Upload
others
View
1
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
1
RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE
XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL
NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes
agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu
nome completo.
Ás dez horas e cinco minutos do día trinta de xuño de dous mil quince, en segunda convocatoria
e baixo a presidencia do Sr. reitor magnífico, reúnese no Salón Reitoral do Colexio de San
Xerome (Santiago de Compostela), o Pleno do Consello de Goberno da Universidade.
E procedeuse a abordar os puntos que compoñían a
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2. Informe do sr. reitor
3. Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaria Xeral
4. Informe sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da USC
5. Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Dobres Titulacións
6. Aprobación, se procede, das propostas de novas titulacións de máster para o
curso 2016-2017
7. Aprobación, se procede, das propostas de modificacións de titulacións de grao e
máster para o curso 2016-2017
8. Aprobación, se procede, dunha proposta de modificación de programa de
doutoramento
9. Aprobación, se procede, da modificación da titulación propia do CSHG
10. Renovación, se procede, da Comisión de Actividades e Servizos de I+D, da
Comisión de Avaliación de Accións especiais e da Comisión de Posgrao Propio e
Formación Continua
11. Proposta de nomeamento de director/a en funcións do departamento de Química
Inorgánica
12. Memoria de Cursos de Posgrao
13. Recursos
14. Regulamentos
15. Premios extraordinarios
16. Asuntos económicos
17. Convenios
18. Asuntos de trámite
19. Rogos e preguntas
2
1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
Se formulan diferentes obxeccións á acta do Consello de Goberno do 5 de xuño de 2015, a
saber:
- O Prof. G. L. propón a corrección de diferentes prazos que figuran no punto 2), referido
aos “Informe do sr. reitor”, sobre as medidas adoptadas na adaptación dos estudantes
de doutoramento ao novo sistema.
- A Profa. V. R. pediu a modificación da súa declaración no punto 13) da orde do día,
“Aprobación, se procede, da modificación da RPT, e da actualización do cadro de
persoal de PDI de 2015”; e a incorporación como anexo a acta do acordo da Xunta da
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, reunida de xeito extraordinario, para
tratar o informe desfavorable das solicitudes de certas prazas emitido pola COAP. Así
mesmo, engadiu unha modificación dun acordo no punto 16, “Proposta de convenio de
dobre titulación entre a USC e a Rochelle Business School”, no que debe figurar que a
memoria da proposta do convenio coa citada institución privada sería feita pola
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en solitario, e non de consuno coa
Facultade de Administración de Empresas.
- A Profa. F. M. solicitou a incorporación á acta de determinadas precisións referidas a: 1)
O punto 2) da orde do día, “Informes do sr. reitor”, onde debe figurar que a dicente
“condena enerxicamente calquera actitude homófoba”; 2) O punto 13), “Aprobación, se
procede, da modificación da RPT, e da actualización do cadro de persoal de PDI de
2015”, no que engade unha declaración máis exhaustiva sobre as consecuencias da súa
aprobación; 3) O punto 14), “Aprobación, se procede, das comisións de selección de
prazas de PDI correspondentes á Oferta de Emprego Público (OPE)”, no relativo as
declaracións feitas polo vicerreitor de organización académica e PDI e a un erro material
pois figuraba o ano 2014 e debería dicir 2015.
O Prof. C. V. indicou in actum que a declaración da secretaria xeral que figuraba no punto 28,
“Rogos e preguntas”, non era imparcial e solicitaba a súa modificación. O tema a tratar versaba
sobre as fichas dos alumnos en formato papel, e a secretaría xeral desculpouse ao tempo que se
acordaba proceder á modificación.
O Prof. L. D., tamén na propia sesión, solicitou que os votos en contra correspondentes aos
puntos da orde do día 10), 13) e 14) se atribúan, ademais de a el mesmo e ao Prof. G. S., que
eran os que figuraban na acta inicial, aos Profs. C. V., C. E., L. C. e O. E.
Aceptadas todas as obxeccións procédese a aprobación da acta onde aquelas serán
incorporadas.
2) Informe do sr. reitor
Os informes do reitor versaron principalmente sobre as cuestións seguintes:
- Reunión da CRUE e da Rede Universia, o 10 de xuño en Badaxoz.
- Aprobación do protocolo de funcionamento interno da CRUSOE, o 16 de xuño en
Oviedo.
3
- Outorgamento do doutoramento honoris causa pola Universidade de Miño ao Prof.
Villares Paz, o 17 de xuño.
- Celebración do Pleno do Claustro Universitario, o 26 de xuño, onde se aprobaron o
Regulamento de Réxime Interno do Claustro, as Liñas Xerais do Regulamento Electoral
Xeral e os Criterios Xerais da Normativa de Creación, Modificación e Supresión de
Departamentos.
3) Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaria Xeral
A vicerreitora de investigación e innovación abordou:
- As novas medidas para o reparto da produción científica destinadas especialmente a
asistir a institutos e estacións en función da súa propia produción científica, e aos grupos
de investigación que conservan actividade investigadora contable e non teñen crédito.
- A renovación da subscrición de SCOPUS.
- A normalización da filiación institucional aos efectos das publicacións dos investigadores
da Universidade.
- A publicación da proposta provisional dos candidatos seleccionados na convocatoria
2014 no Programa Ramón y Cajal.
O vicerreitor de organización académica e PDI tratou de:
- A publicación no Taboleiro Electrónico, o 17 de xuño, das normas sobre profesores e
investigadores ad honorem, profesores eméritos e licenzas por anos sabáticos.
- A inmediata publicación no BOE de 16 prazas da OPE, que retrasouse por un problema
informático.
- A aclaración de dous erros materiais na información das prazas aprobadas polo
Consello de Goberno do 5 de xuño.
O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa falou da reunión do plenario da CASUE, o
26 de xuño, onde foi tratado o tema dos plans de estudos 3+2 sen chegar a ningunha posición
común.
A vicerreitora de estudantes, cultura e responsabilidade social informou sobre a inminente
difusión das axudas e subvencións a prezos públicos para o ano 2015-2016.
O xerente tratou as propostas de adxudicación da mesa de contratación con tres procedementos
abertos. Engadiu que a Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta procedeu a
renegociación da súa débeda de forma que as condicións acadas serán de aplicación a nosa
Universidade que contará cun Euribor ao 0,85% para o próximo ano.
A secretaria xeral da conta da publicación da convocatoria de matrícula para o curso 2015-2016
na que destacou: os cambios da regulación dos estudos de doutoramento, a incorporación das
dobres titulacións, a inclusión do PATEX e anova xestión das listas de esperas nos procesos
selectivos de acceso aos títulos. Tamén informou da publicación do Decreto de prezos públicos
para o curso académico citado.
4
A continuación tomaron a palabra o profesores L. D. e R. H., xurdindo os temas do reparto dos
200.000 da produción científica e do estado da tramitación na Xunta de Galicia das prazas.
4) Informe sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da USC
Con relación as Contas Anuais do exercicio 2014, na intervención do xerente destacáronse os
seguintes datos:
- O balance de situación presenta un valor do seu activo de 506 millóns de euros, importe
igual ao do total do patrimonio neto e o pasivo.
- O estado do remanente de tesourería presenta un remanente de tesourería non afectado
por importe de -14.657.120,24 que fronte ao previsto no PERF supón unha mellora da
previsión de 1.661.125,80 euros.
- Os dereitos recoñecidos acadaron o importe de 226.210.273,74 euros e as obrigas
contraídas foron por importe de 237.843.934,80 euros
- O resultado orzamentario axustado foi de -5.351.914,29 euros. No PEFR prevíase un
resultado orzamentario de -7.061.204,00 polo que mellorouse a previsión en
1.709.289,71
- O valor dos activos financeiros a 31/12/2014 foi de 1.740.403,37, o importe dos pasivos
financeiros con entidades de crédito era de 25.903.590,16 e en concepto de anticipos
reembolsables 19.207.505,08 euros
- A evolución do gasto entre o exercicio 2010 e o 2014 supuxo unha diminución de 41,14
millóns de euros segundo se recolle no informe de xestión. O importe total de licitacións
foi de 11,9 millóns de euros
Ademais, como novidade na presentación de contas da USC, se incorporou na conta do
exercicio os datos da contabilidade analítica segundo o establecido no Plan Xeral de
Contabilidade Pública. Reflíctese así o custe de actividades finalistas segundo as funcións que
desenvolve, docencia, investigación e actividades de extensión e outras.
No debate, interviñeron o Prof. M. P. urxindo a resolver o problemas dos contratos laborais
irregulares, que supoñen un custo considerable a Universidade, e destacou a necesidade de
solicitar ao Ministerio unha regulación específica para o colectivo dos investigadores financiados
co capítulo VI.
O Prof. L. D. fixo fincapé na preocupante situación da Tesourería; mentres que o Sr. D. V.
destacou que a falta de ingresos extraordinarios no 2016 farán del un ano moi duro.
O Sr. P. C. inquiriu sobre si estaba previsto un procedemento de consulta específica da
contabilidade analítica por centro, departamento, unidade etc.
A Profa. V. R. interesouse pola repercusión da contabilidade analítica no cómputo das tarefas do
PDI e de si sería posible perfeccionar o modo de distribuír o horario de traballo para que fosen
incluídos os cargos de xestión. Apostilou a Profa. C. M. no sentido de que os datos públicos
deberían facerse sobre un sistema que contabilizase as múltiples actividades do PDI.
5
Respondeu o xerente a estas cuestións, foi felicitado en xeral pola incorporación da
contabilidade analítica e o informe obtivo o apoio do Consello de Goberno.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento informar favorablemente sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da Universidade do exercicio 2014.
5) Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Dobres Titulacións
Á proposta do vicerreitor de oferta docente e innovación educativa, complétase coa do Prof. L. D.
quen solicitou se achegase a expresión “outras institucións de ensino superior” a de “recoñecida
solvencia”. Nestes termos formulouse o acordo.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación do Regulamento sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais na USC de forma que nos seus capítulos I, “Programas de titulacións”, e II, “Programas Interuniversitarios por convenio de dobre titulación”, cando se trata da celebración de convenios con outras universidades a expresión “universidade estranxeiras” debe ser substituída por “universidades estranxeiras ou outras institucións de ensino superior de recoñecida solvencia”.
6) Aprobación, se procede, das propostas de novas titulacións de máster para o
curso 2016-2017
(As 13.24 h, a vicerreitora de investigación e innovación substitúe na presidencia ao reitor)
Advirte o vicerreitor de oferta docente e innovación educativa que as dúas titulacións de máster
contan co previo informe favorable da Comisión de Organización Docente e da Comisión de
Titulacións e Programas de Estudos.
Xurde unha discusión que iniciou o Prof. M. P., sobre a escaseza de profesorado para impartir o
total do encargo docente teórico destes títulos. Na mesma, tamén interviñeron os Profs. F. M., F.
L., L. D. e R. H., xunto cos vicerreitores de organización académica e PDI e o de comunicación e
coordinación.
(As 13.32 h reincorporase na presidencia o reitor)
Finalmente, o reitor propón a adopción dun acordo favorable condicionado a que no momento da
implantación dos títulos non se requirirán recursos adicionais.
Coa abstención do Prof. M. P., acádase o acordo por maioría.
6
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por maioría dos seus membros e unha abstención a proposta para o curso 2016-2017 do Máster en Filosofía: Cuestións Actuais (2ª edición) e do Máster en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento, advertindo as áreas con vinculación ao título do seu compromiso de non requirir recursos adicionais no momento da súa implantación.
7) Aprobación, se procede, das propostas de modificacións de titulacións de grao e
máster para o curso 2016-2017
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións do Grao en Química e do Grao en Veterinaria.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións dos másters que se relacionan: a) Máster en Atención sanitaria, Xestión e Coidados; b) Máster en Bioloxía Mariña; c) Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación; d) Máster en Dirección de Proxectos; e) Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros; f) Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria; g) Máster en Investigación, en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario; e h) Máster en Saúde Pública.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificacións do Máster en Investigación Química e Química Industrial de acordo coas indicacións do informe final de verificación da ACSUG e subsanación de erros na Memoria: a) corrección da denominación do título, que pasa a ser Máster en Investigación Química e Química Industrial; b) rectificación na Memorias da distribución temporal das materias de forma que todas pasan a ser anuais; c) corrección do apartado de actividades formativas no que se refire á materia “Prácticas Profesionais” (seis créditos ECTS no lugar de doce); d) corrección de cadro coa porcentaxe do item “Avaliación das competencias prácticas adquiridas”, para que a suma dos items sexa o 100% e non o 80%. Polo contrario e da forma xa descrita, o Consello de Goberno non aprobou a proposta de modificacións do Máster en Industria Química e Química Industrial no que se refire a celebración dun novo convenio interuniversitario xa que non se axusta a normativa vixente da Universidade de Santiago de Compostela.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a revisión da memoria xustificativa e da memoria económica do Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados, co fin de achegala ao resto da documentación do título para que sexa coñecido polo Consello Social.
7
A proposta de modificación do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos foi retirada e, polo
tanto, non coñecida polo Consello de Goberno.
8) Aprobación, se procede, dunha proposta de modificación de programa de
doutoramento
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificación do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química consistente na incorporación de novos investigadores e de novas actividades formativas.
9) Aprobación, se procede, da modificación da titulación propia do CSHG
O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa explicou que a Comisión Académica do
título propuxo unha modificación relativa ao regulamento de permanencia e outra sobre a
planificación das ensinanzas, sen que ningunha delas ataquen á estrutura de dito título.
Acompañouse a proposta de modificación do informe favorable da Comisión de Titulacións e
Programas de Estudo.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificación do Diploma Superior en Xestión Hoteleira.
10) Renovación, se procede, da Comisión de Actividades e Servizos de I+D, da
Comisión de Avaliación de Accións especiais e da Comisión de Posgrao Propio e
Formación Continua
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a renovación da Comisión de Actividades e Servizos I+D que se conforma como sigue:
- Dona Isabel Rodríguez-Moldes Rey (vicerreitora de investigación e innovación) - Don Andrés Barreiro Lois (vicerreitor de desenvolvemento científico e tecnolóxico do
campus de Lugo) - Dona Alicia Estévez Toranzo (área de Ciencias Experimentais), que renova - Don Ángel García Vidal (área de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Don Elías Torres Feijoo (área de Humanidades) - Don Manuel Guaita Fernández (área de Ensinanzas Técnicas) - Don Angel J. Concheiro Nine (área de Ciencias da Saúde) - Don Xoaquín Fernández Leiceaga (vogal Institutos) - Don Rogelio Conde-Pumpido Tourón (director OIT)
8
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a renovación da Comisión de Accións Especiais que se conforma como sigue:
- O reitor - Don Luis Lima Rodríguez (vicerreitor de organización académica e PDI) - Don Roberto López López (vicerreitor de oferta docente e innovación educativa) - Dona Isabel Rodríguez-Moldes Rey (vicerreitora de investigación e innovación) - Don Javier Bueno Lema (vicerreitor de coordinación do campus de Lugo) - Dona María del Rosario Álvarez Blanco, que renova - Don Juan Gabriel Álvarez González, que renova - Don Carlos Diéguez González, que renova - Dona María Paz García Rubio, que renova - Don Máximo Plo Casasus
Queda pendente de renovación para o próximo Consello de Goberno a Comisión de Posgrao
Propio e Formación Continua.
O reitor felicita aos membros das comisións recen nomeados a aos que continúan, ao tempo que
agradece os servizos prestados aos cesantes.
11) Proposta de nomeamento de director/a en funcións do departamento de Química
Inorgánica
ACORDO
O Consello de Goberno, a proposta do reitor, acordou nomear como directora en funcións do Departamento de Química Inorgánica á profesora dona Teresa Pereira Lorenzo.
12) Memoria de Cursos de Posgrao
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento a ratificación do informe desfavorable emitido pola Comisión de Posgrao Propio sobre a memoria correspondente ao ano 2012-2013 do Máster en Medicina Natural. Aplicacións en Atención Primaria e, en concecuencia, a non acreditación das tarefas de dirección.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento a ratificación do informe favorable emitido pola Comisión de Posgrao Propio sobre a memoria correspondente ao ano 2012-2013 do Máster e Prostodoncia e Implantoloxía.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento e previo informe favorable da Comisión de Posgrao Propio a celebración para o curso académico 2015-2016 dos títulos propios que deseguido se relacionan:
9
- Máster Propio en Marketing Dixital e Xestión Comercial - Máster Propio en Patoloxía Médico-Cirúrxica Oral e Odontoloxía Integral - Máster Propio en Prostodoncia e Implantoloxía - Máster Propio en Odontoloxía en Pacientes con Patoloxía Sistémica - Máster Propio en Enxeñaría da Madeira Estrutural - Máster Propio en Intervención e Emancipación de Mozos en Conflito Social - Máster Propio: Dirección e Xestión de Centros, Recursos e Servizos para a Atención á
Dependencia - Máster en Banca, Finanzas e Seguros - Máster Propio en Xestión de Recursos Humanos en Organizacións - Máster Propio en Dirección e Xestión do Comercio Exterior - Máster Propio en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional - Máster Propio en Mediación - Máster Propio en Avaliación e Intervención Psicopedagóxicas nos Trastornos do
Desenvolvemento e Atención Temperá - Curso de Especialización en Xestión de Recursos Humanos e Ciencias do Traballo - Curso de Especialización en Marketing Dixital - Curso de Especialización en Marketing Internacional - Curso de Especialización en Negocios Internacionais - Curso de Especialización en Xestión de Operacións Internacionais - Curso de Especialización Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-
Rexional - Curso de Especialización en Mediación Familiar e Escolar - Curso de Especialización en Mediación Empresarial, Laboral e coa Administración - Curso de Especialización en Mediación no ámbito Civil, Mercantil e Bancario - Curso de Especialización en Mediación Penal e no Ámbito Veciñal - Curso de Especialización en Avaliación e Intervención Psicopedagóxicas nos
Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá - Curso de Especialización Universitario en Vacinas - Curso de Experto en Coaching - Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento a celebración para o curso 2015-2016 dos títulos propios que se detallan respectando as indicacións da Comisión de Posgrao Propio:
- Máster Propio: Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física, dado que o director participa noutros cursos, compre recordar que a retribución máxima por profesor e por curso académico e de non máis de 7.000 euros e de 120 horas entre dirección e docencia.
- O Medio Natural Galego: Unha perspectiva Botánica, que deberá presentar documento sobre as actividades a realizar polos alumnos nas prácticas de campo aos efectos do seguro escolar.
- Curso de especialización en Implantoloxía Oral, do que non se aproba a retribución/hora do persoal de administración e servizos colaborador mentres non se modifique e axuste á Instrución VIII/2015 de Xerencia.
- Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras, para o que se acepta incrementar a remuneración dos conferenciantes ata un máximo de 252 euros/hora pola súa especial cualificación profesional.
10
13) Recursos
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento estimar parcialmente o recurso de reposición presentado pola Profa. Castillejo Manzanares contra o acordo adoptado no seu propio Pleno o 27 de marzo de 2015, polo que se informaba desfavorablemente a memoria do Máster en Mediación do curso 2013-2014 e se decidía o cambio de directora para a edición do 2015-2016. La estimación parcial do devandito recurso de reposición supón deixar sen efecto a decisión de cambiar a directora na próxima edición do Máster en Mediación (2015-2016) e manter, en cambio, a non certificación das tarefas de dirección e coordinación do ano ao que se refire a Memoria.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por 23 votos a favor, 3 en contra e 7 abstencións, a desestimación do recurso de reposición interposto polo Sr. Pérez Lustres contra a Oferta de Emprego Público do persoal docente e investigador para o ano 2015-2016, aprobada polo Pleno do 2 de marzo de 2015.
Os membros do Consello de Goberno, que o son ao mesmo tempo de A Trabe, solicitaron que
constase en acta a súa posición de estar a favor da estimación do recurso por non compartir os
criterios de estabilización de investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal contidos no acordo
do Consello de Goberno do 23 de marzo de 2012, criterios que informaron a elaboración da OPE
para o ano 2015-2016.
14) Regulamentos
Non houbo.
15) Premios extraordinarios
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos premios extraordinarios de
doutoramento (2011-2012) da Facultade de Medicina nos estudantes que se relacionan:
Don Sergio Raposeiras Roubin
Dona Beatriz Sobrino Rey
Don Rui Manuel Lebreiro Pereira
Dona Monserrat García Lavandeira
Don Jesús Agulla Freire
Dona Verónica Daniela Ramos Gomes
Dona Marta Mendoça Moutinho Relvas
Dona lucía García-Caballero Pérez
11
Dona Belén Joglar Santos
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos premios extraordinarios de
doutoramento (2011-2012) da Facultade de Química nos estudantes que se relacionan:
Don Juan Pablo Lamas Castro
Dona Elena Pazos Chantrero
Dona Ana Sousa Hervés
Dona Mª Inmaculada Carpinteiro Botana
16) Asuntos económicos
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións orzamentarias relativas aos expedientes CS-09-15 , CS-10-15, CS-11-15 e CS-12-15, segundo o anexo I desta acta.
ACORDO
O Consello de Goberno aceptou por asentimento as doazóns seguintes: - Cámara Fotográfica, cun valor de 600 euros, para a Facultade de Ciencias da
Comunicación, sendo o donante dona Macarena Álvarez Bortolotto - Retrato de Manuel Lucas Álvarez en traxe académico de reitor da Universidade, cun
valor de 6.500 euros, para a Facultade de Xeografía e Historia, sendo donante don Pedro Lucas Domínguez como representante dos herdeiros de don Manuel Lucas Álvarez
17) Convenios
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento os contratos celebrados ao abeiro do artigo 83 da LOU procedentes da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, os convenios presentados polo Servizo de Relacións Exteriores, polo Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica e polo centro de Posgrao, segundo o que figura no anexo II desta acta.
18) Asuntos de trámite
Non houbo.
19) Rogos e preguntas
12
A Profa. V. S. roga que sexan remitidos con máis celeridade os acordos acadados no Consello
de Goberno.
O Prof. C. V. preguntou:
- Cal era a razón pola que se retrasara tanto a información sobre a convocatoria de
axudas do programa estatal de investigación.
- Cal era a solución sobre o tema das fichas dos alumnos en formato papel, dado que a
secretaria xeral acordara dar un explicación e, logo máis tarde, no Consello de Goberno
do 5 de xuño de 2015, remitirlle un correo electrónico que aínda non fora recibido.
- Se os directores de centros de investigación da Universidade tiñan dereito a unha
redución de docencia xa que logo non estaba reflectida na PA.
- Si se preverá o nomeamento dos representantes do Consello de Goberno nos órganos
de dirección dos centros propios da Universidade.
A secretaría xeral pregou desculpas polo tratamento dado ao asunto na acta do anterior Consello
de Goberno do 5 de xuño de 2015 que procedería corrixir. Engadiu que o problema das fichas
estaba a ser estudado para atopar unha solución ante a dificultade derivada da aplicación da Ley
Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, que
forzaba a ter un complexo sistema de mantemento do ficheiro e de destrución, cunha persoa
encargada da súa custodia e seguridade.
A Vicerreitora de investigación explicou que o retraso na información fora debido ao Comité de
Bioética, aínda que cumpría dicir que o 3 de xuño fixérase un anuncio sobre a inminente
publicación oficial da convocatoria.
O Prof. C. V. retirou a cuestión das fichas ao tempo que fixo fincapé no relativo ao desconto do
encargo docente pola condición de director dun centro propio de investigación.
A Profa. R. H. preguntou sobre si se tiña avanzado no tema do acceso á universidade tras a
desaparición das actuais probas de acceso. Tamén insistiu na necesidade de contar cun
procedemento no atínxente a tramitación das modificacións de memorias de títulos asociados
aos procesos de acreditación, especialmente para mellorar a relación entre e coa Xunta e a
ACSUG.
O reitor explicou que a decisión aínda non estaba tomada, pero que se apostaba por un acceso
mediante o modelo de proba que fose común as tres Universidades galegas.
Compartindo a inquedanza da Profa. R. H., o vicerreitor de comunicación e coordinación dixo
que a ACSUG non está por simplificar os procesos, tal e como o reivindican as tres
universidades, senón por demandar máis documentación para o seguimento dos títulos.
O Prof. L. D. formulou a cuestión relativa ás obras na Facultade de Farmacia e, no particular, si
habería unha planificación a corto prazo.
O xerente apuntou que o problema da Facultade de Farmacia era estrutural e a súa solución non
podería ser abordada neste ano.
13
O Sr. de la C. A. interesouse polo estado do financiamento das tres Universidades.
Respondeu o reitor que o 60% do financiamento sería estrutural e o 40% restante por resultados.
A nosa Universidade intentaría que no 40% non incorporasen partidas tales coma a dos
sexenios.
O xerente engadiu que o financiamento estrutural se calculará sobre o custo estándar do alumno
elaborado pola Xunta, se ben se descoñecía aínda o marco financeiro no que se movían e que
vía dificultades para acadar máis fondos.
O Prof. F. R. preguntou sobre si habería algunha previsión de prazas pendentes de autorización
pola Xunta, especialmente do Parga Pondal e Ramón y Cajal.
O vicerreitor de organización académica e PDI sinalou que a Consellería de Educación decidira
acumular a autorización das prazas, de sorte que resolveríanse conxuntamente coas aprobadas
no derradeiro Consello de Goberno.
O Prof. M. P. explica que a certificación da secretaria xeral da conta de que a Comisión
Redactora do Máster de Psicoloxía do Traballo e das organizacións, Xurídica-Forense e
Intervención Social, acordou unha modificación das materias optativas do itinerario “Intervención
social”. Esa modificación é cualificada como “non substancial”, o que difícil de entender cando
se trata de substituír as cinco materias, que definen o itinerario, por outras tantas novas. Engadiu
que o vicerreitor de organización académica e PDI chamoume para pedirme que presentara un
escrito manifestando a protesta formal do Departamento sobre como se estaba a desenvolver o
proceso co fin de poder resolvelo, e aínda non recibiu ningunha resposta. Todo o cal lévame a
conclusión de que as materias seguen dentro da oferta, e coo o día 7 de xullo ábrese a
matrícula, estamos ante unha situación de feitos consumados. Rematou rogando que, polo tanto,
de xeito cautelar se retire da oferta as materias optativas recentemente incorporadas, pois ata o
momento ninguén foi capaz de dicirlle cal é a normativa na que se establece o procedemento
que se seguiu para a modificación do plan de estudos.
O vicerreitor de organización académica e PDI engade que foi enviado un escrito ao coordinador
do título para que dese conta do procedemento de incorporación das materias e estase a espera
da resposta.
O Prof. M. P. puntualiza que o escrito é do 23 de maio e estamos ao 30 de xuño. Polo tanto, a
conclusión é a de sempre: actuar con posterioridade.
O reitor afirma que nos somos os que temos que decidir, non vostede. Nos xa decidiremos sobre
o seu escrito.
Sen nada máis que engadir, dáse por levantada a sesión as 15.39 h, do que como secretaria dou
fe.
A secretaria xeral
Vº et prace
O reitor
14
Anexo II
RELACIÓN DE CONVENIOS QUE SE PRESENTAN PARA A SÚA APROBACIÓN POLO CONSELLO DE GOBERNO DA USC DE 30 DE XUÑO DE 2015
A) CONVENIOS PRESENTADOS POLA UNIDADE DE CONVENIOS - SERVIZO DE RELACIÓNS EXTERIORES
1. Décimo acordo de prórroga do Concerto subscrito entre a USC e o Servizo Galego de Saúde SERGAS para utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias.
2. Convenio con Álvaro Rodríguez Eiras S.A. para a convocatoria da XVI Edición do Premio ARESA de Desenvolvemento Rural.
RELACIÓN DE CONVENIOS ASINADOS POLO TRÁMITE DE URXENCIA QUE SE PRESENTAN
PARA A SÚA RATIFICACIÓN POLO CONSELLO DE GOBERNO DA USC DE 30 DE XUÑO DE 2015
B) CONVENIOS PRESENTADOS POLA UNIDADE DE CONVENIOS - SERVIZO DE
RELACIÓNS EXTERIORES
Convenios informados polos órganos competentes e asinados polo trámite de urxencia:
1. Memorando de Acordo Internacional coa University of Arizona (Estados Unidos) para
intercambio de estudantes e persoal docente e investigador.
2. Acordo de cooperación e intercambio (Protocolo) coa Wakayama University (Xapón).
3. Convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde SERGAS relativa á Unidade
Docente de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) ano2015.
4. Convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña para financiar o
proxecto Estalmat-Galicia 2015.
5. Acordo marco co Basque Center for Applied Mathematics para colaboración no eido do
procesamento de imaxes.
15
Convenios asinados sen tramitación previa da Unidade de Convenios:
6. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria e as Universidades do Sistema Universitario de Galicia, para o
cofinanciamento da adquisición e mantemento de infraestruturas e equipamento no
marco do Plan Estatal de I+D+i.
Convenios asinados (modelos-tipo aprobados polo C.de Goberno):
7. Renovación do Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica coa
Universidade Federal do Ceará (Brasil).
8. Acordo específico de intercambio de estudantes coa Universidade Federal do Ceará
(Brasil).
9. Acordo específico de intercambio de persoal docente e investigador coa Universidade
Federal do Ceará (Brasil).
10. Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica co Centro Universitario
SENAC (Brasil).
11. Acordo específico de intercambio de Estudantes co Centro Universitario SENAC (Brasil).
12. Convenio marco para actividades de investigación coa Universidade Portucalense
Infante D. Henrique (Portugal).
13. Convenio marco de colaboración en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de
investigación, coa Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Convenios de colaboración para a realización de prácticas externas extracurriculares de
alumnado, ao abeiro do Programa de “Becas Santander CRUE-CEPYME, prácticas en empresas”
(modelo-tipo aprobado polo C.de Goberno) :
1. PyH Ingeniería Prado S.L.
2. Escuela Profesional y Consultoría Inventa S.L.
3. Senra Gayo S.L.
4. Sistemas de Oficina de Lugo S.A.
5. Unión de Consumidores de Galicia
6. Centro Británico de Idiomas S.L.
7. Natalia López López
8. INDROPS Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental S.L.
9. Sound of Numbers S.L.
10. Baeza y Barrantes S.L.
11. Closet Comunicación S.L.
16
12. Breogán Ingeniería S.L.
13. ADAF Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar
14. 4Gotas Atmósfera y Océano S.L.
15. C&B Asociados y Consultoría S.L.
16. Colexio Santo Tomás
17. Envirosoil S.L.
18. INDESNOR Ingeniería y Desarrollo del Norte S.L.U.
19. Museo do Pobo Galego
20. Pin&del Pino S.L.
21. Transmedia Comunicaciones y Prensa S.L.
22. Urbing S.L.
B) CONVENIOS PRESENTADOS POLO SERVIZO DE XESTIÓN DA OFERTA E
PROGRAMACIÓN ACADÉMICA
a) Convenios para prácticas de alumnos:
Prácticas dos alumnos da Facultade de Veterinaria:
1.- Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo
2.- Ana Julia Harsuch y Otro, SC. (Clínica del Sol)
3.- Arousa Veterinaria, SL (Clínica Veterinaria San Miguel)
4.- Cenquivet-Centro Alfonso Chico
5.- Centro Veterinario JG, SL.
6.- Centro Veterinario Navia, CB.
7.- Clínica Móvil Veterinaria FJ Bomba Carrión
8.- Clínica Veterinaria Fariñas, SL.
9.- Clínica Veterinaria Premiá
10.- Clúster da Acuicultura de Galicia
11.- Fernando Morán Castillo
12.- Fundación Centro Tecnolóxico da Carne
13.- Hospital Veterinari Canis Mallorca, SLP.
17
14.- Hospital Veterinario Aceña de Olga
15.- José Manuel Ramos Romero
16.- Benivet (Olivia Sala)
17.- Clínica Veterinaria Jaime López Reyero
18.- Luso Hispana de Acuicultura, SL.
19.- Novavet Consultora Veterinaria
Prácticas dos alumnos da Facultade de Xeografía e Historia:
20.- Fundación Araguaney-Puente de Culturas
Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias da Educación:
21.- Ayuntamiento de Ponferrada
Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias Políticas e da Administración:
22.- Quadernas Consultoría, SL.
Prácticas dos alumnos da Facultade de Física:
23.- Blusens Technology
24.- Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
25.- Moonoff, SL.
26.- Centro Oncolóxico de Galicia
Prácticas dos alumnos da Escola Politécnica Superior:
18
27.- Iceacsa Consultores, SLU.
28.- Jardinería Arce, SL.
29.- Cogasar, SCG.
30.- Fertinagro Nutrientes
Prácticas dos alumnos das titulacións de Enxeñería Técnica Forestal e Enxeñería de Montes:
31.- FMC Forestal y Medioambiente Consultores
Prácticas dos alumnos das titulacións de Enxeñería Química:
32.- Ecocelta Galicia, SL.
Prácticas dos alumnos da Escola Universitaria de Traballo Social:
33.- Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
34.- Residencia de Mayores Los Rosales, SL.
Prácticas dos alumnos do Grao en Nutrición Humana e Dietética:
35.- Real Club Deportivo da Coruña
Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais:
36.- Blusens Technology
37.- Club Financiero de Santiago
38.- Moonoff, SL.
19
39.- Asociación Área Empresarial do Tambre
40.- Norintegra
Prácticas dos alumnos do Grao en Administración de Fundacións:
41.- Fundación Monte do Gozo
Prácticas dos alumnos dos Grao en Educación Social e Grao en Pedagoxía:
42.- Alcer Coruña
Prácticas dos alumnos do Grao en Farmacia:
43.- Cofaga/Cofano
Prácticas dos alumnos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos:
44.- TCM Asesoría, SL.
45.- Trámite Asesores, SLP.
46.- La Bolsera Gallega, SL.
Prácticas dos alumnos das titulacións da Facultade de Psicoloxía:
47.- Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)
48.- Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple (ACEM)
49.- Asociación Compostelana de Nenos e Nenas Hiperactivos
Prácticas dos alumnos do Máster en Procesos da Formación:
20
50.- Aspy Prevención, SLU.
51.- Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM)
Prácticas dos alumnos do Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial:
52.- Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, SA.
Prácticas dos alumnos do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financieiros:
53.- Valora Consultores, SL.
54.- Grupo Arestora
Prácticas dos alumnos do Máster en Tecnologías de Análisis de Datos Masivos: Big Data:
55.- Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, SA.
56.- Hewlett Packard Servicio España, SL.
57.- Indra Software Labs, SL.
58.- Troposfera Soluciones Sostenibles, SL.
Prácticas dos alumnos da titulación de Enxeñería Informática:
59.- Balidea (PFC e TFG/M)
60.- Blusens Technology (PFC e TFG/M)
Prácticas dos alumnos do Grao en Bioloxía:
61.- Nanoimmunotech
62.- Feiraco Lácteos
21
Prácticas dos alumnos do Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual:
63.- Gabinetes de Prensa Institucional da Xunta de Galicia
Prácticas dos alumnos do Grao en Enxeñería de Procesos Químicos e Industriais:
64.- Edar Bens, SA.
65.- Concello de Vimianzo
66.- Corporación Alimentaria Peñasanta
67.- ENCE, Energía y Celulosas, SA.
68.- Escurís, SL.
69.- Ingesyma 2006, SLU.
Prácticas dos alumnos do Máster en Enxeñería Ambiental:
70.- Adantia, SL.
71.- Cerámica Verea, SA.
72.- Laboratorios de Análises Clínicas dos Dres. J. Bandín y F. Lema.
73.- Raducan, SL.
Prácticas dos alumnos do Máster en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía
Xurídico-Forense e Intervención Social:
74.- Asnorte, SA.
Prácticas dos alumnos do Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política:
75.- Estratexia de Comunicación para Organización 360, SL.
22
Prácticas de alumnos da USC:
76.- Repsol Petróleo, SA.
Prácticas de alumnos a través do Consello Social:
77.- Capdevila Germáns, SL.
C) CONVENIOS PRESENTADOS POLO CENTRO DE POSGRAO
Convenios de colaboración en cursos de posgrao propio/formación continua:
1.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a
Asociación Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Igaxes3, para a realización do Máster
propio en Intervención e Emancipación de Mozos en Conflito Social - código MF89.
2.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de
Profesionais da Xestión Cultural para a realización do curso de posgrao propio “Curso de Experto
Universitario en Xestión Cultural”, código FF5F.
Convenios de prácticas en cursos de posgrao propio/formación continua:
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a
Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao
propio “Curso de experto universitario en xestión cultural”, FE5F.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Urdime,
S. Coop Galega para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de
experto universitario en xestión cultural”, FE5F
23
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a
Fundación Luis Seoane para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de
perfeccionamento en márketing cultural e xestión de públicos” (código: FE5I)
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a
Kaleido Logistics SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en
dirección e xestión do comercio exterior, ME29.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e
Sinsalaudio SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “curso de experto
universitario en xestión cultural”, FE5F.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Real
Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para a realización de prácticas de alumnos do curso
de posgrao propio “curso de experto universitario en xestión cultural”, FE5F.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Eimskip
Logistics Spain S.L. para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en
Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Keltia
Produccións SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en
Industria Musical, MEA4.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o
Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) para a realización de prácticas de
alumnos do curso de posgrao propio, Máster en sociedade da información e do coñecemento, ME74.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e
Generadores Europeos SA para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master
en Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e
Disashop, SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en Dirección
e Xestión do Comercio Exterior, ME29.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a ONP
Productions para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en Industria
Musical, MEA4.
24
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Dotbeat
para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en Industria Musical,
MEA4.
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a
Financiera Maderera S.A para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster
en Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29.