenta de reparto da riqueza e de democratización económica e social. Precisamente, no marco actual de desigualdade, perda de postos de traballo e diminución da calidade e estabilidade no emprego a economía social debe ser impulso a unha alternativa aos medios de produción privados tradicionais. Entendendo que nestas iniciativas a toma de decisións e os beneficios son colectivos e que os seus principios reitores se basean na autoxestión, autonomía, sustentabilidade, solidariedade e desenrolo; a Administración debe situarse coma axente de impulso, facilitador e asesor para a implantación da economía social, pero mantendo a independencia das iniciativas da mesma." __________________________________________ Emenda nº35, ao apartado 2.4, de Substitución. Exposición de motivos Débese substituir no capítulo 2, cuarto paragrafo, o seguinte texto: Onde di: "Tendo en conta as potencialidades da economía social, a súa destacada presenza na economía e as competencias que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia, resulta necesaria..." Por: "Tendo en conta estas potencialidades, e as competencias que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia, resulta importante..." __________________________________________

143339

Page 34:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

8

Emenda nº36, ao apartado 2.5, de Supresión. Exposición de motivos Débese suprimir o paragrafo 5 do capítulo 2. __________________________________________ Emenda nº37, ao apartado 2.6, de Supresión. Exposición de motivos Débese suprimir o paragrafo 6 do capítulo 2. __________________________________________ Emenda nº38, ao apartado 3, de Supresión. Exposición de motivos Débese suprimir o capítulo 3. __________________________________________ Emenda nº39, ao apartado 4.19, de Supresión. Exposición de motivos Débese suprimir a totalidade do texto do paragrafo 19 do capítulo 4 que di así: "Na terceira disposición derradeira inclúese a modificación da Lei de Servizos Sociais (...) o desenvolvemento regulamentario preciso para a súa aplicación." __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 01/03/2016 16:57:12

143340

Page 35:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1

EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO

SOCIALISTAS DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI DA ECONOMÍA

SOCIAL DE GALICIA (NUM. EXPE. 09/PL-000034).

Emenda nº1, ao apartado 1, de Modificación. Artigo 6 Débese modificar no punto 1 do artigo 6 o seguinte contido: Onde di: "1. Forman parte da economía social de Galicia:", debe dicir: "1. Forman parte da economía social de Galicia, sempre que se rexan polos valores e principios orientadores establecidos no artigo 5." __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado 1.g, de Modificación. Artigo 6 Débese modificar no apartado g do punto 1 do artigo 6 o seguinte contido: Onde di: "g) as confrarías de pescadores," debe dicir: "g) as confrarías," __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado 1.e, de Modificación. Artigo 10 Débese modificar no apartado e do punto 1 do artigo 10 o seguinte contido: Onde di: "e) Formular propostas de incorporación ou exclusión no Catálogo...", debe dicir: "e) Formular e informar propostas de incorporación ou exclusión no Catálogo..." __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado 1.h, de Modificación. Artigo 10 Débese modificar no apartado h do punto 1 do artigo 10 o seguinte contido: Onde di: "...dos principios da economía social recollidos nesta lei.", debe dicir: "...dos principios da economía social expresados nesta lei." __________________________________________

143341

Page 36:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

2

Emenda nº5, ao apartado 1.d, de Modificación. Artigo 11 Débese modificar no apartado d do punto 1 do artigo 11 o seguinte contido: Onde di: "d) Doce persoas en representación das entidades da economía social de Galicia, nomeadas do seguinte xeito:", debe dicir: "d) Trece persoas en representación das entidades da economía social de Galicia, nomeadas do seguinte xeito:" __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado 1.d, de Adición. Artigo 11 Débese engadir un novo punto dentro do apartado d do artigo 11, que quedará redactado co seguinte contido: "7º bis. Unha persoa proposta polas entidades de representación das persoas con discapacidade." __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado 1.e, de Modificación. Artigo 11 Débese modificar o apartado e do punto 1 do artigo 11, que quedará redactado co seguinte contido: "e) Oito persoas en representación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia: 1º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de economía e industria. 2º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de desenvolvemento rural. 3º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de pesca. 4º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de traballo. 5º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de educación. 6º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de fundacións e asociacións. 7º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de política social. 8º. Unha persoa representante da consellería competente en materia de igualdade." __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado 1.f, de Modificación. Artigo 11

143342

Page 37:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

3

Débese modificar o apartado f do punto 1 do artigo 11, que quedará redactado co seguinte contido: "f) Tres persoas designadas por cada unha das organizacións sindicais máis representativas da comunidade autónoma." __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado 1.h, de Modificación. Artigo 11 Débese modificar o apartado h do punto 1 do artigo 11, que quedará redactado co seguinte contido: "h) Tres persoas en representación dos concellos de Galicia propostas pola Federación Galega de Municipios e Provincias." __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado 3, de Modificación. Artigo 11 Débese modificar no punto 3 do artigo 11 o seguinte contido: Onde di: "..., así como dos seus órganos, realizaranse procurando acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes...", debe dicir: "..., así como dos seus órganos, realizaranse dando cumprimento á paridade, coa presenza equilibrada de mulleres e homes..." __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado 4, de Modificación. Artigo 13 Débese modificar no punto 4 do artigo 13 o seguinte contido: Onde di: "...comisións de traballo poderán asistir, sen dereito a voto, un máximo dunha persoa asesora a petición de cada unha das entidades da economía social,...", debe dicir: "...comisións de traballo poderán asistir, sen dereito a voto, unha persoa asesora por cada unha das entidades da economía social,..." __________________________________________ Emenda nº12, de Modificación. Disposición adicional cuarta Débese modificar tanto o nome como o contido da disposición adicional cuarta, que quedará redactada co seguinte contido. "Incremento de consignacións orzamentarias. A constitución, posta en marcha e funcionamento do Consello da Economía Social de Galicia debe ter en conta o dereito das

143343

Page 38:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

4

persoas que forma parte do consello a percibir unha compensación pola asistencia e participación no mesmo, e nas súas comisións ou grupos de traballo, en cantidade análoga á que se percibe noutros consellos análogos da Administración autonómica." __________________________________________ Emenda nº13, de Supresión. Disposición transitoria primeira Débese suprimir a disposición transitoria primeira. __________________________________________ Emenda nº14, de Modificación. Disposición transitoria primeira Emenda de modificación da disposición transitoria primeira no caso de non ser aceptada a emenda número 13, que quedará redactada co seguinte contido: "No prazo máximo de 6 meses dende a entrada en vigor da presente lei, procederase a adaptar o Decreto 246/2011, do 15 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, no relativo aos órganos consultivos e de participación, consonte o disposto no punto sétimo da disposición derradeira terceira desta lei. O Consello Galego de Benestar estará integrado por catro vogais en representación das organizacións sindicais máis representativas na comunidade autónoma, catro vogais en representación das organizacións empresariais máis representativas a nivel galego e catro vogais en representación das organizacións profesionais agrarias máis representativas a nivel galego." __________________________________________ Emenda nº15, de Supresión. Disposición transitoria segunda Débese suprimir a disposición transitoria segunda. __________________________________________ Emenda nº16, de Modificación. Disposición transitoria segunda Emenda de modificación da disposición transitoria segunda no caso de non ser aceptada a emenda número 15, que quedará redactada co seguinte contido:

143344

Page 39:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

5

"1. No prazo máximo de 6 meses dende a entrada en vigor desta lei procederase a adaptar o actual Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia, ao establecido nesta lei. 2. Sen prexuízo do anterior, e dado que as persoas usuarias dos servizos sociais deben ser obxecto de políticas públicas que constitúan un valor superior aos valores do mercado, todas as actividades a desenvolver con elas respecto á servizos, centros e programas de titularidade pública e privada que se desenvolvan en Galicia, terán que contar coa autorización previa da administración, que velará pola calidade dos servizos, e da prestación dos mesmos, polos procedementos de selección do persoal e pola formación dos cadros de persoal que contarán con formación específica e experiencia acreditada en atención á actividade que vaian a desenvolver. 3. As solicitudes de autorización conforme o previsto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e na normativa que a desenvolve, que se atopen en tramitación á entrada en vigor desta lei a respecto de servizos, centros e programas, resolveranse de conformidade co procedemento previsto na normativa anterior e segundo os requisitos esixidos na normativa sectorial específica reguladora vixente no momento da presentación da solicitude, salvo que o ou a solicitante opte por desistir da súa solicitude e iniciar un novo procedemento." __________________________________________ Emenda nº17, de Supresión. Disposición derradeira terceira Débese suprimir a disposición derradeira terceira. __________________________________________ Emenda nº18, de Modificación. Exposición de motivos Débese modificar no parágrafo 6 do apartado 1 da exposición de motivo o seguinte contido: Onde di: "...centros especiais de emprego, as confrarías de pescadores e as sociedades agrarias de transformación.", debe dicir: "...centros especiais de emprego, as confrarías e as sociedades agrarias de transformación." __________________________________________

143345

Page 40:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

6

Emenda nº19, de Modificación. Exposición de motivos Débese modificar no parágrafo 6 do apartado 4 da exposición de motivos o seguinte contido: Onde di: "Recóllese a participación da Administración local e das universidades galegas polo seu papel central na investigación e divulgación, así como a das organizacións sindicais e empresariais de conformidade coa normativa aplicable en materia de participación institucional.", debe dicir: "Recóllese a participación da Administración local e das universidades galegas polo seu papel central na investigación e divulgación, así como a das organización sindicais e organización empresariais máis representativas." __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

Jose Luis Méndez Romeu na data 01/03/2016 17:30:53

143346

Page 41:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1

EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI DA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA

(NUM. EXPE. 09/PL-000034).

Emenda nº1, ao apartado 3, de Substitución. Artigo 7 Débese sustituír o texto do apartado 3 do artigo 7 polo seguinte texto: "3. O Catálogo galego de entidades de economía social regulado no presente artigo terá carácter único no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá ser público e non terá carácter constitutivo. Elaborarase de forma coordinada co catálogo de entidades de economía social de ámbito estatal. O seu funcionamento así como o acceso a el poderá articularse a través de medios electrónicos". __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado 1.e, de Modificación. Artigo 11 Débese sustituír o texto do subapartado e) do apartado 1 do artigo 11 polo que se a continuación: "e) Nove persoas en representación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia: 1º Dúas persoas representantes da Consellería competente en materia de economía social. 2º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de desenvolvemento rural. 3º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de desenvolvemento mariño. 4º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de economía e industria. 5º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de emprego. 6º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de educación. 7º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de fundacións e asociacións. 8º Unha persoa representante da Consellería competente en materia de igualdade"

143347

Page 42:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

2

__________________________________________ Emenda nº3, ao apartado 2.g bis), de Adición. Artigo 14 Débese engadir un subapartado g) bis ao artigo 14.2 co seguinte texto: "g bis) Fomento dos procesos de mellora da competitividade e da internacionalización das entidades de economía social, integrando a promoción de sistemas de produción e servizos eficaces cos obxectivos sociais de cara á súa consolidación no tecido económico". __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado 2, de Modificación. Artigo 17 Débese modificar o apartado 2 do artigo 17 polo seguinte texto: "2. Estimularase o acceso das pequenas e medianas empresas da economía social galega a programas de microcréditos ou fondos de capital risco que se poidan concertar especificamente para o lanzamento de novas iniciativas de economía social e en xeral, promoverase o seu acceso a todos aqueles instrumentos financeiros que se poidan adaptar ás necesidades das novas iniciativas de economía social." __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado 4, de Adición. Disposición adicional terceira Débese engadir como un novo apartado 4 a disposición adicional terceira co seguinte texto. "A Administración galega adoitará medidas de coordinación entre os seus departamentos e coa Administración do Estado con competencia en materia rexistral da economía social para garantir unha información estatística actualizada e axustada ao Catálogo regulado no artigo 7 da presente Lei". __________________________________________ Emenda nº6, de Adición. Disposición adicional cuarta Débese engadir unha nova disposición adicional quinta co seguinte texto: "Plan galego de impulso das entidades de economía social.

143348

Page 43:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

3

O Xunta de Galicia aprobará no prazo de seis meses desde a entrada en vigor desta Lei, un plan de impulso das entidades de economía social, con especial atención ás de singular arraigamento na súa contorna e ás que xeren emprego nos sectores máis desfavorecidos". __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 01/03/2016 18:01:35

143349

Page 44:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

1

EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO BLOQUE

NACIONALISTA GALEGO AO PROXECTO DE LEI DA ECONOMÍA SOCIAL

DE GALICIA (NUM. EXPE. 09/PL-000034).

Emenda nº1, de Modificación. Proxecto de lei da economía social de Galicia Substituír en todo o texto da Lei as letras j) e k), que non existen no alfabeto galego, polas correspondentes atendendo á orde establecida no alfabeto galego. __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado 1, de Adición. Artigo 1 Engádese a continuación de “aplicable ao conxunto” o inciso “ de accións de fomento e impulso”. __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado a), de Substitución. Artigo 5 Substitúese no artigo 5.a) a expresión “que leva a priorizar a toma de decisións máis en función” por “que “obriga a adoptar as súas decisións en función...”. __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado b), de Supresión. Artigo 5 Suprímese a palabra “principalmente”. __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado g), de Adición. Artigo 5 Proponse engadir un novo apartado g), coa seguinte redacción:

143350

Page 45:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

2

"g) A actuación en beneficio exclusivo dun fin social concretado nun plan social." __________________________________________ Emenda nº6, de Supresión. Artigo 6 Proponse suprimir as letras b) e c). __________________________________________ Emenda nº7, de Modificación. Artigo 6 Proponse a modificación da primeira frase do artigo 6, quedando redactada como sigue: "1. Forman parte da economía social de Galiza, sempre que se rexan polos valores e principios orientadores establecidos no artigo 5:" __________________________________________ Emenda nº8, de Adición. Artigo 9 Engádese un novo punto 4, coa seguinte redacción: "4. Os orzamentos anuais da Xunta de Galiza destinarán anualmente as dotacións económicas suficientes para que o Consello poida levar a cabo as súas funcións." __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado 1.a), de Supresión. Artigo 10 Suprímese no artigo 10.1 a) a expresión “cando sexa requirido para iso”. __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado e), de Modificación. Artigo 11

143351

Page 46:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

3

Como consecuencia da engádega dun novo subapartado no apartado e), a primeira frase do apartado queda redactada deste xeito: “Nove persoas en representación da Administración xeral da comunidade autónoma.” __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado e), de Adición. Artigo 11 Engadir un novo subapartado no apartado e) co seguinte texto: "7º Unha persoa representante da consellería competente en materia de igualdade." __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado 2.k), de Modificación. Artigo 14 No apartado 2 proponse modificar a letra k), que queda redactada tal e como sigue: "k) Introdución de cláusulas de carácter social que, tendo en conta as características e valores da economía social, garantan que nos diferentes ámbitos de contratación pública se adxudique unha porcentaxe dos contratos e servizos non inferior ao vinte por cento dos mesmos a entidades da economía social." __________________________________________ Emenda nº13, de Adición. Artigo 17 Engadir un novo apartado 3 no artigo 17 co seguinte texto: "3. Crearase unha entidade de Capital Risco Cooperativo, que fomentará un marco de xestión pactado con Xesgalicia que impulse a posta en marcha de proxectos empresarias cooperativos de alto impacto dirixidos tanto ao mercado galego e estatal como aos mercados exteriores. Elaborarase unha supervisión profesionalizada da xestión dos proxectos, e terá por obxecto participar no capital social de novas entidades durante un período de tempo inicial do proxecto, para ir

143352

Page 47:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

4

retirándose progresivamente ata saír do mesmo, unha vez consolidado." __________________________________________ Emenda nº14, de Adición. 17 bis) Engadir un novo artigo 17 bis) co seguinte texto: "Artigo 17 bis) Impulso da igualdade e da conciliación nas entidades de economía social galega. A Xunta de Galiza impulsará a implantación efectiva de plans de igualdade e de concilicación nas entidades de economía social galega, mediante un programa de fomento dos mesmos, coa súa adecuada dotación orzamentaria." __________________________________________ Emenda nº15, de Adición. 17 ter) Engadir un novo artigo 17 ter) co seguinte texto: "17 ter) Participación de cooperativas agrarias en programas de desenvolvemento rural. Promoverase a participación das cooperativas agrarias en programas de desenvolvemento rural e na propia Rede galega de Desenvolvemento Rural, a efectos de valorizar os servizos que presta, impulsando a diversificación da súa actividade, e o desenvolvemento doutros servizos dirixidos ao incremento do benestar e a calidade de vida no medio rural." __________________________________________ Emenda nº16, de Adición. 17 quater) Engádese un novo artigo 17 quater) co seguinte texto: "Artigo 17 quater) Creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento 1. Autorízase a creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento, como unha entidade pública empresarial con personalidade xurídica propia, das previstas no artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público de Galiza, que

143353

Page 48:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

5

estará adscrito á consellaría competente en materia de economía e finanzas. 2. O Instituto Galego de Crédito e Investimento será o instrumento principal da política de crédito público do Goberno Galego, estará sometido á normativa de aplicación do sector público galego e á do dereito privado que lle sexan de aplicación no exercicio da súa actividade. No exercicio das súas funcións, o Instituto Galego de Crédito e Investimento axustarase ás disposicións orzamentarias anuais e ás directrices que en relación coa política económica xeral lle indique o Goberno Galego. 3.O Instituto Galego de Crédito e Investimento terá patrimonio e tesouraría propia. Así mesmo, no exercicio das súas funcións disporá de autonomía financeira, patrimonial, funcional e de xestión, con submisión á presente lei, ao Estatuto da empresa pública catalá e ao resto do ordenamento xurídico, sen prexuízo de que na súa actividade axústese ás normas de dereito privado que lle son de aplicación. O seu Estatuto fixará o réxime patrimonial e económico, consonte as disposicións aplicábeis ao sector público galego. 4. O Instituto Galego de Crédito e Investimento, a fin de cumprir o seu cometido, poderá utilizar instrumentos de dereito público e privado e asinar convenios de colaboración, concertos e protocolos de actuación coa Administración pública e con calquera ente ou institución pública ou privada. As operacións que en cumprimento da súa actividade realice o Instituto Galego de Crédito e Investimento con persoas físicas e entidades privadas someteranse ás normas do dereito privado, nas condicións establecidas polos seus Estatutos. 5. Os obxecto e fins xerais do Instituto Galego de Crédito e Investimento serán os seguintes: a) Promover aquelas actividades económicas que contribúan ao desenvolvemento e ao aumento da riqueza de Galiza e en especial, aquelas que, pola súa transcendencia social, cultural, innovadora ou ecolóxica, merezan unha atención prioritaria. b) A participación ou concesións directa de créditos ás empresas e emprendedores de Galiza, dentro das áreas prioritarias da economía produtiva que estableza o Goberno galego. c) A redución de custos na xestión dos recursos financeiros e nas operacións de crédito da Comunidade Autónoma. d) Contribuír a xerar unha nova dinámica ao conxunto do sistema financeiro galego, reforzando a aposta por unha economía produtiva, innovadora, creadora de emprego da calidade e sustentábel. 6. En desenvolvemento de ditos obxectos, o Instituto Galego de Crédito e Investimento poderá:

143354

Page 49:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

6

a) Desenvolver aquelas actividades financeiras que lle encomende o Goberno Galego no ámbito das súas competencias. b) Tomar participacións ou prestar apoios financeiros en empresas e entidades non financeiras públicas ou privadas, sempre que non superen o límite dos seus recursos propios, e no marco das políticas sectoriais prioritarias, unha vez obtida a autorización do Goberno e posto en coñecemento do Parlamento de Galiza. c) Constituír, no marco da normativa mercantil e nos termos e condicións establecidos pola lexislación aplicábel, sociedades mercantís dedicadas ao financiamento de empresas baixo calquera modalidade, ou sociedades de investimento en participacións financeiras ou patrimoniais. Ao seu tempo, ditas sociedades poderán participar igualmente en sociedades mercantís, financeiras ou fondos, sexan públicos ou privados, cuxas actividades se dirixan ao investimento en sectores relacionados coa innovación ou co tecido produtivo de Galiza, en sociedades e fondos de garantía, e en sociedades ou fondos de capital risco. d) Outorgar e formalizar créditos, operacións de financiamento, avais e outras garantías en favor de institucións, administracións ou corporacións públicas, persoas físicas, autónomos e profesionais -no exercicio da súa actividade económica e profesional-, e de persoas xurídicas, públicas e privadas.En todo caso, os créditos e avais que se concedan a persoas xurídicas deben destinarse ao financiamento de investimentos en activos materiais, inmateriais e financeiros, así como de capital circulante, coa excepción do sector da promoción inmobiliaria (agás a vivenda de protección oficial) que non poderá ser financiada polo Instituto. e) Prestar asesoramento en materia financeira e emitir informes para o Goberno galego ou o departamento competente en materia de finanzas, a petición destes ou a iniciativa propia. f) Exercer a representación da Comunidade Autónoma de Galiza nos eidos financeiro e crediticio. A actividade descrita, particularmente a concesión de créditos e avais, dirixirase a actividades que se realizan en Galiza e, excepcionalmente, para actividades que se desenvolven fóra deste territorio. Neste último caso, con todo, a empresa ou o beneficiario afectado debe ter o seu enderezo social en Galiza. 7. Os Estatutos do Instituto Galego de Crédito e Investimento regularán os órganos de goberno, que serán en todo caso, o Consello de Dirección, que estará presidido pola persoa titular da consellaría de adscrición, e a Dirección Xeral. Existirá ademais un Comité Asesor, como órgano de participación dos axentes sociais e institucións e entidades

143355

Page 50:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

7

representativas no eido económico, designadas na súa metade por ditas institucións e entidades, e na outra metade polo Parlamento de Galiza a proposta dos grupos parlamentares, entre persoas de competencia recoñecida, procedentes do ámbito financeiro, económico, social ou universitario 8. Os recursos económicos do Instituto Galego de Crédito e Investimento estarán constituídos por: a) As asignacións que se establezan anualmente con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza. b) As subvencións, achegas ou doazóns que se concedan ao seu favor por persoas físicas, xurídicas ou outras administracións ou institucións públicas. c) Os ingresos derivados dos bens e dereitos integrados no seu patrimonio, e os ingresos ordinarios e extraordinarios derivados do exercicio das súas actividades. d) As achegas doutras institucións financeiras, públicas ou privadas, que se establezan consonte a normativa en vigor, ou a través de convenios ou acordos de financiamento. e) As emisións de valores de renda fixa, variábel, ou outras operacións de endebedamento e os recursos derivados da xestión integral dos seus activos e pasivos. f) Os rendementos procedentes doutras operacións financeiras distintas das indicadas anteriormente, acordes coa propia finalidade do Instituto. g) Outros recursos que poidan serlle atribuídos na normativa sectorial ou orzamentaria. 9. O réxime económico e orzamentario, así como o seu control e fiscalización, do Instituto Galego de Crédito e Investimento será o establecido na normativa de réxime orzamentario de Galiza para as entidades instrumentais públicas. As obrigas patrimoniais do Instituto Galego de Crédito e Investimento terán a garantía da administración da Comunidade Autónoma de Galiza. O Instituto Galego de Crédito e Investimento subrogarase en todas as obrigas patrimoniais, e asumirá a titularidade do patrimonio e dos activos e pasivos do Instituto Galego de Promoción Económica. 10. Os postos de traballo do Instituto Galego de Crédito e Investimento serán desempeñados por persoal laboral contratado polo Instituto, ademais de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, segundo as funcións asignadas a cada posto de traballo. Neste caso, o réxime de adscrición será o establecido pola normativa de función pública de Galiza. O persoal que presta servizos no Instituto Galego de Promoción Económica integrarase no Instituto Galego de

143356

Page 51:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

8

Crédito e Investimento, quen se subrogará na posición de empregador consonte a normativa laboral, mantendo en todo caso os mesmos dereitos laborais. O Instituto Galego de Crédito e Investimento aprobará a súa relación de postos de traballo, onde deberán figurar os postos directivos reservados a persoal de alta dirección, que poderán ser nomeados e cesados libremente polo Consello de Dirección, entre persoas de recoñecida competencia e experiencia profesional. O resto dos postos de traballo serán seleccionados en convocatorias públicas, conforme os principios de mérito e capacidade. 11. O Goberno galego aprobará, no prazo de tres meses, os Estatutos do Instituto Galego de Crédito e Investimento, e realizará as operacións necesarias para a subrogación patrimonial e de persoal prevista nesta disposición adicional, ficando expresamente autorizado para realizar cantas accións sexan necesarias para ese fin. 12. O comezo das actividades do Instituto Galego de Crédito e Investimento será no momento da entrada en vigor dos seus Estatutos. No caso de que o inicio das actividades non coincida coa entrada en vigor dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta aprobará os seus orzamentos de explotación e capital e os estados financeiros correspondentes ao exercicio económico en curso, dando conta no prazo de dez días ao Parlamento de Galiza. No momento de inicio da actividade do Instituto Galego de Crédito e Investimento, tamén se aprobarán as operacións necesarias para a extinción do Instituto Galego de Promoción Económica, así como o traspaso da súa actividade, dos seu patrimonio, dos activos e pasivos, e do persoal subrogado nos termos desta Lei." __________________________________________ Emenda nº17, de Modificación. Disposición adicional cuarta Modifícase a redacción desta disposición, quedando redactada da seguinte maneira: "Disposición adicional cuarta. Dotación orzamentaria suficiente. Os orzamentos da Xunta de Galiza destinarán anualmente as partidas suficientes para impulsar as medidas contempladas no apartado IV da presente lei."

143357

Page 52:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

9

__________________________________________ Emenda nº18, de Adición. Disposición adicional quinta Engadir unha nova disposición adicional que sería a quinta, co seguinte texto: “Disposición adicional quinta. Coordinación co Consello Económico e Social. Regulamentariamente, estableceranse os mecanismos de coordinación entre o Consello de Economía social e o Consello Económico e Social nas funcións de asesoramento, apoio e estudo sobre cuestións que afecten á economía social.” __________________________________________ Emenda nº19, de Supresión. Disposición transitoria segunda Suprímese a disposición transitoria segunda. __________________________________________ Emenda nº20, de Supresión. Disposición derradeira terceira Suprímense os apartados Primeiro a Sexto (ambos inclusive) da disposición derradeira terceira. __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 01/03/2016 18:15:48

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 01/03/2016 18:15:55

143358

Page 53:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través do seu

portavoz, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

corrección de erros por un erro na transcrición no documento con número de rexistro

47908:

Debe suprimirse no punto 3 da emenda número 16 desde “Así mesmo,” e até

“de aplicación”.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 02/03/2016 13:17:02

143359

Page 54:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O 3 de xuño de 2014 a Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral,

Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia aprobaba, por unanimidade, instar á

Xunta de Galicia a promover, elaborar e aprobar, coa colaboración dos

representantes dos traballadores públicos da Administración Galega, un

protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica

galega.

En pregunta realizada por esta deputada na comisión 1ª o 5 de novembro de

2014 a Directora Xeral de avaliación e Reforma Administrativa informou de que

o borrador xa estaba entregado aos sindicatos e que tiñan ata o día 10 dese

mesmo mes para realizar as achegas ao texto que consideraran oportunas

sinalando como probable que o texto fora aprobado antes de rematar o ano

2014.

A finais de 2015 e, ante a dilación na aprobación de dito protocolo, con data 30

de novembro de 2015, presentouse unha Proposición Non de lei, debatida na

Comisión 1ª, novamente, onde se instaba á Xunta de Galicia a realizar os

trámites oportunos que permitiran axilizar a aprobación do Protocolo de

actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica galega que, en

todo caso, non debería demorarse máis alá da finalización do presente período

de sesións, salvo causa xustificada que deberá ser comunicada a este

Parlamento. A pesar do posicionamento favorable no debate de todos os

143360

Page 55:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

grupos parlamentarios, na votación resultou rexeitada cos votos en contra do

Partido Popular.

E así chegamos ata hoxe, sen que dito protocolo estea aínda aprobado. Case

dous anos de tramitación que resultan incomprensibles en calquera

administración.

Polo exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Pleno:

“O Parlamento de Galicia manifesta o seu malestar pola dilación na aprobación

dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración

Autonómica galega, acordado por unanimidade neste Parlamento con data 3

de xuño de 2014, reprobando a actuación do Goberno e do persoal da

administración encargada da súa tramitación.

Asemade, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a rematar a

tramitación e aprobar en menos de un mes a partir da data de hoxe, o

Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica

galega.”

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

143361

Page 56:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

3

Carmen Iglesias Sueiro na data 26/02/2016 11:28:34

143362

Page 57:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e por iniciativa dos deputados e deputada, Javier Dorado Soto, Hipólito Fariñas Sobrino, Javier Guerra Fernández e Elena Cruz González Sánchez ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno. Exposición de motivos:

O CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao na cidade de Vigo atópase no barrio de Navia, o barrio urbano cunha idade media máis baixa de toda Galicia onde residen case dez mil habitantes. Polo carácter incipiente e crecente do barrio, o colexio ten unha forte demanda que fai pensar que as actuais instalacións están a quedar insuficientes para dar cobertura ás necesidades de escolarización e á realidade social actual e futura. Xunto á finca que na actualidade ocupa o colexio, existe unha parcela de oito mil metros cadrados a disposición do Concello cedida no ano 2008 para equipamento público de distinta natureza pendente de modificar o seu uso dotacional por parte do Concello de Vigo para poder realizar unha ampliación do CEIP. Por todo o exposto o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia á:

1. Solicitar ao Concello de Vigo que axilice a cesión da parcela anexa ao CEIP

Alfonso D. Rodríguez Castelao.

2. Levar a cabo a ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao para adaptar as súas instalacións á demanda existente”.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016 Asinado dixitalmente por:

143363

Page 58:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Pedro Puy Fraga na data 26/02/2016 11:43:13

Javier Dorado Soto na data 26/02/2016 11:43:22

Hipólito Fariñas Sobrino na data 26/02/2016 11:43:32

Javier Jorge Guerra Fernández na data 26/02/2016 11:43:39

Elena Cruz González Sánchez na data 26/02/2016 11:43:47

143364

Page 59:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa

dos seus deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández, Juan M. Fajardo

Recouso, Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado e da súa deputada Eva

Solla Fernández, ao abeiro do recollido no Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno, en relación ao uso

político e publicitario de imaxes de nenos e nenas por parte de cargos públicos

durante actos institucionais realizados nos centros de ensino de Galicia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A protección dos menores é sen dubida unha das principais obrigas dos poderes públicos,

que adquire un maior rango, se cabe, cando falamos da administración educativa. A

protección dos datos de carácter persoal do menor e da menor e o dereito á preservación

da súa imaxe están recollidos no Real Decreto 1720/2007 polo que se aproba o

regulamento de desenvolvemento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal,

definidos no artigo 5 como “calquera información numérica, alfabética, gráfica, fotográfica,

acústica ou de calquera outro tipo concernente a persoas identificadas ou identificables”.

A mesma norma establece no seu artigo 13 que para poder proceder ao tratamento dos

datos de carácter persoal dos menores de catorce anos “requirirase o consentimento dos

seus pais ou titores”. Para facer fronte a esta obriga legal os centros educativos solicitan

normalmente unha autorización ás familias para que se poda empregar a imaxe dos

nenos e das nenas como promoción das actividades pedagóxicas que realiza o centro

(Magostos, Entroido, festivais, visitas didácticas, etc) e que serven para ilustrar a revista

educativa do centro de ensino.

Este clima pedagóxico e didáctico non é o que perseguen os membros do Goberno. De

forma recorrente estamos vendo como membros do Goberno Galego realizan

comparecencias públicas nas súas visitas a centros públicos de ensino en presenza de

143365

Page 60:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

nenos e nenas minores de idade, para publicitar diante dos medios de comunicación

determinados investimentos, actuacións ou programas educativos.

Posado do Conselleiro de Educación e do Presidente do Goberno recollido nos medios de

comunicación na sua visita ao CEIP Curros Enriquez de Celanova

O pasado venres 10 de febreiro o presidente do Goberno Galego e o Conselleiro de

Educación realizaron unha visita e unha comparecencia públicas no CEIP Curros

Enriquez de Celanova, onde ambos se retrataron sentados nos pupitres co alumnado en

imaxes que encheron os xornais e televisións do pais, nun acto propagandístico e baleiro

de contido pedagóxico ou educativo.

Sobrepasando os límites da responsabilidade política e mesmo do bo gusto, en plena

crise dos catering escolares que afectou a unha parte importante dos comedores

escolares públicos externalizados, e en precampaña electoral, o Conselleiro de Educación

desprazárase a un dos centros afectados, o CEIP Portofaro, para fotografarse durante o

xantar en compaña dos nenos e das nenas desta escola. Un exercicio do peor populismo

ao mais puro estilo da célebre foto de Manuel Fraga nas praias de Huelva despois do

accidente de Palomares.

143366

Page 61:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Posado do Conselleiro de Educación na súa visita ao comedor do CEIP Portofaro durante a crise dos

catering escolares

Como xa dixemos, co inicio de curso as familias galegas reciben un escrito solicitando

autorización para poder utilizar e/ou publicar a imaxe dos seus fillos en documentos,

fotografías, web escolar, películas e outros recursos educativos que o centro educativo

publique en relación coas actividades escolares lectivas e/ou extraescolares e

complementarias, con fins educativos e non comerciais.

Semella que os actos públicos ou políticos do Goberno Galego quedan fóra deste tipo de

autorizacións e dende logo resulta evidente, que o que as familias autorizan ten que ver

máis co desenvolvemento de actividades educativas que con campañas de propaganda

do Goberno.

143367

Page 62:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Foto na web oficial da Conselleria de Educación da visita do Conselleiro de Educación ao CEIP Xesús

Goldar de Lalín

Alternativa Galega de Esquerda considera non só apropiado senón mesmo necesario e

obrigado, que tanto o Conselleiro de Educación como o presidente do Goberno, pisen os

centros de ensino públicos para coñecer a realidade educativa do noso pais, as

dificultades e necesidade das escolas, así como escoitar as demandas da comunidade

educativa. Pero consideramos que estas visitas de traballo non teñen por que ter un

tratamento mediático e publicitario como o que acotío se realiza, polo menos no que ao

emprego da imaxe de menores se refire.

Trátase, ante todo, non só de respectar aos menores, senón de que os membros do

goberno deben exercer co máximo rigor ético o seu labor público. E este tipo de

estratexias, por moito que conten cunha autorización “á carta”, atentan contra este

principio ético. A rendibilidade político-electoralista non pode nin debe asentarse un uso

“partidista” dos nenos e nenas.

Por todos estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda

presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento Galego insta ao Goberno Galego a:

1. Establecer o mecanismo normativo preciso para, entroutros aspectos,

1.1. Evitar a realización e distribución de fotos de menores durante actos

institucionais e políticos nos centros de ensino de Galicia;

1.2. Impedir as comparecencias públicas ante dos medios de comunicación de

responsables institucionais ou políticos nos centros de ensino coa presenza de alumnado

menor de idade;

1.3. Sancionar toda vulneración da ética do cargo público no exercicio das súas

responsabilidades, sobre todo cando esta vulneración afecta ao uso partidista de nenos e

nenas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016.

143368

Page 63:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 26/02/2016 12:43:43

Jose Javier Ron Fernandez na data 26/02/2016 12:43:51

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 26/02/2016 12:44:01

Anton Sánchez García na data 26/02/2016 12:44:08

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 26/02/2016 12:44:12

Eva Solla Fernández na data 26/02/2016 12:44:17

143369

Page 64:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar,

María Quintas Alvarez e María de los Angeles Ferreiro Vidarte, a

través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

O número de psicólogas e psicólogos clínicos en Galicia está por abaixo da

media española: 3,34 fronte a 4,3 psicólogos clínicos por cada 100.000

habitantes (estimando que o número total de psicólogas e psicólogos

clínicos que traballan no Sergas é de aproximadamente 91).

Sen esquecer que a media española xa é infinitamente inferior á media

europea, que é de 18 psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes.

Son moitos as e os profesionais que defenden que a asistencia á saúde

mental debería estar concibida desde un ámbito interdisciplinar, posta en

práctica a través de servizos integrados por psicólogas e psicólogos

clínicos, psiquiatras, traballadoras e traballadores sociais, enfermeiras e

enfermeiros especializados e terapeutas ocupacionais.

Pero a realidade da nosa atención a saúde mental é moi diferente pola falta

absoluta de recursos humanos e materias. Por carecer carecemos ata dun

Plan de saúde mental que organice e regule esa prestación.

É un feito que a atención psicolóxica incluída na carteira básica de servizos

do Sergas non está sendo atendida de maneira suficiente nin adecuada.

E esas carencias e ese deterioro dos servizos públicos pretende o Goberno

Feijoo suplilo coas externalizacións. Por iso se teñen incrementado tanto os

convenios con distintas entidades e asociacións de todo tipo para que sexan

elas as que dean unha cobertura que debería estarse prestando dende o

Sergas.

143370

Page 65:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o dito, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta

a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Ampliar, de forma inmediata, a contratación de psicólogas e

psicólogos clínicos do Sergas para poder garantir unha adecuada

atención dentro do Sistema sanitario público galego.

2. Incrementar a oferta de prazas de Psicoloxía Clínica nas OPE que vai

convocando o Sergas nos próximos dous anos, incluíndo a do ano

2016, ata conseguir que o número de psicólogas e psicólogos clínicos

en Galicia se iguale á media do Estado.

Pazo do Parlamento, 25 de febreiro de 2016

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

María de los Angeles Ferreiro Vidarte

Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.:José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 26/02/2016 12:58:06

Carmen Gallego Calvar na data 26/02/2016 12:58:12

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 26/02/2016 12:58:16

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 26/02/2016 12:58:21

Jose Luis Méndez Romeu na data 26/02/2016 12:58:28

143371

Page 66:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio

da deputada Eva Solla Fernández e dos deputados Xabier Ron Fernández, Juan

Manuel Fajardo Recouso, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez García e

Ramón Vázquez Díaz, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, sobre o

subministro de guindastres de elevación e bipedestación para os centros de persoas

dependentes e residencias de maiores.

Exposición de motivos

Tras un longo trámite administrativo, resolveuse con data de 23 de novembro a

adxudicación do contrato de subministración, instalación e posta en funcionamento

dos guindastres de mobilización de persoas nos centros que dependen agora da

consellaría de política social.

A resolución chegou con unha notable tardanza respecto dos compromisos contraídos

pola consellaría e logo de causar notables problemas ás persoas usuarias e ás

traballadoras e traballadores que as atenden.

A adxudicación foi para a oferta presentada polo Corte Inglés, por 92.154,11 euros e

cun prazo de entrega de 15 días naturais e unha garantía decenal. O certo é que ao

rematar febreiro do 2016 esta adxudicación resultou un fracaso, a causa de razóns que

a consellaría nen fixo públicas nen resolveu subsanar.

143372

Page 67:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Os guindastres non se están a empregar nalgúns casos e na maioría dos casos están

gardados debido ao incumprimento do prego de prescricións técnicas. Esto acontece

dende decembro sen que a consellaría teña reaccionado para garantir o axeitado

servizo público ás persoas usuarias e as debidas condicións laborais para as plantillas

dos centros.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate en Pleno:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a que faga públicos, e depure as

responsabilidades a que haxa lugar, os motivos que explican que os guindastres

non estén en funcionamento nos centros de atención directa da consellaría de

política social.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a que devolva os guindastres que non

cumpren coas prescricións técnicas contidas no prego e faga efectiva coa maior

urxencia a posta en funcionamento dos guindastres comprometidos as

plantillas dos centros.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a retirar os guindastres obsoletos e con

moitos anos de uso nas residencias de maiores e centros de atención a persoas

con diversidade funcional e substituílos por outros novos.

En Compostela, a 26 de febreiro do 2015.

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

143373

Page 68:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 26/02/2016 13:17:23

Jose Javier Ron Fernandez na data 26/02/2016 13:17:29

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 26/02/2016 13:17:33

Anton Sánchez García na data 26/02/2016 13:17:35

Ramón Vázquez Díaz na data 26/02/2016 13:17:37

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 26/02/2016 13:17:39

143374

Page 69:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A situación urbanística do Concello de Gondomar leva sendo unha fonte de

conflitos, de situacións inxustas e mesmo de escándalos políticos e de

actuacións xudiciais dende o ano 2005 en que o Tribunal Supremo anulou

definitivamente o PXOM aprobado no ano 1.997.

Como consecuencia desa situación de inseguridade xurídica e da falla dunha

ordenación urbanística acaída, nos últimos 10 anos a problemática ao respecto

foi en aumento dando lugar a unha situación variada e complexa, agravada

polas circunstancias persoais de moitos veciños e veciñas, que veñen

derivando en inxustizas e, nalgúns casos, mesmo rematando en auténticos

dramas sociais e humanos.

A ausencia dunha ferramenta ao servizo da xente e do interese xeral, o PXOM,

deu lugar a unha sorte de lei do máis forte onde precisamente quen ten medios

e cartos acaba salvándose nos xulgados, mentres as persoas nunha situación

económica e social máis vulnerable, acaban pagando as consecuencias.

Entre os anos 2005 e 2007 foron concedidas determinadas licenzas de obra

sen seguir un mínimo criterio ou orde de prioridade, incluso a sabendas de que

xa non era legalmente posible ou seu outorgamento, polo que foi toda a Xunta

de Goberno Local inhabilitada xudicialmente por prevaricación urbanística.

143375

Page 70:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

Dese proceder beneficiáronse determinadas persoas e quedaron gravemente

prexudicadas, mellor dito atrapadas nunha situación moi complexa, outras

moitas.

Dende o ano 2012 ata hoxe habilitáronse fórmulas alternativas para corrixir

dentro da legalidade esta situación mentres non se aproba o novo PXOM

(actualmente en fase de redacción e debate público), que teñen que ver coa

“reviviscencia” dos Núcleos Rurais delimitados entre os anos 1991 e 1995 ao

abeiro das Normas Subsidiarias e Complementarias Provinciais, ou coa

delimitación de novos núcleos rurais tradicionais, actualmente en fase de

exposición pública.

Dende hai uns anos a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)

ten actuado no Concello de Gondomar cunha maneira de proceder á hora de

aplicar a legalidade urbanística como mínimo cuestionable.

Neste momento a APLU ten abertos 47 expedientes en Gondomar, 15 deles na

Parroquia e Entidade Local Menor de Morgadáns, dos cales a día de hoxe,7

teñen orde de derrube (incluído o Centro Social do barrio de Prado malia ser

compatible o devandito uso en solo rústico e contar con máis de 9.000 m2 de

terreo) quedándolle ás persoas afectadas só a posibilidade de acudir ao

Xulgado do Contencioso.

A maioría destes 47 expedientes son vivendas ou actuacións todas elas

legalizables, tanto na previsión que xa se recolle no novo PXOM como sobre

todo nos núcleos rurais recentemente delimitados e que actualmente están en

fase de exposición pública ou, nalgún caso tan só pendentes da emisión dos

informes preceptivos das diferentes Consellerías para ser aprobados

inicialmente.

Non estamos a falar de especuladores ou infractores que se aproveitan dunha

situación determinada, estamos a falar de vivendas unifamiliares perfectamente

legalizables en pouco tempo por estaren a maioría delas localizadas no centro

143376

Page 71:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

3

mesmo dos núcleos tradicionais de poboación, incluso algunhas delas con

servizos de auga da traída, saneamento, electricidade, etc. Estamos a falar de

vivendas pequenas, de pouco máis de de 100 m2: de 90 m2, ou mesmo unha

casa prefabricada de 38 m2 con orde de demolición inminente.

Trátase pois, de casas pequenas, de planta baixa, propiedade de persoas

humildes, traballadoras, ou con escasos recursos que construíron as súas

vivendas con moito esforzo, incluso algunhas delas son rehabilitacións ou

“reciclaxes” de outras máis antigas. Algunhas son familias novas e con fillos

pequenos, outras con situacións de enfermidades e dependencia, ou incluso

nalgún caso con problemáticas sociais graves.

E mentres, a cidadanía ve con asombro como, por exemplo, o Hotel Talaso de

Oia ou o Cámping da Ladeira en Baiona seguen en pé.

O Goberno Municipal de Gondomar, e o propio Concello manifesta estar do

lado destas persoas por ser de xustiza, e reclaman explicacións da APLU, e a

concesión do tempo necesario para a aprobación da delimitación dos núcleos

rurais en trámite, asi como do propio PXOM para a consecuente legalización de

todos estes casos.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Pleno:

“O Parlamento de Galicia, coincidindo co criterio do Concello e do Goberno

Municipal de Gondomar, insta á Xunta a instar á APLU a paralizar as ordes de

derribo de todas as vivendas que son legalizables coa aprobación da

delimitación dos núcleos rurais en trámite, así como coa entrada en vigor do

novo PXOM do Concello de Gondomar.”

143377

Page 72:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

4

Pazo do Parlamento, a 26 de febreiro de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 26/02/2016 14:44:47

María Consuelo Martínez García na data 26/02/2016 14:44:55

143378

Page 73:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José

Ramón Val Alonso, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no

artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

En numerosas ocasións no Parlamento galego, a petición do Grupo

Parlamentario Socialista, se instou á Xunta de Galicia á modificación dos

criterios para as solicitudes das axudas da PAC no que se refire ó pago

verde ou greening. O modelo adoptado libremente pola Xunta de Galicia

obrigou a moitas explotacións lácteas con mais de 10 hectáreas a limitar a

superficie cultivada a millo a un 75 % do total, ou ben a renunciar a este

tipo de axuda.

A pesares das esixencias de todo o sector, de todos os grupos da oposición

que así o manifestaron en moitas iniciativas, a pesares de estudios feitos

pola propia administración que evidenciaban con datos contrastados esta

situación, a pesares de que outras comunidades autónomas con modelos de

produción moi similares optaron por outro criterio para elixir o período de

referencia de rotación de cultivos, o Goberno galego negou as evidencias e

non rectificou.

Co cambio da titular da Consellería de Medio Rural parecía ser, tal como

manifestou en rolda de prensa a finais deste mes, que se ía a cambiar de

criterio que para as solicitudes deste ano se introducirían os cambios para

que os gandeiros galegos de leite que cultiven millo non sufriran estas

perdas.

Sen embargo esas modificacións non foron feitas, e polo menos un ano

máis de non haber unha rectificación, os gandeiros e gandeiras galegas

seguirán sendo discriminados con respecto ós que viven noutras

comunidades autónomas.

143379

Page 74:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Ante isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a modificar a convocatoria

de axudas da PAC no que se refire ó Pago Verde ou “greening”,

considerando o período de referencia para rotación de cultivos o de inverno

e non os de primavera – verán, facilitando así que as explotacións galegas

poidan cobrar esta axuda sen ningún tipo de limitacións.

Pazo do Parlamento, 29 de febreiro de 2016

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

143380

Page 75:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 29/02/2016 13:34:12

Raúl Fernández Fernández na data 29/02/2016 13:34:18

José Ramón Val Alonso na data 29/02/2016 13:34:25

Jose Luis Méndez Romeu na data 29/02/2016 13:34:30

143381

Page 76:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA) ao través dos

seus deputados Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez

García, Ramón Vázquez Díaz, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á vulneración

de dereitos humanos no noso país.

Exposición de motivos

A publicación do último informe sobre dereitos humanos realizado por Amnistía

Internacional achega unha serie de consideracións negativas en relación á situación

dos dereitos humanos no noso país e dos pasos regresivos que o goberno do PP está a

dar nese eido. Abrangue este informe un conxunto de aspectos que recollen

vulneracións de dereitos que van da liberdade de expresión ao dereito a vivenda,

pasando pola vulneración de dereitos a diferentes colectivos, caso das persoas

refuxiadas e migrantes.

O conxunto marca unha serie de intolerables retrocesos en materia de dereitos

humanos a causa de contrarreformas lexislativas e recortes en servizos públicos que

poñen en cuestión aos dereitos humanos no noso país.

En relación coas novas restricións ás liberdades de expresión e reunión derivadas da

imposición da chamada lei mordaza, a lei 4/2015, o informe menciona a consideración

negativa que sobre o texto legal recolleu o Comité de Dereitos Humanos da ONU en

xullo do 2015.

En particular o Comité considera excesivo o uso das sancións administrativas contidas

na lei 4/2015, as cales exclúen a aplicación de certas garantías xudiciais. O recurso

dunha terminoloxía vaga e deliberadamente ambigüa nalgunhas disposicións permite

unha ampla e indesexable discrecionalidade na aplicación da lei; outrosí da prohibición

143382

Page 77:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

de facer uso das imaxes ou datos persoais ou profesionais de autoridades e membros

das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Preocupación do Comité que se fai extensiva a outros artigos da mencionada lei: caso

dos que afectan aos rexistros corporais esternos, ao uso das videocámaras, ou ás

dilixencias de rexistro, identificación e comprobación.

O Comité lamenta que o reino de España non garanta a aplicación directa do Pacto no

ordenamento interno do Estado, consonte establece o artigo 10.2 da Constitución que

di así:

“As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución

recoñece interpretaránse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos

Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados

por España.”

Tamén nese capítulo de eivas, o Comité lamenta que o reino de España careza dun

procedemento específico que implemente os dictámenes adoptados polo Comité en

aplicación do chamado Protocolo Facultativo. Esa lagoa dificulta que haxa avances

significativos en materias e casos que atinxen a dereitos fundamentais.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate en Pleno:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que

revise a lei de seguridade cidadá 4/2015 e as subsecuentes contrarreformas do

Código Penal, ao obxecto de garantir a máis estricta conformidade cos dereitos

e liberdades recollidos no Pacto, segundo reclama o Comité de Dereitos

Humanos das Nacións Unidas.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que

elabore un procedemento específico de implementación dos dictámenes do

Comité de Dereitos Humanos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a reclamar do goberno central que garanta

a aplicación directa do Pacto en todo o ordenamento xurídico interno do

Estado español.

En Compostela, a 29 de febreiro do 2016.

143383

Page 78:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

Jose Javier Ron Fernandez na data 29/02/2016 13:58:36

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 29/02/2016 13:58:42

Eva Solla Fernández na data 29/02/2016 13:58:44

Anton Sánchez García na data 29/02/2016 13:58:49

Ramón Vázquez Díaz na data 29/02/2016 13:58:51

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 29/02/2016 13:58:52

143384

Page 79:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos

seus deputados Antón Sánchez García, Xosé M. Beiras Torrado, Juan M. Fajardo

Recouso, Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández e da súa deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A perda de emprego en PSA Citroen en Vigo foi usada hai moi pouco tempo como

pretexto para presionar a AGE e que esta permitise aprobar a modificación da Lei do Solo

de Galiza, sen garantir a participación pública ou a avaliación ambiental.

Xa advertimos entón que o que menos lle preocupaba ao señor Feijoo eran os

traballadores da Citroen, e como vemos agora non tardou o tempo en darnos a rezón.

A factoría de Balaídos vén de anunciar que a adxudicación do novo modelo estará

suxeito á aceptación dun ERE co que se pretende botar a 400 empregados ata o ano

2018 así como outro ERE suspensivo que podería afectar a outros 510 traballadores (que

deben máis de 10 días á bolsa de horas) e mais outro rotatorio para persoal de estrutura

que podería afectar a 158 membros.

Segundo os sindicatos da fábrica estes expedientes de regulación de emprego non

afectarían unicamente a traballadores que desexen marchar da fábrica senón que tamén

vai ser forzado para outros moitos traballadores e traballadoras.

Neste momento, PSA Citroen Vigo ten a plantilla máis baixa nos últimos 40 anos, pasando

de 6.900 traballadores en 2013 a pechar 2015 con 5.700. Porén, a fábrica non reducirá a

súa produción, senón que seguirá fabricando as mesmas unidades malia a baixa de

143385

Page 80:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

persoal co cal semella obvio que se incidirá na maior explotación da man de obra para

acadar esas cifras de produción.

As subvencións públicas recibidas por PSA Citroen foron cuantiosas pero estas nunca

estiveron vencelladas á permanencia das producións nin ao mantemento dos postos de

traballo.

En atención ao referido, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda

presenta a seguinte Proposición non de lei:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a condicionar as axudas públicas a PSA

Citroen á permanencia da produción na fábrica de Balaídos e ao mantemento dos postos

de traballo.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 02/03/2016 12:29:40

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 02/03/2016 12:29:49

Ramón Vázquez Díaz na data 02/03/2016 12:29:53

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 02/03/2016 12:29:56

Eva Solla Fernández na data 02/03/2016 12:29:59

Jose Javier Ron Fernandez na data 02/03/2016 12:30:03

143386

Page 81:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa do deputado Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

tratamento en Pleno, instando á Xunta de Galiza a adoptar medidas para

enfrontar a situación que está a vivir o marisqueo pola mortaldade de moluscos

producida por diversos parásitos.

A ría de Pontevedra está a vivir unha situación de alta mortaldade de

moluscos. Neste caso afecta as poboacións de ameixa babosa e segundo

determinados informes todo parece indicar que é producido polo protozoo

Perkinsus, un microorganismo que infecta aos moluscos e que nalgúns deles pode

causar a mortaldade das poboación como é o caso do P. Marinus, moi habitual nas

poboacións de ostra cultivada e silvestre.

Segundo as confrarías do interior da ría de Pontevedra este microorganismo

ten afectado as poboacións de ameixa babosa no canal do Lérez, desaparecendo

este molusco de bancos tan importantes como o de Agullóns, contorna da illa de

Tambo ou a Brensa.

Unha situación que pon de novo contra as cordas ao colectivo de

mariscadoras/es e que ven a sumarse a outras pandemias como a da mortaldade do

berberecho. Tamén son significativos os problemas de mortaldade en

determinadas poboacións de ameixa rubia ou os problemas que durante os anos

2014 e 2015 tivo a ameixa fina na ría de Arousa. O que pon de manifesto a

143387

Page 82:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

necesidade de desenvolver mecanismos de actuación que permitan unha máis

rápida localización dos procesos de mortaldade e medidas que enfronten este

problema e permitan o mantemento da actividade extractiva que garanta os

ingresos das e dos mariscadores.

Esta é unha situación especialmente grave, dada a dependencia que moitas

profesionais teñen do marisqueo e a importancia desta especie no computo total de

ingresos no colectivo de mariscadoras. Falamos de que as vendas de babosa

alcanzan na lonxa de Campelo os 4.800 quilos o que representa algo máis de

60.000 euros. Situación a que é preciso por remedio se queremos que o marisqueo

teña futuro.

Estas son as razóns que levan ao BNG a formular a seguinte Proposición

non de lei para o seu tratamento en Pleno:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a adoptar medidas para

enfrontar a situación que está a vivir o marisqueo pola mortaldade de moluscos

producida por diversos parásitos como:

- Contar con un seguro que asegure unha produción mínima e garanta uns

ingresos que lles permita as mariscadoras unha renda digna.

- Elaborar un protocolo de actuación para adoptar medidas que faga un

seguimento preciso da evolución destes problemas.

- Desenvolver liñas de investigación para saber cales son as causas, as

consecuencias e as medidas para evitar este tipo de problemas

143388

Page 83:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Levar a cabo as medidas precisas para que os fondos FEMP se poidan

utilizar como axudas ao marisqueo por perdidas producidas por mortaldade de

causas naturais.

- Establecer un prazo definitivo para acadar o saneamento integral das

rías.”

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Asdo: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 02/03/2016 13:08:28

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 02/03/2016 13:08:34

143389

Page 84:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os servizos sociais para a poboación non teñen distribución equitativa no

territorio galego. Ourense é a única provincia galega que non dispón dun centro

de continuidade para nenas e nenos con discapacidade física e psíquica. Pois

a partir dos 21 anos que finaliza o período escolar nos centros de Educación

Especial, estas persoas non poden continuar nesta provincia a súa formación,

o plan pedagóxico e terapéutico, ao non dispoñer dun centro axeitado que

dispoña de prazas de día como de prazas residenciais para aquelas persoas

que non poden ser atendidas no domicilio ou para cando lles falten os pais.

A AMPA do Centro de Educación Especial Miño de Velle na cidade de

Ourense está levando adiante as súas reivindicacións para que esta provincia

teña un centro de titularidade pública. Subliñan que en Galiza existen catro,

onde reciben a atención precisa de profesionais de diferentes disciplinas dende

fisioterapia ata atención psiquiátrica. A falta de prazas públicas provoca o

paradoxo que teñan que buscar este tipo de centro fóra da provincia e incluso

fóra de Galiza provocando o afastamento co vínculo familiar. Ou se ven

obrigados a aceptar as prazas concertadas pola Xunta noutras residencias

143390

Page 85:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

asistenciais, que non lles ofrecen as mesmas garantías co centro específico

dedicado a estas patoloxías.

Nos últimos días veñen de recibir o apoio institucional da Deputación de

Ourense que se suma a outros apoios recadados pola AMPA.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

Crear un centro público de continuidade para os discapacitados físicos e

psíquicos maiores de 21 anos en Ourense.

Establecer mecanismos de colaboración para garantir a permanencia

destas nenas e nenos no CEE Miño unha vez cumpridos os 21 anos

mentres non se resolva a situación con carácter definitivo.”

Pazo do Parlamento, a 02 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 02/03/2016 14:00:21

María Consuelo Martínez García na data 02/03/2016 14:00:28

143391

Page 86:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno sobre a creación dun

Colexio Profesional de terapeutas ocupacionais en Galiza.

A disciplina e profesión da Terapia Ocupacional presenta unha longa

traxectoria e está intimamente ligada á saúde e á ocupación das persoas,

ambos aspectos imprescindible para o desenvolvemento persoal e a calidade

de vida das persoas.

Son moitos os textos legais e informes técnicos que avalan o exercicio dos

terapeutas ocupacionais como profesión regrada e titulada e, nese aspecto,

Galiza conta cunha titulación pioneira e de recoñecido prestixio, cuxas persoas

formadas son apreciadas pola profesión en toda Europa.

No tocante ao ámbito de actuación do terapeuta ocupacional, son moitos os

que abrangue dende o propiamente sanitario, pasando polo socio-sanitario,

educativo, de asesoramento ou o docente.

Onde máis terapeutas ocupacionais exercen a súa labor é con persoas que

presentan algunha discapacidade ou ten risco de padecela, así como coas

persoas en risco de exclusión social, nas distintas etapas do ciclo vital. Debido

ás características poboacionais e ao envellecemento progresivo en Galiza,

onde máis interveñen estes profesionais é na atención ás persoas maiores.

Porén dado o carácter de servizo privado ou concertado das empresas que

ostentan a titularidades dos servizos asistenciais para maiores, non é posible

143392

Page 87:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

coñecer o número total de profesionais que exercen esta profesión en Galiza.

Dificultade agravada, polo feito de non existir ningún organismo que regule o

exercicio desta profesión en Galiza, feito que favorece, tamén o intrusismo.

A creación do colexio profesional permitiría, ademais da promoción e difusión

da disciplina, a defensa dos dereitos da poboación galega a acceder, de xeito

igualitario, aos servizos de Terapia Ocupacional con independencia do seu

lugar de procedencia ou da patoloxía que padeza, garantindo o principio de

equidade no sistema sanitario.

Outro dato a ter en conta é que todas as comunidades do Estado xa

recoñeceron este colexio profesional, salvo Galiza, Madrid, Andalucía e

Cantabria.

A xustificación da necesidade de creación dun colexio profesional de

Terapeutas ocupacionais en Galicia resúmense nos seguintes puntos:

1. O crecente número de promocións de Diplomados/as e Graduados/as

en Terapia Ocupacional na Facultade de Ciencias da Saúde da

Universidade da Coruña. (En torno a 600 dende o 2001 ao 2014)

2. Defensa, representación asistencia e xestión en beneficio dos

profesionais de Terapia Ocupacional que exerzan en Galiza, así como

dos usuarios que poidan recibir estes servizos.

3. Ordenación do exercicio da profesión, co fin de evitar o intrusismo

profesional, avogando por unha delimitación de funcións, fins e ámbitos

de aplicación.

4. Acollemento dos profesionais galegos ao Código Deontolóxico nacional

da disciplina.

143393

Page 88:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

3

5. Supervisión da legalidade e o rigor, por parte dun órgano competente,

das novas oportunidades laborais que aparezan nos ámbitos sociais e

sanitarios, tanto no sector público como no privado.

6. Promoción, publicación e difusión da Terapia Ocupacional ante

administración públicas, institucións, entidades e outros colectivos.

Polo exposto, formúlase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a atender á petición da

Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais de creación do

Colexio Profesional de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.”

Santiago de Compostela, 02 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 02/03/2016 14:10:33

143394

Page 89:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As veciñas e veciños da parroquia de San Xurxo, en Moeche, están pendentes

dos indicios que apuntan que a empresa Xilo Galicia tería plans para depositar

tecnosolos (solos artificiais), procedentes de As Somozas, na mina de dunita

de Penasalbas, pechada, carecendo do permiso. As persoas residentes desta

zona opóñense ao vertido destes residuos, a uns 70 metros das casas. Tamén

podería afectar aos mananciais que baixan pola ladeira da canteira dos que

abastecen moitas casas e as explotacións gandeiras.

A veciñanza rexeita o depósito deste tipo de desfeitos, pois a experiencia

doutros sitios como as análises feitas en Sedes (Narón) dan cantidades moi

altas de metais pesados neses tecnosolos, poden ter consecuencias graves

polas filtracións ao terreo e de aí as augas que van aos pozos que consume a

veciñanza.

Afírmase que Xilo Galicia fixo a solicitude para verter na vella mina, pero varios

organismos, entre eles Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Industria,

Enerxía e Minas confirmaron que non concederan o permiso. Esta empresa

sigue a tramitación do permiso para verter nesta mina de Moeche e afirma que

non era unha prioridade Moeche pero Ortigueira si, onde tamén o intentaron

143395

Page 90:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

hai uns meses na canteira de Camiño Grande na parroquia de Devesos e onde

non lles constaba o proxecto para o plan de restauración.

Esta empresa defende que o produto está regulado e controlado segundo os

requisitos que marca a Administración.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

Explicar a resolución pola que dende a xefatura Territorial da Consellería

de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas se acorda considerar

axeitada a aplicación de tecnosolos sen prexuízo das autoridades ou

permisos esixidos por outras administracións públicas.

Analizar natureza destes residuos e o seu impacto medioambiental.

Revisar os “supostos” permisos cos que di contar esta empresa.

Executar as medidas precisas para garantir a seguridade das veciñas e

veciños destas zonas e repoñendo a legalidade.”

Pazo do Parlamento, a 02 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 02/03/2016 14:59:34

143396

Page 91:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

3

María Consuelo Martínez García na data 02/03/2016 14:59:40

143397

Page 92:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da

súa deputada e deputados, Noela Blanco Rodríguez, Pablo García

García, Raúl Fernández Fernández, José Ramón Val Alonso, a

través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Proposición non de lei en Pleno.

Exposición de motivos.

Os pementos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida (I.G.P.),

orde publicada no DOG nº147 do 02/08/2013 , "Pemento de Arnoia"

son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L.,

cultivado tradicionalmente na zona de produción, constituída polo

termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao

municipio de Cortegada.

Os froitos se collen en verde (estado inmaturo intermedio), para a súa

comercialización en fresco. Tamén poden cultivarse maduros (cor

vermella), utilizándose neste caso fundamentalmente para a súa

transformación en conserva. Só os primeiros son amparados pola

Indicación Xeográfica Protexida.

O nome da indicación "Arnoia", é un topónimo que corresponde ao

municipio da comarca do Ribeiro, no que se iniciou o cultivo deste

pemento e no que aínda hoxe en día mantén unha maior intensidade.

A cooperativa San Salvador, encargábase ata hai uns días cando se

disolveu, da distribución e comercialización do pemento de Arnoia. A

dirección da cooperativa ostentouna o actual alcalde de Arnoia,

Rodrigo Aparicio durante catro anos, máis dende hai aproximadamente

un ano, dirixíaa unha xestora.

Segundo coñecemos recentemente, ao producirse a disolución da

mesma, o Concello de Arnoia asumirá a débeda de 18.000 euros que

mantén a Cooperativa San Salvador tras o seu peche, quedándose ao

mesmo tempo coas instalacións da entidade.

143398

Page 93:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O peche da cooperativa pode supoñer o estancamento ou redución das

posibilidades de mercado do sector ao dificultarse a posta en contacto

dos produtores con empresas de cara á próxima campaña de venda do

pemento, que se inicia no mes de xullo.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1 Reunirse de forma inmediata cos produtores implicados para intentar

buscar unha alternativa á disolución da cooperativa, e que as súas

instalacións acaben en mans privadas de forma irreversible.

2 Asumir a titularidade das instalacións de forma transitoria e intentar

que exista unha nova cooperativa a curto prazo que siga desenvolvendo

a labor de comercialización deste produto.”

Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2016

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodriguez na data 02/03/2016 18:36:49

Pablo García García na data 02/03/2016 18:36:55

Raúl Fernández Fernández na data 02/03/2016 18:37:04

143399

Page 94:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

José Ramón Val Alonso na data 02/03/2016 18:37:46

Jose Luis Méndez Romeu na data 02/03/2016 18:37:52

143400

Page 95:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Mónica

Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O programa Expedición Galicia estreouse na TVG no mes de febreiro. Este

espazo divulgativo presenta un grupo de persoas que percorren Galiza e, entre

outras actividades, realizan distintas prácticas de supervivencia polos montes

das catro provincias galegas.

O primeiro programa, que tivo lugar o 23 de febreiro, comezou con polémica.

Entre as accións controvertíbeis atopamos actividades que son prácticas de

supervivencia onde se producen claramente agresións ambientais

sancionabeis atendendo á lexislación vixente. Realizan prácticas como comer

crúa unha ra dos regos (Rana ibérica) incluída no Catálogo Galego de

Especies Ameazadas, ou esfarelan un formigueiro para coller material seco co

que facer un lume, prender lume nun lugar non habilitado para a súa

realización con seguridade, vadean un río cun 4x4 ou a acampada fóra de

áreas habilitadas para tal feito.

Non parece necesario fomentar este tipo de actos entre a cidadanía galega.

Sería importante a promoción noutros formatos para mellorar a función

educativa e divulgativa para fomentar o respecto ao medio ambiente.

143401

Page 96:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

Algúns grupos e colectivos como ADEGA, GEAS e o Grupo Naturalista Hábitat

solicitaron a CRTVG a retirada do mesmo e instan a Dirección Xeral de

Conservación da Natureza a tomar cartas no asunto.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

- Retirar este programa Expedición Galicia da RTVG.

- Controlar o cumprimento da lexislación ambiental nas actividades

desenvolvidas no programa.

- Denunciar as agresións ambientais deste programa.

- Recibir asesoramento profesional para a realización de futuros

programas sobre medio ambiente.”

Pazo do Parlamento, a 03 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez

Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 03/03/2016 10:05:45

María Consuelo Martínez García na data 03/03/2016 10:05:51

143402

Page 97:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), á iniciativa

dos seus deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras

Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno, relativa á retirada dos

símbolos franquistas do IES Lucus Augusti de Lugo.

Exposición de motivos

No mes de novembro de 1947 o subdelegado do Goberno Franquista en Lugo,

Santiago Vallejo Heredia e o Director Xeral de Ensinanza, Ramón Ferreiro, asistían á

colocación da primeira pedra do Instituto Masculino, centro educativo que sería

oficialmente inaugurado polo ditador Francisco Franco o 8 de setembro de 1958.

Casualmente, Ramón Ferreiro é o dirixente falanxista que dará nome á avenida

contigua ao propio instituto.

Colocación da 1ª Pedra do Instituto Masculino en 1947 Inauguración do Instituto

Masculino en 1958

143403

Page 98:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

No ano 1985 o Instituto Masculino pasa a chamarse I.E.S Lucus Augusti mais este

cambio de nome, non se acompañou da retirada dos símbolos Franquistas que

vulneran de xeito flagrante a Lei de Memoria Histórica.

Deste xeito e a día de hoxe, o IES Lucus Augusti mantén dous símbolos da ditadura

franquista, concretamente, un escudo preconstitucional de pedra situado na fachada,

xusto enriba da entrada principal e un escudo preconstitucional situado no vestíbulo,

formando parte dunha vidreira de grandes dimensións.

Vidreira con escudo preconstitucional franquista situado na entrada principal do IES

Lucus Augusti

143404

Page 99:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Escudo preconstitucional franquista de pedra situado na fachada principal do IES Lucus

Augusti

Para Alternativa Galega de Esquerda manter símbolos fascistas nun centro de ensino

público, 35 anos despois de aprobada a actual Constitución é un símbolo da carencia

de conviccións democráticas amosada polo bipartidismo nestes anos e unha alegoría

das causas que levan á caída do réxime emanado da Transición.

A Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se

establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a

guerra civil e a ditadura, coñecida como “Lei de Memoria Histórica”, establece no seu

artigo 15 a obriga das Administracións públicas de tomar as medidas oportunas para “a

retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas

de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da

represión da Ditadura”.

A pesar disto, os símbolos existentes no IES Lucus Augusti continúan a vulnerar a

mencionada Lei e demostran o mínimo interese do bipartidismo por facer cumprir

unha Lei xa de por si escasa e timorata.

O Lucus Augusti é un instituto de ensino secundario de referencia para toda a provincia

de Lugo, de feito, forma parte do Proxecto Arce de Institutos Históricos dende o ano

2009 e constitúe un dos cinco Institutos Históricos de Galicia do Museo Pedagóxico de

Galicia (MUPEGA). Nel estudaron ou exerceron docencia persoeiros tan relevantes

como os científicos os científicos Francisco Bernis ou García Rodeja e escritores como

Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antón Fraguas, Alonso Montero ou

Manuel María.

Cada ano estudan neste centro público centos de rapaces e rapazas recibindo unha

formación que, ademais de contidos e saberes científicos, inclúe valores e actitudes

propios dunha sociedade democrática, o que resulta absolutamente contraditorio coa

presenza de símbolos fascistas.

143405

Page 100:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

O incumprimento e a falla de respecto polas normas das que se dota a sociedade como

a Lei de Memoria Histórica, así como o mantemento de símbolos antidemocráticos,

son feitos que non deban incorporarase a unha práctica educativa minimamente

exemplarizante.

Pero os escudos preconstitucionais non son os únicos vestixios que permanecen neste

centro de ensino, pois aos símbolos preconstitucionais, hai que engadir unha capela

relixiosa que, situada na sala de profesores, recorda a estreita relación entre a igrexa

católica e o réxime franquista. A permanencia desta capela nun centro de ensino

público en pleno século XXI, supón a antítese do que debe ser un modelo de escola

laica e democrática.

O alumnos do IES Lucus Augusti e as súas familias, teñen dereito a acudir a un centro

de ensino público onde se respecte a legalidade vixente, se cumpra a Lei de Memoria

Histórica e se acepten os valores democráticos mais elementais.

Ninguén imaxinaria nun edifico publico de Alemaña, a permanencia de símbolos Nazis,

moito menos en centros de ensino ou universidades. Ningún pais democrático da nosa

contorna, ampara ou favorece a presenza de símbolos fascistas, mesmo en eventos

deportivos, polo que non semella razoable mantelos nos centros de ensino.

Por estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno:

- O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a retirar os símbolos franquistas

do IES Lucas Augusti de Lugo incluíndo os escudos preconstitucionais así como a

Capela Católica existente na sala de profesores deste centro.

En Compostela, a 3 de marzo do 2016.

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

143406

Page 101:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 03/03/2016 08:56:49

Jose Javier Ron Fernandez na data 03/03/2016 08:56:56

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 03/03/2016 08:57:01

Eva Solla Fernández na data 03/03/2016 08:57:02

Anton Sánchez García na data 03/03/2016 08:57:06

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 03/03/2016 08:57:08

143407

Page 102:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa da deputada Ana Belén Pontón Mondelo e dos deputados Francisco

Xesús Jorquera Caselas e Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para

debate en Pleno, relativa á rexeneración da Ría do Burgo.

O 11 de decembro de 2015 foi sometido a exposición pública o Proxecto

“Dragado ambiental dos sedimentos da Ría do Burgo” elaborado polo Ministerio de

Medio Ambiente.

Diversas entidades presentaron alegacións reclamando que o proxecto de dragado

vaia acompañado duha dotación orzamentaria e un calendario de actuacións precisos e

suficientes para a súa execución.

Estas entidades, agrupadas na Mesa da Ría do Burgo constituída pola Confraría

de Pescadores da Coruña, a Plataforma en defensa da Ría do Burgo, a Universidade da

Coruña e os Concellos de Cambre, Culleredo, A Coruña e Oleiros, reclaman a

paralización do marisqueo durante a execución do dragado ante a posibilidade de que o

dragado dos lodos mobilice sustancias contaminantes que se podan disolver na auga do

contorno próximo aos traballos de descontaminación. Por ese motivo reclaman tamén a

compensación aos mariscadores/as polas conseguintes perdas económicas que deberá

manterse mentres non se garantan as condicións óptimas para a práctica do marisqueo

con total normalidade.

143408

Page 103:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Así mesmo, expresan a súa preocupación en relación coa xestión do material

clasificado de categoría IIIa e II con toxicidade positiva. Este material será confinado

nos dous recintos habilitados, recinto Norte (Oleiros) e recinto Sur (Culleredo). O

confinamento do material nestes recintos realizarase mediante xeotubos colocados no

interior dos mesmos que recibirán o material dragado. A coroación deste confinamento

servirá para ampliar o paseo marítimo existente. Por ese motivo solicitan un plan de

vixilancia que inclúa o control exhaustivo, periódico e transparente da calidade das

augas, a estanqueidade dos recintos de confinamento dos lodos e a evolución das

poboacións de flora e fauna asentadas na ría e na súa contorna.

A Mesa da Ría do Burgo reclama a constitución, con carácter previo ao inicio do

dragado, dunha Comisión de Seguimento na que estean representadas as distintas

administracións (Ministerio de Medio Ambiente, Xunta de Galiza e concellos ribeiráns),

a Universidade da Coruña e os axentes implicados.

Finalmente, a rexeneración da Ría do Burgo debe ser un proxecto integral que

vaia alén do dragado, impulsando un plan de conservación e rexeneración ambiental que

permita recuperar os seus valores medioambientais e o seu potencial produtivo. Cómpre

lembrar que nos anos oitenta a ría daba traballo a dous mil mariscadores e mariscadoras

mentres hoxe a súa capacidade produtiva apenas chega ao 20% e emprega a menos de

cen persoas en actividades extractivas. Por estas razóns as entidades devanditas

demandan que a rexeneración da ría transcenda ao dragado dos lodos, contemplando

medidas de protección ao ecosistema durante o dragado e con posterioridade ao mesmo,

unha restauración ambiental que desemboque na creación dun corredor ecolóxico entre o

encoro de Cecebre e o mar e un plan de manexo que ordene os diferentes usos da ría que

permita un uso sostíbel da mesma e o mantemento das funcións ecolóxica, económica e

social do espazo.

143409

Page 104:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polas razóns devanditas o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte

Proposición non de lei para debate en Pleno, relativa á rexeneración da Ría do

Burgo:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a impulsar as seguintes

medidas relativas á rexeneración da Ría do Burgo:

1.- Medidas de protección ao ecosistema durante o dragado e con

posterioridade ao mesmo.

2.- Un plan de vixilancia que inclúa o control exhaustivo, periódico e

transparente da calidade das augas, a estanqueidade dos recintos de

confinamento dos lodos e a evolución das poboacións de flora e fauna asentadas

na Ría e na súa contorna.

3.- A constitución dunha Comisión de Seguimento integrada por

representantes das distintas administracións, a Universidade da Coruña e

axentes implicados.

4.- O establecemento de axudas para compensar aos/ás mariscadores/as

durante o período de inactividade.

5.- Impulsar unha restauración ambiental integral que desemboque na

creación dun corredor ecolóxico entre o encoro de Cecebre e o mar.

143410

Page 105:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

6.- Impulsar un plan de manexo que ordene os diferentes usos da ría que

permita un uso sostíbel da mesma e o mantemento das funcións ecolóxica,

económica e social do espazo.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Viceportavoz do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 03/03/2016 12:26:11

Daniel Rodas Chapela na data 03/03/2016 12:26:18

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 12:26:27

143411

Page 106:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O pasado luns de Entroido en Ourense, un mozo disfrazado de “titiritero” foi

identificado por preto de sete ou oito axentes da Policía Nacional porque

portaba unha pancarta que puña “Gora Alka-ETA”, nun xesto de crítica ao

encarceramento de dous “titiriteros” en Madrid, acusados por enaltecemento do

terrorismo e, actualmente, en liberdade provisional.

Por estar no Entroido e ir disfrazado, nun inicio, o mozo pensou que se trataba

dunha broma propia do festexo. Porén, os axentes enseguida levárono ao

furgón policial para identificalo e tomar os seus datos. Tamén identificaron a

outras tres persoas que se achegaron para interesarse pola situación.

A Policía Nacional retiroulle ao mozo a pancarta e realizou o atestado no que

facían alusión a un posible delito de enaltecemento do terrorismo pola pancarta

en cuestión.

A maxistrada do xulgado de Instrución Número 3 de Ourense -no que recaeu o

atestado da Policía Nacional- apartouse da causa por falta de competencia

para que sexa a Audiencia Nacional quen ditamine si a súa conduta é

constitutiva de delito. Desta forma, non entra no fondo da cuestión e limítase a

remitilo á Audiencia Nacional, órgano colexiado que levou a causa contra os

comediantes identificados en Madrid.

143412

Page 107:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

2

Todo este procedemento semella unha broma absurda, producido por un

descoñecemento profundo da tradición e a cultura ourensá e galega, unha

utilización abusiva dos recursos do Estado, un atentado contra a libre expresión

e a cultura secular... En definitiva, unha desmesura esperpéntica inxustificable.

Non é compresible que en tempos onde a banda terrorista ETA cometía

atentados, chegaran á Audiencia Nacional 2 ou 3 asuntos de enaltecemento do

terrorismo, e agora, coa banda inactiva, cheguen á Audiencia máis de 30 ao

ano. Isto só se explica pola instrumentalización política que as forzas do Estado

están facendo destes delitos para controlar, dominar e someter á poboación

crítica que lle resulta incómoda ás elites dirixentes e que só serve para axitar e

crispar á sociedade.

Polo exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Pleno:

“O Parlamento de Galicia:

Manifesta a súa preocupación polas recentes actuacións das forzas do

Estado que instrumentalizan politicamente delitos tan graves como o

delito de enaltecemento do terrorismo

Reproba a actuación da Policía Nacional na celebración do pasado

Entroido en Ourense que amosa un descoñecemento profundo das

tradicións, festas e idiosincrasia galega por parte destes servidores

públicos.

Reclama á Xunta de Galicia que inste ás autoridades pertinentes a que

actuacións similares non se volvan repetir por coartar e lesionar os

dereitos das persoas como a liberdade de expresión e a seguridade

xurídica”

143413

Page 108:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNP

3

Santiago de Compostela, 03 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 03/03/2016 14:17:04

143414

Page 109:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do

deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa ás

previsións da Consellería de Educación para resolver os problemas de escolarización do

alumnado de 3 anos na zona sur da cidade de Lugo para o vindeiro curso 2016/2017.

Os cambios demográficos, os recortes en educación e a falla de planificación da

Consellería de Educación están a provocar problemas para adecuar a oferta de prazas

educativas á demanda existente nalgúns lugares da provincia de Lugo.

Na capital luguesa, na súa zona sur, no remate do pasado curso houbo queixas

de pais e nais, ao comprobar que non dispoñían de praza para os seus fillos e fillas nos

centros públicos da zona onde viven.

Diante da problemática xurdida coa falla de prazas de escolarización que se ven

repetindo nos últimos anos nesta zona sur da cidade de Lugo, e que se volverá a

acentuar de cara ao vindeiro curso 2016/2017, no que moitas nenas e nenos de 3 anos

non poderán ser escolarizados nos centros públicos das súas zonas.

Diante do serio problema para a escolarización do alumnado de 3 anos nesta

zona da cidade de Lugo, o Grupo Parlamentar do BNG xa ten presentado iniciativas

reclamando do Goberno Galego a súa solución, dotando á zona de prazas suficientes.

No Curso actual, a Consellería ampliou 25 prazas en Casás e nas Mercedes e

mesmo anunciou a ampliación do CEIP das Mercedes para darlle solución ao problema

de cara ao vindeiro curso mais, o Grupo Parlamentar do BNG, diante da apertura do

143415

Page 110:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

prazo (1-20 marzo) de solicitude de praza para a escolarización para nenas e nenos de 3

anos nesta zona sur, está preocupado ao comprobar que volverán a repetirse os

problemas do curso actual.

O Grupo Parlamentar do BNG considera fundamental o garantir unha educación

pública e de calidade para todas as nenas de 3 anos da cidade de Lugo na súa zona.

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a:

1º.- Tomar as medidas necesarias e urxentes para garantir a escolarización do

alumnado de 3 anos, residente na zona sur da cidade de Lugo, nos centros públicos na

zona onde viven, para o vindeiro curso 2016/2017.

2º.- Tomar as medidas necesarias, a medio prazo, para garantir a oferta de prazas

públicas suficientes no ensino obrigatorio nesta zona da cidade de Lugo.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

143416

Page 111:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 03/03/2016 16:44:53

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 16:44:59

143417

Page 112:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á

derrogación da orde 6 de xullo de 2011 da consellaría de sanidade.

A orde de 6 de xullo de 2011 da Consellaría de Sanidade, regula a asistencia @

farmaceutic@ na dispensación de medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita

médica polo persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na oficina de farmacia.

A publicación desta orde ten suscitado discrepancias e protestas de profesionais,

sociedades científicas e asociacións, en tanto consideran que a mesma pode mermar as

garantías de control e protección da información d@s doentes de farmacia e podería

haber risco sanitario en canto a non detectar problemas relacionados co medicamento,

interaccións, duplicidades, efectos adversos etc.

Estes colectivos consideran que a orde incumpre normativa legal en vigor como:

Artigo 9 do RD 1718/2010 de receita médica: “só se lle permitirá o acceso d@s

farmacéutic@s ao sistema electrónico mediante a tarxeta sanitaria d@ doente

debidamente recoñecida polo sistema de receita electrónica”

Artigo 86 b) da Lei de Garantías do Uso Racional do Medicamento: “ a presenza

e actuación profesional d@ farmaceútic@ como condición e requisito inescusábel para

a dispensación ao público de medicamentos”

143418

Page 113:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 111 b) da Lei de Garantías e Uso Racional do Medicamento:”infraccións

graves: funcionar, os servizos farmacéuticos e oficinas de farmacia, sen a presenza e

actuación profesional d@ farmacéutic@ responsábel”

Por estas razóns o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a derrogar a orde de 6 de

xullo de 2011 da Consellaría de Sanidade que regula a asistencia @ farmaceutic@ na

dispensación de medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita médica polo

persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na oficina de farmacia.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 03/03/2016 17:07:43

143419

Page 114:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 17:07:51

143420

Page 115:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior.

O 3 de xuño de 2014 a Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral,

Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia aprobaba, por unanimidade, instar á

Xunta de Galicia a promover, elaborar e aprobar, coa colaboración dos

representantes dos traballadores públicos da Administración Galega, un

protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica

galega.

En pregunta realizada por esta deputada na comisión 1ª o 5 de novembro de

2014 a Directora Xeral de avaliación e Reforma Administrativa informou de que

o borrador xa estaba entregado aos sindicatos e que tiñan ata o día 10 dese

mesmo mes para realizar as achegas ao texto que consideraran oportunas

sinalando como probable que o texto fora aprobado antes de rematar o ano

2014.

A finais de 2015 e, ante a dilación na aprobación de dito protocolo, con data 30

de novembro de 2015, presentouse unha Proposición Non de lei, debatida na

Comisión 1ª, novamente, onde se instaba á Xunta de Galicia a realizar os

trámites oportunos que permitiran axilizar a aprobación do Protocolo de

actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica galega que, en

todo caso, non debería demorarse máis alá da finalización do presente período

de sesións, salvo causa xustificada que deberá ser comunicada a este

143421

Page 116:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

Parlamento. A pesar do posicionamento favorable no debate de todos os

grupos parlamentarios, na votación resultou rexeitada cos votos en contra do

Partido Popular.

E así chegamos ata hoxe, sen que dito protocolo estea aínda aprobado. Case

dous anos de tramitación que resultan incomprensibles en calquera

administración.

Polo exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Comisión:

“O Parlamento de Galicia manifesta o seu malestar pola dilación na aprobación

dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración

Autonómica galega, acordado por unanimidade neste Parlamento con data 3

de xuño de 2014, reprobando a actuación do Goberno e do persoal da

administración encargada da súa tramitación.

Asemade, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a rematar a

tramitación e aprobar en menos de un mes a partir da data de hoxe, o

Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Autonómica

galega.”

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

143422

Page 117:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

Carmen Iglesias Sueiro na data 26/02/2016 10:38:08

143423

Page 118:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e por iniciativa dos deputados e deputada, Javier Dorado Soto, Hipólito Fariñas Sobrino, Javier Guerra Fernández e Elena Cruz González Sánchez ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión. Exposición de motivos:

O CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao na cidade de Vigo atópase no barrio de Navia, o barrio urbano cunha idade media máis baixa de toda Galicia onde residen case dez mil habitantes. Polo carácter incipiente e crecente do barrio, o colexio ten unha forte demanda que fai pensar que as actuais instalacións están a quedar insuficientes para dar cobertura ás necesidades de escolarización e á realidade social actual e futura. Xunto á finca que na actualidade ocupa o colexio, existe unha parcela de oito mil metros cadrados a disposición do Concello cedida no ano 2008 para equipamento público de distinta natureza pendente de modificar o seu uso dotacional por parte do Concello de Vigo para poder realizar unha ampliación do CEIP. Por todo o exposto o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia á:

1. Solicitar ao Concello de Vigo que axilice a cesión da parcela anexa ao CEIP

Alfonso D. Rodríguez Castelao.

2. Levar a cabo a ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao para adaptar as súas instalacións á demanda existente”.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016 Asinado dixitalmente por:

143424

Page 119:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Pedro Puy Fraga na data 26/02/2016 11:41:49

Javier Dorado Soto na data 26/02/2016 11:41:58

Hipólito Fariñas Sobrino na data 26/02/2016 11:42:16

Javier Jorge Guerra Fernández na data 26/02/2016 11:42:24

Elena Cruz González Sánchez na data 26/02/2016 11:42:33

143425

Page 120:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa

dos seus deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández, Juan M. Fajardo

Recouso, Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado e da súa deputada Eva

Solla Fernández, ao abeiro do recollido no Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión, en relación ao uso

político e publicitario de imaxes de nenos e nenas por parte de cargos públicos

durante actos institucionais realizados nos centros de ensino de Galicia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A protección dos menores é sen dubida unha das principais obrigas dos poderes públicos,

que adquire un maior rango, se cabe, cando falamos da administración educativa. A

protección dos datos de carácter persoal do menor e da menor e o dereito á preservación

da súa imaxe están recollidos no Real Decreto 1720/2007 polo que se aproba o

regulamento de desenvolvemento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal,

definidos no artigo 5 como “calquera información numérica, alfabética, gráfica, fotográfica,

acústica ou de calquera outro tipo concernente a persoas identificadas ou identificables”.

A mesma norma establece no seu artigo 13 que para poder proceder ao tratamento dos

datos de carácter persoal dos menores de catorce anos “requirirase o consentimento dos

seus pais ou titores”. Para facer fronte a esta obriga legal os centros educativos solicitan

normalmente unha autorización ás familias para que se poda empregar a imaxe dos

nenos e das nenas como promoción das actividades pedagóxicas que realiza o centro

(Magostos, Entroido, festivais, visitas didácticas, etc) e que serven para ilustrar a revista

educativa do centro de ensino.

Este clima pedagóxico e didáctico non é o que perseguen os membros do Goberno. De

forma recorrente estamos vendo como membros do Goberno Galego realizan

comparecencias públicas nas súas visitas a centros públicos de ensino en presenza de

143426

Page 121:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

nenos e nenas minores de idade, para publicitar diante dos medios de comunicación

determinados investimentos, actuacións ou programas educativos.

Posado do Conselleiro de Educación e do Presidente do Goberno recollido nos medios de

comunicación na sua visita ao CEIP Curros Enriquez de Celanova

O pasado venres 10 de febreiro o presidente do Goberno Galego e o Conselleiro de

Educación realizaron unha visita e unha comparecencia públicas no CEIP Curros

Enriquez de Celanova, onde ambos se retrataron sentados nos pupitres co alumnado en

imaxes que encheron os xornais e televisións do pais, nun acto propagandístico e baleiro

de contido pedagóxico ou educativo.

Sobrepasando os límites da responsabilidade política e mesmo do bo gusto, en plena

crise dos catering escolares que afectou a unha parte importante dos comedores

escolares públicos externalizados, e en precampaña electoral, o Conselleiro de Educación

desprazárase a un dos centros afectados, o CEIP Portofaro, para fotografarse durante o

xantar en compaña dos nenos e das nenas desta escola. Un exercicio do peor populismo

ao mais puro estilo da célebre foto de Manuel Fraga nas praias de Huelva despois do

accidente de Palomares.

143427

Page 122:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Posado do Conselleiro de Educación na súa visita ao comedor do CEIP Portofaro durante a crise dos

catering escolares

Como xa dixemos, co inicio de curso as familias galegas reciben un escrito solicitando

autorización para poder utilizar e/ou publicar a imaxe dos seus fillos en documentos,

fotografías, web escolar, películas e outros recursos educativos que o centro educativo

publique en relación coas actividades escolares lectivas e/ou extraescolares e

complementarias, con fins educativos e non comerciais.

Semella que os actos públicos ou políticos do Goberno Galego quedan fóra deste tipo de

autorizacións e dende logo resulta evidente, que o que as familias autorizan ten que ver

máis co desenvolvemento de actividades educativas que con campañas de propaganda

do Goberno.

143428

Page 123:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Foto na web oficial da Conselleria de Educación da visita do Conselleiro de Educación ao CEIP Xesús

Goldar de Lalín

Alternativa Galega de Esquerda considera non só apropiado senón mesmo necesario e

obrigado, que tanto o Conselleiro de Educación como o presidente do Goberno, pisen os

centros de ensino públicos para coñecer a realidade educativa do noso pais, as

dificultades e necesidade das escolas, así como escoitar as demandas da comunidade

educativa. Pero consideramos que estas visitas de traballo non teñen por que ter un

tratamento mediático e publicitario como o que acotío se realiza, polo menos no que ao

emprego da imaxe de menores se refire.

Trátase, ante todo, non só de respectar aos menores, senón de que os membros do

goberno deben exercer co máximo rigor ético o seu labor público. E este tipo de

estratexias, por moito que conten cunha autorización “á carta”, atentan contra este

principio ético. A rendibilidade político-electoralista non pode nin debe asentarse un uso

“partidista” dos nenos e nenas.

Por todos estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda

presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento Galego insta ao Goberno Galego a:

1. Establecer o mecanismo normativo preciso para, entroutros aspectos,

1.1. Evitar a realización e distribución de fotos de menores durante actos

institucionais e políticos nos centros de ensino de Galicia;

1.2. Impedir as comparecencias públicas ante dos medios de comunicación de

responsables institucionais ou políticos nos centros de ensino coa presenza de alumnado

menor de idade;

1.3. Sancionar toda vulneración da ética do cargo público no exercicio das súas

responsabilidades, sobre todo cando esta vulneración afecta ao uso partidista de nenos e

nenas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016.

143429

Page 124:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 26/02/2016 12:48:09

Jose Javier Ron Fernandez na data 26/02/2016 12:48:21

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 26/02/2016 12:48:29

Anton Sánchez García na data 26/02/2016 12:48:33

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 26/02/2016 12:48:35

Eva Solla Fernández na data 26/02/2016 12:48:38

143430

Page 125:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar,

María Quintas Alvarez e María de los Angeles Ferreiro Vidarte, a

través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o

seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

Exposición de motivos

O número de psicólogas e psicólogos clínicos en Galicia está por abaixo da

media española: 3,34 fronte a 4,3 psicólogos clínicos por cada 100.000

habitantes (estimando que o número total de psicólogas e psicólogos

clínicos que traballan no Sergas é de aproximadamente 91).

Sen esquecer que a media española xa é infinitamente inferior á media

europea, que é de 18 psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes.

Son moitos as e os profesionais que defenden que a asistencia á saúde

mental debería estar concibida desde un ámbito interdisciplinar, posta en

práctica a través de servizos integrados por psicólogas e psicólogos

clínicos, psiquiatras, traballadoras e traballadores sociais, enfermeiras e

enfermeiros especializados e terapeutas ocupacionais.

Pero a realidade da nosa atención a saúde mental é moi diferente pola falta

absoluta de recursos humanos e materias. Por carecer carecemos ata dun

Plan de saúde mental que organice e regule esa prestación.

É un feito que a atención psicolóxica incluída na carteira básica de servizos

do Sergas non está sendo atendida de maneira suficiente nin adecuada.

E esas carencias e ese deterioro dos servizos públicos pretende o Goberno

Feijoo suplilo coas externalizacións. Por iso se teñen incrementado tanto os

convenios con distintas entidades e asociacións de todo tipo para que sexan

elas as que dean unha cobertura que debería estarse prestando dende o

Sergas.

143431

Page 126:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o dito, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta

a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Ampliar, de forma inmediata, a contratación de psicólogas e

psicólogos clínicos do Sergas para poder garantir unha adecuada

atención dentro do Sistema sanitario público galego.

2. Incrementar a oferta de prazas de Psicoloxía Clínica nas OPE que vai

convocando o Sergas nos próximos dous anos, incluíndo a do ano

2016, ata conseguir que o número de psicólogas e psicólogos clínicos

en Galicia se iguale á media do Estado.

Pazo do Parlamento, 25 de febreiro de 2016

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

María de los Angeles Ferreiro Vidarte

Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.:José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 26/02/2016 12:56:30

Carmen Gallego Calvar na data 26/02/2016 12:56:36

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 26/02/2016 12:56:45

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 26/02/2016 12:56:49

Jose Luis Méndez Romeu na data 26/02/2016 12:56:54

143432

Page 127:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio

da deputada Eva Solla Fernández e dos deputados Xabier Ron Fernández, Juan

Manuel Fajardo Recouso, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez García e

Ramón Vázquez Díaz, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión V, sobre o

subministro de guindastres de elevación e bipedestación para os centros de persoas

dependentes e residencias de maiores.

Exposición de motivos

Tras un longo trámite administrativo, resolveuse con data de 23 de novembro a

adxudicación do contrato de subministración, instalación e posta en funcionamento

dos guindastres de mobilización de persoas nos centros que dependen agora da

consellaría de política social.

A resolución chegou con unha notable tardanza respecto dos compromisos contraídos

pola consellaría e logo de causar notables problemas ás persoas usuarias e ás

traballadoras e traballadores que as atenden.

A adxudicación foi para a oferta presentada polo Corte Inglés, por 92.154,11 euros e

cun prazo de entrega de 15 días naturais e unha garantía decenal. O certo é que ao

rematar febreiro do 2016 esta adxudicación resultou un fracaso, a causa de razóns que

a consellaría nen fixo públicas nen resolveu subsanar.

143433

Page 128:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Os guindastres non se están a empregar nalgúns casos e na maioría dos casos están

gardados debido ao incumprimento do prego de prescricións técnicas. Esto acontece

dende decembro sen que a consellaría teña reaccionado para garantir o axeitado

servizo público ás persoas usuarias e as debidas condicións laborais para as plantillas

dos centros.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a que faga públicos, e depure as

responsabilidades a que haxa lugar, os motivos que explican que os guindastres

non estén en funcionamento nos centros de atención directa da consellaría de

política social.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a que devolva os guindastres que non

cumpren coas prescricións técnicas contidas no prego e faga efectiva coa maior

urxencia a posta en funcionamento dos guindastres comprometidos as

plantillas dos centros.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a retirar os guindastres obsoletos e con

moitos anos de uso nas residencias de maiores e centros de atención a persoas

con diversidade funcional e substituílos por outros novos.

En Compostela, a 26 de febreiro do 2015.

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

143434

Page 129:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 26/02/2016 13:16:34

Jose Javier Ron Fernandez na data 26/02/2016 13:16:40

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 26/02/2016 13:16:45

Anton Sánchez García na data 26/02/2016 13:16:47

Ramón Vázquez Díaz na data 26/02/2016 13:16:49

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 26/02/2016 13:16:50

143435

Page 130:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A situación urbanística do Concello de Gondomar leva sendo unha fonte de

conflitos, de situacións inxustas e mesmo de escándalos políticos e de

actuacións xudiciais dende o ano 2005 en que o Tribunal Supremo anulou

definitivamente o PXOM aprobado no ano 1.997.

Como consecuencia desa situación de inseguridade xurídica e da falla dunha

ordenación urbanística acaída, nos últimos 10 anos a problemática ao respecto

foi en aumento dando lugar a unha situación variada e complexa, agravada

polas circunstancias persoais de moitos veciños e veciñas, que veñen

derivando en inxustizas e, nalgúns casos, mesmo rematando en auténticos

dramas sociais e humanos.

A ausencia dunha ferramenta ao servizo da xente e do interese xeral, o PXOM,

deu lugar a unha sorte de lei do máis forte onde precisamente quen ten medios

e cartos acaba salvándose nos xulgados, mentres as persoas nunha situación

económica e social máis vulnerable, acaban pagando as consecuencias.

Entre os anos 2005 e 2007 foron concedidas determinadas licenzas de obra

sen seguir un mínimo criterio ou orde de prioridade, incluso a sabendas de que

xa non era legalmente posible ou seu outorgamento, polo que foi toda a Xunta

de Goberno Local inhabilitada xudicialmente por prevaricación urbanística.

143436

Page 131:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

Dese proceder beneficiáronse determinadas persoas e quedaron gravemente

prexudicadas, mellor dito atrapadas nunha situación moi complexa, outras

moitas.

Dende o ano 2012 ata hoxe habilitáronse fórmulas alternativas para corrixir

dentro da legalidade esta situación mentres non se aproba o novo PXOM

(actualmente en fase de redacción e debate público), que teñen que ver coa

“reviviscencia” dos Núcleos Rurais delimitados entre os anos 1991 e 1995 ao

abeiro das Normas Subsidiarias e Complementarias Provinciais, ou coa

delimitación de novos núcleos rurais tradicionais, actualmente en fase de

exposición pública.

Dende hai uns anos a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)

ten actuado no Concello de Gondomar cunha maneira de proceder á hora de

aplicar a legalidade urbanística como mínimo cuestionable.

Neste momento a APLU ten abertos 47 expedientes en Gondomar, 15 deles na

Parroquia e Entidade Local Menor de Morgadáns, dos cales a día de hoxe,7

teñen orde de derrube (incluído o Centro Social do barrio de Prado malia ser

compatible o devandito uso en solo rústico e contar con máis de 9.000 m2 de

terreo) quedándolle ás persoas afectadas só a posibilidade de acudir ao

Xulgado do Contencioso.

A maioría destes 47 expedientes son vivendas ou actuacións todas elas

legalizables, tanto na previsión que xa se recolle no novo PXOM como sobre

todo nos núcleos rurais recentemente delimitados e que actualmente están en

fase de exposición pública ou, nalgún caso tan só pendentes da emisión dos

informes preceptivos das diferentes Consellerías para ser aprobados

inicialmente.

Non estamos a falar de especuladores ou infractores que se aproveitan dunha

situación determinada, estamos a falar de vivendas unifamiliares perfectamente

legalizables en pouco tempo por estaren a maioría delas localizadas no centro

143437

Page 132:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

mesmo dos núcleos tradicionais de poboación, incluso algunhas delas con

servizos de auga da traída, saneamento, electricidade, etc. Estamos a falar de

vivendas pequenas, de pouco máis de de 100 m2: de 90 m2, ou mesmo unha

casa prefabricada de 38 m2 con orde de demolición inminente.

Trátase pois, de casas pequenas, de planta baixa, propiedade de persoas

humildes, traballadoras, ou con escasos recursos que construíron as súas

vivendas con moito esforzo, incluso algunhas delas son rehabilitacións ou

“reciclaxes” de outras máis antigas. Algunhas son familias novas e con fillos

pequenos, outras con situacións de enfermidades e dependencia, ou incluso

nalgún caso con problemáticas sociais graves.

E mentres, a cidadanía ve con asombro como, por exemplo, o Hotel Talaso de

Oia ou o Cámping da Ladeira en Baiona seguen en pé.

O Goberno Municipal de Gondomar, e o propio Concello manifesta estar do

lado destas persoas por ser de xustiza, e reclaman explicacións da APLU, e a

concesión do tempo necesario para a aprobación da delimitación dos núcleos

rurais en trámite, asi como do propio PXOM para a consecuente legalización de

todos estes casos.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión:

“O Parlamento de Galicia, coincidindo co criterio do Concello e do Goberno

Municipal de Gondomar, insta á Xunta a instar á APLU a paralizar as ordes de

derribo de todas as vivendas que son legalizables coa aprobación da

delimitación dos núcleos rurais en trámite, así como coa entrada en vigor do

novo PXOM do Concello de Gondomar.”

143438

Page 133:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

4

Pazo do Parlamento, a 26 de febreiro de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 26/02/2016 14:40:16

María Consuelo Martínez García na data 26/02/2016 14:40:25

143439

Page 134:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José

Ramón Val Alonso, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no

artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión 7.ª, Agricultura,

Alimentación, Gandaría e Montes.

Exposición de motivos

En numerosas ocasións no Parlamento galego, a petición do Grupo

Parlamentario Socialista, se instou á Xunta de Galicia á modificación dos

criterios para as solicitudes das axudas da PAC no que se refire ó pago

verde ou greening. O modelo adoptado libremente pola Xunta de Galicia

obrigou a moitas explotacións lácteas con mais de 10 hectáreas a limitar a

superficie cultivada a millo a un 75 % do total, ou ben a renunciar a este

tipo de axuda.

A pesares das esixencias de todo o sector, de todos os grupos da oposición

que así o manifestaron en moitas iniciativas, a pesares de estudios feitos

pola propia administración que evidenciaban con datos contrastados esta

situación, a pesares de que outras comunidades autónomas con modelos de

produción moi similares optaron por outro criterio para elixir o período de

referencia de rotación de cultivos, o Goberno galego negou as evidencias e

non rectificou.

Co cambio da titular da Consellería de Medio Rural parecía ser, tal como

manifestou en rolda de prensa a finais deste mes, que se ía a cambiar de

criterio que para as solicitudes deste ano se introducirían os cambios para

que os gandeiros galegos de leite que cultiven millo non sufriran estas

perdas.

Sen embargo esas modificacións non foron feitas, e polo menos un ano

máis de non haber unha rectificación, os gandeiros e gandeiras galegas

seguirán sendo discriminados con respecto ós que viven noutras

comunidades autónomas.

143440

Page 135:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Ante isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a modificar a convocatoria

de axudas da PAC no que se refire ó Pago Verde ou “greening”,

considerando o período de referencia para rotación de cultivos o de inverno

e non os de primavera – verán, facilitando así que as explotacións galegas

poidan cobrar esta axuda sen ningún tipo de limitacións.

Pazo do Parlamento, 29 de febreiro de 2016

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

143441

Page 136:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 29/02/2016 13:33:38

Raúl Fernández Fernández na data 29/02/2016 13:33:44

José Ramón Val Alonso na data 29/02/2016 13:33:50

Jose Luis Méndez Romeu na data 29/02/2016 13:33:55

143442

Page 137:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA) ao través dos

seus deputados Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez

García, Ramón Vázquez Díaz, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión I, relativa á

vulneración de dereitos humanos no noso país.

Exposición de motivos

A publicación do último informe sobre dereitos humanos realizado por Amnistía

Internacional achega unha serie de consideracións negativas en relación á situación

dos dereitos humanos no noso país e dos pasos regresivos que o goberno do PP está a

dar nese eido. Abrangue este informe un conxunto de aspectos que recollen

vulneracións de dereitos que van da liberdade de expresión ao dereito a vivenda,

pasando pola vulneración de dereitos a diferentes colectivos, caso das persoas

refuxiadas e migrantes.

O conxunto marca unha serie de intolerables retrocesos en materia de dereitos

humanos a causa de contrarreformas lexislativas e recortes en servizos públicos que

poñen en cuestión aos dereitos humanos no noso país.

En relación coas novas restricións ás liberdades de expresión e reunión derivadas da

imposición da chamada lei mordaza, a lei 4/2015, o informe menciona a consideración

negativa que sobre o texto legal recolleu o Comité de Dereitos Humanos da ONU en

xullo do 2015.

En particular o Comité considera excesivo o uso das sancións administrativas contidas

na lei 4/2015, as cales exclúen a aplicación de certas garantías xudiciais. O recurso

dunha terminoloxía vaga e deliberadamente ambigüa nalgunhas disposicións permite

unha ampla e indesexable discrecionalidade na aplicación da lei; outrosí da prohibición

143443

Page 138:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

de facer uso das imaxes ou datos persoais ou profesionais de autoridades e membros

das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Preocupación do Comité que se fai extensiva a outros artigos da mencionada lei: caso

dos que afectan aos rexistros corporais esternos, ao uso das videocámaras, ou ás

dilixencias de rexistro, identificación e comprobación.

O Comité lamenta que o reino de España non garanta a aplicación directa do Pacto no

ordenamento interno do Estado, consonte establece o artigo 10.2 da Constitución que

di así:

“As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución

recoñece interpretaránse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos

Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados

por España.”

Tamén nese capítulo de eivas, o Comité lamenta que o reino de España careza dun

procedemento específico que implemente os dictámenes adoptados polo Comité en

aplicación do chamado Protocolo Facultativo. Esa lagoa dificulta que haxa avances

significativos en materias e casos que atinxen a dereitos fundamentais.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que

revise a lei de seguridade cidadá 4/2015 e as subsecuentes contrarreformas do

Código Penal, ao obxecto de garantir a máis estricta conformidade cos dereitos

e liberdades recollidos no Pacto, segundo reclama o Comité de Dereitos

Humanos das Nacións Unidas.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que

elabore un procedemento específico de implementación dos dictámenes do

Comité de Dereitos Humanos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a reclamar do goberno central que garanta

a aplicación directa do Pacto en todo o ordenamento xurídico interno do

Estado español.

En Compostela, a 29 de febreiro do 2016.

143444

Page 139:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

Jose Javier Ron Fernandez na data 29/02/2016 13:59:07

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 29/02/2016 13:59:13

Eva Solla Fernández na data 29/02/2016 13:59:14

Anton Sánchez García na data 29/02/2016 13:59:18

Ramón Vázquez Díaz na data 29/02/2016 13:59:20

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 29/02/2016 13:59:22

143445

Page 140:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, Abel

Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba, Mª Soledad Soneira

Tajes, Ricardo Vicente Docasar Docasar e Noela Blanco Rodríguez, a

través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición

non de lei para o seu debate en Comisión 1.ª, Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Exposición de motivos

O día 12 de febreiro, o mal tempo e a choiva desbordaban o río Alvedosa,

en Redondela (Pontevedra). O desbordamento principal produciuse na zona

de Salgueiral, onde o río pasa por baixo de edificios de vivendas, que se

anegaron, e os veciños e veciñas tiveron que abrir as portas para tratar de

baleirar a auga. Ademais, as inundacións afectaron aos comercios do

centro, baixos, garaxes, vehículos das zonas de Vila Vella e A Xunqueira,

houbo desprendementos en San Esteban, inundacións de numerosas leiras e

desprendementos de muros ao longo do concello.

A Policía Local de Redondela tivo que cortar varias rúas centrais da vila

(Salgueiral, Ernestina Otero, Pai Crespo e José Regojo) polos graves

problemas de circulación. Incluso os problemas polas inundacións se

sentiron no tráfico, xa que a estrada N-552 (que une Redondela con Vigo)

colapsou e as retencións chegaron ata 4 quilómetros.

Aínda que o río Alvedosa tende a medrar de forma contundente en tempo

de choiva, este tipo de episodios non son habituais no centro de Redondela.

Os danos foron tremendos, catastróficos, o que motivaría que a zona fose

declarada “zona catastrófica”. Esa declaración de zona catastrófica tense

que pedir ao Goberno central e suporía recibir axudas para apoiar aos

damnificados polas inundacións e que non sexan beneficiarios do

Consorcio de Compensación de seguros.

143446

Page 141:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a pedir ao Goberno central a

declaración de Redondela como zona catastrófica.

Pazo do Parlamento, 29 de febreiro de 2016

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Mª Soledad Soneira Tajes

Ricardo Vicente Docasar Docasar

Noela Blanco Rodríguez

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 29/02/2016 13:38:15

Abel Fermín Losada Álvarez na data 29/02/2016 13:38:44

José Manuel Gallego Lomba na data 29/02/2016 13:38:50

143447

Page 142:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

María Soledad Soneira Tajes na data 29/02/2016 13:38:55

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 29/02/2016 13:39:02

Noela Blanco Rodriguez na data 29/02/2016 13:39:11

Jose Luis Méndez Romeu na data 29/02/2016 13:39:17

143448

Page 143:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos

seus deputados Antón Sánchez García, Xosé M. Beiras Torrado, Juan M. Fajardo

Recouso, Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández e da súa deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A perda de emprego en PSA Citroen en Vigo foi usada hai moi pouco tempo como

pretexto para presionar a AGE e que esta permitise aprobar a modificación da Lei do Solo

de Galiza, sen garantir a participación pública ou a avaliación ambiental.

Xa advertimos entón que o que menos lle preocupaba ao señor Feijoo eran os

traballadores da Citroen, e como vemos agora non tardou o tempo en darnos a rezón.

A factoría de Balaídos vén de anunciar que a adxudicación do novo modelo estará

suxeito á aceptación dun ERE co que se pretende botar a 400 empregados ata o ano

2018 así como outro ERE suspensivo que podería afectar a outros 510 traballadores (que

deben máis de 10 días á bolsa de horas) e mais outro rotatorio para persoal de estrutura

que podería afectar a 158 membros.

Segundo os sindicatos da fábrica estes expedientes de regulación de emprego non

afectarían unicamente a traballadores que desexen marchar da fábrica senón que tamén

vai ser forzado para outros moitos traballadores e traballadoras.

Neste momento, PSA Citroen Vigo ten a plantilla máis baixa nos últimos 40 anos, pasando

de 6.900 traballadores en 2013 a pechar 2015 con 5.700. Porén, a fábrica non reducirá a

súa produción, senón que seguirá fabricando as mesmas unidades malia a baixa de

143449

Page 144:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

persoal co cal semella obvio que se incidirá na maior explotación da man de obra para

acadar esas cifras de produción.

As subvencións públicas recibidas por PSA Citroen foron cuantiosas pero estas nunca

estiveron vencelladas á permanencia das producións nin ao mantemento dos postos de

traballo.

En atención ao referido, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda

presenta a seguinte Proposición non de lei:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a condicionar as axudas públicas a PSA

Citroen á permanencia da produción na fábrica de Balaídos e ao mantemento dos postos

de traballo.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 02/03/2016 12:34:17

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 02/03/2016 12:34:25

Ramón Vázquez Díaz na data 02/03/2016 12:34:28

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 02/03/2016 12:34:31

Eva Solla Fernández na data 02/03/2016 12:34:34

Jose Javier Ron Fernandez na data 02/03/2016 12:34:37

143450

Page 145:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa do deputado Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

tratamento en Comisión, instando á Xunta de Galiza a adoptar medidas para

enfrontar a situación que está a vivir o marisqueo pola mortaldade de moluscos

producida por diversos parásitos.

A ría de Pontevedra está a vivir unha situación de alta mortaldade de

moluscos. Neste caso afecta as poboacións de ameixa babosa e segundo

determinados informes todo parece indicar que é producido polo protozoo

Perkinsus, un microorganismo que infecta aos moluscos e que nalgúns deles pode

causar a mortaldade das poboación como é o caso do P. Marinus, moi habitual nas

poboacións de ostra cultivada e silvestre.

Segundo as confrarías do interior da ría de Pontevedra este microorganismo

ten afectado as poboacións de ameixa babosa no canal do Lérez, desaparecendo

este molusco de bancos tan importantes como o de Agullóns, contorna da illa de

Tambo ou a Brensa.

Unha situación que pon de novo contra as cordas ao colectivo de

mariscadoras/es e que ven a sumarse a outras pandemias como a da mortaldade do

berberecho. Tamén son significativos os problemas de mortaldade en

determinadas poboacións de ameixa rubia ou os problemas que durante os anos

2014 e 2015 tivo a ameixa fina na ría de Arousa. O que pon de manifesto a

143451

Page 146:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

necesidade de desenvolver mecanismos de actuación que permitan unha máis

rápida localización dos procesos de mortaldade e medidas que enfronten este

problema e permitan o mantemento da actividade extractiva que garanta os

ingresos das e dos mariscadores.

Esta é unha situación especialmente grave, dada a dependencia que moitas

profesionais teñen do marisqueo e a importancia desta especie no computo total de

ingresos no colectivo de mariscadoras. Falamos de que as vendas de babosa

alcanzan na lonxa de Campelo os 4.800 quilos o que representa algo máis de

60.000 euros. Situación a que é preciso por remedio se queremos que o marisqueo

teña futuro.

Estas son as razóns que levan ao BNG a formular a seguinte Proposición

non de lei para o seu tratamento en Comisión:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a adoptar medidas para

enfrontar a situación que está a vivir o marisqueo pola mortaldade de moluscos

producida por diversos parásitos como:

- Contar con un seguro que asegure unha produción mínima e garanta uns

ingresos que lles permita as mariscadoras unha renda digna.

- Elaborar un protocolo de actuación para adoptar medidas que faga un

seguimento preciso da evolución destes problemas.

- Desenvolver liñas de investigación para saber cales son as causas, as

consecuencias e as medidas para evitar este tipo de problemas

143452

Page 147:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Levar a cabo as medidas precisas para que os fondos FEMP se poidan

utilizar como axudas ao marisqueo por perdidas producidas por mortaldade de

causas naturais.

- Establecer un prazo definitivo para acadar o saneamento integral das

rías.”

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Asdo: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 02/03/2016 13:08:54

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 02/03/2016 13:09:00

143453

Page 148:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os servizos sociais para a poboación non teñen distribución equitativa no

territorio galego. Ourense é a única provincia galega que non dispón dun centro

de continuidade para nenas e nenos con discapacidade física e psíquica. Pois

a partir dos 21 anos que finaliza o período escolar nos centros de Educación

Especial, estas persoas non poden continuar nesta provincia a súa formación,

o plan pedagóxico e terapéutico, ao non dispoñer dun centro axeitado que

dispoña de prazas de día como de prazas residenciais para aquelas persoas

que non poden ser atendidas no domicilio ou para cando lles falten os pais.

A AMPA do Centro de Educación Especial Miño de Velle na cidade de

Ourense está levando adiante as súas reivindicacións para que esta provincia

teña un centro de titularidade pública. Subliñan que en Galiza existen catro,

onde reciben a atención precisa de profesionais de diferentes disciplinas dende

fisioterapia ata atención psiquiátrica. A falta de prazas públicas provoca o

paradoxo que teñan que buscar este tipo de centro fóra da provincia e incluso

fóra de Galiza provocando o afastamento co vínculo familiar. Ou se ven

obrigados a aceptar as prazas concertadas pola Xunta noutras residencias

143454

Page 149:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

asistenciais, que non lles ofrecen as mesmas garantías co centro específico

dedicado a estas patoloxías.

Nos últimos días veñen de recibir o apoio institucional da Deputación de

Ourense que se suma a outros apoios recadados pola AMPA.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

Crear un centro público de continuidade para os discapacitados físicos e

psíquicos maiores de 21 anos en Ourense.

Establecer mecanismos de colaboración para garantir a permanencia

destas nenas e nenos no CEE Miño unha vez cumpridos os 21 anos

mentres non se resolva a situación con carácter definitivo.”

Pazo do Parlamento, a 02 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 02/03/2016 13:52:48

María Consuelo Martínez García na data 02/03/2016 13:52:55

143455

Page 150:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior sobre a creación dun Colexio

Profesional de terapeutas ocupacionais en Galiza.

A disciplina e profesión da Terapia Ocupacional presenta unha longa

traxectoria e está intimamente ligada á saúde e á ocupación das persoas,

ambos aspectos imprescindible para o desenvolvemento persoal e a calidade

de vida das persoas.

Son moitos os textos legais e informes técnicos que avalan o exercicio dos

terapeutas ocupacionais como profesión regrada e titulada e, nese aspecto,

Galiza conta cunha titulación pioneira e de recoñecido prestixio, cuxas persoas

formadas son apreciadas pola profesión en toda Europa.

No tocante ao ámbito de actuación do terapeuta ocupacional, son moitos os

que abrangue dende o propiamente sanitario, pasando polo socio-sanitario,

educativo, de asesoramento ou o docente.

Onde máis terapeutas ocupacionais exercen a súa labor é con persoas que

presentan algunha discapacidade ou ten risco de padecela, así como coas

persoas en risco de exclusión social, nas distintas etapas do ciclo vital. Debido

ás características poboacionais e ao envellecemento progresivo en Galiza,

onde máis interveñen estes profesionais é na atención ás persoas maiores.

Porén dado o carácter de servizo privado ou concertado das empresas que

143456

Page 151:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

ostentan a titularidades dos servizos asistenciais para maiores, non é posible

coñecer o número total de profesionais que exercen esta profesión en Galiza.

Dificultade agravada, polo feito de non existir ningún organismo que regule o

exercicio desta profesión en Galiza, feito que favorece, tamén o intrusismo.

A creación do colexio profesional permitiría, ademais da promoción e difusión

da disciplina, a defensa dos dereitos da poboación galega a acceder, de xeito

igualitario, aos servizos de Terapia Ocupacional con independencia do seu

lugar de procedencia ou da patoloxía que padeza, garantindo o principio de

equidade no sistema sanitario.

Outro dato a ter en conta é que todas as comunidades do Estado xa

recoñeceron este colexio profesional, salvo Galiza, Madrid, Andalucía e

Cantabria.

A xustificación da necesidade de creación dun colexio profesional de

Terapeutas ocupacionais en Galicia resúmense nos seguintes puntos:

1. O crecente número de promocións de Diplomados/as e Graduados/as

en Terapia Ocupacional na Facultade de Ciencias da Saúde da

Universidade da Coruña. (En torno a 600 dende o 2001 ao 2014)

2. Defensa, representación asistencia e xestión en beneficio dos

profesionais de Terapia Ocupacional que exerzan en Galiza, así como

dos usuarios que poidan recibir estes servizos.

3. Ordenación do exercicio da profesión, co fin de evitar o intrusismo

profesional, avogando por unha delimitación de funcións, fins e ámbitos

de aplicación.

4. Acollemento dos profesionais galegos ao Código Deontolóxico nacional

da disciplina.

143457

Page 152:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

5. Supervisión da legalidade e o rigor, por parte dun órgano competente,

das novas oportunidades laborais que aparezan nos ámbitos sociais e

sanitarios, tanto no sector público como no privado.

6. Promoción, publicación e difusión da Terapia Ocupacional ante

administración públicas, institucións, entidades e outros colectivos.

Polo exposto, formúlase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a atender á petición da

Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais de creación do

Colexio Profesional de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.”

Santiago de Compostela, 02 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 02/03/2016 14:05:50

143458

Page 153:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Consuelo

Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate na Comisión 2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio

Ambiente e Servizos.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As veciñas e veciños da parroquia de San Xurxo, en Moeche, están pendentes

dos indicios que apuntan que a empresa Xilo Galicia tería plans para depositar

tecnosolos (solos artificiais), procedentes de As Somozas, na mina de dunita

de Penasalbas, pechada, carecendo do permiso. As persoas residentes desta

zona opóñense ao vertido destes residuos, a uns 70 metros das casas. Tamén

podería afectar aos mananciais que baixan pola ladeira da canteira dos que

abastecen moitas casas e as explotacións gandeiras.

A veciñanza rexeita o depósito deste tipo de desfeitos, pois a experiencia

doutros sitios como as análises feitas en Sedes (Narón) dan cantidades moi

altas de metais pesados neses tecnosolos, poden ter consecuencias graves

polas filtracións ao terreo e de aí as augas que van aos pozos que consume a

veciñanza.

Afírmase que Xilo Galicia fixo a solicitude para verter na vella mina, pero varios

organismos, entre eles Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Industria,

Enerxía e Minas confirmaron que non concederan o permiso. Esta empresa

sigue a tramitación do permiso para verter nesta mina de Moeche e afirma que

non era unha prioridade Moeche pero Ortigueira si, onde tamén o intentaron

143459

Page 154:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

hai uns meses na canteira de Camiño Grande na parroquia de Devesos e onde

non lles constaba o proxecto para o plan de restauración.

Esta empresa defende que o produto está regulado e controlado segundo os

requisitos que marca a Administración.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

Explicar a resolución pola que dende a xefatura Territorial da Consellería

de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas se acorda considerar

axeitada a aplicación de tecnosolos sen prexuízo das autoridades ou

permisos esixidos por outras administracións públicas.

Analizar natureza destes residuos e o seu impacto medioambiental.

Revisar os “supostos” permisos cos que di contar esta empresa.

Executar as medidas precisas para garantir a seguridade das veciñas e

veciños destas zonas e repoñendo a legalidade.”

Pazo do Parlamento, a 02 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 02/03/2016 14:54:41

143460

Page 155:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

María Consuelo Martínez García na data 02/03/2016 14:54:48

143461

Page 156:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados e da súa deputada, Ricardo Vicente Docasar Docasar, María

Concepción Burgo López, Juan Carlos González Santín e Emilio Vazquez

Blanco, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de

lei para o seu debate na Comisión 4ª.

No día de hoxe vimos de visitar por invitación da ANPA e do propio equipo

directivo do centro o CEIP Luís Pimentel de Lugo, un colexio línea 3 situado no

barrio da Piringalla, que conta na actualidade con 660 alumnos e alumnas e 44

profesores e profesoras, e que ten unha antigüidade duns 35 anos

aproximadamente.

Tal e como nos contaron na visita realizada, este centro foi abordando nos

últimos anos diversas reformas nas súas instalacións, nuns casos con fondos dos

seus propios gastos de funcionamento e noutros coa colaboración da Consellería

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou do propio Concello de

Lugo.

O certo é que a pesar diso, o colexio segue tendo importantes eivas estruturais

que entendemos no Grupo Socialista deben ser abordadas dende a Consellería:

aulas de infantil dos máis pequenos, patios de lecer, peches exteriores, pavillón

de deportes e mesmo na sala de usos múltiples, por poñer algúns dos exemplos

máis significativos .

Neste grupo parlamentario entendemos que estas cuestións deben ser

paulatinamente abordadas por parte da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, xa que o centro está agora mesmo no límite da súa

capacidade.

143462

Page 157:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por iso, e para saber se a Consellería pensa atender as xustas reivindicacións que

chegan dende a comunidade educativa do CEIP Luís Pimentel de Lugo, o Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de

lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que estableza un plan

plurianual para abordar as obras de mellora demandadas pola comunidade

educativa do CEIP Luís Pimentel de Lugo.

Pazo do Parlamento, 1 de marzo de 2016

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 02/03/2016 16:34:00

María Concepción Burgo López na data 02/03/2016 16:34:13

Juan Carlos González Santín na data 02/03/2016 16:34:18

Emilio Vázquez Blanco na data 02/03/2016 16:34:33

Jose Luis Méndez Romeu na data 02/03/2016 16:35:06

143463

Page 158:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da

súa deputada e deputados, Noela Blanco Rodríguez, Pablo García

García, Raúl Fernández Fernández, José Ramón Val Alonso, a

través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Proposición non de lei en Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación,

Gandería e Montes.

Exposición de motivos.

Os pementos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida (I.G.P.),

orde publicada no DOG nº147 do 02/08/2013 , "Pemento de Arnoia"

son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L.,

cultivado tradicionalmente na zona de produción, constituída polo

termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao

municipio de Cortegada.

Os froitos se collen en verde (estado inmaturo intermedio), para a súa

comercialización en fresco. Tamén poden cultivarse maduros (cor

vermella), utilizándose neste caso fundamentalmente para a súa

transformación en conserva. Só os primeiros son amparados pola

Indicación Xeográfica Protexida.

O nome da indicación "Arnoia", é un topónimo que corresponde ao

municipio da comarca do Ribeiro, no que se iniciou o cultivo deste

pemento e no que aínda hoxe en día mantén unha maior intensidade.

A cooperativa San Salvador, encargábase ata hai uns días cando se

disolveu, da distribución e comercialización do pemento de Arnoia. A

dirección da cooperativa ostentouna o actual alcalde de Arnoia,

Rodrigo Aparicio durante catro anos, máis dende hai aproximadamente

un ano, dirixíaa unha xestora.

Segundo coñecemos recentemente, ao producirse a disolución da

mesma, o Concello de Arnoia asumirá a débeda de 18.000 euros que

143464

Page 159:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

mantén a Cooperativa San Salvador tras o seu peche, quedándose ao

mesmo tempo coas instalacións da entidade.

O peche da cooperativa pode supoñer o estancamento ou redución das

posibilidades de mercado do sector ao dificultarse a posta en contacto

dos produtores con empresas de cara á próxima campaña de venda do

pemento, que se inicia no mes de xullo.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1 Reunirse de forma inmediata cos produtores implicados para intentar

buscar unha alternativa á disolución da cooperativa, e que as súas

instalacións acaben en mans privadas de forma irreversible.

2 Asumir a titularidade das instalacións de forma transitoria e intentar

que exista unha nova cooperativa a curto prazo que siga desenvolvendo

a labor de comercialización deste produto.”

Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2016

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodriguez na data 02/03/2016 18:35:39

Pablo García García na data 02/03/2016 18:35:45

143465

Page 160:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Raúl Fernández Fernández na data 02/03/2016 18:35:54

José Ramón Val Alonso na data 02/03/2016 18:36:05

Jose Luis Méndez Romeu na data 02/03/2016 18:36:12

143466

Page 161:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa das súas deputadas Mónica

Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O programa Expedición Galicia estreouse na TVG no mes de febreiro. Este

espazo divulgativo presenta un grupo de persoas que percorren Galiza e, entre

outras actividades, realizan distintas prácticas de supervivencia polos montes

das catro provincias galegas.

O primeiro programa, que tivo lugar o 23 de febreiro, comezou con polémica.

Entre as accións controvertíbeis atopamos actividades que son prácticas de

supervivencia onde se producen claramente agresións ambientais

sancionabeis atendendo á lexislación vixente. Realizan prácticas como comer

crúa unha ra dos regos (Rana ibérica) incluída no Catálogo Galego de

Especies Ameazadas, ou esfarelan un formigueiro para coller material seco co

que facer un lume, prender lume nun lugar non habilitado para a súa

realización con seguridade, vadean un río cun 4x4 ou a acampada fóra de

áreas habilitadas para tal feito.

Non parece necesario fomentar este tipo de actos entre a cidadanía galega.

Sería importante a promoción noutros formatos para mellorar a función

educativa e divulgativa para fomentar o respecto ao medio ambiente.

143467

Page 162:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

Algúns grupos e colectivos como ADEGA, GEAS e o Grupo Naturalista Hábitat

solicitaron a CRTVG a retirada do mesmo e instan a Dirección Xeral de

Conservación da Natureza a tomar cartas no asunto.

Polo exposto, preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

- Retirar este programa Expedición Galicia da RTVG.

- Controlar o cumprimento da lexislación ambiental nas actividades

desenvolvidas no programa.

- Denunciar as agresións ambientais deste programa.

- Recibir asesoramento profesional para a realización de futuros

programas sobre medio ambiente.”

Pazo do Parlamento, a 03 de marzo de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez

Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 03/03/2016 09:57:49

María Consuelo Martínez García na data 03/03/2016 09:57:58

143468

Page 163:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), á iniciativa

dos seus deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras

Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate na Comisión IV, relativa á

retirada dos símbolos franquistas do IES Lucus Augusti de Lugo.

Exposición de motivos

No mes de novembro de 1947 o subdelegado do Goberno Franquista en Lugo,

Santiago Vallejo Heredia e o Director Xeral de Ensinanza, Ramón Ferreiro, asistían á

colocación da primeira pedra do Instituto Masculino, centro educativo que sería

oficialmente inaugurado polo ditador Francisco Franco o 8 de setembro de 1958.

Casualmente, Ramón Ferreiro é o dirixente falanxista que dará nome á avenida

contigua ao propio instituto.

Colocación da 1ª Pedra do Instituto Masculino en 1947 Inauguración do Instituto

Masculino en 1958

143469

Page 164:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

No ano 1985 o Instituto Masculino pasa a chamarse I.E.S Lucus Augusti mais este

cambio de nome, non se acompañou da retirada dos símbolos Franquistas que

vulneran de xeito flagrante a Lei de Memoria Histórica.

Deste xeito e a día de hoxe, o IES Lucus Augusti mantén dous símbolos da ditadura

franquista, concretamente, un escudo preconstitucional de pedra situado na fachada,

xusto enriba da entrada principal e un escudo preconstitucional situado no vestíbulo,

formando parte dunha vidreira de grandes dimensións.

Vidreira con escudo preconstitucional franquista situado na entrada principal do IES

Lucus Augusti

143470

Page 165:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Escudo preconstitucional franquista de pedra situado na fachada principal do IES Lucus

Augusti

Para Alternativa Galega de Esquerda manter símbolos fascistas nun centro de ensino

público, 35 anos despois de aprobada a actual Constitución é un símbolo da carencia

de conviccións democráticas amosada polo bipartidismo nestes anos e unha alegoría

das causas que levan á caída do réxime emanado da Transición.

A Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se

establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a

guerra civil e a ditadura, coñecida como “Lei de Memoria Histórica”, establece no seu

artigo 15 a obriga das Administracións públicas de tomar as medidas oportunas para “a

retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas

de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da

represión da Ditadura”.

A pesar disto, os símbolos existentes no IES Lucus Augusti continúan a vulnerar a

mencionada Lei e demostran o mínimo interese do bipartidismo por facer cumprir

unha Lei xa de por si escasa e timorata.

O Lucus Augusti é un instituto de ensino secundario de referencia para toda a provincia

de Lugo, de feito, forma parte do Proxecto Arce de Institutos Históricos dende o ano

2009 e constitúe un dos cinco Institutos Históricos de Galicia do Museo Pedagóxico de

Galicia (MUPEGA). Nel estudaron ou exerceron docencia persoeiros tan relevantes

como os científicos os científicos Francisco Bernis ou García Rodeja e escritores como

Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antón Fraguas, Alonso Montero ou

Manuel María.

Cada ano estudan neste centro público centos de rapaces e rapazas recibindo unha

formación que, ademais de contidos e saberes científicos, inclúe valores e actitudes

propios dunha sociedade democrática, o que resulta absolutamente contraditorio coa

presenza de símbolos fascistas.

143471

Page 166:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

O incumprimento e a falla de respecto polas normas das que se dota a sociedade como

a Lei de Memoria Histórica, así como o mantemento de símbolos antidemocráticos,

son feitos que non deban incorporarase a unha práctica educativa minimamente

exemplarizante.

Pero os escudos preconstitucionais non son os únicos vestixios que permanecen neste

centro de ensino, pois aos símbolos preconstitucionais, hai que engadir unha capela

relixiosa que, situada na sala de profesores, recorda a estreita relación entre a igrexa

católica e o réxime franquista. A permanencia desta capela nun centro de ensino

público en pleno século XXI, supón a antítese do que debe ser un modelo de escola

laica e democrática.

O alumnos do IES Lucus Augusti e as súas familias, teñen dereito a acudir a un centro

de ensino público onde se respecte a legalidade vixente, se cumpra a Lei de Memoria

Histórica e se acepten os valores democráticos mais elementais.

Ninguén imaxinaria nun edifico publico de Alemaña, a permanencia de símbolos Nazis,

moito menos en centros de ensino ou universidades. Ningún pais democrático da nosa

contorna, ampara ou favorece a presenza de símbolos fascistas, mesmo en eventos

deportivos, polo que non semella razoable mantelos nos centros de ensino.

Por estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a retirar os símbolos franquistas

do IES Lucas Augusti de Lugo incluíndo os escudos preconstitucionais así como a

Capela Católica existente na sala de profesores deste centro.

En Compostela, a 3 de marzo do 2016.

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

143472

Page 167:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 03/03/2016 08:58:05

Jose Javier Ron Fernandez na data 03/03/2016 08:58:14

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 03/03/2016 08:58:19

Eva Solla Fernández na data 03/03/2016 08:58:24

Anton Sánchez García na data 03/03/2016 08:58:28

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 03/03/2016 08:58:30

143473

Page 168:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa da deputada Ana Belén Pontón Mondelo e dos deputados Francisco

Xesús Jorquera Caselas e Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para

debate en Comisión, relativa á rexeneración da Ría do Burgo.

O 11 de decembro de 2015 foi sometido a exposición pública o Proxecto

“Dragado ambiental dos sedimentos da Ría do Burgo” elaborado polo Ministerio de

Medio Ambiente.

Diversas entidades presentaron alegacións reclamando que o proxecto de dragado

vaia acompañado duha dotación orzamentaria e un calendario de actuacións precisos e

suficientes para a súa execución.

Estas entidades, agrupadas na Mesa da Ría do Burgo constituída pola Confraría

de Pescadores da Coruña, a Plataforma en defensa da Ría do Burgo, a Universidade da

Coruña e os Concellos de Cambre, Culleredo, A Coruña e Oleiros, reclaman a

paralización do marisqueo durante a execución do dragado ante a posibilidade de que o

dragado dos lodos mobilice sustancias contaminantes que se podan disolver na auga do

contorno próximo aos traballos de descontaminación. Por ese motivo reclaman tamén a

compensación aos mariscadores/as polas conseguintes perdas económicas que deberá

manterse mentres non se garantan as condicións óptimas para a práctica do marisqueo

con total normalidade.

143474

Page 169:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Así mesmo, expresan a súa preocupación en relación coa xestión do material

clasificado de categoría IIIa e II con toxicidade positiva. Este material será confinado

nos dous recintos habilitados, recinto Norte (Oleiros) e recinto Sur (Culleredo). O

confinamento do material nestes recintos realizarase mediante xeotubos colocados no

interior dos mesmos que recibirán o material dragado. A coroación deste confinamento

servirá para ampliar o paseo marítimo existente. Por ese motivo solicitan un plan de

vixilancia que inclúa o control exhaustivo, periódico e transparente da calidade das

augas, a estanqueidade dos recintos de confinamento dos lodos e a evolución das

poboacións de flora e fauna asentadas na ría e na súa contorna.

A Mesa da Ría do Burgo reclama a constitución, con carácter previo ao inicio do

dragado, dunha Comisión de Seguimento na que estean representadas as distintas

administracións (Ministerio de Medio Ambiente, Xunta de Galiza e concellos ribeiráns),

a Universidade da Coruña e os axentes implicados.

Finalmente, a rexeneración da Ría do Burgo debe ser un proxecto integral que

vaia alén do dragado, impulsando un plan de conservación e rexeneración ambiental que

permita recuperar os seus valores medioambientais e o seu potencial produtivo. Cómpre

lembrar que nos anos oitenta a ría daba traballo a dous mil mariscadores e mariscadoras

mentres hoxe a súa capacidade produtiva apenas chega ao 20% e emprega a menos de

cen persoas en actividades extractivas. Por estas razóns as entidades devanditas

demandan que a rexeneración da ría transcenda ao dragado dos lodos, contemplando

medidas de protección ao ecosistema durante o dragado e con posterioridade ao mesmo,

unha restauración ambiental que desemboque na creación dun corredor ecolóxico entre o

encoro de Cecebre e o mar e un plan de manexo que ordene os diferentes usos da ría que

permita un uso sostíbel da mesma e o mantemento das funcións ecolóxica, económica e

social do espazo.

143475

Page 170:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polas razóns devanditas o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte

Proposición non de lei para debate en Comisión, relativa á rexeneración da Ría

do Burgo:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a impulsar as seguintes

medidas relativas á rexeneración da Ría do Burgo:

1.- Medidas de protección ao ecosistema durante o dragado e con

posterioridade ao mesmo.

2.- Un plan de vixilancia que inclúa o control exhaustivo, periódico e

transparente da calidade das augas, a estanqueidade dos recintos de

confinamento dos lodos e a evolución das poboacións de flora e fauna asentadas

na Ría e na súa contorna.

3.- A constitución dunha Comisión de Seguimento integrada por

representantes das distintas administracións, a Universidade da Coruña e

axentes implicados.

4.- O establecemento de axudas para compensar aos/ás mariscadores/as

durante o período de inactividade.

5.- Impulsar unha restauración ambiental integral que desemboque na

creación dun corredor ecolóxico entre o encoro de Cecebre e o mar.

143476

Page 171:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

6.- Impulsar un plan de manexo que ordene os diferentes usos da ría que

permita un uso sostíbel da mesma e o mantemento das funcións ecolóxica,

económica e social do espazo.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Viceportavoz do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 03/03/2016 12:25:11

Daniel Rodas Chapela na data 03/03/2016 12:25:17

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 12:25:20

143477

Page 172:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior.

O pasado luns de Entroido en Ourense, un mozo disfrazado de “titiritero” foi

identificado por preto de sete ou oito axentes da Policía Nacional porque

portaba unha pancarta que puña “Gora Alka-ETA”, nun xesto de crítica ao

encarceramento de dous “titiriteros” en Madrid, acusados por enaltecemento do

terrorismo e, actualmente, en liberdade provisional.

Por estar no Entroido e ir disfrazado, nun inicio, o mozo pensou que se trataba

dunha broma propia do festexo. Porén, os axentes enseguida levárono ao

furgón policial para identificalo e tomar os seus datos. Tamén identificaron a

outras tres persoas que se achegaron para interesarse pola situación.

A Policía Nacional retiroulle ao mozo a pancarta e realizou o atestado no que

facían alusión a un posible delito de enaltecemento do terrorismo pola pancarta

en cuestión.

A maxistrada do xulgado de Instrución Número 3 de Ourense -no que recaeu o

atestado da Policía Nacional- apartouse da causa por falta de competencia

para que sexa a Audiencia Nacional quen ditamine si a súa conduta é

constitutiva de delito. Desta forma, non entra no fondo da cuestión e limítase a

remitilo á Audiencia Nacional, órgano colexiado que levou a causa contra os

comediantes identificados en Madrid.

143478

Page 173:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

Todo este procedemento semella unha broma absurda, producido por un

descoñecemento profundo da tradición e a cultura ourensá e galega, unha

utilización abusiva dos recursos do Estado, un atentado contra a libre expresión

e a cultura secular... En definitiva, unha desmesura esperpéntica inxustificable.

Non é compresible que en tempos onde a banda terrorista ETA cometía

atentados, chegaran á Audiencia Nacional 2 ou 3 asuntos de enaltecemento do

terrorismo, e agora, coa banda inactiva, cheguen á Audiencia máis de 30 ao

ano. Isto só se explica pola instrumentalización política que as forzas do Estado

están facendo destes delitos para controlar, dominar e someter á poboación

crítica que lle resulta incómoda ás elites dirixentes e que só serve para axitar e

crispar á sociedade.

Polo exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Comisión:

“O Parlamento de Galicia:

Manifesta a súa preocupación polas recentes actuacións das forzas do

Estado que instrumentalizan politicamente delitos tan graves como o

delito de enaltecemento do terrorismo

Reproba a actuación da Policía Nacional na celebración do pasado

Entroido en Ourense que amosa un descoñecemento profundo das

tradicións, festas e idiosincrasia galega por parte destes servidores

públicos.

Reclama á Xunta de Galicia que inste ás autoridades pertinentes a que

actuacións similares non se volvan repetir por coartar e lesionar os

dereitos das persoas como a liberdade de expresión e a seguridade

xurídica”

143479

Page 174:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

Santiago de Compostela, 03 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 03/03/2016 13:05:39

143480

Page 175:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas María do Carme Adán Villamarín, Montserrat Prado

Cores e do deputado Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Proposición non de lei para

debate na Comisión 3ª, relativa á subrogación dos/as traballadores/as de

mantemento nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.

O 29 de febreiro finalizou a concesión do mantemento nos estaleiros

públicos de Navantia na Ría de Ferrol da UTE Electrorayma-Tecman, continuando

con esta concesión unha nova UTE. A finalización da concesión de mantemento á

UTE Electrorayma-Tecman afecta a 65 traballadores/as con contratos indefinidos

que levan desenvolvendo as tarefas de mantemento nos últimos 15 anos cunha

profesionalidade demostrada e que agora ven perigar os seus postos de traballo e

incluso a viabilidade da empresa na que traballan.

Esta situación vén motivada pola forma de contratación dunha licitación,

imposta pola dirección de Navantia en Madrid, que apenas valora a capacidade

técnica e humana das empresas da comarca de Ferrolterra. Navantia valora só

razóns económicas e despreza o valor engadido que aporta un cadro persoal

formado ao longo dos últimos 15 anos. Este sistema non valora os custos, tanto

económicos como de seguridade, que ocasiona a eventualidade neste tipo de

servizos.

Ademais este modelo prexudica ás empresas da comarca de Ferrol que non

143481

Page 176:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

poden competir en igualdade de condicións coas grandes empresas e

multinacionais á hora de optar á adxudicación deste tipo de contratos. A

consecuencia é que as adxudicatarias son empresas cos seus centros económicos

fóra comarca e que mesmo trasladan persoal eventual doutras zonas para realizar

os traballos. A consecuencia é que este modelo de contratación apenas xera

emprego e actividade económica na comarca, destruíndo o xa minguado tecido

industrial local.

Existe ademais un grave agravio comparativo con respecto aos/ás

traballadores/as que realizan as mesmas funcións de mantemento noutros

estaleiros de Navantia, como os da baía de Cádiz, nos que si se produciu á

subrogación dos cadros de persoal das empresas auxiliares cando finalizou a

concesión.

Polas razóns devanditas, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

Proposición non de lei para debate na Comisión 3ª, relativa á subrogación

dos/as traballadores/as de mantemento nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a:

1. Demandar da empresa pública Navantia que inclúa nos

pregos de contratación a subrogación dos/as traballadores/as que

desenvolven traballos de mantemento nos estaleiros Navantia da Ría de

Ferrol.

143482

Page 177:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2. Demandar da empresa pública Navantia que nas licitacións

de contratos con industrias auxiliares se valore o seu impacto na xeración

de emprego e actividade económica na comarca.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Montserrat Prado Cores

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 03/03/2016 13:36:20

María Monserrat Prado Cores na data 03/03/2016 13:36:27

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 13:36:32

143483

Page 178:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do

deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ás

previsións da Consellería de Educación para resolver os problemas de escolarización do

alumnado de 3 anos na zona sur da cidade de Lugo para o vindeiro curso 2016/2017.

Os cambios demográficos, os recortes en educación e a falla de planificación da

Consellería de Educación están a provocar problemas para adecuar a oferta de prazas

educativas á demanda existente nalgúns lugares da provincia de Lugo.

Na capital luguesa, na súa zona sur, no remate do pasado curso houbo queixas

de pais e nais, ao comprobar que non dispoñían de praza para os seus fillos e fillas nos

centros públicos da zona onde viven.

Diante da problemática xurdida coa falla de prazas de escolarización que se ven

repetindo nos últimos anos nesta zona sur da cidade de Lugo, e que se volverá a

acentuar de cara ao vindeiro curso 2016/2017, no que moitas nenas e nenos de 3 anos

non poderán ser escolarizados nos centros públicos das súas zonas.

Diante do serio problema para a escolarización do alumnado de 3 anos nesta

zona da cidade de Lugo, o Grupo Parlamentar do BNG xa ten presentado iniciativas

reclamando do Goberno Galego a súa solución, dotando á zona de prazas suficientes.

No Curso actual, a Consellería ampliou 25 prazas en Casás e nas Mercedes e

mesmo anunciou a ampliación do CEIP das Mercedes para darlle solución ao problema

de cara ao vindeiro curso mais, o Grupo Parlamentar do BNG, diante da apertura do

143484

Page 179:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

prazo (1-20 marzo) de solicitude de praza para a escolarización para nenas e nenos de 3

anos nesta zona sur, está preocupado ao comprobar que volverán a repetirse os

problemas do curso actual.

O Grupo Parlamentar do BNG considera fundamental o garantir unha educación

pública e de calidade para todas as nenas de 3 anos da cidade de Lugo na súa zona.

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a:

1º.- Tomar as medidas necesarias e urxentes para garantir a escolarización do

alumnado de 3 anos, residente na zona sur da cidade de Lugo, nos centros públicos na

zona onde viven, para o vindeiro curso 2016/2017.

2º.- Tomar as medidas necesarias, a medio prazo, para garantir a oferta de prazas

públicas suficientes no ensino obrigatorio nesta zona da cidade de Lugo.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

143485

Page 180:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 03/03/2016 16:44:28

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 16:44:33

143486

Page 181:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

derrogación da orde 6 de xullo de 2011 da consellaría de sanidade.

A orde de 6 de xullo de 2011 da Consellaría de Sanidade, regula a asistencia @

farmaceutic@ na dispensación de medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita

médica polo persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na oficina de farmacia.

A publicación desta orde ten suscitado discrepancias e protestas de profesionais,

sociedades científicas e asociacións, en tanto consideran que a mesma pode mermar as

garantías de control e protección da información d@s doentes de farmacia e podería

haber risco sanitario en canto a non detectar problemas relacionados co medicamento,

interaccións, duplicidades, efectos adversos etc.

Estes colectivos consideran que a orde incumpre normativa legal en vigor como:

Artigo 9 do RD 1718/2010 de receita médica: “só se lle permitirá o acceso d@s

farmacéutic@s ao sistema electrónico mediante a tarxeta sanitaria d@ doente

debidamente recoñecida polo sistema de receita electrónica”

Artigo 86 b) da Lei de Garantías do Uso Racional do Medicamento: “ a presenza

e actuación profesional d@ farmaceútic@ como condición e requisito inescusábel para

a dispensación ao público de medicamentos”

143487

Page 182:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 111 b) da Lei de Garantías e Uso Racional do Medicamento:”infraccións

graves: funcionar, os servizos farmacéuticos e oficinas de farmacia, sen a presenza e

actuación profesional d@ farmacéutic@ responsábel”

Por estas razóns o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a derrogar a orde de 6 de

xullo de 2011 da Consellaría de Sanidade que regula a asistencia @ farmaceutic@ na

dispensación de medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita médica polo

persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na oficina de farmacia.”

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 03/03/2016 17:07:09

143488

Page 183:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/03/2016 17:07:15

143489

Page 184:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Os deputados e as deputadas abaixo asinantes, pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto nos

artigos 98 e 144 do Regulamento da Cámara, solicitan a esa Mesa se

proceda á tramitación de comparecencia urxente en Pleno do Sr.

conselleiro de Economía, Emprego e Industria, para dar conta das

actuacións levadas a cabo polo Goberno galego en relación cos conflitos

que están a acontecer no seno da Confederación de Empresarios de Galicia.

Pazo do Parlamento, 4 de marzo de 2016

Asinado dixitalmente por:

Jose Luis Méndez Romeu na data 04/03/2016 14:20:49

Carmen Gallego Calvar na data 04/03/2016 14:20:58

Juan Carlos González Santín na data 04/03/2016 14:21:04

Pablo García García na data 04/03/2016 14:21:11

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 04/03/2016 14:21:16

María Soledad Soneira Tajes na data 04/03/2016 14:21:22

María Concepción Burgo López na data 04/03/2016 14:21:30

Abel Fermín Losada Álvarez na data 04/03/2016 14:21:35

Raúl Fernández Fernández na data 04/03/2016 14:21:42

José Antonio Sánchez Bugallo na data 04/03/2016 14:21:47

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 04/03/2016 14:21:53

143490

Page 185:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

María del Carmen Acuña do Campo na data 04/03/2016 14:21:58

José Manuel Gallego Lomba na data 04/03/2016 14:22:00

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 04/03/2016 14:22:05

Emilio Vázquez Blanco na data 04/03/2016 14:22:10

Patricia Vilán Lorenzo na data 04/03/2016 14:22:13

José Ramón Val Alonso na data 04/03/2016 14:22:18

Noela Blanco Rodriguez na data 04/03/2016 14:22:22

143491

Page 186:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados e da súa deputada, Abel Losada Alvarez, José Manuel

Gallego Lomba e Noela Blanco Rodríguez, ao abeiro do disposto nos

artigos 98 e 144 Regulamento da Cámara, solicita a esa Mesa se proceda á

tramitación de comparecencia urxente en Comisión 6ª, Industria,

Enerxía, Comercio e Turismo do Sr. conselleiro de Economía,

Emprego e Industria, para dar conta das actuacións levadas a cabo polo

Goberno galego en relación cos conflitos que están a acontecer no seno da

Confederación de Empresarios de Galicia.

Pazo do Parlamento, 4 de marzo de 2016

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Noela Blanco Rodríguez

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 04/03/2016 14:20:08

José Manuel Gallego Lomba na data 04/03/2016 14:20:15

Noela Blanco Rodriguez na data 04/03/2016 14:20:20

143492

Page 187:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados e da súa deputada, José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández

Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, ao abeiro do disposto no artigo 144 do

Regulamento da Cámara, solicita a esa mesa se proceda á maior brevidade

posible á tramitación de comparecencia na Comisión 2ª da Sra. secretaria xeral

de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que explique no Parlamento o

Anteproxecto de decreto do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do

solo de Galicia, ante as imprecisións e as dúbidas que xeran as informacións que

aparecen nos medios de comunicacións sobre as declaracións dos responsables

da materia.

Pazo do Parlamento, 2 de marzo de 2016

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 02/03/2016 13:44:32

Raúl Fernández Fernández na data 02/03/2016 13:44:51

Patricia Vilán Lorenzo na data 02/03/2016 13:45:05

143493

Page 188:  · Número 613 IX lexislatura 9 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727