1
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL ANTE AS PALABRAS MANIFESTADAS POLA DIPUTADA DO CONGRESO DOÑA ROSA MARÍA DÍEZ GONZÁLEZ O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cambre quere manifestar a súa máis enérxica repulsa ante as palabras pronunciadas pola Diputada e Voceira do partido Union Progreso e Democracia nunha entrevista ofrecida o pasado mércores día 24 de febreiro de 2010. Dende o máis profundo orgullo de sentirmos galegos, os concelleiros desta Corporación non podemos máis que lamentar as desafortunadas declaracións realizadas públicamente nas que se denostaba a imaxe de Galicia e dos galegos. Como representantes dos cidadáns desta pequena parte de Galicia, lle esixímos que se disculpe ante a cidadanía galega e que rectifique as súas declaracións xa que non é a primeira vez que as manifesta en público. Descoñecemos cal é a acepción “pexorativa” de Galego coa que se pode calificar a alguén. Descoñecemos se o sentido “pexorativo” das verbas da señora Díez se deben a iñoranza da persona que as manifestou. E descoñecemos se existe a posibilidade de que nunha terra de traballadores, emigrantes e emprendedores como é Galicia cabe a posibilidade de que o seu xentilicio se poida utilizar de forma “pexorativa”. Máis ben o contrario. Poucas terras poden presumir de ter una xente tan hospitalaria, honrada e respetuosa coma Galicia. Os tempos nos que ser galego foi unha losa para moitos cidadáns quedou no olvido da inmensa maioría da xente, agás na de algúns polos que non pasou o tempo nin o progreso. Ser galego é un orgullo para todos os cidadáns de Galicia, independientemente da súa ideoloxía e dos seus valores, e tódalas forzas políticas de Galicia defendemos o galeguismo integrador e en liberdade coma un dos nosos pilares básicos. E é por estes motivos polos que queremos convidar á Diputada Rosa Díez á nosa terra. Desde esta Corporación, ofrecémoslle a nosa Casa, como a de calqueira outro galego, para que coñeza a nosa Galicia, a nosa historia e as nosas xentes. De ben seguro que quedará prendada delas. En Cambre, a 25 de febreiro de 2010. A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE

Paseando a Miss Díez

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Paseando a Miss Díez

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL ANTE AS PALABRAS MANIFESTADAS POLA DIPUTADA DO CONGRESO DOÑA ROSA

MARÍA DÍEZ GONZÁLEZ

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cambre quere manifestar a súa máis enérxica repulsa ante as palabras pronunciadas pola Diputada e Voceira do partido Union Progreso e Democracia nunha entrevista ofrecida o pasado mércores día 24 de febreiro de 2010. Dende o máis profundo orgullo de sentirmos galegos, os concelleiros desta Corporación non podemos máis que lamentar as desafortunadas declaracións realizadas públicamente nas que se denostaba a imaxe de Galicia e dos galegos. Como representantes dos cidadáns desta pequena parte de Galicia, lle esixímos que se disculpe ante a cidadanía galega e que rectifique as súas declaracións xa que non é a primeira vez que as manifesta en público. Descoñecemos cal é a acepción “pexorativa” de Galego coa que se pode calificar a alguén. Descoñecemos se o sentido “pexorativo” das verbas da señora Díez se deben a iñoranza da persona que as manifestou. E descoñecemos se existe a posibilidade de que nunha terra de traballadores, emigrantes e emprendedores como é Galicia cabe a posibilidade de que o seu xentilicio se poida utilizar de forma “pexorativa”. Máis ben o contrario. Poucas terras poden presumir de ter una xente tan hospitalaria, honrada e respetuosa coma Galicia. Os tempos nos que ser galego foi unha losa para moitos cidadáns quedou no olvido da inmensa maioría da xente, agás na de algúns polos que non pasou o tempo nin o progreso. Ser galego é un orgullo para todos os cidadáns de Galicia, independientemente da súa ideoloxía e dos seus valores, e tódalas forzas políticas de Galicia defendemos o galeguismo integrador e en liberdade coma un dos nosos pilares básicos. E é por estes motivos polos que queremos convidar á Diputada Rosa Díez á nosa terra. Desde esta Corporación, ofrecémoslle a nosa Casa, como a de calqueira outro galego, para que coñeza a nosa Galicia, a nosa historia e as nosas xentes. De ben seguro que quedará prendada delas. En Cambre, a 25 de febreiro de 2010.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE