25
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO MÓDULO: DIDÁCTICA DA EDUCACIÓN INFANTIL 1º CURSO do C.S. EDUCACIÓN INFANTIL IES A XUNQUEIRA I Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade Curso 2010-2011

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO MÓDULO: …iesxunqueira1.com/.../Documentos/programacions1011/didactica.pdf · Infantil” do 1º curso do Ciclo Superior en EDUCACIÓN INFANTIL, pertencente

Embed Size (px)

Citation preview

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO

MÓDULO:

DIDÁCTICA DA EDUCACIÓN

INFANTIL

1º CURSO do C.S. EDUCACIÓN INFANTIL

IES A XUNQUEIRA I

Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunid ade

Curso 2010-2011

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

2

1. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO EN RELACIÓN Á SÚA

ADECUACIÓN ÁS CARACTERÍSTICAS DO ÁMBITO

PRODUTIVO

1.1 Perfil profesional

Este deseño curricular corresponde ao módulo profesional “Didáctica da Educación

Infantil” do 1º curso do Ciclo Superior en EDUCACIÓN INFANTIL, pertencente a

Familia Profesional “SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE”, cunha

duración de 2.000 horas, impartido no IES XUNQUEIRA I, en Pontevedra.

A competencia xeral do título de Técnico Superior en Educación infantil consiste en

deseñar, pór en práctica e avaliar programas educativos de atención á infancia no

primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica

elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou

título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos

seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se

relacionan a continuación:

a) Programar a intervención educativa e de atención social á infancia a partir das

directrices do programa da institución e das características individuais, do grupo e do

contexto.

b) Organizar os recursos para o desenvolvemento da actividade respondendo ás

necesidades e ás características dos nenos e das nenas.

c) Desenvolver as actividades programadas empregando as estratexias metodolóxicas

e os recursos apropiados, e creando un clima de confianza.

d) Deseñar e aplicar estratexias de actuación coas familias, no marco das finalidades e

os procedementos da institución, para mellorar o proceso de intervención.

e) Responder ás necesidades dos cativos e das cativas, así como das familias que

requiran a participación de profesionais ou servizos, utilizando os recursos e os

procedementos axeitados.

f) Actuar ante continxencias relativas ás persoas, aos recursos ou ao medio,

transmitindo seguridade e confianza, e aplicando, de ser o caso, os protocolos de

actuación establecidos.

g) Avaliar o proceso de intervención e os resultados obtidos, elaborar e xestionar a

documentación asociada ao proceso, e transmitir a información co fin de mellorar a

calidade do servizo.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

3

h) Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á propia

actividade profesional, utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo

da vida.

i) Actuar con autonomía e iniciativa no deseño e na realización de actividades, con

respecto polas liñas pedagóxicas e de actuación da institución en que se desenvolva a

actividade.

j) Manter relacións fluídas cos nenos e as nenas, coas súas familias, cos membros do

seu grupo e con outro persoal profesional, amosando habilidades sociais e capacidade

de xestión da diversidade cultural, e achegar solucións para os conflitos que se

presenten.

k) Xerar contornos seguros, respectando a normativa e os protocolos de seguridade

na planificación e no desenvolvemento das actividades.

l) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas que deriven das relacións laborais,

consonte o establecido na lexislación.

m) Xestionar a propia carreira profesional, analizando oportunidades de emprego,

autoemprego e aprendizaxe.

n) Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando o estudo da viabilidade de

produtos, de planificación da produción e de comercialización.

o) Participar na vida económica, social e cultural cunha actitude crítica e de

responsabilidade.

As cualificacións profesionais completas incluídas no título é a seguinte:

• SSC322_3 (Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro), que abrangue as

seguintes unidades de competencia:

o UC1027_3: establecer e manter relacións fluídas coa comunidade

educativa e coordinarse coas familias, co equipo educativo e con outros

profesionais.

o UC1028_3: programar, organizar, realizar e avaliar procesos de

intervención educativa de centro e de grupo de cativos e cativas.

o UC1029_3: desenvolver programas de adquisición e adestramento en

hábitos de autonomía e saúde, e programas de intervención en

situacións de risco.

o UC1030_3: promover e pór en práctica situacións de xogo como eixe da

actividade e do desenvolvemento infantil.

o UC1031_3: desenvolver os recursos expresivos e comunicativos do

neno e da nena como medio de crecemento persoal e social.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

4

o UC1032_3: desenvolver accións para favorecer a exploración do

contorno a través do contacto cos obxectos, e as relacións do cativo e

da cativa cos seus iguais e coas persoas adultas.

o UC1033_3: definir, secuenciar e avaliar aprendizaxes, interpretadas no

contexto do desenvolvemento infantil de cero a seis anos.

1.2 Relación co sector produtivo

Todos os contidos e actividades de ensino- aprendizaxe especificados do deseño

curricular van encamiñados a que os alumnos/as, futuros técnicos en Educación

Infantil, obteñan a cualificación profesional no campo da actividade produtiva na

prestación de servizos de atención a infancia principalmente desenvolta nos seguintes

ámbitos do mercado:

o Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre

baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e

privadas.

o Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo

con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios

de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais.

o Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre

infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura,

bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

5

2. DESENVOLVEMENTO DO MÓDULO E RELACIÓN DE

UNIDADES DIDÁCTICAS

A presente programación didáctica realízase tomando como referencia o contido nos

Decretos 226/2008 (que desenvolve o Real decreto 1394/2007), e o 38/2010, que

establece o título de técnico superior en educación infantil e as súas correspondentes

ensinanzas mínimas

O Decreto 226/2008 divide os contidos en 6 bloques de traballo, que se corresponden

coas seguintes unidades didácticas:

A continuación detállanse estas unidades didácticas mediante as que se

desenvolverán os contidos, de cara a acadar os obxectivos propostos. Tal e como se

recolle no DOG 12 xullo de 2010, en cada unha delas se indican os obxectivos,

resultados da aprendizaxe, contidos, criterios de avaliación, así como as actividades

de ensino-aprendizaxe e avaliación. En relación ás actividades, cabe destacar o

carácter flexible da programación, podendo estas ser modificadas en función de

factores como as características do alumnado. A xustificación de como e por que se

realizan ven determinada pola metodoloxía escollida para o desenvolvemento da

programación.

UNIDADE 1: ANÁLISE DO CONTEXTO DA INTERVENCIÓN EDUC ATIVA

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión asociados

• Resultados da aprendizaxe:

• Contextualiza a intervención educativa en relación co marco lexislativo e os fins

da institución

• Criterios de avaliación:

• Identificouse a información sobre o contorno social, económico e cultural que é

útil para a intervención.

• Utilizáronse novas tecnoloxías como fonte de información e valorouse o seu

uso.

• Amosouse iniciativa e disposición ante novas situacións da profesión.

• Analizouse lexislación autonómica, estatal, europea relacionada cos servizos

educativos de infancia

• Analizouse a lexislación sobre normalización lingüística.

• Identificáronse propostas de educación infantil propias da realidade galega.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

6

• Comparáronse os tipos de centros e programas de educación formal e non

formal.

• Definíronse as características, os obxectivos, a organización e o tipo de

funcionamento dunha escola infantil.

• Describíronse as características, os obxectivos, a organización e o tipo de

funcionamento dunha institución de educación non formal.

• Valorouse a actividade profesional das persoas coa titulación de técnico de

educación infantil no contexto da intervención educativa.

2. Obxectivos específicos

- Identificar a infancia como etapa diferenciada e con características propias do

desenvolvemento humano

- Comprender a evolución do concepto de infancia ao longo da historia

- Analizar a lexislación específica en materia de infancia

- Valorar as novas tecnoloxías como fonte de información

Analizar o marco lexislativo específico da infancia nos contextos europeo, estatal e

autonómico

- Coñecer o marco lexislativo específico dos servizos de atención á infancia no ámbito

formal e non formal

- Valorar as novas tecnoloxías como fonte de información

- Identificar a situación sociolingüística e lexislación específica relacionada en Galicia

- Identificar institucións de atención á infancia formais e informais

- Describir as escolas infantís na actualidade (modelos, funcións, características)

- Examinar as propostas de educación infantil para o medio rural

- Analizar as características da intervención educativa en contornos bilingües

- Identificar o perfil profesional do Técnico en Educación Infantil

- Recoñecer os campos e ámbitos de actuación do técnico en educación infantil

- Describir as funcións do técnico superior en educación infantil

3. Contidos

- Concepto de infancia

- A infancia: historia

- Valoración das novas tecnoloxías como fonte de información

- A infancia: lexislación específica

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

7

- Análise da lexislación europea, estatal e autonómica de servizos de atención á infancia

no ámbito formal e non formal

- Lexislación específica e situación sociolingüística de Galicia

- Valoración da importancia e repercusión da lexislación sobre o benestar da infancia

- Valoración das novas tecnoloxías como fonte de información

- Institucións formais e non formais de atención á infancia: tipos, modelos, funcións e

características

- Escola infantil: modelos, funcións e características

- Análise de propostas de educación infantil para o medio rural

- Intervención educativa en contornos bilingües

- Interese polos diferentes modelos educativos existentes

- Actitude positiva ante a diversidade de propostas educativas existentes para a

educación infantil

- Perfil do técnico superior en educación infantil

- Papel do persoal coa titulación de técnico superior en educación infantil na

intervención educativa

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• Crear un blog de aula como instrumento de traballo e comunicación

• Recoller e analizar citas en prensa que falen da infancia, usándoas como punto

de partida dun debate dos estereotipos sobre a infancia.

• Búsqueda e análise de información en prensa sobre o Día Internacional dos

Dereitos do Neno

• Recoller noticias de prensa que teñan relación cos dereitos dos nenos e nenas

e contrastala cos dereitos estudados

• Analizar a situación sociolingüística de Galicia a través dun artigo facilitado pola

docente

• Analizar e comparar a situación da educación infantil en Galicia, España e os

países do contorno

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

8

• Investigar as modalidades de educación infantil existentes no contorno (mapa

de recursos?

• Xornadas sobre modalidades de educación infantil (con eles participando na

elaboración, como medio para aprender programación)

• Sobre un papel de estraza, debuxar ao/á educador/a ideal, intentando

especificar polo miúdo as características deste/a

• Debater a importancia que as actitudes e aptitudes do/a educador/a infantil no

traballo cos cativos e cativas

• Visionado e traballo sobre a película "Hoxe comeza todo", de B. Travernier

6. Avaliación

• Recoller nun cadro cronolóxico comparativo cómo foi cambiando a situación da

infancia ao longo da historia

• Entrega dun dossier coas conclusións individuais sobre os aspectos traballados

• Realizar un mural-resumo que recolla a cronoloxía e contidos básicos da

principal lexislación europea, estatal e autonómica sobre a infancia

• Elaboración por grupos de cadros-resumo sobre as principais leis a partir de

esquemas proporcinados pola docente

• Realizar un cadro resumo coas diferentes modalidades de educación infantil,

idades as que van dirixidas e principais características de cada unha

• Realizar un decálogo coas actitudes ideais para a práctica educativa de 0 a 3

anos

UNIDADE 2: DETERMINACIÓN DE ESTRATEXIAS METODOLÓXIC AS

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión asociados

- Resultados da aprendizaxe:

• Determina as estratexias metodolóxicas que se deben aplicar consonte os

modelos psicopedagóxicos

- Criterios de avaliación asociados:

• Identificáronse os modelos didácticos específicos da educación infantil.

• Interpretáronse os fundamentos dos modelos de atención á infancia.

• Valorouse a participación nas actividades en equipo, o contraste de opinións e

o intercambio de experiencias. Identificáronse os modelos didácticos

específicos da educación infantil.

• Analizáronse os principios psicopedagóxicos dos modelos máis recentes en

relación coa educación formal de educación infantil.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

9

• Comparáronse experiencias educativas salientables para definir a propia

intervención educativa.

• Valorouse a participación nas actividades en equipo, o contraste de opinións e

o intercambio de experiencias.

2. Obxectivos específicos

- Identificar os elementos do proceso de ensino e aprendizaxe

- Explicar os modelos e teorías sobre o proceso de ensino e aprendizaxe

- Comparar os modelos didácticos específicos de educación infantil

- Deducir e explicar os principios psicopedagóxicos que sustentan os modelos máis

recentes de educación infantil

- Definir as características e modelos subxacentes de diversas experiencias

educativas en nenos e nenas de 0 a 6 anos

3. Contidos

- Achegas históricas que definen o proceso de ensino e aprendizaxe

- Modelos didácticos específicos de educación infantil

- Valoración positiva das achegas históricas á educación infantil

- Análise dos principios psicopedagóxicos que sustentan os modelos máis recentes de

educación infantil

- Comparación de diversas experiencias educativas en nenos e nenas de 0 a 6 anos

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• Desenvolver un esquema comparativo coas achegas dos precursores e

primeiros pedagogos á educación infantil

• Realizar a lectura, análise e comentario dalgún artigo dos pedagogos da Nova

Escola

• Comparar de xeito crítico os diferentes materiais aportados polos diferentes

autores estudados á educación infantil

• Buscar e recompliar material relativo a diferentes experiencias educativas

• Elaborar diferentes estratexias educativas de acordo cos principios

psicopedagóxicos

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

10

6. Avaliación

• Describir unha escola infantil representativa dos autores máis importantes

traballados ao longo da unidade de traballo

• Realizar un esquema que recolla os principios psicopedagóxicos de

intervención de 0 a 3 anos

UNIDADE 3: DESEÑO DA INTERVENCIÓN EDUCATIVA

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión asociados

- Resultados da aprendizaxe:

• Determina os obxectivos da intervención educativa en relación cos niveis de

planificación, os elementos que a compoñen e os criterios de formulación, nos

ámbitos formais e non formais.

- Criterios de avaliación

• Identificáronse os elementos dun currículo.

• Identificáronse os elementos dun proxecto de intervención educativa non

formal.

• Analizáronse os elementos do currículo de educación infantil.

• Describíronse as bases en que se apoia o currículo da educación Infantil.

• Identificáronse os niveis de concreción curricular.

• Identificáronse os niveis de planificación dunha actividade de educación non

formal: plan, programa e proxecto.

• Comparáronse documentos de planificación de tipos de institución nos ámbitos

formal e non formal.

• Seleccionáronse obxectivos e contidos partindo do marco curricular, do plan ou

do programa, así como das características dos cativos e das cativas, para

conseguir o desenvolvemento das súas capacidades individuais.

• Valorouse a importancia da planificación no proceso de intervención educativa.

• Identificáronse os modelos didácticos específicos da educación infantil.

• Seleccionáronse criterios metodolóxicos conforme os obxectivos da institución,

o marco curricular, e as necesidades e os intereses dos cativos e das cativas.

• Deseñáronse as adaptacións curriculares tendo en conta as recomendacións

das entidades e do persoal profesional implicado, así como a información

obtida.

2. Obxectivos:

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

11

- Analizar os principios e valores nos que se basea o currículo.

- Identificar e interpretar os diferentes elementos curriculares desta Etapa.

- Familiarizarse cós principais conceptos curriculares.

- Empregar de xeito comprensivo e autónomo o decreto curricular.

- Analizar os niveis de concreción do currículo da Educación Infantil.

- Valorar a importancia do deseño curricular base e as súas repercusións na práctica

educativa.

- Comprender a importancia de que as institucións educativas expresen por escrito as

súas propostas.

- Identificar os principais documentos dun centro educativo.

- Diferenciar os elementos que comprenden o Proxecto Educativo e o Proxecto

Curricular. (proposta pedagóxica?)

- Valorar a necesidade da programación na Educación Infantil, e a súa relación cós

diferentes niveis de concreción curricular.

- Valorar o traballo en equipo como esencial para o educador infantil

- Analizar o proceso e niveis de planificación no ámbito non formal

- Identificar os elementos distintivos do plan, programa e proxecto

- Analizar de forma comparada accións planificadas dirixidas á infancia nos ámbitos

formal e non formal

- Conceptualizar o reforzo pedagóxico ó longo da historia

- Analizar a lexislación específica sobre a atención á diversidade educativa na

Educación Infantil

- Tomar consciencia da importancia de elaborar propostas educativas axeitadas ante

as necesidades educativas especiais

- Amosar sensibilidade polo tratamento diferenciado que require todo o alumnado en

función das súas necesidades

3. Contidos

- O currículo: fontes, tipos e elementos que o compoñen

- Niveis de concreción do currículo

- O curriculo en educación infantil

- Utilización do currículo para a elaboración de unidades didácticas

- Valoración da importancia do currículo de cara á organización e planificación da

práctica da Educación Infantil

- Proxecto Educativo de Centro: compoñentes e funcións

- Outros documentos organizativos

- Valoración da importancia dos documentos do centro de cara á organización da

práctica educativa

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

12

- Análise e identificación dos elementos que compoñen un proxecto educativo e unha

proposta pedagóxica

- Valoración da participación do traballo en equipo

- Niveis de planificación no ámbito non formal: plan, programa e proxecto

- Comparación entre documentos de planificación de institucións formais e non formais

- A colaboración do contorno educativo na planificación

- Tratamento da diversidade: características e evolución.

-Niveis de integración: normativa legal.

- Adaptacións curriculares: Documento de Adaptacións Curriculares Individualizadas.

- Organismos de apoio á atención á diversidade.

-Papel do educador/a cos nenos/as con necesidades educativas especiais.

-Atención á diversidade nas intervencións educativas

- Valoración da importancia de deseñar propostas educativas axeitadas ante as

necesidades educativas especiais

- Sensibilidade ante as diferenzas existentes nos cativos e as cativas

- Análise das posibilidades na intervención con alumnado con necesidades específicas

de apoio educativo

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• Analizar as diferentes áreas do currículo de educación Infantil

• Analizar as capacidades recollidas no currículo de educación infantil

• Reformular obxectivos do currículo e adaptalos ás diferentes idades dos cativos

e cativas

• Elixir contidos das tres áreas do currículo e adaptalos ás diferentes idades dos

nenos e nenas

• Recopilar e analizar diferentes documentos de centros educativos

• Analizar a normativa legal sobre a integración na escola de nenos/as con

necesidades educativas.

• Identificar e analizar diversos documentos de Adaptacións Curriculares

Individualizadas de nenos/as dunha escola infantil

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

13

6. Avaliación

• Usando os coñecementos sobre o desenvolvemento infantil traballados noutros

módulos e tendo lidos os contidos das diferentes áreas, seleccionar os

prioritarios nos primeiros anos de vida e outros ao final do primeiro ciclo.

• Elaborar en grupo un esbozo de Proxecto Curricular para un centro imaxinario.

• Planificar a intervención educativa axeitada para diferentes supostos prácticos

propostos

UNIDADE 4: PLANIFICACIÓN DE ESPAZOS, TEMPOS E RECUR SOS NA

INTERVENCIÓN EDUCATIVA

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión

- Resultados da aprendizaxe

• Determina e organiza os recursos materiais e persoais, os espazos e os tempos,

consonte á normativa legal e aplicando criterios pedagóxicos na intervención

educativa na infancia.

- Criterios de avaliación

• Identificáronse os materiais didácticos, os espazos e os tempos de acordo coa

intervención educativa.

• Describiuse a normativa que regula o uso de espazos, recursos e tempos no

ámbito formal e non formal, segundo o marco autonómico e estatal.

• Definiuse a organización do tempo e do espazo como recurso didáctico.

• Recoñeceuse e valorouse a necesidade de organizar as tarefas.

• Analizáronse os modelos de agrupamento de acordo co número de participantes, a

idade, a metodoloxía e a programación prevista.

• Analizáronse os espazos, os materiais didácticos e a moblaxe, e comprobouse o

cumprimento das normas de seguridade e hixiene, así como as condicións de

accesibilidade.

• Seleccionáronse materiais didácticos e didáctico-interactivos acaídos para os

obxectivos, os contidos e os criterios metodolóxicos.

• Establecéronse os espazos, os materiais, os recursos humanos e os tempos tendo

en conta a idade, o número de nenos e nenas e, de ser o caso, as necesidades

educativas especiais.

• Responsabilizouse da importancia de xerar contornos seguros.

2. Obxectivos

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

14

• Identificar as principais orientacións didácticas axeitadas a cada un dos ciclos

de Educación Infantil.

• Valorar a importancia dos principios metodolóxicos da educación infantil

aplicados á práctica diaria.

• Valorar a organización espacial, temporal e do material dun centro, como

elementos fundamentais no traballo coa infancia.

• Coñecer a normativa de seguridade nos espazos e recursos dedicados á

atención á infancia, e a normativa reguladora do uso de espazos, recursos e

tempos na intervención formal.

• Identificar os materiais didácticos e as súas características, tipoloxía,

clasificación, organización e distribución

• Aplicar a lexislación específica sobre os materiais, organización temporal e

espazos escolares na Educación Infantil

• Analizar os recursos didácticos nunha escola infantil

• Organizar axeitadamente os recursos materiais dunha escola infantil

• Organizar o espacio dunha escola infantil

• Amosar sensibilidade respecto á xeración de contornos seguros e accesibles

3. Contidos

• Materiais didácticos, espazos e tempos

• Normativa reguladora do uso de espazos, recursos e tempos na intervención

formal e non formal

• Normativa de seguridade nos espazos e recursos dedicados á atención á

infancia

• Selección de materiais consonte á planificación da intervención educativa

• Recursos didácticos: organización espacial e temporal

• Asignación de espazos, tempos e recursos (materiais e persoais), conforme á

planificación da intervención educativa

• Accesibilidade aos espazos

• Sensibilización respecto á xeración de contornos seguros

• - Os principios metodolóxicos na educación infantil

• - Os recursos materiais e persoais na educación infantil

• - Asignación de recursos na planificación da intervención educativa

• - Responsabilidade de cara á selección e asignación de recursos na práctica

educativa

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

15

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• - Planificar rincóns e talleres axeitados ás necesidades e idade dos nenos/as.

• - Organizar centros de interese partindo dos intereses dos nenos/as de 3-6

anos.

• - Realizar diferentes horarios para unha xornada escolar.

• - Visita a unha escola municipal

6. Avaliación

• - Deseñar distintos plans dunha escola infantil nos que figuren os espazos

interiores, exteriores e as salas para un grupo de idade determinado, cos

recursos correspondentes

UNIDADE 5: ORGANIZACIÓN DA POSTA EN PRÁCTICA DE ACT IVIDADES DE

EDUCACIÓN FORMAL E NON FORMAL

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión

Resultados da aprendizaxe

• Planifica as actividades de educación formal e non formal en relación cos

obxectivos da programación e coas características dos cativos e das cativas

Criterios de avaliación

• Relacionáronse as actividades cos obxectivos, os contidos, a metodoloxía e as

necesidades individuais dos cativos e das cativas.

• Integráronse os temas transversais nas actividades programadas.

• Deseñáronse actividades para o tratamento da atención á diversidade e a

compensación de desigualdades sociais.

• Identificáronse dificultades e propuxéronse solucións viables.

• Elaboráronse adaptacións curriculares en función das características

individuais e das necesidades específicas de apoio educativo aos grupos

destinatarios.

• Analizáronse adaptacións curriculares en relación a supostos de necesidades

educativas especiais permanentes ou temporais.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

16

• Valorouse a coherencia da planificación das actividades de educación formal e

non formal respecto aos obxectivos da programación.

2. Obxectivos

• Deseñar actividades de educación infantil formal e non formal

• Desenvolver actividades de educación infantil

• Deseñar actividades que traballen a necesidades específicas de apoio

educativo

• Analizar actividades de atención á diversidade e adaptacións curriculares

• Deseño de actividades de atención á diversidade e adaptacións curriculares

• Recoñecer o currículo oculto na práctica da educación infantil

• Distinguir as características diferenciais dunha programación de aula.

• Analizar e valorar cada un dos elementos para realizar unha programación e a

necesidade de relación entre os mesmos.

• Deseñar actividades e relacionalas coas capacidades que se pretende

desenvolver

• Elaborar programacións tendo en conta as características dos/as nenos/as, os

obxectivos, os recursos e medios dispoñibles.

• Valorar a programación de actividades como instrumento útil para a práctica

educativa.

3. Contidos

• Transversalidade na educación infantil

• Identificación do currículo oculto na práctica da educación infantil

• Deseño de actividades que traten a atención á diversidade e a compensación

de desigualdades sociais

• Análise e deseño de adaptacións curriculares

• Posta en práctica de actividades formais e non formais

• Valoración da coherencia da posta en práctica de actividades formais e non

formais

• A programación e os seus elementos

• - Elaboración de unidades didácticas

• - Deseño de programacións de aula para nenos de 0 a 3 anos

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

17

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• - Deseño de actividades de educación infantil

• - Supostos prácticos: elaboración de adaptacións para actividades en función

de diferentes necesidades propostas

• - Realizar un resumo cos principios a ter en conta á hora de comezar unha

programación

• - Recompilar e analizar diferentes programacións anuais da etapa de

educación infantil

• - Elaborar unha lista de criterios para a realización dunha proposta de

actividades equilibrada.

6. Avaliación

• - Desenvolver unidades didácticas para diferentes idades e diferentes

momentos educativos

UNIDADE 6: DESEÑO DA AVALIACIÓN DO PROCESO DE INTER VENCIÓN

1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliac ión

Resultado da aprendizaxe

• Deseña a avaliación dos procesos de intervención e argumenta a selección do

modelo, as estratexias, as técnicas e os instrumentos utilizados.

Criterios de avaliación

• Identificáronse os modelos de avaliación.

• Definíronse as estratexias e as técnicas de avaliación, tendo en conta

planificación e os momentos da intervención.

• Seleccionáronse as estratexias e as técnicas de avaliación en varios momentos

ao longo do proceso de intervención.

• Deseñáronse as actividades de avaliación tendo en conta os criterios e o

procedementos establecidos dentro do marco curricular, no caso da educación

formal, e do plan ou programa, no caso da educación non formal.

• Establecéronse indicadores de avaliación en varios momentos do proceso de

intervención, para valorar a adecuación dos obxectivos e dos criterios

metodolóxicos, a selección e a secuencia dos contidos e das actividades, así

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

18

como a funcionalidade e a adecuación dos espazos e dos materiais

empregados.

• Valorouse a importancia da avaliación en cada momento do proceso

• Valorouse a importancia de manter unha actitude permanente de mellora na

eficacia e na calidade do servizo.

• Identificáronse os recursos para a formación permanente do persoal educador.

2. Obxectivos

• Analizar os principais momentos e características da avaliación na Educación

Infantil.

• Identificar e aplicar correctamente os distintos instrumentos da avaliación.

• Deseñar diferentes instrumentos de observación directa e indirecta.

• Valorar a importancia dunha avaliación axeitada, tanto no comezo, no

transcurso e no final do proceso de ensino-aprendizaxe dos nenos/as na

escola infantil.

• Recoñecer a importancia da reciclaxe e a formación continua para a mellora da

calidade no ensino infantil

3. Contidos

• - Lexislación específica sobre avaliación na educación infantil

• -Avaliación: modelos, técnicas e instrumentos

• - Selección e elaboración de instrumentos

• - A observación: tipos e instrumentos

• - Indicadores de avaliación

• - Deseño e utilización de diferentes modelos de informes de comunicación cos

pais e nais dos cativos e cativas

• - Toma de conciencia da necesidade e a importancia de avaliar o proceso de

intervención en educación infantil

• - Elaboración de memorias e informes

• - Interpretación da información obtida dos procesos de avaliación

• - Xestión da calidades en centros educativos

• - Recoñecemento da necesidade de avaliar o proceso de intervención

educativa

• - Predisposición á autocrítica e á autoavaliación

• - Actualización permanente. Recursos

4. Recursos materiais e didácticos

- Materiais: funxibles (cartolinas, folios, cores, ...),

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

19

- Recursos audiovisuais: reproductor de CD, ordenadores con conexión a internet,

canón de vídeo, portátiles, canón de proxección,...

- Espazos: aula de clase, aula taller, biblioteca do centro, aula de informática do centro

- Humanos: docente, alumnado

- Didácticos: recortes de prensa, artigos, documentais, blog de aula...

5. Actividades

• - Lectura e resumo do Decreto que regula a avaliación en Educación Infantil.

• - Deseñar instrumentos de avaliación axeitados a diferentes situacións

propostas.

• - Buscar e analizar algún informe de avaliación dun neno/a, e propor a

intervención educativa oportuna.

• - Elaborar unha lista de criterios de avaliación para nenos/as de 0-3 anos.

• - Realizar unha observación e escribir conclusións sobre o observado

• - Busca de recursos de formación do profesorado no contorno e en internet

6. Avaliación

• - Elaborar unha lista de criterios de avaliación para nenos/as de 0-3 anos.

3. CONTIDOS MÍNIMOS PARA ACADAR UNHA

AVALIACIÓN POSITIVA NO MÓDULO

• Recoñecer as principais orientacións pedagóxicas na historia da Educación

Infantil, relacionando ós diferentes autores coas súas aportacións

fundamentais.

• Analizar a lexislación estatal e autonómica relativa á educación infantil e a súa

evolución ó longo do tempo.

• Saber diferenciar as teorías psicolóxicas sobre o proceso de ensino-

aprendizaxe e a súa aplicación na educación infantil.

• Identificar os elementos do currículo.

• Distinguir os niveis de concreción curricular e os seus elementos.

• Analizar o Proxecto Educativo dunha escola infantil, a partir dun suposto

práctico.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

20

• Elaborar sinais de identidade e obxectivos de centro para unha escola infantil, a

partir de un suposto práctico.

• Secuenciar obxectivos e contidos para diferentes tramos de idade.

• Deseñar rincóns e talleres axeitados ás idades dos nenos/as.

• Realizar unidades didácticas para nenos/as de 0-3 anos.

• Planificar a organización espacial e temporal para un grupo concreto de

nenos/as de educación infantil segundos principios pedagóxicos explicados.

• Confeccionar instrumentos de observación directa e indirecta para obter

información dos nenos/as e das súas familias

4. RECURSOS

O espazo da aula.- organizarase dun xeito flexible para facilitar as distintas formas

de agrupamento e en concordancia coas necesidades das actividades que se

desenvolvan. Tamén se utilizarán outros espazos do centro educativo como poden ser

a biblioteca, a aula de informática, o salón de usos múltiples, os espazos de

esparcimento, etc. Puntualmente poderanse utilizar outros espazos do contorno

inmediato para realizar algunha actividade educativa.

Os materiais didácticos.-

- Recursos bibliográficos.- artigos de revista ou prensa, dossieres de información,

libros relacionados co módulo, programas e proxectos de organizacións e

institucións, etc.

- Recursos audiovisuais.- soportes como os reproductores de DVD, televisión,

vídeo, reprodutores de audio, grabadoras, retroproxector de transparencias, etc.

,ata produtos concretos como películas sobre temáticas afíns ao módulo, disco

compacto, documentos grabados, etc.

- Recursos informáticos.- utilizaranse como medio para a exposición de contidos, e

tamén como recurso para a busca e organización da información. Contarase

ademais cun blog de aula.

- Recursos expresivos.- como poden ser a elaboración de collages, realización de

murais en papel, etc.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

21

Recursos humanos .- debemos de sinalar que traballaremos coordinadamente co

resto do profesorado do ciclo e o mesmo tempo tentaremos realizar actividades con

outros profesores/as do Centro. Tamén debemos de considerar os recursos humanos

fóra do centro tales como o profesorado das escolas da vila, animadores sociais... que

nos axudarán no traballo e desenvolvemento desta materia.

4.1. TEMPORALIZACIÓN

O Decreto 226/2008 establece que o módulo de Didáctica da Educación Infantil terá

unha duración de 240 horas que se distribúen ao longo dun curso en 288 sesións de

50 minutos cada unha, a razón de 9 sesións semanais.

En base ó calendario escolar, no primeiro trimestre impartiranse as unidades

didácticas 1 e 2, no segundo a 3,4 e 5, e no terceiro a 6.

5. ORGANIZACIÓN, ESTRATEXIAS E METODOLOXÍA

De modo xenérico seguirase a perspectiva constructivista, sendo o docente unha

figura que proporciona os medios axeitados para que o alumnado constrúa

activamente o seu propio coñecemento. Preténdese que o alumno/a vaia adquirindo

progresivamente autonomía a través de prantexarse interrogantes, participando e

asumindo responsabilidades e desenvolvendo capacidades para aprender por si

mesmo .

Os principios metodolóxicos a seguir son:

- Alto grao de participación por parte do alumnado, propoñéndoselles

actividades que fomenten a elaboración de aprendizaxes

- Adaptación ás características do alumnado: nivel de maduración, procedencia

do alumnado, idade, características sociopersonais, etc.

- Partir dos coñecementos previos, incluíndo non só os coñecementos

académicos, senón aqueles que se poideran derivar das súas experiencias na relación

co contorno. É un dos principios fundamentais para que se produzan aprendizaxes

significativas, é dicir, que alumno/a poida relacionar o que aprende co que xa sabe.

Ademais, preténdese que o alumnado perciba a funcionalidade nas aprendizaxes, para

poder utilizalas noutros módulos.

- Para a atención e superación de necesidades educativas específicas,

proporcionaranse axudas persoais ou materiais ao alumnado, para que acaden os

obxectivos do módulo.

- A autoavaliación do traballo realizado.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

22

Para a aplicación destes principios, faranse formas de agrupamento do alumnado

flexibles, en función do contido e actividade a realizar, habendo actividades individuais,

en pequeno grupo e en gran grupo. Nos agrupamentos buscarase a heteroxeneidade

como factor que incida na integración, na mellora da tarefa, no desenvolvemento da

cooperación, etc.

Como medio de comunicación entre docente e alumnado, e para a realización de

actividades, crearase un blog de aula, compartido con outros módulos do ciclo.

6. TEMAS TRANSVERSAIS

O módulo de didáctica é en si mesmo un módulo que aborda como parte do seu

contido os temas transversais, por este motivo, os temas transversais forman parte

dos contidos específicos que se traballan como parte da materia. No en tanto, convén

matizar que para o desenvolvemento do alumnado é interesante incidir máis nos

seguintes temas transversais:

- Educación para a igualdade: tendo en conta que se trata dun ciclo feminizado e

non exento de estereotipos vinculados ao xénero para determinar uns xeitos

característicos de conduta.

- Educación para a paz: concretamente o traballo debería basearse no

desenvolvemento de actividades que incidiran na resolución de conflitos de

maneira non violenta.

7. ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADE

ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO1

Se ben é certo que aquí imos contemplar medidas de atención á diversidade

xerais dirixidas a todo o alumnado, non podemos esquecer que segundo a lexislación

1 Neste apartado hai que ter en conta que as adaptacións curriculares que se propoñan nunca poden variar os contidos mínimos establecidos no proxecto curricular do ciclo e o alumno/a deberá acadar todos eles para ser avaliado positivamente. Ademais debemos ter en conta non so o alumnado con dificultades que precisa actividades de reforzo, sino tamén o alumnado con altas capacidades que poden precisar actividades de ampliación.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

23

vixente2 enténdese que na formación profesional pode existir alumnado que precise

unha atención máis específica derivada de situacións de discapacidade ou trastornos

de conduta. Para estes casos, a lexislación contempla a flexibilización modular de

ciclos formativos, que consiste na autorización para o alumnado poida cursar o ciclo

formativo de xeito fragmentado por módulo cunha temporalización distinta da habitual.

De forma xeral na materia de didáctica implantaranse conforme ás necesidades

detectadas medidas tanto curriculares como organizativas.

8. AVALIACIÓN

O modelo de avaliación atende tanto ós logros e adquisicións do alumnado como á

reflexión sobre o propio traballo docente.

Avaliación do alumnado

Avaliación previa: Ao comezo do curso e en cada sesión partirase dunha primeira

aproximación ós coñecementos do alumnado sobre a temática, mediante un texto,

preguntas abertas ou outros medios co obxectivo de avaliar os coñecementos previos,

intereses, baleiros de coñecementos, ideas preconcebidas.

Avaliación continuada: Terá en conta o proceso de aprendizaxe seguido pola

alumna ou alumno, con carácter continuado e sumativo, que reflicte a súa evolución

personal considerando tamén o camiño seguido. Realizaranse actividades de

avaliación en cada módulo e recopilativa no final de cada trimestre.

A avaliación final: E unha avaliación de remate do módulo que terán que facer as

persoas que non acaden os obxectivos mínimos na avaliación continuada. En cada

caso, a docente poderá decidir a parte que debe reforzar a alumna/o para superar o

módulo.

Serán instrumentos de avaliación:

• Os exames ou probas de contidos teóricos e prácticos.

• Traballos individuais: reflexivos, de lectura, de busca de información...

• Traballos grupais, nos que se valora a capacidade de traballo en equipo,

participación, comunicación e habilidades sociais de relación.

• Actitude e participación na aula

• Traballos voluntarios e outros instrumentos a elixir segundo a temática.

2 Orde do 23 de abril de 2007 pola que se regulan o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

24

O cálculo da nota farase do seguinte modo:

• Probas obxectivas de carácter individual, nos que se valora o coñecemento

da materia. Suporán un 40%.

• Traballos individuais e grupais nos que se valora a estructura e dominio de

contidos, dinámica de traballo e utilización de recursos. Suporán un 40 %.

Os traballos valoraranse na escala de 0 a 4, segundo sexan: non

entregados, mal, regular, ben, moi ben. A docente comprométese a que o

alumnado coñeza a nota que se lles asigna nos traballos

• Actitudes. Valoraranse puntualidade, a responsabilidade, participación

activa, talante de colaboración cos compañeiros e compañeiras, respecto e

implicación, a capacidade organizativa. Para o cal se empregan os

correspondentes rexistros de observación. Suporán un 20%.

Para a superación positiva do módulo é necesaria a cualificación positiva en cada

unha das partes sinaladas, sen posibilidade de facer medias se unha delas non está

cualificada como apta.

Avaliación da práctica docente

Farase a través de enquisas trimestrais e peticións de opinión para ir adaptando as

actividades e metodoloxía antes de que remate o proceso.

8.1. Sistema extraordinario de avaliación

O alumnado que por algún motivo teña perdido o dereito ao sistema de

avaliación continua por superar o 10% das faltas de asistencia deberá

acollerse ao sistema extraordinario de avaliación, que consistirá en:

- Entrega dos traballos solicitados pola docente, que serán comunicados

previamente e con tempo suficiente á realización da proba teórica. A

cualificación de apto nestes traballos é chave para a realización da proba

final.

- Realización dunha proba final sobre os contidos teóricos e prácticos do

módulo.

8.2. Sistema de recuperación de alumnado pendente

En caso de que algunha alumna non sexa avaliada positivamente, decidirase

que parte da avaliación debe recuperar. O alumnado realizará unha proba escrita

sobre os contidos do módulo de carácter teórico-práctico. E ademais, poderán

Módulo de Didáctica da Educación Infantil

25

deseñarse actividades de recuperación no período estipulado pola normativa, en base

ás necesidades de recuperación detectadas.

En Pontevedra, a 17 de setembro de 2010, as docentes

Cristina Rodríguez Resino M. Carmen Teijido López