2

Click here to load reader

Paz Andrade

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Día das Letras Galegas 2012

Citation preview

Page 1: Paz Andrade

Para saber máis do autor

Na biblioteca tes estes libros seus:

Podes visitar a Exposición do Día das Letras Galegas 2012 que colga nas escaleiras de acceso ás aulas.

Recursos na rede:

• Páxina da Real Academia Galega:http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

• Páxina da Coordinadora de EDNL:http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/

• Páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

Algúns dos seus poemas“CANDO TI VOLVAS ”

Na matricial Galiza, sempre túa, que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte, cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti volvas polo mare; cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

“AS PALABRAS ”

Vén o ar ateigado de palabras, cada mañá chamando aos nosos vidros, para pór a xermolar son e semente. As palabras decote están falando e somos nós os xordos á mensaxe que no seo das sílabas carrexan.

Valentín Paz Andrade

Día das Letras Galegas 2012

Colaboración do EDNL, departamento de Lingua Galega e Literatura e equipo de biblioteca.

Page 2: Paz Andrade

O autor e a obra

Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) exerceu como xurista, político e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Introduciuse no mundo da literatura por medio do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Este último presentoulle a Castelao, que influiría de forma relevante na súa vida e obra.

Como político, formou parte do movemento galeguista, foi presidente do Grupo Autonomista Gallego (1930) e militante e secretario do Partido Galeguista. Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e participou na redacción do Estatuto de Galicia (1936).

Como xurista axudou, durante a Guerra Civil Española, a moitos galeguistas a fuxir e defendeunos das penas que se lles imputaban. Foi desterrado a Verín, Castro

Caldelas, A Pobra de Trives e finalmente a Badaxoz. Foi detido varias veces debido aos seus artigos e á súa orientación política. Non puido volver a Vigo ata 1940.

Na súa faceta xornalística, cómpre mencionar que foi director do xornal Galicia (1922-1926), colaborador da Gaceta de Galicia, publicou tamén artigos políticos en El Pueblo Gallego, ademais de no Faro de Vigo e no xornal La Noche. Alén disto, foi director da revista Industrias Pesqueras.

No ámbito empresarial foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova. Exerceu tamén como técnico da FAO. Debido a isto publicou o primeiro tratado sobre Principios de

economía pesquera.

Á parte da súa profesión, desenvolveu unha importante faceta intelectual: parladoiros literarios, artigos xornalísticos, críticas literarias... Algúns destes traballos custaranlle sancións, e ata un breve encarceramento.

Mais non só escribiu ensaio, senón que formou parte da Xeración poética de 1925 onde observamos unha importante orientación patriótica. Algunhas das súas obras poéticas son Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). Tamén fixo algunha incursión pola narrativa coa obra inédita Soldado da morte (1921).

Polo seu extenso labor, no ano 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

Valentín Paz Andrade finou na cidade de Vigo un 19 de maio de 1987 e foi soterrado no panteón familiar en Lérez, Pontevedra.