Upload
santi-p
View
449
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Citation preview
No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.095
Segunda.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinteda súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2005.
Celso Currás FernándezConselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
Orde do 1 de abril de 2005 pola que seregulan os cursos de formación en linguagalega e as validacións correspondentes.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu arti-go 5, despois de establecer que a lingua propia deGalicia é o galego e que é idioma oficial no nosopaís, xunto co castelán, determina que os poderespúblicos de Galicia garantirán o uso normal dos dousidiomas e potenciarán o emprego do galego en todosos planos da vida pública, cultural e informativa,e disporán os medios necesarios para facilitar o seucoñecemento.
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalizaciónlingüística, incide, entre outros, nos seus artigos11.1º, 17.2º, 18, 19, 22 e 25, na obriga que teno Goberno galego de difundir o coñecemento orale escrito da lingua galega entre os cidadáns de Gali-cia. Para iso, a Consellería de Educación e Orde-nación Universitaria vén convocando ano tras anocursos de formación en lingua galega dirixidos atodos os colectivos da nosa sociedade, cursos quecómpre harmonizar tanto na súa estruturación comanos seus niveis, duración e contidos que se impartan.
Segundo isto,
DISPOÑO:
Cursos de lingua galega.Artigo 1º1. Os cursos de lingua galega para os diversos
colectivos profesionais e sociais constan de tresniveis: curso de galego oral, iniciación e perfec-cionamento.
2. Para acceder ao curso de perfeccionamento érequisito imprescindible ter aprobado ou validadoo curso de iniciación.
Artigo 2º1. O curso de galego oral ten como finalidade ini-
ciar o alumnado no discurso comunicativo en galego,en especial no discurso oral. Está dirixido a persoasque estudan lingua galega por primeira vez e a aque-las que necesiten mellorar o discurso oral.
2. Os programas do curso de galego oral figurancomo anexo I desta orde.
Artigo 3º1. O curso de iniciación de lingua galega ten como
obxectivo lograr que o alumnado manexe con solturae eficacia o discurso oral e escrito en lingua galega,que coñeza as indicacións normativas e o léxico sufi-ciente para desenvolverse na esfera pública en gale-go. Ao mesmo tempo, iníciase o traballo de com-posición de textos, desde o punto de vista formale de contidos.
2. Os programas do curso de iniciación de linguagalega figuran como anexo II desta orde.
Artigo 4º1. O curso de perfeccionamento de lingua galega
ten como obxectivo lograr que o alumnado remateo ciclo de formación dominando o discurso oral eescrito en galego, así como as técnicas de redacciónde documentos precisos para a súa vida social elaboral.
2. Os programas do curso de perfeccionamentode lingua galega figuran como anexo III desta orde.
Cursos de linguaxe administrativa galega.Artigo 5º1. Os cursos de linguaxe administrativa galega para
os cadros de persoal das distintas administraciónsconstan de dous niveis: curso de linguaxe admi-nistrativa, nivel medio, e curso de linguaxe admi-nistrativa, nivel superior (este último destinado aopersoal das administracións local e estatal).
2. Para acceder ao nivel medio é requisito impres-cindible ter aprobados ou validados os cursos deiniciación e de perfeccionamento de lingua galegaou o curso básico de linguaxe administrativa galega.
3. Para acceder ao nivel superior é requisitoimprescindible ter aprobado ou validado o cursomedio de linguaxe administrativa galega.
Artigo 6º1. Os cursos medio e superior de linguaxe admi-
nistrativa galega teñen como finalidade darlles for-mación específica aos traballadores e traballadorasdas distintas administracións públicas na súa linguade especialidade. Isto supón unha formación gra-matical e léxica específica e a revisión das con-vencións documentais estilísticas necesarias para oseu traballo, a prol da modernización e racionali-zación da documentación administrativa.
2. Os programas do curso medio de linguaxe admi-nistrativa galega figuran como anexo IV desta orde.
3. Os programas do curso superior de linguaxeadministrativa galega figuran como anexo V destaorde.
Cursos de linguaxe xurídica galega.Artigo 7º1. Os cursos de linguaxe xurídica galega para os
cadros de persoal das distintas administraciónspúblicas constan de dous niveis: curso de linguaxexurídica, nivel medio, e curso de linguaxe xurídica,nivel superior.
2. Para acceder ao nivel medio é requisito impres-cindible ter aprobados ou validados os cursos deiniciación e perfeccionamento de lingua galega ouo denominado curso básico de linguaxe xurídicagalega.
3. Para acceder ao nivel superior é requisitoimprescindible ter aprobado ou validado o cursomedio de linguaxe xurídica galega.
Artigo 8º1. Os cursos medio e superior de linguaxe xurídica
galega teñen como finalidade darlles formación espe-
6.096 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005
cífica aos traballadores e traballadoras das distintasadministracións públicas relacionadas co ámbitoxurídico ou xudicial na súa lingua de especialidade.Isto supón unha formación gramatical e léxica espe-cífica e a revisión das convencións documentais esti-lísticas necesarias para o seu traballo, a prol damodernización e racionalización da documentaciónxurídica.
2. Os programas do curso medio de linguaxe xurí-dica galega figuran como anexo VI desta orde.
3. Os programas do curso superior de linguaxexurídica galega figuran como anexo VII desta orde.
Cursos de linguaxe administrativa sanitaria galega.Artigo 9º1. Os cursos de linguaxe administrativa sanitaria
galega para os cadros de persoal das distintas admi-nistracións públicas constan dun nivel: curso de lin-guaxe administrativa sanitaria, nivel medio.
2. Para acceder a este nivel é requisito impres-cindible ter aprobados ou validados os cursos deiniciación e de perfeccionamento de lingua galegaou o curso básico de linguaxe administrativa sani-taria galega.
Artigo 10º1. O curso medio de linguaxe administrativa sani-
taria galega ten como finalidade darlles formaciónespecífica aos traballadores e traballadoras das dis-tintas administracións públicas na súa lingua deespecialidade. Isto supón unha formación gramaticale léxica específica e a revisión das convenciónsdocumentais estilísticas necesarias para o seu tra-ballo, a prol da modernización e racionalización dadocumentación administrativa sanitaria.
2. Os programas do curso medio de linguaxe admi-nistrativa sanitaria galega figuran como anexo VIIIdesta orde.
Cursos de extensión cultural.Artigo 11º1. Os cursos de extensión cultural teñen como fina-
lidade o estudo dos elementos principais da culturagalega.
2. O programa do curso de extensión cultural com-ponse dun módulo principal de actualidade; de tresmódulos (xeografía, historia e antropoloxía) queachegan a base teórica necesaria para a comprensióndos temas de actualidade; e dun módulo de linguaque complementa os catro anteriores.
3. Os programas do curso de extensión culturalfiguran como anexo IX desta orde.
Curso de lingua e cultura galegas para menoresde 18 anos.
Artigo 12º1. O curso de lingua e cultura galegas para menores
de 18 anos ten como finalidade iniciar o alumnadona lingua galega a través de distintos aspectos dacultura. Está dirixido a rapaces e rapazas que vivenou veñen de fóra de Galicia como unha aproximaciónde base á realidade galega.
2. Os programas do curso de lingua e cultura gale-gas para menores de 18 anos figuran como anexo Xdesta orde.
Artigo 13º1. Os cursos de lingua e cultura galegas para meno-
res de 18 anos terán unha duración de 30 horas.2. Todos os cursos restantes terán unha duración
de 75 horas, que se distribuirán da seguinte forma:60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo
o alumnado.15 horas de tratamento individualizado, nas que
o alumnado poderá realizar actividades presenciaisespecíficas de reforzo e/ou actividades prácticascomplementarias. Corresponderalle ao profesor aprogramación destas horas, de acordo coas nece-sidades e o desenvolvemento dos cursos.
Validacións.Artigo 14ºPoderán validarse polo curso de iniciación:1. Unha materia de lingua galega aprobada nas
escolas universitarias de formación do profesorado.2. A materia de lingua galega aprobada nun curso
de estudos universitarios.3. A habilitación provisional de galego, que nos
comezos do proceso autonómico, se lles concedeua algúns profesores, ao non haber titulados sufi-cientes.
4. A partir do curso 1979-1980, a materia de linguagalega aprobada en 6º, 7º e 8º da educación xeralbásica, sempre que o alumno acadase o título degraduado escolar.
5. O galego aprobado por aquelas persoas que obti-veron o título de graduado escolar en centros deeducación permanente de adultos, a distancia ouen proba libre.
6. A lingua galega aprobada nun curso de for-mación profesional.
7. O galego superado nas probas de ensinanzasnon escolarizadas.
8. A lingua galega aprobada nun curso de BUPou en COU.
9. A área de lingua galega e literatura do primeirociclo da educación secundaria obrigatoria superada.
10. A área de lingua galega e literatura de 1º e2º curso da educación secundaria obrigatoria supe-rada.
11. A proba libre de iniciación á lingua galega.12. O curso de nivel elemental de lingua e cultura
galegas para estranxeiros.Artigo 15ºPoderán validarse polo curso de perfeccionamento:1. Tres materias de lingua galega superadas en
tres cursos de formación profesional.2. A lingua galega aprobada no curso complemen-
tario para o acceso ao segundo grao de formaciónprofesional.
No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.097
3. Dúas materias de lingua galega superadas endous cursos de BUP ou nun curso de BUP e COU.
4. A área de lingua galega e literatura do segundociclo da educación secundaria obrigatoria avaliadapositivamente, e despois de que o alumno obtiveseo título de graduado neste ciclo.
5. A área de lingua galega e literatura de 3º e4º curso da educación secundaria obrigatoria ava-liada positivamente.
6. A área de lingua galega e literatura do segundociclo da educación secundaria obrigatoria avaliadapositivamente nas probas para a obtención do títulode graduado neste ciclo, e sempre que o alumnoo obtivese.
7. A materia de lingua galega e literatura avaliadapositivamente nun curso de bacharelato LOXSE.
8. O certificado do ciclo elemental de galego (trescursos académicos), expedido polas escolas oficiaisde idiomas.
9. Dúas materias de lingua galega aprobadas nasescolas universitarias de formación do profesorado.
10. Dúas materias de lingua galega de dous cursosde estudos universitarios.
11. O certificado de ter superado unha proba librede perfeccionamento.
12. Os cursos básicos de linguaxe administrativagalega, linguaxe administrativa local galega, lin-guaxe administrativa sanitaria galega e linguaxexurídica galega.
13. O curso de nivel medio de lingua e culturagalegas para estranxeiros.
Artigo 16º
Poderá validarse polo curso de especialización enlingua galega o certificado dos ciclos elemental esuperior (cinco cursos) das escolas oficiais de idio-mas, superados polos diplomados en EXB, mestresde ensinanza primaria, licenciados en tradución einterpretación e licenciados nas distintas facultadesde filoloxía.
Artigo 17º
1. As validacións das materias de lingua galegade EXB, de primaria, de secundaria e de formaciónprofesional polos cursos de iniciación e perfeccio-namento de galego serán expedidas, segundo o mode-lo que figura no anexo XI, polos/as secretarios/asdos centros que custodian as actas onde constenas súas cualificacións, logo da correspondente soli-citude feita polo/a interesado/a.
2. Os que superasen a materia de lingua galeganas probas libres para o graduado escolar ou nasprobas libres para o graduado en educación secun-daria obrigatoria solicitarán a validación na Inspec-ción de Educación.
3. As validacións das materias de lingua galegado ensino universitario polos cursos de iniciacióne perfeccionamento de lingua galega serán expedidaspola Dirección Xeral de Política Lingüística, logo
da correspondente solicitude feita polo/a interesa-do/a que achegará a documentación precisa.
Artigo 18º
A validación dos ciclos elemental e superior dasescolas oficiais de idiomas, á que se refire o arti-go 14º desta orde, faraa a Dirección Xeral de PolíticaLingüística, logo da correspondente solicitude feitapolo/a interesado/a que achegará a documentaciónprecisa.
Equivalencias.
Artigo 19º
1. Consideraranse equivalentes para os efectosadministrativos: o curso de iniciación á lingua galegaou a súa validación, a proba libre de iniciación eo curso de nivel elemental de lingua e cultura galegaspara estranxeiros.
2. Para os efectos administrativos, consideraranseequivalentes: o curso de perfeccionamento de linguagalega, ou a súa validación; a proba libre de per-feccionamento; o curso básico de linguaxe admi-nistrativa galega; o curso básico de linguaxe xurídicagalega e o curso de nivel medio de lingua e culturagalegas para estranxeiros.
3. Ao curso de especialización en lingua galegapara profesores de EXB ou á validación correspon-dente ao ciclo superior dos estudos de galego dasescolas oficiais de idiomas daráselles a mesma vali-dez que ao curso medio de linguaxe administrativaou xurídica galega.
4. Ás licenciaturas de filoloxía galega e filoloxíahispánica (subsección de galego-portugués) daráse-lles a mesma validez que ao nivel superior de lin-guaxe administrativa galega e ao nivel superior delinguaxe xurídica galega.
5. Os cursos realizados pola EGAP (Escola Galegada Administración Pública), FEGAS (FundaciónPública Escola Galega de Administración Sanitaria)e organizacións sindicais, ateranse nos aspectos nonprevistos nesta orde aos respectivos convenios subs-critos entre estas entidades e a Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas todas as ordes que regulan oscursos e as validacións cuxos contidos sexan con-trarios ao disposto nesta orde.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de PolíticaLingüística para ditar as instrucións que sexan pre-cisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinteda súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2005.
Celso Currás FernándezConselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
6.098 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005
ANEXO I
CURSO DE GALEGO ORAL
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
COMUNICACIÓN ORAL OS ACTOS DE FALA-O SAÚDO-A IDENTIFICACIÓN-A PREGUNTA E O PERMISO-A DESPEDIDA-O EXPRESIÓN DE AGRADECEMENTO-A EXPRESIÓN DE CORTESÍA-A EXPRESIÓN DE DESCULPA E CONDOLENCIA-A EXPRESIÓN DE DESACORDO-A EXPRESIÓN DE SENTIMENTOS POSITIVOS-A EXPRESIÓN DE SENTIMENTOS NEGATIVOS-A CONVERSA TELEFÓNICA-A ATENCIÓN AO PÚBLICO
AS NOCIÓNS XERAIS-O TEMPO-O ESPAZO E O MOVEMENTO-A CANTIDADE-AS CALIDADES FÍSICAS-AS CALIDADES PERSOAIS
AS NOCIÓNS ESPECÍFICAS-A DEFINICIÓN PERSOAL-A CASA E O FOGAR-AS RELACIÓNS LABORAIS-AS RELACIÓNS ADMINISTRATIVAS-O ENSINO E A EDUCACIÓN-AS RELACIÓNS SOCIAIS-OS SERVIZOS PÚBLICOS-OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN-O TEMPO DE LECER-AS VIAXES E OS DESPRAZAMENTOS-AS COMPRAS-AS COMIDAS E BEBIDAS-A ACTUALIDADE
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
ORTOGRAFÍA O ALFABETO
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS OS ESTADOS DE ÁNIMOO CORPO HUMANOOS ESPAZOS PROFESIONAISAS PROFESIÓNSO VESTIARIOAS CORESAS RELACIÓNS PERSOAISO TEMPO CRONOLÓXICOO TEMPO ATMOSFÉRICOA COMIDA
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN A LECTURA COMPRENSIVA-O RESUMO ORAL E O RESUMO ESCRITO-O TEMA E OS SUBTEMAS-AS PALABRAS CLAVE
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN O CURRÍCULOA CARTA PERSOAL
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOCULTURAL
HISTORIA DA LINGUA CARACTERIZACIÓN XERAL DO GALEGO HOXE EN DÍA
SOCIOLINGÜÍSTICA PANORÁMICA SOCIOLINGÜÍSTICA DO GALEGO NAACTUALIDADE
ECONOMÍA A ESTRUTURA PRODUTIVA E FINANCEIRA
ORGANIZACIÓN POLÍTICA O ESTATUTO DE AUTONOMÍAAS INSTITUCIÓNSGALICIA NA UNIÓN EUROPEA
ANEXO II
CURSO DE INICIACIÓN
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
COMUNICACIÓN ORAL O ACTO DA COMUNICACIÓN: ELEMENTOS, CONTEXTO,E INTENCIÓNA VARIACIÓN DIALECTAL NA LINGUA ORAL
FONÉTICA O SISTEMA VOCÁLICO-ABERTAS E PECHADAS. O VALOR FONOLÓXICO DO
TIMBRE-DITONGOS E TRITONGOS-HIATOS
O SISTEMA CONSONÁNTICO-AS CONSOANTES-SESEO E GHEADA-OS GRUPOS CONSONÁNTICOS
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
ORTOGRAFÍA CUESTIÓNS DE ORTOGRAFÍA I: V/B, H, S/X, X/LL, N/ÑA ACENTUACIÓN I: REGRAS XERAIS
MORFOLOXÍA O ARTIGO-FORMAS E CONTRACCIÓNS
OS PRONOMES PERSOAIS I-FORMAS E CONTRACCIÓNS
OS POSESIVOSOS DEMOSTRATIVOS
CONTIDOS TEMAS
OS INDEFINIDOSOS INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOSOS NUMERAISO XÉNEROO PLURALOS VERBOS REGULARES I. A CONXUGACIÓN REGULARALGÚNS VERBOS IRREGULARES: SER, ESTAR E HABER
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS A FLORA E A FAUNA IOS ACCIDENTES XEOGRÁFICOSA VIVENDA: PARTES, MOBLES E UTENSILIOSAS ENTIDADES DE POBOACIÓNAS RELACIÓNS COMERCIAISO DEPORTEOS ESPECTÁCULOSOS MEDIOS DE TRANSPORTE
RELACIÓNS LÉXICAS A SINONIMIA E A ANTONIMIA
PROBLEMAS LÉXICOS O CONTACTO CON OUTRAS LINGUAS I
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN ESTRATEXIAS DE XERACIÓN DE IDEASA ORDENACIÓN DE IDEAS
-OS MAPAS CONCEPTUAIS-OS ESQUEMAS
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN A RELACIÓN DO CIDADÁN COA ADMINISTRACIÓN:-A SOLICITUDE-A RECLAMACIÓN-A ALEGACIÓN
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOCULTURAL
DIALECTOLOXÍA A VARIEDADE DIALECTAL DO GALEGO
HISTORIA DA LINGUA O GALEGO: DA XÉNESE ATA 1950
CULTURA AS ARTES E AS LETRAS: PANORÁMICA HISTÓRICAETNOGRAFÍA: TRADICIÓNS, FESTAS E SÍMBOLOS
XEOGRAFÍA A DESCRICIÓN XEOGRÁFICA DE GALICIA
ANEXO III
CURSO DE PERFECCIONAMENTO
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
COMUNICACIÓN ORAL OS NIVEIS E OS REXISTROS DA COMUNICACIÓN ORALA TIPOLOXÍA DISCURSIVA ORAL
-A CONVERSA-A DESCRICIÓN-A NARRACIÓN-A EXPOSICIÓN-A ARGUMENTACIÓN-O DEBATE-OS EXAMES E PROBAS ORAIS
FONÉTICA O SISTEMA VOCÁLICO-FENÓMENOS VOCÁLICOS: AFÉRESE, EPÉNTESE,
PARAGOXE, PRÓTESE, SÍNCOPE E APÓCOPEO SISTEMA CONSONÁNTICO
-FENÓMENOS CONSONÁNTICOS: ROTACISMO, DESPA-LATALIZACIÓN, YEÍSMOA ENTOACIÓN
-PAUTAS DE ENTOACIÓN: ASCENDENTE, DESCEN-DENTE...
-ESTRUTURAS ENTOATIVAS: INTERROGATIVA,EXCLAMATIVA, ENUNCIATIVA...A FONÉTICA SINTÁCTICA
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
ORTOGRAFÍA CUESTIÓNS DE ORTOGRAFÍA II: GRUPOS CULTOS, L/RA ACENTUACIÓN II:
-OS DITONGOS E OS HIATOS-O ACENTO DIACRÍTICO-A DIÉRESE-A ACENTUACIÓN DE ESTRANXEIRISMOS
GRAMÁTICA A COMPARACIÓNOS PRONOMES PERSOAIS II:
-A DISTINCIÓN TE//CHE-A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS-O PRONOME DE SOLIDARIEDADE-O PRONOME REFLEXIVO
OS ADVERBIOS E AS LOCUCIÓNS ADVERBIAISAS PREPOSICIÓNS E AS LOCUCIÓNS PREPOSITIVASAS CONXUNCIÓNS E AS LOCUCIÓNS CONXUNTIVASOS VERBOS REGULARES II:
-PECUALIARIDADES-O INFINITIVO CONXUGADO-OS VERBOS CON DOBRE PARTICIPIO-AS ALTERNANCIAS VOCÁLICAS NOS VERBOS EN –IR
OS VERBOS IRREGULARESAS PERÍFRASESOS PREFIXOSOS SUFIXOSO COMPLEMENTO DIRECTOO COMPLEMENTO INDIRECTO
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS OS XENTILICIOSA FLORA E A FAUNA IIO MARA CULTURA E AS ARTES
RELACIÓNS LÉXICAS A PARONIMIAA HOMONIMIA E A POLISEMIA
No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.099
CONTIDOS TEMAS
PROBLEMAS LÉXICOS OS ARCAÍSMOS E OS HIPERENXEBRISMOSO CONTACTO CON OUTRAS LINGUAS II
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN A ARQUITECTURA DO TEXTO E OS SEUS ELEMENTOSA TIPOLOXÍA DISCURSIVA ESCRITA
-TEXTOS DESCRITIVOS-TEXTOS NARRATIVOS-TEXTOS DIALOGADOS-TEXTOS INSTRUTIVOS-TEXTOS PREDITIVOS-TEXTOS EXPLICATIVOS-TEXTOS ARGUMENTATIVOS-TEXTOS RETÓRICOS
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN OS TEXTOS XORNALÍSTICOSOS TEXTOS PUBLICITARIOSO INFORME
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOCULTURAL
HISTORIA DA LINGUA O GALEGO DESDE 1950 ATA A ACTUALIDADE
SOCIOLINGÜÍSTICA CONCEPTOS BÁSICOS DE SOCIOLINGÜÍSTICA
DIALECTOLOXÍA O ESTÁNDAR COMO VARIEDADE SUPRADIALECTAL
CULTURA AS ARTES E AS LETRAS: NOVAS TENDENCIASA GALICIA ACTUAL E O DESENVOLVEMENTO URBANO
ECONOMÍA DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO E INFRAESTRUTURA
ANEXO IV
CURSO MEDIO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
A COMUNICACIÓN ORAL A ANÁLISE DA COMUNICACIÓN ORAL: USOS E ACTI-TUDESA ELABORACIÓN DO DISCURSO ORALA RELACIÓN CO CIDADÁN: A ATENCIÓN AO PÚBLICOE A COMUNICACIÓN TELEFÓNICA
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
GRAMÁTICA PROBLEMAS GRAMATICAIS DA LINGUA DE ESPECIALI-DADE I
-O PRONOME IDENTIFICADOR «MESMO»: USOS EVALORES
-O INFINITIVO CONXUGADO-O FUTURO DE SUBXUNTIVO-AS PERÍFRASES: USOS INCORRECTOS-AS ESTRUTURAS SINTÁCTICAS PROBLEMÁTICAS:
SUBS. + A + INFINITIVO-CUESTIÓNS SOBRE RELATIVOS (CUXO...), INDEFINI-
DOS (ALGÚN, CALQUERA...), INTERROGATIVOS(QUEN...)
-LOCUCIÓNS ADVERBIAIS-LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS-LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS O MEDIO URBANO: A CONSTRUCIÓN E O URBANISMOA ECONOMÍA: A BANCA E O COMERCIOA INFORMÁTICA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS
PROBLEMAS LÉXICOS O CONTACTO CON OUTRAS LINGUAS
TECNOLECTOS LÉXICO ADMINISTRATIVO I
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN ASPECTOS MORFOSINTÁCTICOS-CONCORDANCIA-COLOCACIÓN DOS ELEMENTOS NA FRASE-NOMINALIZACIÓN
ASPECTOS LÉXICOS E SEMÁNTICOS-PROPIEDADE LÉXICA-REDUNDANCIA-PALABRAS «BALEIRAS»-VULGARISMOS-ESTRANXEIRISMOS-NEOLOXISMOS
ASPECTOS TEMÁTICOS-PROGRESIÓN TEMÁTICA-DIGRESIÓNS-ESCURIDADE-OS MARCADORES TEXTUAIS
ESTILO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN IAS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS IAS ABREVIATURAS, AS SIGLAS, OS SÍMBOLOS E OSACRÓNIMOS IAS INDICACIÓNS DE TEMPOAS INDICACIÓNS DE LUGARO TRATAMENTO DO XÉNERO E DO CARGO
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA DOCUMENTOS DE TRANSMISIÓN-ANUNCIO-AVISO-CARTA-CIRCULAR-CITACIÓN//EMPRAZAMENTO-CONVOCATORIA-FAX-INVITACIÓN-NOTIFICACIÓN-OFICIO-PUBLICACIÓN-REQUIRIMENTO-SAÚDO
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO
SOCIOLINGÜÍSTICA A SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DO GALEGO (USOS,COÑECEMENTOS, ACTITUDES)
HISTORIA DA LINGUAXE ADMINISTRATIVA A PROSA TABELIÓNICA NA IDADE MEDIAA SUPERACIÓN DO MODELO CASTELÁN
LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA DISPOSICIÓNS XERAIS E DISPOSICIÓNS INTERNACIONAIS
ANEXO V
CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
A COMUNICACIÓN ORAL TIPOLOXÍA DO DISCURSO ORAL NO ÁMBITO PROFE-SIONALA ELABORACIÓN DO DISCURSO ORAL NO ÁMBITOPROFESIONAL
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
GRAMÁTICA PROBLEMAS GRAMATICAIS DA LINGUA DE ESPECIALI-DADE II
-OS TEMPOS VERBAIS NON CONXUGADOS: INFINITI-VO, PARTICIPIO, XERUNDIO
-VERBOS QUE REXEN PREPOSICIÓN-SUFIXOS E TERMINACIÓNS: -MENTO, -NTE, -SE,
-ÁN/-Á, -ÁN/-ANAPROBLEMAS DO COMPLEMENTO DIRECTOPROBLEMAS DO COMPLEMENTO INDIRECTOA IMPERSONALIDADE: PASIVA REFLEXA//IMPERSOALACTIVA
* MÓDULO DE LÉXICO
TECNOLECTOS LÉXICO ADMINISTRATIVO IIAS LOCUCIÓNS E AS FÓRMULAS FIXASOS LATINISMOS
RELACIÓNS LÉXICAS EVOLUCIÓNS CULTAS, SEMICULTAS E PATRIMONIAIS
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN A LEXIBILIDADE E A LECTURABILIDADE
ESTILO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN IIAS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS IIAS ABREVIATURAS, AS SIGLAS, OS SÍMBOLOS E OSACRÓNIMOS IIOS RECURSOS TIPOGRÁFICOSAS NOTACIÓNS CIENTÍFICAS INTERNACIONAISA NUMERACIÓN E A CANTIDADE
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA DOCUMENTOS DE XUÍZO-INFORME-MEMORIA
DOCUMENTOS DE CONSTANCIA-ACTA-CERTIFICADO-DILIXENCIA
DOCUMENTOS DE DECISIÓN-RESOLUCIÓN-ACORDO
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO
SOCIOLINGÜÍSTICA O PLURILINGÜISMO NO MUNDO
HISTORIA DA LINGUAXE ADMINISTRATIVAE XURÍDICA
AS EXPERIENCIAS RENOVADORAS DA LINGUAXE ADMI-NISTRATIVA MODERNA
LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA OUTRAS DISPOSICIÓNS SOBRE A LINGUA
ANEXO VI
CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURÍDICA
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
A COMUNICACIÓN ORAL ANÁLISE DA COMUNICACIÓN ORAL: USOS E ACTITUDESA ELABORACIÓN DO DISCURSO ORALA RELACIÓN CO CIDADÁN: A ATENCIÓN AO PÚBLICOE A COMUNICACIÓN TELEFÓNICA
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
GRAMÁTICA PROBLEMAS GRAMATICAIS DA LINGUA DE ESPECIALI-DADE I
-O PRONOME IDENTIFICADOR «MESMO»: USOS EVALORES
-O INFINITIVO CONXUGADO-O FUTURO DE SUBXUNTIVO-AS PERÍFRASES: USOS INCORRECTOS-AS ESTRUTURAS SINTÁCTICAS PROBLEMÁTICAS:
SUBS. + A + INFINITIVO-CUESTIÓNS SOBRE RELATIVOS (CUXO...), INDEFINI-
DOS (ALGÚN, CALQUERA...), INTERROGATIVOS(QUEN...)
-LOCUCIÓNS ADVERBIAIS-LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS-LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS O MEDIO URBANO: A CONSTRUCIÓN E O URBANISMOA ECONOMÍA: A BANCA E O COMERCIOA INFORMÁTICA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS
6.100 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005
CONTIDOS TEMAS
PROBLEMAS LÉXICOS O CONTACTO CON OUTRAS LINGUAS
TECNOLECTOS LÉXICO XURÍDICO I
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN ASPECTOS MORFOSINTÁCTICOS-CONCORDANCIA-COLOCACIÓN DOS ELEMENTOS NA FRASE-NOMINALIZACIÓN
ASPECTOS LÉXICOS E SEMÁNTICOS-PROPIEDADE LÉXICA-REDUNDANCIA-PALABRAS «BALEIRAS»-VULGARISMOS-ESTRANXEIRISMOS-NEOLOXISMOS
ASPECTOS TEMÁTICOS-PROGRESIÓN TEMÁTICA-DIGRESIÓNS-ESCURIDADE-OS MARCADORES TEXTUAIS
ESTILO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN IAS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS IAS ABREVIATURAS, AS SIGLAS, OS SÍMBOLOS E OSACRÓNIMOS IAS INDICACIÓNS DE TEMPOAS INDICACIÓNS DE LUGARO TRATAMENTO DO XÉNERO E DO CARGO
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN XURÍDICA DOCUMENTOS DE TRANSMISIÓN-CITACIÓN//EMPRAZAMENTO-EDICTO-EXHORTO-NOTIFICACIÓN-OFICIO-PROVIDENCIA-REQUIRIMENTO
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO
SOCIOLINGÜÍSTICA A SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DO GALEGO (USOS,COÑECEMENTOS, ACTITUDES)
HISTORIA DA LINGUAXE ADMINISTRATIVAE XURÍDICA
PROSA TABELIÓNICA NA IDADE MEDIAA SUPERACIÓN DO MODELO CASTELÁN
LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA DISPOSICIÓNS XERAIS E DISPOSICIÓNS INTERNACIONAIS
ANEXO VII
CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
A COMUNICACIÓN ORAL TIPOLOXÍA DO DISCURSO ORAL NO ÁMBITO PROFE-SIONALA ELABORACIÓN DO DISCURSO ORAL NO ÁMBITOPROFESIONAL
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
GRAMÁTICA PROBLEMAS GRAMATICAIS DA LINGUA DE ESPECIALI-DADE II
-OS TEMPOS VERBAIS NON CONXUGADOS: INFINITI-VO, PARTICIPIO, XERUNDIO
-VERBOS QUE REXEN PREPOSICIÓN-SUFIXOS E TERMINACIÓNS: -MENTO, -NTE, -SE,
-ÁN/-Á, -ÁN/-ANAPROBLEMAS DO COMPLEMENTO DIRECTOPROBLEMAS DO COMPLEMENTO INDIRECTOA IMPERSONALIDADE: PASIVA REFLEXA//IMPERSOALACTIVA
* MÓDULO DE LÉXICO
TECNOLECTOS LÉXICO XURÍDICO IIAS LOCUCIÓNS E AS FÓRMULAS FIXASOS LATINISMOS
RELACIÓNS LÉXICAS AS EVOLUCIÓNS CULTAS, SEMICULTAS E PATRIMONIAIS
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN A LEXIBILIDADE E A LECTURABILIDADE
ESTILO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN IIAS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS IIAS ABREVIATURAS, AS SIGLAS, OS SÍMBOLOS E OSACRÓNIMOS IIOS RECURSOS TIPOGRÁFICOSAS NOTACIÓNS CIENTÍFICAS INTERNACIONAISA NUMERACIÓN E A CANTIDADE
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN XURÍDICA DOCUMENTOS DE XUÍZO-INFORME-MEMORIA
DOCUMENTOS DE CONSTANCIA-ACTA-CERTIFICADO-DILIXENCIA
DOCUMENTOS DE DECISIÓN-AUTO-SENTENZA
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO
SOCIOLINGÜÍSTICA O PLURILINGÜISMO NO MUNDO
HISTORIA DA LINGUAXE ADMINISTRATIVAE XURÍDICA
EXPERIENCIAS RENOVADORAS DA LINGUAXE XURÍDI-CA MODERNA
LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA OUTRAS DISPOSICIÓNS SOBRE A LINGUA
ANEXO VIII
CURSO MEDIO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA SANITARIA
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE LINGUA ORAL
A COMUNICACIÓN ORAL ANÁLISE DA COMUNICACIÓN ORAL: USOS E ACTITUDESA ELABORACIÓN DO DISCURSO ORALA RELACIÓN CO CIDADÁN: A ATENCIÓN AO PÚBLICOE A COMUNICACIÓN TELEFÓNICA
* MÓDULO DE GRAMÁTICA
GRAMÁTICA PROBLEMAS GRAMATICAIS DA LINGUA DE ESPECIALI-DADE I
-O PRONOME IDENTIFICADOR «MESMO»: USOS EVALORES
-O INFINITIVO CONXUGADO-O FUTURO DE SUBXUNTIVO-AS PERÍFRASES: USOS INCORRECTOS-AS ESTRUTURAS SINTÁCTICAS PROBLEMÁTICAS:
SUBS. + A + INFINITIVO-CUESTIÓNS SOBRE RELATIVOS (CUXO...), INDEFINI-
DOS (ALGÚN, CALQUERA...), INTERROGATIVOS(QUEN...)
-LOCUCIÓNS ADVERBIAIS-LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS-LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS
* MÓDULO DE LÉXICO
CAMPOS SEMÁNTICOS O MEDIO URBANO: A CONSTRUCIÓN E O URBANISMOA ECONOMÍA: A BANCA E O COMERCIOA INFORMÁTICA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS
PROBLEMAS LÉXICOS O CONTACTO CON OUTRAS LINGUAS
TECNOLECTOS LÉXICO DA SAÚDE ILÉXICO ADMINISTRATIVO SANITARIO I
* MÓDULO DE REDACCIÓN E ESTILO
REDACCIÓN ASPECTOS MORFOSINTÁCTICOS-CONCORDANCIA-COLOCACIÓN DOS ELEMENTOS NA FRASE-A FRASE NOMINAL
ASPECTOS LÉXICOS E SEMÁNTICOS-PROPIEDADE LÉXICA-REDUNDANCIA-PALABRAS «BALEIRAS»-EUFEMISMOS-ESTRANXEIRISMOS-NEOLOXISMOS
ASPECTOS TEMÁTICOS-PROGRESIÓN TEMÁTICA-DIGRESIÓNS-ESCURIDADE-OS MARCADORES TEXTUAIS
ESTILO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN IAS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS IAS ABREVIATURAS, AS SIGLAS, OS SÍMBOLOS E OSACRÓNIMOS IAS INDICACIÓNS DE TEMPOAS INDICACIÓNS DE LUGARO TRATAMENTO DO XÉNERO E DO CARGO
* MÓDULO DE DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA SANI-TARIA
DOCUMENTOS DE TRANSMISIÓN-ANUNCIO-AVISO-CARTA-CIRCULAR-CITACIÓN//EMPRAZAMENTO-CONVOCATORIA-FAX-INVITACIÓN-NOTIFICACIÓN-OFICIO-PUBLICACIÓNS-REQUIRIMENTO-SAÚDO
TEXTOS ESPECÍFICOS DA ÁREA
* MÓDULO DE CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO
SOCIOLINGÜÍSTICA A SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DO GALEGO (USOS,COÑECEMENTOS, ACTITUDES)
HISTORIA DA LINGUAXE ADMINISTRATIVAE XURÍDICA
PROSA TABELIÓNICA NA IDADE MEDIA
A SUPERACIÓN DO MODELO CASTELÁN
LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA DISPOSICIÓNS XERAIS E DISPOSICIÓNS INTERNACIONAIS
ANEXO IX
CURSO DE EXTENSIÓN CULTURAL
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE SEGUIMENTO DA ACTUALIDADE
GALICIA E O MUNDO GALICIA NA UNIÓN EUROPEAA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGALA GALICIA DA EMIGRACIÓN
POLÍTICA A COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGAAS INSTITUCIÓNSOS SÍMBOLOS
No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.101
CONTIDOS TEMAS
ECONOMÍA ACTUALIDADE ECONÓMICAINNOVACIÓN TECNOLÓXICA EN GALICIA
SOCIEDADE E MEDIO AMBIENTE INTERNET E A SOCIEDADE DA INFORMACIÓNDESENVOLVEMENTO SOSTIBLECONSERVACIÓN DA NATUREZA E ESPAZOS NATURAIS
CULTURA MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS ACTUAISCONSERVACIÓN DO PATRIMONIO E MUSEOS DE GALICIANOVAS TENDENCIAS EN ARQUITECTURA E URBANISMO
TURISMO CIDADES MONUMENTAISTURISMO RURALOS CAMIÑOS DE SANTIAGO, OS PEREGRINOS E OS ANOSXACOBEOS
ACTUALIDADE DE LINGUA E LITERATURA DÍA DAS LETRAS GALEGASLITERATURA ACTUALO GALEGO EN EUROPAAS LINGUAS NAS SOCIEDADES MULTICULTURAISINSTITUCIÓNS EN MATERIA LINGÜÍSTICA (RAG, CIRP...)O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓNO GALEGO NA INTERNETMARCO LEXISLATIVO DA LINGUA GALEGA
* MÓDULO DE XEOGRAFÍA
COORDENADAS ESPACIAIS GALICIA E O ATLÁNTICOGALICIA EN ESPAÑA E EUROPA
PAISAXES GALEGAS ELEMENTOS E FACTORES DAS PAISAXES NATURAIS-RELEVO-CLIMATOLOXÍA-HIDROGRAFÍA-VEXETACIÓN E FAUNA
AS PAISAXES CULTURAIS-A GALICIA COSTEIRA. AS RÍAS-A GALICIA INTERIOR-AS MONTAÑAS
POBOACIÓN ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DE GALICIADISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN GALICIAFENÓMENOS MIGRATORIOS
ESTRUTURA TERRITORIAL CIDADES E VILASÁREAS METROPOLITANASCRECEMENTO URBANO E RELACIÓNS CAMPO-CIDADEO MUNDO RURAL
-ALDEAS E PARROQUIAS-O FUTURO DO MUNDO RURAL
ACTIVIDADES ECONÓMICAS E TERRITORIO SECTOR PRIMARIO (AGRICULTURA, PESCA, MARISQUEO)SECTOR SECUNDARIO (INDUSTRIA, CONSTRUCIÓN)SECTOR TERCIARIO (SERVIZOS)
A ORDENACIÓN DO TERRITORIO ESTADO DO MEDIOURBANISMO E PLANIFICACIÓNAS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DEGALICIAO MODELO DE DESENVOLVEMENTO COMARCALORGANIZACIÓN DO TERRITORIO: CONCELLOS E PRO-VINCIAS
* MÓDULO DE HISTORIA, ARTE E HISTORIADA LINGUA E DA LITERATURA
A GALICIA PRERROMANA PRIMEIROS POBOADORESCULTURA MEGALÍTICACULTURA E ARTE CASTREXA
A GALLAECIA ROMANA CONQUISTA E ROMANIZACIÓN
A FIN DO MUNDO ANTIGO O REINO SUEVOO PERÍODO VISIGODO E A SÚA FINARTE PRERROMÁNICA
A GALICIA MEDIEVAL GALICIA NO PERÍODO MEDIEVALA APARICIÓN DA LINGUA GALEGALITERATURA GALEGO-PORTUGUESAARTE ROMÁNICA E GÓTICAAS REVOLUCIÓNS IRMANDIÑAS
A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME OS SÉCULOS ESCUROSA ARTE BARROCAO SÉCULO XVIIIA ARTE NEOCLÁSICA
A GALICIA CONTEMPORÁNEA A DESAPARICIÓN DO ANTIGO REINO DE GALICIAO REXURDIMENTOOS MOVEMENTOS GALEGUISTAS: DO PROVINCIALISMOÁS IRMANDADES DA FALAA LITERATURA DE PREGUERRAOS ANOS DO ESTATUTO DO 36FRANQUISMO E DEMOCRACIAO ESTATUTO DE 1981CONTINUIDADE E RUPTURA NA LINGUA E NA LITE-RATURA
* MÓDULO DE ANTROPOLOXÍA
CULTURA TRADICIONAL ARTESANÍAOS TIPOS DE VIVENDA E AS CONSTRUCIÓNS AUXILIA-RES (HÓRREOS, CRUCEIROS, MUÍÑOS, POMBAIS...)OS OFICIOSA MÚSICA
-OS INSTRUMENTOS-OS BAILES
OS CICLOS DE FESTAS E TRADICIÓNS CICLO DO ANOCICLO DA VIDA
MITOLOXÍA E LENDAS SERES MÍTICOS POPULARESCRENZAS E LENDAS DA NATUREZA
* MÓDULO DE LINGUA
COMUNICACIÓN COMENTARIO DE NOVAS DE XORNAISDEBATES SOBRE TEMAS DE ACTUALIDADEEXPOSICIÓNS DE TEMASLECTURA DE CONTOSOBSERVACIÓN E COMENTARIO DE TEXTOS HISTÓRICOSE LITERARIOS, IMAXES ARTÍSTICAS E MAPASOBSERVACIÓN E COMENTARIO DE FOTOGRAFÍAS EPELÍCULASEMPREGO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
ANEXO X
CURSO DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA MENORES DE 18 ANOS
CONTIDOS TEMAS
* MÓDULO DE COÑECEMENTO DO CONTORNO
O TERRITORIO GALEGO (ELABORACIÓNDUN MAPA DE GALICIA)
CONTORNO FÍSICO-MONTAÑAS, CHAIRAS E VALES-RÍOS, RÍAS E ILLAS
ASENTAMENTOS E INFRAESTRUTURAS-CIDADES E VILAS-ESTRADAS, FERROCARRÍS, PORTOS E AEROPORTOS
IMAXES DE PAISAXES GALEGAS PAISAXES NATURAIS E CULTURAISIMAXES URBANASAS PAISAXES AO LONGO DAS ESTACIÓNS DO ANO
LUGARES DE INTERESE TURÍSTICO ESPAZOS NATURAISCIDADES MONUMENTAIS
* MÓDULO DE COÑECEMENTO DO PASADO
ESCOLMA DE ACONTECEMENTOS HISTÓRICOS O MUNDO CASTREXOOS SUEVOSO DESCUBRIMENTO DO SARTEGO DO APÓSTOLOO PERÍODO IRMANDIÑOO REXURDIMENTO
TRANSFORMACIÓNS DO MUNDO ACTUAL DA GALICIA RURAL Á GALICIA URBANASOCIEDADES MULTICULTURAISMOVEMENTOS ECOLOXISTAS
* MÓDULO DE COÑECEMENTO CULTURAL
SÍMBOLOS DE GALICIA O HIMNOO ESCUDO E A BANDEIRA
LITERATURA LITERATURA INFANTIL OU XUVENIL ACTUALBANDA DESEÑADA
MÚSICA TRADICIONAL INSTRUMENTOSPEZAS TRADICIONAISBAILES
MÚSICA ACTUAL CANTANTES E MÚSICOS ACTUAISMÚSICA CELTA E ROCK BRAVÚCONCERTOS E ESPECTÁCULOS
O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN XORNAISRADIO E TELEVISIÓNCINEINTERNET
DEPORTES DEPORTES PRACTICADOS EN GALICIAEQUIPOS DEPORTIVOS GALEGOS
* MÓDULO DE PRÁCTICAS DE LINGUA
O VÍNCULO CON GALICIA LUGAR DE ORIXEHISTORIA FAMILIARAS AMIZADES
LECTURA DE CONTOS TRADICIONAIS GALEGOS TRADICIÓNS E FESTASLENDASMITOLOXÍA
* MÓDULO DE LINGUA
LÉXICO RELACIÓNS PERSOAISA FAMILIAO TEMPO CRONOLÓXICOO TEMPO ATMOSFÉRICOELEMENTOS DAS PAISAXESMEDIOS DE TRANSPORTETOPONIMIAONOMÁSTICADEPORTESESPECTÁCULOS
GRAMÁTICA EMPREGO DAS PRINCIPAIS CATEGORÍAS GRAMATICAIS
TEXTOS CONTOSLETRAS MUSICAISLITERATURA INFANTIL OU XUVENILBANDA DESEÑADANOVAS DOS XORNAISTEXTOS DA INTERNET
LINGUA ORAL PRESENTACIÓNSDIÁLOGOSELABORACIÓN DE PREGUNTAS E RESPOSTAS
ANEXO XI
O/A secretario/a do..., en virtude da Orde do...de abril de 2005 (DOG nº..., do... de abril de 2005),que establece o procedemento para a validación doscursos de lingua galega.
Outorga a
A validación do(s) curso(s) de... de lingua galega,segundo a documentación que consta nesta secre-taría.
..., ... de... de 2...
Visto e praceO/A secretario/a do centro O/A director/a do centroAsdo.:... Asdo.:...
6.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 71 L Xoves, 14 de abril de 2005
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOSMARÍTIMOS
Orde do 4 de abril de 2005 pola que seconvocan axudas á modernización dosbuques pesqueiros para o exercicio de2005 e se modifica a Orde do 14 de xullode 2000 pola que se establecen as basese condicións e se regula o procedementode concesión de axudas á renovación dafrota e á modernización dos buquespesqueiros.
A Orde do 14 de xullo de 2000 pola que se esta-blecen as bases e condicións e se regula o proce-demento de concesión de axudas á renovación dafrota e á modernización dos buques pesqueiros modi-ficada pola Orde do 1 de xullo de 2002, prevé queas obras deberán estar incluídas dentro do prazoque se sinala na correspondente resolución e, entodo caso, dentro do exercicio orzamentario corres-pondente á concesión.
Para tal obxecto, esta consellería
DISPÓN:
Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.
Convócanse axudas á modernización dos buquespesqueiros, que se rexerán polas bases e condiciónse de acordo co procedemento establecido na Ordedo 14 de xullo de 2000 (DOG do 2 de agosto), modi-ficada pola Orde do 1 de xullo de 2002, sendo oprazo de presentación de solicitudes, de acordo coaLei de orzamentos xerais da Comunidade Autónomade corenta días naturais contados a partir do seguinteao da publicación desta convocatoria.
Artigo 2º.-Crédito orzamentario.
As subvencións concédense con cargo á aplicación12.03.721B.770.3 do orzamento do ano 2005, cunimporte de 5.822.708 euros.
Artigo 3º.-Modificación da Orde do 14 de xullode 2000.
Modifícanse os seguintes artigos da Orde do14-7-2000:
«Artigo 6º.-Obrigas dos beneficiarios».
O parágrafo terceiro queda redactado do seguintexeito:
«Coa solicitude e coa petición de pagamento daaxuda deberán presentar certificacións de non terdébedas coa Administración estatal e autonómicae certificación de estar ao día das súas obrigas coaSeguridade Social. Así mesmo, deberán presentartanto coa solicitude, coa petición do pagamento daaxuda, unha declaración relativa a todas as sub-vencións concedidas ou solicitadas para o mesmoproxecto e dar cumprimento a todo o establecido
no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7de outubro, polo que se aproba o texto refundidoda Lei de réxime financeiro e orzamentario de Gali-cia, tal como foi modificado pola Lei 8/1999, do30 de decembro».
«Artigo 9º.-Criterios de selección».
O punto 3. Modernización, queda redactado doseguinte xeito:
«De entre todos os expedientes presentados quese refiran a algún dos aspectos subvencionables prio-rizarase en función inversa da idade do buque quese vai modernizar, salvo as que favorezan o enro-lamento de mulleres para o que se terá en contao establecido no anexo II punto 3».
«Artigo 12º.-Solicitude e prazo de presentación».
O punto A) queda redactado do seguinte xeito:
«A solicitude formularase no impreso normalizadoque se une como anexo IV desta orde e con trescopias, se é o caso, de ser necesaria farase constara data da autorización das obras».
Introdúcese unha nova epígrafe:
«e) Certificacións de non ter débedas coa Admi-nistración estatal e autonómica e certificación deestar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social».
«Anexo II. Criterios de selección».
O punto 3. Modernización, queda redactado doseguinte xeito:
«Priorización en función inversa da idade do buqueque se vai modernizar, dentro dos límites compren-didos entre seis e vinte e nove anos, para aspectosou investimentos subvencionables.
1 punto por ano.
Máxima puntuación: barcos de 6 anos.
Mínimo puntuación: barcos de 29 anos.
A continuación, tamén en función inversa da idade,os barcos de 30 ou máis anos para obras de melloradas condicións de traballo e seguridade.
Non obstante e independentemente da idade dobuque, todas aquelas obras que favorezan a posi-bilidade de enrolamento de mulleres serán consi-deradas prioritarias e polo tanto o buque acadaráa puntuación máxima soamente con respecto ás ditasobras».
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao dasúa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2005.
Enrique César López VeigaConselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos