19
PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE BALANCE 2012 AMTEGA

Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

  • Upload
    amtega

  • View
    225

  • Download
    2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A continuación recóllese a presentación do balance de situación do plan de acción en materia de Software libre do ano 2012, no que se poden comprobar os fitos alcanzados nese período por parte das entidades colaboradoras, así como os avances máis salientables de cada un dos proxectos.

Citation preview

Page 1: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBREBALANCE 2012AMTEGA

Page 2: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• O ano 2012 foi un ano de moi marcada relevancia para Galicia no ámbito do Software Libre, sendo tamén un ano que nos permitiu amosar internacionalmente os nosos proxectos neste ámbito.

• Celebráronse en Galicia importantes conferencias internacionais:

º GUADEC 2012

º Libre Software World Conference

• Puidemos dar a coñecer ao mundo os máis importantes proxectos que a Xunta de Galicia está promovendo neste eido:

º O Proxecto Abalar

º A Rede CeMIT

º O Centro Demostrador TIC

º As políticas de liberación e reutilización de Software

• A continuación preséntase os principais logros do 2012 nos 3 ámbitos principais de actuación: Empresarial, Administración pública e cidadanía.

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 3: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

O Centro Demostrador TIC estase a constituír como un dos principais elementos vertebradores do fomento do Software Libre no ámbito empresarial galego.

✔ 3 xornadas demostradoras de Software Libre.

✔ Catálogo de provedores e servizos de Software Libre de Galicia alimentado polo MapaTIC.gal

Ámbito empresarial

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 4: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• O software libre é unhas das temáticas con mellor acollida das xornadas celebradas no CDTIC, cunha media de 30 asistentes por xornada. O grao de satisfacción dos asistentes é alto ou moi alto.

º Xornada de Boas Prácticas - Oportunidades e Estratexias para Crecer coas TIC:

Software Libre como ferramenta de eficiencia e competitividade para as pemes.

º Oportunidades na accesibilidade con Software Libre.

Accesibilidade no entorno do escritorio GNOME

Software Libre na Educación

Tecnoloxías Libres para interacción multimodal de usuarios con diversidade funcional

º II Xornada de demostración: Xestión Integral de Empresas con Software Libre

Centralita telefónica pbx asterisk

Aplicación web para planificación, motorización e xestión de proxectos: LibrePlan

Sistema de xestión documental Alfresco

CDTIC: Xornadas demostradoras de Software Libre

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 5: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• MapaTIC.gal: plataforma web que serve de punto de encontro virtual entre as empresas TIC e as empresas doutros sectores que demandan solucións tecnolóxicas.

• A finais de 2012, o MapaTIC.gal ofrecía xa máis de 400 produtos e servizos tecnolóxicos e contaba con 178 provedores.

º Aproximadamente un de cada catro provedores ofrece os seus servizos en torno a tecnoloxías libres.

º O 22,30% dos servizos e produtos son tecnoloxías libres.

• Co obxectivo de favorecer a visibilidade dos produtos e servizos en Software Libre, creouse o Catálogo de produtos, servizos e provedores de Software Libre en Galicia dentro do portal mancomún.

º Este catálogo mostra a información do MapaTIC filtrando só os produtos e provedores de software libre

Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia: MapaTIC.gal

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 6: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

AGASOL organizou a III Libre Software World Conference na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia.

A LSWC é un dos maiores eventos de difusión de Software Libre e de carácter internacional celebrados anualmente en España cun enfoque principalmente empresarial e profesional.

• Reuniu a algunhas das voces máis relevantes do Software Libre a nivel mundial.

• Máis de 400 asistentes puideron coñecer de primeira man experiencias singulares de uso do Software Libre nos ámbitos da cidadanía, do mundo empresarial e das administracións pública.

• Durante dous días, Santiago de Compostela foi o centro da actualidade do software libre mundial, permitindo que a través deste foro se amosase o traballo, o coñecemento e a potencialidade dos distintos actores do Software Libre en Galicia.

Libre Software World Conference

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 7: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Os resultados obtidos demostran que a tendencia no uso do software libre continúa a ser moi positiva.

º Globalmente, podemos afirmar que oito de cada dez empresas galegas empregan Software Libre nos seus equipos.

º O uso de Software Libre nas empresas non informáticas alcanza xa un nivel parello ao das empresas informáticas (73,9% fronte ao 82%).

Evolución do uso de Software Libre nas empresas de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

% Empresas

Fonte: OSIMGA

Evolución do uso do Software Libre nas empresas de Galicia

Bases: empresas informáticas que non son persoas físicas. empresas de 10 a 249 empregados que non son persoas físicas

2006 2007 2008 2010 20120

20

40

60

80

100

57,965,7 69,3 72,2

82

2006 2007 2008 2010 20120

20

40

60

80

100

10,122,7

33,6

63,673,9

% Empresas informáticas

Page 8: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Importante incremento do uso de Sistemas Operativos libres nas empresas galegas:

º Empresas non informáticas: 13,1 puntos máis nos ordenadores e 9,5 nos servidores. Destacar tamén o descenso de 15,1 puntos no uso de S.O. Privativos nos ordenadores.

º Empresas informáticas: 24,4 puntos máis nos ordenadores e12,1% máis nos servidores.

Evolución do uso de Software Libre nas empresas de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Fonte: OSIMGA

Evolución do uso do Sistemas Operativos nas empresas de Galicia

Bases: Ordenadores: empresas de 10 a 249 empregados que non son persoas físicas/empresas informáticas que no son persoas físicas Servidores: empresas de 10 a 249 empregados que non son persoas físicas e teñen servidores/empresas informáticas que non son

persoas físicas e teñen servidores

Ordenadores de escritorio

2010 20120

20

40

60

80

100

35

59,4

89,2 88,5

2010 20120

20

40

60

80

100

25,338,4

91,576,4

Empresas Empresas informáticas

2010 20120

20

40

60

80

100

39,251,3

78,4 74,7

Servidores

2010 20120

20

40

60

80

100

26,836,3

87,672,4

Empresas Empresas informáticas

S.O. libres S.O. privativos

Page 9: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• O 56,7% das empresas TIC inclúen o Software Libre na súa carteira de produtos.

• En canto á acción comercial en Software Libre:

º Só o 16,1% de empresas TIC e o 13,5% das empresas recibiron accións comerciais en Software Libre fronte ao 29,4% e ao 43,5% respectivamente que as recibiron en Software Privativo.

º A oferta concéntrase principalmente nas empresas de máis de 50 empregados e nas empresas informáticas de máis de 3 empregados.

Evolución do uso de Software Libre nas empresas de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Fonte: OSIMGA

Acción comercial sobre Software Libre recibidas polas empresas e empresas TIC de Galicia

Bases: empresas de 10 a 249 empregados que non son persoas físicas empresas informáticas que no son persoas físicas

Empresas Empresas informáticas

De 0 a 2 De 3 a 9 +10 Total empresas

0

5

10

15

20

25

30

35

11,2

25,9

34

16,1

De 10 a 19De 20 a 49

De 50 a 99De 100 a 249

Total empresas

0

5

10

15

20

25

30

35

12,89,3

27,831,3

13,5

Page 10: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Liberación de catro novos proxectos no 2012:

º AMTEGA

Ekiga para a rede CeMIT: incorporar no software Ekiga o soporte do protocolo H.239 de forma que fose posible transmitir os datos multimedia de forma simultánea co vídeo remoto.

Catálogo de provedores de software libre de Galicia: ferramenta de consulta web que permite a procura por categorías dos produtos de software libre e os provedores que prestan servizos sobre eles. Obtén os datos do Mapa de Capacidade Tecnolóxicas de Galicia, MapaTIC.gal

º Instituto de Estudos Turísticos

Turenquisa: Aplicación web cliente-servidor de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.

Xeshostais: Aplicación de xestión de establecementos hostaleiros, pioneira no Estado, para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos.

Administración públicaLiberación de software de titularidade da Xunta de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 11: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Elaborouse unha maqueta de Software Libre unificada para a rede CeMIT, baseada no desenvolvemento previo feito para o proxecto ABALAR.

º Intenso traballo de busca e adaptación de drivers para o correcto funcionamento da maqueta de software na diversidade de hardware dispoñibles nas aulas.

º Realizouse o paquetizado de todo o software necesario para a formación impartida dentro do programa formativo da rede CeMIT.

º Desenvolvéronse novas funcionalidades para o software de videoconferencia Ekiga co obxectivo de achegar a videoconferencia por software a aquelas aulas que non están dotadas con equipos dedicados de videoconferencia

Impulso do Software Libre na Xunta de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 12: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• A progresiva integración das áreas TIC das distintas Consellerías na AMTEGA está facilitando a aplicación das políticas de promoción e impulso do Software Libre nos proxectos tecnolóxicos.

• O Software Libre está presente cada vez máis nos proxectos sectoriais da Xunta de Galicia

º Proxecto Abalar e Webs dinámicas da área de Educación

º Desenvolvemento do Xeoportal de indicadores territoriais DESOURB (Desenvolvemento Sostible Urbano) da área de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

º Desenvolvementos en contornos LAMP e mantemento da ferramenta BDWEB para a migración de bases de datos Access a contornos web na área de Medio Rural e Mar

º Emprego dunha plataforma tecnolóxica de desenvolvemento e calidade integramente Software Libre na área de Traballo e Benestar

º Priorización de plataformas libres para os novos desenvolvementos nas áreas de Sanidade, Facenda e Economía e Industria

Impulso do Software Libre na Xunta de Galicia

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 13: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

Máis de 16.000 persoas recibiron formación en software libre en máis de 22.150 horas de formación, a través das aulas CeMIT e dos Centros de Alta Especialización: CNTG e EGAP.

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

CENTROS DE ALTA ESPECIALIZACIÓNCENTROS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN

Formación CeMIT Software Libre

Cidadanía

Profesionais TIC

Empregados públicos

Aulas CeMITAulas CeMITAlfabetización dixital

Formación multimedia e audiovisual

Horas Cursos Persoas

20.056 h 1.270 14.888

Horas Cursos Persoas

1.136 h 18 272

995 h 28 1.280

Total 22.187 h 1.316 16.440

Formación en Software Libre a través da rede CeMIT

Page 14: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• O plan de formación das aulas CeMIT ofreceu Cursos de alfabetización dixital e de formación multimedia e audiovisual.

• 14.888 persoas recibiron formación específica sobre sistemas ou aplicativos libres nun total de 20.056 horas:

º Introdución á informática a través de GNU/Linux, introdución á navegación en Internet con Firefox, introdución á ofimática con Libreoffice, retoque dixital con gimp, ...

• Outras 10.000 persoas recibiron alfabetización dixital básica no uso de servizos web (gmail, google docs,...), DNI electrónico, sinatura dixital, ... nun total de 11.350 horas de formación. Esta formación non é específica sobre Software Libre pero si achega aos usuarios ao seu uso, xa que todos os computadores das aulas CeMIT teñen instalado Software Libre.

• No 2012 púxose en marcha o Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA), unha plataforma de teleformación baseada en Moodle, con 9 cursos en liña a disposición dos usuarios da rede CeMIT.

º Os cursos foron publicados con licenza libre CC-by-sa

Formación nas aulas CeMIT

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

CidadaníaAulas CeMITAulas CeMITAlfabetización dixital

Formación multimedia e audiovisual

Page 15: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Ademais da formación na vertente en software libre dentro do Plan de Capacitación Ofimática, GNU/Linux e OpenOffice, impartíronse outros cursos sobre tecnoloxías libres:

º Virtualización: Xen

º Administración de Linux

º Os xestores documentais: Alfresco

º Programación en PHP

• Máis de 1.250 alumnos formáronse nun total de case 1.000 horas de formación, o que supón o 45% da formación TIC impartida durante o ano 2012.

Formación ao empregado público en software libre

45%

44%

12%

Software Libre

Software Privativo

Tec. Neutras

Horas de formación a empregados públicos na EGAP

% de formación en Software Libre respecto da formación TIC global

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 16: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• O CNTG continúa ofrecendo formación especializada aos profesionais TIC galegos.

• O ano 2012 impartíronse 18 cursos sobre software libre, o que supón o 31% do total dos cursos.

• 272 persoas recibiron formación especializada en software libre:

º Red Hat, MySQL, PHP, Apache, JEE5, LPIC1, LPIC2, LPIC3, Java, Asterisk, Zentyal ou Android.

• 1.136 horas de formación especializada en software libre.

• Aumenta tamén a formación especializada en tecnoloxías neutras como Fundamentos de ITIL, Dirección de proxectos informáticos (certificación PMP), Deseño áxil con Test Driven Development (TDD)... 2010 2011 2012

0%

20%

40%

60%

80%

100%

31% 33% 31%

19% 22% 31%

50% 45% 38%

Software PrivativoTec. NeutrasSoftware Libre

Evolución da proporción de cursos por tipo de tecnoloxías

% de formación segundo tipo de tecnoloxía

Formación a profesionais TIC dende o CNTG

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 17: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• 3ª fase ABALAR

º Máis de 43.000 alumnos con portátiles con software libre en 533 centros educativos escolares.

º 15.000 alumnos máis doutros 645 colexios contan con kits de aula dixital

• Formación ao profesorado.

º Máis de 1.600 horas de formación a máis de 1.500 docentes, en materias como:

Uso didáctico de Moodle, Elaboración de materiais didácticos con eXe-Learning, Emprego didáctico do encerado dixital dende GNU/Linux, Ferramentas de son e vídeo en software libre, Introdución a GNU/Linux, A suite OpenOffice en galego, Freemind e Dia, Scribus, ...

• Repositorio de contidos educativos dixitais:

º A finais de 2012 contaba xa cun total de 1.164 contidos educativos dixitais con licenzas Creative Commons.

º Este repositorio ten rexistradas desde a súa posta en marcha a finais do 2010 máis de 1 millón de descargas de materiais didácticos.

Formación en Software Libre no proxecto ABALAR

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 18: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

• Durante o 2012 mantivéronse os Convenios de colaboración con AGUSL e Universidades para a realización actividades de formación e difusión.

º 65 actividades formativas e de difusión.

º Máis de 1.650 persoas participaron nestas actividades nun total de máis de 330 horas e formación.

º Elaboración de material formativo e divulgativo publicado no Repositorio Documental FLOSS.

• Destacar especialmente a celebración da GUADEC 2012 na cidade de A Coruña.

º A GUADEC, Conferencia Europea de Desenvolvedores e Usuarios de GNOME, é o evento internacional anual máis importante para o desenvolvemento e promoción do contorno de escritorio GNOME.

º Hackers de todo o mundo reuníronse durante unha semana para traballar a prol da evolución e mellora continua dun dos principais escritorios de Software Libre.

Formación e difusión á cidadanía

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012

Page 19: Presentación Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

Esta obra, elaborada por AMTEGA, está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons.

Para ver unha copia da licenza, visite:

http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.gl

Licenza

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE: BALANCE 2012