Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014)

  • Upload
    cendl

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    1/8

    deaula

    OllOsANO III - N 16- Outubro 2014

    Revista para as familias do alumnado

    Novo curso,

    nova lei deeducacin

    Que aaprendizaxe porproxectos?

    Un men paraa lingua

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    2/8

    2

    Revista editada pola CGENDL

    [email protected]:tallerDD.com

    Se andas buscandopola rede dicionarios,

    correctores, aplicacins

    para o mbil oucalquera outra

    ferramenta lingsticarelacionada co galego,

    non tolees, telos todos

    xuntos en

    http://ir.gl/8f0894

    O curso 2014-2015 comeza connovos recortes

    de profesorado.Mal asuntocando falamos daeducacin dosnosos fillos/as.

    Andas polaCorua e

    necesitas

    mellorar oteu nivel

    de galego?Pois

    entn pode interesarche

    participar nos grupos deconversa Xuntoiros.

    Tes toda a informacin

    enhttp://ir.gl/5f6229

    A CGENDL

    pide a dimisin

    do SecretarioXeral de Poltica

    Lingstica pola saincompetencia

    hora de desenvolvera tarefa para a quefoi nomeado. Podes

    ler a peticin en

    http://ir.gl/ccc8fe

    Xunta, libraras e

    editores poen

    en marcha oprograma Venres

    nas libraras, quebusca promover o

    encontro entre

    lectores/as e autores/as. Infrmatedos autores/as e das libraras que

    participan en http://ir.gl/a9480d

    Este mes,

    grandes e

    pequenosda casa,

    tedes unha

    cita enCarballo

    co FestivalInternacional Outono de

    Teatro, que se vai celebrar

    entre o 3 de outubro e o 2

    de novembro. Consulta aprogramacin en

    http://www.fiot.org

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    3/8

    Como adoita pasar sempre que falamos de nenos/as, non existe

    unha receita ou unha frmula mxica para conseguir este tipo de

    cousas. Anda as, hai unha etapa na vida escolar que se presta es-

    pecialmente para crear nos nenos/as hbitos de traballo, e entre

    os 6 e os 8 anos, cando inician a Educacin Primaria e empezan

    a traer deberes da escola e a ter que aprender algns contidos dememoria. Pdese, e dbese, aproveitar ese momento para ir crean-

    do rutinas que lles sern tiles no futuro, cando a dificultade e a

    cantidade das tarefas se incrementen. E neste terreo os consellos

    son os de sempre: que, cando menos entre semana, lles dediquen

    todos os das un tempo s tarefas do colexio; que ese tempo sexa

    sempre no mesmo momento do da para ir adquirindo costume;

    que na casa haxa rutinas e orde para que lles sirva de exemplo; que

    tean un espazo adecuado para o traballo; que, como pais e nais,lles valoremos o seu esforzo e saiban que estamos pendentes deles/

    as, sen que iso signifique que lles facemos as tarefas

    De todos os xeitos, estas indicacins dependen sempre do estado

    de madurez de cada neno/a. Nada poderemos conseguir, por exem-

    plo, se o rapaz/a anda non quen de manter a atencin ou de tra-

    ballar sobre un mesmo tema un certo tempo. Aqu onde os pais e

    nais temos a difcil tarefa de saber que o que necesita

    o noso fillo/a en cadamomento.

    3

    A pregunta

    ?

    Responde: M Montserrat Castro Rodrguez

    [Profesora da Facultade de Ciencias da Educacin da Universidade da Corua]

    Como se crea hbito de traballo nos nenos/as?

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    4/8

    A estrea da nova leide educacin

    Anda que foi

    aprobada a finais do

    ano pasado, o curso2014-2015 o da

    estrea nas aulas da

    nova lei de educacin,

    a LOMCE. O inspector

    Fernando Carrasco

    achganos neste

    artigo as claves para

    poder entender asa posta en marcha

    e os cambios mis

    inmediatos.

    4

    O tema

    Fernando Carrasco Mera

    [Inspector de Educacin]

    Da LOE LOMCE

    Cmpre comezar sinalando que a Lei Orgnica de

    Mellora da Calidade da Educacin non propia-

    mente unha lei xeral de educacin, senn que

    unha importante e completa reforma da Lei Org-

    nica 2/2006 de Educacin. Polo tanto, a actual lei

    que ordena o sistema educativo do Estado espaolsegue a ser a LOE, coas radicais reformas propostas

    pola LOMCE, quen tamn modifica en moito menor

    medida as seguintes leis educativas: a Lei Orgnica

    8/1985, Reguladora do Dereito Educacin (LODE),

    a Lei Orgnica 5/2002, das Cualificacins e da For-

    macin Profesional, e a Lei Orgnica 6/2001, de

    Universidades.

    Os cambios curriculares nas diferentes etapas edu-

    cativas entrarn en vigor segundo o

    calendario de aplicacin da lei; o

    resto xa entrou en vigor 20 das

    despois da sa publicacin no

    BOE, o da 10 de decembro de

    2013. Non obstante, moitas das

    propostas precisan un desen-

    volvemento normativo que

    as comunidades autnomas

    non levaron a cabo e, polo

    tanto, nestes momentos

    pode haber, e de feito

    haino, un solapamento

    de diferentes normati-

    vas. Recalcar que todos

    os aspectos non curriculares

    da lei teen plena vixencia,

    como por exemplo a condicin

    de autoridade pblica do profe-

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    5/8

    sorado no exercicio das sas funcins,

    a garanta do casteln como lingua

    vehicular, as competencias dos conse-

    llos escolares dos centros, a funcin

    directiva...

    Os cambios para este curso

    En canto s novidades no curso 2014-2015, est a implantacin de 1, 3 e

    5 de Educacin Primaria; deste xeito,

    nos centros educativos que imparten

    esta etapa educativa convivirn dous

    deseos curriculares diferentes. En con-

    secuencia, desaparece a organizacin

    por ciclos educativos, s hai niveis ou

    cursos. A materia de Co-

    ecemen-

    to do

    Medio

    divdese

    en Cien-

    cias da

    Natureza

    e Ciencias So-

    ciais. O ensino da relixin

    cobra mis importancia

    como materia optativa espec-

    fica coa alternativa avaliable de

    valores sociais e cvicos. Introd-

    cese como novidade nas progra-

    macins docentes os estndares

    de aprendizaxe. Transcendental

    vai ser a avaliacin individualizada

    de todo o alumnado de 3 de EP,

    centrada no grao de adquisicinda competencia en comunicacin

    lingstica e da competencia ma-

    temtica. De resultar desfavorable

    esta avaliacin, o equipo docente

    deber adoptar as medidas or-

    dinarias ou extraordinarias mis

    axeitadas.

    O cambio mis importante o

    establecemento da nova Forma-

    cin Profesional Bsica, que

    unha etapa mis da Formacin

    Profesional. Est dirixida funda-

    mentalmente a alumnado de

    15 e 16 anos que non quen de

    superar a ESO, e que lle permitir

    obter unha cualificacin de nivel

    1 do Catlogo Nacional das Cua-

    lificacins Profesionais, ademais

    de darlle acceso aos ciclos medios

    de FP.

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    6/8

    6

    Lines SalgadoPalabras do ensino

    {APRENDIZAXE POR PROXECTOS}Cando comeza un curso todo arrecende a novo: os libros, os ca-dernos, ata as mochilas e os estoxos locen impecables, dispostos a

    todo. Enchmonos de bos propsitos de traballo e, como tal, desde

    aqu tamn imos comezar a nova andaina falando dunha meto-

    doloxa que leva moitos anos de camio, pero que non acaba de

    implantarse realmente na nosa escola, malia todas as vantaxes que

    lles ofrece rapazada e ao profesorado. Falamos da aprendizaxe

    por proxectos, tamn coecida como a aprendizaxe do facer. O

    profesor/a organiza un proxecto de traballo de certa envergaduraque implique a posta en marcha de mecanismos e habilidades varia-

    das: lectura crtica, redaccin, clculo, uso de fontes de informacin

    diversas, creacin e interpretacin de grficos, deseo de produto,

    etc. Pode implicar unha ou varias materias e ter unha

    duracin variable (semanas, un

    trimestre, o curso completo). O

    tema proposto obriga a aplicar

    coecementos adquiridos,facilitando a aprendi-

    zaxe, a travs deles,

    doutros novos.

    Normalmente o

    proxecto debe

    realizarse en

    grupo, polo que

    tamn moi impor-tante aprender a xestio-

    nar as opinins dos outros

    membros do grupo, escoitar,

    chegar a acordos e asumir responsabilidades. Algns exemplos de

    proxectos poderan ser: desear unha gua turstica dun concello;

    crear un libro; construr un invernadoiro; facer un estudo sobre o

    uso de medios de transporte alternativos nun barrio; crear un vdeo,

    etc.Traballar por proxectos educa na tarefa de resolver problemas dun-

    ha maneira eficaz. E hai algo que nos prepare mellor para a vida real

    ca semellante cousa?

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    7/8

    7

    CADENCIASGracia Santorum

    Para escoitar, aprender e bailar

    Para ler (pouco), mirar (moito) e xogar

    Para ler (e emporcallarnos)

    Pitusa Semifusa [Olga Braas. Ed. Galaxia]. E comez-molo cantando. Por que non? O mellor xeito de facelo

    acudindo, unha vez mis, Editorial Galaxia na sa

    coleccin Sonrbore e este delicioso libro-disco coas

    sempre estupendas e alegres ilustracins de Leandro La-

    mas: Pitusa Semifusa unha nena que goza coa m-

    sica e que decide amosarlles os diferentes instrumentos

    musicais aos demais nenos e nenas. As que aprender e

    cantar convrtense nun xogo inesquecible, xa que a calida-

    de musical incuestionable.

    Onde est o meu zapato? [Tomi Ungerer. Ed. Kalandraka].

    Na procura dun zapato. Este o xogo que nos propn un dos

    autores mis importantes do mundo, Tomi Ungerer, nun fer-

    moso lbum que publica Kalandraka: Onde est o meu za-

    pato? un texto do ano 1964. Un lbum que contn texto

    tan s na primeira e ltima pxina para propoernos un xogovisual onde o zapato perdido setransforma de cada volta. As

    que estamos novamente ante a capacidade creativa dun xenio

    que nos sorprende coa sa imaxinacin e o convencemento

    de que o lector ou a lectora entrar no seu xogo, gozando

    das posibilidades tan variopintas que ofrece un obxecto tan

    simple coma un zapato.

    Luca Cotrias. A escada [Anni M. G. Schmidt e Fiep

    Westendorp. Ed. Lata de sal]. A sa autora foi mere-

    cente do Premio Hans Christian Andersen en 1988

    e presntanos un libro cheo de humor que nos pode

    lembrar a Pipi Calzaslargas. Unha nena que non pode

    pasar moito tempo sen se luxar porque estar limpa sig-

    nifca estar quieta e iso ben aburrido. E porque,

    ademais, cada un como , e resulta ben difcil fu-

    xir da natureza de seu. As ilustracins amosan asescenas tal cal, cun punto de humor e divertimento,

    ademais de crear uns personaxes moi expresivos.

  • 8/11/2019 Ollos de aula. N 16 (outubro 2014)

    8/8

    Da linguaUn men rico rico ricopara a lingua

    8

    Neste novo curso que vimos de comezar, desde o equipo de cocia

    da CGENDL queremos ofrecerlles aos comedores escolares un menlingstico equilibrado e saboroso, que favoreza o rendemento in-

    telectual do alumnado e mellore a sa enerxa favorable ao uso da

    lingua galega. Agardamos que resulte do seu agrado.

    Entrantes

    Petiscos de lingua da que non nos come o gato ao sar da casa

    Torradas de xouba con aceite de fricativa palatal xorda

    1 prato

    - Caldo verde con desinencias de infinitivo conxugado- Empanada de sete vogais con toque picante de seseo das ras

    2 prato

    - Solombo con gornicin de pronomes tonos ben colocados

    despois do verbo

    - Caldeirada de plurilingismo inclusivo (sen prexuzos que atran-

    can a gorxa)

    Sobremesa

    - Leite frito ao estilo das avoas de antes(con orghullo e con gheada)

    - Torta de topnimos (frmula

    tradicional, sen aditivos detur-

    padores)

    Fagan favor, proben cada

    un destes pratos e gocen

    do delicado sabor da lin-gua galega no padal: un

    luxo ao alcance de todas

    aquelas familias que loitan

    por desterraren da sa die-

    ta o colesterol da ignorancia.