32
1 PROXECTO LECTOR Ler é Disfrutar, compartir, investigar... aprender. C.E.I.P. Eduardo Pondal

PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

1

PROXECTO

LECTOR

Ler é

Disfrutar, compartir, investigar... aprender.

C.E.I.P. Eduardo Pondal

Page 2: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

2

Curso 2.012 – 2.013

ÍNDICE PÁXINA

1. Introducción

2. Análise da situación da lectura e da escritura no centro

2.1. Características do centro..........................................................2

2.2. Prácticas escritoras e lectoras do alumnado............................3

2.3. Identificación de logros e dificultades.......................................4

2.4. Análise das metodoloxías empregadas....................................7

2.5. Recursos materiais e humanos: situación da

biblioteca escolar e outros recursos....................................................8

2.5.1. A Biblioteca Crocaiono Centro...................................................8

2.5.2. Recursos humanos...............................................................................8

2.5.3. Espazos e instalacións....................................................8

2.5.4. Os fondos................................................................... ....9

2.5.5. Xestión Técnica............................................................10

2.5.6. Divulgación dos fondos.................................................11

2.5.7. Usuarios e empréstitos..................................................12

2.5.8. Necesidades de formación do profesorado...................12

3. Obxectivos, fundamentos e organización.

3.1. Obxectivos................................................................................13

3.1.1. Obxectivos xerais...........................................................13

3.1.2. Obxectivos específicos................................................. .15

3.2 . Fundamentos e organización.

3.3 Esquema da organización das actividades da biblioteca.

4. Intervencións que compre sistematizar

4.1. Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas....................20

4.2. Actividades de educación documental. ....................................22

4.3. Integración das TIC...................................................................23

4.4. Implicación das familias e do entorno.......................................24

5. Criterios e procedementos de avaliación...........................................25

Page 3: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

2

1 INTRODUCCIÓN.

Segundo o Decreto 130/2007, de 28 de xuño, polo que se establece o currículo

da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, no Anexo IV

determínase que “o proxecto lector de Centro será un documento deseñado para

desenvolver a medio prazo no que, a partir da análise do contexto en materia de

lectura, se articulen todas as intervencións que se van realizar no centro en relación

coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado

das distintas áreas, materias e ciclos, incorporando a biblioteca escolar e as

bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha. O

proxecto lector de Centro será a referencia para a elaboración de programas ou plans

anuais de lectura que se incluirán na Programación Xeral Anual”.

2 ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA E DA ESCRITURA NO CENTRO.

2.1 Características do centro.

O C.E.I.P. Eduardo Pondal é un centro de ensino público que depende da Xunta

de Galicia, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Impártense as ensinanzas de Educación Infantil e de Educación Primaria. Os

mestres de Audición e Linguaxe e a Orientadora, así coma a mestra de relixión son

itinerantes.

Centro: CEIP Eduardo Pondal

Dirección : Rúa Rosal Florido Nº24 .Sampaio. C.P. 36215

Localidade: Vigo

Teléfono e Fax : 986 278 479

Email : [email protected]

Blog da Biblioteca: http://crocaiodesampaio.blogspot.com

Blog do Centro : http://eduardopondalvigo.blogspot.com

Page 4: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

3

O Centro está ubicado no barrio de Sampaio, a uns 3 km. aproximadamente do centro

da cidade de Vigo, município ao que pertence, ainda que está encravado nunha zona

semiurbana, con acceso en autocar (a uns 50 metros da porta) pero sen transporte

escolar, e escaso servizo de transporte urbano.

As características socioeconómicas e culturais da poboación do entorno son:

Nivel cultural medio-baixo na maioría das familias.

Nivel económico e social medio-baixo

Vivendas unifamiliares.

Dentro das familias, hai un interese desigual pola educación dos seus fillos/as.

2.2 Prácticas lectoras e escritoras do alumnado.

A realidade e actitude lectora da familia e do entorno do alumnado van

favorecer ou condicionar o seu interese, actitude e desenvolvemento lector. Este feito

provoca que o nivel de competencia lectora dalgúns dos nosos alumnos/as sexa

preocupante. Dende o centro, e a Biblioteca Crocaio, intentaremos desenvolver un

proxecto que permita descubrir, afianzar e disfrutar da lectura en todo momento e

lugar, coa colaboración de todo o Equipo Docente.

A lectura e a escritura entenderanse e planificaranse como dous procesos

independentes, pero paralelos e complementarios, que aproveitarán tódolos medios

existentes, incluíndo os medios de comunicación de masas e as tecnoloxías

avanzadas da información.

Durante o curso 2011-12 puidemos constatar que as prácticas lectoras do noso

alumnado van en aumento, se ben precísase un esforzo do profesorado para que a

lectura se convirta nunha rutina e nun desexo na maioría dos alumnos, constatamos

que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e

interesados en ler cada vez máis.

As prácticas escritas van en desventaxa coas prácticas lectoras, pero

traballamos con técnicas de Rodari, escritas libres, e sobre todo redaccións, contos e

crónicas das saídas e actividades diversas con ilustracións.

O xornal axuda tamén nestas dúas actividades.

Page 5: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

4

2.3 Identificación de logros e dificultades.

O traballo que se ven realizando dende hai uns anos, facilita o desenvolvendo

en toda a comunidade educativa dunha serie de hábitos e estratexias que favorecen o

proceso lector nas distintas vertentes e que van mellorando paso a paso, dende que

comezou a súa andaina a biblioteca Crocaio.

O condicionamento social e familiar é grande e difícil de modificar polo que

temos unha responsabilidade dende o centro de fomentar, favorecer e potenciar a

lectura : comprensión lectora, velocidad lectora, gusto pola lectura, a investigación...

en tódolos casos para cambiar esas actitudes e hábitos.

A biblioteca escolar é un recurso imprescindible para formar ao noso alumnado

na consulta e selección das diversas informacións, así como na formación do

autocoñecemento, actualmente é xa un espazo para o achegamento á lectura de

textos literarios e informativos, en formato impreso, audiovisual ou multimedia, para

que adquiran o hábito lector e se forme unha comunidade lectora.

Para a transformación da biblioteca nun centro de recursos para a aprendizaxe

propuxémonos os seguintes obxectivos:

Obxectivos propostos:

Organizar o espazo da biblioteca escolar e equipala adecuadamente.

Seleccionar o fondo bibliográfico adaptado ás necesidades do Centro.

Realizar a catalogación dos fondos segundo as táboas da C.D.U.

Utilizar o Programa Meiga, integrando así as TICS na xestión e organización

dos fondos da biblioteca escolar.

Organizar os servizos bibliotecarios apropiados para o Centro.

Organizar actividades de formación do alumnado para que aprendan a usar

fontes de información diversas.

Planificar estratexias para que os alumnos desenvolvan a competencia lectora

en cada unha das áreas do currículo.

Ampliar e mellorar os fondos da biblioteca, tanto das bibliotecas de aula como

os da Biblioteca Crocaio.

Page 6: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

5

Enriquecer a nosa biblioteca con máis libros en castelán, galego e inglés.

Completar os fondos existentes con cds, dvds, e programas lúdicos e

didácticos tanto para o profesorado como para o alumnado.

Conseguir que o profesorado colaborador coñeza e manexe o programa Meiga

oara o seu uso cos seus alumnos.

Obxectivos acadados:

A transformación da biblioteca nun centro de recursos para a aprendizaxe

aínda non está acadada totalmente, xa que por falta de tempo está sen

rematar o proceso de catalogación .

O espazo está organizado pero é o fondo documental en tódolos ámbitos.

A selección dos fondos fíxose despois de realizar o expurgo e en función do

presuposto A biblioteca conta con libros de consulta variados e libros de

lectura en galego, castelán e inglés. Temos tamén un armario con material

audiovisual e musical para todas as idades.

A catalogación dos fondos segundo a C.D.U. estáse realizando.

Temos a Biblioteca informatizada co programa Meiga, polo que cada

alumno ten o seu carnet e pode coller libro en préstamo no horario

establecido. A nosa mascota é CROCAIO, o Crocrodilo de Sampaio e un

Blog: http:// crocaiodesampaio.blogspot.com con publicacións periódicas así

como un correo electrónico propio: [email protected].

Cada titoría dispón dunha sesión na biblioteca para lectura, préstamo ou

investigación nos ordenadores que para este fin están nela.

Temos Bibliotecas de aulas, con préstamos periódicos de cestas de libros

ás aulas.

Dende Educación Infantil ata cuarto de Educación Primaria puxemos en

marcha as Mochimaletas, maletas viaxeiras con libros en galego, castelán,

música, películas…

Facemos formación de usuarios e dous nenos do segundo e terceiro ciclo

por trimestre colaboran voluntariamente como bibliotecarios facendo un

labor moi importante.

A planificación de estratexias para que os alumnos/as desenvolvan a

competencia lectora lévase a cabo no plan anual de dinamización que xunto

Page 7: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

6

ca HORA DE LER son as planificadas, outras poden surxir ó longo do

curso.

A dificultade máis importante é o pouco tempo libre para preparar actividades

de dinamización, de ordenación, de expurgación e de catalogación moi necesarias

nunha biblioteca que ten o 75% dos seus fondos sen catalogar, xa que son de

recente ou nova adquisición. Tódolos mestres temos moitas obrigas non soamente

como docentes, se non a que conleva formar parte de a lo menos tres equipos, que

requiren compromiso, traballo e desenvolvemento de diversos proxectos, isto impide

en ocasións que poidamos realizar todas as actividades que nos gustaría.

Análise das metodoloxías empregadas:

O proceso será dinámico e flexible, intentando achegar a lectura aos alumnos/as

dun xeito natural e atractivo, partindo dos seus intereses...

Ten en conta as distintas idades e características dos participantes e as

distintas modalidades de lectura.

A interdisciplinariedade, posto que a comunicación abrengue tódolos campos.

Búscanse estratexias para mellorar a mecánica lectora, como a entoación/ritmo

e a comprensión.

O proceso da lecto-escritura é contínuo e consensuado por todo o Equipo

Docente.

Realízanse actividades de cooperación e investigación.

Emprégase a Biblioteca de forma sistemática concebíndoa como centro de

recursos e apoio a aprendizaxe de tódalas áreas e campos do saber.

En canto a estratexias para mellora-la mecánica lectora, como a

entoación/ritmo e a comprensión e aos métodos didácticos empregados polo

profesorado co seu alumnado nas sesións en que acude á biblioteca escolar ou

realiza actividades de fomento da lectura na aula, destacan os seguintes:

Método expositivo: presentación de libros e recomendacións de lecturas.

Método demostrativo: lectura en voz alta para que os alumnos/as o/a imiten,

escoita nun CD audio ou nun PC da lectura.

Método interrogativo: conversas sobre os libros e as lecturas, encontros con

autores.

Método inductivo: en proxectos arredor dun libro, un tema ou a obra dun

Page 8: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

7

autor/a.

Métodos individuais: en traballos de documentación, onde cada un busca

información sobre algo concreto, ou en actividades de comprensión lectora.

Métodos grupais: traballos en grupo de documentación ou doutro tipo, onde

cada membro se encarga dunha tarefa e entre todos levan a cabo o traballo

encomendado.

Obradoiros de lectura: preparación previa de lecturas para facer despois ó

grupo.

2.4 Recursos materiais e humanos: situación da

biblioteca escolar e outros recursos.

2.4.1 A Biblioteca Crocaio no centro.

O P. C. do Centro recolle a presenza da Biblioteca Crocaio, como recurso para o

desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro. Na Programación Xeral Anual,

incluimos un Plan de dinamización anual.

Coa colaboración de todo o profesorado e dos distintos equipos elaboramos un

pequeno proxecto ao longo do curso , que procura a adquisición das competencias

básicas do alumnado, que temos presente ao longo do curso na práctica cotiá da vida

pedagóxica, e que non só ten como finalidade o fomento da lectura, sinón que

abrangue todos os contidos curriculares; témolo presente no entroido como tema e

nos corredores e paredes da Biblioteca, serve de eixo vertebrador das actividades, en

Infantil fanse pequenos proxectos trimestrais en relación co tema do proxecto máis

amplio e elaboramos un libro colectivo que vai pasando pólas familias e que

presentamos colectivamente no que ó esforzo de cada un súmanse e fan posibles

resultados positivos para todos.

Conseguimos recomendar libros em Nadal para a súa compra e posterior traballo

na aula com autores desde a etapa de Infanatil ata 6º curso de primaria.

Intercambiamos lecturas entre aulas facendo obradoiros e contacontos entre eles

em dias especiales e tamén facemos apadriñamentos lectores dúas veces no curso.

2.4.2 Recursos humanos.

Page 9: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

8

Todo o Equipo Docente está implicado no Proxecto Lector, responsables da

preparación e seguimento das actividades da Biblioteca, da atención ás necesidades

específicas do alumnado, da programación e desenvolvemento das actividades e da

súa valoración.

Existe un Equipo da Biblioteca Crocaio, sendo a coordinadora unha persoa que

realizou diversos cursos de formación sobre Bibliotecas Escolares. Os membros do

equipo, pertencentes a todos os ciclos, contan con sesións para traballar en diversos

aspectos da biblioteca, pero non son suficientes e resulta complexa a organización e

realización das tarefas.

Dentro das actividades organizadas ao longo do curso o alumnado participará e

colaborará nas múltiples actividades realizadas e participarán dun xeito u outro nas

mesmas.

As familias, motivando, orientando os seus fillos/as en colaboración co centro.

Outras persoas: bibliotecarios, escritores, ilustradores, .. que poidan colaborar

co centro.

2.4.3 Espazo e instalacións.

O centro conta cun espazo para uso exclusivo da Biblioteca Escolar que está

ubicado no primeiro andar do edificio. É unha sala ampla, luminosa e acolledora.

Os medios dos que dispoñemos son limitados, pero dentro das nosas

posibilidades imos enriquecendo os nosos recursos, tendo que priorizar para poder ir

pouco a pouco dotándoa de material diverso, atractivo, lúdico e de interese para

todos.

Distínguense as seguintes zonas dentro da Biblioteca Crocaio: recuncho para

Educación Infantil, zona de lectura informal, zona de traballo, zona de audiovisuais,

zona de préstamo e catalogación, zona de consulta, postos informáticos 3 con ,

impresora, máis o posto informático e a impresora do profesorado,contamos tamén

con Pizarra dixital e canón.

2.4.4 Os fondos.

Existen rexistrados no meiga actualmente máis de 2000 volumes.

Page 10: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

9

A Biblioteca Crocaio cando comezou a súa andaina hai cinco anos, contaba

con algúns libros en galego e poucos en castelán, dicionarios, enciclopedias, hoxe

preocupámonos de que contemple todas as áreas do saber ademais de outros

recursos: cds, dvds, material didáctico...

En canto á tipoloxía, existen obras de referencia, libros de consulta,

enciclopedias, dicionarios, textos de carácter didáctico dirixidos ao profesorado, libros

de literatura infantil e xuvenil, libros de literatura clásica en lingua castelá en en lingua

galega, tamén temos fondos en inglés,libros de lectura axeitados a todas as idades,

temos libros de lectura de matemáticas e naturais, dicionarios visuais para os máis

pequenos, libros de arte e de cociña, libros de bos modais e de adiviñas, biografías e

cómics que resultan moi atractivos.

Polo que respecta á ubicación dos fondos, a maioría están ubicados na

Biblioteca Crocaio, pero periodicamente subimos cestas de libros ás aulas para facer

a Hora de ler.

O noso obxectivo é centralizar os datos e saber en todo momento onde está

cada material.

2.4.5 Xestión Técnica.

A xestión realízase a través do Programa Meiga, rexistrándose todo tipo de

materiais.

A Biblioteca Crocaio ten distribuídos os libros dos distintos idiomas tendo en

conta a táboa simplificada da C.D.U. (Clasificación Decimal Universal). A continuación

indicamos a organizacion da nosa biblioteca dentro de cada categoría:

O : Diccionarios, enciclopedias, bibliografías, publicación periódicas,

informática, ...

1 : Ética, educación para a cidadanía, psicoloxía, filosofía,...

2 : Relixión: libros e material sobre a relixión cristiana e outras relixións.

3 : Ciencias sociais : educación, ensinanza, consumo, tempo de lecer, turismo,

folklore, ...

4 : Baleiro

5 : Matemáticas e Ciencias Naturais : medio ambente, matemáticas,

astronomía, bioloxía, física, química,...

Page 11: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

10

6 : Medicina e Tecnoloxía : saúde, tecnoloxía, industrias, ...

7 : Arte, música, deportes, espectáculos, fotografía, ...

8 : Lingüística e literatura :

o 81 : Lingua. Lingüística, Gramática.

o 82 : Historia da literatura. Teoría literaria.

o 83 : NARRATIVA. PRIMEIROS LECTORES

Primeiro Lectores. Para favorecer que eles poidan desenvolverse na bibliteca

e atopar os libros que desexan. Ademáis do tellolo cada libro ten un icono que

identifica o tipo de libro que é.

o 83 - C : Contos para ler conmigo.

o 83 – M : O mundo ao meu arredor.

o 83 – R : Libros con ritmo-música.

o 83 – S : Libros son sorpresa.

o 83 – V : Contos para ler só / Libros para ver.

o 84 : NARRATIVA . LECTORES EN MARCHA.

o 85 : NARRATIVA. LECTORES AUTÓNOMOS.

o 86 : TEATRO. Marionetas, Títeres.

o 87 : POESÍAS. Xogos e cancións. Rimas infantís e adiviñas.

o 88 : Libros en Lingua Inglesa.

o 89 : BANDA DESEÑADA. Cómic.

9 : Xeografía, biografías, historia,...

Dentro da biblioteca temos exposto un carteis, para que todos poidan buscar a

información que desexa e atopala.

Tamén temos un correo electrónica e un blog no que os distintos membros da

comunidade poden realizar aportacións, suxerencias ou comentarios.0 4 (Baleiro)

Page 12: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

11

2.4.6 Divulgación dos fondos.

Neste apartado aínda nos queda traballo por facer: temos que sinalizar ben as

diferentes seccións, temáticas, CDU… Temos un taboleiro informativo na entrada da

Biblioteca informando sobre as actividades que se levan a cabo, e tamén informamos

e realizamos comentarios no blog.

Animamos á lectura cos boletíns informativos que publicamos e repartimos en

distintas épocas do ano, e facemos suxerencias de lecturas en determinadas datas: o

entroido, día da poesía,dia da Muller..

2.4.7 Usuarios e empréstitos.

Os usuarios habituais da biblioteca son o alumnado e o profesorado e

esporadicamente outros membros da comunidade educativa.

Cada grupo de alumnos ten unha sesión semanal co titor, para desenvolver na

mesma diversas tarefas de consulta, investigación, lectura libre ou dirixida.

O noso alumnado ten a posibilidade de acudir á biblioteca todos os xoves e

venres nos recreos para ler, realizar consultas tanto nos libros coma en internet,

afianzar coñecementos con diversos xogos educativos de ordenador, levar libros ou

entregalos.

Tamén contamos cun grupo de alumnos/as do segundo e terceiro ciclos que

colabora activamente na biblioteca.

0 4 (Baleiro)

Os empréstitos dos libros catalogados realízanse a través do Programa de

Xestión Meiga e os que aínda non puidemos catalogar non se prestan . Para realizar o

empréstito o alumnado e profesorado conta cun carné da Biblioteca Crocaio.

Ademais dos empréstitos individuais, cada aula conta cunha cesta de libros

que van renovándose ao longo do curso, en función das necesidades do grupo, e que

permite ter na propia aula libros de interese para todos na HORA DE LER, que se

realiza todos os días despois do recreo.

2.4.8 Necesidades de formación do profesorado

Os membros do Equipo de Biblioteca,van coñecendo o sistema de Xestión do

Programa Meiga, tarefa imprescindible. O blog da biblioteca permite unha maior

Page 13: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

12

apertura das actividades, suxerencias de libros, así como un posible intercambio de

información, consulta entre os distintos membros da comunidade.

É necesario formar a todo o profesorado na xestión do programa e tamén nas

novas tecnoloxías: blog, pizarra dixital, para que todos puidésemos desempeñar

varias das funcións da biblioteca e non houbera persoas sobrecargadas de traballo,

ou evitar que nun momento dado se paralizase a tarefa desenvolvida por esa persoa

ao non contar as demais con esa formación.

Cada ano melloramos na utilización das tecnoloxías da información e

comunicación como ferramenta para a dinamización da biblioteca.

3 OBXECTIVOS, FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN.

3.1 Obxectivos

Tendo en conta os resultados do traballo diario nas aulas e vistas as dificultades

que presentan os alumnos, presentamos un plan lector que posibilite a corrección das

deficiencias en canto ó manexo da lectura e da escritura como ferramenta básica para

o estudo e para entender calquera mensaxe que sexa preciso descifrar tanto nas

diferentes áreas como nos contextos habituais da vida cotiá.

3.1.1 Obxectivo xerais.

Fomentar a lectura recreativa e a lectura para aprendizaxe de todo tipo de texto

e soporte.

Proporcionar un contínuo apoio ó programa de ensino-aprendizaxe. O proxecto

lector está integrado no Proxecto Educativo do Centro e no Proxecto Curricular,

sendo deseñado e posto en práctica por todos os membros do Equipo

Docente.

Favorecer a compensación das desigualdades de orixe do noso alumnado

aplicando métodos e procedementos para mellorar e resolve-las dificultades

que teñan na comprensión lectora de acordo coa súa idade e as súas

características persoais.

Transmitir valores, actitudes e normas para considerar a Biblioteca Escolar

como espacio compartido, cultivar o espíritu crítico e xerar actitudes de

cidadanía.

Page 14: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

13

Colaborar na consolidación dunha rede de bibliotecas escolares galegas e

participar dos recursos culturais do entorno, colaboración cos bibliotecarios dos

centros próximos.

Contaxiar a curiosidade, o interese, o descubrimento ou profundización na

lectura e polo saber a os nosos alumnos/as e a toda comunidade educativa,

implicándoa no proceso.

Utilizar a biblioteca escolar, integrándoa na práctica docente, transformándoa

nun centro xerador de actividades que desenvolvan hábitos lectores,

competencias escritoras e habilidades de aprendizaxe.

Deseñar e elaborar materiais de traballo e propostas para a promoción lectora.

Selecionar libros infantís e de imaxinación, informativos e documentais para

dotar a biblioteca e realizar recomendacións de lectura.

Habituar á comunidade educativa á utilización das bibliotecas con finalidades

informativas, recreativas e de educación permanente.

Dotar aos estudantes das capacidades básicas para obter e usar de forma

autónoma diferentes recursos e servizos.

Incluir na P.X.A. e na Memoria final os plans de traballo e actuacións, incluíndo

unha avaliación final e unhas propostas de mellora.

Incluír dentro da formación lectora dos alumnos/as o emprego das novas

tecnoloxías .

O obxectivo final que perseguen os anteriores é formar lectores competentes

iso é que lean comprensivamente, que saiban interpretar o que len, que sexan

capaces de emitir xuízos críticos, que escriban para expresar e comunicar. Para

conseguir isto precisamos a colaboración de todos: profesores, pais e sociedade.

Para a creación e consolidación dos hábitos de lectura o centro contempla

espazos e tempos para a lectura nas aulas, así acordamos no Claustro en realizar a

HORA DE LER media hora diaria de lectura silenciosa en todas as materias, despois

do recreo, repartidas de xeito proporcional ás horas semanais de cada materia. Os

textos empregados polos alumnos serán elexidos libremente entre os existentes no

fondo da biblioteca e que estean no momento na aula.

Este tempo rexerase polas seguintes normas que estarán á vista de todos nas aulas:

A lectura desenvolverase durante media hora de forma silenciosa, nun

Page 15: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

14

texto elexido libremente polo alumno.

Durante este tempo non se poderán facer deberes nin outra cousa

diferente á actividade de lectura libre e silenciosa.

O profesor cuidará de que os libros para tal fin queden colocados.

3.1.2 Obxectivos específicos.

3.1.2.1. Educación Infantil.

Acudir a biblioteca e coñecer as normas básicas.

Converterse nun lugar de lecer, entretemento e disfrute.

Identificar onde están os seus libros para ler.

Lugar de encontro de actividades conxuntas de todo o centro.

3.1.2.2. Educación Primaria.

Respectar as normas da biblioteca, para que todos poidamos ler,

disfrutar, aprender, investigar, ...

Desenvolver hábitos de cuidado e respecto polos distintos materiais

existentes na biblioteca.

Realizar actividades de formación de usuarios para axudar e aumentar a

autonomía dos que acuden á Biblioteca Crocaio.

Identificar as distintas zonas da Biblioteca, para desenvolverse con

comodidade nela.

Espertar o gusto pola lectura e acrecentala.

Descubrir un mundo cheo de posibilidades, onde nós como lectores

somos protagonistas.

Decatarse das posibilidades que ten á biblioteca como lugar de lecer,

entretemento, investigación, ...

Buscar, clasificar e aproveitar os recursos para ampliar os

coñecementos adquiridos na aula ou de interese persoal.

Ampliar a súa visión do mundo, coñecendo outras realidades e culturas

cunha actitude de curiosidade e respecto.

Page 16: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

15

3.2 Fundamentos e organización.

Os fundamentos e organización comezan dende o momento en que se

constitúe en setembro o equipo e noméase ao coordenador da Biblioteca Crocaio.

En primeiro lugar, explicamos ao profesorado novo neste equipo como están

distribuídos os diversos materiais da biblioteca, para que poidan situarse e orientar ao

seu alumnado, desenvolver na biblioteca actividades da súa área, ou actividades

relacionadas coa lectura.

Damos a coñecer o plan lector do centro a todos os seus membros, para

valoralo, realizar suxerencias, facer modificacións... e ser aprobado para incluílo na

Programación Xeral Anual.

Escollemos unha temática que permita realizar diversas actividades de

dinamización ao longo do curso académico para as distintas idades, sendo o fío

condutor para actividades relacionadas cos traballos doutros equipos: actividades

complementarias e extraescolares, equipo de dinamización e normalización

lingüística, ...

Unha vez aprobado polo Equipo Docente, e comprometido este no seu

proceso, os membros do Equipo da Biblioteca Crocaio, facemos un horario con

sesións de traballo de cada un dos membros do equipo, así como un horario semanal

de cada aula co seu titor. Verificamos o contido das Mochila viaxeiras, para continuar

a súa andaina nos distintos niveis, tanto na Educación Infantil como en Educación

Primaria e preparamos outras para o curso académico.

Na Biblioteca revisamos os fondos para priorizar as inversións que se

realizarán tendo en conta o proxecto escollido, comprobamos se é necesario o

expurgo de material, arranxar libros, se os materiais novos están selados para

proceder a súa catalogación. Dentro do material non catalogado, organizamos os

nosos estantes de traballo, para que teña sentido e continuidade.

A xestión dos diversos materiais da Biblioteca lévase a cabo co Programa

Meiga. Ensínase como realizar empréstitos e devolucións a cada un dos membros do

equipo. O rexistro e catalogación é organizado pola coordinadora e polas profes do

equipo que lles corresponde dita tarefa. Unha vez rexistrados, imprímense os tellolos

e sitúanse no lombo do material inventariado, para ubicalo na zona correspondente.

Para evitar o deterioro dos libros forramos os máis usados.

Os préstamos realízanse do material etiquetado e rexistrado.

Page 17: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

16

Hai libros de interese xeral do alumnado: libros de experimentos, xogos,

manualidades,… que son atractivos para o alumnado pero que non son emprestados

individualmente pero si cando van a casa nas Mochimaletas.

Antes de inaugurar oficialmente a biblioteca cada ano, realizamos os carnés

dos novos membros do centro: tanto alumnado como profesorado. Lembramos nas

aulas as normas da biblioteca e organizamos algunha actividade na que eles

participen.

Unha vez distribuídas as funcións dentro do grupo e as tarefas a realizar do

Equipo Docente adoptamos as medidas que son necesarias en cada momento para

modificar, mellorar ou levar a cabo o noso proxecto.

3.3 Esquema da organización das actividades da

biblioteca.

Na seguinte táboa recóllense un conxunto de actividades comúns a

todo o centro, que permitirán acadar os obxectivos propostos:

ACTIVIDADES XERAIS DO PROXECTO LECTOR DA BIBLIOTECA

CROCAIO

ACTIVIDADES RESPONSABLES TEMPORALIZACIÓN

Revisión do P. Lector Equipo da Biblioteca Setembro.

Aprobación do P. Lector

polo Equipo Docente,e

incorporación na P.X.A.

Claustro de profesores e

Equipo Directivo

Setembro

Análise da situación da

Biblioteca: realización de

expurgo, rehabilitación

de material, distribución

de tarefas.

Equipo de Biblioteca Setembro.

Plan anual de

dinamización da B.

Equipo de Biblioteca e

Equipo Docente.

Setembro.

Page 18: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

17

Traballo na Biblioteca:

selar,rexistrar,seleccionar

material…

Equipo de Biblioteca coa

colaboración do Equipo

Docente.

Ao longo de todo o curso

académico.

Elaboración co Programa

Meiga dos novos carnés

da Biblioteca CROCAIO

Equipo de Biblioteca Outubro.

Dar a coñecer os

Recursos Meiga

Equipo de Biblioteca Outubro

Lecturas e Actividades

sobre o Magosto e

Samaín

Equipo de D. e

N.Lingüística e E. da

Biblioteca

Outubro.

Inauguración da

Biblioteca. Entrega das

cestas de libros para as

aulas.

Equipo de Biblioteca,

mestres e alumnos/as

24 de Outubro.

Día das Bibliotecas

O blog e o correo da

Biblioteca Crocaio.

Equipo de Biblioteca Ao longo de todo o curso

académico.

A hora de ler. O Equipo Docente 25 de Outubro

Sección O Poema

Semanal

Equipo de Biblioteca, e

colaboradores

Ao longo de todo o curso

Boletín de lecturas de

Nadal.

Equipo de Biblioteca Decembro

Conmemoración día da

Paz.

Equipo de Biblioteca e o

Equipo Docente

30 de Xaneiro

Mochimaletas. E.Biblioteca en

colaboración de titores.

Xaneiro e ao longo de

todo o curso

Actividades de formación

de usuarios.

E. de Biblioteca, titores e

colaboradores.

Ao longo do curso

Ler en rebaixas. Levar

dous libros emprestados

en lugar de un.

Equipo Docente Febreiro

Libros e actividades

sobre o entroido.

Equipo de ACE, E. de

Biblioteca e E. Docente.

Febreiro

Page 19: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

18

Homenaxe a Rosalía Equipo de N.Lingüística

e E. da Biblioteca

24deFebreiro Aniversario

do seu nacemento.

Día da Muller Equipo de N.Lingüística

e E. da Biblioteca

8 de Marzo

Día da Poesía Equipo de Biblioteca 21 de Marzo

Semana da Prensa.

Equipo de Biblioteca e

Equipo Docente

Marzo

Día Internacional do

Libro Infantil e Xuvenil

Equipo de Biblioteca 2 de Abril

Homenaxe a un escritor Equipo de Biblioteca e

Equipo Docente

Mes de abril

Boletín de lecturas día do

Libro

Equipo de Biblioteca Entregarase o 23 de

abril.

Día Internacional do

Libro. Apadriñamento

lector

Equipo de Biblioteca e

todo o Equipo Docente

23 de Abril.

Día das Letras Galegas.

Equipo de N. e

D.Lingüística e E. da

Biblioteca e E. Docente

17 de Maio.

Xogos e Apadriñamento

lector.

Equipo de N e D

Lingüística e E. da

Biblioteca e E.Docente

17 de Maio.

Boletín lecturas verán Equipo de Biblioteca e

Equipo Docente

Xuño

Comprobación

devolución de todo o

material emprestado,

realización de expurgo,

restauración.

Equipo da Biblioteca e

Equipo Docente

Xuño

Análise e valoración das

actividades ao longo do

curso académico

Equipo de Biblioteca e

Equipo Docente

Xuño

Page 20: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

19

As actividades que figuran na táboa anterior son un exemplo ao longo do curso

académico, pero poden xurdir outras que teñan a Biblioteca como base relacionadas

con calquera ámbito do saber: música, ciencias, investigación, contacontos, autores,

actividades da horta escolar, e cantas outras consideremos oportunas e viables

durante o curso académico.

Tamén teremos en conta as distintas suxerencias, aportacións do alumnado e das

súas familias, porque este feito permitirá unha vía de comunicación de ida e volta

sobre a lectura, a comprensión lectora, os intereses dos rapaces e das familias.

4 INTERVENCIÓNS QUE CÓMPRE SISTEMATIZAR

4.1 Fomento de hábitos de lectura en todas as

áreas:

4.1.1 Dende o libro:

. suxerencias e recomendacións (presenciais, impresas, paneles)

. presentacións de libros

. libro-forum, coloquios, debates

. mochilas viaxeiras

. guías de lectura (das distintas materias do currículo)

. programas sobre temas, xéneros

. visitas de autores (escritores, ilustradores)

. exposicións.

-apadriñamentos lectores

-lecturas en xornais

4.1.2 Dende a escritura:

. xogos coa linguaxe (diccionarios fantásticos…)

. a tradición oral e a poesía (recopilar-recrear-crear)

. provocación de historias (individuais, colectivas, con cartas,…)

. dossieres, diarios

. revista escolar

. creación de libros (libros viaxeiros…)

Page 21: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

20

4.1.3 Dende a oralidade:

. xogos fonéticos coas palabras

. traballo oral co folclore infantil

. cantar

. recitar

. contar contos, historias e relatos

4.1.4 Dende outras formas de expresión:

. debuxos a partir da lectura de contos

. a ilustración,

. o cómic

. a fotografía

. a publicidade

. o cine

. o teatro, a música

. proxeccións, audicións, espectáculos

4.2 Actividades de formación de usuarios e

educación documental

Primeiro ciclo.

- Seleccionar contos, narracións e libros de consulta sobre un tema concreto

e comparar os resultados obtidos, poñendo en evidencia os distintos

tratamentos da información.

- Relacionar nun caderno de lector os títulos dos libros lidos.

- Buscar libros dun mesmo autor.

- Seleccionar na biblioteca os libros do seu interese para realizar o préstamo.

Segundo ciclo.

- Clasificar os documentos obtidos nunha búsqueda realizada polo mestre-

bibliotecario en función dos soportes (libros, vídeos, cassettes, carteis…).

Page 22: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

21

- Visionado de vídeos explicativos.

- Clasificar uns libros a partir do primeiro número da C.D.U.

- Identificar o signo relativo aos niveis de lectura e ordealos alfabéticamente

por autores.

- Nun plano da biblioteca, indicar a localización dos materiais en función do

sistema de clasificación.

- Comparar as informacións obtidas nunha búsqueda de diccionario e

enciclopedia.

- Localizar unha información concreta a partir do sumario.

Terceiro ciclo.

- Charlas e conferencias a cargo de profesionais do libro: autores e

ilustradores, bibliotecarios, etc.

- Clasificar varios documentos en función dos dous primeiros números da

CDU e determinar a materia correspondente a eses números.

- Buscar as informacións obtidas sobre o mismo tema nunha enciclopedia e

nunha monografía.

- Identificar nun conxunto de libros: esquemas, glosario, recadro, gráfico,

citas e notas a pé de páxina.

- Extraer as informacións que poidan obterse no prólogo, a presentación e/ou

a contraportada nun libro de ficción.

4.2.1 Actividades complementarias e extraescolares

Contacontos de adultos e nenos/as.

Acudir a representacións teatrais.

Emprego xeneralizado no segundo e terceiro ciclo do diccionario,

enciclopedias e outros materiais de consulta, incluída a búsqueda en

Internet.

Fomentar e colaborar con outras bibliotecas do entorno.

Page 23: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

22

4.2.2 Actividades referidas a Biblioteca do Centro

Coñecer a organización e funcionamento da Biblioteca do centro.

Fomenta-la utilización da biblioteca escolar, continuando con horarios

para cada grupo, préstamos e desenvolvendo diversas actividades na mesma.

Realizar concursos, xogos de pistas,.... para a utilización e a ubicación

do diverso material da biblioteca.

Aplicación das tic na búsqueda de información e nas investigacións

4.3 Integración das TIC

A busca e selección de información a través das TIC formará parte das

actividades do plan lector no ciclo, especialmente nas areas de lingua e coñecemento

do medio:

Uso de buscadores para buscar información.

Visitas virtuais a museos, e webs infantís e xuvenís

Bibliotecas e enciclopedias virtuais.

Uso do blog da biblioteca, aportando comentarios sobre os diferentes

contidos e elaborando textos para a súa incorporación ao blog.

Realización de proxectos e traballos.

Manexo do email da Biblioteca.

4.4 Implicación das familias e do entorno.

Nas reunións de principio de curso prestarase especial atención a explicar aos

pais os aspectos máis destacados do Proxecto Lector de Centro, para que estes

animen aos seus fillos a ler e compartan con eles algúns deses momentos, dando

exemplo e procurando que o libro e as TIC formen parte da conversa diaria na casa,

así como a importancia de aproveitar calquera ocasión para regalarlles un libro e

acompañalos a que eles mesmos o elixan.

Plan de formación e actuación coas familias

Page 24: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

23

Non cabe dúbida que a mellor aprendizaxe é o exemplo, cando os pais, os

avós, os irmáns len, os nenos/as senten curiosidade, imítan e interésanse nesa

actividade. Este sería o primeiro paso, dar exemplo: ler na casa, ter libros de diversos

tipos onde se poida escoller.

Estratexias con nenos/as de Educación Infantil :

Converter á lectura nunha rutina. O deitar os teu nenos cóntarlles un conto,

lerllo ou que o conte el.

Facer unha lectura viva: cambiando as voces, xesticulando, facendo vivir o

relato.

Explicar as ilustracións que aparecen, e motivalo para que faga deduccións

e indique el que vai pasar...

Percorrer co dedo as palabras, para que vaia pouco a pouco

recoñecéndoas.

Agasallar cun libro e disfrutar xuntos co mesmo.

Facer os carnés da biblioteca pública . Coller libros en préstamo para ler.

Facerlle preguntas sobre o conto lido ou contado.

Estratexias con nenos/as de educación primaria.

Ademais de todas as anteriores animalos a que lean buscando diferentes

libros de temáticas similares ou varias obras do mesmo autor.

Que lean en voz alta, calquera tipo de lectura, nos distintos formatos.

Habitualos a ler antes de deitarse.

Buscar diverso material que poida interesarlle: revistas, xornais, cómics,

contos...

Axudarlle a investigar, na búsquea de información non aportando os

resultados, se non os pasos que debe seguir para atopalo que busca.

Inculcar nos pais a necesidade de intercambio de libros entre os propios

alumnos/as.

Implicar as familias en diversas actividades que fomenten o gusto pola

lectura.

Page 25: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

24

5 CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

A avaliación do Proxecto está presente en cada un dos procesos dende o inicio

ata a elaboración das conclusións finais.

Será continua ó longo do curso e terá en conta as necesidades, modificacións,

e opinións de todo os membros implicados no mesmo, levándose a cabo un diario do

proceso lector, onde figurarán as incidencias, logros e fracasos, tanto do alumnado

como do profesorado; permitindo a obxectividade necesaria para a súa valoración, así

como aspectos positivos que a favorecen, ou que afloran en determinados momentos,

e que é importante ter en conta.

AVALIACIÓN INICIAL

Nesta fase analizaranse todo os factores

Hábitos lectores.

Actitude do Equipo Docente ante a estratexia.

Obxectivos que se pretenden conseguir.

Medios e recursos necesarios.

AVALIACIÓN DO PROCESO

Avaliaranse dous aspectos:

A) A elaboración do Proxecto:

Adecuación dos obxectivos.

Adecuación das actividades para conseguir los obxectivos.

Actitudes e motivacións dos alumnos e mestres.

Recursos.

Modificacións que se consideran necesarias.

B) En canto ó desenvolvemento do Proxecto:

Actitude, participación do profesorado, alumnos e familias.

Grado de satisfacción da Comunidade Educativa.

Cumprimento das actividades e actuacións propostas.

Modificacións que se consideran necesarias.

Page 26: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

25

AVALIACIÓN FINAL

Grao de consecución dos obxectivos.

Análise dos obxectivos non conseguidos e por que.

Valoración das actividades.

Dificultades atopadas.

Aspectos susceptibles de mellorar.

Progresos detectados na lecto-escritura.

Page 27: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

26

ANEXOS PARA LEVAR A CABO A AVALIACIÓN DO PROXECTO.

ALUMNO _________________________________________________ EDUCACIÓN _________________ NIVEL _____ IDADE __________ (Infantil ou Primaria)

1. Les :( Marca con un X)

S no colexio 1 día a semana

3 días a semana Todos os días

2. Cando estás de vacacións ( De Nadal ou de Vran)

Non les ningún libro Les 1 libro

Les dos libros 3 ou máis libros

3. Cando queres ler, escóllelo:

Na túa casa Na biblioteca do colexio

Noutra biblioteca Dun amigo

4. Cando recibes un regalo, algún deles é un libro:

Si Non

5. Os libros para ler

Elíxelos Les os que che dan

6. Os libros que tes na casa están no grupo: (Marca cun X)

Entre 20 e 100 Entre 101 e 300

Entre 300 e 500 Máis de 500

7. No teu tempo de lecer ( Indica do 1 o 8)

8.Xogas cos amigos Fas deporte Ves televisión Les

Fas actividades coa familia Ordenador-Videoxogo

Page 28: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

27

SEGUIMENTO DOS LIBROS LIDOS NAS DISTINTAS AULAS

( Cubrirano os alumn@s)

NOME DO ALUMNO :_____________________________________

EDUCACIÓN _________________ NIVEL _____ IDADE __________ (Infantil ou Primaria)

8. Data elección do libro: ________________________________

9. Título : ___________________________________________

10. Autor: ____________________________________________

11. Temática: _________________________________________ (Misterio, Humor, Investigación, ...)

12. Data da conclusión do libro: ____________________________

13. Reacción do alumn@ ( Marca cun X unha das opcións)

Non o lin enteiro Non me gustou

Gustoume ¡Tedes que lelo!

Observacións ou suxerencias: _____________________________

___________________________________________________

Page 29: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

28

SEGUIMENTO DOS LIBROS LIDOS NA AULA

( Cubrirano tódolos mestres)

NOME DO ALUMNO :_____________________________________

EDUCACIÓN _________________ NIVEL _____ IDADE __________ (Infantil ou Primaria)

1 Data elección do libro: ________________________________

2 Título : ___________________________________________

3 Autor: ____________________________________________

4 Temática: _________________________________________ (Misterio, Humor, Investigación, ...)

5 Data da conclusión do libro: ____________________________

6 Reacción do alunmno:

Non o lin enteiro Non me gustou

Gustoume ¡Tedes que lelo!

7 Dificultades advertidas

Atención Comprensión

Vocabulario Non tivo dificultades

Observacións ________________________________________

__________________________________________________

Page 30: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

29

SEGUIMENTO DOS LIBROS LIDOS NA AULA MENSUALMENTE

( Cubrirano tódolos mestres)

TITOR :_________________________________ NIVEL _____ Nº ALU ___

1. Actitude do grupo ante a lectura : (Indicar en cada casilla o nº de alumn@s)

Non se centran na actividade Queren cambiar de actividade

Len por obrigación Disfrutan coa lectura

2. Temáticas coas que tiveron éxito: ________________________

_____________________________________________________

3. Valoración das lecturas:

Non o concluiron Non lles gustou

Gustoulles Recomendarían a súa lectura

3. Colaboración das familias nas lecturas:

Non fan ningún comentario, non lle dan importancia

Interésase nas lecturas que fai o seu fill@

Gústalle as seuxerencias que periódicamente recibe

Na súa casa fomenta o proceso lector

Colabora co centro no plan lector

Page 31: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

30

MODELO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN LECTOR MENSUAL

AULA: ________________ MES: _____________

TEMPORALIZACIÓN MOMENTOS ACTIVIDADES

ESTRATEXIAS

AVALIACIÓN

1ª semana Antes da lectura -

-

-

2ª E 3ª semana Durante a lectura -

-

-

4ª semana Despois da lectura -

-

-

OBSERVACIÓNS:

Page 32: PROXECTO LECTOR - edu.xunta.gal...que, polo labor realizado desde Infantil a favor da lectura, hai lectores formados e interesados en ler cada vez máis. As prácticas escritas van

31

SEGUIMENTO DA PROGRAMACIÓN ANUAL DO PLAN LECTOR DA AULA

ETAPA NIVEL Nº LIBROS TÍTUOS DOS LIBROS

EDUCACIÓN

INFANTIL

3 anos

4 anos

5 anos

EDUCACIÓN

PRIMARIA

5º -6º