6
Os seguros tamén poden ser éticos Economía social e solidaria

Proyecto CAES (gallego)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación en gallego del Proyecto CAES, cooperación para el aseguramiento ético y solidario. CAES está formado por las corredurías Arç y Seryes.

Citation preview

Page 1: Proyecto CAES (gallego)

Os seguros tamén poden ser éticos

Economía social e solidaria

Page 2: Proyecto CAES (gallego)

Valores cooperativosCAES, cooperación para o seguro ético e solidario somos un proxecto de seguros especializado no sector da economía social e solidaria e no seguro das enerxías renovables. Ofrecemos, a través das corredurías Seryes e Arç seguros éticos e solidarios baseados en prezos e valores cooperativos en todo o territorio español.

Os principios cooperativos que inspiran a nosa xestión son a mutualidade, a transparencia e a equidade.

InnovaciónArç e Seryes dispoñen do selo Ethsi (Ethical Solidarity Based Insurance), o selo europeo de calidade de xestión ética e solidaria para empresas aseguradoras. Esta certificación, outorgada polo Observatorio das finanzas éticas, distingue o comportamento ético das aseguradoras medindo aspectos como a responsabilidade social e ambiental, os investimentos éticos e a sostibilidade.

Para nós, o seguro ético e solidario reporta uns beneficios sociais que deben aflorar e introduce no mercado asegurador as prácticas propias da banca ética.

www.etshi.net

CAES somos referentes no ámbito da economía social e solidaria

Page 3: Proyecto CAES (gallego)

Xestionamos programas de seguros éticos e solidarios para empresas e entidades

ConsultoríaA nosa experiencia na xestión de programas de seguros para a economía social e solidaria permítenos ofrecer servizos de consultoría especializada. Estudamos a combinación máis axeitada entre a xestión de riscos transferidos ao mercado asegurador, as garantías aseguradas e o custo.

· Diagnóstico e optimización de programas de seguros

· Due Diligence para entidades financeiras

· Valoración de pólizas para o seguro ético e solidario

XestiónSomos especialistas en programas de seguros de carácter multisectorial.

Xestionamos seguros con criterios colectivos e ofrecemos prezos e valores cooperativos:

· Cooperativas, outras empresas, asociacións, entidades de iniciativa social, ONG, centros especiais de traballo e entidades de ocio

· Particulares

Page 4: Proyecto CAES (gallego)

Máis de 90.000 persoas confían os seus seguros nas nosas corredurías

As organizacións de CAES traballamos para ser socialmente responsables, tanto cos colectivos vinculados á nosa actividade (clientes, socios, empregados, provedores, etc.), como en relación co medio social e natural. Velamos pola sostibilidade e poñemos ao alcance dos nosos clientes as memorias de sostibilidade. Arç publica cada ano o Balance social da Xarxa d’Economia Solidària de Cataluña e Seryes tamén pon a disposición dos clientes as achegas sociais, laborais, profesionais e ecolóxicas realizadas ao longo dun exercicio a través do Mercado Social de Madrid.

TRANSPARENCIA

Page 5: Proyecto CAES (gallego)

Redes de mercado socialCAES formamos parte da Asociación de Redes de Mercado Social, que integra organizacións dos mercados sociais de Aragón, Euskadi, Navarra e Madrid. O obxectivo deste proxecto é fomentar a produción e o consumo xusto, ecolóxico, inclusivo, social e solidario, e promover os instrumentos necesarios para desenvolver mercados sociais que poñan as persoas no centro das relacións económicas.

www.konsumoresponsable.coop

A comunidadeAs corredurías de CAES participamos activamente en distintos ámbitos do cooperativismo, as finanzas éticas e o mercado social:

∙ Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria (REAS)

∙ Xarxa d’Economia Solidària (XES)

∙ Mercado Social de Madrid (MES)

∙ FIARE, banca ética

∙ FETS, finanzas éticas e solidarias

∙ Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya (FCTC)

∙ Federació de Cooperatives de Consumidors i Usuaris de Catalunya (FCUC)

∙ Federación de Cooperativas Madrileñas (FECOMA)

∙ Coop 57, servizos financeiros éticos e solidarios

∙ Aposta, escola de cooperativisme

As nosas alianzasCAES temos máis de cincuenta acordos de intercooperación con colectivos, empresas, federacións e asociacións, que nos permiten ofrecer vantaxes na contratación de seguros éticos grazas á compra colectiva.

A correduría Arç forma parte do grupo cooperativo ECOS, integrado por trece cooperativas no ámbito da economía social e solidaria.

www.grupecos.coop

EN REDE

Page 6: Proyecto CAES (gallego)

Caes, cooperación para o seguro ético e solidarioValverde, 13, 5a pta. 28004 MadridCasp, 43, entresollado 1a. 08010 Barcelona 91 523 03 54 / 93 423 46 [email protected] / [email protected]

Fotografías Flickr CC: Machernucha, Mary J.I., Olly F., Birger Hoppe, Howardignatius

Aseguramos compromisoEn CAES facemos un estudo particular de cada solicitude de orzamento comparando compañías e priorizando as opcións de seguros certificados como éticos e solidarios. Podedes enviarnos a vosa petición a través de: Formulario web: www.caes.coop Correo electrónico: [email protected] / [email protected] Por teléfono: 91 523 03 54 / 93 423 46 02