Upload
ponciuss
View
766
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
RELACIÓNS DE SIGNIFICADO
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS Establécense entre unhas palabras e outras
dende o punto de vista do significado poden ser de distintos tipos:
- Sinonimia -Polisemia -Homonimia -Antonimia
SINONIMIA É a designación dun só significado mediante
varios significantes. Existen varios tipos de sinónimos: Perfectos ou absolutos : identidade total de
sgdos, intercambiables en todos os contextos.
=Xabaril/Porco Bravo
Imperfectos ou parciais : non hai identidade total entre os sgdos e só son intercambiables nalgún contexto.
Por exemplo: casa/fogar
POLISEMIA Fenómeno consistente en que unha mesma
palabra posúe máis dun significado cando se emprega en contextos diferentes .
Serra: 1.Instrumento cortante.
2.Sucesión de montañas.
As palabras polisémicas figuran nos dicionari
os cunha soa entrada e varias acepcións.
ANTONIMIA Denomínase antonimia á relación que se
establece entre unidades de significado oposto.
Diferenciamos tres tipos de antónimos: Complementarios: É a mantida entre dous
vocábulos cando un significa xustamente a negación do outro.Por exemplo:
home
muller
Antónimos propiamente ditos. Dáse entre termos opostos que admiten gradación intermedia: grande- (mediano)- pequeno.
grande mediano pequeno
Inversos ou recíprocos :a relación de significado dase entre termos opostos que se implican mutuamente. Para que se dea un, ten que darse o outro . Por exemplo:
Pai/fillo
HIPONIMIA E HIPERONIMIA
Son relacións de inclusión de significados, un significado está incluído no de outro.
Hiperónimo: Asento
Hipónimo
cadeira
Hipónimo
banco
Hipónimo
sofáCohipónimo Cohipónimo
FAMILIA DE PALABRAS OU FAMILIA LÉXICA
É o conxunto de palabras que utilizan o mesmo lexema como base. Así a familia léxica ‘libr- ' está formada por palabras como libro,libraría,libreiro,libreto etc
CAMPO SEMÁNTICO
Conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que comparten un núcleo de significación común, aínda que teñan lexemas diferentes. natación
tenis
esgrima
Tenis, natación, esgrima.. . constitúen un campo semántico (o dos deportes) porque na súa definición hai un trazo común: son deportes.