21
PROPIEDADES DOS TEXTOS

PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

  • Upload
    others

  • View
    14

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

PROPIEDADES DOS TEXTOS

Page 2: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Tema 1. A adecuación textual

Propiedade que fai que un texto se acomode a unha situación comunicativa: a quen nos diriximos, onde se realiza a comunicación, con que finalidade…

1. Factores que determinan a adecuación textual

Intención comunicativa

Tema Adaptación do texto ao tema (ton, rexistro, digresións)

Destinatario

Idoneidade Espazo-Temporal

Canle

Situación Comunicativa

depende do soporte empregado

Page 3: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

2. Linguaxes específicas

xurídica comercial

publicitaria xornalística

Artigo 18 1. Garántese o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. 2. O domicilio é inviolable. Ningunha entrada ou rexistro poderá facerse nel sen consentimento do titular ou resolución xudicial, salvo en caso de flagrante delicto.

administrativa

EXPÓN: Que realizou e superou con éxito todos os módulos correspondentes ao Ciclo Formativo de ‘Equipos e Instalacións Electrotécnicas’, cursado no IES. San Paio, durante os cursos 2007-09, polo que, SOLICITA: A expedición do título no citado

Moi Sres. Nosos: Por medio da presente, queremos facerlle chegar o noso máis cordial saúdo e pornos á súa disposición como unha empresa distribuidora de equipos informáticos e accesorios de marcas recoñecidas e con ampla garantía.

Chegou o teu novo

iogurte ‘Yes’, agora con

vitaminas adicionais e probióticos,

para unha mellor dixestion e unha

figura espectacular.

Un astronauta da NASA prevé a primeira viaxe a Marte para 2018. O astronauta da NASA Franklin Chang-Díaz afirmou onte que sería factible iniciar a primeira viaxe tripulada a Marte o 6 de maio de 2018.

Page 4: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

dixital política científico/técnica

literaria

__Galipedia______________ Na Galipedia a Wikipedia en galego A Galipedia é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 88.028 artigos.

A participación decidida e entusiasta de todos os sectores sociais fará do noso país a nación próspera e xenerosa que todos desexamos e merecemos.

Agora si, agora si que o era.

Migueliño avistou outro

home moi ben traxeado e o

corazón dáballe que aquel

era o seu pai. O rapaz

debecíase por bicalo a

fartar.

Unha eclipse, é o escurecimento

dun corpo celeste producido por

outro corpo celeste. Hai dúas

clases de eclipses que implican á

Terra: os de Lúa, ou eclipses

lunares, e os de Sol, ou eclipses

solares. Unha eclipse lunar ten

lugar cando a Terra se atopa entre

o Sol e a Lúa e a súa sombra

escurece a Lúa.

instrutiva Usar ben o lavabo

Cando vaias lavar as mans, non

esquezas pór atención nunha serie

de puntos.

En primeiro lugar, asegúrate de que

dispós dunha toalla limpa e seca

preto de ti. Se non é así, antes de

nada ve a por esa toalla.

Page 5: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor. Un texto é coherente se como receptor son capaz de atoparlle sentido e recoñecer cada unha das súas partes.

unidade de sentido orde estrutura

1.1. Coherencia Temática

O texto ten que ter un tema claro e preciso. Para recoñecelo debemos poder contestar á pregunta:

De que trata o texto ?

1. Tipos de Coherencia

Que ten que ter un texto para ser coherente?

Page 6: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Gústame o futbol e mañá teño un exame de galego. O euro é a moeda da Unión Europea. A balea é un mamífero.

Gústame o futbol. O meu equipo favorito é o Celta. Precisamente o próximo vernes xoga contra o Deportivo. Penso asistir co meu amigo Eduardo. Xa temos as entradas.

NON constitúe texto:

SI constitúe texto:

1.2. Coherencia Estrutural

As partes que forman o texto non poden estar ailladas, teñen que estar conectadas unhas con outras. Os parágrafos dun texto establecen a relación entre as partes e o todo.

A coherencia estrutural depende da correcta selección da información e ordenación das ideas.

Os anfibios caracterízanse principalmente por ter un desenvolvemento con metamorfose, é dicir polas grandes transformacións que sofren ao longo da súa vida. Cando nacen, viven na auga e teñen branquias para respirar. Porén ao facérense adultos viven na terra e respiran polos pulmóns ou a pel. Podén vivir no medio acuático e no terrestre.

Tema 1. Os anfibios

Coherencia

Global

Estrutura

1.1. Metamorfose

1.2. Hábitat

Coherencia

Lineal

TEXTO

Page 7: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Os indios comanches perseguían os rinocerontes polas selvas do deserto de Exipto.

Non é un texto

1.3. Coherencia Local

Cada enunciado dun texto debe respectar tres principios básicos:

Conformidade coas normas do saber humano

Marcos naceu en Alemania cando a súa nai se atopaba en Alemania.

Non é un texto

Rogaba unha tartaruga a unha aguia que a ensinase a voar, e esta dicíalle que era cousa allea á súa natureza…

Aceptable no marco dunha fábula

Observación das leis elementais da lóxica Adecuación ao marco do discurso

Page 8: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

2. Erros de coherencia textual

- Puntuación incorrecta

1. Formais

- Incorreccións sintácticas

2. De Contido

- Desorganización das ideas

-Relevancia Ten que ver coa selección da información: Información insuficiente. Exceso de información (información reiterativa; digresións que

se afastan do tema).

Inadecuada ordenación e xerarquización das ideas principais e secundarias

Page 9: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

- Relacións textuais incorrectas ou inexistentes

- Redundancia

- Progresión temática defectuosa A información dos distintos enunciados ten que estar relacionada, pero de modo que se vaia avanzando na información.

- Contradicións

Page 10: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Tema 3. A Cohesión

Depende dos recursos lingüísticos que os emisores utilizan para relacionar as distintas partes dun texto: frases, enunciados, parágrafos.

1. Procedementos de cohesión textual

1.1 A repetición

Fonética

A brétema, tu sabes?, é ceguiña: Os piñeirales pouco a pouco explora I anda sempre descalza, e si se espiña Sangrar, non sangra; pero chorar, chora… Noriega Varela

Amádevos con devoción, pero non fagades do amor unha atadura. Facede do amor un mar móbil entre as beiras das vosas almas. Enchédevos un ao outro as vosas copas, pero non bebades dunha mesma copa. Compartide o voso pan, pero non comades do mesmo anaco. Cantade e bailade xuntos e estade alegres, pero que cada un de vós sexa independente.

Gramatical

Page 11: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

O labrego saíu a sementar a súa semente; e mentres sementaba, unha parte caeu xunto ao camiño, e foi pisada , e as aves do ceo comérona. Outra parte caeu sobre a pedra; e nacida, secouse, porque non tiña humidade. Outra parte caeu entre as cardenchas, e as cardenchas que naceron xuntamente con ela, afogárona. E outra parte caeu en boa terra, e naceu e levou froito a cento por cada un.

Léxica

Sinónimos Hipónimos e Hiperónimos

Semántica

Un terremoto rexistrouse onte perto das costas da Coruña, sen provocar danos personais nin materiais. O movemento sísmico, porén, despertou a moita xente, xa que tremeron os mobles da casa. [...] A sismóloga destacou que se o epicentro do sismo se rexistrase nunha zona habitada probablemente tería maior “repercusión”.

Un león escapou onte da gaiola do zoo de Vigo. A fera segue sen aparecer polo que os veciños están alarmados.

Page 12: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Antónimos

Proforma léxica

O campión de Renault fai ir tan rápido o monopraza como a lingua. O venres atreveuse a dicir que nunca se sentira axudado pola súa escudería e, aínda que intentou rectificar, non convenceu a ninguén. Máis alá desta polémica, onte volveu irse da lingua.

Trátase de conceptos abstractos que reaparecen no texto en forma dun sustantivo que resume o dito o anteriormente.

Establecen una relación, aínda que esta sexa de oposición.

Riqueza e pobreza son as dúas caras deste país.

Page 13: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Campos Semánticos

Paráfrase

Evítase a expresión directa dunha idea para facelo de forma máis extensa, dando un rodeo.

Os que temos fillos sabemos o difícil que é educar.

Houbo un incendio e chegaron os bombeiros cos seus extintores.

Page 14: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

1.2 Elipse

Consiste en omitir intencionalmente algunha palabra ou frase do discurso sen que isto afecte á súa interpretación.

Os tiranos coñecen moi ben os homes. Non son tontos. Saben moi ben como manipular as persoas. Non se pode ser tirano e imbécil á vez.

Page 15: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

1.3. A Referencia

Anáfora Catáfora

Cando escribimos, necesitamos repetir palabras ideas,fragmentos do discurso, persoas… Para evitar tanta repetición utilizamos mecanismos de substitución.

Cando nos referimos a palabras ou fragmentos do discurso que xa apareceron no texto

Teño frío , pero iso non importa

Cando nos referimos a palabras ou fragmentos do discurso que aparecen posteriormente no

texto.

Prometeuno: deixará de fumar a próxima semana.

1.3.1 Referencia intratratextual

Page 16: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

En numerosas ocasións, o descoñecemento de vocabulario específico provoca que usemos palabras baleiras de significado para referirnos a moitos conceptos.

Se queremos que os nosos textos queden máis afinados, debemos atopar o léxico oportuno para enriquecer o texto.

Debemos buscar solucións para seguir adiante co tema. → Debemos buscar solucións para seguir adiante co proxecto.

Palabras Comodín

Page 17: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

1.3.2 Referencia extratextual ou Deixe

Persoal

Fundamentalmente teñen un significado ocasional que depende do contexto comunicativo en que son utilizados. Refírense directamente a elementos da realidade.

Designa as distintas voces ou persoas que interveñen no discurso. Recursos: pronomes persoais, posesivos, terminacións verbais

Temporal Sitúa as persoas, os obxectos, os acontecementos… no tempo. Recursos: adverbios de tempo, demostrativos, tempos verbais

Espacial Sinala lugares ou espazos. Recursos: demostrativos, adverbios de lugar

Page 18: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

2. Dous problemas a ter en conta

Coherencia sen cohesión

- Vou a Barcelona. Onde está a porta 45?

Cohesión sen coherencia, que dá lugar a un texto non válido.

- Vou á miña casa. En casa teño dous gatos. Os gatos son felinos. Os felinos pertencen aos Mamíferos. Os mamíferos…

Page 19: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Son palabras, conxuncións (porén), adverbios (agora ben), sintagmas (en resume) ou oracións (se temos en conta que) que serven para indicar as relacións lóxicas entre as diversas partes das que consta un texto. Axudan ao receptor a interpretar o sentido da mensaxe e o tipo de relación existente

entre as distintas parte dun texto: enunciados, parágrafos, apartados...

3. Marcadores do discurso

Millóns de persoas seguiron o sábado o partido Madrid-Barça. Por tanto, ese foi o atraco máis visto da historia e a súa importancia trascende do ámbito do fútbol. Este é, sen dúbida, o deporte máis popular. Agora, ademais, estase introducindo con forza nos Estados Unidos. En consecuencia, resulta esencial que o xogo limpo e a seriedade na aplicación do regulamento acompañen a profesionalización, o espectáculo e a alta tecnoloxía. En caso contrario, que exemplo estamos dando aos millóns de nenos que o viron? Un moi claro: a corrupción é máis importante que o esforzo para xogar ben.

Page 20: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

APÉNDICE 1. Marcadores do discurso

Clases

Modificadores do enunciado

1. Perspectiva espacial ou temporal: naquel tempo, naqueles momentos, naquel entorno… 2. Actitude do emisor: admiración, atenuación, dúbida: certamente, sinceramente, quizais, desde logo que, por suposto que… 3. Punto de vista desde o que se presenta o enunciado: ao meu entender, na miña opinión, desde o meu punto de vista… 4. Responsable do enunciado: segundo fontes autorizadas…

1. Adición: e, tamén, ademais, non só… senón tamén, máis aínda, é máis, encima, e mesmo 2. Oposición: non obstante, porén, con todo, en cambio, polo contrario 3. Temporais: agora, actualmente, despois, mentres, ao tempo que, daquela, entón 4. Causais; porque, xa que, por esta razón, por motivo de, por causa de, despois de todo… 5. Consecutivos: logo, por tanto daquela, como consecuencia, polo tanto, de aí que…

1. Comentadores: pois, pois ben, así as cousas, dito isto… 2. Ordenadores: • enumeración: en primeiro lugar, ante todo, para continuar • transicións: por outra parte, cambiando de tema, noutra orde de cousas… • de terminación: finalmente, ao cabo, finalmente…. 3. De digresión: por certo, a propósito, dito sexa de paso…

1. Explicativas: ou sexa, é dicir, isto é, a saber, noutras palabras 2. Rectificativos: mellor dito, mellor aínda… 3. Distanciadores (que indican que o contido nos enunciados precedentes non é tan relevante como a nova formulación): en calquera caso, de calquera modo, en todo caso… 4. Recapituladores: en conclusión, en suma, en resume, en síntese…

1. De reforzo: en realidade, no fondo, de feito… 2. De concreción (exemplificación): por exemplo, en concreto, en particular

1. Verificadores: desde logo, naturalmente, por suposto, sen dúbida, 2. Expresivas: vale, de acordo, veña 3. Apelativas: home, mira, oes, imos, sabes, entendes… 4. Fáticas: eh, xa, ouh, …

Conectores

Organizadores textuais

Reformuladores

Marcadores argumentativos

Marcadores conversacionais

Page 21: PROPIEDADES DOS TEXTOS - edu.xunta.galdos+textos.pdf · Tema 2. A Coherencia Textual Todo texto debe posuír coherencia, de modo que o que se expón nel poida ser entendido polo receptor

Aditivos: serven para engadir información.

Temporais: introducen relacións de tempo.

Espaciais: introducen relacións espaciais .

Opositivos: expresa o contraste entre dúas ideas.

Consecutivos: introducen relacións de causa/efecto

e.... ademais........ tamén......

cando....... de súpeto......... naquel tempo..........

en fronte...... diante........ ao fondo..........

non obstante......... porén................... con todo............

así que........... daquela............ de aí que...............

Condicionais: serven para introducir condicións.

con tal que....... a condición de que......... se..........

Causais: serven para establecer a relación de causa.

porque....... xa que........ posto que..........

APÉNDICE 2. Os Conectores