18
PROGRAMACIÓN HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA- 2º BACH. 2008 - 09. IES MARÍA SARMIENTO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Programacion Galicia

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Programacion bacharelato

Citation preview

Page 1: Programacion Galicia

PROGRAMACIÓN

HISTORIA E XEOGRAFÍA DE

GALICIA- 2º BACH.

2008-09. IES MARÍA SARMIENTO

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Page 2: Programacion Galicia

- 2 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

ÍNDICE

1.- HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA ….………………………………….. 2 1.1.- REFERENCIA CURRICULAR ………………………………………… 2 2.- OBXECTIVOS XERAIS ……………………..…………………………………… 3 3.- OS CONTIDOS …..……………………………………………………………….. 5 3.1.- EXPLICITACIÓN, SECUENCIACIÁCON E TEMPORALIZACIÓN… 5 3.2.- INCLUSIÓN DA UNIDADE VII ………………..………………………. 11 4.- METODOLOXÍA E RECURSOS ………………………..……………………… 13 5.- AVALIACIÓN ………………………………………….…………………………. 14

5.1.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN ……………..…………………………. 14 5.2.- PROCEDEMENTOS …………………………..……………………….. 14 5.3.- BAREMACIÓN …………………………………..……………………… 15 5.4.- AVALIACIÓN DE PENDENTES ………………..…………………….. 16

6. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES …………..... 17

Page 3: Programacion Galicia

- 3 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

1. HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA

1.1.- REFERENCIA CURRICULAR

A presente programación axústase ó Decreto 1178/1992 do 2 de Outubro dictado pola Comunidade Autónoma de Galicia .

A Comunidade autónoma de Galicia é unha das tres comunidades históricas que aparecen na Constitución de 1978 como resultado dos aspectos específicos culturais e históricos diferenciadores . Debido a isto, a comunidade decidiu que existise dentro do currículo educativo una materia individualizada destinada a que os estudantes galegos coñeceran o pasado e o presente do seu propio territorio.

A introducción do currículo subliña que o tratamento dos temas resultará das aportacións máis rigorosas da historiografía actual, rexeitando toda manipulación dos datos históricos en función de calquera interese de orde política ou ideolóxica. Trataríase de recuperar o coñecemento do noso propio pasado e das especificidades das transformacións ocorridas no marco territorial da nacionalidade.

Recordar, ademais, que a materia de Historia e Xeografía de Galicia é materia optativa na modalidade do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, e polo tanto non obrigatoria para os alumnos que cursen o devandito bacharelato.

Page 4: Programacion Galicia

- 4 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

2. OBXECTIVOS XERAIS

Debemos ter en conta que a maior parte dos contidos e actividades que nesta materia utilizarán os alumnos, son coñecementos que xa teñen adquiridos nos cursos anteriores o que desenvolverán en 2º de Bachalerato nos temarios de Historia e Xeografía de España, polo que trataremos de que,ó tempo que aplican eses coñecementos ó marco galego, desenvolvan a capacidade de debate e crítica: o obxectivo principal, polo tanto, será lograr a participación activa do alumnado no desenvolvemento dos temas, temas que lles afectan profundamente e que poden analizar gracias á comparación co que ocorre e ocorreu noutros lugares e a súa propia experiencia. Optan por unha materia que debe servirlles para desenvolver as capacidades de razoamento, crítica e debate. Outros obxectivos concretos serán:

o Analizar os mecanismos que rexen o funcionamento do medio físico, valorando as repercusións que sobre el teñen as actividades humanas

o Comprende-la interdependencia de tódolos territorios que integran España, para

desenvolver actitudes de coñecemento, respecto, aprezo e cooperación cos espacios próximos e afastados ó hábitat do alumno e prestar especial atención á superación dos diferentes niveis de desenvolvemento e de saúde das diferentes poboacións.

o Adquirir conciencia espacial para participar de forma activa e responsable nas

decisións que afecten á ordenación do territorio e valora-la necesidade de potencia-lo equilibrio natural e a equidade social. Valora-lo potencial da tecnoloxía xeográfica, para resolve-los desastres naturais, facer máis habitables as cidades e poñer estas ferramentas ó servicio dos máis desfavorecidos.

o Recoñecer a existencia de aspectos específicos que definen a Galicia como

nacionalidade histórica e explicar que a súa evolución histórica, aínda neses aspectos, está relacionada coa historia de España e Europa

o Identificar os procesos e mecanismos básicos que rexen o funcionamento dos feitos sociais no contexto galego, tendo en conta os factores externos e internos que o condicionan.

o Analizar las características da cultura galega actual nos seus trazos mais

salientables

o Comprender que o patrimonio natural,cultural e artístico galego é singular, participando activamente na súa defensa e valorando a diversidade como dereito dos pobos e individuos á súa identidade.

Page 5: Programacion Galicia

- 5 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

3. CONTIDOS. CONSIDERACIÓNS XERAIS Os contidos, a través dos que se han de acada-las capacidades marcadas polos obxectivos, veñen estructurados en catro bloques de unidades temáticas e un bloque máis de actitudes.

I.- O marco político actual: A Comunidade Autonómica

II.- O medio físico

III.- O marco histórico e cultural

IV.- Os habitantes: aproximación á etnicidade galega

V.- Actitudes e valores

En conxunto, xiran en torno a dous grandes eixes:

� Peculiaridades de Galicia en natureza e ambiente, actividades económicas, recursos humanos, historia e cultura

� Galicia e a súa inserción en España e Europa O libro de texto que se utiliza é o de Editorial Baía. 3.1 EXPLICITACIÓN DOS CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TEM PORALIZACIÓN

Á hora de realiza-la secuenciación seguimos a estructura de tres avaliacións, coincidentes en principio cós trimestres do curso, tal e como recolle o PEC

Bloques do currículo Unidades do libro 1ªAvaliación Bloques I ,II e parte do III, V 1,3,4 e 5 2ªAvaliación Bloque III, V 6 e 7 3ªAvaliacion Bloque III e IV, V 8,9 e 2

PRIMEIRA AVALIACIÓN I.- O MARCO POLÍTICO ACTUAL A. OBXECTIVOS:

o Ter unha visión xeral da situación política na que se atopa Galicia dentro do marco constitucional español

Page 6: Programacion Galicia

- 6 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

B. CONTIDOS:

1. Breve evolución histórica do territorio 2. Os símbolos da comunidade: escudo, bandeira e himno

C. ACTIVIDADES • Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto e material audiovisual

aportado polo profesor o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto e busca de símbolos e himnos doutra

comunidade ou do propio concello • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E. AVALIACIÓN:

o Coñecer a evolución do territorio o Ser capaces de buscar información utilizando diversos medios ó seu alcance o Saber expresarse e poder desenvolver un determinado tema.

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato Editorial Baía o Mapas temáticos. o Prensa. o Internet o PowerPoint e canón de vídeo

II. O MEDIO FÍSICO A. OBXECTIVOS:

o Aprender o manexo das formas de representación xeográficas e distinguir as principais unidades morfoestructurais

o Coñece-la variedade e os trazos básicos da paisaxe española e da súa hidrografía

o Coñecer a variedade climática de Galicia B. CONTIDOS:

1. O relevo 2. O clima 3. A hidrografía e a vexetación 4. A auga e a vexetación.

Page 7: Programacion Galicia

- 7 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

5. Principais problemas ambientais en Galicia C. ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de traballos co material do libro ou aportado polo profesor:

comentario de mapas do tempo e de climogramas • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA: o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas) o Saída polo propio centro educativo e o seu contorno (parque Pernas Peón) para

coñecer a vexetación autóctona o E. AVALIACIÓN: o Ser capaz de extraer información dun mapa do tempo e climograma o Distinguir as características básicas do relevo galego o Ter conciencia da fraxilidade do medio natural ante a intervención humana

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato: Baía o Mapas físicos de Galicia o Outras formas de representación xeográfica. o Diapositivas e canón de vídeo o DVD

III. O MARCO HISTÓRICO-CULTURAL ( 1ª parte) A. OBXECTIVOS:

o Coñecer e valorar o noso pasado e fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico.

o Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. o Mellorar a comprensión do tempo histórico. o Separar os orixes míticos de Galicia da realidade histórica

B. CONTIDOS:

1. Da Prehistoria ás invasións xermánicas 2. A Galicia feudal

C. ACTIVIDADES

• Actividades diarias:

Page 8: Programacion Galicia

- 8 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de traballos co material do libro ou aportado polo profesor o Debates e comentarios o Visualización de documentais e outros materiais o Saída por Viveiro para comentar os restos da Idade Media e Moderna que se

poden atopar na cidade • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Participación nos debates e comentarios de clase o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA: o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas) E. AVALIACIÓN: o Coñecer a evolución histórica do territorio. o Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental. o Saber expresarse e poder desenvolver un determinado tema.

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato: Baía o Diapositivas de arte o Canón de vídeo e PowerPoint o DVD

SEGUNDA AVALIACIÓN III.- O MARCO HISTÓRICO-CULTURAL (2ª parte) A. OBXECTIVOS:

o Coñecer e valorar o noso pasado e fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico.

o Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. o Mellorar a comprensión do tempo histórico. o Comprender o funcionamento do Estado Moderno e das institucións de Galicia a

partires do seu xurdimento no s. XVI. o Comprender o funcionamento do noso sistema político actual por comparación

cos sistemas políticos do pasado o Comprender as raíces do nacionalismo moderno en Galicia

B. CONTIDOS:

1. A Galicia do Antigo Réxime. As institucións galegas

Page 9: Programacion Galicia

- 9 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

2. Galicia no Réxime Liberal 3. O galeguismo: do provincialismo ó nacionalismo

C. ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto e material audiovisual

aportado polo profesor o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Participación en debates e comentarios o Realización de traballos de grupo o Visualización de películas e documentais • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou encargados

polo profesor. o Participación nos debates e comentarios de clase o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA: o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E. AVALIACIÓN:

o Coñecer a evolución histórica do territorio. o Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental. o Saber expresarse e poder desenvolver un determinado tema.

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato Editorial Baía o Diapositivas de arte o Canón de vídeo e PowerPoint o DVD

TERCEIRA AVALIACIÓN III.- O MARCO HISTÓRICO-CULTURAL (3ª parte) A. OBXECTIVOS:

o Coñecer e valorar o noso pasado e fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico.

o Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. o Mellorar a comprensión do tempo histórico. o Adoptar posturas críticas ante a opción de resolver coa violencia os problemas

de convivencia, analizando os efectos devastadores das guerras e máis das guerras civís.

Page 10: Programacion Galicia

- 10 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

o Coñecer e valorar o proceso de democratización español e as súas repercusións para o futuro político de Galicia

B. CONTIDOS:

o Galicia no franquismo o Galicia na democracia. O Estatuto de Autonomía

C. ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto e material audiovisual

aportado polo profesor o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Participación en debates e comentarios o Realización de traballos de grupo o Visualización de películas e documentais o Realización de enquisas • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou encargados

polo profesor. o Participación nos debates e comentarios de clase o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E. AVALIACIÓN:

o Coñecer a evolución histórica do territorio. o Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental. o Saber expresarse e poder desenvolver un determinado tema

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato Editorial Baía o Diapositivas de arte o Canón de vídeo e PowerPoint o DVD o Prensa e revistas o Internet

IV.- OS HABITANTES: APROXIMACIÓN Á ETNICIDADE GALEG A A. OBXECTIVOS:

o Coñecer e valorar o noso pasado e fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico.

o Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. o Mellorar a comprensión do tempo histórico.

Page 11: Programacion Galicia

- 11 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

o Recoñecer e describir manifestacións relevantes da cultura galega, explicando a súa relación na que foron creadas

B. CONTIDOS:

o A casa e a organización social da parroquia o Unha manufactura tradicional: o liño o Unha celebración tradicional: O Antroido o A morte

C. ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto e material audiovisual

aportado polo profesor o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Participación en debates e comentarios o Realización de traballos o Visualización de películas e documentais o Realización de enquisas • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou encargados

polo profesor. o Participación nos debates e comentarios de clase o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D. METODOLOXÍA ESPECÍFICA: o Explicación do profesor o Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E. AVALIACIÓN:

o Coñecer a evolución histórica do territorio. o Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental. o Saber expresarse e poder desenvolver un determinado tema

F. RECURSOS ESPECÍFICOS

o Libro de texto 2º Bacharelato Editorial Baía o Diapositivas de arte o Canón de vídeo e PowerPoint o DVD o Prensa e revistas o Internet

3.2. INCLUSIÓN DO BLOQUE V : ACTITUDES, VALORES E N ORMAS

Os contidos recollidos neste bloque serán tratados dun xeito transversal ó longo

do curso.

Page 12: Programacion Galicia

- 12 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

1. Adopción dunha postura crítica e de rigor ante as distintas fontes de

producción do coñecemento histórico. 2. Promove-lo interese polo coñecemento crítico de sociedades e culturas

diversas, tanto históricas como actuais, e a súa percepción como elementos enriquecedores da existencia colectiva da humanidade.

3. Fomentar un sentimento positivo de pertenza a unha Comunidade nacional (Galicia) , a un Estado histórico (España) e a unha cultura europea e universal dende posicións solidarias e respectuosas con outras Comunidades, Estados e culturas.

4. Consolidar actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diferentes pobos de España, respectando e valorando positivamente os aspectos comúns e diferenciais e a pertenza simultánea a máis dunha identidade colectiva.

5. Fomento do compromiso activo, responsable e consciente coa paz, a democracia e os dereitos humanos e sensibilidade fronte ós problemas derivados das situacións de desigualdade.

Page 13: Programacion Galicia

- 13 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

4. METODOLOXÍA E RECURSOS

Como xa dixemos anteriormente, a metodoloxía básica irá encamiñada a que o alumnado desenvolva a capacidade de debate e crítica: o obxectivo principal, polo tanto, será lograr a participación activa dos alumnos no desenvolvemento dos temas, temas que lles afectan profundamente e que poden analizar gracias á comparación co que ocorre e ocorreu noutros lugares e a súa propia experiencia. Optan por unha materia que debe servirlles para desenvolver as capacidades de razoamento, crítica e debate.

A forma de traballo partirá duna reflexión sobre o tema a tratar, xa que os alumnos en xeral teñen moitos coñecementos (dispersos) sobre esta materia. De seguido o profesor sistematizará e logo explicará o tema en cuestión. Para eso apoiarase nos materiais que o libro ten ou que o profesor aporte: mapas, imaxes, noticias de prensa, estatísticas, gráficos,... Os alumnos terán que facer traballos ou resolver problemas plantexados polo profesor, para que vaian conseguindo as habilidades necesarias no comentario histórico, tendo en conta que estas habilidades tamén as estarán a adquirir noutras materias durante ese curso.

Para rematar outra das esixencias neste curso será, o mesmo que noutras materias, que o alumno obteña unhas habilidades suficientes no tocante a capacidade de comprensión , de síntese e discursiva, ou sexa que sexa capaz de estudiar e reproducir ou desenvolver un determinado tema. Como parece lóxico e xa se foi desglosando nas distintas unidades, serán necesarios moitos e variados recursos que ( por fortuna) pola experiencia dos anos anteriores, no noso centro son posibles:

o Mapa de Galicia. Non podemos construír un coñecemento sobre o noso marco xeográfico se temos problemas á hora de situar poboacións, rexións, accidentes xeográficos,...

o Mapas 1/25.000 de Viveiro e doutras zonas. o Fotografía aérea da Mariña e estereómetro. o Vídeo e canón de vídeo. o Diapositivas. Consideramos que o uso de imaxes axuda a fixar coñecementos,

sobre todo cando se trata de estudiar un marco temporal e cultural tan dilatado, dende a prehistoria ata a actualidade.

o Internet. o Prensa e revistas o Material da Biblioteca do centro. o Mapas temáticos.

Page 14: Programacion Galicia

- 14 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

5. AVALIACIÓN 5.-1.- CRITERIOS

o Identificar e localizar as características físicas máis destacadas que configuran os grandes espacios naturais galegos, de xeito que os alumnos poidan recoñecer a gran variedade que constitúe a realidade física do territorio, xa que non é un espacio uniforme

o Analizar algún dos riscos medioambientais máis graves da comunidade, para

fomentar o comportamento respectuosos coa natureza

o Situar cronoloxicamente acontecementos e procesos relevantes da historia de Galicia e analizar a súa vinculación co contexto español e internacional, decatándose da peculiaridades de determinadas situacións galegas

o Identificar as diversas causas dun feito histórico, analizar as súas interrelacións

e valorar a importancia dalgunha delas, apreciando as diferencias entre o punto da vista da época e a que proporciona a perspectiva temporal

o Recoñecer na realidade actual as posibles pervivencias do pasado.

o Exemplificar os costumes, as tradicións, as crenzas e a arte de Galicia, sen que

eso signifique creación de fronteiras separadoras entre distintas colectividades 5.-2.- PROCEDEMENTOS A hora de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos deberán ser tidas en conta unha serie de aptitudes que demostren a súa madurez intelectual:

• Capacidade comprensiva con respecto á terminoloxía e vocabulario • Capacidade sintética á hora de expoñe-los seus coñecementos. • Capacidade de busca de información e capacidade de extraer dita información de

documentos de moi variado signo coma mapas, gráficas, textos, ... • Capacidade de exposición oral dun tema a debater cos compañeiros

a) O traballo diario será avaliado polo profesor de varios xeitos:

o Actitude na clase: participación, colaboración, comportamento,.. o Realización das tarefas asignadas polo profesor: comentarios de texto, procura

de información, tarefas de grupo...

b) O outro elemento na avaliación será o exame, que tentará acomodarse a un esquema xeral que se repetirá ó longo das avaliacións

o Dúas preguntas teóricas que valerán 3 puntos cada unha o Unha cuestión práctica como o comentario dun texto, unha gráfica...

Page 15: Programacion Galicia

- 15 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

5.3.- BAREMACIÓN As puntuacións son numéricas coas especificacións dictadas oficialmente (non existirán decimais) e as acordadas polo departamento. 1. Exames escritos e/ou orais, traballos de investigación individuais ou grupais, e

calquera outra proba que o profesor poida considerar en función dos temas tratados. Contribuirá nun 70% á cualificación final.

2. Traballo na aula que incluirá actividades de lectura, visionado de películas e documentais, elaboración de materiais dentro do Plan TIC, o caderno do traballo diario, elaboración de mapas, exposición de temas, visitas e actividades sobre as mesmas, .... Contribuirá nun 30% á cualificación final. Inclúense neste apartado os rexistrados do profesor referentes a comportamento, participación, atención, laboriosidade, interese, voluntariedade, ...

A baremación completa non se apricará:

o Sen a presentación de, se os houbera, os traballos obrigatorios que así se sinalen

o Con cualificación inferior a 4 puntos en calquera dos dous apartados (exames e traballo)

o En caso de que o alumno teña copiado nalgún exame ESPECIFICACIÓNS

- Os exames e/ou probas escritas poderán ir seguidas da correspondente contrastación oral sempre que o profesor o considere oportuno, por exemplo se hai sospeita de que un alumno teña copiado. Esta proba oral se realizará nun prazo non superior aos catro días despois da dita proba escrita.

- Ortografía: terase en conta en tódolos materiais escritos, os erros especialmente graves (como uso de maiúsculas ou confusión b/v) restarán puntuación, a 0,1 cada un e ata un máximo de 1 punto por actividade.

- O alumno que non se teña presentado o día de exame só terá a opción de facer ese exame na recuperación. Só se exceptúan desta norma os casos excepcionais.

- No caso de que un alumno sexa encontrado copiando nalgunha proba ou exame será eliminado automaticamente da mesma, tendo que recuperala na avaliación seguinte de xeito que:

a) Se copia nun exame suspenderá a avaliación e terá que face-la recuperación da dita avaliación.

b) Se copiase nun exame de recuperación, suspenderá esa recuperación e terá polo tanto que presentarse ó exame de suficiencia en xuño.

c) Se copia no exame de xuño será enviado directamente á convocatoria de setembro.

d) Se, por último, copiase nese exame de setembro tería a asignatura suspensa ata o vindeiro curso

Page 16: Programacion Galicia

- 16 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

- Recuperación. Haberá probas de recuperación por exame ou exames en cada período de avaliación, e probas especiais de recuperación de avaliacións a finais de curso para aqueles alumnos que teñan pendente máis dunha avaliación

- Para aprobar a materia é preciso aprobar as tres avaliacións. En setembro o exame incluirá todos os contidos do curso e a cualificación obtense exclusivamente da nota do exame.

- A nota final non será media aritmética senón media ponderada, arredondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior

- Faltas de orde graves, impuntualidade, carencia reiterada do material preciso, poderán restar puntuación da nota da avaliación, ata un máximo de 1 punto, segundo as anotacións do profesor.

En canto ás ausencias á clase, aplicarémo-las medidas recollidas no decreto sobre dereitos e deberes dos alumnos é os acordos aprobados no RRI. As ausencias reiteradas e non xustificadas poden ocasionar a perda do dereito á avaliación continua. En tal caso presentarase exclusivamente á proba de suficiencia e/ou á de setembro e non se aplicará a baremación arriba indicada Hai que recordar que ó ser a avaliación continua en calquera das avaliacións se poderá preguntar ou traballar con contidos das avaliacións anteriores. 5.4.- AVALIACIÓN DE PENDENTES Os alumnos coa materia pendente do curso anterior poderán presentarse por avaliacións ou ben acudir exclusivamente á convocatoria extraordinaria do mes de maio, segundo o acorde o alumno implícao e o profesor que imparta a materia. A cualificación terá en conta exclusivamente o resultado da ou das probas realizada

Page 17: Programacion Galicia

- 17 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA E XEOGRAFÍA DE GALICIA. BACHARELATO.

6.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Quedan propostas varias saídas ó entorno próximo se ben haberá que estudiar a viabilidade da súa realización tendo en conta o número de alumnos. As propostas son:

Punta Socastro e Fouciño do Porco Valadouro Viveiro Sargadelos Magazos e Vilares Celeiro

Tamén se deixas aberta de outras actividades en función das propostas que poidan xurdir ó longo do curso e sexan de interese no marco curricular da materia.

Page 18: Programacion Galicia

18