26
Plásticos termoestables PF (fenol formaldehido) Resinas fenólicas Obtéñense a partir do fenol e do formol. A máis importante é a baquelita. O olor do formol mantense nos produtos obtidos; nótase, especialmente, cando quenta, polo que non é apto para recipientes alimentarios. Normalmente se lle engaden cargas (láminas de papel, chapas de madeira, serraduras, fibras téxtiles...) para mellorar a súa resistencia. Úsanse en: carcasas de motores, manivelas, teléfonos, interruptores, estilográficas, mazos, ect.

Plásticos termoestables

  • Upload
    zinnia

  • View
    68

  • Download
    5

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Plásticos termoestables. PF (fenol formaldehido) Resinas fenólicas Obtéñense a partir do fenol e do formol. A máis importante é a baquelita. O olor do formol mantense nos produtos obtidos; nótase, especialmente, cando quenta, polo que non é apto para recipientes alimentarios. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables• PF (fenol formaldehido) Resinas

fenólicas– Obtéñense a partir do fenol e do formol. A

máis importante é a baquelita.

– O olor do formol mantense nos produtos obtidos; nótase, especialmente, cando quenta, polo que non é apto para recipientes alimentarios.

– Normalmente se lle engaden cargas (láminas de papel, chapas de madeira, serraduras, fibras téxtiles...) para mellorar a súa resistencia.

– Úsanse en: carcasas de motores, manivelas, teléfonos, interruptores, estilográficas, mazos, ect.

Page 2: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables

• UF (urea formaldehido) Resinas ureicas ou úricas– Proceden da urea e do formol– Carecen de olor. Son insensibles á luz, polo

que se poden usar para fabricar pezas que teñen que estar no exterior. Poden colorearse con facilidade.

– Mediante prensado pódense obter: pratos, vasos, interruptores eléctricos, ect.

– O nome comercial máis importante é a formica, que se emprega para revestir encimeiras de cociña, mesas, cadeiras e mobles en xeral.

Page 3: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables

• MF (melamina formaldehido) Resinas melamínicas– Fabrícanse a partir dos monómeros de

melamina e formol.– As características son análogas ás resinas

ureicas, non desprendendo olor nin sabor, polo que tamén poden ser empregadas como recipientes alimentarios.

– Unha das aplicacións máis estendidas é no recubrimento de taboleiros. Adoitan ter cores cremas e verdes

Page 4: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables

• UP (unsaturated polyester, poliéster insaturado) Resinas de poliéster– Obtéñense do alcatrán de hulla e do

estirol.– Son incoloras, pero pódeselles engadir

calquera colorante.– Resisten temperaturas de ata 200 ºC, sen

chegar a se deteriorar.– Empréganse en recubrimentos de fibra

de vidro (avións, embarcacións, ect.) e como placas transparentes para cubertas e tellados

Page 5: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables

• EP (epoxi) Resinas de epoxi ou epóxido– Obtéñense do fenol e do acetileno.

– En estado líquido son moi velenosas e os seus vapores irritan a pel. Unha vez secas e endurecidas son inodoras e insípidas.

– Son fáciles de traballar con arranque de labra. Son bos illantes e adhírense facilmente ós metais, pola que constitúen para eles un bo pegamento.

– Empréganse na fabricación de adhesivos (araldit), vernices ó lume (moi resistentes os rabuñazos), lacas para metais, recubrimento de conductores eléctricos e circuítos impresos, ect.

Page 6: Plásticos termoestables

Plásticos termoestables

• PUR Poliuretano– Obtéñense a partir dun poliéster (chamado desmofén)

e un derivado do benzón (desmodur).– Acostúmanse fabricar varios produtos:

• Esponxosos: esponxas, colchóns, recheos de almofadas, goma espuma, etc.

• Espumosos duros: illantes térmicos e acústicos (inxéctanse nas paredes).

• Materiais macizos con elasticidade: xuntas de goma elásticas, correas de transmisión, etc.

• Vernices: de gran dureza vítrea.• Adhesivos de dous compoñentes: formados por

dúas partes (endurecedor e resina). O pegamento en si é un catalizador que, ó unilo ás pezas a pegar, proporciona unha unión resistente e duradeira

Page 7: Plásticos termoestables

PROCESO DE CONFORMACIÓN DE PRODUCTOS PLÁSTICOS

• Prensado: O material pulverizado en gránulos (granza) o que se lle engadiu a carga e os aditivos, introdúcese na parte inferior do molde. Logo prénsase e aplícaselle calor ata que se volve plástico e flúe, penetrando nos espacios ocos do molde. Unha vez se endureceu a peza, sácase.

Page 8: Plásticos termoestables

PROCESO DE CONFORMACIÓN DE PRODUCTOS PLÁSTICOS

• Inxección: A materia prima (granza) introdúcese nun recipiente que , por efecto do calor e a presión, adquire gran plasticidade. Un émbolo comprime a masa e faina pasar ó interior do molde a través dunha ou varias boquillas. Despois de que teña endurecido, ábrese o molde e sácase a peza

Page 9: Plásticos termoestables

PROCESO DE CONFORMACIÓN DE PRODUCTOS PLÁSTICOS

• Termoconformado: As pezas fabrícanse a partir de películas ou pranchas ríxidas, por deformación en quente, colocase a película sobre o molde axeitado. Unha aplicado o peche, quenta á temperatura necesaria e aplicase o baleiro, presión ou ambas cousas. Unha vez frío, desmóldase e sacase a peza.

Page 10: Plásticos termoestables

PROCESO DE CONFORMACIÓN DE PRODUCTOS PLÁSTICOS

Extrusión-soprado

1. Partindo dun tubo o liña de forma continua, 2. este é cortado e aprisionado por un molde refrixerado3. e mediante a introdución de aire comprimido no seu interior 4. se lle obriga a adquirir a forma do molde que o conten. 5. En outra fase, se expulsa la botella. 6. Rematado este ciclo, pasa á estación de "desbarbado" onde se lle desprende dos sobrantes (rebabas), automática o manualmente.

1

2

3 4

5

6

1

1

Page 11: Plásticos termoestables

Plásticos compostos

● Reforzados: estan formados por dous tipos de materiais, un material de reforzo que lle confire resistencia á tracción, e algún tipo de plástico. Ambos están unidos (mesturados) formando un todo.

● Laminados: a diferencia dos reforzados as capas de ambos materiais están solapadas ou unidas, pero non mesturadas.

Page 12: Plásticos termoestables

Plásticos reforzados

● O material de reforzo adoita ser fibra de vidro, fibras orgánicas, fibras sintéticas, metálicas, fibras de carbono, etc.

● Estanse inventando e ensaiando novos materiais. Un dos máis resistentes ata agora denomínase kevlar, que resulta dificil de mecanizar e de cortar, empregándose principalmente, para a fabricación de avións, satélites de comunicacións, cascos, chalecos antibalas, blindaxes, etc.

kevlar

Page 13: Plásticos termoestables

Plásticos laminados

● Plástico-vidro. Consiste en recubrir o vidro cunha capa moi fina de transparente. Con iso mellórase a resistencia fronte a choques, evitando a fraxilidade, ó mesmo tempo que serve de illante térmico. Unha invención recente é a botella Plastishield

Page 14: Plásticos termoestables

Plásticos laminados

• Plástico-papel ou cartón: Consiste en recubrir o papel ou plástico cunha fina capa de plástico (xeralmente polietileno de baixa densidade) por ambos lados. Algunhas aplicacións encontrámolas en cartóns Tetra Pak, pastas de libros, envoltorios, etc.

Page 15: Plásticos termoestables

Plásticos laminados

● Plástico-metal: Son moitos os produtos recubertos dunha fina capa de plástico, como as latas de conserva, que levan unha fina capa de resinas epoxi ou fenólicas, para evitar posibles oxidacións.

● Plástico-tecidos: Teñen moitas aplicacións no campo dos coiros sintéticos (marroquinería e tapicería), lonas, etc.

● Plástico-plástico: Algúns envases que conteñen productos alimenticios, cosmeticos, bebidas, etc.

Page 16: Plásticos termoestables

Fibras téxtiles

● Están formadas por elementos de lonxitude moi superior ó seu diámetro, que se empregan para a fabricación de fiados.

● A unión de moitas fibras téxtiles dá orixe a un fío. Á súa vez, mediante fíos podemos formar os fiados ou tecidos

● No mercado existe unha variedade de fibras téxtiles que se poden clasificar en tres grandes grupos: naturais (de orixe mineral vexetal e animal), artificiais e sintéticas.

Page 17: Plásticos termoestables

Fibras naturais de orixe mineral

Especialmente o ouro e a plata poden ser convertidos en fíos continuos que son utilizados na fabricación de tecidos para o culto relixioso e traxes rexionais ou de toureiros

Fibras dalguns metais

Obtense trala unión de diversos minerais, seguida da fusión dos mesmos. A continuación prodúcense finísimos filamentos ou fibras, que se mesturan entre si, formando a fibra de vidro

Fibra de vidro

CaracterísticasFibras transformadas

Obtéñense de minerais de estructura fibrosa. Soamente o amianto posúe esta cualidade. Recentemente comprobouse que a súa manipulación provoca leucemia e cancro, polo que o seu uso esta prohibido.

Existen outras fibras que se denominan fibras transformadas,Fibra de vidro

Fíos de ouro

Page 18: Plásticos termoestables

Fibras naturais

A súa aplicación céntrase na fabricación de artigos de artesanía popularEsparto

É unha fibra máis resistente có algodón, pero menos elástica e flexible. Conduce a calor con facilidade, o que orixina que as prendas sexan frescas en verán. Úsase para fabricar roupa de cama, vestidos, camisas, chaquetas, etc,

Liño

Está formado polo 91 % de celulosa. Esta celulosa emprégase para fabricar fibras naturais e como materia prima para a fabricación de fibras artificiais (celulósicas). Ten a ventaxe de ser moi agradable ó tacto e non producir alerxias.

Algodón

FotoCaracterísticasFibras vexetais

Formadas por diferentes flores, froitos ou talos vexetais. As máis importantes son as de algodón, liño e esparto

Page 19: Plásticos termoestables

Fibras naturais de orixe animal

É o pelexo dun animal que se someteu a un proceso de curtido. O curtido consiste en eliminar o pelo e a epiderme, deixando soamente a derme. Logo engádenselle substancias curtientes para darlle elasticidade e evitar que sexa atacada polos fungos ou insectos.

Coiro

É un filamento continuo producido polo verme de seda (lepidóptero do xénero Bombyx) no momento de pasar á fase de crisálida.

É unha fibra moi apreciada para a fabricación de prendas de vestir, cortinas, tapices, etc. É cara.

É moi elástica, pero ten o inconveniente de ser mala conductora da calor, polo que en verán súase moito con ela.

Seda

Obtense do pelo que recobre o corpo das ovellas. Ten as seguintes propiedades:

É moi elástica, polo que se engurra con facilidade Ten o inconveniente de que a calor húmida afecta a fibra, por iso non se debe pasar polo ferro.

La

CaracterísticasFibra animal

Page 20: Plásticos termoestables

Fibras artificais

● Pártese do estudio da forma de traballo do verme da seda. O problema consistía en producir unha masa capaz de pasar por unha fileira, que se mantivese, unha vez secada, a forma de filamento.

● Estas fibras inventáronse a finais do século XIX e denomináronse fibras artificiais.

● As máis importantes son as celulósicas (raións) e as proteínicas.

Page 21: Plásticos termoestables

Fibras celulósicas

• Coñéceselles, tamén, co nome de raións. Ás características son:– A materia prima é a celulosa, á que se

engaden distintos disolventes para dar orixe ós distintos tipos de raións.

– Teñen unha gran resistencia en seco pero non tanto cando están húmidas.

– Son agradables ó tacto. Normalmente adoitan ir mesturadas con fibras naturais e/ou fibras sintéticas, para darlles maior resistencia mecánica.

Page 22: Plásticos termoestables

Fibras proteínicas

Obtéñense de algas mariñas disoltas en sosa cáustica.

Raión alxínato

Obtense de proteínas vexetais de millo disolvéndoas en sosa cáusticaVícara

Fabrícase a partir da caseína da leite disolta en sosa cáustica. Emprégase para fabricar toucas e xéneros de punto.

Fibrolá e

lanital

CaracterísticasTipo de fibra

O proceso de fabricación consiste en disolver unha proteína de orixe animal ou vexetal e logo formar filamentos.

Page 23: Plásticos termoestables

Fibras sintéticas

● Son moi resistentes a todo tipo de axentes externos, non necesitan case pasar o ferro e a suciedade desaparece delas con facilidade. O seu maior inconveniente é que son pouco higroscópicas, polo que en verán son moi quentes e en inverno moi frías

● Para evitar estos problemas acostuman mesturar con fibras naturais.

Page 24: Plásticos termoestables

Fibras sintéticas

Teñen unha enorme elasticidade. Empréganse na fabricación de prendas de lencería, bañadores, vestiario deportivo, etc.LycraPoliuretano

Resisten moi ben a abrasión, así como toda clase de tratamentos e axentes químicos. Empréganse na fabricación de tapicerías, artigos de uso industrial e prendas de traballo

MerklónPolipropilénicas

Teñen unha gran resistencia á abrasión. Por iso úsanse moitos en artigos de tapicería, alfombras e moquetas.

SaránPolietilénicas

Son fibras moi suaves, polo que se acostuman utilizar para a fabricación de prendas de bebés.

RhovilPolivinílicas

Son moi resistentes á acción da intemperie e da luz. Xeralmente empréganse en xéneros de punto.

LeacrilAcrílicas

Obtense a partir dun diácido e dun diol. Normalmente este tipo de fibra mesturase coa la.

TergalPoliéster

Son moi resistentes e elásticas; non son atacadas por insectos ou putrefacción. Teñen o inconveniente de ser pouco higroscópicas, defórmanse coa calor e producen alerxias a peles sensibles.

NailonPoliamidas

CaracterísticasFibra máis

coñecidaTipo de fibras

Page 25: Plásticos termoestables

Elastómeros

● Permiten enormes deformacións elásticas, da orde do 1000 %. Esta propiedade conséguese despois dun vulcanizado (achega de xofre á masa seguido dunha subida da temperatura, ata os 145 ºC e unha presión dunhas 5 atmosferas.

● O osíxeno, a calor e a luz solar actúan lentamente sobre os elastómeros, reducindo a elasticidade do material.

Page 26: Plásticos termoestables

Elastómeros

Resisten moi ben a calor, a abrasión e o envellece-mento. Os máis importantes son: o SBR (patentado en Alemaña en 1929 e difundido coa marca comercial Buna S) e o GR-S ( de Government Rubber-Styrene, creado en Alemaña en 1942, para compensar a escaseza de caucho). O 80 % do caucho sintético emprégase na fabricación de pneumaticos.

Caucho sintético

Teñen como base o silicio. Resisten moi ben os axentes externos.

Siliconas (SE)

Formado por un polímero de cloropreno. É incombus-tible e non se deteriora con facilidade. Empregase como illamento de cables e roupa de submarinistas e bombeiros.

Neopreno

(PCP)

Sintético

Obtense dun zume leitoso, denominado látex, que exsudan certas árbores (hevea brasiliensis) ó facerlles pequenos cortes no tronco. Na actualidade ten sido substituído polo caucho sintético.. As súas aplicacións adoitan restrinxirse a colchóns e almofadas.

Caucho (CA)

Natural

CaracterísticasTipoElastómero