View
231
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Â
Citation preview
PÍNTAMEUN
TEXTOTEXTO
EPV 4º ESOCurso 2012/13
“Píntame un texto” foi unha actividade que xurdiu nas aulas de Plástica. Desde elas espallouse polos corredores do mosteiro traéndonos personaxes, historias , escritores e compositores promiscuamente asociados cos artistas que viviron no mesmo
tempo, o tempo deses reis e raíñas que apareceron na primeira parte deste proxecto.
O relato de cabalarías escoou polas regandixas da mitoloxía botticelliana, Miguel Anxo foi unha celestina de luxo para os
desgrazados amores de Calisto e Melibea e Rubens emprestoulle desgrazados amores de Calisto e Melibea e Rubens emprestoulle a un dorido Don Quixote o porte do seu Duque de Lerma. O
equilibrio de Velázquez temperou a paixón de Lope e o requinte de Gainsboroug serviu de pauta para que se manifestase en toda a
súa crítica inocencia o Cándido volteriano. Así ata dezaseis cadros e textos que se metamorfosearon para permitir unha
convivencia e que resulta moito máis que sorprendente. Foi un xeito de traballar a Historia, a Literatura, a Música e a Arte no
que cada maiúscula se fixo maior aínda grazas á achega persoal do alumnado, transmutado en virtude desta alquimia, en viveiro de
artistas.
É unha novela de cabalaría. Represento a escena na que dous cabaleiros pelexan por una doncela, substituíndo
así aos personaxes orixinais do mito.
OBRA ILUSTRADA
Tirante o BrancoMARTORELL
PINTURA DE REFERENCIA
O nacemento de VenusBOTICELLI
ÉPOCA DE Sabela IÉPOCA DE Sabela I
ARTISTA SANDRA MARTÍNEZ
O que represento no debuxo é a escena na que Calisto e Melibea se encontran no ceo
despois da morte de ambos, cos brazos estendidos coma se quixesen collerse das
mans.
OBRA ILUSTRADA
La CelestinaANÓNIMOANÓNIMO
PINTURA DE REFERENCIA
A creación de AdánMIGUEL ANXO
ÉPOCA DE Xoana I
ARTISTA NURIA RODRÍGUEZ
Cando Lázaro e o cego chegan a Almorox, un vendimador ofrécelles como esmola un acio de uvas.
O reparto para comelo había de ser equitativo, pero… A escena coloca ao cego no lugar de Dánae e a Lázaro no fondo, coas uvas como motivo principal.
OBRA ILUSTRADA
O Lazarillo de TormesANÓNIMO
PINTURA DE DánaePINTURA DE REFERENCIA
DánaeTIZIANO
ÉPOCA DE Carlos I
ARTISTA MATÍAS NÚÑEZ
Para contar a historia de Próspero, Antonio e Miranda escollín este cadro do Greco, que dá sensación de tempestade. Cambiei a terra de
Toledo polas ondas do mar e os edificios polo barco que naufraga, mantendo as cores acedas e a sensación de movemento.
OBRA ILUSTRADA
The TempestSHAKESPEARE
PINTURA DE REFERENCIA
Visión de ToledoGRECO
ÉPOCA DE Filipe II
ARTISTA VERÓNICA FERNÁNDEZ
Cambiei o bastón do Duque de Lerma por unha lanza, a batalla
do fondo por muíños e a vestimenta do duque, para que
se pareza a Don Quixote.
OBRA ILUSTRADA
Don QuijoteCERVANTES
PINTURA DE REFERENCIA
Duque de LermaRUBENSREFERENCIA RUBENS
ÉPOCA DE Filipe III
ARTISTA GABRIEL CASAL
A Arcadia conta historias de amores e aventuras en escenarios idílicos, coma o que pintou Velázquez na súa viaxe a Roma. Substituín os
personaxes do cadro polos dunha escena do libro, na que os dous namorados falan nunha escenario fermoso e misterioso ao mesmo tempo
OBRA ILUSTRADA
ArcadiaLOPE DE VEGA
PINTURA DE REFERENCIA
Villa MédicisVELÁZQUEZREFERENCIA VELÁZQUEZ
ÉPOCA DE Filipe IV
ARTISTA ANDREA SALGADO
Empecei a pintar a primavera con cores cálidas e alegres; o verán, con cores máis vivas; o outono, coas follas no chan e cores apagadas e o
inverno con cores da gama dos grises, as árbores sen follase as montañas nevadas.
OBRA ILUSTRADA
As Catro EstaciónsVIVALDI
PINTURA DE REFERENCIA
Historias de XacobeMURILLOREFERENCIA MURILLO
ÉPOCA DE Carlos II
ARTISTA ALEJANDRA TRONCOSO
Nesta obra participan, xunto con outros instrumentos tradicionais, xoguetes (unha trompeta, un tambor de lata, uns asobiotes que producen
o canto dun reiseñor, unha matraca e un triángulo). No meu debuxo substituín os edificios por xoguetes, pintei o ceo de rosa para darlle un
aire infantil e no chan puxen partituras de cancións.
OBRA ILUSTRADA
Sinfonía dos xoguetesLEOPOLD MOZART
PINTURA DE REFERENCIA
Vista de VeneciaCANALETTOREFERENCIA CANALETTO
ÉPOCA DE Felipe V
ARTISTA RAQUEL MARTÍNEZ
Elixín o cadro porque representa
a paisaxe adecuada para a visita do
inocente Cándido ao reino do
Dourado. Eliminei a muller, engadinlle
un mar que representa todas as súas viaxes e pintei
OBRA ILUSTRADA
CándidoVOLTAIRE
PINTURA DE REFERENCIA
Mr. E Mrs. AndrewsGAINSBOROUGH
ÉPOCA DE Fernando VI
ARTISTA NOEMI RODRÍGUEZ
representa todas as súas viaxes e pintei
todo concores douradas e
metálicas.
Elixín a escena na que, sorprendido, Gulliver chega a
Liliput, e inspireime en dúas pinturas. Na primeira porque
necesitaba un traxe do século XVIII para vestir a Gulliver; na
segunda, para debuxar as arquitecturas do momento.
As viaxesOBRA
ILUSTRADA
As viaxesde GulliverSWIFT
PINTURA DE
REFERENCIA
August Keppel REYNOLDSPorta do Sol PARET
ÉPOCA DE Carlos III
ARTISTAGESICABOLOGNA
Este cadro fai referencia á parte na que as fadas
matan o monstro, xa que os soldados que teñen a
orde de executar aos que serán fusilados, cámbianse
polas tres fadas e os fusilados polo dragón.
OBRA ILUSTRADA
A frauta máxicaMOZART
PINTURA DE REFERENCIA
Os fusilamentosdo tres de maioGOYA
ÉPOCA DE Carlos IV
ARTISTA BRAIS ESCUDERO
O mito conta como Fausto fai un trato co demo: a súa alma a cambio de intelixencia e inmortalidade. No traballo substituín a Marat por Fausto
e suxerín a presenza da alma, ou do demo, coma unha sombra.
OBRA ILUSTRADA
FaustoGOETHE
PINTURA DE REFERENCIA
Marat asasinadoDAVID
ÉPOCA DE Xosé IÉPOCA DE Xosé I
ARTISTA CRISTIAN ADÁN
Escollín este gravado porque a
OBRA ILUSTRADA
Os elixires da vidaHOFFMANN
PINTURA DE REFERENCIA
Gravado dos DisparatesGOYA
ÉPOCA DE Fernando VII
ARTISTA YAIMAR MUÑOZ
Escollín este gravado porque a figura da morte pode semellarse ao dobre fantasmal que na historia de
Hoffman persegue a Menardo despois de suplantar a identidade do conde logo de que tomara os elixires
que practicamente o trastornaran. Tamén porque o gravado en si
mostra unha atmosfera hostil no sentido de que parece non haber
esperanza.
A escea que representei é o momento no que Alonso loita contra as ánimas. Substituín a Liberdade por Alonso, os demais homes polas
ánimas e a bandeira pola banda da súa prima Beatriz.
OBRA ILUSTRADA
Rimas y LeyendasBÉCQUER
PINTURA DE REFERENCIA
A liberdade guiandoao poboDELACROIX
ÉPOCA DE Sabela II
ARTISTA ANTÍA VÁZQUEZ
Nesta escena a paisaxe reflexa, coas cores, un estado de ánimo,
que pode ser o do conto. Substituín as dúas persoas que
estaban na dereita polo can e a lúa.
OBRA ILUSTRADA
O can dosBaskervilleCONAN DOYLECONAN DOYLE
PINTURA DE REFERENCIA
As árbores azuisGAUGUIN
ÉPOCA DE Afonso XII
ARTISTA ANTÍA ALONSO
A obra reflicte as penas dun pobo que vive á marxe da sociedade e a loita contra a autoridade represiva. Cada muller foi remprazada por
unha persoaxe da obra de Lorca. No debuxo, ademais de manter a estrutura das figuras, tamén conservamos as cores e tonalidades.
OBRA ILUSTRADA
Romancero GitanoGARCÍA LORCA
PINTURA DE REFERENCIA
As señoritasde AvignonREFERENCIA de AvignonPICASSO
ÉPOCA DE Afonso XIII
ARTISTA SARA VILACHÁ