Upload
others
View
1
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
1
PLAN TIC
CEIP EMILIA PARDO BAZÁN
XUÑO – 2017
2
1.- INTRODUCIÓN
1.1.- XUSTIFICACIÓN E MARCO NORMATIVO
1.2.- AS TICS NO CONTEXTO SOCIAL
1.3.- AS TIC NA EDUCACIÓN
2.- O NOSO CENTRO
2.1.- Presentación do centro
2.2.- Equipo Humano: Comisión das Tecnoloxías da Información
e da Comunicación (TICs).
2.3.- Equipamento Informático
2.4.- Historia do uso das Tics no noso centro
2.5.- Formación do Profesorado
3.- PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DE CENTRO
3.1.- OBXECTIVOS XERAIS3.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS3.3.- PLAN XERAL DE ACTUACIÓNS
3.3.1.- NO ÁMBITO TÉCNICO3.3.2.- NO ÁMBITO DIDÁCTICO
3.3.2.1.- INFANTIL3.3.2.2.- PRIMARIA3.3.2.3.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE – AULA
ESPECÍFICA3.4.- AVALIACIÓN DO PROXECTO TIC3.5.- PROTOCOLO DE RESPOSTA A INCIDENCIAS TÉCNICAS3.6.- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DOS PERIGOS TICS E DEACTUACIÓN EN PROBLEMAS DE CIBERACOSO ESCOLAR
3
1.- INTRODUCIÓN
1.1.- XUSTIFICACIÓN E MARCO NORMATIVO
“Enmarcado nas accións que se dispoñen na Lei
orgánica de educación, e coa finalidade de que as tecnoloxías
da información e a comunicación se incorporen como un
recurso máis aos procesos de ensino-aprendizaxe, cada
centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto
educativo de centro, un plan de introdución das tecnoloxías da
información e da comunicación que implique un cambio
metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor
aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan”, así se
especifica no anexo V “Plan de Introdución das Tecnoloxías
da Información e da Comunicación” do Decreto 130/2007 de
28 xuño.
O decreto segue indicando o seguinte: “A aplicación das TIC
ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación
e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o
lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das
nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos,
de modo que aqueles adquiran os coñecementos e
habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a
súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de
lecer.
4
Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización
obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia
consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter,
procesar e comunicar información, para transformala en
coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van
desde o acceso á información ata a súa transmisión en
distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das
TIC como elemento esencial para informarse, aprender e
comunicarse.
Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de
éxito e de coherencia, resulta necesaria a creación dun plan
de introdución das tecnoloxías da información e da
comunicación no centro e na aula coa participación activa de
todo o equipo docente, que unha vez aprobado, se
incorporará á programación xeral anual de centro, e a súa
avaliación, á súa memoria. Cada proxecto será único
atendendo ás características e ás posibilidades que se poden
acadar tendo en conta a situación xeográfica, o tipo de
alumnado, a formación do profesorado e as infraestruturas
dispoñibles.
Deseñaranse unhas pautas para realizar un seguimento
e avaliación do plan, polo menos trimestral, polas persoas
coordinadoras de ciclo e -en caso de existir- pola persoa
coordinadora do plan, que determinarán, se é o caso,
aspectos de mellora.
5
Como marco para a elaboración deste plan de traballo,
xúntanse as características que se deben ter en conta para a
súa elaboración:
* Estudo inicial do centro referido ás características de
toda a súa comunidade educativa. Poden recollerse aquí
as iniciativas xa realizadas neste campo e mais as
expectativas e os intereses de cara ao futuro.
* Obxectivos que, a curto e longo prazo, se pretenden
alcanzar, así como a metodoloxía e actividades
concretas que se aplicarán para acadalos. Deberán
incluírse iniciativas pedagóxicas innovadoras e cambios
metodolóxicos que redunden nun mellor aproveitamento
das TIC nas aulas.
* Estratexias de coordinación do profesorado das
distintas áreas e niveis educativos.
* Utilización e aproveitamento dos recursos existentes no
centro en beneficio do proxecto.
* Organización dos espazos do centro.
* Fomento dos valores democráticos, tratamento da
diversidade, atención ao alumnado con necesidade
específica de apoio educativo e medidas para promover
o acceso ás TIC en condicións de igualdade por parte de
persoas dos dous sexos e de diferentes condicións
sociais.
* Uso da biblioteca escolar como centro de recursos
multimedia para a obtención de información e para a
aprendizaxe.
6
* Plan de avaliación anual tendente a detectar os
obxectivos acadados e os incumpridos, así como as
estratexias que deberán adoptarse para alcanzar os non
conseguidos.
* Detección de necesidades formativas do profesorado.
Elaboración dun plan de formación interno que permita
difundir boas prácticas e aproveitar ideas e
coñecementos dos compañeiros e compañeiras
docentes.
* Medidas para difundir o proxecto entre o alumnado, as
familias e a comunidade educativa en xeral, de maneira
que se fomente a súa participación nel.
Cada plan deberá recoller ademais os seguintes
obxectivos xerais:
* Fomentar a páxina web do centro como espazo de
comunicación e de colaboración con toda a comunidade
educativa.
* Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e
materias en relación ao traballo coas TIC.
* Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do
alumnado con necesidades especiais de apoio educativo
e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
* Impulsar a comunicación con outros centros e
localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e
de respecto doutros costumes e outras formas de vida.
* Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a
súa motivación e o seu afán de coñecemento.
7
* Fornecer ao alumnado estratexias para obter e
xestionar a información conseguida mediante o uso das
TIC.
* Utilizar programas e contornos que faciliten a
consecución dos obxectivos propostos nas diferentes
áreas do currículo.
* Utilizar o ordenador como medio de creación, de
integración, de cooperación e de expresión das propias
ideas.
* Potenciar a comunicación cos seus iguais.
* Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa
práctica docente ao aproveitar as posibilidades que
ofrecen as TIC.
* Empregar as TIC para o traballo cotián e nas
actividades de aula: programacións, proxectos,
explicacións, actividades...*
* Consultar e obter información a través das TIC, tanto
para temas profesionais como para experiencias
interesantes para a súa actividade docente.
* Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas...
en diversas redes de colaboración como a Internet.
* Lograr a integración das TIC como medio dinámico de
comunicación, de maneira que se constitúan nun
elemento común de información e de contacto con todos
os axentes do proceso educativo, facilitando a conexión
entre eles.
8
* A través das asociacións de nais e de pais dos centros,
poñer en marcha mecanismos para aproveitar a
infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por
parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para
un uso proveitoso das TIC.
Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC
derivadas das desigualdades sociais.”
A Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora
da calidade educativa, no apartado IV do preámbulo sinala:
“Os alumnos e alumnas actuais cambiaron radicalmente
en relación cos de fai unha xeración. A globalización e o
impacto das novas tecnoloxías fan que sexa distinta a
súa maneira de aprender, de comunicarse, de concentrar
a súa atención ou de abordar unha tarefa”.
E no apartado XI afirma:
“A tecnoloxía conformou historicamente a educación e
séguea conformando. A aprendizaxe personalizada e a
súa universalización como grandes retos da
transformación educativa, así como a satisfacción das
aprendizaxes en competencias non cognitivas, a
adquisición de actitudes e o aprender facendo,
demandan o uso intensivo das tecnoloxías. Conectar cos
hábitos e experiencias das novas xeracións esixe unha
revisión en profundidade da noción de aula e de espazo
educativo, só posible desde unha lectura ampla da
función educativa das novas tecnoloxías.
9
A incorporación xeneralizada ao sistema educativo
das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC),
que terán en conta os principios de deseño para todas as
persoas e accesibilidade universal, permitirá personalizar
a educación e adaptala ás necesidades e ao ritmo de
cada alumno ou alumna. Por unha banda, servirá para o
reforzo e apoio nos casos de baixo rendemento e, por
outra, permitirá expandir sen limitacións os
coñecementos transmitidos na aula. Os alumnos e
alumnas con motivación poderán así acceder, de acordo
coa súa capacidade, aos recursos educativos que
ofrecen xa moitas institucións nos planos nacional e
internacional.
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
serán unha peza fundamental para producir o cambio
metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo de
mellora da calidade educativa. Así mesmo, o uso
responsable e ordenado destas novas tecnoloxías por
parte dos alumnos e alumnas debe estar presente en
todo o sistema educativo. As Tecnoloxías da Información
e a Comunicación serán tamén unha ferramenta clave na
formación do profesorado e na aprendizaxe dos cidadáns
ao longo da vida, ao permitirlles compatibilizar a
formación coas obrigacións persoais ou laborais e, así
mesmo, o serán na xestión dos procesos. Unha vez
valoradas experiencias anteriores, é imprescindible que o
modelo de dixitalización da escola polo que se opte
10
resulte economicamente sustentable, e que se centre na
creación dun ecosistema dixital de ámbito nacional que
permita o normal desenvolvemento das opcións de cada
Administración educativa”.
Tamén podemos ler no artigo 111 bis “Tecnoloxías da
Información e a Comunicación” o seguinte:
1. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
establecerá, previa consulta ás Comunidades Autónomas, os
estándares que garantan a interoperabilidade entre os
distintos sistemas de información utilizados no Sistema
Educativo Español, no marco do Esquema Nacional de
Interoperabilidade previsto no artigo 42 da Lei 11/2007, do 22
de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos
Públicos.
Para iso, identificaranse os tipos básicos de sistemas de
información utilizados polas Administracións educativas, tanto
para a xestión académica e administrativa como para o
soporte á aprendizaxe, e determinaranse as especificacións
técnicas básicas dos mesmos e os distintos niveis de
compatibilidade e seguridade no tratamento dos datos que
deben alcanzar.
Dentro destas especificacións, consideraranse
especialmente relevantes as definicións dos protocolos e
formatos para o intercambio de datos entre sistemas de
información das Administracións educativas.
11
Estas medidas tamén irán encamiñadas a potenciar e a
facilitar o aproveitamento dos rexistros administrativos no
marco das estatísticas educativas estatais, para
posibilitar a ampliación da información estatística referida
ao alumnado, o profesorado, os centros e as xestións
educativas, o que redundará na mellora das ferramentas
de análises e de seguimento da actividade educativa e
das medidas de mellora da calidade do Sistema
Educativo Español.
2. As contornas virtuais de aprendizaxe que se
empreguen nos centros docentes sostidos con fondos
públicos facilitarán a aplicación de plans educativos
específicos deseñados polos docentes para a
consecución de obxectivos concretos do currículo, e
deberán contribuír á extensión do concepto de aula no
tempo e no espazo. Por iso deberán, respectando os
estándares de interoperabilidade, permitir aos alumnos e
alumnas o acceso, desde calquera sitio e en calquera
momento, ás contornas de aprendizaxe dispoñibles nos
centros docentes nos que estuden, tendo en conta os
principios de accesibilidade universal e deseño para
todas as persoas e con pleno respecto ao disposto na
normativa aplicable en materia de propiedade intelectual.
12
3. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
establecerá, previa consulta ás Comunidades
Autónomas, os formatos que deberán ser soportados
polas ferramentas e sistemas de soporte á aprendizaxe
no ámbito dos contidos educativos dixitais públicos co
obxecto de garantir o seu uso, con independencia da
plataforma tecnolóxica na que se alberguen.
4. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ofrecerá
plataformas dixitais e tecnolóxicas de acceso a toda a
comunidade educativa, que poderán incorporar recursos
didácticos achegados polas Administracións educativas e
outros axentes para o seu uso compartido. Os recursos
deberán ser seleccionados de acordo con parámetros de
calidade metodolóxica, adopción de estándares abertos e
dispoñibilidade de fontes que faciliten a súa difusión,
adaptación, reutilización e redistribución e serán
recoñecidos como tales.
5. Promoverase o uso, por parte das Administracións
educativas e os equipos directivos dos centros, das
Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula,
como medio didáctico apropiado e valioso para levar a
cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.
13
6. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
elaborará, previa consulta ás Comunidades Autónomas,
un marco común de referencia de competencia dixital
docente que oriente a formación permanente do
profesorado e facilite o desenvolvemento dunha cultura
dixital na aula.»
No decreto 105/2014 de 4 de Setembro, no artigo 19
especifica o seguinte:
“1. A consellería con competencias en materia de
educación promoverá o uso das tecnoloxías da
información e da comunicación na aula como medio
didáctico apropiado e valioso para desenvolver as
tarefas de ensino e aprendizaxe.
2. Os contornos virtuais de aprendizaxe que se
empreguen nos centros docentes sostidos con
fondos públicos facilitarán a aplicación de plans
educativos específicos, deseñados polos centros
docentes para a consecución de obxectivos
concretos do currículo, e deberán contribuír á
extensión do concepto de aula no tempo e no
espazo.
14
3. A consellería con competencias en materia de
educación ofrecerá plataformas dixitais e
tecnolóxicas de acceso para toda a comunidade
educativa, que poderán incorporar recursos
didácticos achegados polas administracións
educativas e outros axentes para o seu uso
compartido.
4. Os centros docentes que desenvolvan o currículo
completo nun contorno dixital deberán establecer un
proxecto de educación dixital que formará parte do
seu proxecto educativo e deberá contar coa
aprobación da consellería competente en materia
educativa, segundo o procedemento que se
estableza.”
O Decreto 130/2007, 28 xuño, no apartado do
Tratamento da Información e Competencia Dixital, afirma o
seguinte:
“Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades
para buscar, obter, procesar e comunicar información, e
para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes
habilidades, que van desde o acceso á información ata a
súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada,
incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e
da comunicación como elemento esencial para
informarse, aprender e comunicarse.
15
Está asociada coa procura, selección, rexistro e
tratamento ou análise da información, utilizando técnicas
e estratexias diversas para acceder a ela segundo a
fonte á cal se acuda e o soporte que se utilice (oral,
impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Require o
dominio de linguaxes específicas básicas (textual,
numérica, icónica, visual, gráfica e sonora) e das súas
pautas de descodificación e de transferencia, así como
aplicar en distintas situacións e contextos o coñecemento
dos diferentes tipos de información, das súas fontes, das
súas posibilidades e da súa localización, así como as
linguaxes e soportes máis frecuentes en que esta adoita
expresarse.
Dispoñer de información non produce de forma
automática coñecemento. Transformar a información en
coñecemento exixe de destrezas de razoamento para
organizala, relacionala, analizala, sintetizala e facer
inferencias e deducións de distinto nivel de
complexidade; en definitiva, comprendela e integrala nos
esquemas previos de coñecemento. Significa, así
mesmo, comunicar a información e os coñecementos
adquiridos empregando recursos expresivos que
incorporen, non só diferentes linguaxes e técnicas
específicas, senón tamén as posibilidades que ofrecen
as tecnoloxías da información e da comunicación.
16
Ser competente na utilización das tecnoloxías da
información e da comunicación como instrumento de
traballo intelectual inclúe utilizalas na súa dobre función
de transmisoras e xeradoras de información e de
coñecemento. Utilizaranse na súa función xeradora ao
empregalas, por exemplo, como ferramenta no uso de
modelos de procesos matemáticos, físicos, sociais,
económicos ou artísticos. Así mesmo, esta competencia
permite procesar e xestionar adecuadamente información
abundante e complexa, resolver problemas reais, tomar
decisións, traballar en contornos colaborativos ampliando
os contornos de comunicación para participar en
comunidades de aprendizaxe formais e informais, e xerar
producións responsables e creativas.
A competencia dixital inclúe utilizar as tecnoloxías
da información e da comunicación extraendo o seu
máximo rendemento a partir da comprensión da natureza
e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto
que eses cambios teñen no mundo persoal e
sociolaboral. Así mesmo, supón manexar estratexias
para identificar e resolver os problemas habituais de
software e de hardware que vaian xurdindo. Igualmente,
permite aproveitar a información que proporcionan e
analizala de forma crítica mediante o traballo persoal
autónomo e o traballo colaborativo, tanto na súa vertente
sincrónica como diacrónica, coñecendo e relacionándose
con contornos físicos e sociais cada vez máis amplos.
17
Ademais de utilizalas como ferramenta para organizar a
información, procesala e orientala para conseguir
obxectivos e fins de aprendizaxe, traballo e lecer
previamente establecidos.
En definitiva, a competencia dixital comporta facer uso
habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para
resolver problemas reais de modo eficiente. Ao mesmo
tempo, posibilita avaliar e seleccionar novas fontes de
información e innovacións tecnolóxicas a medida que van
aparecendo, en función da súa utilidade para acometer
tarefas ou obxectivos específicos.
En síntese, o tratamento da información e a
competencia dixital implican ser unha persoa autónoma,
eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar,
tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como
as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén ter unha
actitude crítica e reflexiva na valoración da información
dispoñible, contrastándoa cando for necesario, e
respectar as normas de conduta acordadas socialmente
para regular o uso da información e as súas fontes nos
distintos soportes”.
18
No Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se
establece o currículo da educación infantil na
Comunidade Autónoma de Galicia, no apartado da
información e competencia dixital, especifica que, dende
as diferentes áreas do currículo de educación infantil,
contribúese a adquisición desta competencia como
segue:
* Potenciarase o uso, na medida das súas
posibilidades, da linguaxe audiovisual e das tecnoloxías
da información e comunicación como vehículo de
expresión e comunicación, empregando as diferentes
ferramentas tecnolóxicas –ordenador, cámara web,
cámara fotográfica, encerado dixital interactivo,
gravadoras e reprodutores de imaxe e son…-.
* Promoverase a identificación da utilidade de
diversos instrumentos e tecnoloxías –videotecas,
coleccións de CD, ordenadores, Internet…-, como fontes
de información, de comunicación…, desenvolvendo unha
actitude crítica ante a veracidade da información que
proporcionan.
19
1.2.- AS TICS NO CONTEXTO SOCIAL
Pasaron varias décadas desde que as TICs (Tecnoloxías
da Información e a Comunicación), consideradas como as
protagonistas da Terceira Revolución Industrial, algúns
refírense a elas como o cuarto poder, instaláronse na nosa
cotidianeidade. A súa aparición supuxo un cambio profundo
na sociedade, que non en balde pasou a recibir o nome de
sociedade da información, e na economía.
As TICs son instrumentos indispensables para calquera
cidadán do século XXI, forman parte das nosas vidas e cada
vez condicionan máis o noso estilo de vida e noso actuar.
Pero non podemos deixar de afirmar que, aínda que ofrecen
novas oportunidades (a súa innovación e versatilidade, a súa
fácil utilización, a transmisión e o almacenamento da
información, o ser medio de comunicación instantánea con
calquera parte do mundo…) non están exentas de novas
problemáticas e desafíos (adicción, illamento, tempo dedicado,
problemas físicos, gasto económico, exceso de información,
manipulación, exceso de virtualidade en detrimento da
presencialidade, sobreexposición e delitos...) que claman por
un espazo de debate ético nos diferentes ámbitos da vida,
tamén na escola.
20
1.3.- AS TIC NA EDUCACIÓN
O imparable desenvolvemento tecnolóxico da sociedade
está a supoñer retos, impensables hai uns anos, para a
educación e a aprendizaxe. Tal vez o máis relevante sexa que
nos atopamos cunha nova xeración de aprendices que non
tiveron que acceder ás novas tecnoloxías, senón que naceron
con elas e que se enfrontan ao coñecemento desde
postulados diferentes aos do pasado. Iso supón un desafío
enorme para os profesores, a maioría deles inmigrantes
dixitais, para as escolas, para os responsables educativos e
para os xestores das políticas públicas relacionadas coa
innovación, a tecnoloxía, a ciencia e a educación.
A tarefa principal, por tanto, é lograr que os alumnos
melloren as súas aprendizaxes coa utilización das tecnoloxías
da información. Pero iso supón configurar un novo escenario
nas relacións entre os profesores, os alumnos e os contidos
do ensino, e facelo tamén na avaliación de todo o proceso de
ensino e de aprendizaxe. Se difícil é cambiar a forma de
ensinar, aínda o é máis modificar o sistema habitual utilizado
para a avaliación. Por iso, a formación dos profesores para
que dispoñan das competencias necesarias que lles permitan
incorporar de forma natural as TIC na súa práctica pedagóxica
constitúe a variable fundamental para garantir o éxito do
esforzo emprendido.
21
Se queremos que a nosa sociedade non só sexa da
información, senón tamén do coñecemento, será necesario
traballar desde un enfoque pedagóxico para realizar un uso
adecuado das TIC, a través do cal a creación de comunidades
de aprendizaxe virtuais e o tratamento da información, a
xeración de novas estratexias de comunicación e de
aprendizaxe sexan imprescindibles. Para levar a cabo estas
accións necesítase un profesorado formado neste ámbito, que
involucre ás TICs no ensino do seu alumnado e os oriente nun
uso adecuado das mesmas.
No ámbito educativo o uso das TIC non se debe limitar a
transmitir só coñecementos, aínda que estes sexan
necesarios; ademais, debe procurar capacitar en
determinadas destrezas a necesidade de formar nunha
actitude sanamente crítica ante as TICs. Con isto, queremos
dicir saber distinguir en que nos axudan e en que nos limitan,
para poder actuar en consecuencia. Este proceso debe estar
presente e darse de maneira integrada na familia, na escola e
na sociedade.
22
A incorporación das TICs nos centros escolares supón
moito máis que dotar aos centros do equipamento e a
infraestrutura.
A integración das TICs no ámbito educativo posibilita non
só unha mellora substancial na xestión dos centros educativos
senón tamén un avance significativo no proceso de ensino-
aprendizaxe. Por iso é necesario que sexan utilizadas por toda
a comunidade educativa.
A causa final da escola no é a tecnoloxía senón a
educación, a cuxa mellora deben dirixirse todos os esforzos,
os pedagóxicos e os tecnolóxicos. Non entendemos que as
TICs sexan a panacea universal para a aprendizaxe nin que
substitúan a algo ou a alguén. Son un elemento ou recurso
máis co que contamos para conseguir unhas determinadas
metas previstas con anterioridade co convencemento de que
todo o que suceda fora pode e debe suceder dentro da aula
tamén.
2.- O NOSO CENTRO
2.1.- Presentación do centro
O CEIP Emilia Pardo Bazán, centro público de Educación
Infantil e Educación Primaria, está situado na cidade da
Coruña, entre o barrio de Labañou e o novo barrio de Los
Rosales do que recibe a maioría do alumnado. O centro tamén
ten escolarizados a alumnado de O Portiño, desde onde son
desprazados en autobús escolar.
23
O seu enderezo é:
Travesía de Los Rosales, 8 – 15011 A Coruña.
Tlf./Fax.: 981.276.781 (Secretaría)
981.258.528 (Educación Infantil)
E-mail: [email protected]
Web:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/
O CEIP Emilia Pardo Bazán, é un centro de 3 liñas.
Neste curso 2016/2017 ten matriculados 641 alumnos/as e
consta dun claustro de 48 docentes, a maioría con destino
definitivo no centro. Este centro está adscrito ó I.E.S. Salvador
de Madariaga para a educación secundaria.
2.2.- Equipo Humano: Comisión das Tecnoloxías da
Información e da Comunicación (TICs).
Para a realización do Plan TIC é necesaria a implicación
de todo o claustro, dos equipos de Ciclo e en especial dos
titores e especialistas, pois son eles os que levarán a cabo as
actividades diarias.
24
A Comisión TIC estará composta por mestres dos
diferentes ciclos do centro. Disporán dunha hora semanal para
dinamizar xunto ó responsable da Comisión TIC que
coordinará as reunións. De entre os seus membros
designarase un/unha coordinador/a que será nomeado polo/a
director/a a proposta do/da Xefe de Estudos, oída a Comisión
de Coordinación Pedagóxica, por un período de 2 cursos, e
que desenvolverá as seguintes funcións:
• Técnicas:
- Xestión de incidencias dos aparellos TIC do centro e
comunicación á UAC (Unidade de Atención a Centros)
daquelas que requiran intervención externa.
- Instalación de programas.
• Organizativas:
- Coordinar o uso das aulas de informática e de outros
recursos TIC con criterios pedagóxicos.
- Control e rexistro do software instalado nos equipos do
centro.
• Dinamizadoras:
- Promover e dinamizar o uso das TIC no centro.
- Recoller as necesidades de formación en TIC dos/das
compañeiros/as do centro e promover a súa participación en
actividades de formación.
25
- Apoio a compañeiros/as no uso das TIC.
- Difusión do Plan TIC no centro.
A coordinación deste Plan a levará a cabo o Equipo
Directivo xunto co/coa Coordinador/a TIC.
2.3.- Equipamento Informático
Na actualidade o CEIP Emilia Pardo Bazán dispón dos
seguintes recursos:
AULARIO DE INFANTIL
* Cada unha das 9 aulas de Infantil están provistas de
ordenador, pantalla dixital, proxector e altavoces.
* O aula de PT está provista dun ordenador e unha tablet.
* O aula de AL está provista dun ordenador e unha tablet.
* O aula de Relixión/Desdobre TIC está provista dun
ordenador e pantalla dixital con proxector.
* A sala do profesorado de Infantil conta con dous
ordenadores, 1 escaner e 1 fotocopiadora en cor.
* No aula de usos múltiples hai un ordenador portátil e
unha pantalla dixital.
* No aulario de Infantil cóntase tamén cun escaner, 3
impresoras multifunción, 1 Bee-boot
* Na conserxería de Infantil hai 1 unha fotocopiadora en
cor.
COLEXIO DE PRIMARIA
26
* Cada unha das aulas-grupo de 1º a 6º curso de
educación primaria conta con encerado dixital interactivo,
proxector dixital, altavoces e ordenador portátil ou de
sobremesa.
* As aulas-grupo de 5º e 6º curso pertencen ao Proxecto
Abalar de xeito que cada alumno/a conta cun netbook persoal
con acceso a Internet. mediante conexión wifi. Os contidos
curriculares desenvólvense mediante o EVA (Espazo Virtual
de Aprendizaxe) pertencente ao Proxecto EDIXGAL da
Consellería de Cultura, Educación e O. U. O alumnado tanto
pode traballar os citados contidos mediante conexión a
Internet. ou tamén en versión “off-line”. Todo o alumnado pode
levar o seu netbook para a súa casa, se ben, a meirande parte
do alumnado traballa cos ordenadores da familia.
* As dúas aulas de especialidade de inglés e o aula de
Audición e Linguaxe contan tamén co equipamento dixital:
encerado dixital interactivo, proxector dixital, altavoces e
ordenador.
* Por outra parte as aulas de educación musical, aula
específica de Educación Especial, aula de apoio de
Pedagoxía Terapéutica e aula de Educación Relixiosa
dispoñen de pantalla de proxección, proxector dixital,
altavoces e ordenador.
27
* A biblioteca escolar dispón de pantalla extensible para
proxección, proxector dixital, altavoces e ordenador. Tamén o
alumnado dispón de 4 ordenadores de sobremesa para a
súas consultas e procuras de información. A persoa
responsable de biblioteca conta cun ordenador para a xestión
documental e de préstamo de libros.
* No Salón de Usos Múltiples tamén hai unha pantalla
extensible para proxección, proxector dixital e altavoces,
pudendo conectarse un ordenador portátil para realizar
actividades culturais.
* A Sala de Profesorado dispón de 4 ordenadores de
sobremesa para uso do profesorado e do persoal coidador de
alumnado con NEE.
* Existe unha aula de informática con 25 ordenadores de
sobremesa co sistema operativo Linux que basicamente
emprégase para actividades extraescolares.
* A maiores o centro con 3 proxectores dixitais de tipo
móbil e outros aparellos informáticos (ordenadores portátiles,
netbooks, tablets, cámaras dixitais...)
* Todo o centro dispón de conexión a Internet. por cable
e algunhas dependencias mediante wifi.
* O equipo directivo conta con ordenador persoal así
coma o persoal administrativo para a xestión do centro
escolar. Todos eles conectados ás fotocopiadoras dixitais
existentes na zona administrativa.
2.4.- Historia do uso das TICs no noso centro
28
O noso centro leva xa máis dunha década facendo un
esforzo importante na introdución das TIC na práctica docente.
Velaquí algunhas mostras diso:
* Revista Dixital e-journal dende o ano 2003 ata o curso
2015/2016.
* Creación, xestión e utilización de blogues e wikis educativos
en moitos dos departamentos e materias que integran o noso
centro:
* 7 ENANITOS
* A BLOG 4 US
* AULA BLOGUE
* BLOGUE DA AULA DE AURORA
* BLUE SCHOOL
* COIDAMOS OS ANIMAIS
* DANZARTE
* HAPPY KIDS
* LOS ROSALES IN ENGLISH
* ROSENGLISH
*TICTICTIC
* VOZ NATURA: NATURALMENTE
* Uso didáctico de diversas ferramentas da web 2.0. como
Dropbox ou Google Drive que permite crear, compartir e
almacenar información.
* Participación no Proxecto Abalar e no Proxecto E-Dixgal en5º e 6º de Primaria.
29
* Utilización de Abalar Móbil en da aplicación Tokapp Schoolque permiten a comunicación do centro coas familias, coprofesorado e do profesorado coas familias.
2.5.- Formación do Profesorado
* Na última década o noso centro participou nos seguintes
cursos de formación:
No curso 2009/2010 participouse nun Grupo de Traballo
para a elaboración de recursos dixitais para o encerado
dixital e nun Seminario Permanente para o mantemento e
actualización da revista dixital en-liña. Potenciouse entre
o profesorado a utilización da aplicación XADE para a
xestión informática dos procesos de avaliación do
alumnado.
No curso 2010/2011 - A formación do profesorado fíxose
en relación ás necesidades de empregar o entorno web
como espazo de proxección das actividades realizadas
polo alumnado e polo profesorado no desenvolvemento
dos currículos. Con esta finalidade leváronse a cabo as
seguintes modalidades formativas:
o Seminario permanente: A mascota como elemento
de cohesión, dinamizador e motivador
o Seminario permanente: A revista dixital como motor
de dinamización pedagóxico
o Seminario permanente: Blogging in Los Rosales
o Seminario permanente: Fala, móvete e navega
polas competencias básicas en educación infantil.
30
A formación do profesorado no curso 2011-2012 tivo
unha vinculación moi importante co Proxecto de
Formación en Centros relacionado co desenvolvemento
do Proxecto Abalar implantado no 5º nivel de EP. As
temáticas abordadas este curso foron:
o PFAC Abalar: Integración dos medios informáticos
dunha aula abalar no curriculum
o Seminario permanente: A mascota como elemento
de dinamización.
o Seminario permanente: A revista dixital como
vehículo de comunicación.
No curso 2012-2013 a formación do profesorado estivo
enmarcada no desenvolvemento dun Grupo de Traballo
titulado: “A mellora da competencia dixital do
profesorado”, no que participaron 15 docentes.
No curso 2013-2014 non estivo enmarcada a formación
do profesorado en ningún proxecto do CFR.
Aproveitando media hora do tempo dedicado ás reunións
de niveis, desenvolvéronse sesións de formación,
dirixidas especialmente ao profesorado de Educación
Infantil, sobre o uso das ferramentas do Encerado Dixital
Interactivo. Ademais disto, xurdiron necesidades de
formación no ámbito do manexo da aula virtual. Dada a
escaseza de orzamento neste aspecto, tratamos de
buscar relatores que, de xeito desinteresado, acudiron a
impartir sendas sesións sobre o tema.
31
Durante os curso 2014/15 2015/16 a formación estivo
enmarcada na modalidade de PFPP (Proxecto de
Formación Permanente do Profesorado). Mediante a
realización de 2 itinerarios formativos: Inicial / Avanzado
o profesorado participante desenvolveu a liña de traballo
titulada: Utilización na docencia das ferramentas TIC
básicas e uso das potencialidades da aula Abalar e
manexo da aula virtual. O compromiso de participación
do profesorado nesta modalidade formativa obrigou aos
seus integrantes á continuidade no vindeiro curso escolar
logo da aprobación da memoria de formación realizada
polo CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña.
O novo PFPP constará dun único itinerario formativo
mantendo a estrutura de seminarios: inicial e avanzado,
cun máximo de 50 horas de formación, das cales 12
horas poderán ser impartidas polos relatores en cada
seminario.
A incorporación do alumnado de 5º de educación
primaria ao Proxecto E-Dixgal co libro dixital supuxo un
paso adiante no aproveitamento dos recursos TIC do
noso centro.
3.- PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DE CENTRO
32
Como así figura na PXA no apartado 2.3. “Concreción
anual do Plan de Introdución das TIC”, continuarase coa súa
concreción anual entendendo que son actuacións a realizar en
varios cursos. Deberemos organizar e paliar a falla de
recursos informáticos cos que conta actualmente o centro para
que as TIC continúen formando parte da actividade diaria nas
aulas do noso centro.
Os obxectivos propostos por la Comisión TIC para o
curso 2016/2017 son os seguintes:
• Traballar a través de reunións coas familias,publicacións na web, elaboración dun tríptico informativoe participación non Plan Director, as ferramentas decontrol parental, a navegación segura por Internet. e o bouso das redes sociais. • Dinamizar a publicación de contidos de actualidaderelacionados coa vida escolar do noso centro na páxinaweb e nos blogues de aula/especialidades. • Empregar algún tempo de cada reunión da Comisiónpara publicar contidos na web. • Propoñer que cada ciclo designe a unha persoa que seresponsabilice de reunir o material significativo de serpublicado na web. • Actualizar as aulas virtuais dentro da plataformaMoodle.• Revisar e actualizar o proxecto TIC de centro. • Seguir coa empresa de mantemento para revisar,actualizar e intentar dar solución aos problemas quexeran os equipos informáticos. • Realizar unha limpeza de arquivos e documentos nosordenadores das dúas salas de profesorado erecomendar o emprego de Google Drive e Dropbox parao envío e almacenamento de arquivos.
33
3.1.- OBXECTIVOS XERAIS Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de
traballo no proceso de ensino-aprendizaxe. Conseguir que o profesorado mellore o plantexamento
pedagóxico a través das TIC. Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a súa
utilización das TIC nas tarefas habituais do centro:programacións, memorias, plans…
Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de Internetcon capacidade de procura de información e detratamento crítico da mesma.
Espertar no alumnado o interese por coñecer cousasdiversas e lograr que utilicen as pautas adecuadas parachegar á información precisa.
Conseguir que o alumnado utilice o ordenador comomedio de creación, de integración, de cooperación e deexpresión das propias ideas.
Lograr a integración das TIC como un medio dinámico decomunicación, sendo un elemento común de informacióne de contacto con todos os membros da comunidadeeducativa facilitando a conexión entre eles.
3.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Promover que o alumnado utilice programas e contornas
que faciliten a súa aprendizaxe das diferentes áreas docurrículo, así como favorecer a adquisición dehabilidades e destrezas.
Promover que o profesorado empregue as TIC para otraballo cotián e as actividades da aula.
Facilitar o acceso ás ferramentas TIC aos alumnos connecesidades educativas especiais e nas tarefas de apoioe reforzo de aprendizaxes.
34
Promover unha maior utilización das aulas deinformática, facilitando con programas de xestión, ocontrol por parte do profesorado sobre o uso feito poloalumnado dos ordenadores.
Manter actualizados os contidos da páxina web do centroe potenciar a participación de toda a comunidadeeducativa na mesma.
3.3.- PLAN XERAL DE ACTUACIÓNS3.3.1.- NO ÁMBITO TÉCNICO Mantemento das instalacións e a reparación daqueles
equipos que o precisen. Substitucións de equipos obsoletos.
Elevar o número de equipos a disposición do alumnadotanto na biblioteca coma na aula de informática.
3.3.2.- NO ÁMBITO DIDÁCTICO* INFANTIL Desfrutar das actividades relacionadas con estes medios.
Iniciación no uso dos instrumentos tecnolóxicos como oordenador, encerado dixital, cámara ou reprodutores deson e de imaxe como elementos de comunicación.
Achegamento a producións audiovisuais como películas,debuxos animados ou videoxogos.
Distinción progresiva entre realidade e a representaciónaudiovisual.
Usar as tics como un recurso educativo máis,integrándoas nas aulas, para mellorar o proceso deensino-aprendizaxe en cada unha das áreas.
Fomentar o uso das TICs como un recurso que favorezaa adquisición de coñecementos, destrezas e habilidades.
Promover o desenvolvemento de capacidades:creatividade, aprendizaxe da lecto-escritura, expresiónoral, grafomotricidade, matemática...
Compensar as carencias do alumnado que provén demedios máis desfavorecidos.
35
Familiarizarse progresivamente co ordenador: manexo dorato (clic e arrastre), uso básico do teclado, monitor,auriculares, altofalantes, escaner, impresora, cámaraweb...
Cumprir normas de uso e seguridade.
Manexo de programas adecuados.
Ampliar e reforzar aprendizaxes realizadas na aula.
Familiarizarse coa linguaxe audiovisual dun xeito activo,a través do uso didáctico do mesmo.
Contidos
• Identificación da utilidade de diversos instrumentos etecnoloxías como fontes de información, decomunicación, de expresión, de estratexias deexploración e investigación.
• Achegamento a producións audiovisuais como películas,series de animación ou xogos.
• Adquisición progresiva da conciencia da necesidade dunuso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxíasda información e da comunicación.
• Coñecemento, coidado e uso, na medida das súasposibilidades, das ferramentas tecnolóxicas.
• Achegamento ao uso do ordenador, cámara fotográfica...nos procesos creativos para a elaboración de produciónsaudiovisuais como a serie de animación, presentacións,vídeos... a través de edicións de textos, de gráficos e desons.
• Coñecemento das partes do equipo: monitor, rato,auriculares, teclado, altofalantes, escaner, impresora,cámara web, cámara dixital. Gravacións e son.
36
• Funcionamento e normas, manexo: acendido, apagado,movementos do rato.
• Manexo básico dun procesador de textos, escribir palabras,números, cambios de cor.
• Uso dun buscador,.
• Manexo do encerado dixital interactivo e o programaasociado.
• Vocabulario específico.
Actividades
Actividades previas:
• Apagado e acendido do ordenador, altofalantes,auriculares, gravadora de sons, cámara dixital oucalquera dos recursos tic cos que esteamos a traballar.
• Manexo básico do rato: clic, arrastre e posición.
• Manexo das teclas de uso básico do ordenador: avance,retroceso, espazo...
• Distintas actividades a realizar co ordenador, atendendoas distintas organizacións do traballo na aula:
• As relacionadas coa información referida a unidadedidáctica ou proxecto no que se estea a traballar nesemomento: imaxes, contos, fotos, multimedia...
• Navegación tutelada por blogs e web con contidosadecuados...
* PRIMARIA Seguir, nos primeiros cursos da primaria, a liña de
traballo coas Tics que o alumnado tiña na EducaciónInfantil procurando facer desdobres para un melloraproveitamento das prácticas.
37
Fomentar o uso de aplicacións informáticas que incidanna creación e presentación dos traballos –individuais ede grupos– do alumnado, aplicacións coma procesadoresde texto, follas de cálculo, bases de datos ou programasde presentación.
Utilizar os medios informáticos e audiovisuais dos quedispón o centro de xeito que ese uso facilite tanto a labordo profesorado, pola enorme cantidade de recursoseducativos ao que nos permiten acceder estes medios,coma aumentar o interese e motivación do alumnado aopresentar os contidos dun xeito máis dinámico e no quepoden ser copartícipes, aumentando así a súacompetencia dixital.
Consultar páxinas web con información específica damateria, ou facer uso das páxinas web do centro parasubir contidos propios.
* ATENCIÓN Á DIVERSIDADE - AULA ESPECÍFICA
Desde a aula específica de atención a diversidade, ea través de obradoiros, utilízanse as TICs para traballar, dexeito máis significativo e funcional, aspectos básicos comoautonomía, comunicación e desenvolvemento decapacidades físicas e mentais.
OBRADOIRO DE VÍDEOPreténdese desenvolver:
Capacidades de atención, comprensión, así como ogusto por actividades de ocio. Capacidades comunicativas: comprender situacións ehistorias e relatar pequenas historias dos vídeos vistos.
38
Capacidades sociais: habilidades de escoita evisionado de pequenos vídeos, películas…; adecuarseás normas (gardar silencio, coidar o espazo e material;compartir o espazo para visionado). Capacidades cognitivas: prestar atención a vídeos,mellorar a memoria, desenvolver a percepción visual eauditiva.
OBRADOIRO DE PIZARRA DIXITAL E/OU TABLETPreténdese desenvolver:
Comunicación a través do emprego das tecnoloxías Capacidades sociais: respectar normas, material Capacidades cognitivas: mellorar a atención, amemoria, o razoamento, aspectos temporais, espaciais,comprensión de ordes e instrucións. Capacidades motrices: comprensión de instrucións.,mellorar coordinación xeral, óculo-manual, etc.
3.4.- AVALIACIÓN DO PROXECTO TIC
Na avaliación do proxecto terase en conta os seguintescriterios:
Grao de consecución dos obxectivos deste proxecto enrelación coas vantaxes do uso da tecnoloxía naaprendizaxe do alumno/a.
Valoración das Tics por parte do profesorado, alumnadoe resto dos membros da comunidade educativa.
Frecuencia no uso das Tics dentro e fose da aula. Utilización das Tics como recurso didáctico en diversas
áreas de aprendizaxe polo profesorado e os alumnos Planificación de actividades que utilicen as Tics como
instrumentos de aprendizaxe.
39
Participación no desenvolvemento e seguimento dapáxina web do centro e blogues escolares de alumnos,profesores e membros dela comunidade educativa:consultas, traballos, propostas, etc.
Análises das dificultades atopadas e posibles solucións.O seguimento e a avaliación realizarase:
ao terminar cada trimestre coincidindo coa avaliaciónxeral do centro
ao finalizar o ano académico para elaborar a memoria
3.5.- PROTOCOLO DE RESPOSTA A INCIDENCIASTÉCNICAS
A)Sistema de detección de problemasDispoñer dun cadro de incidencias nas salas de
Profesorado de Infantil/Primaria onde o profesorado anotaráas observacións pertinentes, anomalías, necesidades deinstalación de software ou periféricos, etc…
B)Protocolo de resoluciónDetectada a incidencia consultar con outros compañeiros
que teñen coñecementos sobre o problema detectado.Cando a necesidade esixe maiores coñecementos ou
destrezas resolutivas o coordinador TIC dará aviso o técnicoexterno encargado do mantemento dos equipos.
3.6.- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DOS PERIGOS TICSE DE ACTUACIÓN EN PROBLEMAS DE CIBERACOSOESCOLAR
O uso das novas tecnoloxías nas aulas cos alumnos/asleva tamén unha serie de inconvenientes a ter en conta:
Distracción: O alumno/a distráese consultando páxinasweb que lle chaman a atención ou páxinas coas que estáfamiliarizado, para o que hai que axudar a discerniraprendizaxe do xogo.
40
Adicción: Pode provocar adicción a determinadosprogramas como poden ser chats, videoxogos. Oscomportamentos adictivos poden trastornar odesenvolvemento persoal e social do individuo.
Perda de tempo: A procura dunha informacióndeterminada en innumerables fontes supón tempo resultadodo amplo abanico que ofrece a rede.
Fiabilidade da información: Moitas das informacións queaparecen na Internet. ou non son fiables, ou non son lícitas.Debemos ensinar aos nosos alumnos/as a distinguir que seentende por información fiable.
Illamento: A utilización constante das ferramentasinformáticas no día a día do alumno/a íllao doutras formascomunicativas, que son fundamentais no seudesenvolvemento social e formativo. Debemos educar eensinar aos nosos alumnos/as que tan importante é autilización das Tics como a aprendizaxe e a sociabilidade cosque o rodean.
Aprendizaxes incompletas e superficiais: A libreinteracción dos/das alumnos/as con estes materiais fai quecheguen a confundir o coñecemento coa acumulación dedatos.
Ciberacoso: É o uso das redes sociais, correoelectrónico, blogs e outros ámbitos das tecnoloxías dainformación e da comunicación (TIC) en prexuízo dunha oumáis persoas, ou da súa imaxe pública.
41
Ante todas estas realidades é importante que osdocentes traballen por conseguir que as novas tecnoloxíassexan unha fonte de experiencias para o alumnado e, portanto, e necesario que se coñezan os diferentes perigos queleva consigo a rede, a sintomatoloxía que lles axudará adetectar os problemas, as boas prácticas que axudan a previrestas situacións e a maneira de buscar solucións cando osproblemas xorden.
Así, a comisión TIC, debe elaborar orientacións eprogramas formativos, dirixidos aos diferentes membros dacomunidade educativa, e establecer estratexias preventivaspara evitar tanto o mal uso das redes como para actuar encaso de ciberacoso, tal e como veñen reseñadas no Protocolode prevención, detección e tratamento do acoso escolar eciberacoso da Xunta de Galicia de Outubro de 2015,actualizado o 2 de Maio de 2017.
Formación do profesorado e de familias:sensibilización sobre o uso saudable e razoable das TIC,aprender a lles transmitir aos menores a confianzasuficiente para que poidan recorrer a eles en casonecesario, aprender a apoiar ao menor en caso deconfirmarse o ciberacoso e, en caso de ameazas graves,presentar a correspondente denuncia no organismocompetente.
Formación ao alumnado: potenciar o uso positivo dasTIC e o espírito crítico ante os contidos aos que acceden,ser coidadoso cos datos persoais -onde aparecen e aquen se proporcionan-, non responder a provocacións através dos medios tecnolóxicos; cando unha ameaza épersistente, hai que gardar o que se poida a xeito deproba do sucedido, pechar a conexión e pedir axuda aunha persoa adulta.