160
Os ollos do Contomar Fotografías de Manuel G. Vicente Unha experiencia de fomento da lectura

Os ollos do Contomar

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Unha experiencia de fomento da lectura é a primeira publicación de Espazo Lectura, editada en colaboración co Concello de Gondomar e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Os ollos do Contomar componse de fotografías de Manuel G. Vicente acompañadas de pequenos textos dunha ampla nómina de autores e autoras nos cales se reflexiona sobre a lectura e o libro.

Citation preview

Page 1: Os ollos do Contomar

Os ollos do Contomar

Fotografías de Manuel G. Vicente

Unha experiencia de fomento da lectura

Page 2: Os ollos do Contomar

Deseño:eL

Edición e produción:eL editoraComisión de Publicacións de Espazo Lectura

1ª edición: febreiro, 2009Edición dixital en pdf: xaneiro 2013

© das fotografías: Manuel G. Vicente, 2009© dos textos: os seus respectivos autores/as, 2009© Espazo Lectura, 2009http://[email protected]

Depósito Legal: VG 339-2009

Impreso en Obradoiro Gráfico S. L.Polígono do Rebullón, 52 D36416 Mos (Pontevedra)

Reservados todos os dereitos.

Page 3: Os ollos do Contomar

Os ollos do Contomar

http://www.espazolectura.org

Page 4: Os ollos do Contomar

Socios protectores de Espazo Lectura en febreiro de 2009

Espazo Lectura é unha asociación para o fomento da lectura. Organiza actividades e iniciativas sen ánimo de lucrorelacionadas coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do librocomo elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analíti-ca e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Ademais de socios/as numerarios/as, os estatutos de Espazo Lectura contemplan a posibilidade de nomear socios/asprotectores/as que son «aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúan material-mente e de forma notable ao sostemento da asociación». Tras o primeiro ano de vida, Espazo Lectura ten en xaneirode 2009 os seguintes socios protectores:

Editoriais

Editorial GalaxiaKalandrakaOQO editoraEdicións Xerais de Galicia

Centros de ensino

CRA Antía CalCEIP Souto-DonasCEP Neira VilasCEIP Chano PiñeiroCEIP Serra Vincios

Empresas culturais

Berrobambán teatro

Espazo Lectura

http://[email protected] de correos 5036380 Gondomar

Socios protectores na actualidade (consultar no enlace)http://espazolectura.org/socios-protectores

Page 5: Os ollos do Contomar

Os ollos do Contomar

Fotografías de Manuel G. Vicente

Unha experiencia de fomento da lectura

LeEspazo Lectura CONCELLO DE GONDOMAR

Page 6: Os ollos do Contomar

«Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le» é unha das refle-xións que, da man de Günter Grass, se atopan nas páxinas deste libro. A frase parecefeita para describir o que senten as nais e pais que cada semana lles contan contos aosnenos e nenas do Contomar, a actividade que Espazo Lectura organiza en Gondomar eque foi medrando e consolidándose até converterse nun referente estable no traballo dofomento da lectura. Na segunda parte, inclúense fotografías dunha actividade pioneira,que Espazo Lectura organizou por primeira vez en Galicia, na noite do 21 ao 22 de xu-ño de 2008, cando 27 nenos e nenas quedaron a durmir na Biblioteca Municipal deGondomar.

Espazo Lectura é unha asociación non gubernamental para o fomento da lectura e organi-za actividades e iniciativas sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción da lectura e dolibro como referente de benestar social e coa consideración do libro como elementosocializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capaci-dade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

OS OLLOS DO CONTOMAR. Unha experiencia de fomento da lectura

Page 7: Os ollos do Contomar

Ás persoas que, contando, fixeron posible o Contomar

Ás socias e socios de Espazo Lectura, por apoiareste ilusionante proxecto

Page 8: Os ollos do Contomar
Page 9: Os ollos do Contomar

OOss oollllooss ddee EEssppaazzoo LLeeccttuurraa

Para a asociación Espazo Lectura é unha satisfacción poñer nas vosas mans este libro,esta crónica en imaxes coa que quixemos contar o que ocorre os luns á tarde naBiblioteca Municipal de Gondomar nas sesións do Contomar, un contacontos que reúnecada semana unha media de 45 nenos e nenas de 3 a 9 anos, cos seus pais e nais.

«Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le» é unha dasreflexións que, da man de Günter Grass, ides atopar nas páxinas deste libro. A fraseparece feita para describir o que sentimos as persoas que cada semana lles contamoscontos aos nenos e nenas porque a ilusión e a maxia que transmiten os seus ollos foronsempre o mellor estímulo para seguirmos adiante con esta actividade. Nacía no mes defebreiro de 2006 inicialmente vencellado á ANPA do CRA Antía Cal e nestes tres anosfoi medrando e consolidándose até converterse nun referente estable no traballo dofomento da lectura e nunha cita que xunta as familias e a biblioteca pública arredor dalectura, un dos mellores investimentos educativos que lles podemos ofrecer aos nososfillos e fillas.

Na primeira parte do libro, titulada «Os ollos do Contomar», atoparedes fotografíasque foron tomadas polo fotógrafo Manuel G. Vicente en diferentes sesións ao longo do

Page 10: Os ollos do Contomar

ano 2008, acompañadas de pequenos textos de diferentes autores e autoras nos quese reflexiona sobre a lectura e os libros.

Nunha segunda parte, titulada «Noite na biblioteca», incluímos fotografías dunhaactividade que Espazo Lectura organizou, por primeira vez en Galicia, na noite do 21 ao22 de xuño de 2008, cando 27 nenos e nenas de 6 a 12 anos quedaron a durmir naBiblioteca Municipal de Gondomar, nunha experiencia moi especial que incluíu xogos debusca, contacontos e un recital de poesía, así como o agasallo dun libro para cada undos participantes. Espazo Lectura quere que, cada ano, cando o verán abra as súas por-tas, esa noite fermosa e máxica nos engaiole coa luz dos libros.

Para Espazo Lectura foi –e segue a ser– tamén unha satisfacción ir construíndo,arre dor da semente que agromou no Contomar, un proxecto cívico de fomento da lec-tura que se apoia en tres piares fundamentais intimamente ligados entre si: a dina -mización, a formación e a sensibilización.

O noso eixo de traballo fundamental é a dinamización porque cremos que a lectura,ademais de ser unha actividade individual e silenciosa, pode e debe ser tamén un ele-mento de socialización e de reflexión crítica colectiva que nos permita entender o mun-do en que vivimos e sentirnos parte da comunidade á que pertencemos. Con esa von-tade ofrecemos no Val Miñor, e moi especialmente en Gondomar, un amplo programa deactividades que inclúe, ademais das sesións de contacontos, clubs de lectura, obra doi -

Page 11: Os ollos do Contomar

ros, accións lectoras, sesións de lectura compartida en voz alta e outras iniciativas se -mellantes que poñen a disposición da cidadanía espazos nos que compartir opi nións, sen-timentos e reflexións arredor da lectura.

Desenvolvemos tamén actividades no eido da formación porque nos parece impor-tante que haxa unha rede de persoas especializadas no ámbito do libro e da lectura queactúen como mediadores eficaces cos diferentes colectivos sociais (nenos e nenas, ado-lescentes, familias, profesorado e todas as persoas interesadas en achegarse á lectura)para garantir un traballo serio e ben feito que constrúa unha necesaria oferta de forma-ción e de lecer arredor da lectura nunha sociedade que, a pesar de estar construídasobre a palabra, ten enormes carencias lectoras.

E, por último, procuramos realizar tamén un traballo de sensibilización e concien-ciación, dirixido tanto á cidadanía –moi especialmente ás familias– como ás institucións,para que se valore a importancia social da lectura e a necesidade da implicación de todosos sectores sociais nese sentido. De aí que queiramos tamén, desde a experiencia e aspropostas do noso traballo, marcar liñas de actuación con proxección para toda Galicia,convertendo Gondomar e o Val Miñor nun lugar de referencia no ámbito do fomento dalectura.

Para as persoas que traballamos, a xeito de voluntariado, en Espazo Lectura seráunha satisfacción (tamén un reto e unha responsabilidade) consolidar o camiño iniciado

Page 12: Os ollos do Contomar

e ir pro po ñendo novas iniciativas que fortalezan hábitos lectores e axuden a conseguircidadáns máis informados, máis seguros, máis críticos, máis xustos, máis responsablese máis libres. Nese camiño estamos a traballar e un dos nosos proxectos máis ambi-ciosos, a Casa da Lectura, é xa unha realidade. O apoio e a participación da xente nasactividades están a ser a mellor proba de que o esforzo paga a pena. E a ilusión dasmiradas e os sorrisos dos nenos e nenas son, sen dúbida, o mellor agasallo. Por iso qui -xemos poñelos nas páxinas deste libro, para compartir con todos vós esa maxia quecontaxia. Agar da mos que vos gusten.

CONCHA COSTASPRESIDENTA DE ESPAZO LECTURA

Page 13: Os ollos do Contomar

OO bbrriilllloo ddooss oollllooss qquuee lleenn

Son imaxes e textos, elementos que constrúen a maior parte dos libros. Non obstante,algo rexorde con especial enerxía nestas páxinas. Nunha primeira mirada, non é difícilchegar ao aquel especial que garda este volume. É o brillo dos ollos que len, o singularesplendor que emana en cada un dos cativos e cativas que seguen o transcorrer dunconto, o desenlace dunha historia.

Son nenos e nenas que len con entusiasmo, contaxiados polo bo facer dos respon-sábeis de Espazo Lectura, unha experiencia que está chamada a se converter en mode-lo de convite para o encontro dos cativos cos libros. A imaxinación, o divertimento, acuriosidade ou a aventura son algúns dos vimbios cos que se constrúe un proxectocolectivo que contaxia nos máis novos o hábito de ler. Abofé que de Espazo Lecturasairán homes e mulleres que van incluír a lectura nos seus costumes diarios, un pracerque fará da nosa unha sociedade cun futuro máis feliz.

Desde a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura eDeporte cremos en proxectos como Espazo Lectura. Compartimos a aventura de lernunha noite na biblioteca, queremos que as lecturas marquen momentos de pensar, rire imaxinar, que sexa unha decisión propia e tamén, como non, unha festa colectiva.

Page 14: Os ollos do Contomar

Animar a ler, acadar máis lectores e lectoras, é un dos grandes obxectivos da nosaacción de goberno e, con ese fin, desenvolvemos políticas activas que converten as bi -bliotecas en centros culturais dirixidos a todos os públicos, que promoven os clubs delectura, que convidan a ler en todas as partes e en moitos momentos a través de cam-pañas imaxinativas.

A lectura é un ben social, un dereito que se torna en beneficio para o país enteiro,unha posibilidade que nos abre a todos os tempos e a todos os mundos posíbeis. Nunlibro podemos atopar o misterio do bosque, a maxia das meigas, a sorpresa do futuro,a melancolía do pasado, a aprendizaxe da viaxe, o amor, a tensión, o medo e mesmo ofrío e a calor. Saber, sentir, vivir... a lectura marca os tempos das nosas vidas e debuxaas caras dos cativos e cativas nestas imaxes de Manuel G. Vicente tomadas enContomar, o espazo máxico de Gondomar no que os pais e as nais se reúnen na bibliote-ca arredor dos libros.

LUIS BARÁDIRECTOR XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL

Page 15: Os ollos do Contomar

LLeerr GGoonnddoommaarr

A lectura constitúe hoxe un elemento imprescindible no desenvolvemento social. Sen alectura non é posible concibir comunidades modernas, democráticas, cultas, abertas. Ofeito de que no concello de Gondomar exista unha programación tan ampla e sólida entorno ao fomento da lectura supón unha vantaxe e un privilexio para a nosa cidadanía,privilexio que, desde a institución municipal, temos a obriga de valorar e apoiar. O inten-so labor que Espazo Lectura está a desenvolver en Gondomar, labor ben coñecido polasfamilias, non pode ser máis que motivo de orgullo, como o é que este modelo constitúaxa un referente para toda Galicia.

O escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari dicía que «cos contos axudamos aosnenos a entrar na realidade pola fiestra, en lugar de pola porta. É máis divertido e, por iso,máis útil». Os nenos e nenas de Gondomar están afeitos a se desviar do camiño marcadoe atravesar fiestras porque, desde que no ano 2006 comezaron as sesións do Contomar,grazas a todas as historias que levan escoitado, a todos os libros que levan ollado, adqui -riron a ferramenta fundamental para exploraren por eles mesmos vieiros alternativos árealidade: a ferramenta da imaxinación e a fantasía.

Este traballo voluntarista, rigoroso e apaixonante que agromou no noso Concello

Page 16: Os ollos do Contomar

nace no seo da sociedade, dun grupo de persoas que decidiu asociarse e fundar EspazoLectura, o lugar desde o que reivindicar e exercer o dereito á cultura, á información e aofomento da lectura como un dos dereitos básicos da cidadanía democrática e piar sobreo que erguer a sociedade do coñecemento.

Espazo Lectura contribúe a construír sociedade lectora desde o traballo continuado,o que permite que o libro forme parte da vida cotiá das persoas; tamén saben do impor-tante que é o papel da familia na consolidación do hábito lector, de aí o lugar sobranceiroque ocupan as nais e os pais en todas as actividades destinadas ao público infantil; ade-mais, tal e como reflicten as imaxes protagonistas deste libro, en Espazo Lectura sabenque as actividades que fomenten o gusto por ler deben darse nun clima cariñoso, amiga-ble e ter un claro compoñente lúdico. Velaí o traballo ben feito.

Os ollos do Contomar é a colleita dese traballo. A antoloxía de textos centrados nalectura revela a importancia que adquire que todos nos impliquemos na súa promoción; asestupendas fotografías de Manuel G. Vicente constatan que o esforzo nunca será en van.

Como alcalde non podo máis que sentirme fachendoso de que fose no Concello deGondomar onde naceu unha iniciativa tan fermosa como necesaria, un soño ilusionanteque reverte no ben da nosa comunidade.

ANTONIO ARAÚXOALCALDE DE GONDOMAR

Page 17: Os ollos do Contomar

Os ollos do Contomar

Page 18: Os ollos do Contomar

Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le.

GÜNTER GRASS

Page 19: Os ollos do Contomar
Page 20: Os ollos do Contomar

Adiviña, adiviña...Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceirospolos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distin-tas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa...Que casa é?A casa na que se le.

CÁNDIDO PAZÓ

Page 21: Os ollos do Contomar
Page 22: Os ollos do Contomar

Botarlles a culpa aos nenos se non aman a lectura, ademais de fácil, é comodísimo,porque serve para tapar as culpas propias.

GIANNI RODARI

Page 23: Os ollos do Contomar
Page 24: Os ollos do Contomar

O do libro nunca será o mellor negocio para o mundo dos negocios, pero é o mellornegocio para o mundo.

MANUEL RIVAS

Page 25: Os ollos do Contomar
Page 26: Os ollos do Contomar

Abonda a voz dun narrador, cun feixe de ilustracións unidas por un fío condutor,coa recomendación devota dunha obra ou, especialmente, coa lectura dun bo libro,para que unha persoa inicie o seu itinerario lector.

PEP MOLIST

Page 27: Os ollos do Contomar
Page 28: Os ollos do Contomar

Por que a humanidade le despois de tantos séculos? Acaso non se pode vivir sen ler?Volve agromar na miña lembranza aquela velliña, a señora Aurora, que lía no cris-tal das augas, nas tatuaxes do tempo, no madurar das uvas, nos silencios, nas mira-das... pero non era quen de descifrar os códigos escritos... Ela sentada nunha vellacadeira; eu, sobre aquela colcha lila de faisáns dourados que cubría a súa camamentres lle lía unha e outra vez –ata que a aprendía de memoria— a carta do seufillo, que ela sacara de rentes ao corazón. Logo quedaba a soas mirándoa con ollosprendidos de luz, lendo sen saber ler, nunha liberdade máis íntima e a min antollá-baseme adiviñar non seus xestos «agárdote aquí, trasnoitando o meu soño». A seño-ra Aurora influíu en que nunca tivese que me preguntar: Por que ler?

FINA CASALDERREY

Page 29: Os ollos do Contomar
Page 30: Os ollos do Contomar

O tempo para ler é sempre tempo roubado. A lectura non forma parte da organiza-ción do tempo social; é, como o amor, unha maneira de ser. A cuestión non consis-te en saber se teño tempo de ler ou non, senón se eu me permito ou non, a felici-dade de ser lector.

DANIEL PENNAC

Page 31: Os ollos do Contomar
Page 32: Os ollos do Contomar

Nunca o falei cos meus fillos; pero, desde que eran moi pequenos, víronme, comoeu a meu pai, detrás dun libro. Mesmo lles daba de mamar lendo. Se cadra, por isolen. Porque é importante ver ler para afeccionarse á lectura. Non só porque as afec-cións se transmiten, senón porque cando un neno ve ler aos seus pais, talvez penseque, cando el aprenda a facelo, tamén lerá moito e será tan maior e saberá tantascousas coma eles. Eu críao así.

LOLO RICO

Page 33: Os ollos do Contomar
Page 34: Os ollos do Contomar

Ti sabes que sempre digo que contar un conto é o máis sublime acto de amor quese pode ofrecer a un ser querido.

XABIER P. DOCAMPO

Page 35: Os ollos do Contomar
Page 36: Os ollos do Contomar

A lectura require iniciación, o compromiso dun adulto, e non me refiro unicamen-te ás persoas que teñen o ensino como oficio, senón a quen de xeito distinto actúancomo instrutores ou acompañantes do neno que medra.

JUAN MATA

Page 37: Os ollos do Contomar
Page 38: Os ollos do Contomar

A lectura é a ximnasia do eu, da identidade persoal... A lectura respecta a nosa inte-lixencia e integridade, e lendo respectámonos.

SUSO DE TORO

Page 39: Os ollos do Contomar
Page 40: Os ollos do Contomar

Escríbese en soidade, lese en soidade e, malia todo, o acto da lectura permite unhacomunicación profunda entre os seres humanos.

PAUL AUSTER

Page 41: Os ollos do Contomar
Page 42: Os ollos do Contomar

Ensinade a ler, por favor, ensinade a ler nos libros, no vento, nos charcos dun díade chuvia, no bosque e na luz, ensinade a ler, prégovolo, para que ninguén medreata a idade da avaricia e o desamor.

JUAN FARIAS

Page 43: Os ollos do Contomar
Page 44: Os ollos do Contomar

Fóra chovía e o vento ouleaba que metía medo.Os dous nenos acaroáronse xunta o seu avó.Este abriu o libro e comezou a ler.Había un camiño e un bosque. Había unha nena e un lobo... Ou sería un lobo e os cabritiños? Ou o lobo e os tres porquiños?Ou sería a bela adormecida do bosque? Ou sería o fillo do pobre muiñeiro e o gato con botas?Ou sería o raposo ou o demo dos cornos?Ou sería a nena cincenta e a fada madriña?Sería, sería, que, despois daquela, houbo moitas outras noites de chuvia e vento.Dentro, os nenos, os libros, a voz do avó.E xa nin chovía nin vento había.Os dous nenos durmían.

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

Page 45: Os ollos do Contomar
Page 46: Os ollos do Contomar

Conforme vas lendo, vas medrando.

MARCIAL

Page 47: Os ollos do Contomar
Page 48: Os ollos do Contomar

Cando a nena chegou da escola foi correndo ata onde o pai agardaba por ela paraxantar. Mirouno cos seus ollos grandes e fíxolle a pregunta que a afogaba:—Papá… os dragóns existen de verdade?O pai sorriu e, sen dicir palabra, foi buscar un libro. Abriuno coma quen desco-

bre un misterio e, diante dos ollos da nena, apareceu un dragón branco atrapadonunha tea de araña.—Sen dragóns, esta historia non tería acontecido –dixo o pai.Ao acabar de ler o libro, a nena non podía imaxinar nada máis terrible que aque-

la historia nunca tivese acontecido. E os dragóns existiron de verdade, polo menospara ela.

PAULA CARBALLEIRA

Page 49: Os ollos do Contomar
Page 50: Os ollos do Contomar

Tiven que ler unha gran cantidade de libros extraordinarios, excelentes, apaixonan-tes, emocionantes, moi bos, bos, mediocres, malos e perversos para me decatar deque, a pesar de todo, os libros non amosan o camiño da felicidade. Os libros son afelicidade.

PEP ALBANELL

Page 51: Os ollos do Contomar
Page 52: Os ollos do Contomar

Un libro ten cor, forma, tamaño, peso e está composto de partes varias e diversas.Coma o corpo. Pero un libro non é un organismo vivo autónomo. Soamente cobravida grazas ao lector que lle toma a temperatura paxinal e, en moitas ocasións, é opropio libro quen lla toma ao lector, medíndolle a súa calor mental, creativa, senti-mental e ideolóxica.

VÍCTOR MORENO

Page 53: Os ollos do Contomar
Page 54: Os ollos do Contomar

Hai un dito árabe que di que un libro é coma un xardín que se leva no peto. Poismoi ben, deámoslles aos rapaces iso, sementemos nos seus petos vizosos xardínscheos de matogueiras e silveiras nos que teñan que rozar e sachar arreo.

MARCOS S. CALVEIRO

Page 55: Os ollos do Contomar
Page 56: Os ollos do Contomar

Nunca escribo o meu nome nos libros que merco ata que non os lin, porque sódaquela podo dicir que son meus.

CARLO DOSSI

Page 57: Os ollos do Contomar
Page 58: Os ollos do Contomar

Un dos recordos máis felices da miña infancia é de cando o meu pai nos metía ameu irmán e mais a min na súa cama, nas mañás dos domingos, e nos recitaba aqui-lo de «Con diez cañones por banda, viento en popa a toda vela», acenando comaun capitán corsario. Cando anos despois cheguei á escola e o profesor explicounosque aquel texto que viña no libro era de Espronceda, a piques estiven de me levan-tar e dicirlle: «Non é verdade. Iso escribiuno o meu pai». As primeiras historias, asprimeiras páxinas, o debuxo das primeiras letras, coma os primeiros bicos e os pri-meiros amores, non se esquecen nunca, acompáñannos logo para sempre.

VÍCTOR FREIXANES

Page 59: Os ollos do Contomar
Page 60: Os ollos do Contomar

Ler é o instrumento imprescindible sen o que é imposible aprender.

ROGER CHARTIER

Page 61: Os ollos do Contomar
Page 62: Os ollos do Contomar

A medida da lectura non debe ser o número de libros lidos, senón a do estado enque nos deixan.

GABRIEL ZAID

Page 63: Os ollos do Contomar
Page 64: Os ollos do Contomar

Cando leo saio do meu corpo, viaxo polos mundos, vivo as vidas doutras persoas.A miña mente faise grande, o meu corazón anchea, os meus ollos cambian de cor,as miñas orellas entenden todos os idiomas. As palabras son foguetes que estoupandiante miña creando universos. Pola lectura sei que hai outras vidas, únome a outraspersoas, fago cadeas de esperanza. Porque todas as cousas boas que pasan, primei-ro houbo que imaxinalas nos libros. Porque cando leo sei que estou viva, e queoutras persoas están vivas coma min, buscando mundos mellores nos mundos daspalabras.

MARÍA REIMÓNDEZ

Page 65: Os ollos do Contomar
Page 66: Os ollos do Contomar

Esta mañá trouxéchesme o teu libro. Aínda medio durmido, os teus olliños escurosresistíanse a abrirse e camiñabas, como adoitas facelo, torcendo as pernas que seme-lla que vas caer en calquera momento. Trouxéchesme un libro con moitas imaxes.

ROBERTO COTRONEO

Page 67: Os ollos do Contomar
Page 68: Os ollos do Contomar

Un libro aberto é un corazón que fala;pechado, un amigo que agarda;esquecido, unha alma que perdoa;destruído, un corazón que chora.

PROVERBIO HINDÚ

Page 69: Os ollos do Contomar
Page 70: Os ollos do Contomar

¿Cantos nenos se achegan ás librarías, sós ou cos seus pais, para mercaren algúnlibro? ¿E en galego? Case mellor non pensalo. Por iso hai que celebrar as activida-des desenvolvidas por clubs de lectura e grupos que funcionan polo país. Situadono Val Miñor, Espazo Lectura é un bo exemplo do que se pode facer cando as ide-as e os obxectivos son claros e as persoas saben o que queren. Espazo Lectura éunha asociación modélica, xeradora de iniciativas vivas e ambiciosas que teñen quever coa promoción da lectura como referente de benestar social.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Page 71: Os ollos do Contomar
Page 72: Os ollos do Contomar

Lía atentamente, xuntando as sílabas, marmurándoas a media voz coma se as pada-lease, e ao ter dominada a palabra enteira repetíaa dun golpe. Logo facía o mesmocoa frase completa, e dese xeito apropiábase dos sentimentos e ideas plasmados naspáxinas.

Cando unha pasaxe lle agradaba especialmente, repetíaa moitas veces, todas asque estimase precisas para descubrir que fermosa podía ser tamén a linguaxe h u -mana.

LUÍS SEPÚLVEDA

Page 73: Os ollos do Contomar
Page 74: Os ollos do Contomar

Ler é viaxar por un mesmo.

JUAN GELMAN

Page 75: Os ollos do Contomar
Page 76: Os ollos do Contomar

Os libros e a lectura son un dos medidores máis importantes de progreso e desen-volvemento das sociedades, comezando polas comunidades locais. Unha sociedadelectora é unha sociedade capaz. Promover o libro é tamén defender a música, o diá-logo, as artes plásticas, a curiosidade científica, a investigación, a poesía, a innova-ción, a iniciativa empresarial, o teatro, o gusto e a sensibilidade, a protección domedio ambiente e, en definitiva, a creación dun mundo mellor.

FRAN ALONSO

Page 77: Os ollos do Contomar
Page 78: Os ollos do Contomar

Os bos contos son coma os virus: espállanse con facilidade e mesmo poden ser incri-blemente contaxiosos.

JOSTEIN GAARDER

Page 79: Os ollos do Contomar
Page 80: Os ollos do Contomar

Ás veces lemos coma se os libros fosen un espello que nos retorna a nosa imaxe eoutras veces lemos coma se fosen unha cova que nos dá acubillo.

XELÍS DE TORO

Page 81: Os ollos do Contomar
Page 82: Os ollos do Contomar

Os libros son un pracer sagrado.

MONTAIGNE

Page 83: Os ollos do Contomar
Page 84: Os ollos do Contomar

Ler e animar a ler implica paixón. E implica obviamente ler. Se non lemos dificil-mente poderemos animar a ler. Se non nos apaixona a lectura, dificilmente logra-remos apaixonar aos demais. Só o que sente a paixón, apaixona. A paixón, maliatodas as modas en contra, segue a contar con moitos adeptos/as.

XOSÉ A. NEIRA CRUZ

Page 85: Os ollos do Contomar
Page 86: Os ollos do Contomar

Vivir sen ler é perigoso, porque obriga a conformarse coa vida.

M. HOUELLEBECQ

Page 87: Os ollos do Contomar
Page 88: Os ollos do Contomar

Hai dúas cousas fundamentais para interesar os nenos na lectura: curiosidade eexemplo. É fundamental que o adulto mostre interese. Na casa onde medrei, un doscuartos transformárase en biblioteca. Meu pai era xornalista e miña nai, unha lec-tora voraz. O libro estaba sempre presente cando lles prestabamos atención a eles,e daquela, só podía ser algo moi bo.

ANA MARIA MACHADO

Page 89: Os ollos do Contomar
Page 90: Os ollos do Contomar

Non é certo. Esa bebida enerxética que anuncian con debuxos animados non dá ás.A lectura, si; dános ás para viaxar, para coñecer outros mundos. Pode substituír aviaxe que non facemos por falta de tempo ou de cartos, ou pode facer posible queviaxemos a máis dun sitio ao mesmo tempo: alí onde imos de vacacións e alá ondenos leve o libro que estamos a ler. Lemos porque non queremos contentarnos convivir só unha vida, como o resto dos animais. Queremos que nos conten contos oulemos porque desexamos vivir outras vidas mentres gozamos da nosa. E escribimos.E temos ás.

XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ

Page 91: Os ollos do Contomar
Page 92: Os ollos do Contomar

A lectura é o único que pode ofrecerlles a aqueles que senten que unha soa vidanon lles abonda unha oportunidade de vivir máis alá, de multiplicar as experienciase, no peor dos casos, contar cunha alternativa cando a vida nos dá as costas.

NAJWAN DARWISH

Page 93: Os ollos do Contomar
Page 94: Os ollos do Contomar

Un libro pode informar, convencer, emocionar, consolar, liberar, deleitar, desacou-gar, desesperar... Xa que logo, pódese saír dun libro completamente transformado.

EQUIPO PEONZA

Page 95: Os ollos do Contomar
Page 96: Os ollos do Contomar

O gusto pola lectura non nace de calquera maneira. Por iso é necesario espertar noneno o gusto pola lectura para que se afaga a ler.

XULIO COBAS BRENLLA

Page 97: Os ollos do Contomar
Page 98: Os ollos do Contomar

Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio queler. Ler, case tanto como respirar, é a nosa función esencial.

ALBERTO MANGUEL

Page 99: Os ollos do Contomar
Page 100: Os ollos do Contomar

As persoas precisan en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños.

ÁLVARO CUNQUEIRO

Page 101: Os ollos do Contomar
Page 102: Os ollos do Contomar

O libro é un océano: non se le, navégase.

JOHN BERGER

Page 103: Os ollos do Contomar
Page 104: Os ollos do Contomar
Page 105: Os ollos do Contomar
Page 106: Os ollos do Contomar
Page 107: Os ollos do Contomar
Page 108: Os ollos do Contomar
Page 109: Os ollos do Contomar
Page 110: Os ollos do Contomar
Page 111: Os ollos do Contomar

Noite na biblioteca

Page 112: Os ollos do Contomar
Page 113: Os ollos do Contomar
Page 114: Os ollos do Contomar

A noite do sábado 21 de xuño, o mesmo día que comeza o verán, a biblioteca deGondomar non quixo ficar en silencio. Dúas ducias de nenos e nenas con pixamaávidos de palabras e contos enchérona de murmurios e gargalladas. Tratábase daprimeira noite na biblioteca, unha iniciativa pioneira en Galicia organizada porEspazo Lectura para nenos de entre 6 e 11 anos. Coa caída da noitiña chegaron oscepillos de dentes, os contacontos, o teatro, o recital de poesía e música, as cuber-tas dos libros enriba das colchonetas e as lanternas nos sacos para devorar histo-rias. Toda unha marea de vagalumes a alumear os estantes dos libros mudos. Logo,co mencer, espreguizaron os xogos de pistas, os tesouros de moedas de chocolate eos biscoitos do almorzo. No medio, por suposto, pouco sono e moitos soños. Porqueasí son os libros, unha experiencia íntima que pode ser compartida, como todas asilusións.

ROSA ANEIROS

Page 115: Os ollos do Contomar
Page 116: Os ollos do Contomar

É necesario mudar a actitude mesma dos bibliotecarios. É necesario que na súa for-mación se inclúa a construción do lector. Ningunha técnica, ningún sistema estan-darizado de catalogación, nada reempraza o saber sobre os libros que acumula epode compartir quen os leu e amou.

MEMPO GIARDINELLI

Page 117: Os ollos do Contomar
Page 118: Os ollos do Contomar

Se hai tantos lectores que lean pola noite, se ler é a miúdo un acto de escuridade,non é soamente porque hai niso un sentimento de culpa: deste xeito créase un espa-zo para a intimidade, un xardín protexido das miradas. Lese sobre as marxes, asribeiras da vida, nos lindeiros do mundo. Se cadra non hai que desexar que se fagaa luz nese xardín. Deixémoslle á lectura, como ao amor, conservar a súa parte deescuridade.

MICHÈLE PETIT

Page 119: Os ollos do Contomar
Page 120: Os ollos do Contomar

Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz quese fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mes-mas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desaluz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máissolidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a vozadormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas aspersoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Page 121: Os ollos do Contomar
Page 122: Os ollos do Contomar

Apagar a luz e comezar a ler ao escintileo das lanternas contos de medo cos nenosé animación á lectura, organizar cursos de calceta para que entren na biblioteca per-soas que doutro xeito non o farían é animación á lectura, contar contos pola noiteá calor dunha queimada é animación á lectura, converter a biblioteca en restauran-te e ofrecerlles aos usuarios manxares literarios é animación á lectura.

BLANCA CALVO

Page 123: Os ollos do Contomar
Page 124: Os ollos do Contomar

A biblioteca como espazo para o amor, que alimenta coma o pan que lles damos,e o leite. A biblioteca como espazo de encontro consigo mesmo e co Outro, co dife-rente e co semellante, co vello e co máis recente e novidoso. Cando lles aprende-mos aos máis novos a acudir á biblioteca (á nosa, a familiar, á do colexio, á dobarrio), cando lles axudamos a elixir entre o moito que hai para ler, cando os acom-pañamos polos camiños das palabras, estamos a ofrecerlles un obxecto único: opoder da persoa que le.

Acompañalos é tamén un agasallo para nós, para os adultos, sempre que nos dei-xemos contaxiar da maxia das palabras e nos permitamos entrar no mundo no quetodo é posible, onde hai historias agochadas que tamén nos falan de nós e nos axu-dan, se as deixamos, a ordenar as pezas deste crebacabezas no que se nos vaimudando pouco a pouco a vida.

CRISTINA NOVOA

Page 125: Os ollos do Contomar
Page 126: Os ollos do Contomar

A noite, silenciosa e secreta, pode chegar a ser, para a lectura, unha constelacióntan fermosa como a das estrelas no firmamento.

XAVIER SEOANE

Page 127: Os ollos do Contomar
Page 128: Os ollos do Contomar

A lectura engaioloume desde as primeiras liñas. O autor tiña un estilo suxestivo,insinuante, que levaba a paz ao espírito.

PERE CALDERS

Page 129: Os ollos do Contomar
Page 130: Os ollos do Contomar

Kristin líame contos do xigante Bam-Bam e da fada Viribunda e facía vibrar a miñaalma dun xeito que aínda hoxe noto algo diso. O milagre produciuse nunha cociñapequena e pobre, que xa non existe, pero desde aquel día non hai outra cociña paramin en todo o mundo.

ASTRID LINDGREN

Page 131: Os ollos do Contomar
Page 132: Os ollos do Contomar

Un libro é coma un xardín.

PROVERBIO ÁRABE

Page 133: Os ollos do Contomar
Page 134: Os ollos do Contomar

A lectura da noite é, de seu, un ritual que se debe respectar. (...) Sabemos cantoreduce a angustia poñer palabras ao que vivimos e compartir esas palabras.

GENEVIÈVE PATTE

Page 135: Os ollos do Contomar
Page 136: Os ollos do Contomar

Ler xa non é só comprender as liñas ou o que hai detrás, senón poder atopar o queinterese no océano enlamado que é a rede... Sen dúbida trátase dunha das habili-dades máis transcendentais que esixe a nova sociedade da información.

DANIEL CASSANY

Page 137: Os ollos do Contomar
Page 138: Os ollos do Contomar

Mira se será importante a lectura que cando apareceu a escrita a Prehistoria trans-formouse en Historia.

Mira se será importante que temos unha intelixencia verbal e pensamos conpalabras.

Mira se será importante que desde que espertamos na mañá ata que pechamosos ollos na noite imos atopando textos, por todas partes, en forma de mensaxes quedebemos descifrar.

Mira se será importante que lemos para informarnos, para aprender e para emo-cionarnos coas historias e cos versos. O noso é un mundo de palabras.

PILAR SAMPEDRO

Page 139: Os ollos do Contomar
Page 140: Os ollos do Contomar

A lectura fai humanidade, na medida en que lle di algo ao lector sobre a súa existen-cia e sobre o que hai de verdadeiramente único e irrepetible na condición humana.

A lectura permite a aprendizaxe do exercicio da responsabilidade, porque o diá-logo entre o lector e un texto reclama unha postura de asentimento ou de discor-dancia que implica e compromete.

JOÃO MANUEL RIBEIRO

Page 141: Os ollos do Contomar
Page 142: Os ollos do Contomar

Entender a lectura como un proceso global e complexo determinou que a promo-ción da lectura sexa o eixe vertebrador dos nosos servizos e da nosa organizaciónbibliotecaria, e non unicamente un servizo máis centrado na oferta dun conxuntode actividades ou propostas lúdicas.

ISABEL BLANCO

Page 143: Os ollos do Contomar
Page 144: Os ollos do Contomar

Levantou os ollos: «¿Queres que che lea, meu ben? ¿As Fadas?» Eu preguntaba,incrédulo: «¿As Fadas están aí dentro?»

JEAN PAUL SARTRE

Page 145: Os ollos do Contomar
Page 146: Os ollos do Contomar

A literatura ten vocación de subversión, de contar mundos alternativos, de que saia-mos das nosas vidas que vivimos como podemos e de darnos liberdade. Ese é, paramin, o único sentido da literatura… Porque ler fainos moi libres.

TERESA MOURE

Page 147: Os ollos do Contomar
Page 148: Os ollos do Contomar

Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o mellor rega-lo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o úni-co que le.

SÁNDOR MARAI

Page 149: Os ollos do Contomar
Page 150: Os ollos do Contomar

Os auténticos lectores e lectoras non se fan á forza, senón que é necesario actuar através de comportamentos educativos estimulantes onde o libro deixe de ser unhapeza de uso restrinxido só a tarefas escolares e de avaliación.

MARÍA LUZ CORRAL

Page 151: Os ollos do Contomar
Page 152: Os ollos do Contomar

Só se pode ler para iluminarse a un mesmo.

HAROLD BLOOM

Page 153: Os ollos do Contomar
Page 154: Os ollos do Contomar

Esta gozosa noite gondomareña puxo de relevo que é posible transformar a biblio-teca pública no fogar primeiro das palabras e dos libros. Unha biblioteca que é casaprimeira dos libros; lareira da actividade lectora realizada sobre os diversos sopor-tes (dende os impresos aos dixitais ofrecidos nas pantallas); sollado privilexiado paravisibilizar aos autores e autoras e para compartir cos lectores e lectoras a súa crea-ción; adro de encontro interxeracional dos clubs de lectura… Como demostra estaexperiencia de Espazo Lectura é posible mergullar dentro das instalacións e activi-dades da biblioteca a ledicia argallada polo balbordo entusiasta dos picariños coacougo proporcionado polos textos impresos, xa que é, en definitiva, o espazo espe-cializado para compartir a lectura e a vida.

MANUEL BRAGADO

Page 155: Os ollos do Contomar
Page 156: Os ollos do Contomar
Page 157: Os ollos do Contomar
Page 158: Os ollos do Contomar

As referencias das citasGünter Grass, «Literatura e Historia», El País, 23/10/1999Gianni Rodari, La escuela de la fantasía, Editorial Popular, 2003Manuel Rivas, «Por que somos os penúltimos?», El País, suplemento Luces, 30/03/2007Pep Molist, Dentro del espejo, Graó, 2008Daniel Pennac, Como unha novela, Xerais, 1993Lolo Rico, Como hacer que tus hijos lean, Alfaguara, 2003Xabier P. DoCampo, Catro cartas, Anaya, 2000Juan Mata, Como mirar a la luna, Graó, 2004Suso de Toro, Extracto do pregón pronunciado na Feira Libro da Coruña, 2007Paul Auster, citado en El rumor de la lectura, Equipo Peonza, Anaya, 2001Juan Farias, Hablemos de leer, Anaya, 2002Marcial, EpigramasPep Albanell, Hablemos de leer, Anaya, 2002Víctor Moreno, Leer con los cinco sentidos, Pamiela, 2004Marcos S. Calveiro, «Por que menten os pais?», Xornal de Galicia, 31/01/2009Carlo Dossi, Note azzurre, Adelphi, 1964 (póstumo)Víctor Freixanes, «Primeiros bicos», La Voz de Galicia, 07/12/2008Roger Chartier, «Aprender a leer, leer para aprender», La lectura en España, FGSR/FGEE, 2008Gabriel Zaid, Los demasiados libros, Anagrama, 1996Roberto Cotroneo, Si una mañana de verano un niño, Mondadori, 1999Antonio García Teijeiro, «Espazo Lectura», A Nosa Terra, 25/09/2008Luis Sepúlveda, Un viejo que leía novelas de amor, Tusquets, 1989Juan Gelman, Discurso pronunciado no Foro Víctor Hugo Rascón Banda¸ Feria del Libro del Zócalo, México, 2008Fran Alonso, «O libro», A Nosa Terra, 18-24 de setembro de 2008Jostein Gaarder, Conferencia no 28° Congreso de IBBY, Basilea, 29 set/3 out 2002Xelís de Toro, A Nosa Terra, 22/12/2008Montaigne, Ensaios

Page 159: Os ollos do Contomar

Xosé A. Neira Cruz, «Ler e animar a ler: retos á paixón», Interea Visual 09, Deputación da Coruña, 2006M. Houellebecq, Las partículas elementales, Anagrama, 1999Ana María Machado, Entrevista de Priscila Ramalho, Fala Mestre!, Edição 145, set/2001Najwan Darwish, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007Equipo Peonza, El rumor de la lectura, Anaya, 2001Xulio Cobas Brenlla, A voltas coa literatura pra nenos, Ediciós do Castro, 1982Alberto Manguel, Una historia de la lectura, Alianza Editorial, 1998Álvaro Cunqueiro, «Imaginación y creación», Grial num. 2, outubro/novembro/decembro, 1963John Berger, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007Rosa Aneiros, El Progreso, Diario de Pontevedra e Galicia Hoxe, 25 e 26 de xuño de 2008Mempo Giardinelli, Volver a leer, Edhasa, 2006Michèle Petit, entrevista, Imaginaria, Lecturas, num. 23, 19/04/2000Agustín Fernández Paz, Fragmento do pregón no Día das Bibliotecas 2008Blanca Calvo, Educación y Biblioteca, ano 11, num, 100, abril de 1999Xavier Seoane, Atravesar o espello, Xerais, 1999Pere Calders, «El sistema Robert Hein», Pasión de papel, Páginas de Espuma, 2007Astrid Lindgren, Mi mundo perdido, Juventud, 1985Geneviève Patte, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007Daniel Cassany, Tras las líneas, Anagrama, 2006João Manuel Ribeiro, «A leitura, princípio de racionalidade e liberdade», Gulbenkian, Congresso Int. Promoção Leitura, 2009Isabel Blanco, Mesa redonda: «La lectura, prioridad educativa: leer y escribir en la era digital», Madrid, 18/11/2008Jean Paul Sartre, As palabras, Ed. La Voz de Galicia, 2005Teresa Moure, entrevista, Praza das Letras, 9/05/2007Sándor Marai, Herbario, Rinoceronte, 2006María Luz Corral, Grial num. 173, xaneiro, febreiro, marzo de 2007Harold Bloom, Como leer y por qué, Anagrama, 2005Manuel Bragado, «Noite na biblioteca», Faro de Vigo, 29/06/2008Foron pedidos ex profeso os textos de: Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Miguel Vázquez Freire, Paula Carballeira, MaríaReimóndez, Xavier López Rodríguez, Cristina Novoa, Pilar Sampedro

Page 160: Os ollos do Contomar