4
Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo Neste período da Baixa Idade Media, desenvólvense con forza algunhas manifestacións da fe cristiá. Dúas delas son as peregrinacións e o teatro relixioso. Peregrinar por motivos relixiosos consiste en viaxar ata un lugar considerado moi significativo para unha relixión. Desde antigo, Roma e Xerusalén eran lugares que atraían ós cristiáns, que emprendían longas viaxes cheos de dificultades para alcanzar a terra onde viviu Xesús ou o Papa. En Galicia, a devoción ao apóstolo Santiago era moi antiga. No século IX, descubriuse o sepulcro do apóstolo, que pronto converteuse nun novo destino de peregrinación. O descubrimento da Tumba de Santiago o Maior durante o reinado de (1).............. O cadáver de Santiago foi roubado polos seus discípulos e trasladárono desde Palestina a Hispania, á afastada Galicia, a terra onde o apóstolo predicara. A barca afastouse e, tras moitos días de travesía, chegou misteriosamente ata o porto romano de Iria Flavia (2) Situado en................... Cando a embarcación chegou sen tripulación, o atopan humildes pescadores cristiáns que coñeceran en vida ao apóstolo. Recoñeceron o sepulcro polo escudo e gravado que deixaran os seus discípulos. Extraérono da barca e sepultárono sobre unha enorme pedra que se fundiu transformándose nun sarcófago.

Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo · que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo · que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación

Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo

Neste período da Baixa Idade Media, desenvólvense con forza algunhas manifestacións da

fe cristiá. Dúas delas son as peregrinacións e o teatro relixioso.

Peregrinar por motivos relixiosos consiste en viaxar ata un lugar considerado moi

significativo para unha relixión. Desde antigo, Roma e Xerusalén eran lugares que atraían

ós cristiáns, que emprendían longas viaxes cheos de dificultades para alcanzar a terra onde

viviu Xesús ou o Papa.

En Galicia, a devoción ao apóstolo Santiago era moi antiga. No século IX, descubriuse o

sepulcro do apóstolo, que pronto converteuse nun novo destino de peregrinación. O

descubrimento da Tumba de Santiago o Maior durante o reinado de (1)..............

O cadáver de Santiago foi roubado polos seus discípulos e trasladárono desde Palestina a

Hispania, á afastada Galicia, a terra onde o apóstolo predicara. A barca afastouse e, tras

moitos días de travesía, chegou misteriosamente ata o porto romano de Iria Flavia (2)

Situado en...................

Cando a embarcación chegou sen tripulación, o atopan humildes pescadores cristiáns que

coñeceran en vida ao apóstolo. Recoñeceron o sepulcro polo escudo e gravado que

deixaran os seus discípulos. Extraérono da barca e sepultárono sobre unha enorme pedra

que se fundiu transformándose nun sarcófago.

Page 2: Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo · que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación

No ano (3)......., un eremita chamado (4)............ quedou sorprendido por unhas luces

rechamantes que xurdían da terra. Avisou ao bispo Teodomiro de Iria Flavia quen descubriu

que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado

Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación. Tratábase dunha estrela brillante e fixa

(Campus Stellae) (5) Busca información do significado de Campus Stellae.....

O achado tivo o apoio do rei Alfonso II o Casto, que ordenou levantar unha ermida. Viu

naquel descubrimento a oportunidade de gañar forza, poder e prestixio. Nun intento de

romper a hexemonía da igrexa de Toledo, pactou co rei franco (6)....... que este premería ao

papado para certificar a autenticidade do descubrimento a cambio dunha reliquia. Moi

pronto a noticia estendeuse por toda Europa e co paso do tempo a afluencia de cristiáns ao

sepulcro converteuse en algo habitual.

Os séculos X e XI mostran un crecente número de peregrinos, pero é no século XII, baixo a

promoción do Arcebispo (7)................., cando Santiago convértese en meta de

peregrinación cristiá coa mesma categoría de Roma e Xerusalén.

A primeira Catedral constrúese sobre a Tumba de Santiago o Maior e gradualmente nace

unha cidade á súa ao redor, do mesmo xeito que ocorre na ruta de peregrinación, onde se

establecen casas de acolleita, por exemplo os monxes de Cluny.

Os séculos XII e XIII considéranse tradicionalmente como a época dourada da

peregrinación a Santiago. O 21 de abril de 1211 o rei (8) ..................... de León asistiu á

solemne consagración da nova catedral compostelá. Santiago xa contaba cunha fama

mundial que alcanzaba ata as fronteiras máis afastadas do mundo coñecido, traspasando o

muro do islam.

Co Renacemento e a Reforma en Europa vívese un descenso da peregrinación, pero de

todos os xeitos nunca desaparece por completo.

O Papa León XIII promulga a Bula (9)......................, coa que proclama ao mundo enteiro

que as reliquias de Santiago son auténticas. Isto constitúe o comezo do novo auxe da

peregrinación na época moderna.

Establecéronse rutas fixas, polas cales difundíanse a cultura, as artes e a relixiosidade. Ao

longo do camiño, creáronse albergues, hospitais, mosteiros, igrexas... Aínda hoxe

consérvanse monumentos medievais.

Page 3: Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo · que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación

A cidade

Trala consagración da catedral no ano 1211, consolídase a época dourada da peregrinación

a Compostela, un auxe de transeúntes e un fervor relixioso que tamén modifica o devir da

cidade. Fóra do casco histórico, extramuros, sitúanse varios conventos de diversas ordes,

como o de Santa Clara ou o de Belvís, o que contribúe a expandir o núcleo.

(10) Fala brevemente do convento de Santa Clara...................

Outro convento é o de San Francisco de Valdediós que foi fundado por San Francisco de

Asis na súa visita a Santiago de Compostela en (11) ............., no lugar de Val de Deus. O

terreo foi comprado aos monxes de San Martiño Pinario pola simbólica renda anual dunha

cesta de troitas. A fundación, envolvida en lendas, está descrita nunha inscrición no muro do

actual convento.

Xa na contorna do templo asíntanse varios gremios, traballadores cuxa vida vira tamén en

torno aos camiñantes. Os concheiros, que vendían as conchas que avalaban o facer a

peregrinación, son tan só un exemplo. En cada rúa florecía un rico comercio (como os

caldeireiros, na Caldeirería, ou os orfebres, na praza de Praterías), o que dinamiza a vida

compostelá da Idade Media

Page 4: Peregrinación ao sepulcro do Apóstolo · que as luces indicaban o lugar exacto onde os discípulos enterraran o corpo do decapitado Santiago o Maior, oculto tras unha densa vexetación

No século XVI Santiago prosegue co seu desenvolvemento urbanístico e é durante estes

anos cando se levantan os principais conxuntos que rodean á catedral. Entre eles destaca o

antigo Hospital Real, hoxe (12).................., mandado construír polos monarcas Isabel e

Fernando para prestar axuda e atención aos peregrinos.

No século XVII, e malia que o ritmo das peregrinacións se ralentiza, a cidade vive, con todo,

a súa maior revolución estética. O voto de Santiago, (13) Explica que era dito voto........,

permitiu sufragar as grandes obras deste século (o imposto mantívose en vigor ata o século

XIX).

Universidade

Tralos séculos XIV e XV, de certa carestía económica para o poder eclesiástico

compostelán, no ano 1495 ten lugar outro dos grandes fitos da cidade. Un notario

compostelán crea co apoio do abade de San Martín Pinario unha escola para pobres

coñecida como Estudo de Gramática, xerme da posterior Universidade. O centro académico

universitario, un dos máis antigos do mundo, foi potenciado principalmente polo arcebispo

Alonso de (14)............e, hoxe en día, aínda é un dos grandes eixes sobre os que pivota a

vida compostelá.

:.........................................

ENTREGA DA ACTIVIDADE 5

Actividade 5_ 4 ESO

Nome e Apelidos do alumno/a

● Sí é un documento word/writer: Actividade 5_Víctor P

● Si enviades fotos (numeradas por orde): (Exemplo: 1_A 5_Víctor P)