2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 42 outubro de 2013

Nº 42 outubro 2013 en galego,

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). Nº 42 de outubro de 2013

Citation preview

Page 1: Nº 42 outubro 2013  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 42 outubro de 2013

Page 2: Nº 42 outubro 2013  en galego,

TROUXÉCHELO? TRÓUXENO e NON O ESQUECÍN

COLOCACIÓN DOS PRONOMES (1) Ás veces, con demasiada frecuencia, escóitanse frases en galego que teñen os pronomes átonos mal colocados. A colocación dos pronomes é un dos sinais que reflicten mellor a calidade do idioma que fala-mos, polo que debemos facer un esforzo por os colocar correctamente. Como norma xeral o pronome átono vai detrás do verbo e unido a el. Xa que logo nunca comeza-remos unha oración cun átono. CORRECTO INCORRECTO

Quérote moito Te quero moito. Prométoche que estudarei. Che prometo que estudarei. No mercado roubáronlle a carteira. No mercado lle roubaron a carteira. De sobremesa puxéronnos copas de xeado. De sobremesa nos puxeron copas de xeado. O sábado vímosvos pola rúa. O sábado vos vimos pola rúa. O Celta éo (de 1ª división) . O Celta o é (de 1ª división). Mais os pronomes átonos non sempre van detrás dos verbos, como se pode ver no cabezallo desta páxina: NON O ESQUECÍN. Aquí a oración vai introducida polo negativo “non” que arrastra do prono-me. Porén o pronome deberá ir detrás do verbo cando exista unha pausa ben marcada, que non dei-xará que outra palabra arrastre do átono. Esta regra da pausa ten preferencia sobre calquera outra. Así o correcto é NON, LEMBREIME. E o incorrecto: NON, O LEMBREI.

No próximo En galego,... En galego,... En galego,... En galego,... máis e mellormáis e mellormáis e mellormáis e mellor falaremos dos casos en que os prono-mes átonos van diante dos verbos. Até o vindeiro mes!