17
PROXECTO BATE fogo Prevención de lumes forestais a través da intervención social

Proxecto Batefogo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Descrición do Proxecto Batefogo: proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.Esta proposta lánzaa unha equipa multidisciplinar composta por: Miguel Pardellas Santiago, Feitoría Verde, S. Coop. Galega, EnComún Proxectos, S. Coop. Galega e MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega.

Citation preview

Page 1: Proxecto Batefogo

PROXECTOBATEfogo

Prevención de lumes forestais a través da intervención social

Page 2: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

QUE É? O Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.

QUEN? Esta proposta lánzaa unha equipa multidisciplinar composta por: Miguel Pardellas Santiago, Feitoría Verde, S. Coop. Galega, EnComún Proxectos, S. Coop. Galega e MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega.

PARA QUEN?Esta iniciativa está pensada para a súa aplicación en calquera lugar da nosa xeografía e está dirixida a todo tipo de entidade (administración pública, comunidades de montes, etc.) con vontade de póla en acción.

Page 3: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO XURDE A INICIATIVA (I). OS LUMES EN GALICIA

Con maior ou menor intensidade, os lumes asolagan Galicia todos os anos destruíndo miles de hectáreas de superficie forestal, mato e mesmo en ocasións, vivendas e bens patrimoniais.

Distribución de incendios forestais (MAGRAMA, 2004-2014).

Page 4: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO XURDE A INICIATIVA (II). OS LUMES EN GALICIA

A problemática dos lumes en Galicia constitúe un complexo quebracabezas onde conflúen aspectos sociais, económicos e ambientais: a desaparición de aproveitamentos agrogandeiros, o alto índice de combustibilidade de moitas masas forestais, o despoboamento e avellentamento do medio rural, a ordenación do territorio, etc.

E co cambio climático, é probábel que as vagas de lumes incrementen a súa frecuencia e impacto.

Page 5: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO XURDE A INICIATIVA (III). AS NOSAS MOTIVACIÓNS

Ano tras ano, as persoas que facemos parte da equipa de traballo deste proxecto, compartíamos a nosa preocupación polos incendios forestais… E un día decidimos facer algo.

A nosa análise de partida é a seguinte: ate o de agora, a meirande parte das actuacións ao respecto dos incendios centráronse na extinción e puntualmente en labores de roza para a prevención.

E se a solución (ou parte dela, cando menos) estivera noutro sitio?

Page 6: Proxecto Batefogo

A NOSA PROPOSTA

Pór en marcha un proxecto de intervención social que compaxine eficazmente a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.

Page 7: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (I)

1º Coñecer o territorio

O primeiro paso que propoñemos é elaborar un estudo a través do que caracterizar o territorio (recursos naturais e patrimoniais, urbanismo e usos do solo) e analizar o impacto dos incendios sobre el.

Page 8: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (II)

1º Coñecer o territorio

O obxectivo último é cartografiar os lumes e identificar os “puntos quentes”, é dicir, aquelas zonas que, sexa pola súa vulnerabilidade ou pola reiteración de incendios, merezan unha maior atención.

Page 9: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (III)

2º Levar o estudo ás veciñas e veciños

Se alguén coñece ben o territorio e as súas problemáticas son os seus habitantes. As veciñas e veciños que viven alí serán os que valoren se o estudo elaborado acertou ou non coa súa análise.A través de encontros coa veciñanza buscarase unha diagnose completa da problemática dos lumes, identificando que factores cómpre ter en conta para reducir o seu número e impacto.

Page 10: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (IV)

3º Definir medidas de intervención

Contamos xa cunha diagnose colectiva da problemática dos incendios; agora cómpre decidir que se podería facer para evitalos ou, cando menos, reducilos. Neste punto, as veciñas e veciños poderán facer todo tipo de propostas, contando co apoio e asesoramento de persoas e experiencias exitosas noutras zonas de Galicia e do resto do estado.

Page 11: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (V)

3º Definir medidas de intervención

O obxectivo será obter unha listaxe de medidas de intervención para, a continuación, valorar cales se poden poñer en marcha e cales non.Farase un especial esforzo na definición e concreción de propostas ligadas á creación de emprego que contribúan a unha xestión sustentábel do territorio.

Page 12: Proxecto Batefogo

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

COMO FACELO? (VI)

Procesos paralelosAo mesmo tempo que se fai o estudo do territorio, a diagnose colectiva e a definición de medidas de intervención, poranse en marcha dous procesos paralelos: unha campaña de educación ambiental permanente e dirixida a toda a comunidade; e unha campaña de comunicación para difundir o proxecto e cada un dos seus pasos.

Page 13: Proxecto Batefogo

O QUE XA FIXEMOS

A divulgación do proxecto en marcha…- Web: www.batefogo.wordpress.com- Twitter: @probatefogo- Facebook: www.facebook.com/proxectobatefogo- Presentación do proxecto en Encontros- Participación no documental de Blandine Gros Jean, produtora do Canal Arte francés

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

Page 14: Proxecto Batefogo

O QUE ESTAMOS FACENDO

Dende febreiro de 2015 estamos a desenvolver o proxecto Batefogo no concello de Manzaneda.O traballo realizado ate a data centrouse na elaboración do estudo do territorio; nomeadamente, na construción da cartografía temática para a identificación dos puntos quentes ao respecto dos lumes no termo municipal.

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

Page 15: Proxecto Batefogo

O QUE ESTAMOS FACENDO (II)

A comezos de 2016 está previsto iniciar a segunda fase do proxecto, isto é, presentar os resultados do estudo á veciñanza e avanzar na elaboración de propostas.

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

Page 16: Proxecto Batefogo

EQUIPA DE TRABALLO

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social

Miguel PardellasLicenciado en CC. Ambientais pola Universidad de Salamanca e doctorando do Programa Interuniversitario de Educación Ambiental por la Universidade de Santiago de Compostela; a súa actividade investigadora e profesional está centrada na relación entre a Educación Ambiental e a Participación Social, asesorando e coordinando varios proxectos nesta liña.Encomún Proxectos, S.Coop.GalegaEncomún é unha cooperativa integrada por profesionais formados no ámbito xurídico e da empresa, especializadas na economía social, que ofrece servizos de asesoría e consultaría integral na área do emprendemento e a xestión empresarial. Promove especialmente o cooperativismo e a economía social desde una óptica participativa. Feitoría Verde, S.Coop.GalegaFeitoría Verde é unha é unha empresa da economía social, formada por tres mulleres, que entende a Educación Ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización, dinamización e participación social activa. A nosa concepción da Educación Ambiental como ferramenta para a transmisión de valores; a aprendizaxe mutua; o intercambio de experiencia e experiencias; e a valorización dos recursos e prácticas endóxenas son os factores determinantes da nosa motivación á hora de elaborar e deseñar os nosos proxectos. MaOs Innovación Social, S.Coop.GalegaMaOs Innovación Social, Soc. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado cuxa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial. O noso cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade.

Page 17: Proxecto Batefogo

CONTACTO

Teléfono: 609 90 95 64Correo electrónico: [email protected]

PROXECTO BATEFOGOPrevención de lumes forestais a través da intervención social