4
tividades de divulgación da idiosincrasia, a cultura e os costumes galegos entre os so- cios, os seus descendentes e a sociedade barcelonesa en xeral. A asemblea extraordinaria do CGB celebra- da o 15 de xaneiro acordou por unanimidade ceder a medalla ao Museo do Pobo Galego, que a custodiará en depósito en tanto non se cree un museo dedicado á diáspora galega. A entrega tivo lugar o 31 de xaneiro. O presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi, recibiu a medalla de mans do presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, nun acto ao que asistiron representantes da Xunta Directiva e antigos presidentes do CGB e que contou coa pre- senza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria e do secretario xeral de Emigración. marzo 2/2013 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores O 2 de marzo, no decurso do 46º Capítulo Gene- ral Ordinario da Enxebre Orde da Vieira, celebrado en Madrid, o presidente do Padroado, Justo Bera- mendi, recibe o Trofeo Galeguidade 2013 á persoa xurídica, concedido ao Museo do Pobo Galego. Estas celebracións anuais son un dos eventos máis concorridos polos galegos de Madrid, no que o acto máis destacado é, precisamente, a entrega dos TROFEOS GALEGUIDADE, que outorga un xurado do que forman parte presidentes de colec- tividades galegas, periodistas galegos en Madrid e os membros do Consello da Orde, que elixiu o Museo, segundo reza a acta do xurado: • Polos 36 anos de progresiva e intensa actividade cultural, como entidade dinámica que acolle e conserva unha síntese da cultura popular gale- ga nas súas diversas facetas, para estudos de investigación e de divulgación. • Polas súas salas de exposición permanente e de exposicións temporais, relativas á antropoloxía, a pintura, a escultura, a arquitectura, a historia e a sociedade. • Polo recoñecemento pola Xunta de Galicia como centro sintetizador dos museos e coleccións an- tropolóxicas de Galicia, froito do seu progresi- vo prestixio polo que vén recibindo constantes galardóns, como o Premio da Crítica Galicia, o premio “La Voz del Año de la Cultura”, a Home- naxe “Os bos e xenerosos”, a Medalla de Ouro de Santiago de Compostela ao Mérito Cultural, ou o Premio Nacional da Cultura Galega. • Porque o Museo do Pobo Galego é o mellor referente cultural dos Galegos de Galicia e dos Galegos da Diáspora. Os TROFEOS GALEGUIDADE concédense cada ano a unha persoa física, a unha persoa xurídica e a un medio de comunicación social. Para o ano 2013, ademais do MPG, o xurado concedeu o Trofeo, na modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra- cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns a venres, do Grupo Progreso. marzo 1 O Concello de Barcelona entregou o 17 de xaneiro a súa Medalla de Ouro ao Mérito Cí- vico ao Centro Galego de Barcelona, unha entidade que celebra os 120 anos de exis- tencia. A presenza activa do Centro e o seu papel fundamental na difusión da cultura ga- lega en Cataluña a través de actividades cul- turais e formativas, convérteno nun exemplo de integración e participación na vida social, cultural e artística da Cidade Condal. O alcalde de Barcelona, Xavier Trías, defi- niu o Centro como “entidade emblemática que nos axuda a coñecer mellor a cultura galega en Cataluña, á vez que difunde a cultura catalá en Galicia”. Desde os seus primeiros pasos, no ano 1892, a institución mantén o firme compromiso de representar a identidade galega e proxectar a cultura de Galicia en Cataluña, desenvolvendo ac- O Museo recibiu en depósito a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico do Concello de Barcelona, concedida ao Centro Galego de Barcelona no seu 120 aniversario O Museo do Pobo Galego recibe o TROFEO GALEGUIDADE da Enxebre Orde da Vieira De esq. a dta., Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona; Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria; Justo Beramendi, presidente do Padroado do MPG; e Antonio R. Miranda, secretario xeral de Emigración (foto Margen)

P.D.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/MARZO_02-2013_web.pdf · modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: P.D.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/MARZO_02-2013_web.pdf · modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns

tividades de divulgación da idiosincrasia, a cultura e os costumes galegos entre os so-cios, os seus descendentes e a sociedade barcelonesa en xeral.

A asemblea extraordinaria do CGB celebra-da o 15 de xaneiro acordou por unanimidade ceder a medalla ao Museo do Pobo Galego, que a custodiará en depósito en tanto non se cree un museo dedicado á diáspora galega.

A entrega tivo lugar o 31 de xaneiro. O presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi, recibiu a medalla de mans do presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, nun acto ao que asistiron representantes da Xunta Directiva e antigos presidentes do CGB e que contou coa pre-senza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria e do secretario xeral de Emigración.

marzo 2/2013

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

O 2 de marzo, no decurso do 46º Capítulo Gene-ral Ordinario da Enxebre Orde da Vieira, celebrado en Madrid, o presidente do Padroado, Justo Bera-mendi, recibe o Trofeo Galeguidade 2013 á persoa xurídica, concedido ao Museo do Pobo Galego.

Estas celebracións anuais son un dos eventos máis concorridos polos galegos de Madrid, no que o acto máis destacado é, precisamente, a entrega dos TROFEOS GALEGUIDADE, que outorga un xurado do que forman parte presidentes de colec-tividades galegas, periodistas galegos en Madrid e os membros do Consello da Orde, que elixiu o Museo, segundo reza a acta do xurado:• Polos36anosdeprogresivaeintensaactividade

cultural, como entidade dinámica que acolle e conserva unha síntese da cultura popular gale-ga nas súas diversas facetas, para estudos de investigación e de divulgación.

• Polassúassalasdeexposiciónpermanenteedeexposicións temporais, relativas á antropoloxía, a pintura, a escultura, a arquitectura, a historia e a sociedade.

• PolorecoñecementopolaXuntadeGaliciacomocentro sintetizador dos museos e coleccións an-tropolóxicas de Galicia, froito do seu progresi-vo prestixio polo que vén recibindo constantes galardóns, como o Premio da Crítica Galicia, o premio“LaVozdelAñodelaCultura”,aHome-naxe“Osbosexenerosos”,aMedalladeOurode Santiago de Compostela ao Mérito Cultural, ou o Premio Nacional da Cultura Galega.

• Porque oMuseo do Pobo Galego é omellorreferente cultural dos Galegos de Galicia e dos Galegos da Diáspora.

Os TROFEOS GALEGUIDADE concédense cada ano a unha persoa física, a unha persoa xurídica e a un medio de comunicación social. Para o ano 2013, ademais do MPG, o xurado concedeu o Trofeo, na modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns a venres, do Grupo Progreso.

marzo 1

O Concello de Barcelona entregou o 17 de xaneiro a súa Medalla de Ouro ao Mérito Cí-vico ao Centro Galego de Barcelona, unha entidade que celebra os 120 anos de exis-tencia. A presenza activa do Centro e o seu papel fundamental na difusión da cultura ga-legaenCataluñaatravésdeactividadescul-turais e formativas, convérteno nun exemplo de integración e participación na vida social, cultural e artística da Cidade Condal.

OalcaldedeBarcelona,XavierTrías,defi-niu o Centro como “entidade emblemática quenos axuda a coñecermellor a culturagalega en Cataluña, á vez que difunde acultura catalá en Galicia”. Desde os seusprimeiros pasos, no ano 1892, a institución manténofirmecompromisoderepresentara identidade galega e proxectar a cultura deGaliciaenCataluña,desenvolvendoac-

O Museo recibiu en depósito a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico do Concello de Barcelona, concedida ao Centro Galego de Barcelona no seu 120 aniversario

O Museo do Pobo Galego recibe o TROFEO GALEGUIDADE da Enxebre Orde da Vieira

De esq. a dta., Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona; Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria; Justo Beramendi, presidente do Padroado do MPG; e Antonio R. Miranda, secretario xeral de Emigración (foto Margen)

Page 2: P.D.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/MARZO_02-2013_web.pdf · modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns

marzo 2

EXPOSICIÓNS

O MUSEO NAS REDES SOCIAIS

>>

>>

>> Fototraballo 07_09_11Organiza: Fundación Nortempo

Ata o 31 de marzo exhíbese a exposición que reúne os traballos premiados nas tres últimas edicións do premio bienal de foto-grafía que convoca a Fundación Nortempo.

Os artistas presentes na mostra son Carlos Orduna e Carlos de Andrés, 1º e 2º premio respectivamente da edición de 2007, Cristi-nadeMiddelquegañouen2009coproxec-to“TheCity”,eSusanaGirón,premiadaen2011poloproxecto“Fe,pasiónydestino”,así como Amador Lorenzo e Bandia Ribeira, gañadoresdosaccésitdaúltimaedición.

cións e novas. Así mesmo, tamén son unha canle importante para permitir que toda esta información se comparta, acadando moita máis difusión nun tempo máis breve.

Inauguración Entre amigos 2011. De esq. a dta. Manuel Vilar, Fernando Acuña e Tino Viz

ENtrE aMIGoS 2013

Recordatorio

As socias e socios interesados en participar na XI edición de Entre amigos, mostra de fotografía etnográficaqueorganizaaOficinadosSociosdoMuseo, poden facer as súas contribucións ata o 31 de marzo. As series, que poderán constar de entre 4 e 10 imaxes, en branco e negro ou cor, terán que ter un formato papel de 20 x 30 ou 30 x40cmehaberánviracompañadasduntexto

Cando o Museo do Pobo Galego abriu as portas en outubro de 1977, marcábase comofinsa investigación,estudo,difusión,conservación, defensa e promoción da cul-turagalega.Asmudanzasdostemposfixé-ronnos ir acrecentando aqueles obxectivos. O Museo debe crear, comunicar, compartir, intercambiar e dialogar coa sociedade, e as redes sociais son un medio idóneo para fo-mentar isto. Convencidos de que así debe ser, a presenza activa do Museo do Pobo Galego nas redes sociais é unha realidade desde hai xa algún tempo.

A apertura da conta e, despois, da páxina do Museo en Facebook foi a nosa primeira incursión na web 2.0. Máis recentemente, a apertura dunha conta de Twitter axúdanos a romper coas distancias e a chegar a un público que, activo na rede, move e difun-de aquilo polo que se sente atraído. A web 2.0éunnovo“bocaaboca”,perononbastacon manter unha comunicación unidireccio-nal desde estas ferramentas, de feito son útiles porque nos permiten interactuar coas persoas “on line” rompendo cos formatostradicionais.ÁvezquedamosacoñeceroMuseo a máis persoas, podemos escoitalas e facelas partícipes das nosas propostas.

Así que non deixedes de visitar a páxina de Facebook http://www.facebook.com/pages/

(unha páxina DIN A4) que faga constar a autoría, lugar e data da reportaxe, título da serie e unha breve análise ou descrición da mesma.

A exposición será inaugurada sábado 4 de maio, coincidindo coa celebración da asemblea anual.

Para máis información, os socios e socias in-teresadas pódense poñer en contacto conRosa Méndez ou Manuel Vilar no teléfono 981 583620 ou no correo electrónico socios@ museodopobo.com

Museo-do-Pobo-Galego/ e de seguirnos na conta de Twitter @MuseodoPobo. A través destas novas ferramentas amosamos dia-riamente os programas, actividades, exposi-

Page 3: P.D.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/MARZO_02-2013_web.pdf · modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns

marzo 3

Il.: Lolita Díaz Baliño

Mercedes Rozas: A muller e a arte da resistencia

Mércores 6 de marzo, 19h00

Consolidando a actividade iniciada en 2011 para conmemorar o Día da Muller, este ano a conferenciante invitada é a patroa Mercedes Rozas, comisaria de exposicións e crítica de arte. O tema da súa disertación será “A mu-llereaartedaresistencia”.

Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e HistorianaespecialidadedeHistoriadaArtemoderna e contemporánea. Exerce a súa

Novos membros do Padroado

A asemblea do 15 de decembro de 2012 aprobou a incorporación ao Padroado de tres novos membros, que deberán tomar po-sesión na próxima asemblea de maio.

O primeiro é Olimpio Liste Regueiro, mestre e profesor especializado na edu-cación de invidentes. O seu empeño narecollida, conservación, estudo e difusión do patrimonio etnográfico galego levounoa fundar, coa súamuller Josefina Fernán-dez,oMuseoEtnográficoOlimpioListedeOseira, a primeira entidade monográficadedicada a este tema, que foi inaugurada en 1972 por don Xaquín Lorenzo. No ano 2000 creou a Fundación Liste para instalar

Recoñecementos

O vicepresidente segundo do Museo, Fer-nando Acuña Castroviejo, foi elixido como membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, na sección de Arqueoloxía e Museoloxía. O prof. Acuña Castroviejo, ca-tedráticodeHistoriaAntigadaUniversidadede Santiago de Compostela, ten acreditada unha fecunda traxectoria profesional no cam-po da arqueoloxía, en concreto na relativa ao mundo romano, ao que se une a súa dedica-ción a facetas como a numismática, a epigra-fía e a musivaria.

A Academia tamén recoñeceu o compro-miso coas Belas Artes da socia Ángeles

profesión repartida entre a crítica de arte, a coordinación de proxectos expositivos e o comisariado de exposicións, con institu-cións como a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, as Fundacións Eugenio Granell, Torrente Ballester, Caixanova e Caixa Gali-cia,oMuseoBarjola,o InstitutoCervantes,o Museo Nacional de Cracovia, o Reisepavi-llondeHannovereopropioMPG.Colaboraregularmente en medios e revistas especia-lizadas, en particular na sección Culturas de La Voz de Galicia. É membro das Asocia-ciónsespañolaeinternacionaldeCríticosdeArte (AECA - AICA).

enVigooutroMuseoEtnográficocomode-rivación e ampliación singular do de Oseira.

Incorpórase tamén María Virtudes Pardo Gómez, licenciadaenHistoriae facultativadoCorpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólo-gos e socia do Museo desde 1978. A Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago foi o seu pri-meiroedefinitivodestino,chegandoaserdirec-tora da mesma desde 1999 ata a súa xubilación en 2007. A partir deste momento a súa colabo-ración fíxose máis estreita, converténdose en asesora permanente e asidua traballadora nos fondos da biblioteca. Froitos desta colaboración son, entre outros, a participación no libro Expo-sición Regional Gallega 1909 e a montaxe da ex-posición Na flor da pel, colección de pergameos do Museo do Pobo Galego.

Penas Truque, que vén dirixindo a renova-ción doMuseo deBelas Artes daCoruñana etapa transcendental dos últimos anos, nomeándoa académica correspondente.

O tamén patrón e catedrático de Dereito da USC, Francisco Puy Muñoz recibirá o dou-toramento honoris causa en Ciencias Sociais pola Universidade Popular Autónoma do Es-tadomexicanodePuebla,enrecoñecemen-to pola súa “vasta traxectoria académica, re-flectidaprincipalmentenasúavaliosaeam-plísimaachegaaocoñecementodoDereitoNatural e a súa especial preocupación pola súadivulgación”.

CONFERENCIA

CON NOME PROPIO

>>

>>

>>

Por último, Manuel Vilar Álvarez, li-cenciadoenXeografíaeHistoriaemásteren Xestión de Bens Culturais e Patrimonio. Ten feito traballo de campo sobre o patri-monioetnográficoemuseoseparticipadocomo relator en diversos congresos no ámbito da antropoloxía, os estudos xaco-beos e os máis variados aspectos da súa Costa da Morte natal. Socio do Museo desde 1994, veu representando os socios no Padroado e na Xunta Reitora, cunha dedicación constante ás tarefas de repre-sentación do colectivo e a aqueloutros co-metidos para os que se ten solicitado a súa colaboración. É membro do Instituto de Es-tudos das Identidades e mais do consello de redacción da revista Adra.

NOVOHORARIO DE APERTURA AO PÚBLICOPor mor dos axustes económicos e a

suspensión das axudas á contratación,

que impiden dotar o cadro de persoal

cos recursos necesarios, a Xunta Reito-

ra acordou adaptar o horario de apertu-

ra do Museo para o presente ano 2013

ao que permiten as circunstancias.

Mantense como día de peche o luns.

Tampouco varía o horario de domingos

e festivos, que se mantén de 11h00 a

14h00. Redúcese, en cambio, unha

hora de apertura de martes a sábado,

co que o horario pasa a ser de 10h30

a 14h00 e de 16h00 a 19h30.

Page 4: P.D.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/MARZO_02-2013_web.pdf · modalidade de persoa física, ao Dr. Ángel Carra-cedo Álvarez, e na de medios de comunicación ao semanario De luns

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostela

tel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.es · correo-e: [email protected]

marzo 4

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

O Concello de Trazo acolleu o 22 de febrei-

ro a presentación do libro A evolución da

agricultura e a súa incidencia no patrimonio

inmaterial do Concello de Trazo, que recolle

os traballos realizados polos alumnos do

CPIViañoPequenoduranteocursoacadé-

mico 2010-2011, desenvolvendo o proxecto

didáctico premiado na 7ª edición do premio

Antonio Fraguas.

O proxecto recibiu o galardón na edición de

2010, na modalidade de ensino secundario,

en mérito á orixinalidade do tema de estudo,

á precisión do ámbito espacial e temático, e á

compoñentepedagóxicadunproxectoqueten

ointeresedeimplicarnocoñecementoepro-

moción do patrimonio cultural agrario da zona

a estudantes que viven nunha área rural, pero

influídapolouniversourbano-tecnolóxico.

Máis de 200 alumnos e alumnas, coordi-

nados polos profesores Anselmo Vázquez

e Isabel Sánchez, do Departamento de

Ciencias Sociais do CPI Viaño Pequeno,

recolleron parte do patrimonio inmaterial do

concello de Trazo, que se expuxo no Mu-

seo do Pobo Galego no outono de 2011. Os

resultados daquel labor ven agora a luz en

forma de libro, editado co patrocinio da De-

putacióndaCoruña,unhapublicaciónque

sen dúbida servirá como exemplo para es-

timular outros centros a seguiren polo mes-

mocamiño.

O proxecto didáctico Antonio Fraguas, do

que se están a desenvolver os proxectos

seleccionados na 8ª edición, conta co pa-

trocinio da Consellería de Cultura, Educa-

ción e Ordenación universitaria

FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

UNIKA Proyectos y Obras S.A http://www.unikaproyectos.com/

Unika Proyectos é unha empresa construtora de implantación internacional, con sede en Santiago de Compostela, cunha alta especializaciónenobraseestruturasdeedificación,desenvolvendoao mesmo tempo proxectos de obra civil e industrial. Unikadiferénciasedamaioríadasempresasdosectorpordispoñerdunhaaxilidadeeflexibilidademoisuperioresásmultinacionaise unha capacidade técnica avalada por un equipo humano maior có de calquera pequena empresa.

O 16 Casa de Xantarhttp://www.dezaseis.com

O Dezaseis, popular casa de comidas situada nun histórico local do nº 16 da compostelá Rúa de San Pedro, forma xa parte do ritual cotián dun público fielqueactúacomoomellorpublicista. Descer os chanzos que conducen ao comedor é introducirse nun ambiente onde todos son protagonistas da obra

culinaria que se desenvolve desde as paredes de pedra dos comedoresataacociña.Converterclientesenamigosétodaunha arte neste lugar, onde o protocolo é o mínimo.

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaUnika Proyectos y Obras S.A.Grupo Cortizo

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasProgando S.L.I.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de Xantar

Coop. Agraria Provincial daCoruñaGalivaliaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueRestauranteMaríaCastaña

R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Vitivinícola do Ribeiro S.Coop. – ViñaCosteiraMadeiras OrnandaJ.J. Chicolino

>>

>>