12

Presentación do programa Innocoaching

Embed Size (px)

Citation preview

PROGRAMA INNOCOACHING

XORNADA PRESENTACIÓN DO PROGRAMA INNOCOACHING

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 DE OUTUBRO

PROGRAMA INNOCOACHING

INDICE

1.BIC GALICIA2.POR QUÉ ESTE PROGRAMA3.OBXECTIVOS4.FASES DE INNOCOACHING5.A QUEN VAI DIRIXIDO O PROGRAMA6.PROGRAMA FORMATIVO

BIC GALICIA

O BIC Galicia conta entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.

Un dos medios utilizados por BIC Galicia para favorecer a creación e consolidación de empresas é a formación. O programa que hoxe presentamos é unha iniciativa para formar a emprendedores en coaching para facilitar a consolidación empresarial.

PROGRAMA INNOCOACHING

Este programa se deseña como unha ferramenta complementaria á existente Rede de Mentores liderada dende o BIC GALICIA e que contou cunha grande acollida entre empresas e emprendedores, sendo un instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas galegas a través dun proceso estruturado de compartición de coñecemento entre empresarios e emprendedores.

PROGRAMA INNOCOACHING

INNOCOACHING é un programa formativo que impulsa o crecemento e a consolidación da empresa mediante a formación dunha persoa da propia empresa como coach e a posterior tutorización da súa laboura na empresa.

O Programa INNOCOACHING fai un proceso sistemático de aplicación do coaching nas empresas, para favorecer a creatividade e xeración dun contorno favorable para desenvolver proxectos estratéxicos, base para lograr a consolidación e crecemento das empresas nun contorno altamente competitivo.

OBXECTIVOS DE INNOCOACHING

A finalidade de Innocoaching é promover a cultura da competitividade na empresa a través da aplicación das ferramentas de coaching ao fortalecemento das habilidades persoais e de equipo, principal fonte da mellora competitiva das empresas.

FASES DE INNOCOACHING

1.Realizar un programa de formación de carácter práctico para capacitar á persoa mais indicada da empresa para que se convirta en innocoach. É fundamental a implicación do potencial coach e da empresa.

2.Desenvolver un programa de acompañamento e tutorización de esa persoa para aplicar a metodoloxía aprendida en proxectos concretos na empresa.

3.Documentar e elaborar exemplos de boas prácticas na posta en marcha de procesos de coaching para a consolidación empresarial.

PARTICIPANTES INNOCOACHING

Os servizos van dirixidos fundamentalmente a:

• Persoas de empresas de recente creación que teñan responsabilidades no ámbito da innovación empresarial.

• Persoal técnico e directivo de empresas en fase de crecemento e consolidación que queiran formarse no ámbito do coaching e mellorar así os aspectos humanos na súa organización para impulsar proxectos estratéxicos e de innovación.

PARTICIPANTES INNOCOACHING

Entre os participantes nesta xornada de presentación do proxecto, seleccionarase a 12 persoas que estean interesadas en formar parte do mesmo, e que teñan perfil de coach para formarse nun programa práctico en coaching que lles axude a impulsar a innovación e a competitividade da empresa.

O grupo de alumnos seleccionados realizarán un programa de formación semipresencial de 12 innocoaches, que terá unha duración de 75 horas e celebrarase en sesións de venres tarde e sábados mañá durante 5 fins de semana comprendidos entre os meses de novembro e xaneiro.

PROGRAMA FORMATIVO

O programa de formación de inno-coaches terá os seguintes contidos:

1. Coaching: tendencias e perspectivas 2. As competencias básicas do coach con dúas miradas: o

autocoñecemento e o servizo ó outro. 3. As ferramentas clave de comunicación na práctica de coaching4. Ser Coach5. Coaching de equipo