16
ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO programación dous mil dezaoito

programación dous mil dezaoito ORQUESTA CLÁSICA DE VIGOorquestaclasica.com/wp-content/uploads/2018/03/Folleto-final-con...A Orquesta Clásica de Vigo comeza este ano 2018 presentando

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

programación dous mil dezaoito

aclásica

ORGANIZA

Entradas en www.ataquilla.com

DESEÑO DE PROGRAMACIÓNManuel Martínez Torres

IMAXE GRÁFICACarmen Itamad Cremades Romero

www.OrquestaClasica.comSuscríbete á nosa newsletter

Seguídenos en

A Orquesta Clásica de Vigo comeza este ano 2018 presentando unha programación de oito concertos que buscan ofrecer unha visión ecléctica e actual da música sinfónica.

Cun ciclo por estación, no primeiro bloque, chamado Outras Voces, buscaremos ofrecer unha lectura diferente da a música clásica aportando puntos de vista actuais e abertos, nos que traballe coa música clásica e a actual ou se poña en valor o papel das mulleres na historia da música.

Coa chegada do verán sairemos coa música á rúa para dous concertos que buscan achegar dun xeito aberto o noso traballo en lugares singulares da nosa cidade.

No outono teremos unha cita coa música de Tangata, agrupación que cumple 30 anos. Tamén realizaremos o Requiem de G. Fauré xunto coa coral da Friedenskirche de Hamburgo e interpretaremos Sinfonía n.o 2 de J. Sibelius xunto con unha estrea absoluta dunha obra sinfónica de Juan Eiras. Por último, remataremos o ano dedicando un programa integral á figura de P. I. Chaikovski, no que interpretaremos Concerto para violín e a súa Sinfonía n.o 4.

Con 34 anos de historia, a Orquesta Clásica de Vigo busca para este 2018 compartir con todos vós unha programación ambiciosa, actual e variada coa que vos agardamos sorprender e ilusionar.

Comezamos!

PROG

RAM

ACIÓ

N DO

US M

IL D

EZAO

ITO

SOLISTAS• Raquel Carrera,

violín• Maristella Patuzzi,

violín• Beatriz Riobó,

soprano• Eliseu Mera,

barítono• Juan José López Pereira,

clarinete• María del Mar Blanco,

clave

ADEMÁIS• Coral da Friedenskirche

de Hamburgo

OBRAS DESTACADAS• Concerto para violín n.o 3,

de G. Bacewicz• Os planetas,

de G. Holst• Tangata, 30 anos• Requiem,

de G. Fauré• Sinfonía n.o 2,

de J. Sibelius• Concerto para violín,

de P. I. Chaikovski

DIRECTORES CONVIDADOS• Alessandro Arnoldo,

Milán, Italia• Fernando Gabriel Swiech,

Paraná, Brasil

DIRECTOR TITULAR E ARTÍSTICO• Manuel Martínez Álvarez-Nava

ESTREAS• Juan Eiras,

estrea absoluta

INTERCAMBIOS• Hamburgo, Alemaña

12 de outubro de 2018• Trento, Italia

Novembro de 2018

DESTACADOS

CALENDARIO DE CONCERTOS DOUS MIL DEZAOITO

CONCERTOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO1. Ondas do mar levado

Auditorio Municipal do Concello de Vigo • 15 de marzo • 20.30 h2. En feminino

Auditorio Municipal do Concello de Vigo • 11 de abril • 20.30 h3. Letras Galegas 2018

Auditorio Municipal do Concello de Vigo • 17 de maio • 20.30 h

CONCERTOS AO ABERTO4. Día Europeo da Música 2018

Casco Vello de Vigo • 21 de xuño • 18.00-21.00 h5. Noite das perseidas

O Castro • 11 de agosto • 23.00 h

CONCERTOS NO TEATRO AFUNDACIÓN6. Tangata, 30 anos

Teatro Afundación • 22 de setembro • 20.30 h7. Requiem de Fauré

Teatro Afundación • 4 de outubro • 20.30 h8. Sibelius

Teatro Afundación • 21 de novembro • 20.30 h9. Concerto Extraordinario de Nadal: Chaikovski

Teatro Afundación • 29 de decembro • 20.30 h

PROGRAMACIÓN DOUS MIL DEZAOITO

CICLO “OUTRAS VOCES”

1. ONDAS DO MAR LEVADOAuditorio Municipal do Concello de Vigo • 15 de marzo • 20.30 h

Abrimos a programación anual cun concerto especial para despedir ao Pergamino Vindel de Martín Codax. Nel interpretaremos a música sinfónica de Juan Eiras xunto con obras de Händel, Debussy e Mendelssohn. Tres compositores de distintas épocas unidos polas influencias e o son das ondas do mar.

• Concerto Grosso en si bemol maior, op. 3 n.o 2 de F. G. Händel• Concerto Grosso en sol maior, op. 3 n.o 3 de F. G. Händel• Labirinto azul (I). Poemario Vindel de J. Eiras• Première rhapsodie de C. Debussy (100 aniversario)• Mar en calma e próspera viaxe, op. 27 de F. Mendelssohn

• Soprano: Beatriz Riobó• Barítono: Eliseu Mera• Clarinete: Juan José López Pereira • Clave: María del Mar Blanco• Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

2. EN FEMININOAuditorio Municipal do Concello de Vigo • 11 de abril • 20.30 h

No mes de abril realizaremos un programa adicado integramente á figura das compositoras na música clásica sinfónica, reivindicando o seu papel silenciado na historiografía. Neste concerto centrarémonos na compositora e violinista polaca Grażyna Bacewicz, que realizou a súa obra sinfónica nos anos cincuenta do século pasado.

• Concerto para cordas de G. Bacewicz• Obertura de G. Bacewicz• Concerto para violín n.o 3 de G. Bacewicz

• Violín solista: Raquel Carrera• Director convidado: Alessandro Arnoldo

PROGRAMACIÓN EXTENDIDA NO INSTITUTO CAMÕESA figura feminina na historia da música do século XXEntrada libre e de balde ata completar aforo • 4 de abril • 20.00 hColabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

3. LETRAS GALEGAS 2018Auditorio Municipal do Concello de Vigo • 17 de maio • 20.30 h

Este ano voltamos a conmemorar o día das Letras Galegas cunha proposta na que integraremos a música clásica con obras de poetisas galegas. No programa interpretaremos obras da compositora clasicista Marianna von Martinez xunto co concerto para frauta da francesa Cécile Chaminade.

• Concerto de M. von Martinez• Sinfonía en do maior de M. von Martínez• Concerto para frauta, op. 107 de C. Chaminade

• Clave: María del Mar Blanco• Voz: Silvia Penas• Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

PROGRAMACIÓN EXTENDIDA NO INSTITUTO CAMÕESA muller compositora na Europa do Antigo Réxime (1660-1789)Entrada libre e de balde ata completar aforo • 3 de maio • 20.00 hColabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

CICLO DE VERÁN

4. DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2018

Casco Vello de Vigo • 21 de xuño • 18.00-21.00 h

Como cada ano de forma ininterrompida a Orquesta Clásica de Vigo leva, o 21 de xuño, a música ás prazas do Casco Vello da nosa cidade para celebrar o Día Europeo da Música.

CICLO DE OUTONO

6. TANGATA, 30 ANOSTeatro Afundación • 22 de setembro • 20.30 h

Tangata celebra en 2018 os seus 30 anos e nós queremos festexalo facendo un concerto conxunto en torno á súa xenial música de tangos, compartindo neste caso escenario coa nosa orquestra.

• A Orquesta Clásica de Vigo e Tangata interpretarán unha selección de tangos sinfónicos.

• Tangata + Orquesta Clásica de Vigo• Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

7. REQUIEM DE FAURÉTeatro Afundación • 4 de outubro • 20.30 h

En outubro interpretaremos o Requiem, op. 48 de G. Fauré, unha das máis impresionantes obras corais. Contaremos coa coral da Friedenskirche de Hamburgo, composta por 50 músicos alemáns que virán a Vigo para compartir escenario coa nosa orquestra e coro ao completo, todo isto baixo a dirección do brasileiro Fernando Gabriel Swiech.

• Aleluia oxala de Ernani Aguiar• Requiem, op. 48 de G. Fauré

• Coral da Orquesta Clásica de Vigo • Coral convidada: Friedenskirche de Hamburgo• Director convidado: Fernando Gabriel Swiech

Entradas en www.ataquilla.com

INTERCAMBIORequiem de Fauré en Hamburgo • 12 de outubroDirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

8. SIBELIUSTeatro Afundación • 21 de novembro • 20.30 h

En novembro realizaremos a Sinfonía n.o 2 de J. Sibelius, unha impresionante obra sinfónica do compositor finés xunto coa estrea absoluta dunha obra composta para a ocasión polo artista vigués Juan Eiras.

• Estrea absoluta de J. Eiras• Sinfonía n.o 2, op. 43 de J. Sibelius

• Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

9. CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL: CHAIKOVSKITeatro Afundación • 29 de decembro • 20.30 h

Rematamos a programación anual co tradicional Concerto extraordinario de Nadal. Nesta ocasión abordaremos o xenial Concerto para violín en re maior, op. 35 de P. I. Chaikovski, interpretado pola violinista suiza Maristella Patuzzi, seguido da Sinfonía n.o 4, op. 36 do xenial compositor ruso.

• Concerto para violín, op. 35 de P. I. Chaikovski• Sinfonía n.o 4, op. 36 de P. I. Chaikovski

• Violín solista: Maristella Patuzzi• Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

PREZOS

CONCERTOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO

Tipo de localidade Prezo*

Xeral 10,00 €

CONCERTOS NO TEATRO AFUNDACIÓN

Tipo de localidade Prezo*

Patio de butacas 18,00 €

Patio de butacas, visibilidade reducida 17,00 €

Primeiro anfiteatro 15,00 €

Anfiteatro central 16,00 €

Primeiro anfiteatro, visibilidade reducida 13,00 €

Segundo anfiteatro 12,00 €

Segundo anfiteatro, visibilidade reducida 10,00 €

Terceiro anfiteatro 7,00 €

Terceiro anfiteatro, visibilidade reducida 5,00 €

* + gastos de xestión de Ataquilla

DESCONTOS DE ÚLTIMA HORA

Descontos en taquilla* Xove <30 (inclusive)

Auditorio Municipal do Concello de Vigo 3,00€

Teatro Afundación 5,00€

* Presentando DNI

Entradas á venda en Ataquilla

www.ataquilla.com

Entradas anticipadas en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou nos seguintes puntos de venda:• Central de Espectáculos de Vigo, ubicada en Velázquez Moreno 26• Sede Afundación Vigo, ubicada en Policarpo Sanz 26• Sede Afundación Santiago de Compostela, ubicada en Rúa do Vilar 19• Sede Afundación de A Coruña, ubicada en Cantón Grande 8.• Sala de Exposicións Sede Afundación de Ourense, ubicada en Praza Maior

aclásica

COLABORAN

MEDIOS COLABORADORES ENTRADAS EN