100
Xurxo Lobato Rostros da memoria

Os rostros da memoria

Embed Size (px)

DESCRIPTION

rostros, memoria

Citation preview

Page 1: Os rostros da memoria

Xurxo Lobato

Rostros da memoria

Page 2: Os rostros da memoria

Textos biográficosGustavo Hervella

Proxecto de Investigación, Nomes, Voces e LugaresUniversidade de Santiago de CompostelaUniversidade de VigoUniversidade da Coruña

Fotografías© Xurxo Lobato

Deseño gráficoXosé Díaz [Imago Mundi]

ImprimeAlva Gráfica

Depósito LegalC-0000 2007

ISBN978-84-453-4529-0

XUNTA DE GALICIA

Presidente da Xunta de GaliciaEmilio Pérez Touriño

Conselleira de Cultura e DeporteÁnxela Bugallo Rodríguez

Director xeral de Creación e Difusión CulturalLuís Bará Torres

Agradecementos

Matías Rodríguez da Torre

Rostros da memoria

Page 3: Os rostros da memoria

AAquí están os seus rostros, cos seus nomes.

Aos poucos foron aparecendo, mostrándose xa sen medo e co orgullo de pertencer

aos que defendían a liberdade, a dignidade e a xustiza.

Aos poucos fomos agradecendo o seu esforzo e o seu sufrimento. Non todo o que

merecían, non a todos e todas os que o merecían. En moitos casos, chegamos tarde,

pasara xa tempo de máis para achegármonos a aqueles fillos que quedaron sen pais,

a aquelas mulleres que tiveron que calar a súa militancia, a aqueles fuxidos que nunca

regresaron, ás que tiveron que sufrir cadea e a tantos e tantas que viron como a súa

biografía se escribía coa marca da represión.

Son, para nós, protagonistas dun tempo no que a recuperación da nosa memoria

se presenta como urxencia política, como débeda moral e como xustiza histórica. Qui-

xemos, en todo momento, contar coas súas voces, coas súas testemuñas, coa súa his-

toria e agora tamén co seu rostro, imaxes labradas co noso propio pasado silenciado.

En “Os Rostros da memoria” Xurxo Lobato fainos partícipes das súas miradas, ofré-

cenos as súas imaxes en primeiro plano, expresivas, narradoras, e consegue nesa visión

o noso compromiso coas súas vidas, moitas delas anónimas, pero que calquera visi-

tante pode imaxinar intensas e dolorosas.

Cando desde a Consellería de Cultura e Deporte desenvolvemos o programa do

Ano da Memoria tiñamos claro que eles e elas tiñan que ser os nosos protagonistas. A

homenaxe era necesaria e, por iso, quixemos que os homes e mulleres que foron víti-

mas da represión soubesen do noso recoñecemento. Foron por iso voces privilexiadas

nas grandes homenaxes nacionais, e en boa parte dos actos que promovemos polo

país enteiro. Aos poucos, comezamos a coñecelos, os seus nomes foron facéndose

máis familiares e, a maior parte deles, respondía con agarimo aos nosos chamados.

Setenta anos despois do golpe militar quedaba aínda moita memoria viva, moitas per-

soas que podían contar porque viviron de forma directa como se exerceu a represión

na Galiza, saben o que é o medo, a fame, o silencio e, en fin, o sufrimento. Aquí están

unha parte deles, homes e mulleres que nos teñen moito que contar, e, para nós, moti-

vo de homenaxe necesaria. Teñen agora imaxe e palabra e miran cara aos nosos ollos

con toda a súa vida de dignidade e memoria.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

Page 4: Os rostros da memoria
Page 5: Os rostros da memoria

CA IMAXE PRESENTE DO PASADO

Cando o goberno galego, por iniciativa da

Consellería de Cultura e Deporte, declarou o ano 2006 como Ano da Memoria tivo

lugar a acción gobernamental máis efectiva a favor dun pasado oculto e do recoñce-

mento das vítimas da represión de 1936 que lembra a actual democracia. Despois de

meses discutindo a mal chamada Lei da Memoria Histórica as frustracións e desacou-

gos que produce a súa tramitación demostran que non son (só, nin principalmente) as

leis senón as iniciativas políticas as que poden desbloquear o coñecemento cabal do

pasado e mais o recoñecemento dos que aínda non foron recoñecidos desde o senti-

do actual dos dereitos humanos e dos valores cívicos da democracia.

Unha das mentiras máis exitosas do franquismo foi converter en roxos a todas as

súas vítimas. Uns, socialistas e comunistas, éranos por convicción, outros eran demó-

cratas republicanos que nunca se identificarían con esa vinculación vermella, algúns

eran republicanos conservadores ou de dereitas, moitos católicos que nunca serán bea-

tificados, non poucos laicistas militantes pero conservadores, entre todos eles había

nacionalistas, galeguistas, de diferentes orientacións pero identificados todos coa

democracia republicana e coa causa da Autonomía, abundaron tamén os libertarios,

entre os que os había contrarios mesmo á propia República e sindicalistas de todas as

castes. A rebelión militar de xullo de 1936 coa súa represión e a Ditadura que saíu da

guerra e a perpetuou igualaron toda aquela diversidade propia dunha sociedade plu-

ral conformada retrospectivamente alén da IIª República (1931-1936) pois arrinca do

século previo, o do liberalismo, aquel século XIX que xestara a súa propia democracia

de vangarda en 1868 e mesmo unha outra República, a Iª en 1873. Toda aquela plu-

ralidade política e social foi convertida polo franquismo despois da derrota militar da

República en negación da democracia e todos os derrotados foron igualados para

poder ser anulados.

A represión foi dirixida en realidade contra as elites da democracia e da sociedade

republicana. Gobernadores civís, presidentes de deputación, deputados, alcaldes, con-

celleiros, dirixentes de partidos democráticos. Contra as elites intelectuais: mestres,

profesores de universidade, científicos, artistas. Contra as elites da sociedade plural

democrática e os seus cadros sociais e sindicais: militantes, dirixentes de sociedades

agrarias, círculos e ateneos operarios, organizacións feministas. Contra as elites profe-

sionais: avogados, médicos, arquitectos, xefes de correos, altos cadros da administra-

Page 6: Os rostros da memoria

ción. Contra os homes e mulleres libres. Esta diversidade foi a que aquí se quixo reco-

ller, coas dificultades do paso do tempo e da localización dos protagonistas.

A rotundidade e crueldade da represión estaba inscrita na lóxica do golpe de esta-

do. No tempo do fascismo a destrución física do inimigo era a única garantía dos rebel-

des para atemorizar o conxunto social e lograr, senón a adhesión, determinar polo

menos a paralización. Por iso os conspiradores definiron previamente o que tiñan que

facer como unha “acción decidida”. A represión tiña un obxectivo exemplarizante, por

iso os mortos dende o principio aparecían nas cunetas: para ser vistos como se fose

unha picota medieval, para atemorizar os que non sufriron os paseos, os demais, os

que lograron salvarse. A calidade das vítimas era aínda máis importante que a canti-

dade, que o número. Sen dirixentes, sen cadros sociais, os sublevados podían garantir

a paralización social, a obediencia e a submisión que produce o medo físico. O medo

á morte. O medo é libre cando non hai liberdade.

Foi unha represión diversa nas formas e no tempo de aplicación. A limpeza inicial,

dos primeiros días foi gradualmente distinta que a posterior. Por iso algúns que logra-

ron agocharse ao comezo despois mesmo sendo xulgados e condenados a morte pui-

deron ver conmutada a súa pena e saír da cadea cando a superpoboación dos cárce-

res despois da derrota da República obrigou ao réxime a aliviar os centros de reclusión.

O asasinato, con ficción legal ou sen ela, non foi a única vía que seguiu a represión.

Ao lado dos mortos están os que sufren cárcere, os depurados de empregos públicos,

os destituídos dos seus postos públicos e mesmo privados, os multados e incautados

que perden as súas propiedades, os que son continuadamente ameazados, persegui-

dos e vixiados, aínda que nunca entraran no cárcere. As mulleres violadas, rapadas e

embarazadas. Os que nunca quedan marcados de por vida e aos que sempre se lles

lembra a súa marca de apestados para que ninguén se mesture con eles. Todas estas

formas de represión están marcadas nos rostros desta exposición. Como nos amosa-

ron os superviventes da Shoah, a morte non sempre foi o peor castigo dos verdugos.

A dignidade das vítimas nunca foi arrebatada pola longa Ditadura, pero o que per-

mitiu por fin esta declaración do Ano da Memoria e as iniciativas que a seguiron foi des-

vendar o pasado e favorecer o seu coñecemento e mais o das vítimas como se merece,

no espazo público. Porque facer público é levar ao espazo público o coñecemento e o

recoñecemento. Aquela declaración do novo goberno fixo posíbel contar o que non se

podía contar, deu valor á lembranza oculta e privada, converteu en orgullo o que fora

ás veces “a vergoña e a desgraza da familia” e permitiu naturalizar, expresar, e mesmo

reivindicar o que sempre se calara. “As batalliñas (perdidas) do avó” acadaron así outra

dimensión e foron por fin reinvindicadas, as máis das veces polos netos e tamén polos

fillos que se senten recoñecidos despois de padecer décadas de negación. As vítimas

non falan e se non se lles dá oportunidade, moitas poderían calar para sempre. Pero era

tempo de que os sen voz puidesen expresarse e os sen cara puidesen verse

Page 7: Os rostros da memoria

É neste contexto de recuperación das memorias privadas que se converten en públi-

cas no que adquire valor esta mostra. Porque nada hai máis expresivo que a imaxe da

idade e as marcas do sufrimento. Nada máis revelador que a faciana unida á biogra-

fía. Todas estas biografías teñen en común o sufrimento e a dignidade. Agachan for-

mas moi variadas de exclusión e de inxustiza ao longo dos últimos setenta anos: da

orfandade á destrución das traxectorias profesionais, da cadea á invisibilidade, ou por

mellor decir, ao intento de ocultación. A imaxe e a publicidade evitan a ocultación e

expresan a dignidade. Ese é o sentido desta mostra.

A derrota da democracia republicana, a fuxida, o exilio, a oposición ao franquismo,

o traballo na recuperación da democracia e a reivindicación do seu pasado incómodo

iguala a todos estes rostros. Moitas historias distintas e anónimas, agora coñecidas que

aínda representan a moitas máis que son descoñecidas. Algúns son persoeiros coñeci-

dos e mesmo recoñecidos outros, a maioría, son anónimos. Agora perden o anonima-

to, nun xesto que expresa a súa valentía, a de agora e a de sempre. A valentía do

común.

O coñecemento deste pasado oculto, o que hoxe se define com recuperación da

memoria, en traballos académicos ou por investigadores empeñados en bucear arqui-

vos e historias ven acrecentándose nos últimos quince anos. Unha indagación e un

coñecemento que foi anterior mesmo á posibilidade de recoñemento das vitimas que

só ailladamente empezou hai trinta anos despois da morte do Ditador, como iniciativa

política e sindical. Dun xeito cada vez máis exhaustivo e como iniciativa fundamental-

mente social dende que hai uns dez anos, en Tui e mais en Ribadeo, principiou unha

marea que non se detén dende entón, pero que só agora conta con apoio público e

que só agora pode dar lugar a unha auténtica política da memoria.

A conversión da memoria privada, fragmentada, agochada, tolleita, en historia

común é a grande tarefa nesta altura. Só iso permitirá converter en Historia un pasa-

do que seguiu aberto e que, como evidencia plasticamente esta exposición, segue

aberto nos supervivientes daquela época e nos seus fillos e fillas.

Dende o Proxecto Interuniversitario “As vitimas, As voces, os nomes e os lugares”

recuperamos moitas destas historias coas colaboracións de moitas persoas. Outras

foron recuperadas por outros investigadores e investigadoras, ás que queremos dar o

noso recoñecemento. As fotografías de Xurxo Lobato, a montaxe de Xosé Díaz son un

luxo que fala por si mesmo.

Lourenzo Fernández Prieto

Catedrático de Historia Contemporánea da USC

Proxecto de Investigación Interuniversitario Nomes, Voces e Lugares

Page 8: Os rostros da memoria

Esta é unha mostra tan só dalgunhasdas persoas que en Galicia sufrironrepresión por manter as súas ideas nadefensa da democracia, despóis dogolpe de estado do xeneral Francocontra a República. O delito demoitas destas mulleres foi ser esposas,fillas ou irmáns. No franquismotamén iso se penalizaba.

Quere ser unha homenaxe tamén aaqueles que mantiveron os ideaiscomunistas, republicanos, anarquistas,masóns, socialistas e nacionalistas nostempos en que pensar era delito esoñar perseguíase.

É o momento de cumprir a débeda,que temos os que hoxe desfrutamosda liberdade, cos que por elaloitaron.

Simbolicamente retratei 45 mulleres ehomes case todos pouco coñecidos, ássabendas que son moitos máis; pero oespazo é limitado.

Despois de 40 anos de silencio edesprezo chegou a hora de recuperara memoria e dala a coñecer: aquíestán os rostros da DIGNIDADE paraque nunca esquezamos.

Xurxo Lobato

A Rolindes e Lila Lobato

Page 9: Os rostros da memoria

Rostros da memoria

Page 10: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 10

Gonzalo Adrio Barreiro

Nace en Pontevedra o 1 de outubro de 1919,fillo de José Adrio Mañá, perito agrícola quetraballaba como funcionario do Estado e deMaría Barreiro Piñeiro. De familia republicana, oseu irmán, José Adrio, un dos fundadores doPRRS en Pontevedra, foi executado en 1936 naCaeira. El foi presidente, xa nos anos setenta, doPSP en Galicia, e nos oitenta, membro do PSOE.

Page 11: Os rostros da memoria
Page 12: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 12

Antonio Alejandre Ramos

Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa, 1915. Fillo decaseiros, na IIª República traballa nunha empresade madeiras, afíliase á CNT. Cando se produce ogolpe de estado en xullo participa na resistenciade Vilagarcía organizada dende o concello e foxeao monte cando se impoñen os sublevados.Agóchase en Vilaxoán con Francisco Budín exuntos secuestran dous falanxistas (un dos calesserá alcalde franquista da vila). É detido eacabará preso en San Simón durante 4 anos.

Page 13: Os rostros da memoria
Page 14: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 14

María Teresa Cristina AlvajarLópez

A Coruña, 1922. Filla de César Alvajar e AmparoLópez Jean, pertence a unha familia de grandetradición republicana de Galicia. Cando se produciuo golpe de estado atopábase co seu pai en Soria,provincia da que este era gobernador civil. Pasou aguerra en Valencia, Madrid e Barcelona. Non puidocruzar a fronteira con seus pais e, tras unha longaviaxe, chegou á Coruña envolta nun capote desoldado para disimular a súa condición de muller.Foi acusada de pertencer ao Servicio deInvestigación Militar e estivo no cárcere. Exiliouse en1940 en Francia e púxose a traballar nunha fábricade tecidos.

Page 15: Os rostros da memoria
Page 16: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 16

Antonio Arenosa Rodríguez

Vigo, 1906. Modelo de obreiro autodidacta,formouse lendo desde a infancia e na bibliotecada Casa do Pobo. Foi interventor socialista naseleccións de 1936. Cando a sublevación dosmilitares en Vigo, en xullo de 1936, foi un dosque tentou reunir as armas para deter osinsurrectos. Estaba entre os que, na Porta do Solde Vigo, se enfrontaron ao capitán Carreró,cando leu o parte de guerra e pedíndolle apistola ao líder comunista Eduardo Araujo tentouactuar contra os militares. Foi ferido, e salvou avida ao ser contado entre os mortos da liorta.Sabéndose perseguido agochouse por longotempo nunha casa en Bouzas.

Page 17: Os rostros da memoria
Page 18: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 18

Antonio Ares Abelleira

Pontedeume, 1915. De profesión zapateiro, un irmán seu, JoséAres, foi fusilado ao comezar a guerra civil. Militante primeirodas Xuventudes Libertarias, despois das Xuventudes SocialistasUnificadas, ingresa despois no PCE. Durante a guerra é detidoe xulgado en consello de guerra en dúas ocasións econdenado á pena de morte, que despois lle foi conmutada.

Page 19: Os rostros da memoria
Page 20: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 20

Herminio Barreiro Calvete

Sisán-Cambados, 1908. O seu pai emigrou aAmérica, onde traballou de carpinteiro durantedez anos. A súa nai compaxinaba os traballos decostura coa venda de diferentes produtosagrícolas. Membro do PSOE, do que foiapoderado nas eleccións de 1931 e colaboradorde xornais locais, exerceu de mestre na IIªRepública en diferentes localidades de Galicia. Cogolpe de estado sufriu a represión en Cambadose, ante o acoso ao que se ve sometido,incorporouse a filas. Estivo nos cárceres dePontevedra e Vigo, foi expedientado e relevadoda docencia de por vida, á que só seráreincorporado xusto antes do retiro entre os anos1974-1977.

Page 21: Os rostros da memoria
Page 22: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 22

Manuel Barros Montero

Naceu en Redondela en 1920, fillo de ManuelBarros Fervenza (mariñeiro comunista morto nobombardeo de Pasaia en 1936) e de LucianaMontero Paz (costureira). Foi fundador dasXuventudes Comunistas de Redondela nos anos30, participou activamente en manifestacións eactos a prol da liberdade dos presos de Asturiasen 1934. Participa en Vigo no Congreso deUnificación das Xuventudes Comunistas eSocialistas como delegado de Redondela o 17 dexullo de 1936. Os militares rebeldes fanoprisioneiro e vai ao cárcere do Frontón e ao darúa do Príncipe, despois a San Simón, Vitoria eValladolid. Estivo preso de novo en Santoña no1948 por actividades de oposición ao réxime.Volveu a Redondela, onde chegou a serconcelleiro do PCG cando a recuperación dademocracia. Morreu no verán de 2007.

Page 23: Os rostros da memoria
Page 24: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 24

Amancio Caamaño Caamaño

Pontevedra, 1926. De familia de demócratasrepublicanos, é fillo de Amancio CaamañoCimadevila, prestixioso cirurxián de Pontevedra,director do hospital provincial e propietario dunsanatorio. Caamaño Cimadevila foi un dosfundadores da ORGA e chegou a ser presidenteda Deputación Provincial de Pontevedra. En 1936foi executado xunto con outros demócratas naCaeira.

Page 25: Os rostros da memoria
Page 26: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 26

Melania Castro Nieto

Barro, 1927. Seu pai, do partido IzquierdaRepublicana, era o alcalde desta vilapontevedresa en 1936. Cando a sublevaciónmilitar triunfa en Galicia, foxe, e permanece unsmeses agochado. A nai e irmáns de Melaniaforon repetidamente ameazadas e atormentadaspolos falanxistas nas visitas periódicas que llesfacían. Unha vez preso seu pai, foi torturado eencadeado dous anos no Lazareto de San Simóne outros dous no cárcere de Astorga.

Page 27: Os rostros da memoria
Page 28: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 28

Manuel Cea Zanetti

Vigo, 1918. De familia obreira, comezou atraballar no taller do escultor Camilo Nogueira ea militar nas Juventudes Libertarias de Vigo. En1936 viviu os acontecementos do golpe deestado na cidade. Chamado ás filas en novembrodese ano, estivo presente na fronte de Asturias,na de Madrid e na de Aragón, e participou nabatalla de Teruel. Tras caer preso polosrepublicanos, serviu no Quinto Rexemento deLíster. Coa derrota da República, pasa a Francia através dos Pireneos,e queda recluído nun campode refuxiados en Hendaya. De regreso a Galicia,participou en actividades de oposición ao réxime.

Page 29: Os rostros da memoria
Page 30: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 30

Ascensión Concheiro García“Choncha Comesaña”

Ordes, 1913. Estudante de maxisterio en 1931en Compostela, coñece o que será o seu marido,o comunista Francisco Comesaña que, a comezosda guerra civil é detido, xulgado en consello deguerra e sentenciado a morte. Salvado de serfusilado polo seu pasaporte cubano, foicondenado a cadea perpetua. Choncha casoucon el por poderes en 1941 e, tras conseguir aliberdade de seu marido en 1944, exílianse aCuba e logo en México, onde se relacionaron cosexiliados españois, moitos procedentes de Galicia.Alí, formou parte da Asociación de MujeresEspañolas Mariana Pineda e participou enactividades do Padroado da Cultura Galega.Regresou a Tui tras a a morte de Franco, en1975.

Page 31: Os rostros da memoria
Page 32: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 32

Isaac Díaz Pardo

Santiago de Compostela, 1920. Fillo do pintorgaleguista Camilo Díaz Baliño, asasinado polosfascistas cando o mozo Isaac proxectaba acceder áEscola de Arquitectura. Nos primeiros días dasublevación acudiu cos voluntarios compostelánsque infrutuosamente tentaron valer aos militaresleais da Coruña. Morto seu pai agóchase naCoruña e, despois, traballa como rotulista.Rematada a guerra ingresou na Escola de BelasArtes de San Fernando e participou en 1941 naprimeira experiencia española de deseño industrial.No 1948 comezou a súa obra de ceramista coainstalación da planta industrial no Castro deSamoedo (Sada) e máis adiante en Sargadelos,onde produciu unha porcelana de gran calidade. Naexperiencia colaborou, entre outros, Luís Seoanedurante as numerosas estadías de Isaac en BuenosAires. Recibiu entre outras distincións o Pedrón deOuro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilectode Santiago (1988), a Medalla de Ouro de Galiciaen 2007 e é doutor honoris causa polasuniversidades de Santiago e A Coruña.

Page 33: Os rostros da memoria
Page 34: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 34

Camilo de Dios Fernández

Sandiás, 1931. Membro dunha familiarepublicana de esquerdas. Seu pai, Jesús de Dios,estivo fuxido no monte; súa nai, CarmenFernández, estivo en diferentes cárceres deGalicia e do resto do estado, ao igual que algúnsdos seus tíos. Seu irmán Perfecto, combatente naguerrilla antifranquista na posguerra, foiasasinado nas inmediacións de Madrid. Camilofoi un dos guerrilleiros máis novos cando, amediados dos anos corenta,, se incorporou á IIªAgrupación. Detido en 1948, foi condenado avarias penas de prisión que sufriu en varioscárceres durante os anos cincuenta. De volta aSandiás, reorganiza o PCE na súa bisbarra paraloitar, de novo, contra a ditadura.

Page 35: Os rostros da memoria
Page 36: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 36

Joaquina Dorado

A Coruña, 1917. Filla de mariñeiros, pasa a súaadolescencia na cidade herculina até que en1934 marcha con toda a familia a Barcelona.Con 17 anos afíliase ao Sindicato da Madeira eDecoración da CNT. Despois do golpe de estadode xullo de 1936 participa de forma activa nadefensa da legalidade republicana, formandoparte do Comité de Defensa da cidade. Coaderrota da República fuxiu ao exilio en 1939. En1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anospresa, volve exiliarse en París, onde se xubila.

Page 37: Os rostros da memoria
Page 38: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 38

Francisco Fernández del Riego

Vilanova de Lourenzá, 1913. Estudou Dereito enCompostela, onde participa activamente nogaleguismo político, dentro do PartidoGaleguista, e intelectual, no S.E.G. Cando ogolpe militar era membro da Comisión Xestorada Fronte Popular do Concello de Compostela.Tras estar agochado dos falanxistas, incorporouseao exército franquista para salvar a vida.Axudante da Facultade de Dereito daUniversidade de Santiago, da que foi expulsadocomo moitos outros profesores. Con RamónPiñeiro e Xaime Illa Couto, impulsou a EditorialGalaxia (1950), empresa que liderou o procesode restauración cultural na posguerra e quesufriu a censura da ditadura franquista. En 1960foi elixido membro da Real Academia Galega, daque foi presidente de 1997 a 2001. Foirecoñecido con numerosos galardóns, entre eleso Premio Trasalba, o Pedrón de Ouro ou aMedalla de Ouro da Cidade de Vigo.

Page 39: Os rostros da memoria
Page 40: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 40

Carmen Filgueiras Vázquez

Mugardos, 1925. Testemuña directa da represiónna vila coruñesa, onde seu irmán estivo a piquesde ser paseado. Na segunda metade da décadados corenta, contacta cos fuxidos e convértese enenlace da guerrilla antifranquista e do PCE. Aocaer un membro da organización que dá o seunome á policía, foi detida e enviada ao cárcerede Mugardos, do que pasou ao veciño castelo deSan Felipe. Sofre un consello de guerra, do queresultou absolta.

Page 41: Os rostros da memoria
Page 42: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 42

José María Goldar Beiras

Guimarei-A Estrada, 1918. Pertencía á Sociedadede Traballadores da parroquia, vinculada á UGT.Asiduo participante nas manifestacións do 1º demaio, en xullo de 1936 é apresado xunto aoutros membros do sindicato e trasladadoprimeiro ao cárcere da Estrada e despois aoLazareto de San Simón. Ao saír da Illa foiencadrado en batallóns de traballadores enCanarias e Marrocos.

Page 43: Os rostros da memoria
Page 44: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 44

Marcelo González Fontenla

Vilagarcía de Arousa, 1915. Estaba en Ferrol o 18de xullo de 1936, entre os mariñeiros do cruceiroLibertad que se enfrontaron aos oficiais rebeldespara salvar a nave para a República. Marcelo,xunto cos seus compañeiros do Libertad, tomaparte en numerosas batallas coma a do cabo dePalos na que conseguen afundir o cruceiroBaleares. Rematada a guerra desembarcou cosrestos da Armada leal en Bizerta (Tunicia) e vaiparar a un campo de concentración no norte deÁfrica. Regresará a Galicia, onde sofre consellode guerra.

Page 45: Os rostros da memoria
Page 46: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 46

Gloria González Martínez

Cangas do Morrazo, 1915. Seu marido, ÁngelChapela Fernández foi interventor nas elecciónsde febreiro de 1936 e, tras o golpe de estado,estivo seis anos preso no Lazareto de San Simón.Un cuñado, Guillermo Chapela, tamén pasouunha longa tempada neste mesmo cárcere.Ambos pertencían á Alianza Mariñeira da CNT.

Page 47: Os rostros da memoria
Page 48: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 48

Xaime Illa Couto

Santiago de Compostela, 1915. Estudou obacharelato en Vigo, onde se adheriu áAsemblea das Irmandades da Fala e participou nacreación do Grupo Autonomista de Vigo.Durante a IIª República cursou a carreira demaxisterio pero as depuracións realizadas poloréxime franquista non lle permitiron realizar ocurso de prácticas. Nos anos trinta participou nafundación das Mocedades Galeguistas e taménformou parte dos equipos do Seminario deEstudos Galegos; foi o primeiro bolseiro destainstitución na sección de Estudos Xurídicos,Económicos e Sociais. En 1950 participou nafundación da editorial Galaxia, da que éconselleiro-delegado desde a súa fundación. Enxaneiro de 1999 ingresou na Real AcademiaGalega. Entre outros galardóns posúe o PremioTrasalba e a Medalla Castelao.

Page 49: Os rostros da memoria
Page 50: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 50

Milagros Losada Fernández

O Saviñao, 1915. De familia esquerdista erepublicana, seu irmán Baldomero LosadaFernández era en 1936 vicesecretario daAgrupación Socialista de Escairón (O Saviñao).Por este motivo, foi detida en 1939 e 1940.Estivo presa nos cárceres de Monforte de Lemose Lugo, acusada de familiar de fuxido.

Page 51: Os rostros da memoria
Page 52: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 52

Francisco Martínez López“Quico”

Naceu en Cabañas Raras (O Bierzo) en 1925,onde medrou no seo dunha familia campesiña.Dende os 17 anos colabora coa oposición e aguerrilla antifranquista, e posteriormente súmaseaos grupos guerrilleiros que se enfrontaron coasarmas á ditadura. Na clandestinidade armadadesde 1947, foi membro do mítico grupo deManuel Girón, que mantivo entre Galicia e Leónunha inxente actividade de combate epropaganda até o ano 1951 no que se exilia enFrancia.

Page 53: Os rostros da memoria
Page 54: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 54

María Luísa Mazariegos Romero

Naceu na Coruña en 1932, no seo dunha familiarepublicana e socialista. Seu pai, FranciscoMazariegos, empregado de banca era membrodo sindicato UGT e súa nai, Mercedes RomeroAbella, era mestra nacional. O pai foi condenadoa morte en consello de guerra e executado enagosto de 1936 e súa nai “paseada” ese mesmoano.

Page 55: Os rostros da memoria
Page 56: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 56

Carmen Meaños Abuín“A Carrilla”

Vilagarcía de Arousa, 1927. É filla do asasinadoAntonio Meaños Abelenda, obreiro afiliado áCNT, vinculado ao Sindicato de TransportesMarítimos. Van buscalo para “pasealo” enagosto do 1936 e a muller e os nenos (entre osque está Carmen, que ten 9 anos) foxen polafiestra. Dous tíos son detidos e conducidos aocárcere e dúas das súas tías foron rapadas polosfalanxistas.

Page 57: Os rostros da memoria
Page 58: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 58

Concha Nogueira Miguel

Vigo, 1933. Filla dos militantes comunistas ÁngelNogueira e Carmen Miguel quen, intentandoescapar da represión franquista no Bou Evadeciden, xunto cos seus compañeiros, suicidarseantes de ser asasinados polos seus perseguidores.Concha emigrou a Venezuela, país ao quechegou en 1953 e onde participou en actividadesda colectividade galega (Lar Galego, CentroGalego e Irmandade Galega de Caracas). Retornaa Galicia en 1970, integrándose na loitaantifranquista a través do Movemento deMulleres Democráticas. Na actualidade éSecretaria da Asociación Máximo Gorki ePresidenta da Asociación Viguesa Pola Memoriado 36.

Page 59: Os rostros da memoria
Page 60: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 60

María do Carme Nores Graña

Cangas do Morrazo, 1926. De familiaesquerdista, dous tíos seus foron asasinados en1936: Emilio Nores Rodríguez, en xullo en PonteSampaio e José Nores Rodríguez, albanel, enagosto en Anguieiro. Un irmán estivo anos presono Lazareto de San Simón.

Page 61: Os rostros da memoria
Page 62: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 62

Arturo Pardavila Santiago

Ribeira, 1912. Mariñeiro da CNT, Arturoatopábase en Pasaxes o 18 de xullo de 1936. Alíé alistado para a defensa da República e participana guerra desde o País Vasco e Cataluña. Pasarápor diferentes campos de concentración: Francia,Miranda de Ebro e Ferrol. Regresa a Ribeira trasun xuízo coa prohibición de embarcar en“altura”.

Page 63: Os rostros da memoria
Page 64: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 64

Lucila Pereira Otero

Redondela, 1924. De familia republicana seu pai,Luís Pereira Míguez, era boticario, e súa nai,Ernestina Otero Sestelo, mestra. Ambos foronperseguidos despois do golpe de estado de1936, encadeados, torturados e apartados doservizo e da súa profesión. A represión tamén secebou con algúns membros da súa familiacomprometidos coas vítimas: unha irmá súa foiameazada por levar flores ás tumbas dosasasinados.

Page 65: Os rostros da memoria
Page 66: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 66

Avelino Pousa Antelo

A Barcala-A Baña, 1914. Fillo de María Capeánse Ramón Antelo Campos. Participa nomovemento agrarista e cooperativista da Barcalae dende moi novo vencéllase ás mocedadesgaleguistas. Tras a guerra exerceu docencia naEscola Agrícola da Granxa de Barreiros. SecretarioXeral do Partido Galeguista no 1978 e presidentedende o 79 ao 83. Actualmente é o presidenteda Fundación Castelao.

Page 67: Os rostros da memoria
Page 68: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 68

Manuel Prieto García

Entrimo, 1920. Chamado a filas en 1936,desertará mentres gozaba dun permiso na súaaldea de Ferreirós. Refuxiouse nun dos montespróximos ao Ribeiro de Baixo durante catromeses e, finalmente, decidiu entregarse porpresións familiares pouco tempo antes de querematase a guerra. Comeza daquela un periplopor cárceres, campos de concentración e novorecrutamento militar que non rematará até 1946.

Page 69: Os rostros da memoria
Page 70: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 70

Manuel Ildefonso Puente Nodar

Guimarei-A Estrada, 1913. Fillo de Manuel e Mªdo Carme. De profesión carpinteiro e afiliado áUGT. Foi detido o 23 de setembro de 1936. O 2de setembro de 1937 ingresa na prisiónprovincial de Pontevedra procedente do lazaretode San Simón, ao que volta o 13 de decembrodo 1937 por orde do Gobernador Militar. O 13de xaneiro de 1938 é sentenciado polo delito deauxilio á rebelión á pena de 20 anos de reclusión.O 22 de marzo do 1939 ingresa na prisióncentral de Astorga e en decembro trasládano áprisión central de Figueirido. O 30 de agosto do1940 decrétanlle prisión atenuada no seudomicilio.

Page 71: Os rostros da memoria
Page 72: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 72

Dolores Rodal Blanco

Cangas do Morrazo, 1920. Membro dunhafamilia de activos sindicalistas. Seu pai, JoséRodal Lanzós, que pertencía ao sindicato AlianzaMariñeira da CNT, fora detido xa en 1934 e, enxullo de 1936 foi encadeado. Súa nai, DoloresBlanco Montes era unha redeira que xa estiverapresa durante a ditadura de Primo de Rivera eque foi detida e houbo de ser “paseada” en1936. Un irmán seu, Ángel Rodal Blanco foiasasinado e o seu corpo nunca se atopou, eoutro, José Rodal Blanco, estivo exiliado até1975.

Page 73: Os rostros da memoria
Page 74: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 74

Dolores Rodal García

Tui, 1932. Filla de Pilar García Pérez e de RafaelRodal Lanzós de Cangas e de profesióncarpinteiro. Seu pai de ideas socialistas é detidoen 1936, preso no cárcere de Tui, nun principio,e deportado posteriormente a Lugo. Seu irmánmáis vello, Remigio, estivo cinco anos preso enCádiz. O seu tío paterno José de Cangas taménestaría anos no cárcere. O seu tío FernandoMartínez Freiría, ebanista afiliado á CNT, casadocoa súa tía Angelita García Pérez é fusilado nocemiterio de Pereiró en Vigo en febreiro de 1937.Este feito afectaralle especialmente, xa que elairá vivir coa súa tía Angelita á que coidará toda asúa vida. Neste momento é a depositaria doretrato do seu tío Fernando, obra que o pintorBenito Prieto Coussent realizou no cárcere de Tui,rematado dous días antes do fusilamento.

Page 75: Os rostros da memoria
Page 76: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 76

Rita Rodal Garcia

Tui, 1930. Filla de Pilar García Pérez e de RafaelRodal Lanzós de Cangas e de profesióncarpinteiro. Viviu desde moi nova a represión quese exerceu na súa familia, xa que seu pai, deideas socialistas, que participaba en todas asxuntanzas que se facían na cidade de Tui na Casado Pobo, na zona de Remuíños, onde vivían, édetido en 1936, preso no cárcere de Tui nunprincipio, onde ela acudía para levarlle unchusquiño de pan, é deportado posteriormente aLugo. O seu tío Fernando Martínez Freiría,ebanista afiliado á CNT, casado coa súa tíaAngelita García Pérez, é fusilado no cemiterio dePereiró en Vigo, en febreiro de 1937. Seu irmánRemigio, mariño voluntario é preso en Cádiz,condenado a morte, conmutada a pena por 30anos e un día, dos que vai cumprir cinco anos decárcere.

Page 77: Os rostros da memoria
Page 78: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 78

Heriberto Rodríguez Bermejo

Guimarei-A Estrada, 1913. Despois do golpe deestado de 1936 aprésano na Estrada e reclúenonos cárceres do Lazareto de San Simón, Santiagoe Pontevedra, pasa despois a batallóns deTraballadores en Canarias e Marrocos. Ao saír dacadea pasa un tempo na Estrada e logo, polapresión á que era sometido polos falanxistaslocais emigra a Arxentina, de onde regresa anosdespois, para establecer o seu domicilio de novona vila pontevedresa.

Page 79: Os rostros da memoria
Page 80: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 80

Consuelo Rodríguez López“Chelo”

Soucelín-Barco de Valdeorras, 1919. De familiarepublicana, catro irmáns morréronlle na guerrillaantifranquista e os pais foron asasinados en1939. Actuou como enlace da Federación deGuerrillas de León-Galicia e por esta actividadefoi detida en varias ocasións e pasou poloscárceres do Barco, Ponferrada e León. Exiliouseen Francia en 1949, instalándose en París co seucampañeiro Marino Montes, tamén combatenteda guerrilla antifranquista.

Page 81: Os rostros da memoria
Page 82: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 82

Alicia Solleiro Mella

Vigo, 1930. Filla dos destacados militantesesquerdistas Humberto Solleiro e Urania Mella, apertenza a unha familia tan significada marcounadurante toda a súa vida. Seu pai pertencía adiferentes sociedades antifascistas e súa nai, fillado histórico líder anarquista Ricardo Mella, eraunha das persoas referentes na loita obreiraviguesa. Humberto foi executado en outubro de1936 e Urania faleceu en 1945 tras pasar longastempadas en diferentes cárceres do Estado.

Page 83: Os rostros da memoria
Page 84: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 84

Concha Solleiro Mella

Vigo, 1932. É filla de Humberto Solleiro quepresidía a Sociedad Cultural Deportiva Obrera deLavadores e estaba nas xuntas directivas deamigos da Unión Soviética e do consello obreiroferroviario de Vigo, e de Urania Mella, filla deRicardo Mella, que pertencía ao grupo demulleres antifascistas. Ambos foron acusados deorganizar as barricadas no Calvario. Humberto foiexecutado en outubro de 1936 e Urania foicondenada a morte e logo conmutada por doceanos de prisión. Estivo en Saturrarán até 1943, emorreu dous anos despois, aos 44 anos.

Page 85: Os rostros da memoria
Page 86: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 86

María Torrado Calleja

Valladolid, 1922. De familia republicana esocialista, vivía coa súa nai, empregada de RENFE,en Barcelona durante a guerra civil. Con 15 anosestaba afiliada ás Xuventudes Socialistas dacidade Condal. Coa caída de Cataluña pasa enautobús a Francia, onde permanece retida nuncampo de refuxiados case un ano e medio. Deregreso a Madrid, busca á súa familia (a nai e untío estiveran no cárcere), e comeza a refacer asúa vida.

Page 87: Os rostros da memoria
Page 88: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 88

Elvira Varela Bao

A Coruña, 1926. Filla de demócratasrepublicanos, seu pai Bernardino Varela, contablee galeguista, foi detido en 1936 e preso nocárcere de Coruña. Súa nai, Elvira Bao, eramestra e activa militante da AgrupaciónRepublicana Femenina da Coruña, feito polo calfoi detida e estivo no cárcere desa cidade.

Page 89: Os rostros da memoria
Page 90: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 90

María Esther Varela Casares

A Coruña, 1932. É filla de Esther Casares eEnrique Varela. Seu pai é á súa vez axudantemilitar de Santiago Casares Quiroga, avó deMaría Esther. Debido ao traballo de seu pai e seuavó, pasa longas tempadas en diferentes cidadesdo Estado, e volve á Coruña polo verán. O golpede Estado cóllea a ela e á súa nai de vacacións enMiño. A Esther Casares lévana presa a Ferrol elogo á Coruña. Nai e filla vivirán na cidadeherculina vixiadas polas autoridades franquistase sen práctica relación coa sociedade local.Despois de varios intentos, ao cabo logranmarchar ao exilio mexicano en 1955, onde EstherVarela fará unha nova vida.

Page 91: Os rostros da memoria
Page 92: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 92

Juan Vázquez Loureda “Anido”

Mugardos, 1922. Ao rematar a guerra traballabade aprendiz de taller e especialista naval. Tivounha estreita relación coa guerrilla antifranquistaonde, con súa muller Carmen Filgueiras, fai deenlace da organización. Simpatizante do PCE, édetido nos anos corenta pasando polos cárceresde Mugardos e San Felipe de Ferrol.

Page 93: Os rostros da memoria
Page 94: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 94

Mar y Luz Villaverde Otero

A Coruña, 1934. De familia de esquerdas eanarquista, seu pai, José Villaverde, líder doanarquismo coruñés e secretario xeral da CNT foi“paseado” en setembro de 1936. Súa nai, aoquedar viúva, traballou como comerciante napraza de abastos coruñesa e seu avó, JoaquínOtero Castro, foi un dos fundadores do grupoGerminal. Así mesmo, dous tíos estiveron apiques de ser “paseados” na Coruña tras estarpresos no castelo de San Antón.

Page 95: Os rostros da memoria
Page 96: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 96

María Victoria Villaverde Otero

Vilagarcía de Arousa, 1922. Filla de ElpidioVillaverde, alcalde republicano de Vilagarcía deArousa, tivo que fuxir ao exilio logo do golpe deestado de 1936. De familia republicana, viviu asublevación militar na vila, conseguindo fuxir coasúa nai a Francia, onde coñeceu a RamónValenzuela Otero, con quen casaría en 1945. Trasvivir uns anos en Galicia parten cara a BuenosAires en 1949, onde inicia o exilio máis longo.Foi alí onde teñen contacto cos intelectuaisgaleguistas e republicanos, e participouactivamente en todos os movementos culturaisque xurdían na capital arxentina. Regresará anosdespois a España, para instalarse en Madrid. Nasúa etapa de exilio escribiu as súas memorias Trestempos e a esperanza.

Page 97: Os rostros da memoria
Page 98: Os rostros da memoria

Rostros da memoria 98

Rosina Villaverde Otero

Vilagarcía de Arousa, 1917, filla de ElpidioVillaverde, alcalde de Vilagarcía e deputado nascortes republicanas de 1936. Estudou obacharelato na súa vila natal e comezou auniversidade en Madrid. A súa familia foiduramente perseguida e, xunto coa súa nai eirmá María Victoria Villaverde, exíliase a Franciaprimeiro e logo a Buenos Aires. Casada co leonésSandalio Alonso ambos militaron no PSOE.Regresou a Galicia en 1975 coa morte doditador.

Page 99: Os rostros da memoria
Page 100: Os rostros da memoria