11
PROXECTO DO GRUPO DE TRABALLO

Proxecto do Grupo de traballo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Proxecto para a elaboración de materiais didácticos sobre o SVB

Citation preview

Page 1: Proxecto do Grupo de traballo

PROXECTO DO GRUPO DE TRABALLO

Page 2: Proxecto do Grupo de traballo

ÍNDICE

Páx.

1. TÍTULO 2

2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO 2

3. OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE

3

4. PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES COA SÚA TEMPORALIZACIÓN

3

5. PROPOSTA METODOLÓXICA 5

6. ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS 5

7. AVALIACIÓN: CRITERIOS E PROCESOS 6

8. TEMPORALIZACIÓN 7

9. NECESIDADES ORZAMENTARIAS 7

10. INDICACIÓN EXPRESA DE NON TER SOLICITADA NINGUNHA OUTRA ACHEGA ECONÓMICA

8

1

Page 3: Proxecto do Grupo de traballo

1. TÍTULO

“RECURSOS DIDÁCTICOS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO

SOPORTE VITAL BÁSICO”

2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

A raíz de diversas inquedanzas sobre o tratamento co alumnado do Soporte

Vital Básico que algúns profesores e profesoras manifestaron en cursos organizados

polo CFR, éste convocou ao profesorado de Educación Física e de calquera outra

materia interesado a unha reunión con persoas do 061 e a asesoría de Educación

Física.

Nesta reunión falouse sobre os beneficios sociais que se poderían acadar se

un amplo sector da poboación coñecera e fora quen de aplicar estas técnicas en

caso de estar presentes nunha emerxencia (UNIVERSALIZACIÓN DAS TÉCNICAS DE

SVB). Comentouse tamén a experiencia que se levou a cabo na cidade de Lugo, na

que colaboraron profesorado de educación secundaria e o 061 para facer chegar a

un elevado número de alumnos/as unha formación teórico-práctica sobre Soporte

Vital Básico. O alumnado, neste caso, sería o eslabón para chegar a segmentos

moito mais amplos da poboación (familias, amigos, veciños…)

Pero a mayoría do profesorado presente recoñece non estar o

suficientemente preparado e actualizado para impartir estes contidos na aula.

Asimesmo, a pesares de que atopamos multitude de información relacionada,

unha gran cantidade está obsoleta ou non recolle os protocolos recomendados polas

autoridades competentes. É por iso que o profesorado considera que son necesarios

materiais didácticos actualizados e orientados ao alumnado das diferentes etapas

educativas (secundaria, bacharelato, ciclos formativos).

Por todo isto, decidimos formar o grupo de traballo que aquí presentamos e

que está formado por un profesor de F.O.L. e por profesorado de Educación Física.

Partimos de experiencias e grados de coñecemento diferentes, xa que hai persoas

que levan varios anos traballando na aula este tipo de contidos, outras que teñen

formación pero escasa experiencia na práctica docente do SVB e profesores que

2

Page 4: Proxecto do Grupo de traballo

demandan axuda porque precisan impartir estos contidos e consideran que non

están suficientemente capacitados.

3. OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE

Actualizar os nosos coñecementos das técnicas do Soporte Vital Básico.

Adquirir estratexias para desenvolver estos contidos na aula e para divulgalo

e promocionalo entre a comunidade educativa.

Confeccionar e secuenciar actividades de ensino-aprendizaxe para presentar

as sesións.

4. PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES COA SÚA TEMPORALIZACIÓN

Contidos:

Recordatorio de anatomía e fisioloxía cardiorrespiratoria.

A reanimación cardiopulmonar (RCP) como elemento da cadena de

supervivencia.

Os elementos do SVB: comprobación do estado de conciencia, apertura de

vías, masaxe cardiaca, insuflacións.

Diferentes protocolos de actuación (adultos, embarazadas, nenos, lactantes).

O desfibrilador semiautomático.

Obstrucción da vía aérea por corpo estraño.

Creación e elaboración de recursos TIC como apoio ao traballo na aula e

como instrumentos de divulgación entre a comunidade educativa.

Elaboración e posta en práctica dunha unidade didáctica orientada a cada

unhadas etapas educativas representadas no grupo de traballo: ESO,

bacharelato e ciclos formativos.

Elaboración dunha presentación na que recollamos os protocolos

actualizados de SVB.

Elaboración dun sketch (vídeo-resume) cos pasos fundamentais en SVB, coa

finalidade de ser archivado nos teléfonos móbiles e compartido co maior

número posible de persoas.

3

Page 5: Proxecto do Grupo de traballo

Temporalización:

Comezaremos no mes de novembro de 2010 e procuraremos rematar no mes

de maio de 2011, cando esperamos completar as 40 horas.

Precisamos 8 horas de docencia.

Reunirémonos 3 horas os mércores, cunha periodicidade quincenal, con

excepción dos períodos vacacionais e prevacacionais (avaliacións). Contamos coa

colaboración do asesor, que ofrécese a revisar e orientar o desenvolvemento do

grupo de traballo.

As datas previstas de reunión, coa correspondente secuencialización de

contidos, serían:

Novembro: días 3 e 17. Actividades de formación interna por parte de

compoñentes do grupo, orientadas a unificar niveis de coñecemento.

Decembro: día 1. Revisión de materiais aportados por as persoas do grupo.

Xaneiro: días 12 e 26 (pendente de confirmar estas datas coas persoas que

impartirán a docencia). A docencia será impartida por persoal do 061.

Febreiro: días 9 e 23. Docencia e reflexión sobre as posibilidades de

tratamento didáctico nas diferentes etapas educativas e a divulgación na

comunidade educativa.

Marzo: días 2, 16 e 30. Elaboración de material didáctico e de divulgación.

Abril: días 6 e 27. Finalización da elaboración de materiais e elaboración da

memoria final.

Maio: día 4. Remate da memoria final.

Dado que o grupo pretende elaborar materiais utilizando as novas

tecnoloxías, arredor dun 20 % das reunións serán reunións virtuais.

4

Page 6: Proxecto do Grupo de traballo

5. PROPOSTA METODOLÓXICA

Para a consecución dos obxectivos propostos, plantexamos os seguintes

procedementos:

Autoformación e posta en común, aproveitando a experiencia en SVB de

persoas do grupo.

Traballo en pequenos grupos, de investigación, busca e recompilación de

materiais en diferentes soportes (bibliográfico, gráfico, digital, procedente da

rede…)

Asistencia as sesións teórico-prácticas de docencia externa.

Asesoramento e formación na elaboración de materiais TIC por un membro

do grupo. (Precisaremos aula informática).

Reunións de grupo nas que discutiremos e poñeremos en común os materiais

que vaiamos elaborando.

6. ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

Recursos humanos:

O grupo de traballo está formado por nove persoas, que aportarán as súas

inquedanzas, coñecementos e experiencias:

NOME ESPECIALIDADE CENTRO

Cabaleiro Caride, Olga Educación Física IES A GUÍA

Dávila Bernárdez, José Formación y orientación laboral

IES A PARALAIA

Jáudenes Angoitia, Montserrat

Educación Física IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI

Mena Piñeiro, Patricia Educación Física CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER

Mouriño Espiñeira, Graciela Educación Física CPI CURROS ENRÍQUEZ

Novo Comba, Carlos Educación Física IES MARÍA SOLIÑO

Quinteiro López, Luis Miguel Educación Física IES CASTRO ALBRE

Rey Rodríguez, Enrique Educación Física CPI COVA TERREÑA

5

Page 7: Proxecto do Grupo de traballo

Vales Porto, Alejandro Educación Física IES A PARALAIA

Ademais, esperamos recibir formación sobre os protocolos de actuación en

SVB actualizados, (de ahí que propoñamos recibir a docencia no mes de xaneiro,

pois a finais do presente ano o “Consello europeo de RCP” dictará os novos

protocolos) sobre o uso do desfibrilador semiautomático e sobre os protocolos de

actuación ante posibles emerxencias na aula e/ou nas clases de educación física.

A persoa coordinadora será quen cubra as actas de asistencia, coordine as

datas e reunións e facilite o contacto entre o asesor do CFR e o resto do grupo.

Recursos materiais:

Equipos informáticos propios e dos nosos centros.

Unha cámara de fotos e unha cámara de video.

Dous monecos para práctica do RCP.

Pendrives para almacenar e compartir información

Recursos na rede:

Búsqueda e revisión de páxinas, programas, videos… relacionados cos

primeiros auxilios e o SVB.

7. AVALIACIÓN: CRITERIOS E PROCESOS

Valoración do material elaborado e dos resultados obtidos cando se leva á

práctica.

Revisión da posta en práctica dunha unidade didáctica orientada a unha das

etapas educativas representadas no grupo de traballo.

Revisión crítica dos comentarios xurdidos a raíz do material (webquest,

presentacións…) que se suba ás paxinas web dos centros e a blogs

relacionados.

Análise das experiencias de aula e dos resultados dunha planilla de

valoración que pasaremos ao alumnado e comunidade educativa.

6

Page 8: Proxecto do Grupo de traballo

8. TEMPORALIZACIÓN

Dende novembro de 2010 a maio de 2011. As datas das reunión establecidas

a priori (3 horas cada día) son:

Novembro: días 3 e 17.

Decembro: día 1.

Xaneiro: días 12 e 26 (pendente de confirmar datas coas persoas que

impartirán a docencia).

Febreiro: días 9 e 23.

Marzo: días 2, 16 e 30.

Abril: días 6 e 27.

Maio: día 4.

Estas datas poderán ser modificadas por mor de circunstancias que poidan

xurdir, ben por parte dos compoñentes do grupo, do asesor ou relacionadas coas

horas de docencia e os relatores.

9. NECESIDADES ORZAMENTARIAS

NECESIDADES CUSTO

Docencia (8 horas) Axuda a custos

528 euros75 euros

Material funxible: Fotocopias, CDs Pendrives Material papelería 2 Monecos RCP

345 euros

Material bibliográfico Necesitamos contar coa posibilidade de

adquirir manuais e bibliografía actualizada.

50 euros

TOTAL: 998 euros

7

Page 9: Proxecto do Grupo de traballo

10. INDICACIÓN EXPRESA DE NON TER SOLICITADA NINGUNHA OUTRA ACHEGA ECONÓMICA

Este grupo de traballo non recibiu ninguna achega económica nin se ten solicitada.

Vigo, a 25 de outubro de 2010

A

coordinadora:

Asdo. Patricia Mena Piñeiro

8