13
Ana Taboada Pardiñas, 6º curso Samuel Abelenda, 6ª curso Lucía Olmedo Velo, 5º curso Patricia Pose, 5º curso 2011 R R R E E E L L L A A A T T T O O O S S S D D D E E E T T T E E E R R R R R R O O O R R R C.E.I.P. Bormoio - Agualada R/ Campo da feira, s/n 15.148 Coristanco http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/

Relatos de terror

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contos de samaín 2011 feitos polos alumnos e alumnas de 3º ciclo.

Citation preview

Page 1: Relatos de terror

A

na T

aboa

da P

ardi

ñas,

curs

o Sa

mue

l Abe

lend

a, 6

ª cu

rso

Luc

ía O

lmed

o V

elo,

curs

o P

atri

cia

Pos

e, 5

º cu

rso

2011

RR REE ELL LAA ATT TOO OSS S

DD DEE E

TT TEE ERR RRR ROO ORR R

C.E.I.P. Bormoio - Agualada R/ Campo da feira, s/n

15.148 Coristanco http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/

Page 2: Relatos de terror

Un día, cando iamos entrar á escola a miña amiga Olalla e máis eu, como tódolos luns, chegou unha limusina negra e dela saíu unha nena. Era Marina, unha nena nova que chegara había duas semanas de Transilvania. Non falaba a nosa lingua. Falaba inglés. Case sempre estaba soa e non tiña amigos, e o profesor de inglés procuraba estar ó seu carón para poder comunicarse connosco. Ademáis dicían que era

moi guapa pero era fea, fea, fea como un ogro.

O MISTERIO DO RUIDO DO SOTO

Hola, eu son Anna e vouvos contar unha historia que me sucedeu hai dous ou tres anos.

Ese mesmo día, pola tarde, cando estabamos facendo o control de matemáticas, petaron á porta. A mestra foi abrir e entrou a directora cun neno collido da man. Chamabase Sandro e acabara de chegar de Transilvania. Era o primo de Marina. Cando o vimos quedamonos moi abraiados porque tiña a pel moi branca, parecía pálido.

Todos corremos facerlle preguntas e entre elas preguntáronlle:

- Eres un vampiro?-pero non contestou.

Page 3: Relatos de terror

Aquel luns todos fomos un pouco abraiados para a casa por aquelas novas amizades tan estranas que acabaran de chegar.

Ó día seguinte, o martes, de novo na escola, a iso das 4 da tarde, oiuse un gran estrondo que procedía do chan. Blomm!

Os mestres dixéronnos que sairamos e foramos para fóra correndo, pero a miña amiga Olalla e mais eu, xunto con outros compañeiros, fomos ó soto e atopamos a Marina e a Sandro dentro dunhas tumbas.

Eran vampiros! Demos a volta inmediatamente e comezaron a perseguirnos. Subimos as escaleiras a fume de carozo e

saimos fóra. Miramos para atrás pero xa non os avistamos. Cando nos viron, os mestres castigaronos sen recreo durante

un mes por non obedecerlles e non sair fóra cando nos mandaran.

Page 4: Relatos de terror

Nos contámoslle a todo o mundo que eran vampiros e así todos o souberon.

Ó día seguinte atopamos unha nota enriba das nosas mesas que poñía :

Marchamos para Transilvania. Agora que nos descubrístedes, xa non

podemos seguir aquí. Sandro e Mariña.

Ana Taboada Pardiñas, 6º

Page 5: Relatos de terror

UNHA NOITE NO CEMITERIO

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo

reconverteu no Día de Todos os Santos. É unha festa para asustarvos pero

tranquilos e resistide, contareivos unha historia.

O 1 de novembro ía cos meus amigos e recordeilles que era Samaín, o día dos mortos, e que se íamos

as présas a miña casa, poderíamos preparar algo especial. Convideinos a todos a durmir na miña casa e a

organizar unha acampada. Todos estaban asustados por durmir no xardín. De repente Xavier dixo:

-Dito e feito, estarei alá! De tódolos xeitos nin os espíritus nin as pantasmas existen – afirmou.

Todos seguros dixémoslle:

-Xavier, non te metas cas almas ou senón pasará algo que non te deixará durmir.

Page 6: Relatos de terror

E alá fomos a miña casa facer a cabaza máis terrorífica de todas. A nosa amiga Xulia recordounos que

se ía celebrar o Samaín no colexio. Non nos decatáramos!!!

Cando acabamos a cabaza, puxémonos guapos e bailamos coma tolos na festa. Xa máis tarde

voltamos para a casa pero papá e mamá aínda non chegaran da festa… asustámonos!!!!

Unha vez que chegamos a casa, Xavier, que non cría nos espíritus, propuxo:

-A que non vos atrevedes a ir ao cemiterio? Esta é a noite máis propicia

para pasarnos por alí.

Xavier estaba tolo. Como íamos ir ao cementerio por Samaín cando os

mortos están despertos?

Ao final convenceunos xa que non queríamos que él pensara que éramos uns “galiñas”, e alá fomos!

Cando chegamos, por suposto, o portal estaba pechado. Xavier díxonos que o seguíramos e fomos coma

burricáns. Metémonos por un pequeno burato. Dixémoslle que queríamos marchar porque aquelo nos

Page 7: Relatos de terror

traía moi malos recordos: de pequenos estabámos xogando no cementerio e un amigo noso morrera.

Dende entón xamais volveramos ata aquel día.

De súpeto escoitamos un ruido e advertín de que era mellor que non nos separaramos pero cando

me din conta, xa non había ninguén. Fun correndo a casa para ver se os meus amigos estaban alí pero non

había ninguén.

De súpeto, chamaron a porta. Corrín cara ela pensando que era a miña xente. Sen

embargo, cando a abrín non podía crer o que estaba vendo. Eran mortos! E ,meu deus,

podo dicir que semellaban ter intencións non moi amigables. Agarráronme fortemente

polo brazo e un comezou a arrancarse a pel de forma desgarradora… Pero que era aquilo! Botei un sorriso

de alivio. Se era a miña familia cos meus amigos! Atopáranse e decidiran gastarme unha broma.

Mais ninguén sabía nada de Xavier. Seguro que xa estaba na súa casa escondido

debaixo das sabas. Ja, ja! A pesares de que dicía que non tiña medo foi o que máis se

asustou.

Page 8: Relatos de terror

Ao final, ceamos todos xuntos comentando o susto que levara. Logo decidimos durmir na miña

habitación. Era mellor deixar a acampada para outro día. Xa foran demasiadas emocións!

E colorín colorado este conto está horripiantemente rematado.

Lucía Olmedo Velo 5º

Page 9: Relatos de terror

A CULTURA CELTA NO SÉCULO XXI No mundo “normal” e corrente onde, estamos nós agora mesmo, podemos atopar colexios,

supermercados, rañaceos e ,sobre todo, grandes cidades.

O que quero tratar de contarvos acerca disto é o que pasaría se todo isto non existise e aínda

estiveramos poboados polos espíritus que os celtas tiñan.

O 31 de outubro en Galicia, no marabilloso ano 2011, un ceo negro, escuro e con

tormentas, atacaba a nosa comunidade. Un neno asomouse á ventá da cociña e

viu un vampiro. O rapaz comezoulle a lanzar coitelos, garfos,… pero non

conseguía que marchara.

Ata que ó final colleu unha cabaza decorada e conseguiu que

aquel ser horripiante se asustara e finalmente marchara.

Ante o medo de que se poidese asomar de novo por alí, o rapaz comezou a

poñer cabazas en tódalas xanelas da casa, estrou allo ó longo de toda a vivenda e

finalmente fixo cruces de papel.

Page 10: Relatos de terror

O vampiro, coma certamente pensaba aquel rapaz, volveu. Quíxose meter na súa

habitación pero, ó ver todo aquilo, acabou convertindose en po.

Os pais chegaron ó día seguinte e viron que a casa estaba moi ben decorada.

Déronlle a noraboa por estar tan ben adornada.

De alí a uns días o neno comezou a contarlles: Se soubésedes o que me pasou…

Samuel Abelenda, 6º

Page 11: Relatos de terror

UN SUCESO ESTRAÑO

Nesta época do ano, o samaín, sóense contar historias de medo como esta :

“Hai un mes, en Corme, houbo un suceso extraño que, nun principio, non

semellaba ter nada de raro. Nunha casa había una nena enfadada. Ela fora moi

egoísta coa súa nai, por eso estaba castigada.

De súpeto, pechou os ollos e atopouse soa no medio do monte. Aparecéronlle todo tipo de

monstruos, todos aqueles que vos poidades imaxinar: bruxas ,lobisomes, vampiros, demos, etc…

Estábana acorralando cando un burato se abriu debaixo dos seus pés,

e apareceu nunha sala.

Había seis portas e cada unha tiña un símbolo e unha cor. A sala estaba escura,

mais, de repente, a nena avistou un pergamiño. Con moito medo abriuno paseniñamente.

Page 12: Relatos de terror

No pergamiño estaba escrita unha mensaxe que dicía o seguinte:

Nena, podes ter moitos

problemas elixindo mal.

Comezaron a escoitarse ruidos e a nena correu cara a segunda porta a toda velocidade. Diante dos ollos

apareceulle unha tremenda catarata de auga fervendo con unha cor de sangue, bufffffffff!

A nena, tremendo, pegou un xiro en redondo e pechou a porta de golpe.

Page 13: Relatos de terror

Na seguinte porta ,nada máis abrila, atopouse cunha boca enorme chea de dentes dos que salía un moco verde.

Era un cocodrilo cunha moi mala saúde bucodental. O corazón da nena latexaba a toda velocidade. Semellaba que lle

ía a saír do peito.

A nena, desorientada, decidiu probar sorte noutra porta, a

cal tiña unha cor un pouco especial. Abriuna temento o peor,

sen embargo viuse envolta nunha agradable manta de néboa

cálida. Foi alí onde recibiu unha cura de humildade e respeto.

Espertou, arrepentíndose dos seus erros e egoísmos,

pediu perdón e comezou una nova vida”.

Patricia Pose, 5º