Upload
isabel-iglesias
View
228
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Â
Citation preview
Empresarias econciliación
2
O Servizo Galego de Igualdade contratou a realización dun informe sobre
aproximación á situación da problemática da conciliación nas mulleres
empresarias á consultora I.G. Documentación, S.L.
A selección da mostra realizouse en colaboración co SGI, encargandose I.G. da
realización do estudio dende a fase inicial de documentación ata o traballo de
campo e elaboración do informe.
I. G. Docuentación, S.L.Enderezo: Ronda de Outeiro, 269 B
Poboación: A CoruñaCP: 15010
Teléfono: 981 145 810Enderezo electrónico: ig@informacióngalicia.net
Santiago de Compostela, decembro de 2007.
3
Índice
1. Antecedentes
.……………...………………..……………………………… 3
2. Fontes de información secundarias sobre a actividade
emprendedora ……………………………………………...… 6
3. Fontes de información secundarias relativas á conciliación
…………………………………………….………………..… 13
4. Obxectivos do estudio
…………………………………………...…………...………. 15
5. Algunhas consideracións
…………………………………………...……………………. 19
4
Antecedentes
Na actualidade, no plano teórico, ninguén discute que toda acción política
enfocada ao desenvolvemento socioeconómico, ten que ter perspectiva de
xénero o que implica a conciliación como obxectivo estratéxico.
Se ben a Enquisa de Poboación Activa (EPA) reflicte o importante avance
experimentado nos últimos anos na reducción da taxa de desemprego,
seguimos a falar dunha situación de precariedade que afecta especialmente ás
mulleres, a pesares do importante esforzo en plans e proxectos para fomentar a
súa empregabilidade e cualificacións. Nesta liña, tratase de fomentar accións
que permitan:
1. Acceso e permanencia no mercado de traballo nun emprego de
calidade
2. Promoción e desenvolvemento profesional
Se ben o esforzo institucional ten producido importantes avances, o cambio
non foi suficiente para modificar a situación de desigualdade. Neste contexto, e
no marco das directrices da Unión Europea, as políticas de fomento ao
emprendemento cobraron nos últimos anos unha especial relevancia como
vía de creación de emprego.
Por outro lado, o desenvolvemento dunha sociedade equilibrada precisa de
instrumentos que axuden a evolucionar unha estrutura social anquilosada
nas desigualdades, que afectan dun xeito moi especial ás mulleres. Así, no
avance da igualdade de oportunidades, a “conciliación” pasou a situarse como
un dos principais obxectivos estratéxicos en toda acción política.
5
A conxunción destes dous conceptos, emprendemento-conciliación, precisa
de estudos e indicadores específicos que permitan coñecer a fondo a
problemática do colectivo de mulleres empresarias a fin de poder deseñar
medidas que permitan a súa visibilización e impulso como xeradoras de
riqueza e emprego.
Tendo en conta que en moitos casos o autoemprego xurde como opción á
situación de precariedade laboral ou paro, este colectivo sofre con maior
intensidade as barreiras de acceso aos recursos de financiamento. Por outro
lado, as empresas creadas por mulleres adoitan encadrarse na parte do sector
servicios menos valorada, social e economicamente, nun contorno de perda de
poder político dos gobernos fronte a unha economía cada vez máis globalizada,
e dun tecido produtivo que precisa “moita innovación” para adaptar as súas
estruturas ás novas necesidades.
Os estudios consultados non ofrecen moita luz para os obxectivos deste
traballo xa que o colectivo de mulleres empresarias adoita quedar oculto entre
o pretendido universalismo do masculino e a falta de formación en xénero das
persoas que realizan os estudios, cando non da falta de vontade política real
que non acompaña os avances lexislativos cos adecuados recursos
orzamentarios.
Falase de “empresas”, de “empresarios”, de “traballadores e traballadoras”.
Incluso no actual “PLAN ESTRATÉGICO ESTATAL DE IGUALDAD
OPORTUNIDADES (2008-2011)”, publicado en decembro de 2007 dise na
introducción:
“As empresas están empezando a descubrir que as mulleres non só
están moi cualificadas, senón que son unhas importantes consumidoras
do moito máis que comestibles ou deterxentes.
6
Agora compran activos financeiros e móbiles. Así que máis vale contar
con elas na estratexia empresarial porque a súa ausencia está
empezando a descubrirse como unha rémora para a conta de
resultados. Simultaneamente, as empresas empezan a descubrir que a
calidade de vida dos traballadores e traballadoras inflúe na
productividade e na fidelización das súas plantillas”.
Fontes de información secundarias
sobre a actividade emprendedora
O asunto non mellora en estudios específicos de actividade empresarial, para o
que se tomou como referente o informe GEM (Global Emtrepreneurship
Monitor), realizado a nivel europeo, con metodoloxía unificada e realizado por
equipos multidisciplinares e organizacións expertas na materia. No último
informe publicado (2007) podemos observar como, se ben intenta introducirse
certa desagregación na recollida de datos, esta non chega a ter a necesaria
perspectiva de xénero que nos permitiría comprender e analizar a situación
existente.
Por un lado, falase sempre do “emprendedor” e no único apartado no que se
intenta a desagregación homes-mulleres e no que se establece o perfil
socioeconómico, para o que se revisan as variables de sexo, idade, nivel
formativo, ingresos, zona na que habita e situación laboral, co seguinte
resultado de gráficos e interpretacións que se reproducen a continuación.
7
8
9
(Argumentación exposta baixo o título “Género”)
En una primera aproximación a las magnitudes básicas, se observa que la
distribución de la población emprendedora early stage en Galicia, por género,
muestra que el 55,57% de los emprendedores son hombres y el 44,43% son mujeres,
porcentaje este último que supera notablemente el relativo a la media española
(39,1%). Además, mientras que en España este porcentaje se ha mantenido estable
entre 2005 y 2006, en Galicia se ha producido un notable incremento del porcentaje
de mujeres emprendedoras en este período (37,1% y 44,4%, respectivamente).
El porcentaje de emprendedoras gallegas está por encima de la tasa media española,
mostrando un buen comportamiento en este sentido. Además, en el último año, se ha
10
producido en Galicia un avance muy importante en la equiparación de las tasas de
emprendimiento entre hombres y mujeres.
Por lo que se puede afirmar que en Galicia se ha producido tanto un salto
cuantitativo como cualitativo respecto al año anterior y a la media española.
Las posibles causas de este resultado se comentan detalladamente en el capítulo 6 de
este informe, si bien se puede adelantar que la atención de diversos organismos al
colectivo femenino y la recuperación global de la actividad emprendedora están
entre los factores que explicarían el incremento de este porcentaje respecto a 2005.
Por otro lado, entre los emprendedores potenciales, se produce un acercamiento aún
mayor entre sexos, pues este año los hombres superan a las mujeres en 5,6 puntos
porcentuales respecto a la intención de crear una empresa. En este aspecto, Galicia
se aleja notablemente de la media española, donde el 38,9% de las mujeres tienen
intención de crear una empresa (frente al 47,19% de Galicia). Situación que refleja
un cambio radical respecto al año anterior, en el que el porcentaje de las mujeres
potencialmente emprendedoras en Galicia era notablemente inferior al de España
(37,1% en Galicia frente a 52,3% en España).
La diferencia entre sexos en el conjunto de los empresarios con un negocio operativo
durante más de tres años (emprendedores consolidados) es notable. De ello se
deduce que la mujer acusa más los períodos de recesión, pero tiende a consolidar sus
negocios. Este dato se refuerza con el período temporal al que se refiere el estudio.
En efecto, son empresas que llevan más de 42 meses en funcionamiento, por lo que se
parte de empresas creadas antes de enero de 2003, año en que los porcentajes de
creación de empresas por mujeres eran muy reducidos. Nuevamente, Galicia
presenta unas referencias muy positivas. El 41,87% de los negocios consolidados son
de mujeres, frente a un 30,2% en España.
El porcentaje de mujeres que ha cerrado un negocio en los 12 meses previos a la
realización de la entrevista supera al dato obtenido para el caso de los hombres. Los
11
negocios cerrados por emprendedoras se corresponden con un 54,53%. Si bien esta
cifra supera notablemente la del pasado año (42,7%), así como la media española
(39,1%), hay que ponerla en relación con la mayor actividad emprendedora
femenina en todas las etapas de desarrollo que hemos señaladas en los párrafos
precedentes.
O resultado é, unha vez mais, a pobreza e ineficacia dos mal chamados
indicadores obtidos que non permiten nin ter unha clara fotografía da realidade,
nin a medición de tendencias, nin o deseño de actuacións específicas.
O perigoso establecemento de medias, incluso nas variables básicas, leva a
falsas conclusións de evolución positivas das tendencias cara a situacións de
igualdade. No éxito ou fracaso das iniciativas empresariais teñen moito que ver
aspectos como posibilidade real de elección do sector de actividade en relación
co acceso a recursos financeiros e, sobre todo, o tempo de dedicación á
actividade profesional. É dicir, á desigualdade no punto de partida e a
posibilidade de conciliación.
12
A falta de perspectiva na recollida ou no tratamento dos datos non permite
saber si “oportunidade” e “necesidade” teñen a mesma ponderación en
emprendedores e emprendedoras ou as posibles diferencias na relación que
se establecen entre o resto das variables básicas (idade, nivel de estudios,
nivel de renda, implantación rural/urbana e situación laboral previa) e a súa
consecuencia no éxito ou peche das empresas impulsadas por homes e por
mulleres.
Os datos tampouco permiten analizar a influencia das variables básicas
sobre a motivación ou mesmo as posíbeis diferencias de significado da
palabra “oportunidade” para emprendedoras e emprendedores.
13
Fontes de información secundarias
relativas á conciliación
Realizouse tamén unha análise sobre as estatísticas presentadas en fontes
oficiais gobernamentais (a nivel autonómico e estatal), e de xeito específico
dos seus organismos estatísticos (IGE e INE), tendo en conta
fundamentalmente dous aspectos das fontes:
O seu contido: Relación das medidas de conciliación existentes e os
datos que se proporcionan para observar os efectos das mesmas
A presentación dos datos
Neste sentido, é importante destacar o importante avance no acceso gratuíto á
información a través de Internet. Dende os organismos de estatística pódese
acceder á información vinculada á conciliación e a medidas de protección
social. As fontes de datos relacionadas con este tema inclúense dentro da
clasificación establecida nos ámbitos de “nivel, calidade e condicións de vida”
que proporcionan unha descrición da posición de homes e mulleres dentro das
sociedades.
14
Cabe destacar as enquisas sobre o “emprego do tempo” no panel de fogares da
UE ou as enquisas sobre condicións de vida. Estes subgrupos teñen
información valiosa e, en termos xerais, presentada de forma conveniente
(segregada por sexo) sobre os aspectos relacionados coa división por xénero do
tempo.
Sen embargo, a información que se proporciona en “protección social” e sobre
o “mercado laboral”, presenta graves limitacións en relación a análises sobre a
conciliación. A poboación activa está desagregada por sexo pero logo sempre
se fala de “asalariados” sen continuar coa desagregación. Tampouco se presta
ningún tipo de atención especial e elementos diferenciadores nos datos da
poboación activa respecto ás persoas que traballan por conta allea ou propia
(tendese a unificar nun grupo de persoas “autónomas” con pequenos negocios
sen ter en conta sequera se son xeradoras de emprego).
O Ministerio de Traballo e o Instituto da Muller ofrecen nas súas Web
indicadores relacionados (servizo de comedor e gardería, excedencias e
permisos), e a da Seguridade Social tamén contén información estatística sobre
“outros datos de protección social” que se ben proporciona comparativa de
medidas, non inclúe información sobre homes e mulleres (si están
desagregadas as pensións asistenciais).
E dicir, se pode acceder a información relacionada pero é, en moitos casos,
ineficiente por presentar carencias tanto no contido como na forma. Incluso
outros enlaces específicos non presentan unha correcta desagregación das
variables básicas de estratificación social dende unha perspectiva de xénero.
15
Obxectivo do estudio
O principal obxectivo deste estudio, realizado dentro das accións de programa
comunitario ARCO, foi iniciar a aproximación a especifidade da
problemática da conciliación entre as mulleres empresarias considerando
que, ademais da influencia que como no resto das mulleres ten na súa vida
persoal e profesional, presentan un efecto multiplicador como barreira á
competitividade e posibilidades de crecemento das súas empresas e polo
tanto, á xeración de emprego e riqueza e a contribución á transformación da
estrutura social.
1. ESQUEMA DE TRABALLO
Máis co obxectivo realista das “boas prácticas” que dun pretencioso
universalismo, deseñouse un esquema sinxelo sobre tres eixes:
Historial e situación previa á posta en marcha da empresa
Motivación para a posta en marcha
Influencia da existencia de axudas institucionais
Existencia de responsabilidades familiares
Apoio recibido
Descrición da situación actual
Evolución da súa situación persoal-familiar
Definición de problemas específicos na súa situación detraballadoras por conta propia
Balance da situación: Satisfacción persoal-resultadoseconómicos
Conclusións
16
Principais indicadores da mostra
Influencia da problemática da conciliación noposibilidade de crecemento das empresas
2. SELECCIÓN DA MOSTRA
Tendo en conta que un dos obxectivos e o estudio de novas propostas e
iniciativas que se podan impulsar dende o ámbito institucional, a investigación
se realizou con empresarias que recibiron axuda a través do programa
EMEGA, que é o único programa de axudas específico para emprendedoras.
Desta selección resultou unha mostra de 491 empresas, creadas por mulleres e
que empregan fundamentalmente a mulleres, cunha experiencia suficiente xa
que presentan unha traxectoria entre dous e cinco anos de funcionamento.
Os datos presentados nas seguintes gráficas dan unha idea da importancia da
repercusión socioeconómica da iniciativa destas mulleres como xeradoras de
emprego.
Ano de inicio da actividade
200541%
200334%
200425%
17
0102030405060708090
100
Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Distribución provincial por ano de inicio da actividade
2003 2004 2005
Creación de emprego
187
179
248
233
173
185
35
10
20
0 100 200 300 400 500
2003
2004
2005
Mulleres autoempregadas Mulleres contratadas Homes contratados
18
Segmentación da creación de emprego
6,70% 0,43% 23,97%
68,90%
Só autoemprego Autoemprego e só contrataron mulleres
Autoemprego e contratan mulleres e homes Autoemprego e só contrataron homes
0 50 100 150 200 250 300 350
Só autoemprego
Autoemprego e só contrataron mulleres
Autoemprego e contratan mulleres e homes
Autoemprego e só contrataron homes
Segmentación do emprego creado por ano de inicio daactividade
2003 2004 2005 Total
3. METODOLOXÍA
A credibilidade da investigación implicaba contar cunha mostra o
suficientemente ampla, tanto en número de empresarias entrevistadas, como na
19
estabilidade da empresa, polo que se seleccionaron as empresas que
participaron no programa EMEGA dos últimos tres anos que tiveran, cando
menos, un ano completo de actividade.
Composición da mostra: Empresas subvencionadas polo EMEGA
nos anos 2003-2004-2005
Recollida de datos: Selección de datos básicos en colaboración co
SGI: Nome da empresaria, localización e actividade da empresa, data
de constitución, postos de traballo creados
Toma de contacto coas empresarias: Entrevista telefónica
Contido: Elaborouse un guión previo cos seguintes criterios
Preguntas abertas guiadas que permitiran aportar as explicación
relacionadas e indagar tanto nas solución individual da
problemática como nas suxestións
Preguntas pechadas a fin de obter pautas para a confección de
indicadores
ENFOQUE METODOLÓXICO DO ESTUDIO
Investigacióndocumental
Traballo de campo Análise
Resultado doscoñecementosexistentes enbibliografía e na rede
Realización deentrevistas semiestruturadas nas catroprovincias galegas sobreunha selección de 491empresarias
Cuanlitativo
Cuantitativo
20
A metodoloxía cualitativa supuxo a adopción dun enfoque de análise con
maior implicación por parte do equipo investigador onde os axentes principais
foron as persoas, protagonistas de cada unha das realidades analizadas e cuxa
presenza non se podía limitar a ser un ítem nunha estatística, xa que posúen
unha forma concreta de percibir a realidade que lles rodea.
O enfoque baseado na descrición e análise dos fenómenos sociais de maneira
independente das súas actoras quedou descartado, centrando a súa utilización
exclusivamente en aqueles aspectos cuantitativos que, serven de apoio
estatístico para contextualizar e proporcionar solidez aos resultados empíricos.
Así, foron utilizadas diferentes fontes estatísticas, algunhas mencionadas
anteriormente, debido ao carácter comparativo previo para delimitar o ámbito
diferenciador do colectivo obxecto deste estudio en relación á problemática
estudiada.
O carácter innovador e pouco xeneralizado do tema de análise deste estudio
fixo necesaria a procura de fontes máis precisas e unha especial atención aos
“vicios ocultos” nas metodoloxías empregadas a pesares da aplicación da
perspectiva de xénero.
O obxectivo metodolóxico sería plenamente alcanzable a través de entrevistas
en profundidade que permitisen recoller información sobre os aspectos máis
sinalados do obxecto de estudio, como a observación do entorno familiar e de
traballo, para o que sería preciso o contacto directo coas empresarias
entrevistadas. Esto permitiría que as notas da entrevistadora, obtidas a partir da
observación particípante, aportaran interesantes elementos para o análise.
21
Algunhas consideracións
Tendo en conta as características deste primeiro estudio de aproximación, se
prefire falar de consideracións e a vez de conclusións considerando así este
estudio como un ensaio ou experiencia piloto, a modo de diagnóstico e
aproximación á problemática da conciliación dende unha perspectiva tan
innovadora como necesaria.
Destacaríamos en primeiro lugar que os datos teñen un valor moi relativo ao
non existir referentes anteriores que permitan establecer comparativas e
tendencias. Por outra parte, ten máis peso a información cualitativa que será a
que permita unha maior concreción no enfoque para futuras actuacións,
contribuíndo así ao obxectivo científico de aproximación para unha mellor
definición do problema.
Respecto á selección da mostra, esta foi o suficientemente ampla para recoller
un espectro de casuísticas variadas, dende a motivación e circunstancias
iniciais para montar a empresa, ata as circunstancias familiares e persoais ou o
grau de éxito no desenvolvemento do negocio. Sen embargo, hai que ter en
conta que estamos a falar de mulleres que se acolleron a un programa de
subvención para montar a empresa, polo que pode suceder que, tanto a
colaboración prestada como a liberdade de expresión se vexan condicionadas
por partir este estudio do mesmo organismo que regula este programa de
axudas.
O que si é unha conclusión clara é que as mulleres empresarias senten que as
medidas reguladas dende as institucións non van con elas. Isto coincide coa
documentación revisada na fase inicial do estudio xa que a definición de grupo
22
destinatario de medidas de conciliación, adoita incluír ás mulleres ocupadas
nun traballo remunerado, por conta allea, e normalmente en situacións ben
reguladas. É dicir, hai unha impresión subxacente de inxustiza social tras os
proclamados lemas de igualdade que pretenden obviar e unificar realidades e
necesidades ben diferentes.
Outra característica común e que as mulleres empresarias son máis dadas a
facer que a queixarse. Resolven mais que teorizan e “inventan sobre a marcha”
tanto nas empresas como no seu contorno familiar e persoal.
Partindo de que todos os estudios consultados están a falar de “mulleres
ocupadas”, sen considerar a diferenciación entre asalariadas e conta propia, as
empresarias falan principalmente das seguintes “situacións problemáticas para
igualdade”
- Ámbito laboral afectado polo familiar
o As cargas domésticas como causante do problema das situacións
de inserción social
o As implicacións que a falta de medidas de conciliación teñen sobre
os ingresos
o As cargas domésticas como causante do problema para continuar
coa formación
o As cargas domésticas como causante do problema da falta de
promoción social (“teito de cristal” sobre todo para as mulleres
con profesión definida e tamén para as empresarias)
o As desigualdades no ámbito familiar afectan ao crecemento,
promoción e tempo de traballo
o A socialización nos roles adscritos de coidado
23
- Ámbito familiar afectado polo laboral
o Horarios
o Distancias entre o lugar de traballo e a casa
o Sensación de carreira de fondo continuada
- Situacións especialmente conflictivas (enfermidades, etc..)
Incluso sen necesidade de datos, é obvio que todos estes factores afectan aínda
máis ás mulleres que traballan por conta propia, que non contan coa seguridade
dunha nómina nin co amparo legal das baixas, excedencias ou a tan
proclamada redución, xa que a esixencia de dedicación e aínda maior en tanto
o horario das micropemes (mais do 90% en toda a Unión Europea e con
porcentaxes algo superiores en Galicia) é o que marquen os clientes.
Así, para poder comprender os problemas específicos e establecer medidas, e
preciso establecer un nexo na relación Emprendemento-Globalización-
Conciliación partindo do triple conflicto que implica a conciliación por
colisión:
1. Dentro da familia: Individualismo desaforado contra a necesidade de
compromiso
2. Entre intereses privados e empresariais: A lóxica da productividade e o
beneficio contra a lóxica da “realización persoal”
3. Entre autonomía persoal e paternalismo do Estado: Pedimos liberdade
pero tamén esiximos solucións gobernamentais
A “globalización” e a “conciliación” son preocupacións xeneralizadas, pero
por separado:
24
Falamos dunha realidade na que algo máis do 80% das empresas non pasa de
dúas persoas en plantilla (o 50% non ten asalariados), de que en Galicia non
chegan a 30 as empresas con mais de 1000 persoas asalariadas e outra cifra
similar para as que pasan de 500.
Ante esta situación, os análises parciais son extremadamente perigosos para os
colectivos que están a sufrir as maiores desigualdades:
Globalización-Mercado de traballo: ¿Son as mulleres un “colectivo” e
homoxéneo?
Globalización-pemes: A meirande parte das empresas de mulleres
ubicanse no sector servicios. ¿Qué futuro hai nun tecido industrial que
se deslocaliza?
Conciliación-empresas: ¿É o mesmo unha empresa cunha plantilla de 3
persoas que unha de 300 ou unha de 3.000? ¿Para qué realidade se está
lexislando?
Globalización
Competencia global
Costes-productividade
Internacionalización
Novas tecnoloxías
Mobilidade xeográfica
Deslocalización e perda de emprego
Ampliación na UE da xornadalaboral…
Conciliación
Desigualdade salarial e segregaciónocupacional
Dobre xornada
Descenso de natalidade
Responsabilidade social dasempresas: xornada flexible oureducida, garderías
Lexislación: excedencias, baixas…
25
Como mulleres e empresarias os problemas de conciliación teñen unha
repercusión amplificada xa que:
1. Como mulleres, sofren igual que o resto, os problemas de conciliación
2. Como empresaria o problema se multiplica porque...
a. A necesidade de competir obriga a priorizar o traballo sobre todo
o demais
b. Teñen que aplicar medidas e buscar solucións para os problemas
de conciliación das persoas empregadas
Por outro lado, os ámbitos de poder no mundo empresarial non contan as
medidas de discriminación positiva e os criterios do “politicamente correcto”.
A consecuencia é que a visibilización e representación das mulleres
empresarias tan maiores trabas que en outros ámbitos. Trátase por tanto dunha
exclusión con orixe múltiple:
1. Por sufrir, como mulleres, toda a carga dos problemas de conciliación
2. Por estar fundamentalmente en micropemes e en sectores de actividade
máis atomizados e menos valorados
3. Porque o ámbito empresarial se rexe por regras do “poder económico”
cuxos circuítos informais son moito máis pechados e ríxidos que nos
ámbitos da política ou a ciencia.
Nin sequera os actuais gobernos de esquerda, tanto do Estado como de Galicia,
son quen de facer fronte á resistencia ao cambio cara á igualdade do ámbito do
poder económico. Probablemente nin sequera destaca.
26