Upload
others
View
5
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
1
OBSERVACIÓNS DE AVES RARAS EN GALICIA: ANOS 2014 E 2015 Cosme Damián Romay*, Ramsés Pérez, Vítor Xosé Cabaleiro, David Calleja, José Ramón Gómez, Xurxo Piñeiro,
Xabier Varela e César Vidal.
* Secretario do Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Apartado de correos 581. 15700 Santiago de
Compostela (Galicia). E-mail: [email protected].
Introdución Preséntase o informe sobre Observacións de aves raras en Galicia: anos 2014 e 2015, o sétimo que elabora o CA/SGO,
e que recolle as observacións de aves raras en Galicia dos anos 2014 e 2015 e tamén de anos anteriores.
Composición do comité Como nos informes anteriores, actuou como secretario do CA/SGO Cosme Damián Romay Cousido e como secretario
adxunto Ramsés Pérez Rodríguez. Inicialmente as vogalías para a presente documento do CA/SGO foron ocupadas por
Vítor Xosé Cabaleiro Barroso, David Calleja Marcos, Xabier Varela Varela, César Vidal Rodríguez e José Ramón
Gómez González. Este último causou baixa na fase de avaliación dos rexistros deste informe, e a súa praza ocupouna
Xurxo Piñeiro Álvarez. O CA/SGO no seu conxunto agradece a José Ramón o seu bo traballo nestes últimos anos no
comité e agradecen tamén a Xurxo a súa boa disposición.
Lista de rexistros homologados En total, analizáronse 95 rexistros de 43 especies, dos cales se aceptan 86 rexistros (90,5%) de 34 especies. Todos eles
foron xa publicados no Noticiario da páxina web da Sociedade Galega de Ornitoloxía (www.sgosgo.org,
http://sgo.cesga.es/aves/htdocs/) ou enviados expresamente ao CA/SGO. Para algunhas especies revisáronse tamén
descricións detalladas noutras publicacións, citándose convenientemente a súa referencia bibliográfica.
Para cada observación detállase, por orde: a) nome galego da especie, en negriña; b) nome científico da especie, en
cursiva; c) entre paréntese, número de rexistros e individuos homologados: as dúas primeiras cifras, separadas por unha
barra, refírense respectivamente ao número de rexistros e individuos diferentes de anos anteriores ao do informe; as
dúas últimas, aos rexistros e individuos dos anos aos que fai referencia o informe –neste caso 2014 e 2015–; d) ano da
cita; e) concello/s (en negriña) ou zona xeográfica (sen negriña); f) lugar; g) número de aves observadas (se non se
indica outra cousa é unha soa) e idade e sexo (se se coñecen); h) circunstancias de interese sobre a cita (por exemplo se
hai fotografías); i) data/s; j) observador/es, coas iniciais do nome e os dous apelidos (no caso de ser máis de tres os
observadores, emprégase só o primeiro apelido de cada un deles); sepáranse por un punto e coma (;) os diferentes
grupos de observadores nas datas de observación indicadas; k) número de rexistro da cita no arquivo do CA/SGO,
indicándose (de ser o caso) se a súa orixe é dubidosa; l) entre paréntese, área de distribución na Península Ibérica e
Baleares; m) de ser o caso, un breve comentario sobre a especie e/ou sobre o rexistro.
A propiedade dos datos contidos no informe corresponde aos diferentes observadores, que deben ser citados como
autores na bibliografía, tal e como suxire o Comité de Rarezas de SEO/BirdLife (CR/SEO) (De Juana y el Comité de
Rarezas de la Sociedad Española de Ornitología, 2006). Tanto a secuencia taxonómica como os nomes científicos das
especies seguen a nova lista das aves de España (Rouco et al., 2019), mentras que os nomes en galego, xa incluídos
neste último traballo, son os propostos por Romay Cousido et al. (en prensa), polo que se producen algúns cambios con
respecto aos informes anteriores do CA/SGO:
Ganso de testa branca Anser albifrons (1/7, 0/0)
Aves con caracteres da subespecie A. a. albifrons:
2011. Ribadeo, Rinlo, sete individuos (dous adultos e cinco aves de 2º ano-calendario), hai fotografías, 6 de marzo
(D. Calleja Marcos). Rexistro CAA269.
(Grandes humidais ibéricos, especialmente na Meseta norte, invernante regular alí). Este grupo sería visto tamén os días
7 e 8, se ben non se recibiu información concreta deses rexistros. Constituiría a primeira observación homologada polo
CA/SGO da subespecie nominal deste ganso ártico, que, así e todo, conta cunha cita aceptada polo CR/SEO (enseada da
Insua, Ponteceso/Cabana, 6 a 27 de decembro de 1987; J. L. Rabuñal en De Juana, E. & Comité de Rarezas de la
Sociedad Española de Ornitología, 1997).
Pato castaño Aythya nyroca (5/4, 0/0)
2010. Ordes/Tordoia, encoro de Vilagudín, macho adulto, hai fotografía, 26 de decembro (M. J. Regueiro Juncal e
A. del Río García). Rexistro CAA276.
(Iberia oriental e meridional; residente escaso e invernante pouco común). Primeira observación da especie no encoro
por parte das observadoras, e primeira homologada en Galicia fóra da faixa litoral.
Citación recomendada:
Romay, C. D.; Pérez, R.; Cabaleiro, V. X.; Calleja, D.; Gómez, J. R.; Piñeiro, X. Varela, X. & Vidal, C. 2019b.
Observacións de aves raras en Galicia: anos 2014 e 2015. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de
Compostela. URL: http://sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/118-comite-avifaunistico
2
Éider común Somateria mollissima. Praia de Santa Cristi-
na (Oleiros), 28 de decembro de 2013 (S. París Gómez).
Ganso de testa branca Anser albifrons. Rinlo (Ribadeo), 6 de marzo de 2011 (D. Calleja Marcos).
Éider común Somateria mollissima (8/19, 1/1)
2011. O Grove/Sanxenxo, baía da Lanzada, dous individuos (un macho de 1º inverno e unha femia), hai fotografía,
9 de xaneiro (A. Fontoira García, P. A. Sanmartín Santiago e C. D. Romay Cousido). Rexistro CAA257.
2013. Oleiros, fronte á praia da Santa Cristina, tres individuos (dous machos de 1º ano-calendario e unha femia), hai
fotografía, 28 de decembro (S. París Gómez). Rexistro CAA240.
2014. O Grove, praia do Barreiro, unha femia, hai fotografías, 10 de setembro (G. Cochón). Rexistro CAA254.
(Litoral norte, invernante irregular). As aves observadas en 2011 na Lanzada estaban presentes aparentemente o 24 de
decembro de 2010 e serían vistos ata o 21 de xaneiro de 2011 por varios observadores, se ben o CA/SGO non recibiu
aínda información concreta destes rexistros.
Mourelo fusco Melanitta fusca (3/6, 0/0)
2013. Muros, fronte á praia de San Francisco, dúas femias e/ou inmaturos, hai fotografías, 8 de outubro (J. R. Gómez
González). Rexistro CAA221.
2015. Nigrán, fronte a Monte Lourido, tres individuos (dúas femias e un macho de 2º ano-calendario), hai fotografía,
7 de xaneiro (A. Martínez Pernas). Rexistro CAA239.
(Litoral norte ibérico, tamén no Mediterráneo, invernante regular). Primeiras citas da especie homologadas polo
CA/SGO nas Rías Baixas. De novo rexeitáronse outras recibidas como Melanitta fusca pero para as cales non se puido
descartar a posibilidade de M. deglandi (ver presente informe e tamén Romay et al., 2011, 2018b).
Pita do monte Tetrao urogallus (2/2, 0/0)
1944. Cervantes, “Picos de Ancares” (=montes de Cervantes), macho adulto, cazado, conservado no Museo da
Universidade de Santiago de Compostela (colección Aves de Galicia #3175), hai fotografías, 15 de marzo (J.
M. Castroviejo y Blanco-Cicerón, comunicado por C. D. Romay). Rexistro CAA223.
1950. Cervantes, “Picos de Ancares” (=montes de Cervantes), femia, cazada, conservado no Museo da Universidade
de Santiago de Compostela (colección Aves de Galicia #3176), hai fotografías, 29 de xaneiro (J. M.
Castroviejo y Blanco-Cicerón, comunicado por C. D. Romay). Rexistro CAA224.
(Montañas cantábricas e pirenaicas, residente escaso).
Exemplares preparados por Santiago Vez e xa referenciados
por Iglesias (1952). Aínda que supoñen as primeiras citas
homologadas desta ave polo CA/SGO, existe moita
información previa publicada da pita do monte en Galicia: a
especie ocupaba 14 cantadeiros en 1982 na serra dos Ancares
e, tras un declive continuado, chegouse á extinción desta
poboación no cambio de milenio (Madroño et al., 2004). Nas
serras de San Mamede e Invernadeiro e Pena Trevinca parece
que se extinguiu xa nos anos cuarenta (Castroviejo et al.,
1974). A eventual presenza de pitas do monte en Galicia
debería considerarse agora excepcional e debida máis á
movilidade dos exemplares de áreas próximas máis que á
presenza dun núcleo galego (Madroño et al., 2004).
3
Abetouro bruión Botaurus stellaris. A Espiñeira (Cospeito),
8 de xaneiro de 2011 (J. Otero Meijón).
Garza noiteira común Nycticorax nycticorax. Xunqueira de Alba
(Pontevedra), 16 de maio de 2015 (A. Costa).
Cegoña negra Ciconia nigra (9/23, 0/0)
2007. Muros, lagoa das Xarfas (Louro), un xuvenil, hai fotografías, 18 de setembro e, aparentemente, xa desde o día
11 e tamén en datas posteriores (C. D. Romay Cousido). Rexistro CAA243.
2010. Begonte, Cigoñeira (Damil), oito individuos en migración ao suroeste, hai fotografías, 19 de agosto (J. Otero
Meijón). Rexistro CAA204.
2010. Sandiás, cultivos preto das areeiras, dous xuvenís, hai fotografía, 6 de setembro (E. Solleiro Pereira). Rexistro
CAA252.
2012. Ribadeo, ría, catro individuos en migración ao oeste, hai fotografía, 7 de setembro (P. M. García). Rexistro
CAA279.
2013. Porto do Son, arredores da lagoa de Muro, un individuo, hai fotografía, 5 de setembro, e aparentemente xa
desde o 19 de agosto (R. Pérez Rodríguez e F. J. Sánchez López). Rexistro CAA261.
2013. Valdoviño, lagoa da Frouxeira, un inmaturo de 2º ano-calendario, hai fotografía, 19 de xuño (P. Gutiérrez
Varga, P. Pita Criado e A. Gutiérrez Pita). Rexistro CAA278.
(Iberia mediterránea). Neste informe exponse un excelente conxunto de rexistros da especie. Información detallada
sobre o individuo visto en 2007 en Muros aparece en Calleja et al. (2017). En relación á cita de Ribadeo, o autor
comenta que as aves entraron en voo á ría, chegando a pousar brevemente unha delas; tras un anaco cicleando seguiron
cara ao oeste. E, por último, subliñar que a ave vista en xuño de 2013 en Valdoviño fora anelada como polo o día 30 de
xuño de 2012 en Szkucin, no sueste de Polonia, por K. Dudzik, e que foi vista en setembro dese ano no leste de Holanda
(Gutiérrez, 2013a,b).
Abetouro bruión Botaurus stellaris (11/11, 2/1)
1928. Vilagarcía de Arousa, lugar indeterminado do concello, macho aparentemente xuvenil, cazado, conservado no
Museo da Universidade de Santiago de Compostela (colección Aves de Galicia #2996), hai fotografías, 3 de
decembro (L. Iglesias Iglesias, comunicado por C. D. Romay). Rexistro CAA210.
1945. Dodro, Laíño, macho aparentemente xuvenil, cazado, conservado no Museo da Universidade de Santiago de
Compostela (colección Aves de Galicia #2997), hai fotografías, 25 de febreiro (L. Sieyro Nieto, comunicado
por C. D. Romay). Rexistro CAA211.
2011. Cospeito, A Espiñeira, un individuo, hai fotografías, 8 de xaneiro (E. Villares Carballeira e J. Otero Meijón).
Rexistro CAA235.
2015. As Pontes de García Rodríguez, lago das Pontes, un individuo, hai fotografías, 5 e 7 de setembro (I. Lostalé
Seijo; J. L. Vizoso Vázquez). Rexistros CAA270 e CAA273.
4
Voitre negro Aegypius monachus. Areeiras de
Sandiás (Sandiás), 3 de maio de 2014 (J. L.
Fernández Carnero).
(Grandes humidais ibéricos e das Baleares, residente escaso). Os individuos cazados en 1928 e 1945 foron preparados
por Santiago Vez e serían logo reseñados en Iglesias (1952). A cita das Pontes é a primeira histórica para o concello, e
foi obtida na beira dunha gran masa de auga de recente creación (fin do enchido do antigo oco mineiro en abril de 2012;
López-Rodríguez et al., 2016). Aínda que a especie atinxiu xa 13 rexistros homologados, só 11 deles son posteriores á
creación do CA/SGO, polo que a especie seguirá dentro da lista de taxóns homologables en Galicia.
Garza noiteira común Nycticorax nycticorax (6/5, 2/4)
2004. Arteixo, encoro de Rexidoiro (Sabón), un xuvenil, hai fotografías, 29 de xullo e 8 de agosto, e tamén noutras
datas intermedias (X. Piñeiro Álvarez; A. Pombo Eirín e M. Roura Sánchez). Rexistros CAA249 e CAA281.
2011. Pontevedra, río Gafos en Tomeza, un inmaturo, hai fotografías, 13 e 22 de outubro (J. R. López
Dominguez/Vaipolorio). Rexistro CAA214.
2014. Caldas de Reis/Portas, barreiras da Peroxa e Tivo, tres individuos (un adulto, un ave de 2º ano-calendario e
un inmaturo quizais de 2º ano-calendario), hai fotografías, 4 de maio (V. X. Cabaleiro Barroso e B. Couso
Mouco). Rexistro CAA227.
2015. Pontevedra, xunqueira de Alba, un individuo de 2º ano-calendario, hai fotografías, 16 de maio (A. Costa,
comunicado por V. X. Cabaleiro Barroso). Rexistro CAA234.
(Iberia mediterránea, estival). A ave de 2004 foi vista por numerosos observadores a curta distancia, reportándose
incluso outros dous individuos (Epifanio & Vidal, 2008); así e todo, o CA/SGO non recibiu aínda información deles.
Garza cangrexeira Ardeola ralloides (5/4, 3/3)
1933. Poio, lugar indeterminado do concello, macho, cazado, conservado no Museo da Universidade de Santiago de
Compostela (colección Aves de Galicia #2995), hai fotografías, 22 de maio (A. Rodríguez Cadarso,
comunicado por C. D. Romay e X. Santiso Carral). Rexistro CAA210.
2013. Valdoviño, lagoa da Frouxeira, un adulto, hai fotografías, 6 a 9 de maio (A. Gutiérrez Pita, J. R. Sánchez
Bugallo e J. Vidal Meilán). Rexistro CAA248.
2014. Vigo, xunqueira do Lagares, un individuo, hai fotografía, 26 de outubro (C. Miñambres e D. Rodríguez
Sobreira). Rexistro CAA251.
2015. Noia, O Obre, un adulto, hai fotografía, 18 de maio e, aparentemente, desde datas anteriores (E. Martínez
Rodríguez). Rexistro CAA259.
2015. As Pontes de García Rodríguez, lago das Pontes, un adulto, hai fotografía, 23 de xuño (C. D. Romay Cousido
e R. Valle). Rexistro CAA258.
(Metade sur ibérica e costa mediterránea). A de 1933 é a primeira cita cronolóxica da especie para Galicia; en Iglesias
(1952) dise textualmente para esta observación: “El contenido gástrico de este ejemplar estaba constituído por un
Gryllotalpa grillotalpa y dos Acheta campestris.”. Como comentario do exemplar de Noia de 2015, o autor escribe:
“lleva varios días alimentándose de ranas en una pequeña charca estacional en el núcleo urbano de O Obre en Noia”.
Peneireiro cincento Elanus caeruleus (10/13, 0/0)
2009. A Estrada, lagoa Sacra de Olives, un individuo, hai fotografía, 6 de setembro (L. Álvarez Viéitez). Rexistro
CAA260.
2012. As Pontes de García Rodríguez, entulleira da antiga mina das Pontes, un adulto, hai fotografías, 10 de
setembro, e aparentemente noutras datas posteriores (J. L. Vizoso Vázquez). Rexistro CAA266.
(Iberia mediterránea; residente pouco común).
Voitre negro Aegypius monachus (8/10, 2/2)
2008. Chandrexa de Queixa, Alto do Seixo (serra da Queixa), un
individuo, hai fotografía, 19 de agosto (R. Pérez Rodríguez). Rexistro
CAA241.
2010. A Lama, serra do Suído, un individuo, hai fotografía, 6 de
abril (Ó. Martínez Roza). Rexistro CAA199.
2012. A Lama, altos da serra do Suído, tres individuos (e quizais
catro), hai fotografía, 23 de xullo (J. R. Gómez González e A. I. Pérez
Comesaña). Rexistro CAA267.
2014. Sandiás, areeiras, un individuo en voo ao sur, hai fotografía,
3 de maio (J. L. Fernández Carnero). Rexistro CAA232.
2014. O Covelo, Godóns, un individuo, hai fotografía, 16 de agosto
(D. Rodríguez Sobreira). Rexistro CAA264.
(Suroeste ibérico, Baleares; residente pouco común). Numerosos
rexistros desta especie no presente informe, todos eles no terzo sur de
Galicia e, en xeral, en zonas con presenza habitual de voitres comúns
(Gyps fulvus), cos que a miúdo se asocia. En 2008 houbo outro
individuo de voitre negro distinto ao aquí reportado, tamén en
Chandrexa de Queixa.
5
Miñato real Milvus milvus (4/4, 0/0)
2010. Ferrol, dunas de Doniños, un individuo, 25 de outubro (F. Girón Veiga). Rexistro CAA242.
(Iberia mediterránea e Baleares; máis extendido fóra da época de cría). Ave coa cola en plena muda, conservando só
unhas poucas rectrices.
Grou común Grus grus (6/5, 1/1)
2009. Begonte, lagoas de Riocaldo e Pedroso, dous individuos, hai fotografía, 17 de outubro (E. Villares Carballeira
e J. Otero Meijón). Rexistro CAA208.
2009. Cospeito, lagoa de Cospeito, un adulto, hai fotografía, 17 de outubro (J. L. Fernández Carnero). Rexistro
CAA205.
2014. Foz, ría de Foz, un individuo, hai fotografía, 1 de novembro (B. López López e F. Fernandez de Soto).
Rexistro CAA263.
(Suroeste e centro ibérico; invernante e migradora común). Probablemente o exemplar de Cospeito é un dos dous
observados en Begonte ese mesmo día, e así figura na contabilidade. Sobre o individuo de Foz, os autores comentan que
tras vinte minutos de observación a ave levanta o voo, colle altura e toma dirección sur.
Píllara rubia Charadrius morinellus (8/9, 0/0)
2009. Sandiás, zona agrícola do concello, un xuvenil, hai fotografía, 17 de setembro (E. Solleiro Pereira). Rexistro
CAA200.
2012. A Lama, altos da serra do Suído, un xuvenil, hai fotografía, 1 de outubro (Ó. Martínez Roza). Rexistro
CAA265.
2012. A Lama, monte do Seixo (serra do Cando), un xuvenil, hai fotografía, 7 de outubro (L. Álvarez Viéitez).
Rexistro CAA275.
(Iberia central e oriental; migradora escasa, reprodutora local). Aínda que se atoparon en localidades e datas moi
próximas, os exemplares de 2012 son diferentes.
Bilurico fino Tringa stagnatilis (3/2, 0/0)
2013. Meaño, esteiro do río da Chanca, un xuvenil, hai fotografías, 16 a 29 de agosto (E. Martínez-Sabarís; G.
Ferreiro, E. González; C. D. Romay, T. Salvadores, J. C. Cabrero, D. Calleja, A. Acuña, M. Platteeuw, O. Puy;
M. Carregal, G. Fernández, A. Monteagudo; A. Fontoira). Rexistro CAA231.
(Litoral mediterráneo; migrante pouco común e invernante moi puntual). Segundo individuo de bilurico fino
homologado para Galicia, e primeiro referido a unha ave xuvenil.
Grou común Grus grus. Lagoa de Cospeito (Cospeito), 17 de outubro de 2009 (J. L. Fernández Carneiro).
6
Bilurico fino Tringa stagnatilis. Esteiro do río da Chanca (Meaño), 19 de agosto de 2013 (A. Fontoira García). Na fotografía da
esquerda aparece acompañado dun xuvenil de bilurico común Tringa totanus.
Carrán de bico curto Gelochelidon nilotica (2/2, 0/0)
2009. O Grove, marisma do Vao, un adulto nupcial, hai fotografía, 14 de xullo (S. Paz Parracho). Rexistro CAA233.
(Humidais de grandes chairas e litoral mediterráneo ibérico; estival común). O observador di “no Vao pousado a 20
metros da carretera, despois estivo durante un tempo percorrendo dun lado a outro toda a marxe da marisma”.
Carrán do Caspio Hydroprogne caspia (3/3, 0/0)
2011. Sandiás, areeiras de Sandiás, un individuo, hai fotografía, 22 de setembro (E. Solleiro Pereira). Rexistro
CAA247.
2013. Valdoviño, lagoa da Frouxeira, un individuo, hai fotografías, 30 de agosto (X. Prieto Espiñeira; A. Martínez
Pernas; R. Hevia Barcón). Rexistro CAA220.
(Golfo de Cádiz e litoral mediterráneo; invernante e migrante escaso). A cita de Sandiás aparece recollida tanto no
Noticiario Ornitoxeográfico da SGO como no libro Aves na Limia (Solleiro, 2016).
Gaivina de cara branca Chlidonias hybrida (3/7, 0/0)
2010. Begonte, lagoas de Riocaldo e Pedroso, cinco individuos, hai fotografía, 9 de abril (E. Villares Carballeira e J.
Otero Meijón). Rexistro CAA201.
2010. Valdoviño, encoro das Forcadas, un individuo en plumaxe nupcial, hai fotografía, 12 de abril (R. Hevia
Barcón). Rexistro CAA272.
(Iberia central, oriental e meridional; estival e migrante común). Destacar o número de individuos involucrado na cita
de Begonte.
Gaivina de á branca Chlidonias leucopterus (1/1, 1/1)
2014. Abegondo, encoro de Abegondo-Cecebre, un adulto en muda, hai fotografías, 26 e 27 de xullo (J. D. Presa; S.
París, P. Lado, J. R. Sánchez, F. Pereiras, B. Lorenzo e C. D. Romay). Rexistro CAA229.
(Iberia oriental e meridional; migrante escaso). Segunda cita homologada polo CA/SGO. A ave referida foi vista o 26 a
última hora do día; o observador inicial puido obter unhas fotografías malas, que serían suficientes para que Ricardo
Hevia suxerira a identificación como C. leucopterus a través do grupo de whatsapp Birders Galicia.
Rolieiro europeo Coracias garrulus (2/2, 1/1)
2009. Mañón, Vila de Bares, un individuo, hai fotografía, 20 de xullo (D. Martínez, A. Torres, A. Sandoval e R.
Hevia). Rexistro CAA192.
2015. Lugo, Labio, un individuo, hai fotografía, 18 de xuño (L. Gude). Rexistro CAA206.
(Iberia mediterránea; estival pouco común). Segunda e terceira cita aceptada dunha especie da que, así e todo, existen
multitude de rexistros aínda pendentes de envío ao CA/SGO.
Picapau pequeno Dryobates minor (4/5, 0/0)
2013. Verín, ribeira do río Támega, dous individuos (macho e femia), hai fotografía, 4 de maio (J. C. Epifanio
Lemos e J. González Loroño). Rexistro CAA237.
(Iberia mediterránea; residente pouco común). Os autores da cita comentan: “atopados varios niños da especie nas
ribeiras do río Támega, un deles ocupado por unha parella reprodutora”. A esta parella corresponde, precisamente, a
cita aquí aceptada.
7
Carrán de bico curto Gelochelidon nilotica. Marisma do Vao
(O Grove), 14 de xullo de 2009 (S. Paz Parracho).
Carrán do Caspio Hydroprogne caspia. Areeiras de Sandiás
(Sandiás), 22 de setembro de 2011 (E. Solleiro Pereira).
Falcón vespertino Falco vespertinus. Entre Pereira e San Bartomeu
(Forcarei), 16 de maio de 2015 (V. X. Cabaleiro Barroso).
Lagarteiro das torres Falco naumanni (2/27, 2/17)
2008. Cospeito/Castro de Rei, entre O Arneiro e A Veiga de Pumar, vinte e cinco individuos, hai fotografía, 24 de
agosto (J. Otero Meijón and Ó. Rivas López). Rexistro CAA228.
2010. Avión, serra do Suído (leste), dúas femias ou xuvenís, hai fotografía, 1 de setembro (Ó. Martínez Roza).
Rexistro CAA219.
2014. Paradela, Os Lusoiros, doce aves, hai fotografía, 14 de agosto (F. Fernandez de Soto). Rexistro CAA280.
2015. Toques, Brañas (serra do Corno de Boi), cinco individuos (tres machos, unha femia e unha femia/xuvenil), hai
fotografías, 30 de agosto (V. X. Cabaleiro Barroso). Rexistro CAA268.
(Estival en zonas chairas da Iberia mediterránea). Primeiras citas homologadas da especie para Galicia; así e todo,
quizais sexa regular fóra da época de cría na Terra Chá e zonas próximas (cf. Noticiario Ornitoxeográfico Galego).
Falcón vespertino Falco vespertinus (3/2, 2/2)
2011. As Pontes de García Rodríguez, lagoa de Sáa de Arriba (entulleira exterior da mina das Pontes), unha femia
de segundo ano-calendario, hai fotografías, 21 e 22 de maio (J. L. Vizoso Vázquez). Rexistro CAA222.
2015. Forcarei, entre Pereira e San Bartomeu, un
macho adulto, hai fotografía, 16 de maio e
aparentemente ao día seguinte (V. X.
Cabaleiro Barroso). Rexistro CAA202.
2015. Ribadeo, Vilaframil, un macho adulto, hai
fotografía, 23 de maio (C. Sanjurjo Lastra).
Rexistro CAA203.
(Iberia oriental, onde é regular en pasaxe prenupcial).
Primeiras citas homologadas deste raro falcónido en
territorio galego; dous dos rexistros coinciden cun
influxo sen precedentes no oeste ibérico, que
produciu varias decenas de observacións en case toda
Galicia (Gutiérrez & Gutiérrez, 2018).
Falcón peregrino Falco peregrinus (1/1, 0/0)
Aves con caracteres das subespecies norteñas F. p.
calidus/tundrius:
2009. Cabana de Bergantiños, marisma da
Outrabanda, un ave de 2º ano-calendario,
hai fotografías, 7 de febreiro (C. D. Romay
Cousido). Rexistro CAA209.
8
Paxaro-moscón europeo Remiz pendulinus. Crendes
(Abegondo), 4 de xaneiro de 2015 (G. Barreau). Bigotudo europeo Panurus biarmicus. Lagoa da Frouxeira (Valdoviño),
8 de novembro de 2008 (P. Gutiérrez Varga).
(Rexións árticas; algunhas destas aves son citadas case anualmente no sur de Europa). Primeira cita homologada dun
falcón peregrino “norteño”, se ben non se pode precisar a subespecie. O CA/SGO quere agradecer a axuda de Àlex Ollé
Torner e Ricard Gutiérrez, que aportaron interesantes comentarios sobre a identificación das distintas subespecies de F.
peregrinus en xeral e sobre esta ave en particular.
Paxaro-moscón europeo Remiz pendulinus (0/0, 1/2)
2015. Abegondo, Crendes (encoro de Abegondo-Cecebre), dous, hai fotografías, 4 de xaneiro e, tamén, en datas
posteriores (G. Barreau). Rexistro CAA271.
(Ríos e masas de auga arboradas e con vexetación palustre da zona mediterránea da Península Ibérica; máis estendido
en inverno). Primeira cita homologada para Galicia deste passeriforme. Os dous individuos (un deles cunha anela
metálica con remite sueco) foron vistos na pequena masa de espadainas (Typha sp.) fronte ao observatorio ornitolóxico
de Crendes. Rexistros subseguintes desas mesmas aves, incluíndo a súa captura para anelamento, non foron (aínda)
sometidos ao CA/SGO.
Bigotudo europeo Panurus biarmicus (1/1, 0/0)
2008. Valdoviño, lagoa da Frouxeira, ao menos unha femia, hai fotografías, 8 e 9 de novembro (P. Gutiérrez; M.
Otero, X. Prieto e C. Varela). Rexistro CAA236.
(Humidais da Iberia mediterránea; localmente común). Primeiro rexistro homologado en Galicia desta ave típica de
zonas de canaveiras. Pablo Gutiérrez comenta que a ave foi vista: “(…) en el carrizal de las dunas” e que é “(…) una
hembra anillada que se dejó fotografiar sin muchos problemas (…) Al final de la mañana mis compañeros habituales
de Valdoviño, Marcos, Xabi y Catuxa observaron otro bigotudo desde la pista del lago. No podemos confirmar que sea
el mismo ejemplar, pero me parece que es dificil que lo sea ya que los puntos de observación están bastante separados.
Me inclino a pensar que hay más de un ejemplar. (…) Se trata de la segunda observación de la especie en Galicia, es
una auténtica rareza por aquí. La observación previa es de Jose Luis Rabuñal y fue realizada en la laguna de Traba
hace ya 23 años un 27 de Octubre” (Gutiérrez, 2008).
Calandriña común Calandrella brachydactyla (6/6, 0/0)
2010. Bueu, cabo Udra, un individuo, hai fotografía, 16 e 17 de abril (A. Lomeña Rodríguez; J. R. Gómez
González). Rexistro CAA194.
2013. Bueu, cabo Udra, un individuo, hai fotografía, 2 de maio (J. R. Gómez González). Rexistro CAA193.
(Iberia mediterránea; estival común). Un ano máis, o CA/SGO segue sen recibir citas da zona de reprodución da especie
na comarca da Limia (cf. González et al., 2017).
9
Merlo de papo branco Turdus torquatus. Coto de Home
(Moaña), 31 de marzo (J. R. Gómez González).
Folosa acuática Acrocephalus paludicola. Lagoa de Traba
(Laxe), 30 de agosto de 2007 (C. D. Romay).
Folosa acuática Acrocephalus paludicola (7/7, 1/1)
2007. Cabana de Bergantiños, canaval de Ponteceso, un individuo capturado para anelamento (código EURING 3,
anela ICONA Madrid N414945), hai fotografías, 24 de agosto (F. Rosende Maneiro e M. Maestro Saavedra/G.
A. Hércules). Rexistro CAA277.
2007. Laxe, lagoa de Traba, un individuo, hai fotografía, 30 de agosto (D. López-Velasco, G. Rodríguez e C. D.
Romay). Rexistro CAA230.
2015. A Guarda, esteiro do Miño, un individuo capturado para anelamento (código EURING 2, anela ICONA
Madrid P155701), hai fotografía, 24 de agosto (P. A. Sanmartín/G. A. Anduriña e D. Rodríguez Vieites).
Rexistro CAA215.
(Humidais ibéricos; migrador escaso).
Folosa unicolor Locustella luscinioides (3/3, 1/1)
2003. A Guarda, esteiro do Miño, xuvenil, hai fotografía, 9 de agosto (L. E. Senra Valverde). Rexistro CAA253.
2015. A Guarda, esteiro do Miño, un individuo capturado para anelamento (código EURING 4, anela ICONA
Madrid 2N29641), hai fotografía, 24 de agosto (P. A. Sanmartín/G. A. Anduriña e D. Rodríguez Vieites).
Rexistro CAA238.
(Iberia mediterránea; estival localmente común). A cita de 2003 suxeriría unha probable cría da especie no esteiro do
Miño.
Merlo de papo branco Turdus torquatus
Aves con caracteres da subespecie T. t. torquatus (6/16, 1/1):
2007. Cariño, Vixía Herbeira, tres individuos (un deles macho), hai fotografía, 2 de abril (R. Hevia Barcón).
Rexistro CAA250.
2011. Moaña, Coto de Home, tres individuos (dous deles machos), hai fotografía, 31 de marzo e aparentemente ata o
2 de abril (J. R. Gómez González). Rexistro CAA195.
2012. Mañón, Garita de Bares, dous individuos (un deles macho), hai fotografía, 8 de abril (A. Martínez Pernas).
Rexistro CAA256.
2014. Manzaneda, alto de Manzaneda, macho de segundo ano-calendario, hai fotografía, 15 de abril (R. Pérez
Rodríguez). Rexistro CAA225.
(Reprodutor localizado nas montañas ibéricas; invernante pouco común no leste). Homológase o primeiro rexistro para
as montañas orientais galegas. Como xa se puxo de manifesto no anterior informe, o CA/SGO non recibiu aínda
ningunha cita asignable á subespecie T. t. alpestris.
10
Rousinol papoazul Luscinia svecica da subespecie namnetum. Xunqueira de Alba (Pontevedra), 5 de setembro de 2012 (V. X.
Cabaleiro Barroso/G. A. Anduriña).
Rousinol papoazul Luscinia svecica
Aves con caracteres da subespecie L. s. azuricollis (1/1, 0/0):
2004. A Mezquita, Cádavos, un macho capturado para anelamento (código EURING 4, anela ICONA Madrid
L942472), hai fotografía, 22 de maio (F. Docampo Barrueco, P. Fernández e Á. Rodríguez Pomares/G. A.
Gaivotón-SGHN). Rexistro CAA198.
Aves con caracteres da subespecie L. s. namnetum (3/3, 0/0):
2004. A Guarda, xunqueira de Salcidos (esteiro do Miño), femia capturada para anelamento (código EURING 3,
anela ICONA Madrid L990069), hai fotografías, 9 de setembro (V. X. Cabaleiro Barroso/G. A. Anduriña).
Rexistro CAA212.
2004. A Guarda, xunqueira de Salcidos (esteiro do Miño), un macho capturado para anelamento (código EURING
4, anela ICONA Madrid L990070), hai fotografías, 9 de setembro (V. X. Cabaleiro Barroso/G. A. Anduriña).
Rexistro CAA213.
2012. Pontevedra, Xunqueira de Alba, un macho capturado para anelamento (código EURING 3, anela ICONA
Madrid 2L25424), hai fotografías, 5 de setembro (V. X. Cabaleiro Barroso/G. A. Anduriña). Rexistro
CAA274.
(L. s. azuricollis: reprodutora nos cordais montañosos da Iberia central; L. s. namnetum: reprodutora na Bretaña e litoral
oeste de Francia). Primeiras citas homologadas para ambos os dous taxóns. Orixinalmente, na cita da Mezquita de L. s.
azuricollis había referenciada tamén unha femia, pero non se recibiu información deste individuo. Sobre os rexistros de
L. s. namnetum, comentar que todas as aves atinxían lonxitudes alares dentro do rango descrito para este taxón por
Demongin (2016) e Shirihai & Svensson (2018).
Pardal mouro Passer hispaniolensis (1/2, 0/0)
2012. Verín, localidade confidencial, macho e femia adultos, hai fotografías, 28 de xuño e 8 de xullo (J. C. Epifanio
Lemos, J. González Loroño e A. Novegil Rodríguez). Rexistro CAA207.
(Iberia mediterránea; residente localmente común). Primeiro rexistro homologado da especie en territorio galego.
Referiríase a unha parella comezando a construír o niño (día 28 de xuño), que remataron o 8 de xullo, situado na parte
inferior dun niño de peneireiro cincento (Elanus caeruleus). Se ben non se puido comprobar o contido do niño dos P.
hispaniolensis, inferiuse que se efectuou a posta. Este rexistro de cría tamén se recolle en Epifanio et al. (2014).
11
Azulenta alpina Prunella collaris. Cabo Ortegal
(Cariño), 26 de febreiro de 2012 (C. D. Romay).
Pardal mouro Passer hispaniolensis (parella criando). Verín, 28 de xuño de 2012
(J. C. Epifanio Lemos, J. González Loroño e A. Novegil Rodríguez).
Azulenta alpina Prunella collaris (1/3, 0/0)
2012. Cariño, faro de cabo Ortegal, tres individuos (e quizais catro), hai fotografías, 26 de febreiro e tamén en datas
anteriores e posteriores (J. R. Gómez, A. I. Pérez, A. del Río, A. Ramos e C. D. Romay). Rexistro CAA244.
(Montañas da metade norte ibérica; algo máis estendido en inverno). Primeira cita homologada para Galicia, dunhas
aves localizadas previamente por Ricardo Hevia. Así e todo, para esta ave existen algunhas mencións –incluso de cría–
en varios puntos montañosos do territorio, xa desde o ano 1981 (cf. Gil & Mouriño, 1999).
Lavandeira amarela Motacilla flava
Ave con caracteres da subespecie M. f. thunbergi (2/2, 0/0):
2007. Porto do Son, A Sarrosa, un macho adulto, hai fotografías, 11 de setembro (J. Cabeza Quiles). Rexistro
CAA255.
(Metade oriental ibérica; migrador escaso). Como no rexistro anterior (Álvarez, 2012), as imaxes aportadas son
suficientes para descartar M. f. cinereocapilla ou unha variación de M. f. flava.
Verderolo montés Carduelis citrinella (2/6, 0/0)
2010. Vilalba, montañas do concello, catro individuos, hai fotografías, 13 de xullo (J. M. Alonso Pumar). Rexistro
CAA245.
(Montañas ibéricas; localmente común). A cita refírese a dúas parellas (unha delas aparentemente ocupando niño) nun
piñeiral de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) a 885 msnm.
Lista de rexistros non homologados Catro rexistros foron rexeitados neste informe:
Gabita común Haematopus ostralegus longipes
2001. O Grove, Rons, inmaturo, posiblemente de segundo ano-calendario, 27 de outubro e 25 de novembro. Rexistro
CAA246. As fotografías e descrición aportadas non permiten descartar unha plumaxe inusual de H. o.
ostralegus.
Gaivota arxéntea Larus argentatus argentatus
2009. Valdoviño, praia de Pantín, ave de cuarto inverno, hai fotografías, 3 de decembro. Rexistro CAA262. As
fotografías aportadas non descartan L. a. argenteus.
2011. Ares, praia de Ares, ave adulta, hai fotografías, 29 de xaneiro. Rexistro CAA226. As fotografías aportadas non
descartan L. a. argenteus.
12
Falcón de Eleonora Falco eleonorae
2010. Pontevedra, cidade de Pontevedra, un individuo de morfo escuro, 19 de setembro. Rexistro CAA216. Sen
fotografías, e a descrición aportada non permite descartar a posibilidade dun Falco subbuteo escuro (cf.
Zuberogoitia et al., 2008).
Dous rexistros, considerados “pendentes” en informes anteriores, foron rexeitados definitivamente neste informe:
Mourelo fusco Melanitta fusca
2007. Malpica de Bergantiños, praia de Seiruga, tres, hai fotografías, 13 e 15 de xaneiro (tres aves) e 2 e 4 de
febrero (unha ave) e 17 de marzo de 2007 (unha ave). Rexistro CAA098. Non se pode descartar Melanitta
deglandi.
Pega azul Cyanopica cooki
2009. Vilar de Santos, Casas da Veiga, un individuo, hai fotografía, 5 de setembro. Rexistro CAA117. A fotografía
aportada apunta a Lanius meridionalis.
Rexistros pendentes Está aínda pendente a decisión sobre seis rexistros; ver tamén este apartado en informes anteriores (Romay et al.,
2018a,b; 2019a):
Cortizol ibérico Pterocles alchata
1987. Laxe, dunas da praia de Traba, un individuo, 30 de agosto. Rexistro CAA182.
1988. Ponteceso, dunas da praia de Barra, un individuo, 9 de setembro. Rexistro CAA183.
Pilro común Calidris alpina arctica
1984. Carballo, zona húmida de Baldaio, un adulto estival, 10 de maio. Rexistro CAA197.
1984. Carballo, zona húmida de Baldaio, catro adultos estivais, 23 de maio. Rexistro CAA196.
Folosa acuática Acrocephalus paludicola
2003. A Guarda, esteiro do Miño, un individuo, hai fotografías, mes de setembro. Rexistro CAA063.
Folosa icterina Hippolais icterina
1997. Pontevedra, Mourente, xuvenil (EURING 3) capturado para anelamento, 9 de setembro. Rexistro CAA218.
Cambios na lista de taxóns homologables Hai un pequeno cambio nun taxón da lista:
FALCONIDAE
Falcón peregrino (Falco peregrinus), só subsp. F. p. calidus/tundrius (1/1); engádese a opción de F. p. tundrius
para este taxón.
Nova lista de taxóns homologables O CA/SGO solicita a todos os observadores e observadoras de aves o envío de rexistros de aves raras en Galicia,
debidamente documentados (con descrición, fotos, debuxos e/ou gravacións; seguir o modelo que figura na web
http://sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/118-comite-avifaunistico) ou ben ao enderezo postal:
Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía
Apartado de correos 581
15700 Santiago de Compostela (Galicia)
Considéranse todos os rexistros obtidos en Galicia dos seguintes taxóns homologables polo CA/SGO, actualizados a 30
de xuño de 2019. Todas elas son especies ou subespecies que non están sometidas a homologación polo CR/SEO (Dies
et al., 2008; Rouco et al., 2019). Aparecen en negriña os taxóns con rexistros xa homologados polo CA/SGO –ver
presente informe e Romay et al. (2011, 2012, 2017, 2018a,b)–. Co epígrafe (0/0) inclúense aquelas especies das cales se
recibiron observacións para o CA/SGO pero que foron rexeitadas ou están pendentes de decisión; estas citas figuran sen
negriña.
A seguinte relación segue a orde taxonómica adoptada na nova lista das aves de España (Rouco et al., 2019):
ANATIDAE
Ganso de testa branca (Anser albifrons) (1/7), só subsp. A. a. albifrons e unicamente citas a partir de 1994
inclusive
Ganso común (Anser anser), só subsp. A. a. rubrirostris
Pato castaño (Aythya nyroca) (5/4)
Éider común (Somateria mollissima) (9/20)
Mourelo fusco (Melanitta fusca) (3/6)
Pato havelda (Clangula hyemalis) (4/6), só citas entre 1994 e 2007, inclusive
13
PHASIANIDAE
Pita do monte (Tetrao urogallus) (2/2)
PROCELLARIIDAE
Pardela cincenta mediterránea (Calonectris diomedea)
Furabuchos mediterráneo (Puffinus yelkouan)
PODICIPEDIDAE
Mergullón real (Podiceps auritus) (2/2), só citas entre 2004 e 2007, inclusive
PHOENICOPTERIDAE
Flamengo rosa (Phoenicopterus roseus) (1/1)
CICONIIDAE
Cegoña negra (Ciconia nigra) (9/23)
ARDEIDAE
Abetouro bruión (Botaurus stellaris) (13/12)
Garza noiteira común (Nycticorax nycticorax) (8/9)
Garza cangrexeira (Ardeola ralloides) (8/7)
ACCIPITRIDAE
Peneireiro cincento (Elanus caeruleus) (10/13)
Quebraósos (Gypaetus barbatus) (1/1)
Voitre de Rüppell (Gyps rueppellii), só citas a partires do 1 de xaneiro de 2016
Voitre negro (Aegypius monachus) (10/12)
Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti) (1/1)
Aguia perdigueira (Aquila fasciata) (6/6)
Tartaraña de papo branco (Circus macrourus), só citas a partires do 1 de xaneiro de 2016
Miñato real (Milvus milvus) (4/4)
OTIDIDAE
Avetarda grande (Otis tarda) (2/2)
RALLIDAE
Poliña bastarda (Porzana parva)
Poliña anana (Porzana pusilla)
Camón común (Porphyrio porphyrio)
Galo de auga cristado (Fulica cristata) (4/2)
GRUIDAE
Grou común (Grus grus) (7/6)
HAEMATOPODIDAE
Gabita común (Haematopus ostralegus), só subsp. H. o. longipes (0/0)
CHARADRIIDAE
Píllara real (Charadrius hiaticula), só subsp. C. h. tundrae
Píllara rubia (Charadrius morinellus) (8/9)
SCOLOPACIDAE
Mazarico real (Numenius arquata), só subsp. N. a. orientalis
Fuselo de rabo negro (Limosa limosa), só subsp. L. l. islandica
Pilro de Temminck (Calidris temminckii) (3/3)
Pilro común (Calidris alpina), só subsp. C. a. arctica (0/0)
Falaropo bicofino (Phalaropus lobatus), só citas a partires do 1 de xaneiro de 2016
Bilurico fino (Tringa stagnatilis) (3/2)
GLAREOLIDAE
Perdiz do mar común (Glareola pratincola) (0/0)
LARIDAE
Gaivota de bico fino (Chroicocephalus genei)
Gaivota de Audouin (Larus audouinii) (3/3)
14
Gaivota arxéntea europea (Larus argentatus), só subsp. L. a. argentatus (0/0)
Carrán de bico curto (Gelochelidon nilotica) (2/2)
Carrán do Caspio (Hydroprogne caspia) (3/3)
Carrán bengalí (Thalasseus bengalensis), só citas a partires do 1 de xaneiro de 2016
Gaivina de cara branca (Chlidonias hybrida) (3/7)
Gaivina de ala branca (Chlidonias leucopterus) (2/2)
ALCIDAE
Arao dos cons (Uria aalge), só subsp. U. a. aalge
PTEROCLIDAE
Cortizol ibérico (Pterocles alchata) (0/0)
CAPRIMULGIDAE
Avenoiteira de caluga vermella (Caprimulgus ruficollis)
APODIDAE
Cirrio pequeno (Apus affinis)
CORACIIDAE
Rolieiro europeo (Coracias garrulus) (3/3)
PICIDAE
Picapau pequeno (Dryobates minor) (4/5)
Picapau mediano (Dendrocopos medius)
Peto negro (Dryocopus martius)
FALCONIDAE
Lagarteiro das torres (Falco naumanni) (4/44)
Falcón vespertino (Falco vespertinus) (5/4)
Falcón de Eleonora (Falco eleonorae) (0/0)
Falcón peregrino (Falco peregrinus), só subsp. F. p. calidus/tundrius (1/1)
LANIIDAE
Picanzo pequeno (Lanius minor)
CORVIDAE
Pega azul (Cyanopica cooki) (0/0)
PARIDAE
Ferreiriño palustre (Poecile palustris)
REMIZIDAE
Paxaro-moscón europeo (Remiz pendulinus) (1/2)
PANURIDAE
Bigotudo europeo (Panurus biarmicus) (1/1)
ALAUDIDAE
Calandriña común (Calandrella brachydactyla) (6/6)
Calandra real (Melanocorypha calandra)
Calandriña das marismas (Alaudala rufescens) (0/0)
PHYLLOSCOPIDAE
Picafollas asubiador (Phylloscopus sibilatrix)
ACROCEPHALIDAE
Folosa real (Acrocephalus melanopogon)
Folosa acuática (Acrocephalus paludicola) (8/8)
Folosa icterina (Hippolais icterina) (0/0)
LOCUSTELLIDAE
Folosa rubia (Locustella luscinioides) (4/4)
15
SYLVIIDAE
Papuxa real occidental (Sylvia hortensis) (1/1)
Papuxa tomiñeira (Sylvia conspicillata) (1/4)
TICHODROMADIDAE
Gabeador vermello (Tichodroma muraria)
CERTHIIDAE
Subidor norteño (Certhia familiaris) (0/0)
TURDIDAE
Merlo de papo branco (Turdus torquatus) (7/17)
Tordo rubio (Turdus iliacus), só subsp. T. i. coburni
MUSCICAPIDAE
Rousinol papoazul (Luscinia svecica), subsp. L. s. namnetum (1/1)
Rousinol papoazul (Luscinia svecica), subsp. L. s. azuricollis (3/3)
Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), só subsp. F. h. iberiae (0/0)
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), só subsp. O. o. leucorhoa
Pedreiro amarelo (Oenanthe hispanica)
PASSERIDAE
Pardal mouro (Passer hispaniolensis) (1/2)
Pardal alpino (Montifringilla nivalis)
PRUNELLIDAE
Azulenta alpina (Prunella collaris) (1/3)
MOTACILLIDAE
Lavandeira amarela (Motacilla flava), só subsp. M. f. thunbergi (2/2)
Lavandeira citrina (Motacilla citreola), só citas a partires do 1 de xaneiro de 2016
Pica de gorxa rubia (Anthus cervinus)
FRINGILLIDAE
Bicogroso europeo (Coccothraustes coccothraustes) (3/4)
Pimpín trompeteiro (Bucanetes githagineus) (1/1)
Verderolo montés (Carduelis citrinella) (2/6)
CALCARIIDAE
Escribidor nival (Plectrophenax nivalis), só subsp. P. n. insulae
EMBERIZIDAE
Escribidor amarelo (Emberiza citrinella), só subsp. E. c. caliginosa
Bibliografía
Álvarez, L. (2012). Lavandeira amarela Motacilla flava thunbergi. En: Romay, C. D.; Varela, X.; Salazar, J. A. &
Pombo, A. A. XIV Anuario das aves de Galicia 2006. Pp. 223-232. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago
de Compostela.
Calleja, D.; Rodríguez Vieites, D. e Romay, C. D. (coord.) (2017). XV Anuario das Aves de Galicia 2007. Sociedade
Galega de Ornitoloxía.
Castroviejo, J.; Delibes, M.; García-Dory, M. A.; Garzón, J. & Junco, E. (1974). Censo de urogallos cantábricos (Tetrao
urogallus cantabricus). Asturnatura, 2: 53-74.
De Juana, E. & Comité de Rarezas de la Sociedad Española de Ornitología (1997). Observaciones de aves raras en
España, año 1995. Ardeola, 44: 119-141.
De Juana, E. & Comité de Rarezas de la Sociedad Española de Ornitología (2006). Observaciones de aves raras en
España, año 2004. Ardeola, 53: 163-190.
Demongin, L. (2016). Identification Guide to Birds in the Hand. Ed. Laurent Demongin. 392 pp.
Epifanio, J. C. & Vidal, C. (coord.) (2008). XII Anuario das Aves de Galicia 2004. Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Santiago de Compostela.
Epifanio, J. C.; González, J. & Novegil, A. (2014). Primer intento de nidificación del gorrión moruno en Galicia en: El
Observatorio de Quercus: la naturaleza en Noviembre. Quercus, 345: 53-55.
16
González, S.; Villarino, A. & Bárcena, F. (2017). Aves da Limia II, dende a lagoa de Antela aos nosos días.
Paseriformes. Limaia, Ourense. 288 pp.
Gil, A. & Mouriño, J. (1999). Primeiros datos sobre a situación da Azulenta Alpina (Prunella collaris) na Galiza.
Chioglossa, 1: 61-65.
Gutiérrez, A. (2013a). Gaviotas y anillas: Sigue la Cigüeña Negra BLANCO 1M86. URL:
http://gaviotasyanillas.blogspot.com/2013/06/sigue-la-ciguena-negra-blanco-1m86.html (con acceso:
22.12.2019).
Gutiérrez, A. (2013b). Gaviotas y anillas: BLANCO 1M86 (Historial). URL:
http://gaviotasyanillas.blogspot.com/2013/06/blanco-1m86-historial.html (con acceso: 22.12.2019).
Gutiérrez, P. & Gutiérrez, A. (2018). El cernícalo patirrojo en Galicia: compilación de citas. BirdersCove. URL:
https://www.birderscove.com/falco-verpertinus.html (con acceso: 22.12.2019).
Gutiérrez, P. (2008). Bigotudo. Travelling Birds. URL: https://travellingbirds.blogspot.com/2008/11/bigotudo.html (con
acceso: 30.12.2019).
Iglesias, L. 1952. Fauna de Galicia. III. Aves de Galicia. Santiago, 68 pp.
López-Rodríguez, M. C.; Leira, M.; Valle, R. & Moyá-Niell, G. (2016). El fitoplancton como indicador de calidad de
masas de agua muy modificadas en la DMA. El lago artificial de As Pontes (A Coruña. España). Nova Acta
Científica Compostelana (Bioloxía), 23: 85-97.
Madroño, A.; González, A. & Atienza, J.C. (eds.) (2004). Libro rojo de las aves de España. Dirección General para la
Biodiversidad-SEO/BirdLife, Madrid.
Romay, C. D.; Gómez, J. R.; González, S.; Gutiérrez, P.; Pita, P.; Salvadores, R. & Vidal, C. (2011). Observacións de
aves raras en Galicia: ano 2005. En: Aleu, E.; Justo, A. & Polo, M. XIII Anuario das Aves de Galicia 2005.
Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela.
Romay, C. D.; Gómez, J. R.; González, S.; Gutiérrez, P.; Pita, P.; Salvadores, R. & Vidal, C. (2012). Observacións de
aves raras en Galicia: ano 2006. En: Romay, C. D.; Varela, X.; Salazar, J. A. & Pombo, A. A. (coord.). XIV
Anuario das Aves de Galicia 2006. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela.
Romay, C. D.; Gómez, J. R.; González, S.; Gutiérrez, P.; Pita, P.; Salvadores, R. & Vidal, C. (2017). Observacións de
aves raras en Galicia: ano 2007. En: Calleja, D.; Rodríguez, D. & Romay, C. D. XV Anuario das Aves de
Galicia 2007. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela.
Romay, C. D.; Pérez, R.; Cabaleiro, V. X.; Calleja, D.; Gómez, J. R.; Varela, X. & Vidal, C. (2018a). Observacións de
aves raras en Galicia: anos 2008 e 2009. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela. URL:
http://sgosgo.org/images/files/Romay_etal_2018a_Informe2008-2009_CASGO_final.pdf (con acceso:
22.12.2019).
Romay, C. D.; Pérez, R.; Cabaleiro, V. X.; Calleja, D.; Gómez, J. R.; Varela, X. & Vidal, C. (2018b). Observacións de
aves raras en Galicia: anos 2010 e 2011. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela. URL:
http://sgosgo.org/images/files/Romay_etal_2018b_Informe2010-2011_CASGO_final.pdf (con acceso:
22.12.2019).
Romay, C. D.; Pérez, R.; Cabaleiro, V. X.; Calleja, D.; Gómez, J. R.; Varela, X. & Vidal, C. (2019a). Observacións de
aves raras en Galicia: anos 2012 e 2013. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Santiago de Compostela. URL:
http://sgosgo.org/images/files/Romay_etal_2019a_Informe2012-2013_CASGO_web.pdf (con acceso:
22.12.2019).
Romay Cousido, C. D., Taboada Martínez, J., Conde Teira, M., González Prieto, S. & Penas Patiño, X. M. (en prensa).
Proposta de lista unificada de nomes galegos das aves do Paleártico Occidental. Chioglossa, 5: XXX-XXX.
Rouco, M.; Copete, J. L.; De Juana, E.; Gil-Velasco, M.; Lorenzo, J. A.; Martín, M.; Milá, B.; Molina, B. & Santos, D.
M. (2019). Lista de las aves de España. Edición de 2019 [nombres en gallego]. SEO/BirdLife. Madrid. URL:
https://www.seo.org/wp-content/uploads/2019/06/ListaAvesdeEspa%C3%B1a2019_GAL.pdf (con acceso:
22.12.2019).
Shirihai, H. & Svensson, L. (2018). Handbook of Western Palearctic Birds. Volume I (Passerines: Larks to Warblers).
Helm, Londres. 656 pp.
Solleiro, E. (2016). Aves na Limia. Ed. Bilurico, Ourense.
Zuberogoitia, Í.; Castillo, I.; Azkona, A.; Iraeta, A.; Astorkia, L.; Elorriaga, J. & Martínez, J. A. (ed.) (2008). New
evidence of dark Hobbies. British Birds, 101: 207-208.