8
DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2010

Poemas bata

Embed Size (px)

DESCRIPTION

traballo escolar

Citation preview

Page 1: Poemas bata

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

2010

Page 2: Poemas bata

(1)As mulleres

bata,os homesgaravata.

Por que esta diferenza?Eles na empresa,

elas na casa.Elas guisan,eles revisan.Eles mandan,elas traballan.

Eles recoñecemento,elas esgotamento.

Mulleres con garavata,homes con bata.

Eles e elas van ao traballo,elas e eles gañan os mesmos cartos.

Eles e elas limpan o chan,elas e eles pasean o can.

Eles e elas coidan os fillos,elas e eles recollen o lixo.Eles e elas lavan a louza,

elas e eles fan as mesmas cousas.

Por Laura Abelleira, Leonor Orio e Paula Martínez (2º ESO-E)

Page 3: Poemas bata

(2)Dura loita contra a

IgualdadeA da muller na sociedade

Durante vinte e catro horas ao día e trescentos sesenta e cinco días aoAno pasa a muller no traballo mal remunerado.

Muller traballadoraUnha persoa soñadora, coma as

Leoas, loitadora, loitadoraLeva unha bata branca, a cadros...

E todasRealizan ben o seu traballo.

Traballa a muller arreo,Recibe a cambio pouco diñeiro.Antes de ir traballas limpaBen o seu fogar e atende

As criaturas coas que quere estar.Loita, muller, loita sen parar,

Loita que has de gañar.Agora a violencia de xénero ten o seu castigo,

Definitivamente a muller pode buscar un bo amigo.O resultado desta loita faise de

Rogar, aínda que ao finalA loita e o sacrificio vencerán.

Por Federico Palessi, Miguel Méndez e Xoel Pérez (2º ESO-E)

Page 4: Poemas bata

(3)Un traballo, unha bata.

Outro traballo, outra bata.Muller de campo, unha bata.

Unha médica, outra bata.Raias, cores e lunares,branca, verde, amarela,todas cos seus ollares.Liberdade, tristura,felicidade, amargura,

saudade e finura.Todos os sentimentos

expresan as batasdependendo do momento

O 8 de marzo todos xuntos.Homenaxe á muller traballadora,festa da igualdade esmagadora.

Por Sergio Rial, Maxi Retamozo, Paolo Perreta, Yara Elena Rodríguez (2º ESO-E)

Page 5: Poemas bata

(4)TI, BATA

Bata, símbolo do esforzo,mulleres traballadoras,traballas a sol e sombra

con teima e sen descanso.

Fasquía de marisqueiras,agricultoras, gandeiras.

Reflicten felicidade,tristura e liberdade.

Ti espertas cada mañácoa ilusión do fogar,tes azos para amar.

Ti xa non es invisible,nós sempre valoraremoso teu traballo infalible.

Por Cibrán Costa, Pedro López e Óscar Iglesias (2º ESO-B)

Page 6: Poemas bata

(5)Barbarie, desprezo, inxustizaAs mulleres seguen a recibir.Tanto tempo de desgraza

As mulleres non o poden permitir.

Pero agora a cousa está a cambiar,Os homes respéctanas e non as volven humillar.

Romances, sonetos, cancións de amor volven triunfar.

Festexamos a nova era.Osixenamos a felicidade.

Recuperamos o tempo perdido.Agora son novidade.

Por Víctor Maneiro, María Carpena, Nadia Darwich e Cristian García (2º ESO-D)

Page 7: Poemas bata

(6)Este elemento,

fíos e teas que representano movemento,

o esforzo e a dedicación que elas prestan.

Mulleres traballadorasdende sempre loitadoras,

ao traballo sempre atadas,coas batas sempre armadas.

A súa paixón, a accióndo día a día, sempre feita con dedicación,

cariño e preocupación.Elas, modelos a seguir

sempre con ganas de vivir.

Por Kelly Iglesias (2º ESO-E)

Page 8: Poemas bata

(7)Coa bata vai polo campopara facer o traballo.Muller traballadora,

muller soñadora.

Bata con cadros, bata con coresson sentimentos e amores.

Mullr traballadora,muller soñadora.

Diversos oficios,mesma vestimenta,

a bata moitas cousasrepresenta.

Muller traballadora,muller soñadora,

sempre serás nosa,poderosa e fermosa.

Por María Rodríguez, Iria Potti e Iria Ferradás (2º ESO-E)