10
ANTECEDENTES HISTÓRICOS Cultigar, fundada en 1.989, é a única empresa privada galega que se adica á producción de planta ornamental e forestal mediante técnicas de cultivo in vitro. Actualmente deixou de ser unha S.L. para formar parte da FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA. É, ademáis, unha empresa con amplos antecedentes no ámbito da investigación. Proba disto é a participación entre os anos 1988 e 1998 en proxectos de ámbito europeo como ECLAIR ( European Collaborative Linkage of Agricultura and Industry through Research ) no que se desenrolou unha parte do traballo orientado á multiplicación “in vitro” de material seleccionado de especies leñosas como castanea, quercus robur, prunus avium, camellia japónica....ou o COST G4 ( European Cooperation and Coordination in the Field of Scientífic and Technical Research ) no que se levou a cabo unha investigación multidisplinar sobre o castiñeiro que abarcou campos como a fisioloxía, a patoloxía, os recursos xenéticos e a silvicultura e que ofreceu á empresa a oportunidade de intercambiar valiosas experiencias con outras empresas e centros de investigación europeos con ampla traxectoria na multiplicación do castiñeiro. De feito estableceronse colaboracións interesantes co Departamento de Fisioloxía Vexetal do IIAG ( Instituto de Investigacions Agrobiolóxicas de Galicia ) pertencentes ó CSIC ( Consello Superior de Investigacions Científicas ). Dende entón, mantivose unha estreita relación, seguindo e apoiando como empresa interesada nas investigacións que alí se desenrolaban, entre as que se atopan as que actualmente se están levando a cabo e que se refiren, por un lado á transformación xenética do castiñeiro para desenrolar resistencia a enfermidades e por outro, á transformación xenética do bidueiro para empregalo en tarefas de biorremediación. Ademáis, nos próximos meses prevese a firma dun convenio de colaboración para desenrolar un sistema de multiplicación in vitro válido para o quercus alba.

Post sobre viveiros

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Post sobre viveiros

Citation preview

Page 1: Post sobre viveiros

ANTECEDENTES HISTÓRICOS Cultigar, fundada en 1.989, é a única empresa privada galega que se adica á producción de planta ornamental e forestal mediante técnicas de cultivo in vitro. Actualmente deixou de ser unha S.L. para formar parte da FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA. É, ademáis, unha empresa con amplos antecedentes no ámbito da investigación. Proba disto é a participación entre os anos 1988 e 1998 en proxectos de ámbito europeo como ECLAIR ( European Collaborative Linkage of Agricultura and Industry through Research ) no que se desenrolou unha parte do traballo orientado á multiplicación “in vitro” de material seleccionado de especies leñosas como castanea, quercus robur, prunus avium, camellia japónica....ou o COST G4 ( European Cooperation and Coordination in the Field of Scientífic and Technical Research ) no que se levou a cabo unha investigación multidisplinar sobre o castiñeiro que abarcou campos como a fisioloxía, a patoloxía, os recursos xenéticos e a silvicultura e que ofreceu á empresa a oportunidade de intercambiar valiosas experiencias con outras empresas e centros de investigación europeos con ampla traxectoria na multiplicación do castiñeiro. De feito estableceronse colaboracións interesantes co Departamento de Fisioloxía Vexetal do IIAG ( Instituto de Investigacions Agrobiolóxicas de Galicia ) pertencentes ó CSIC ( Consello Superior de Investigacions Científicas ). Dende entón, mantivose unha estreita relación, seguindo e apoiando como empresa interesada nas investigacións que alí se desenrolaban, entre as que se atopan as que actualmente se están levando a cabo e que se refiren, por un lado á transformación xenética do castiñeiro para desenrolar resistencia a enfermidades e por outro, á transformación xenética do bidueiro para empregalo en tarefas de biorremediación. Ademáis, nos próximos meses prevese a firma dun convenio de colaboración para desenrolar un sistema de multiplicación in vitro válido para o quercus alba.

Page 2: Post sobre viveiros

Dende 1994, Cultigar, firma un convenio coa Administración autonómica para a producción masiva de varios clons de castiñeiro híbrido resistente á enfermidade da tinta, seleccionados polo Centro de Investigacions Forestais ( CIFA ) de Lourizán, que levou a cabo a transferencia de tecnoloxía a Cultigar para a súa multiplicación in vitro. O traballo de posta a punto dos sistemas de producción a escala comercial, supuxo durante estos anos para a empresa unha importante carga de traballo en investigación e desenrolo, dando como resultado, por exemplo, a obtención dun novo sistema de enraizamento e aclimatación de castiñeiro híbrido ás condicions “in vivo” coa financiación da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia ( SXIDT). ACTIVIDADES ACTUAIS DE CULTIGAR Actualmente, e sen deixar de lado a actividade productiva da empresa, Cultivar está deseñando un plan integral no sector do Viveirismo e Forestal de madeiras nobres, que abarca os eixos de Investigación, Rexistro de novas variedades, Defensa Vexetal, Formación, Producción, Comercialización e Distribución. Para levar a cabo este proxecto estase realizando unha grande inversión tanto dende o punto de vista tecnolóxico ( investigación ) como do humano ( formación ) para dar resposta ás necesidades dun sector en alza, no que Europa nos leva moita vantaxe, a pesar de que Galicia goza dunhas condicións climatolóxicas excepcionais que lle outorgan numerosasvantaxes sobre outros países á hora de producir plantas de calidade. Neste sentido realizaronse en Cultigar dous “cursos básicos de cultivo in vitro” dirixido a persoas en paro con diplomaturas ou licenciaturas na rama das ciencias, que derivaron na contratación de varias das persoas asistentes ó curso. Pero Cultigar non emprendeu este camiño en solitario, senon que buscou a colaboración dos profesionais do sector para indagar acerca dos seus problemas e necesidades e así facer da investigación, unha investigación útil e aplicada. Descubreuse , por exemplo, a dificultade dos viveiristas na obtención de especies, algunhas delas empregadas como portainxertos e que para conseguilos deben recurrir á importación. Tratase de especies como cornus, magnolia, liquidambar, acer, phormium.... En Cultigar estase traballando na posta a punto dun método de cultivo in vitro para a producción destas especies e ó mesmo tempo das súas variedades ornamentais, o cal eliminaría en algúns casos a necesidade de empregar portainxertos, xa que serían plantas autoenraizadas e cun sistema radicular moi ben desenrolado. Outras especies coas que se traballa son o daphne ou a kalmia, difíciles de encontrar no mercado a pesar de ter unha grande demanda. Froito da colaboración dos profesionais do sector, surxiron unha serie de asociacións como a Agrupación AF de 8, formada por oito viveiros preocupados fundamentalmente por garantizar unha planta de calidade mediante o control do estado sanitario da mesma e mediante a optimización do sistema de producción, que abarca dende o axuste de sustratos e fertilizantes ata o control biolóxico das pragas. Outro feito que resulta de especial interese é a propagación de plantas froito dun proceso de mellora por selección clonal ou hibridación. A este respecto, Cultigar, sacou partido a esta faceta do cultivo in vitro, levando a cabo labores de investigación financiadas en parte pola Consellería de Industria e

Page 3: Post sobre viveiros

que teñen como obxectivo a posta a punto do cultivo de novas variedades vexetais que están rexistradas na Oficina Comunitaria de Variedades Vexetais ( CPVO ). Tratase de dúas variedades de Liquidambar styraciflua que se encontran a disposición de Cultigar, a través da creación dun reciente marco xurídico desenrolado para o estudo e rexistro de variedades vexetais - Estela Orvi, S.L. - froito da colaboración entre as empresas Orvisahouse, S.L. (Obtentora das variedades) e Cultigar. Estas dúas novas variedades denominanse “Petit Ball” e “Compostela”. Nestos casos a propagación mediante técnicas de cultivo in vitro é sempre xustificable e rentable posto que a cantidade de plantas que se poden obter a partir dunha árbore e nunha estación determinada mediante métodos tradicionais é moi pequena. Ademáis mediante o cultivo in vitro podense conseguir varias xeracións de plantas nun curto período de tempo. No terreo forestal solicitouse un proxecto europeo ( INCO con Latinoamérica ) no que participan diferentes grupos de investigación españois e latinoamericanos e co que se pretende sondear as poblacións de castiñeiro sobre todo de Asturias e Chile é búsqueda de novos clons que destaquen polas súas cualidades madeireiras e de resistencia a enfermidades. Neste proxecto, Cultigar aparece como entidade asociada a INIA ( Instituto Nacional de Investigacions Científicas ). Seguindo na liña forestal, mellorouse o sistema de multiplicación de dous clons de prunus serotina con moi boas cualidades madeireiras baixo a solicitude de unha importante empresa de ámbito internacional. Os rendementos na producción que se poden conseguir empregando técnicas de cultivo in vitro son moitísimo maiores que os obtidos mediante métodos tradicionais, especialmente para este tipo de especies leñosas con baixos coeficientes de multiplicación e difíciles de enraizar. Tamén se levaron a cabo os establecementos in vitro de novos clons de prunus serotina seleccionados para evaluar a súa capacidade de multiplicación con vistas a iniciar unha nova producción. Outro dos cultivos que se está evaluando é o do carballo. Para isto firmouse un contrato coa empresa Foresta Capital, que lle trasferiu a Cultivar tecnoloxía e os clons necesarios para realizar a avaliación. No caso de que ésta resulte positiva, traerá consigo un contrato de producción de unha considerable cantidade de planta. Asimesmo, dende que a empresa foi adquirida por esta empresaria galega, a pesar de que quedou rescindido o convenio de producción de castiñeiro coa Administración e que a producción da empresa se viu diversificando cara a outras especies vexetais, non se quixo abandonar a producción dos clons de castiñeiro resistentes, que tanto interés teñen en silvicultura. Nun afán por mellorar a calidade das plantas ofrecidas ao sector forestal, Cultigar, propuxose optimizar a propagación clonal mediante a solicitudede transferencia ao CIFA de Lourizán de novos clons de castiñeiro híbrido seleccionados nos últimos anos tanto polas súas cualidades forestais e como portainxertos como pola resistencia a enfermidades e facilidade de multiplicación. Estos clons foron certificados recentemente pola Xunta de Galicia, agrupándoos segundo as súas características en seleccionados, cualificadose controlados.

Page 4: Post sobre viveiros

A maioría da planta de castiñeiro híbrido producida por Cultigar é absorbida pola Consellería do Medio Rural para reforestacións e suministro aos viveiros de planta nai ben identificada. VANTAXES DO MÉTODO DE MICROPROPAGACIÓN EMPREGADO POR CULTIGAR A micropropagación, por tratarse dun método de propagación vexetativa, permite a obtención de plantas xenéticamente idénticas a partir dun individuo seleccionado coas seguintes vantaxes frente á propagación tradicional: - Multiplicación rápida e uniforme con independencia das variacións estacionais e incidencias meteorolóxicas. - Necesidade de espazos moito máis reducidos que nos sistemas de multiplicación convencionais. - Incremento dos rendementos debido ao rexuvenecemento vexetal e a mellora do estado sanitario das plantas. - Suficiente cun número limitado de proxenitores dados os altos coeficientes de multiplicación. - Potencial xerador de mutantes que poden ser interesantes dende o punto de vista comercial. Sen embargo, o coste da planta producida por este método é elevado polo que o seu uso é estrictamente rentable en casos concretos: - Que o material de partida co que contamos para o establecemento da producción sexa escaso ( resultado dun proceso de mellora por selección clonal ou hibridación ou no caso de especies vexetais en vías de extinción) - Que as especies a producir teñan uns índices moi baixos de multiplicación por métodos tradicionais. Todo isto, unido á necesidade da empresa dunha continua renovación en productos e procesos para manter a súa competitividade e garantir a súa supervivencia, fan que se escollera o cultivo in vitro para introducción no mercado de variedades de plantas seleccionadas tanto polo seu valor forestal, ornamental ou como portainxertos. PROCESO PRODUCTIVO A viabilidade comercial da técnica para un determinado producto ( especie, variedade ou clon ) depende da existencia dos procedementos adecuados para o establecemento in vitro , o mantemento de taxas aceptables de multiplicación, o enraizamento e a aclimatación. Revisando a literatura científica resulta pouco frecuente que todos estos procesos foran resoltos con éxito para unha determinada especie, variedade ou clon, polo que soe ser necesaria unha fase adicional de investigación. FASE O: PREPARACIÓN das plantas nai. Tratase do mantemento dos proxenitores cunhas garantías sanitarias adecuadas para o seu posterior establecemento in vitro. Normalmente chega coa aplicación de funxicidas. No caso de encontrar contaminación endóxena no material de partida procederase ao seu saneamento mediante termoterapia ( no caso de virus ) ou mediante o uso de antibióticos ou biocidas (no caso de contaminación bacteriana ).

Page 5: Post sobre viveiros

FASE I: ESTABLECEMENTO do cultivo. Iniciase o cultivo a partir de diferentes explantos: nudos, xemas, follas...desinfectándoo previamente, e seleccionando o que teña maior capacidade de rexeneración. Evidentemente será necesaria a preparación e esterilización dos medios de cultivo que se vaian a empregar. Duración aproximada: 3 meses.

Preparación de medios FASE II: MULTIPLICACIÓN. Procedese á individualización dos brotes e á introducción dos mesmos nun medio de cultivo fresco nas cabinas de fluxo laminar horizontal. A duración depende da cantidade de plantas que se queren obter. Optimizaránse tanto os macro como os microelementos, así como a concentración e combinación dos reguladores de crecemento do medio de cultivo. Tamén se optimizarán parámetros como temperatura e fotoperíodo na cámara de cultivo.

Page 6: Post sobre viveiros

Repicado en cabina

Zona de transferencia

Page 7: Post sobre viveiros

FASE III: ENRAIZAMENTO. Podese realizar en condicións in vitro ou directamente en condicións ex vitro ( máis rentable ) sobre un sustrato a base de cortiza de pino, turba e perlita en diferentes proporcións segundo o caso. Duración aproximada: 1 mes.

Cámara de crecemento

Page 8: Post sobre viveiros

FASE IV: ACLIMATACIÓN in vivo. Debido ás características especiais que presentan as plantas multiplicadas in vitro, esta etapa soe ser a que limita a producción polo elevado porcentaxe de mortandade. Ata fai pouco as plantas non podían sair directamente do laboratorio aos túneles de aclimatación debido a un deficiente control de parámetros como a temperatura e a humidade, debendo realizar unha fase intermedia que non só alonga o proceso de producción senon que resulta extremadamente laborioso. Mediante a construcción dun novo invernadoiro de aclimatación estamonos saltando un paso no proceso. As plantas permanecerán nos túneles de aclimatación entre 15 días e 1 mes dependendo de si saen con raíz ou sen ela. Logo pasarán á mesas de engorde donde permanecerán 2 meses máis antes da súa venta.

Túneles de aclimatación antigos

Page 9: Post sobre viveiros

CARACTERÍSTICAS DO INVERNADOIRO DE ACLIMATACIÓN

O novo Invernadoiro de Aclimatación totalmente automatizado mediante sistemas de tecnoloxía punta en canto a control de clima ten as seguintes características: 1.- Soleira de Formigón. 2.- Estructura. Consiste nunha nave de 10x28 m ( 280 m2 ) con laterais e teito de policarbonato. 3.- 14 Mesas de Cultivo de 1,50x8,30 m. Consideraronse o maior número de mesas posibles que pode conter esta superficie. Neste sentido,optouse por mesas móviles, que aproveitan mellor o espazo ( menos corredores ). Dado que o obxectivo é dar cabida a plantas que proveñen directamente do laboratorio, as mesas serán tipo túnel, o que nos permite un mellor control do grao de humidade ( debe ser cercano ao 100% durante polo menos os primeiros 15 días ) 4.- Fog System. O fog system é imprescindible para o control da humidade dentro de cada túnel e, en algúns casos, actuará como refrixerante. 5.- Doble Pantalla Térmica. Terá unha dobre función: Por un lado para rentabilizar o uso do sistema de calefacción mantendo a calor dentro do invernadoiro e por outro actuando como malla de sombreo.Accionarse mediante o controlador climático en función da temperatura. 6.- Hidrofan. Tratase dun sistema de ventiladores e nebulizadores que se colocará dentro da nave para a súa refrixeración nos meses de maior calor. 7.- Sistema de Calefacción por Auga. É o sistema que garantiza unhas condicións de temperatura máis homoxéneas sen risco de que a planta se reseque.

Page 10: Post sobre viveiros

8.- Luces de Halogenuro metálico. Ofrecen unha radiación en unha lonxitude de onda imprescindible para a estimulación da fotosíntese e facilitar o enraizamiento e crecemento da planta. Son necesarias sobre todo en climas como o galego en que carecemos de luz suficiente nalgúns meses do ano. 9.- Controlador Climático. É o automatismo que controlará tódolos parámetros referentes ao clima dentro do invernadoiro por medio de sondas que accionarán os sistemas de calefacción, humidade, malla térmica e ventilación.

Bibliografía e fotos : Cultigar Mario Melliz Romay 2ºCS