2
POLO CORREO DO VENTO Polo correo do vento mándoche a miña canción, un sobre de sentimento que asinei co corazón. Polo correo do vento mándoche a miña canción, un sobre de sentimento que asinei co corazón. Escribín liña por liña, a luz da miña saudade, no colo dunha estreliña. A esa hora no valiño, se cadra, a sombra dos árbores morrera sobre o camiño… Ao acabar a canción, sequei a tinta, aínda verde, co pó da miña canción. Polo correo do vento mándoche a miña canción, un sobre de sentimento que asinei co corazón. Polo correo do vento mándoche a miña canción, un sobre de sentimento que asinei co corazón. E, logo, fun a botar, ás altas horas da noite, polo buzón do luar… Estaba todo calado, no buzón había unha carta dun luceiro namorado. Máis tarde sentín pasar o peatón dunha nube co correio do lugar…

POLO CORREO DO VENTO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Poema de Aquilino Iglesias Alvariño

Citation preview

Page 1: POLO CORREO DO VENTO

POLO CORREO DO VENTO

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

Escribín liña por liña, a luz da miña saudade,

no colo dunha estreliña.

A esa hora no valiño, se cadra, a sombra dos árbores

morrera sobre o camiño…

Ao acabar a canción, sequei a tinta, aínda verde,

co pó da miña canción.

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

E, logo, fun a botar, ás altas horas da noite,

polo buzón do luar…

Estaba todo calado, no buzón había unha carta

dun luceiro namorado.

Máis tarde sentín pasar o peatón dunha nube

co correio do lugar…

Page 2: POLO CORREO DO VENTO

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

Polo correo do vento mándoche a miña canción,

un sobre de sentimento que asinei co corazón.

Cando por aí pase o vento,

terriña do corazón,

nun sobre de sentimento

darache a miña canción…

(Aquilino Iglesias Alvariño)