3
IES FRAGA DO EUME - Pontedeume Dpto. de E.F. NORMAS XERAIS DA ASIGNATURA DE E.F. Material e normas xerais na práctica deportiva ROUPA DEPORTIVA: A indumentaria para as clases de E.F. deberá ser roupa deportiva cómoda que permita liberdade de movementos. Por motivos de seguridade non se poderán levar durante a práctica aqueles obxectos como cadeas, colgantes, pendentes, aneis, piercings, reloxos, etc. que polas súas características podan ser un risco para un mesmo ou para os compañeiros. Os alumnos/as co pelo longo deberán lévalo recollido. CALZADO Para evitar lesións o calzado deberá ser apropiado para a práctica deportiva polo cal non está permitido utilizar deportivos que non permitan atar correctamente os cordóns (bambas tipo surf) ou calzado coa sola fina xa que non amortigua os impactos contra o chan. O calzado coa sola gastada ou lisas provocan problemas de “resbalóns” no pavimento do noso pavillón. Debido a que o pavimento é parqué, e para evitar o seu deterioro, o calzado empregado na rúa non poderá ser o das clases de E.F. Os alumnos deberán traer na mochila calzado específico para o seu uso na instalación. DUCHA Os alumnos/as disporán ao finalizar a sesión de Educación Física de 15 minutos para ducharse e cambiarse de roupa (incluídos os cursos que teñan clase á ultimas horas ou pola tarde). Os hábitos hixiénicos na práctica deportiva forman parte dos contidos desta materia polo que é obrigatorio que todos os alumnos o fagan. No caso de existir calquera problema ao respecto rogo o comuniquedes por escrito á profesora ou vos dirixades directamente a ela. En casos puntuais, e debido a que so existe una ducha individual en cada vestiario, os alumnos/as poderán facer uso de ela. MATERIAL Os alumnos/as deberán traer material para tomar notas ás clases de E.F. No caso dos alumnos de 1º e 2º de ESO un caderno específico da materia. Os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO necesitarán patíns en liña para as unidades didácticas de patinaxe e hóckey. O centro dispón de algúns pares para empréstamo pero non suficientes para todos. Rogo que de existir algún problema a este respecto, mo fagades saber a principio de curso para prever a compra dalgún par mais. Os alumnos de 3º necesitarán no 2º trimestre, uns calcetíns con sola antideslizante (con puntiños engomados) para realizar exercicios ximnásticos. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

NORMAS INICIO CURSO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Normas da asignatura de E.F.

Citation preview

Page 1: NORMAS INICIO CURSO

IES FRAGA DO EUME - PontedeumeDpto. de E.F.

NORMAS XERAIS DA ASIGNATURA DE E.F.Material e normas xerais na práctica deportiva

ROUPA DEPORTIVA:

A indumentaria para as clases de E.F. deberá ser roupa deportiva cómoda que permita liberdade de movementos.Por motivos de seguridade non se poderán levar durante a práctica aqueles obxectos como cadeas, colgantes, pendentes, aneis, piercings, reloxos, etc. que polas súas características podan ser un risco para un mesmo ou para os compañeiros. Os alumnos/as co pelo longo deberán lévalo recollido.

CALZADO

Para evitar lesións o calzado deberá ser apropiado para a práctica deportiva polo cal non está permitido utilizar deportivos que non permitan atar correctamente os cordóns (bambas tipo surf) ou calzado coa sola fina xa que non amortigua os impactos contra o chan. O calzado coa sola gastada ou lisas provocan problemas de “resbalóns” no pavimento do noso pavillón.Debido a que o pavimento é parqué, e para evitar o seu deterioro, o calzado empregado na rúa non poderá ser o das clases de E.F. Os alumnos deberán traer na mochila calzado específico para o seu uso na instalación.

DUCHA

Os alumnos/as disporán ao finalizar a sesión de Educación Física de 15 minutos para ducharse e cambiarse de roupa (incluídos os cursos que teñan clase á ultimas horas ou pola tarde). Os hábitos hixiénicos na práctica deportiva forman parte dos contidos desta materia polo que é obrigatorio que todos os alumnos o fagan. No caso de existir calquera problema ao respecto rogo o comuniquedes por escrito á profesora ou vos dirixades directamente a ela. En casos puntuais, e debido a que so existe una ducha individual en cada vestiario, os alumnos/as poderán facer uso de ela.

MATERIAL

Os alumnos/as deberán traer material para tomar notas ás clases de E.F. No caso dos alumnos de 1º e 2º de ESO un caderno específico da materia.Os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO necesitarán patíns en liña para as unidades didácticas de patinaxe e hóckey. O centro dispón de algúns pares para empréstamo pero non suficientes para todos. Rogo que de existir algún problema a este respecto, mo fagades saber a principio de curso para prever a compra dalgún par mais.Os alumnos de 3º necesitarán no 2º trimestre, uns calcetíns con sola antideslizante (con puntiños engomados) para realizar exercicios ximnásticos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A asignatura de E.F. ten un carácter teórico-práctico co cal en cada trimestre valoraranse os seguintes aspectos:

5 puntos contidos prácticos 3 puntos contidos teóricos (exames escritos ou orais, traballos etc.) 2 puntos contidos actitudinais (comportamento, asistencia a clase, actitude, esforzo

persoal, capacidade de superación, roupa e calzado, ducha, etc.)

Para superar esta materia o alumno/a deberá obter un mínimo do 50 % da puntuación en cada una das partes. Na avaliación extraordinaria de setembro, a avaliación so se realizará con respecto aos contidos mínimos de carácter procedimental (prácticos) e conceptual (teóricos)

Page 2: NORMAS INICIO CURSO

IES FRAGA DO EUME - PontedeumeDpto. de E.F.

Os exames incluirán tanto os contidos de apuntes que se irán entregando ó longo do curso coma nas cuestións que todos os días se explican na clase.

Os traballos requiridos nesta asignatura deberán ser entregados no prazo marcado polo profesor. A meirande parte dos traballos serán entregados vía correo electrónico ou mediante a Aula Virtual da web do instituto. Os alumnos/as teñen a súa disposición ordenadores na biblioteca do centro.A valoración dos mesmos se baseará tanto no seu contido relativo á asignatura como en criterios relativos a presentación, ortografía, redacción, léxico axeitado, etc.

Limitación para a práctica deportiva

É importante que o profesor de Educación Física estea informado sobre calquera problemática de saúde que podan ter os seus alumnos/as: asma, diabetes, escordaduras de repetición, alteracións da columna vertebral, cardiopatías, etc.

DE XEITO DEFINITIVO OU TEMPO PROLONGADO

Actualmente, a lexislación vixente non contempla a exención total nesta asignatura.

No caso de que un alumno/a non poda realizar exercicio físico de xeito xeral ou teña limitado determinadas actividades deportivas de xeito indefinido ou definitivo, a profesora procederá a realizar una adaptación nos contidos da materia. Para elo é necesario facer una solicitude á dirección do centro e adxuntar un documento acreditativo expedido polo medico onde se especifique os motivos polos que se desaconsella o exercicio ou que tipos de exercicios non pode realizar dito alumno.

Tendo en conta que o exercicio físico aporta beneficios para a saúde e ten un efecto positivo na prevención e mellora de moitas enfermidades consultade ó voso médico que posibilidades existen de facer algún tipo de exercicio axeitado á problemática que vos afecta.

En calquera caso o alumno/a será avaliado adaptando á metodoloxía en cada caso.

POR UN PERÍODO NON SUPERIOR A DÚAS SEMANAS

Se por calquera motivo (lesión ou enfermidade) o alumno/a non pode realizar exercicio durante un período non superior a 2 semanas deberá entregar á profesora un documento acreditativo do médico e permanecerá na clase cos seus compañeiros realizando actividades relacionadas cos contidos que se están a impartir nese momento.